Comer menos, vivir máis

Dende que en 1930 comezaron os primeiros estudos sobre a relación entre a cantidade de comida e a lonxevidade, houbo investigadores que afirmaban que a cantidade de calorías inxeridas tiñan relación non só coa calidade de vida, se non tamén coa vellez. En cambio, outros dicían que as persoas que controlaban máis a inxesta de calorías era propensa a ter menos enfermidades e así só terían mellor calidade de vida. Agora, estudos recentes dun equipo de investigadores da Escola de Saúde Pública de Harvard, logran identificar en ratos un mecanismo molecular que lles axudará a explicar por que comer pouco aumenta a esperanza de vida.

O elemento clave no envellecemento está no factor oxidativo do corpo, proceso no que as mitocondrias exercen unha función primordial, xa que cando son danadas ao longo da vida polos radicais libres (moléculas inestables pola perda dun electrón), acelérase a oxidación da célula, isto é, o seu proceso de envellecemento vólvese máis rápido.

Cunha restrición calórica lógrase protexer ás mitocondrias, as centrais enerxéticas das células, da oxidación, xa que ao inxerir menos calorías, auméntase a produción de sulfuro de hidróxeno (H2S), que ten un efecto protector sobre partes fundamentais da célula. Os científicos comprobaron que se nunha dieta se restrinxe a presenza de dous aminoácidos, a metionina e a cisteína, increméntase a produción de H2S e redúcense os danos cando se detén o fluxo sanguíneo durante un transplante ou un derrame cerebral.

Ata o de agora, os experimentos máis comúns foron con moscas, vermes e ratas, especies alonxadas dos humanos, as cales mostraron que se se lles subministra H2S ou se lle facilita a súa produción, aumentan a proteción fronte a danos causados polo estrés oxidativo e incluso prolongando a súa existencia, mentres que polo contrario, se se lles impide ás células a capacidade de producir esta substancia, vense efectos opostos.

 

Así e todo, son os experimentos realizados cos animais máis parecidos á especie humana, o macaco rhesus, que comparten un 93% do código xenético con nós, os máis útiles e que serven mellor para sacar conclusións sobre os efectos sobre o ser humano. Así que, despois dun experimento fallido durante 20 anos con estes monos, co cal só se observou unha mellora da calidade de vida, o centro de investigación con primates da Universidade de Wisconsin levou a cabo un ensaio clínico con 76 primates, de 25 anos de duración, logrando demostrar que si que se produce un aumento da esperanza de vida, ao mesmo tempo que unha vida máis saudable; os monos que comían ao seu antollo multiplicaron por tres as posibilidades de enfermar e falecer. Ademais, esta diminución de calorías inxeridas tamén reduciu a mortalidade e as enfermidades relacionadas co envellecemento como a diabetes ou as enfermidades cardiovasculares.

O resultado deste experimento comprobámolo na imaxe, onde se ve perfectamente que un mono se conserva moito mellor ca outro, con mellor apariencia física. Grazas aos resultados destes estudos, quizais nun futuro se poida retrasar o envellecemento dos seres humanos, prolongando a vida desta especie, aínda que son necesarios máis experimentos para comprender como se producen os efectos beneficiosos do H2S, e incluso a capacidade de protección do H2S axude a decidir o que se debe comer e o que non ante unha situación de risco de lesión isquémica, como nunha cirurxía. Este coñecemento tamén podería servir para melloras nas cirurxías.

Autora: Mirian Trigo

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Saúde e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

50 Responses to Comer menos, vivir máis

  1. Victor di:

    Describide en que consiste unha oxidación con palabras que todos poidamos comprender?

    • fab-dariovazquez di:

      A oxidación é calquera reacción química na cal un ou máis electróns se tránsfiran entre os seus reactivos provocando un cambio no seu estado de oxidación.

    • fab-mariangaleano di:

      Orixinalmente, o termo oxidación asignouse á combinación do osíxeno con outros elementos, pero os químicos observaron que outros elementos non metálicos se combinaban coas substancias do mesmo xeito que o facía o osíxeno con ditas substancias. O osíxeno, o antimonio e o sodio arden na atmosfera de cloro e o ferro en presencia de flúor. Como estas reaccións eran semellantes, os químicos deron unha definición de oxidación máis xeral. A oxidación definiuse como o proceso mediante o cal hai pérdida aparente de electróns dun átomo ou ión. A oxidación ocorre cando un átomo inestable perde un electrón, o que permite que o átomo forme un composto novo con outro.

    • faa-ritalage di:

      Orixinalmente, o termo oxidación asignouse á combinación do osíxeno con outros elementos. Existían moitos exemplos coñecidos disto : O osíxeno combínase lentamente co ferro formando óxido ferroso (Fe2 O3); na combustión, combínase rapidamente co carbón para formar CO2…
      Non obstante, os químicos observaron que outros elementos non metálicos se combinaban coas substancias do mesmo xeito que o facía o osíxeno coas devanditas substancias

  2. fab-miguelleiro di:

    A oxidación é un proceso químico que se produce cando un átomo que é inestable, perde un electrón, cousa que permite que que o átomo poida formar un composto novo con outros elementos.

  3. faa-carmenvilanova di:

    A oxidación é o proceso e resultado de oxidar. Este verbo refírese a xerar óxido a partir dunha reación química. O óxido, por outra banda, é o que se produce cando o osíxeno se combina cun metal ou ben cos elementos coñecidos co nome de metaloides ou semimetais.
    Cando se produce a oxidación dun ión ou dun átomo, o elemento perde unha certa cantidade de electróns. Deste xeito, a oxidación implica que un dos elementos desprenda electróns e que do mesmo xeito que este os perde, o outro elemento os asimile. Prodúcese así unha transferencia de electróns.
    O elemento que concede os electróns coñécese como axente reductor e é o que se oxida. O axente oxidante, en cambio, quédase cos electróns que o reductor libera.
    Cada elemento químico conta cun número de oxidación que vai depender do número de electróns que posúan na súa capa de valencia, así como do número de electróns que lles faltan ou lles sobran para que ditos elementos obedezcan á regla do octeto.

  4. faa-martinbaulde di:

    Orixinalmente, o termo oxidación asignouse á combinación do osíxeno con outros elementos. Existían moitos exemplos coñecidos disto : O osíxeno combínase lentamente co ferro formando óxido ferroso (Fe2 O3); na combustión, combínase rapidamente co carbón para formar CO2…
    Non obstante, os químicos observaron que outros elementos non metálicos se combinaban coas substancias do mesmo xeito que o facía o osíxeno coas devanditas substancias. Entón, os químicos deron unha definición de oxidación máis xeral, definiuse como o proceso mediante o cal hai perda aparente de electróns dun átomo ou ión.

  5. faa-albaaller di:

    Coñécese como oxidación ao proceso químico que se produce cando un metal ou un semimetal entra en contacto co osíxeno. Neste proceso ten lugar un intercambio de electróns, de forma que, o elemento que perde electróns, é o que se oxida, e o oxidante, é o que os gaña.

  6. faa-tamaraparracho di:

    Dunha maneira moi xeral, podemos dicir que a oxidación é unha reacción química na que un átomo inestable perde  electróns, o que ten como consecuencia que o elemento co que se combina gañe eses electróns e se forme un novo composto.
    Isto quere dicir que cando se produce a oxidación dun átomo, ao mesmo tempo que o elemento en cuestión desprende unha certa cantidade de electróns, existe outro elemento que os asimila, producíndose deste xeito unha transferencia de electróns.
    O elemento que concede os electróns coñécese como axente redutor e é o que se oxida. Pola contra, o axente oxidante quédase cos electróns que o redutor libera. Así, mentres que o estado de oxidación (a carga aparente coa que o elemento está funcionando nese composto) do primeiro se incrementa, o estado de oxidación do segundo redúcese.

  7. faa-albarodriguez di:

    A oxidación é unha reacción química que se produce cando se combina un elemento, como ven pode ser o ferro co osíxeno. Na reacción química hai unha transferencia de electróns que se leva a cabo adquirindo átomos de osíxeno, e así polo tanto sabemos que para que algo se oxide ten que haber osíxeno. A oxidación está presente en tódolos lados e ocorre en lugares que non imaxinamos. Existen varios tipos de oxidación, como a combustión, e incluso algunhas delas prodúcense dentro do noso organismo.

  8. faa-emiliolumbres di:

    A oxidación é un proceso polo cal un determinado elemento cede electróns e polo tanto aumenta o seu número de oxidación. O término número de oxidación refírese ao número de electróns que gañou ou perdeu un átomo nun composto. O número de oxidación é positivo si cede electróns, e negativo si os capta.

  9. faa-marinabusto di:

    De forma xeral, a oxidación é unha reacción química onde un átomo inestable dun elemento metal ou non metal cede electróns, o que permite que o átomo forme un composto novo con outro elemento.

  10. faa-sarafalcon di:

    A oxidación é o proceso e o resultado de oxidar. Este verbo refírese a xerar óxido a partir dunha reacción química. O óxido, por oUtra parte, é o que se produce cando o osíxeno se combina cun metal

  11. fab-lauraozores di:

    A oxidación acontece cando un átomo inestable perde un electrón, o que permite que o átomo forme un composto novo con outro elemento.
    Existen dous tipos de reaccións químicas:
    1) Aquelas nas cales reaccionan ións ou moléculas sen cambio aparente da estrutura electrónica das partículas, e
    2) Reaccións nas cales os ións ou átomos experimentan cambios de estrutura electrónica.

  12. faa-uxiacasais di:

    A oxidación é unha reacción química onde un elemento cede electróns e polo tanto aumenta o seu estado de oxidación. En realidade a oxidación é un proceso polo cal cambia o estado de oxidación do composto.

  13. faa-rubeniglesias di:

    A oxidación é un proceso químico no que un ou máis electróns se transfiren entre os reactivos. Para que se leve a cabo este proceso, un elemento debe ceder electróns e outro aceptalo.

  14. faa-iagopadin di:

    O concepto de oxidación cambiou a partir do descubrimento dos electrons. Tradicionalmente, a oxidación era o efecto das moléculas de osíxeno ao entrar en interacción con outros elementos físicos, como podería ser un metal ou un texido vivo. Pero, curiosamente, esta concepción reformulouse co descubrimento dos electrones.
    Deste xeito,a oxidación é o resultado da perda de polo menos un electrón no momento en que dúas ou máis substancias interactúan.
    Xeralmente, a oxidación concíbese como un proceso negativo, e, a pesar de que nalguns casos puntuais pode non selo, esta percepción non é errónea. Os efectos da oxidación son evidentes a simple vista, tanto na chapa dun vehículo, o ferro dunha máquina ou nalguns alimentos. A oxidación é sinónimo de corrosión e a corrosión é, sinxelamente, destrucción progresiva.

  15. faa-ariadnavazquez di:

    Pódese considerar oxidación calquera reacción química que implica o movemento de electróns.

    Tamén se pode considerar como a interacción entre as moléculas de osíxeno e todas as diferentes substancias que poden poñerse en contacto, dende o metal ata o tecido vivo. Ás veces a oxidación non é perxudicial, como na formación de aluminio super-resistente. Sen embargo, outras veces a oxidación pode ser perxudicial, como a oxidación dun automóbil ou o deterioro de froita fresca.

  16. fab-nereaporta di:

    A oxidación é unha reacción química na que un metal ou un non metal cede electróns e, polo tanto , aumenta o seu estado de oxidación.

  17. faa-laurachaves di:

    A oxidación é a reacción química onde un átomo, ión ou molécula cede electróns. Neste proceso dise que aumenta o estado de oxidación.
    O seu nome, oxidación, deriva de que na maioría dos casos, a transferencia de electróns lévase a cabo adquirindo átomos de osíxeno, aínda que tamén se da a oxidación con outros elementos. Algunhas veces a oxidación non é algo malo, como por exemplo na formación de aluminio anodizado de longa duración. Outras veces, pode ser destrutiva, como é o caso do óxido nos automóbiles ou cando a froita se estropea.

  18. fab-miguelpineiro di:

    A oxidacion é un proceso químico natural, que consiste en que cando un átomo e inestable, perde o electron, e esto permite que o átomo poida formar un novo composto con outros elementos.Cabe destacar que hai dous tipos de reaccións , naquelas nas cales reaccionan ións ou moléculas sen cambio aparente da estrutura electrónica das partículas, e reaccións nas cales os ións ou átomos experimentan cambios de estrutura electrónica.

  19. fab-mariblanco di:

    É chamado oxidación a aquela reacción química na que o osíxeno combínase con un elemento ou unha substancia; Tamén se dice cando un composto perde hidróxeno. Do mesmo xeito, fálase de oxidación, no caso de aquelas reaccións na cal unha susbtancia ou un elemento doa electróns a outra. No metabolismo dos seres vivos ocorren certas reaccións de oxidación, procesos que se coñecen como respiración celular.

  20. faa-miguelotero di:

    A oxidación é unha reacción química onde un metal ou un no metal cede electróns, polo que, o elemento queda cargado positivamente, e polo tanto aumenta o seu estado de oxidación. A súa reacción oposta é a redución, que consiste cando un elemento químico gaña electróns e polo que queda cargado negativamente. Estas dúas reaccións sempre se dan xuntas, e dicir, cando unha sustancia oxídase , é sempre pola acción da outra que se reduce ou cando gaña electróns.
    O oxíxeno é o mellor oxidante que existe debido a que a súa molécula é pouco reactiva (polo seu enlace) e sen embargo é moi electronegativo (elemento con tendencia a gañar electróns).

  21. fab-lauracaldas di:

    Denomínase oxidación a aquela reacción química na que o osíxeno combínase cun elemento ou susbtancia. Tamén se di do que ocurriu cando un composto perde hidróxeno. Do mismo modo, fálase de oxidación no caso de que aquelas reaccións nas que unha substancia ou un elemento cede electróns a outra. No metabolismo dos seres vivos ocorren certas reaccións de oxidación, procesos que se coñecen como respiración celular, e que desprenden enerxía. Este tipo de reaccións require da participación de enzimas ou catalizadores, para corresponderse coas necesidades dos organismos.

  22. Victor di:

    Que son realmente as mitocondrias?

    • faa-carmenvilanova di:

      As mitocondrias son uns orgánulos celulares que teñen como principal función suministrar a maior parte da enerxía necesaria para a actividade celular, isto é, a respiración celular. Estes constan dunha doble membrana (externa e interna) que limita un espazo intermembranoso e unha matriz mitocondrial.
      A membrana externa é lisa, permeable a ións, metabolitos e moitos polipéptidos, mentras que a interna forma uns pregamentos ou crestas, que aumentan a súa superficie e permiten, á súa vez, que se distribúan nelas moitas proteínas enzimáticas e de transporte, entre as que destacan as que forman os complexos enzimáticos da cadea respiratoria destinados á produción de enerxía. É este o motivo polo cal actúan como centrais enerxéticas das células e sintetizan ATP a costa dos carburantes metabólicos como a glucosa, os ácidos graxos e os aminoácidos.
      Na matriz atópase o ADN mitocondrial, molécula circular formada por unha doble cadea que contén información para 37 xenes, todos eles en relación tamén coa produción de enerxía. Esto explica por que as mitocondrias son especialmente abundantes nos órganos e tecidos do organismo con maiores requerimentos enerxéticos.
      Ademais desta principal función, cabe mencionar que teñen outras funcións importantes, entre elas a señalización, a diferenciación, morte celular programada e control do crecemento celular.

  23. faa-tamaraparracho di:

    No artigo, a nosa compañeira Mirian define as mitocondrias como “as centrais enerxéticas das células”. Dun xeito máis científico, podemos dicir que as mitocondrias son orgánulos celulares de gran tamaño (entre 0,5 e 1 μm de diámetro e ata 7 μm de lonxitude) cuxa función principal é levar a cabo a respiración celular aeróbica, proceso que ten como fin a xerar en forma de ATP ( trifosfato de adenosina) a enerxía que a célula precisa para manter a súa actividade.
    Este proceso comeza cando o ácido pirúvico (ácido cun papel importante nos procesos bioquímicos) penetra na mitocondria e reacciona con auga dando lugar a CO2 e dez átomos de hidróxeno. Estes átomos de hidróxeno son transportados ata as crestas da membrana interior da mitocondria a través dunha cadea de coenzimas, as cales lles doan unha serie de proteínas, formándose así unha cadea de transporte de electróns. Esta cadea separa os electróns e os protóns dos átomos de hidróxeno, remantando os electróns por combinarse con osíxeno (reacción de oxidación), liberándose así enxería en forma de ATP no citoplasma da célula a medida que os electróns pasan dende a cadea de coenzimas aos átomos de osíxeno.
    Ademais, as mitocondrias contan con outras funcións secundarias como a regulación do metabolismo e do crecemento celular ou o almacenamento de ións.

  24. faa-martinbaulde di:

    As mitocondrias son uns orgánulos celulares, formados por unha dobre membrana (externa e interna) que limita un espazo intermembranoso e unha matriz mitocondrial.

    A membrana externa é lisa pero a interna forma unhas dobras ou cristas, que aumentan a súa superficie e permiten que se distribúan nelas moitas proteínas enzimáticas e de transporte.

    Na matriz encontrase o DNA mitocondrial (mDNA), molécula circular formada por unha dobre cadea, que contén información para 37 xenes, todos eles relacionados coa produción de enerxía, que é a principal función mitocondrial, aínda que ás mitocondrias teñen tamén outras funcións importantes, entre elas: sinalización, diferenciación, morte celular programada e control do crecemento celular

    As mitocondrias son especialmente abundantes nos órganos e tecidos do organismo con maiores requirimentos enerxéticos.

  25. faa-miriantrigo di:

    As mitocondrias, definidas no artigo como as centrais enerxéticas das células, son un tipo de orgánulos celulares que podemos atopar practicamente en todas as células eucariotas, de forma oval ou alongada, de entre 0.5 a 1 mm de diámetro, e de 1mm ou varias micras de lonxitude. As mitocondrias están envoltas en dúas membranas diferentes, que teñen que ver coa súa función. Así, na membrana interna, encóntranse os sistemas encargados do transporte de electróns, desprendidos nas oxidacións, ademais dun conxunto de proteínas encargadas de xuntar a enerxía liberada no transporte dos electróns coa síntese do ATP, isto é, un nucleótido, ou molécula orgánica, fundamental na obteción de enerxía celular.
    Estes orgánulos sintetizan ATP a costa dos carburantes metabólicos (glucosa, ácidos grasos e aminoácidos). Sin eles, os animais e os fungos non serían capaces de empregar osíxeno para extraer toda a enerxía dos alimentos, ademais de manter a capacidaded de crecemento e reprodución. De feito, os organismos que viven en medios sen osíxeno, chamados organismos anaerobios, non posúen estes orgánulos.

  26. faa-laurachaves di:

    As mitocondrias son un tipo de orgánulos celulares que se encontran en case todas as células eucariotas. Estos son os encargados de subministrar a maior parte da enerxía para a actividade celular, actuando por tanto, como centrais enerxéticas da célula, pois esta, necesita enerxía para crecer e multiplicarse. Ademáis de proporcionar enerxía na célula, as mitocondrias están implicadas noutros procesos, coma a señalización celular, diferenciación celular, isostase de calcio, morte celular programada, crecemento celular etc. É decir, está involucrada nos procesos fisicoquímicos que requiran uso de enerxía para a súa execución.

    As mitocondrias observadas a microscopio, presentan unha estructura característica, con forma alongada ou oval de 0,5 a 1 micras de diámetro, e entre 1 e varias micras de lonxitude, e está envolta por dúas membranas distintas, unha externa e outra interna moi repregadas.

  27. Victor di:

    Que semellanzas posúen as mitocondrias coas bacterias?

    • faa-manuelvilas di:

      Comparada unha bacteria cunha mitocondria o que teñen en común ambas as dúas son:
      – Membrana plasmática con Permeabilidade Selectiva de tipo Activa ( con gasto de enerxía química) e Pasiva ( sen gasto de enerxía química).
      – ADN de tipo Procariota, tanto as bacterias coma as Mitocondrias posúen unha soa molécula Circular de ADN non Histónico destinado á transmisión dos carateres hereditarios e para a división ou reprodución asexual por Amitose ou Fisión binaria.
      – ARN mensaxeiro, de trasnferencia ou citoplasmático e ribosomal involucrados para a Síntese de proteínas por Transcrición e Tradución.
      – Ribosomas libres ou ben agrupados por unha molécula de ARN mensaxeiro ( Polisomas) para a síntese das súas propias proteínas estruturais.
      – Cadea Oxidativa, Respiratoria ou de Trasnporte de electróns para a Respiración celular aeroba ( bacterias anaerobias Facultativas e as Aerobias) e para a Oxidación biolóxica dos alimentos incorporados con liberación de enerxía química en forma de ATP por Fosforilación oxidativa.
      – Reprodución Asexual por Fisión Binaria ou Amitose.
      A bacteria diferénciase coa Mitocondria no seguinte:
      – As bacterias posúen unha Parede celular non celulósica, esta constituída por Péptidoglucanos, Mureína e unha variedade de ácidos orgánicos como o Pteichocio que a bacteria o sintetiza, as Mitocondrias non posúen Parede celular.
      – As Mitocondrias posúen dobre membrana biolóxica, a 1º é lisa e mantén a permeabilidade selectiva co citosol, a interna invagina se formando pontes incompletas chamadas Cristas mitocondriais que contén á cadea oxidativa, a Bacteria non posúe dobre membrana biolóxica, a única membrana que posúe invagina se nalgunhas rexións formando o Mesosoma destinado á respiración celular e á reprodución.
      – A Bacteria posúe unha peuqeña molécula circular de ADN Extracromosómico llamaod Plásmido ( F e R) destinados para a conxugación bacteriana ( plásmido F ou de fertilidade) e o R á resistencia naural aos antibióticos, a Mitocondria non posúe Plásmido.
      – A Bacteria contén Cilios e Flaxelos para a Locomoción dentro do seu Hábitat, a Mitocondria non posúe nin Cilios nin Flaxelos.

  28. fab-lauraozores di:

    As mitocondrias son orgánulos celulares encargados de subministrar a maior parte da enerxía necesaria para a actividade celular (respiración celular). Actúan, polo tanto, como centrais enerxéticas da célula e sintetizan ATP a expensas dos carburantes metabólicos (glicosa, ácidos graxos e aminoácidos).
    As bacterias son seres xeralmente unicelulares que pertencen ao grupo dos protistos inferiores. Son células de tamaño variable cuxo límite inferior está nas 0,2m e o superior nas 50 m; as súas dimensións medias oscilan entre 0,5 e 1 m. As bacterias teñen unha estrutura menos complexa que a das células dos organismos superiores: son células procariotas (o seu núcleo está formado por un único cromosoma e carecen de membrana nuclear). Igualmente son moi diferentes aos virus, que non poden desenvolverse máis dentro das células e que só conteñen un ácido nucleico.
    Semellanzas:
    -Ambos os dous son orgánulos enerxéticos das células eucarióticas. Posúen unha característica que os diferencia dos demais orgánulos celulares: a gran cantidade de membrana interna que conteñen. Nesta membrana lévanse a cabo os procesos de transporte de electróns necesarios para a obtención de enerxía en forma de ATP. Estes procesos son similares en ambos os dous orgánulos.
    -Ambos os dous orgánulos son semiautónomos, conteñen os compoñentes necesarios (ADN, ribosomas) para sintetizar algunhas das súas proteínas. Ademais, divídense por división binaria.
    -Segundo a teoría endosimbiótica, ambos os dous evolucionaron a partir de células procarióticas.

  29. faa-tamaraparracho di:

    Existe unha teoría que afirman que na súa orixe as mitocondrias eran bacterias. Esta teoría, denominada teoría da endosimbiose seriada (SET) foi proposta por Lynn Margulis. Esta científica considera que nalgún momento do desenvolvemento da vida, as mitocondrias, que serían bacterias respiratorias libres penetraron no citoplasma doutras células. As células primitivas eran simples e non producían moita enerxía, mais unha vez que as mitocondrias entraron nesta, integráronse á produción enerxética e comezaron a producir máis ATP favorecendo á célula, polo que así quedaron en beneficio mutuo, a modo de simbiose.
    As semellanzas entre mitocondrias e bacterias nas que os científicos se basean para respaldar esta teoría son as seguintes.
    – As bacterias reprodúcense mediante un proceso chamado fisión, que consiste en que cando unha bacteria alcanza un tamaño predeterminado, esta fai presión sobre o centro e divídese creando dous organismos. Nas células eucariotas, as mitocondrias replícanse nun proceso similar.
    – As mitocondrias posúen membrana externa e outra membrana interna, a cal consiste en pregues chamados cristas. As membranas celulares bacterianas teñen pregues chamados mesosomas que se asemellan ás cristas. Ademais, a membrana mitocondrial interna contén os mesmos tipos de proteínas e substancias graxas que a membrana plasmática bacteriana.
    – As células bacterianas teñen o seu ADN en forma de bucles circulares chamados plásmidos. As mitocondrias teñen o seu propio ADN para facer as súas propias proteínas, independentes do resto da célula e, como as bacterias, tamén incorporan o seu ADN en bucles.
    – As mitocondrias posúen os seus propios ribosomas para fabricar as proteínas que necesitan. As análises microscópicas e químicas revelan que a estrutura dos ribosomas mitocondriais é máis similar á dos ribosomas bacterianos que á dos ribosomas das células eucariotas.
    – Certos antibióticos, se ben son inocuos para as células eucariotas, afectan á síntese de proteínas tanto nas mitocondrias como nas bacterias, o que indica que o mecanismo da síntese de proteínas da mitocondria é similar ao das bacterias.

  30. fab-lauracaldas di:

    As semellanzas entre mitocondrias e bacterias son estas:
    -Tamaño e forma
    En base a súa mera apariencia, os científicos poden establecer unha relación entre as mitocondrias e bacterias. As mitocondrias teñen forma regordeta e son similares ás bacterias.
    -Método de división
    As bacterias reproducense nun proceso chamado fision; cando unha bacteria alzanza un tamaño predeterminado, esta aprétase no medio creando dous organismos. Nas células eucariotas, as mitocondrias replicanse nun proceso similar. Algúns orgánulos poden estar feitos de substancias dentro da celula, a mitocrondia e os cloroplastos deben dividirse para aumentar o seu numero. Cando o suministro de enerxia se esgota, dividense as mitocrondias para facer mais mitocondrias e producir enerxia.
    -Membrana
    As mitocondrias posúen membranas internas e externas, coa membrana que consiste en plegues chamados crestas. As membranas celulares bacterianas teñen plegues chamados mesosomas que se aselleman ás crestas. A membrana mitocondrial interna contén os mismos tipos de proteínas e susbtancias graxas que a membrana plasmática bacteriana. A membrana mitoconsdrial externa e a parede celular das bacteruas tamén conteñen estructuras similares. As membranas mitocondriales internas e as membranas plasmáticas das bacterias restrinxen o paso de moitas substancias.
    -Tipo de ADN
    As células procariotas e eucariotas usan o ADN para levar o código para facer proteínas. As mitocondrias tamén incorporan o seu ADN en bucles.
    -Ribosomas e síntese de proteínas
    As proteínas realizan todas as suas funcions dentro das células, e a fabricación ou síntese de proteínas, constiue unha das principais funcions da celula. As mitocondrias levan os seus propios ribosomas para fabricar as proteínas que necesitan

  31. faa-andreaperez di:

    Semellanzas entre bacterias e mitocondrias:
    – Posúen unha molécula de ADN procarionte.
    – Ámbas posúen membranas biolóxicas con propiedades selectivas de tipo activo e pasivo
    – Ámbas posúen o seu propio citoplasma, os compoñentes citoplasmáticos son iguais en bacterias e mitocondrias.
    -Sintetizan ATP por Fosforilación oxidativa
    -Ámbas posúen os 3 tipos de ARN e Ribosomas para a síntesis das súas propias proteínas
    -Ámbas posúen Nutrición Heterotrófica
    -Ámbas dividense por Fisión binaria

  32. faa-marinabusto di:

    As bacterias e as mitocondrias teñen en común esta serie de cousas:
    – Ambas teñen membrana plasmática
    – Posúen ADN de tipo procariota, tanto as bacterias coma as mitocondrias posúen unha soa molécula de ADN destinado á transmisión dos carateres hereditarios e para a división ou reprodución asexual.
    – ARN mensaxeiro, para a síntese de proteínas por yranscrición e tradución.
    – Ribosomas libres ou ben agrupados por unha molécula de ARN mensaxeiro para a síntese das súas propias proteínas estruturais.
    – Ambas teñen reprodución asexual.

  33. fab-raquelpan di:

    Algunhas das semellanzas das mitocondrias e bacterias son as seguintes:
    -Tamaño e forma
    En base a súa mera apariencia, os científicos establecen unha relación entre as mitocondrias e bacterias. As mitocondrias teñen forma regordeta e son similares ás bacterias.
    -ARN mensaxeiro, de trasnferencia ou citoplasmático e ribosomal involucrados para a Síntese de proteínas por Transcrición e Tradución.
    -Membrana
    As mitocondrias posúen membranas internas e externas, coa membrana que consiste en plegues chamados crestas. As membranas celulares bacterianas teñen plegues chamados mesosomas que se aselleman ás crestas.
    -As duas teñen nutrición heterotrófica.
    -Teñen reproducción asesual

  34. faa-ileniamartinez di:

    Unha bacteria é unha mitocondria teñeno seguinte en común:
    – Membrana plasmática con permeabilidade selectiva de tipo activo, cando gasta enerxia química, e pasiva, sen gasto.
    – ADN de tipo procariota, tanto as bacterias como as Mitocondrias poseen unha sola molécula circular de ADN no histónico destinado á transmisión dos carateres hereditarios e para a división ou reproducción asexual por amitosis ou fisión binaria.
    – ARN mensaxero, de trasnferencia ou citoplasmático e ribosomal involucrados para a sintesie de proteínas.
    – Ribosomas libres ou ben agrupados por unha molécula de ARN mensaxeiro ( Polisomas) para a síntese das suas propias proteínas estructurais.
    – Cadena oxidativa, respiratoria ou de transporte de electróns para a respiración celular aerobia e para a oxidación biolóxica dos alimentos incorporados con liberación de enerxía química en forma de ATP por Fosforilación oxidativa.
    – Reproducción aexual por fisión binaria ou amitosis

  35. faa-miriantrigo di:

    Existen similitudes enormes entre as mitocondrias e as células:
    1. Forma e tamaño: ambas posúen unha forma moi pareida á das xudías, ademais de que o seu tamaño tamén é similar, variando entre 1 e 10 micras de lonxitude.
    2. Método de división: mentres que as bacterias se reproducen mediante un proceso chamado fisión, nas células eucariotas as mitocondrias levan a cabo un proceso de replicación semellante.
    3. Membrana: mentres que as mitocondrias posúen dúas membranas, estando a interna pregada, as bacterias, pola súa parte posúen unha membrana que tamén ten plieges semellantes ás das mitocondrias, ambas con forma de cresta.
    4. Tipo de ADN: as células eucariotas levan ADN de dobla cadena para a fabricación e síntese de proteínas en forma de hélice, formando unha escaleira de caracol, mentres que nas células bacterianas o ADN ten forma de bucle circular, parecido ao ADN das células eucariotas. Ademais, as mitocondrias, que posúen o seu propio ADN, incorpórano en forma de bucles.
    5. Ribosomas e síntese de proteínas: toda síntese de proteínas se realiza exclusivamente nos ribosomas. As mitocondrias posuén os seus propios ribosomas mitocondriales encargados de levar a cabo esta función. Estes ribosomas mitocondriales aseméllanse bastante aos ribosomas bacterianos na súa estrutura.

  36. fab-miguelpineiro di:

    Hai una serie de semellanzas entre bacterias e as mitocondrias, algunas delas son que posúen unha molécula de ADN procarionte.Que ambas posúen membranas biolóxicas con propiedades selectivas de tipo activo e pasivo.As duas posúen o seu propio citoplasma, os compoñentes citoplasmáticos son iguais nas bacterias que nas mitocondrias. As duas sintetizan ATP por fosforilación oxidativa.Tamén posúen os 3 tipos de ARN e Ribosomas para a síntesis das súas propias proteínas.Tamen comparten que ambas posúen una nutrición heterotrófica. E para acabar,ambas se dividen en fisión binaria.

  37. fab-sabelafernandez di:

    Sobre a base da súa mera aparencia, os científicos poden establecer unha relación entre as mitocondrias e as bacterias. As mitocondrias teñen foma similar ás bacterias bacilos con forma de varilla. O tamaño medio do bacilo oscila entre 1 e 10 micróns de lonxitude, e as mitocondrias das células das plantas e animais miden no mesmo rango. Estas observacións superficiais constitúen unha liña de evidencia que apoia a teoría de que as células eucarióticas primitivas sumiran ás células bacterianas, formando relacións de beneficio mutuo.
    As bacterias reprodúcense nun proceso chamado fisión; cando unha bacteria alcanza un tamaño predeterminado, esta apértase no medio, creando dous organismos. Nas células eucarióticas, as mitocondrias replícanse nun proceso similar. O centro de comando ou núcleo da célula, envíalle un sinal para que produza orgánulos, polo xeral antes dun evento de división, non obstante, só as mitocondrias e os cloroplastos das plantas, se replican. Se ben outros orgánulos poden estar feitos de substancias dentro da célula, a mitocondria e os cloroplastos deben dividirse para aumentar o seu número. Cando a subministración de enerxía en forma de ATP se esgota, divídense as mitocondrias para facer máis mitocondrias para producir enerxía.
    As mitocondrias posúen membranas internas e externas, coa membrana interna que consiste en dobras chamadas cristas. As membranas celulares bacterianas teñen dobras chamadas mesosomas que se asemellan ás cristas. A produción de enerxía ten lugar nestas dobras. A membrana mitocondrial interna contén os mesmos tipos de proteínas e substancias graxas que a membrana plasmática bacteriana. A membrana mitocondrial externa e a parede celular das bacterias tamén conteñen estruturas similares. As substancias flúen libremente dentro e fóra das membranas externas das mitocondrias e as paredes celulares externas das bacterias, non obstante, tanto as membranas mitocondriais internas e as membranas plasmáticas das bacterias restrinxen o paso de moitas substancias.
    As células procariotas e eucarióticas usan o ADN para levar o código para facer proteínas. Mentres que as células eucarióticas levan ADN de dobre cadea na forma dunha escaleira de caracol chamada hélice, as células bacterianas teñen o seu ADN en forma de bucles circulares chamados plásmidos. As mitocondrias tamén teñen o seu propio ADN para facer as súas propias proteínas, independentes do resto da célula; como as bacterias, as mitocondrias tamén incorporan o seu ADN en bucles.
    As proteínas realizan todas as funcións dentro das células, e a fabricación ou a síntese de proteínas, constitúe unha das principais funcións da célula. Todas as sínteses de proteínas se producen exclusivamente dentro das estruturas esféricas chamadas ribosomas, que se encontran dispersas por toda a célula. As mitocondrias levan os seus propios ribosomas para fabricar as proteínas que necesitan. As análises microscópicas e químicas revelan que a estrutura dos ribosomas mitocondriais é máis similar aos ribosomas bacterianos que aos ribosomas das células eucarióticas. Adicionalmente, certos antibióticos, se ben son inocuos para as células eucarióticas, afectan a síntese de proteínas tanto nas mitocondrias e nas bacterias, o que indica que o mecanismo da síntese de proteínas na mitocondria é similar ao das bacterias en lugar de ás células eucarióticas.

  38. faa-ariadnavazquez di:

    As bacterias son micro-organismos unicelulares. Moita xente considera que son a causa de moitas enfermidades, pero o corpo humano contén billóns de bacterias, contribuíndo a procesos como dixestión e crecemento, polo tanto non sempre son perxudiciais. As mitocondrias por outra parte son orgánulos atopados na maioría de celas eucarióticas, producen enerxía en forma de trifosfato de adenosina (ATP). Existen unhas similitudes estruturais entre ambas.

    – As bacterias comúns teñen cerca de 2 m en lonxitude, comparando isto con mitocondrias son moi similares en lonxitude pero como as bacterias, as formas e os tamaños das mitocondrias varían significativamente.

    -A función principal de bacterias, como calquera organismo, é reproducirse, e mentres a función principal das mitocondrias é producir enerxía en forma de ATP.

    – As mitocondrias son formadas por un proceso moi similar a fisión binaria, o método no cal as bacterias se dividen. Cando unha bacteria alcanza un certo tamaño, pártese pola metade para crear dous organismos.

  39. faa-laurachaves di:

    -Tamaño e forma: En base á súa mera aparencia, pódese establecer unha relación entre as mitocondrias e as bacterias. Ambas as dúas teñen unha forma ancha, e o seu tamaño medio oscila entre 1 e 10 micras de lonxitude.

    -División: As bacterias reprodúcense nun proceso denominado fisión. Cando unha bacteria alcanza un tamaño predeterminado, esta aprétanse no medio, creando así dous organismos. As mitocondrias, replícanse dunha forma similar.
    -Membrana:Tanto as mitocondrias como as bacterias posúen membranas internas e externas. A membrana mitocondrial interna contén os mesmos tipos de proteínas e substancias graxas que a membrana plasmática bacteriana. As membranas mitocondriais extermas e a parede celular das bacterias tamén conteñen estruturas similares. As substancias flúen libremente dentro e fora das membranas externas das mitocondrias e das bacterias, pero as dúas restrinxen o paso de moitas substancias.
    -ADN: As células bacterianas teñen o seu ADN en forma de bucles circulares chamados plásmidos, e as mitocondrias tamén teñen o seu propio ADN para crear as súas propias proteínas, en forma de bucle.
    Ademais,as dúas posúen os 3 tipos de ARN e Ribosomas para a síntese das súas propias proteínas.

  40. fab-luciameis di:

    Semellanzas:
    no tamaño, na forma, no ADN (dobre hélice circular), nos ribosomas, no
    modo de división (por división binaria), na capacidade de realizar oxidacións
    (respiración).
    Diferencias:
    As mitocondrias non poden sobrevivir fóra da célula mentres que as bacterias son
    organismos independentes.
    As mitocondrias teñen dobre membrana e as bacterias teñen unha soa membrana
    celular rodeada dunha parede.
    As bacterias sintetizan todas as proteínas que necesitan para o seu funcionamento
    mentres que as mitocondrias só poden fabricar algunhas das proteínas que
    necesitan

  41. faa-nereaeiras di:

    -Tamaño e forma:
    En base a súa apariencia, os científicos establecen unha relación entre as mitocondrias e bacterias. As mitocondrias teñen forma regordeta e son similares ás bacterias. O seu tamaño oscila entre os 1 e 10 micras de lonxitude.
    -Método de división:
    As baterias reprodúcense mediante un proceso chamado fisión que consiste en que cando unha bacteria alcanza un determinado tamaño ésta aprétase no medio formando dos organismos. As mitocondrias replícanse mediante un proceso similar.
    -Membrana:
    As mitocondrias teñen membranas internas e externas, e a interna esta formada por uns pliegues chamados crestas. AS membranas celulares bacterianas teñen tamén esos pliegues, chamados mesosomas que se asemellan as crestas (a producción de enerxía ten lugar nestos pliegues). A membrana mitocondrial interna contén os mesmos tipos de proteínas e substancias grasas ca membrana plasmática bacteriana.
    -Tipo de ADN:
    As mitocondrias e as bacterias teñen o seu propio ADN para facer as súas proteínas, independentes do resto da célula. Ambas incorporan o seu ADN en bucles chamados plásmidos.

  42. faa-iagopadin di:

    Fai ao redor de 1,5 millons de anos, as bacterias primitivas tomaron residencia no interior de células máis grandes, o que resultou nunha relación íntima que moldeou a evolución dos seres pluricelulares máis complexos. É por isto polo que as mitocondrias dise que son de orixe bacteriana e por iso aínda gardan algunhas cousas en común:
    – En base a súa mera apariencia, os científicos poden establecer unha relación entre as mitocondrias e as bacterias. As mitocondrias teñen forma ‘regordeta’ e son similares ás bacterias bacilos con forma de varilla. As mitocondrias das células das plantas e animales miden no mesmo rango que o bacilo.
    – As bacterias reproducense nun proceso chamado fisión; cando unha bacteria alcanza un tamaño predeterminado, ésta apretase no medio, creando dous organismos. Nas células eucariotas, as mitocondrias replicanse nun proceso similar. O núcleo da célula, envíalle un sinal para que produza orgánulos, polo xeral antes dun evento de división, porén, só as mitocondrias e os cloroplastos das plantas, se replican.
    – As mitocondrias posúen membranas internas e externas, coa membrana interna que consiste en pliegues chamados crestas. As membranas celulares bacterianas teñen pliegues chamados mesosomas que se asemellan as crestas. A producción de enerxía ten lugar nestos pliegues. A membrana mitocondrial interna conten os mesmos tipos de proteínas e sustancias grasas que a membrana plasmática bacteriana e a membrana mitocondrial externa e a pared celular das bacterias tamén conteñen estructuras similares.
    – As células procariotas e eucariotas usan o ADN para levar o código para facer proteínas. Mentras que as células eucariotas levan ADN de doble cadena en forma de escaleira de caracol chamada hélice, as células bacterianas teñen o seu ADN en forma de bucles circulares chamados plásmidos. As mitocondrias tamén teñen o seu propio ADN para facer as súas propias proteínas, independientes do resto da célula; como as bacterias, as mitocondrias tamén incorporan o seu ADN en bucles.
    – As proteínas realizan todas as funcións dentro das células, e a fabricación ou a síntese de proteínas, constitúe unha das principales funcións da célula. Todas as sínteses de proteínas producense exclusivamente dentro das estructuras esféricas chamadas ribosomas, que se encontran dispersas por toda a célula. As mitocondrias levan os seus propios ribosomas para fabricar as proteínas que necesitan. Os análisis microscópicos e químicos revelan que a estructura dos ribosomas mitocondriales é máis similar aos ribosomas bacterianos que aos ribosomas das células eucariotas.

  43. faa-carmenvilanova di:

    Existe unha teoría chamada teoría de la endosinbiosis seriada (SET), proposta por Lunn Margulis que considera que nalgún monento do desenvolvemento da vida, as bacterias respiratorias (ou os seus equivalentes ancestros) penetraron no citoplasma de outras células e alí permaneceron en beneficio mutuo, a modo de simbiosis.
    A célula primitiva era simple e non producía moita enerxía. A mitocondria (que era unha bacteria orixinariamente) entrou nesta, integrouse á produción enerxética e produciu máis ATP favorecendo á célula.
    Esta teoría baséase nalgunhas similitudes entre a mitocondria e a bacteria común:
    -O ADN das mitocondrias atópase en forma de molécula circular, igual ca o das bacterias.
    -En base ao seu tamaño e forma, os científicos poden establecer unha relación entre as mitocondrias e as bacterias, xa que son moi similares.
    -Ambas, mitocondrias e bacterias posúen un mecanismo de división parecido. As bacterias reprodúcense mediante fisión e as mitocondrias replícanse por un proceso similar.
    -As mitocondrias posúen dúas membranas, externa e interna (con pregamentos chamados crestas). As membranas celulares bacterianas tamén teñen pregamentos parecidos ás crestas chamados mesosomas. Ademais, a membrana celular externa das mitocondrias e a parede celular das bacterias conteñen estruturas semellantes.
    -Finalmente, os análises microscópicos e químicos revelan que a estrutura dos ribosomas mitocondriais aseméllase máis á estrutura dos ribosomas bacterianos que á dos ribosomas das células eucariotas.

  44. faa-albarodriguez di:

    Se comparamos unha bacteria cunha mitocondria encontraremos as seguintes semellanzas:
    -As dúas posúen unha membrana plasmática con Permeabilidade Selectiva de tipo Activa e Pasiva.
    -O ADN é de tipo procariota, tanto as bacterias como as mitocondrias posen unha soa molécula Circular de ADN no isotónico destinado á transmisión dos caracteres hereditarios e para a división a reprodución asexual por Amitosis ou Fisión binaria.
    -o ARN mensaxeiro, de transferencia o cotiplasmático e ribosomas involucrados para a síntese de proteínas por transmisión e tradución.
    -Ribosomas libres ou ben agrupados por unha molécula de ARN mensaxeiro para a sínteses das súas propias proteínas estruturais.
    -Cadea oxidativa, respiratoria ou de transporte de electróns para a Respiración celular aerobia e para a oxidación biolóxica dos alimentos incorporados con liberación de enerxía en forma de ATP por fosforilación oxidativa.
    -Reprodución asexual por fisión binaria ou mitoses.

  45. faa-ritalage di:

    As semellanzas entre mitocondrias e bacterias son estas:
    -Tamaño e forma
    En base a súa mera apariencia, os científicos poden establecer unha relación entre as mitocondrias e bacterias. As mitocondrias teñen forma regordeta e son similares ás bacterias.
    -Método de división
    As bacterias reproducense nun proceso chamado fision; cando unha bacteria alzanza un tamaño predeterminado, esta aprétase no medio creando dous organismos. Nas células eucariotas, as mitocondrias replicanse nun proceso similar. Algúns orgánulos poden estar feitos de substancias dentro da celula, a mitocrondia e os cloroplastos deben dividirse para aumentar o seu numero. Cando o suministro de enerxia se esgota, dividense as mitocrondias para facer mais mitocondrias e producir enerxia.
    -Membrana
    As mitocondrias posúen membranas internas e externas, coa membrana que consiste en plegues chamados crestas. As membranas celulares bacterianas teñen plegues chamados mesosomas que se aselleman ás crestas. A membrana mitocondrial interna contén os mismos tipos de proteínas e susbtancias graxas que a membrana plasmática bacteriana. A membrana mitoconsdrial externa e a parede celular das bacteruas tamén conteñen estructuras similares. As membranas mitocondriales internas e as membranas plasmáticas das bacterias restrinxen o paso de moitas substancias.
    -Tipo de ADN
    As células procariotas e eucariotas usan o ADN para levar o código para facer proteínas. As mitocondrias tamén incorporan o seu ADN en bucles.
    -Ribosomas e síntese de proteínas