Novo Gecko!

A riqueza tan grande de especies animais e vexetais que so viven en Madagascar é un misterio. Esta illa é a masa terrestre con maior biodiversidade do mundo. O descubrimento e caracterización dunha nova especie de gecko súmase á lista de microendemismo en Madagascar.

 

Oculta na escuridade da noite tropical de Madagascar, unha nova e intrigante especie de gecko foi descuberta por uns científicos. Esta nova especie Paroedura hordiesi posúe un patrón de camuflaxe que logra que se confunda co seu hábiat natural, os macizos de pedra caliza na rexión do norte de Madagascar, e nas ruínas dun vello forte foi onde os investigadores a localizaron.

 

A nova especie Paroedura hordiesi, descrita cientificamente polo equipo internacional de Frank Glaw, foi proposta para ser clasificada como “en perigo crítico de extinción” na Lista Roja da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN), sobre a base da que solo se coñece por un único lugar, e que existe un continuo declive na extensión e a calidade do seu hábitat

Autor: Iván Lois Serto

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade, Evolución, selección natural e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Novo Gecko!

  1. Victor di:

    Cales son as razóns polas que en determinados lugares se dan unhas grandes condicións para a biodiversidade?

    • faa-rubeniglesias di:

      A biodiversidade é o termo que se refire á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e os axentes naturais que a conforman, resultado de miles de millóns de anos de evolución segundo procesos naturais e tamén da influencia do ser humano. Comprende a variedade de ecosistemas e as diferenzas xenéticas dentro de cada especie.
      Os dous grandes factores que fan que haxa determinada fauna en determinados sitios, é o clima e a latitude.

    • faa-ritalage di:

      A biodiversidade ou diversidade biolóxica é o término que fai referencia á gran variedade de seres vivos que existen no planeta e os patróns naturais que a conforman.
      Para que nun lugar se den as condicións para que de biodiversidade, despois de un proceso de evolución de miles de millóns de anos segun procesos naturais.
      A biodiversidade nun lugar dase pola combinación de diferentes ecosistemas e as diferencias xenéticas dentro de varias especies que permiten a combinación de múltiples formas de vida. Países con gran biodiversidade, destacan entre moitos outros, Brasil, Sudáfrica, Madagascar, Colombia, Ecuador, e México.

    • fab-dariovazquez di:

      As condicións que máis inflúen na biodiversidade son o clima e a posición xeográfica do país en cuestión. O clima canto máis calido sexa, máis biodiversidade haberá polas condicións adecuadas para o desenrolo da vida de plantas, arbores e animais.

    • faa-diegogarcia di:

      É diferente en diversos lugares porque non en todos os lugares hai as mesmas condicións climatolóxicas, xa que nalgúns lugares non hai cousas esenciais como auga, algúns son moi secos o que fai que a vida neses lugares non sexa factible ao non ter recursos cos que sobrevivir, nos climas máis húmidos e con presenza de agua é máis fácil atopar biodiversidade xa que nesas zonas é moito máis sinxelo sobrevivir e evolucionar.

  2. faa-miriantrigo di:

    Entendemos por biodiversidade á gran variedade de seres vivos que existen no planeta.
    Existen varias razóns polas que nus lugares se dá máis biodiversidade que noutros, entre as que están a posición xeográfica do lugar, variedade de climas e unha complexa topografía. Estes factores propician unha gran variedade de condicións permitindo a ezistencia dunha gran cantidade de ecosistemas e especies e, por suposto, unha gran variedade xenética. Así, os países con máis biodiversidade no planeta son, principalmente, os países tropicais, entre os que sobresae, entre outros, México, que posúe dende climas húmidos tropicais ata os climas fríos das altas montañas, pasando polos secos extremos das zonas áridas.

  3. fab-miguelleiro di:

    A biodiversidade ou diversidade biolóxica é o término que fai referencia á gran variedade de seres vivos que existen no planeta e os patróns naturais que a conforman.
    Para que nun lugar se den as condicións para que de biodiversidade, despois de un proceso de evolución de miles de millóns de anos segun procesos naturais.
    A biodiversidade nun lugar dase pola combinación de diferentes ecosistemas e as diferencias xenéticas dentro de varias especies que permiten a combinación de múltiples formas de vida. Países con gran biodiversidade, destacan entre moitos outros, Brasil, Sudáfrica, Madagascar, Colombia, Ecuador, e México.

  4. fab-luciameis di:

    A pesar das dificultades climáticas e xeográficas en case todas as partes do mundo, atopamos vida, mesmo nas pasaxes máis remotos e inhóspitos do noso planeta. As características destas formas de vida están intimamente ligados ao medio ambiente, xa que moitas veces son estes que moldealo-la, ou viceversa. Polo tanto, podemos atopar unha enorme variedade de especies, cada un diferente do outro.

    Sorprendentemente, os científicos teñen máis claro que o número de estrelas no universo do que o número de especies no noso planeta. Aínda non chegaren a un acordo en canto ao número de especies; algúns din que 2 millóns, mentres que outros 100 millóns. Todo o que temos claro é que o número de especies listadas: 1.500.000, cada un dos cales ten a súa propia variación xenética e comunidades biolóxicas vivas. Aínda así, un terzo destas especies teñen moi pouca información sobre as súas interaccións e funcións básicas.

  5. fab-nereaporta di:

    A biodiversidade é en todas as partes, tanto en terra como en auga. Inclúe todos os organismos, de bacterias microscópicas ás plantas máis complexas e animais. Os inventarios actuais de especies, aínda que son útis, permanecen incompletos e insuficientes para a prestación de amplitude e distribución de todos os compoñentes da biodiversidade unha idea exacta.

    Moitas poboacións de plantas e animais diminuíron en número. A extinción de especies é parte do curso natural da historia da Terra. Pero, a actividade humana acelerou a taxa de extinción de polo menos cen veces en comparación co ritmo natural. Non é doado de comparar distintos indicadores de perda de biodiversidade. O ritmo de cambio en un dos aspectos da biodiversidade, como a perda da riqueza de especies, non reflicte necesariamente un cambio noutra variable, como a perda de hábitat.

    Existe máis biodiversidade nun lugar que en outro xa que algún países buscan obxetivos nos que inclúen o establecemento de marcos regulatórios que crean incentivos para a conservación e uso sostible dos recursos biolóxicos e unha maior cooperación científica, técnica e biotecnolóxica. Con iso, tamén preservan o medio ambiente, promover a seguridade e desenvolvemento de persoas comida a través de políticas sostibles destinados. Uns dos países con maior biodiversidade son : Australia, China, México

  6. fab-ivanportas di:

    Hai moitas razóns, como o clima (que pode ser cálido, frío, húmido…) e tamén a posición xeográfica onde se atopa o ecosistema, e fai que haxa determinadas especies distintas en cada ecosistema diferente.
    Os países tropicais por exemplo son os que teñen máis biodiversidade polos cambios de clima e posicións xeográficas que estes teñen.

  7. faa-albarodriguez di:

    A biodiversidade é a variabilidade de organismos vivos de calquera clase, postos en calquera tipo de ecosistemas. Comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e entre os ecosistemas. Pero non se refire a cantidade de individuos de cada unha senón desas especies.
    Que nun ecosistema teña máis especies ca outro, é dicir, que haxa maior biodiversidade, debese en gran medida ás condicións ambientais, a dispoñibilidade de luz, a temperatura, a humidade, a salinidade, etc. Así, sabemos cos espazos máis ricos en especies de seres vivos son as selvas tropicais, mentres que os máis pobres son os desertos, os cálidos coma o Sáhara e os fríos como a Antártida. En xeral, podemos dicir, que canto máis duras son as condicións ambientais nun ecosistema menor e a biodiversidade.

  8. faa-marinabusto di:

    A biodiversidade é a variedade da vida. Abarca á diversidade de especies de plantas, animais, fungos e microorganismos que viven nun espazo determinado. A biodiversidade que hoxe se encontra na Terra é o resultado de catro mil millóns de anos de evolución. As condicións para a biodiversidade depende dunha serie de condicións, xeográficas, climáticas, ambientais, físicas, químicas, poboacionais, etc.. Durante os anos en que se desenvolveu a vida sobre o noso planeta, moitas desas condicións variaron, xerando cambios, ás veces moi abruptos na cantidade e características das especies animais e vexetais existentes.

  9. faa-martinbaulde di:

    A biodiversidade é, o termo polo que se fai referencia á ampla variedade de seres vivos sobre a Terra e os patróns naturais que a conforman, resultado de miles de millóns de anos de evolución segundo procesos naturais e tamén da influencia crecente das actividades do ser humano.
    A biodiversidade encóntrase en todas as partes, tanto en terra coma na auga. Inclúe a todos os organismos, dende as bacterias microscópicas ata as máis complexas plantas e animais.
    Entre os factores polos que nalgúns lugares se da máis biodiversidade que noutros, están a posición xeográfica do lugar, a variedade de climas … Estes factores dan lugar a un gran grupo de condicións que permiten a existencia dunha gran variedade xenética.
    O continente que conta con máis países ricos en biodiversidade é América, sendo os principais países Brasil, México e Colombia.

  10. fab-laurafalcon di:

    A vida non se distribúe dunha forma regular polo planeta. Faino dunha forma desigual, que obedece a varios factores, tamén irregulares. Unha das primeiras regularidades que podemos observar é que a biodiversidade tende a crecer segundo nos aproximamos ás zonas tropicais. Por algunha ou algunhas razóns, os ecosistemas tropicais, e particularmente os seus estados sucesionais máis complexos (os bosques tropicais nas terras emerxidas, os arrecifes de corais nos fondos mariños) revisten o maior grao de biodiversidade de especies coñecido. As razóns diso probablemente haxa que buscalas na predictibilidad climática destes medios, que non sufriron grandes cambios en bastante tempo, na bonanza do seu clima para a vida e en razóns de tipo biogeográfico.
    De calquera modo, polo menos a metade das especies do mundo encóntranse nos bosques tropicais húmidos, un tipo de ecosistemas que non alcanza a cubrir o 6% da superficie terrestre.

  11. faa-iagopadin di:

    A biodiversidade reflexa a cantidade, a variedade e a variabilidade dos organismos vivos. E para que sexa boa e fructífera, deben de establecerse unhas condicións moi precisas.
    A biodiversidade varía altitudinal como latitudinalmente, é dicir, as comunidades que se encontran en diferentes alturas e latitudes presentan diferencias con respecto ao número e tipo de especies representadas. Deste xeito, dous factores importantes son o clima e o relevo á hora de ter unha boa diversidade, e se non se atopan unhas boas condicións,non existirá unha gran variedade de organismos.
    Outros factores físicos que afectan a isto son a humidade e a temperatura, que desempeñan un papel importante; a agua, que é esencial para a vida e se presenta un gran nivel de salinidade pode ser perxudicial para algúns seres; a cantidade de luz solar que chega que é moi importante para que moitos organismos poidan manter unha temperatura óptima; ademais do tipo de medio que pode ser acuático, terrestre,etc; a localización xeográfica e a altura sobre o nivel do mar.

  12. fab-raquelpan di:

    Entendemos por biodiversidade á gran variedade de seres vivos que existen no planeta.Moitas poboacións de plantas e animais diminuíron en número. A extinción de especies é parte do curso natural da historia da Terra.Entre os factores polos que nalgúns lugares se da máis biodiversidade que noutros, están a posición xeográfica do lugar, a variedade de climas … Estes factores dan lugar a un gran grupo de condicións que permiten a existencia dunha gran variedade xenética.Os países tropicais por exemplo son os que teñen máis biodiversidade polos cambios de clima e posicións xeográficas que estes teñen.

  13. faa-sarafalcon di:

    A biodiversidade é a variabilidade de organismos vivos de calquera clase. Comprende a diversidade dentro de cada especie, entre as especies e entre os ecosistemas. Pero non se refire a cantidade de individuos de cada unha senón desas especies.
    Hai moitas razóns, como o clima e tamén a posición xeográfica onde se atopa o ecosistema, e fai que haxa determinadas especies distintas en cada ecosistema diferente.
    Os países tropicais por exemplo son os que teñen máis biodiversidade polos seus climas e posicións xeográficas que estes teñen.
    Que nun ecosistema teña máis especies ca outro, é dicir, que haxa maior biodiversidade, debese en gran medida ás condicións ambientais, etc. Así, sabemos cos espazos máis ricos en especies de seres vivos son as selvas tropicais, mentres que os máis pobres son os desertos. En xeral, podemos dicir, que canto máis duras son as condicións ambientais nun ecosistema menor e a biodiversidade.

  14. faa-uxiacasais di:

    A biodiversidade é a ampla variedade de seres vivos sobre a terra e os patróns naturais que a conforman, así como tamén comprende a variedade de ecosistemas e as diferenzas xenética dentro de cada especie.
    As razón polas cales en determinados lugares danse unha mellor biodiversidade son diversas, o clima e o chan determinaran as condicións ecolóxicas as que responderan as comunidades de plantas e animais. En función das características básicas do clima, pódese dividir a terra en zonas características semellantes; en cada unha de esas zonas se desenvolve unha vexetación e unha fauna. Así temos a biodiversidade de cada lugar polo tanto canto mellor sexan as características do clima mellor será a biodiversidade no lugar.

  15. fab-sabelafernandez di:

    O termo biodiversidade reflicte a cantidade, a variedade e a variabilidade dos organismos vivos. Inclúe a diversidade dentro das especies. O concepto tamén abranga o xeito en que esta diversidade cambia dun lugar a outro e co paso do tempo. Indicadores como o número de especies dunha área determinada poden axudar a realizar un seguimento de determinados aspectos da biodiversidade. A biodiversidade encóntrase en todas as partes, tanto en terra coma na auga. Inclúe a todos os organismos, dende as bacterias microscópicas ata as máis complexas plantas e animais, desempeñando un papel importante no funcionamento dos ecosistemas e nos numerosos servizos que proporcionan. Entre estes, encóntranse o ciclo de nutrintes e o ciclo da auga, a formación e retención do chan, a resistencia ás especies invasoras, a polinización das plantas, a regulación do clima, o control das pragas e a contaminación.
    Destacan a posición xeográfica do lugar, a variedade de climas…, como razóns para unha maior biodiversidade.
    A biodiversidade está a diminuír a gran velocidade a causa de factores como os cambios no uso do chan, o cambio climático, as especies invasoras, a sobreexplotación e a contaminación.
    América Latina alberga seis dos países con maior biodiversidade do mundo (Brasil, Colombia, Ecuador, México, Perú e Venezuela), así como a área coa maior biodiversidade do planeta, a selva amazónica.