Un paso adiante: a enerxía solar sobre rodas

Dende a revolución industrial, o ser humano precisou maior aporte de enerxía debido ao nivel industrial e tecnolóxico acadado. A enerxía empregada ata os nosos días, na súa maioría, é non renovable, é dicir, vaise esgotando polo que deberá ser sustituída por enerxías renovables.

Dentro das enerxías renovables atopamos a enerxía solar. Trátase dunha fonte de enerxía inesgotable, a cal pode ser utilizada de dous xeitos: converténdoa  en calor nunha central térmica solar, neste caso faráse ferver auga, e o seu vapor moverá unha turbina, xerando así electricidade; ou  directamente en electricidade, mediante paneis solares. Un panel solar fotovoltaico está formado por un conxunto de celas (células fotovoltaicas) que producen electricidade a partires da luz que incide sobre elas (enerxía solar fotovoltaica).

Nun principio o seu uso centrábase na industria aeroespacial, como suministro de enerxía eléctrica para satélites e sondas. Logo trasladouse o seu uso ao ámbito terrestre, para producir electricidade destacando entre outras aplicacións: electrificación de pobos remotos, señalización ferroviaria, postes de SOS (teléfonos de emerxencia en estrada), coches eléctricos, etc.

Un paso adiante na utilización desta enerxía ven dado por enxeñeiros holandeses que construíron un carril bici de 70 metros na cidade de Krommenie, a cal se encontra a 25 km de Ámsterdam. É a primeira estrada do mundo feita con paneis solares . O chan está formado por módulos de formigón de entre 2’5 e 3’5 metros, nos cales van integradas as células fotovoltaicas.

De momento a súa rentabilidade é pouca e o panel solar resiste pouco peso, pero os creadores do proxecto estiman que en vinte anos se amortizará o gasto do carril, 3 millóns de euros e 5 anos de investigación, xa que pensan que nun futuro esa enerxía captada do Sol, servirá para iluminar a vía e os sistemas de tráfico, e incluso apuntan que recargará os coches eléctricos. Ademais apóstase que será unha smart high-way, é dicir, unha estrada intelixente, que advirta dos perigos, adapte as condicións de luminosidade ás condicións meteorolóxicas e realice funcións de apoio aos conductores.

En definitiva, Holanda, convírtese así nunha nación pioneira  no uso de estradas con paneis solares, cando poucos pensaban  que as estradas poderían xerar enerxía.


Autora: Alba María Aller Casal

Esta entrada foi publicada en Enerxías renovables, Recursos naturais, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

38 Responses to Un paso adiante: a enerxía solar sobre rodas

  1. Victor di:

    Que vantaxes teñen as enerxías renovables con respecto ás que non o son?

    • faa-alexfernandez di:

      As principais vantaxes da enerxía renovable son que:

      -É unha enerxía autóctona: se usan preto de onde eles ocorren e máis se é para consumo persoal. Isto fainos independente de países estranxeiros (e algunhas empresas), e xerar máis emprego local.

      -É unha enerxía limpa, con pouco risco de contaminación, sen producir gases de efecto invernadoiro, ou derrames de petróleo ou de residuos perigosos.

      -É unha enerxía segura, non é de risco comparable dunha fábrica de enerxía nuclear co risco de fallo dun panel solar.

      -É unha enerxía Inesgotable, como o sol ou o vento van a estar dispoñibles millóns de anos.

      -Ten varias fontes de enerxía: pois inclúen a solar, a eólica, pequenas centrais hidroeléctricas,a biomasa,a xeotérmica,a mariña… garantindo súa xeración en diferentes escenarios.

    • fab-mariangaleano di:

      As enerxías renovables teñen a gran vantaxe de que non se esgotan, xa que son unas enerxías naturais n aterra e que abundan. Estas enerxías, coma a enerxía eólica, a solar, a hidráulica, non se esgotan, ó contrario das non renovables como poden ser o petróleo e non contaminan, en cambio as enerxías non renovables si contaminan e dañan o hábitat de moitos seres vivos, o medio ambiente e destrúen ecosistemas de países e isto leva consigo a desaparición de fontes de traballo coma o turismo.
      Este tipo de enerxías renovables aínda non son moi utilizados por moitos países que deberían plantexarse o seu uso xa que son ilimitadas e moi pronto as enerxías que eles utilizan esgotaránse e non lles quedará recursos para producir enerxía.

    • faa-carmenvilanova di:

      A priori parece que todo son vantaxes no que concirne ás enerxías renovables. Estamos a falar de enerxías que se obteñen a partir de fontes ou recursos naturais e que ademais, son virtualmente inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen ou ben porque son capaces de rexerarse mediante medios naturais.
      De entre ás vantaxes deste tipo de alternativas pódense destacar as seguintes:
      -Son máis respetuosas, evidentemente, co medio ambiente: non contaminan, representando deste xeito a alternativa de enerxía máis limpa ata o de agora.
      -Son fáciles de desmantelar e non requiren custodiar os seus residuos durante millóns de años, como ocorre por exemplo coas enerxías nucleares.
      -Estas fan que a rexión sexa máis autónoma, xa que desenvolve, na mesma área onde se instalan, a industria e a economía.
      -Xera moitísimos postos de traballo, os que se prevén nun aumento aínda maior de aquí nuns anos se temos en conta a súa demanda e implantación.
      -Son enerxías seguras xa que, por unha parte non contaminan nin tampouco supoñen ningún risco para a saúde; e, doutra banda, non crean ningún tipo de ameaza para ninguén.
      -Para rematar, trátase de enerxías de fontes que son inesgotables, como o sol, a auga, o vento… Ademais, as súas diferentes orixes permiten unha aplicación en todo tipo de escenarios.

    • faa-ritalage di:

      As enerxías renovables teñen a gran vantaxe de que non se esgotan, xa que son unas enerxías naturais n aterra e que abundan. Estas enerxías, coma a enerxía eólica, a solar, a hidráulica, non se esgotan, ó contrario das non renovables como poden ser o petróleo e non contaminan, en cambio as enerxías non renovables si contaminan e dañan o hábitat de moitos seres vivos, o medio ambiente e destrúen ecosistemas de países e isto leva consigo a desaparición de fontes de traballo coma o turismo.

    • faa-rubeniglesias di:

      A enerxía renovable é aquela que é ilimitada, é dicir, que se vai rexenerando aínda que se gaste. A biomasa, a enerxía solar, eólica, hidráulica, maremotriz, das olas, e os RSU son tipos de enerxías renovables. As súas característica son:

      -Son limpas non xeran residuos de difícil eliminación.
      -O seu impacto ambiental é reducido. Non producen emisións de CO2 e outros gases contaminantes á atmosfera.
      -prodúcense de forma continua polo que son ilimitadas.
      -Evitan a dependencia exterior, son autóctonas.
      -Son complementarias.
      -Equilibran desaxustes interterritoriais.
      -Impulsan as economías locais coa creación de cinco veces máis postos de traballo que as convencionais.
      -Son alternativa viable ás enerxías convencionais.

  2. fab-miguelleiro di:

    A principal vantaxe das enerxías renovables é que son ilimitadas/inesgotables, ao contrario que as non renovables. Son gratuítas e limpas, polo que non producen gases contaminantes que producen o efecto invernadoiro como fan os combustibles fósiles. As enerxía renovables máis destacables, entre outras, son a solar, a eólica, a hidroeléctrica e a biomasa. Son enerxías en desenvolvemento pero con grandes beneficios para o medioambiente.

  3. fab-nereaporta di:

    Actualmente, dos distintos recursos podemos aproveitar a enerxía limpa, cada vez está collendo máis popularidade, xa que, xa que moitos países están adaptandose para a súa subministración.
    Algunhas ventaxes que teñen respecto as enerxías non renobables son:
    1)Son respectuosas co medio ambiente, isto quere decir que non contaminan e representan a enerxía máis limpa hast ao momento.
    2)Ao xerar recursos por si mesma, a enerxía solar contribúe a diversificación e ao autoabastecemento.
    3)Trátase de enerxías inagotables.
    Pero non debemos olvidar que tamén teñen a súas desventaxes.

  4. fab-alexcosta di:

    Hai bastantes vantaxas respecto as enerxías renovables, que as que non.
    Una das maís importantes, e que o medio ambiente non sufre, e decir, son enerxías limpas, e tamen, son inesgotables, xa que por moito que as usemos, sempre se vai a producir máis e maís, sin risco de que se acabe.Por este motivo cada vez usanse en máis e máis países.
    Alguna das enerxías renovables son a solar,a eólica, a hidroeléctrica e a biomasa.

  5. faa-tamaraparracho di:

    As enerxías renovables son aquelas que se obteñen de fontes naturais inesgotables a escala humana, ben porque o recurso dispón dunha cantidade de enerxía inmensa ou ben porque o recurso ten a capacidade de rexenerarse de maneira natural.
    Algunhas das enxerías renovables máis comúns e importantes son os biocarburantes, a biomasa, enerxía eólica, enerxía xeotérmica, enerxía mariña, enerxía hidraúlica, enerxía solar fotovoltaica e solar térmica.
    Todas elas posúen certas vantaxes comúns (tanto medioambientais coma socioeconómicas) fronte as enerxías convencionais:
    – Vantaxes medioambientais:
    Como xa se dixo na definicón inicial, as enerxías renovables son inesgotables, xa sexa pola magnitude do recurso ou pola súa rexeneración natural.
    Ademais, son enerxías limpas e non xeran residuos de difícil e custoso tratamento.
    Por último, as enerxías renovables non producen emisións de CO2 e outros gases contaminantes para a atmosfera, polo que non incrementan o efecto invernadoiro.
    – Vantaxes socioeconómicas:
    As enerxías renovables son autóctonas, é dicir, diferenza dos combustibles fósiles, que só existen nunhas zonas determinadas, as enerxías renovables están dispoñibles, en maior ou menor medida, en todo o planeta.
    Ademais, as enerxías renovables evitan a dependencia exterior, reducíndose deste xeito as pérdidas en transporte e garantíndose un subministro propio de enerxía.
    As enerxías renovables, por término medio , crean cinco veces máis postos de traballo que as convencionais.
    Por último, as enerxías renovables permitíronlle a España desenvolver tecnoloxías propias, de maneira que somos líderes mundiais na fabricación de paneles solares e muíños eólicos.

  6. faa-ariadnavazquez di:

    As enerxías renovables obtéñense a partir de fontes naturais que son inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturais.
    Sin embargo, as fontes de enerxía non renovables están presentes na natureza en cantidade limitada, é dicir, non poden ser renovadas en caso de reducirse a súa dispoñibilidade posto que son de orixe orgánica (animal e vexetal), requiren millóns anos para formarse na natureza.
    Ademais, as enerxías non renovables son mais respectuosas co medio ambiente, non contaminan e representan a alternativa de enerxía máis limpa ata o momento, fronte ás outras enerxías nas que, ao queimarse combustibles fósiles, xeran contaminación do aire, prexudicando a saúde das persoas, especialmente en grandes centros urbanos

  7. fab-miguelpineiro di:

    As enerxías renovables son aquelas que son collidas do medio ambiente, de forma natural, de xeito que son inesgotables,e limpas. Que ca situacion actual do medio ambiente, eso e una vantaxe moi favorable.
    Algunas das enerxías renovables son a solar, que como o seu nome indica, obtense do sol, a eolica, que se obten do vento, a hidroeléctrica e a biomasa.
    Grazas a todas estas ventaxas, cada vez mais paises son os que se animan a facer destas enerxías un factor importante, xa que a larga abarata custos e e moito mellor para o medio ambiente.

  8. Victor di:

    Teñen o mesmo significado os concetos de enerxías alternativas e enerxías renovables?

    • fab-mariangaleano di:

      Aínda que estos dous termos, o de enerxías renovables e enerxías alternativas semellan o mesmo e as persoas as utilicen como sinónimos, non son o mesmo e diferéncianse en pequenos matices. Por una banda, as enerxías alternativas ou fontes de enerxías alternativas son aquelas fontes de enerxía plantexadas como alternativas ás tradicionais clásicas. A fonte de enerxía alternativa é aquela que pode suplir ás enerxías ou fontes enérxicas actuais, xa sexa polo seu menor efecto contaminante ou fundamentalmente, pola súa posibilidade de renovación. Aínda así é importante reseñar que as enerxías alternativas, sendo renovables, son limitadas e, como calquera outro recurso natural teñen un potencial máximo de explotación, o cal non quere dicir que se poidan esgotar. Polo tanto, aínda que se poida realizar una transición a estas novas enerxías de maneira suave e gradual, tampouco van permitir continuar co modelo económico actual baseado no crecemento perpetuo.
      Ademais das enerxías renovables, nas fontes de enerxías alternativas, están incluídas a enerxía nuclear ou inclusive a hidroeléctrica. As enerxías alternativas divídense en dous grandes grupos:
      ●Fontes de enerxía renovables( eólica, solar, biomasa, mareomotriz…)
      ●Enerxía nuclear.
      Denomínase enerxía renovable á enerxía que se obtén de fontes naturais virtualmente inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, o porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables atópanse a eólica, xeotérmica, hidroeléctrica, mareomotriz, solar, undimotriz, a biomasa e os biocombustibles.

    • fab-mariaoubina di:

      Denomínase enerxía renovable á enerxía que se obten de fontes naturais virtualmente inagotables, xa sea pola inmensa cantidade de enerxía que contén, o porque son capaces de regenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables encóntranse a eólica, geotérmica, hidroeléctrica, mareomotriz, solar, undimotriz, la biomasa y los biocombustibles.Polo contrario a enerxía alternativa denomínase a aquelas fontes de enerxía planteadas como alternativa ás tradicionais clásicas.

    • fab-rociovazquez di:

      Non,os conceptos de enerxías alternativas e enerxías renovables non son os mesmos.
      – As enerxías alternativas son aquelas fontes de enerxía planteadas como alternativa as tradicionais clásicas;non existe consenso respecto a qué tecnoloxías están englobadas en este concepto; e a definición de enerxía non renovable resúmense en que son todas as fontes de enerxía que non implican a queima de combustibles fósiles (carbón, gas y petróleo).
      – As enerxías renovables son a enerxía que se obtén de fontes naturais virtualmente inagotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables encóntranse: a eólica, xeotérmica, hidroeléctrica, mareomotriz, solar, undimotriz, a biomasa e os biocombustibles.

  9. faa-laurachaves di:

    Non, enerxía alternativa e enerxía renovable non son o mesmo. As enerxías renovables, por unha banda, son as fontes de enerxías que se obteñen de fontes renovables, é dicir, inesgotables, pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, como o sol ou o vento. Son capaces de rexenerarse por medios naturais máis rápido do que as podemos consumir; en resumo, son inesgotables e alimentanse de forzas naturais.
    Por outro lado, as enerxías alternativas son aquelas fontes de enerxía que son diferentes ás tradicionais ou ás máis utilizadas actualmente como os combustibles fósiles ou a enerxía nuclear. Dun xeito máis xeral, podríase dicir que son as que non implican a queima de combustibles fósiles.
    Estas enerxías alternativas, tamén poden ser renovables.

  10. faa-ariadnavazquez di:

    As enerxías renovables e as enerxías alternativas parecen o mesmo e a pesar de que se utilízan para termos comúns e son parecidas non son o mesmo.
    Denomínase enerxía renovable á enerxía que se obtén de fontes naturais virtualmente inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturales. Entre as enerxías renovables se contan a eólica, xeotérmica, hidroeléctrica, mareomotora, solar, undimotriz, a biomasa e os biocombustibles, e entre as fontes de enerxía un exemplo sería o vento.
    Sen embargo, as enerxías alternativas tamén poden ser renovables e limpas, pero especificamente son aquelas fontes de enerxía que son diferentes ás tradicionais ou ás máis utilizadas actualmente, como os combustibles fósiles ou a enerxía nuclear.

  11. fab-luciameis di:

    Enerxía alternativa: Aquelas fontes de enerxía planteadas como alternativa as tradicionais clásicas.Non obstante, non existe consenso respecto a qué tecnoloxías están englobadas en este concepto, e a definición de “enerxía alternativa” difire según os distintos autores: nas definicions máis restrictivas, enerxía alternativa sería equivalente o concepto de enerxía renovable ou enerxía verde, mentres que as definicions máis amplas consideran enerxías alternativas a todas as fontes de enerxía que non implican a queima de combustibles fósiles (carbón, gas e petróleo); en estas definicions, ademáis das renovables, están incluidas a enerxía nuclear ou incluso a hidroeléctrica.

    Enerxía renovable:A enerxía que se obten de fontes naturais virtualmente inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables contanse a eólica, xeotérmica, hidroeléctrica, mareomotriz, solar, undimotriz, a biomasa e os biocombustibles.

  12. faa-martinbaulde di:

    Ambos conceptos parecen significar o mesmo pero non o son realmente:

    Denomínase enerxía alternativa, ou máis propiamente fontes de enerxía alternativas, a aquelas fontes de enerxía formuladas como alternativa ás tradicionais clásicas.

    As enerxías alternativas divídense en dous grandes grupos:

    -Fontes de enerxía renovables (eólica, soar, biomasa, mareomotora, etc.)
    -Enerxía nuclear

    Denomínase enerxía renovable á enerxía que se obtén de fontes naturais virtualmente inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturales.

    Entre as enerxías renovables se contan a xeotérmica, hidroeléctrica, solar, undimotriz e os biocombustibles.

  13. fab-miguelpineiro di:

    Enerxia alternativa e enerxia renovable, pode que signifique o mesmo , pero non e asi,xa que a enerxia alternatica, son todas as enerxias plantexadas como alternativa as tradicionais clasicas, aqui podriamos meter enerxias como as enerxias renovables e a enerxia nuclear e a hidroelectrica.
    Sem embargo, a enerxia renovable e aquela que se obten do mundo natural, e que e inesgotable,xa que pase o que pase, sempre se esta producindo mais, e non hai perigo de acabala, entre estas enerxias podemos meter a enerxia eolica, a xeotermica, a hidroelectriixa, a mareomotriz, a solar, a biomasa e os bioscombustibles.

  14. faa-carmenvilanova di:

    Ambos conceptos poden parecer o mesmo e ademais utilízanse para termos comúns. Aínda que son semellantes, debemos deixar claro que non son o mesmo.

    Dunha banda, temos as enerxías renovables. Este tipo de enerxías obtéñense a partir de fontes renovables, é dicir, inesgotables, pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, como poden ser o sol, o vento… Son capaces de rexerarse por medios naturales a unha velocidade maior do que as podemos consumir. En poucas palabras diriamos que as enerxías renovables son as que nunca se esgotan e que ademais se alimentan de forzas naturais.

    Por outro lado, están as enerxías alternativas. Estas tamén poden ser renovables e limpas, pero este concepto implica especificamente ser diferentes ás tradicionais e convencionais ou ás máis empregadas actualmente, como poden ser os combustibles fósiles, como o carbón ou o petróleo, ou a enerxía nuclear. Para algúns expertos, as enerxías alternativas poden coincidir coas enerxías renovables, pero que en realidade son todas aquelas que non implican a queima de combustibles fósiles.

  15. faa-tamaraparracho di:

    Aínda que en ocasións os conceptos enerxías alternativas e enerxías renovables son utilizados como sinónimos, o certo é que existen pequenas diferenzas entre eles.
    Denominamos enerxías renovables a aquelas enerxías que se obteñen de fontes renovables e son inesgotables, pois ben estas fontes conteñen unha inmensa cantidade de enerxía ou ben son capaces de rexenerarse mediante medios naturais máis rápido do que podemos consumir. Este tipo de enerxías diferéncianse dos combustibles fósiles en que estes últimos tardan demasiado tempo en rexenerarse, polo que chegará un punto en que se esgoten todas as reservas do mundo.
    Entendemos por enerxías alternativas aquelas que empregan fontes distintas ás convencionais, é dicir, aquelas fontes de enerxía que son diferentes aos combustibles fósiles ou a enerxía nuclear. Para algúns expertos as enerxías alternativas poden ser equivalentes ás enerxías renovables, pero o certo é que este concepto soamente recolle aqueles tipos de enxería que non implican a queima de consumibles fósiles, pois pode haber enerxías alternativas que non sexan renovables.

  16. faa-ritalage di:

    As enerxías renovables e as enerxías alternativas parecen o mesmo e a pesar de que se utilízan para termos comúns e son parecidas non son o mesmo.
    Denomínase enerxía renovable á enerxía que se obtén de fontes naturais virtualmente inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturales. Entre as enerxías renovables se contan a eólica, xeotérmica, hidroeléctrica, mareomotora, solar, undimotriz, a biomasa e os biocombustibles, e entre as fontes de enerxía un exemplo sería o vento.
    Enerxía alternativa: Aquelas fontes de enerxía planteadas como alternativa as tradicionais clásicas.Non obstante, non existe consenso respecto a qué tecnoloxías están englobadas en este concepto, e a definición de «enerxía alternativa» difire según os distintos autores: nas definicions máis restrictivas, enerxía alternativa sería equivalente o concepto de enerxía renovable ou enerxía verde, mentres que as definicions máis amplas consideran enerxías alternativas a todas as fontes de enerxía que non implican a queima de combustibles fósiles (carbón, gas e petróleo); en estas definicions, ademáis das renovables, están incluidas a enerxía nuclear ou incluso a hidroeléctrica.

  17. fab-miguelleiro di:

    As diferenzas entre enerxías renovables e enerxías alternativas son minímos e de forma común, as persoas tendemos a relaccionalas e tomamolas como sinónimos.
    As definicións de enerxías alternativas máis amplas son as que as consideran fontes de enrxía que non implican a queima de combustibles fósiles, e nestas definicións ademais das renovables, figuran a enerxía nuclear e incluso a hidroeléctrica. De esta forma, as enerxías alternativas dividense en dous grupos; por un lado fontes de enerxías renovables, e por outro a enerxía nuclear.
    Finalmente as enerxías renovables son aquelas que se obteñen de fontes naturais e son
    virtualmente inesgotables e non contaminantes.

  18. fab-sabelafernandez di:

    Ás veces é importante distinguir entre os conceptos de enerxía limpa, renovable e alternativa. E poñer isto en relación co réxime especial.

    Son enerxías renovables as que se obteñen de fontes naturais prácticamente inesgotables. Así, por exemplo, a hidráulica, a eólica e a solar. Tamén a biomasa, mareomotora e outras.

    Por enerxía limpa habería que entender aquela que non contamina. A maior parte das enerxías renovables son limpias, pero non todas. En particular todas aquelas que levan consigo a combustión de biomasas ou biocombustibles. Aínda que o balance de gases de efecto invernadoiro (case) se compense, sempre se emitirá algo de óxidos de xofre e de nitróxeno.

    Por enerxía alternativa hai que entender aquela que emprega fontes distintas das convencionais. Se as convencionais son os combustibles fósiles como o petróleo e o carbón e a enerxía nuclear, entón alternativas sería prácticamente igual que renovables. Pero pode haber enerxías alternativas que non sexan renovables.

  19. faa-ileniamartinez di:

    A enerxía é un recurso natural que pode aproveitarse industrialmente a partir da aplicación de tecnolxía e de diversos recursos asociados.
    Renovable, é aquelo que pode renovarse. O verbo renovar está vinculado a reemplazar algo, poñer de novo, transformar ou reestablecer algo que se había interrumpido.
    A noción de enerxía renovable fai mención ao tipo de enerxía que pode obterse de fontes naturales virtualmente inagotables, xa que conteñen na inmensa cantidade de enerxía ou poden rexenerarse naturalmente.
    As enerxías alternativas son aquelas que intentar sustituir ás fontes tradicionais de enerxía, como os combustibles fósiles (carbón e petróleo) xa sea pola sua capacidade de emitir menos gases contaminantes como pola habilidade para a autorexeneración . Por eso dentro de esta clasificación, a parte das enerxías renovables, incluese a enerxía nuclear pese a que xenera residuos radioactivos, pois no contribue o efecto invernadero polas suas baixas emisións de gases contaminantes

  20. faa-marinabusto di:

    Non, aínda que son conceptos similares, non son idénticos. Unha enerxía alternativa, ou máis precisamente unha fonte de enerxía alternativa é aquela que pode suplir ás enerxías ou fontes enerxéticas actuais, xa sexa polo seu menor efecto contaminante, ou fundamentalmente pola súa posibilidade de renovación. Dentro deste concepto pódese incluir as enerxías renovables e, en ocasións, a enerxía nuclear. A enerxía renovable constitue a enerxía que se obtén de fontes naturais inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturales. Entre as enerxías renovables se contan a eólica, xeotérmica, hidroeléctrica, mareomotora, solar, undimotriz, a biomasa e os biocombustibles.

  21. faa-marinabusto di:

    Non, aínda que son conceptos similares, non son idénticos. Unha enerxía alternativa é aquela que pode suplir ás enerxías ou fontes enerxéticas actuais, xa sexa polo seu menor efecto contaminante, ou fundamentalmente pola súa posibilidade de renovación. Dentro deste concepto pódese incluir as enerxías renovables e, en ocasións, a enerxía nuclear. A enerxía renovable constitue a enerxía que se obtén de fontes naturais inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturales. Entre as enerxías renovables se contan a eólica, xeotérmica, hidroeléctrica, mareomotora, solar, undimotriz, a biomasa e os biocombustibles.

  22. faa-iagopadin di:

    As enerxías renovables son aquelas que están á disposición do ser humano sen perigo de que se esgoten, pois a propia natureza, en condicións normais, seguirá proporcionándoas, a diferenza das non renovables como os combustibles fósiles ou a enerxía nuclear, que chegado un día, desaparecerán.
    Por outra banda, considéranse enerxías alternativas, todas aquelas enerxías secundarias que se utilizan en menor medida en lugar das enerxías principais. Deste xeito, podemos dicir que as enerxías que máis se utilizan son as non renovables como o carbón e o petróleo, e algunhas renovables como a hidráulica, mentres que en menor medida utilízanse enerxías renovables como a mareomotriz ou a hidrotérmica.
    En conclusión, podemos dicir, que as enerxías alternativas están incluidas dentro das renovables, e son todas aquelas que están menos explotadas.

  23. fab-lauracaldas di:

    As enerxías renovables son as fontes de enerxía que se obteñen de fontes renovables, é
    dicir, que non se esgotan, e pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, como o sol ou o vento. E outras que son capaces de rexenerarse por medios naturales máis rápido do que as podemos consumir. En poucas palabras, que nunca se esgotan e aliméntanse de forzas naturales.
    E as enerxías alternativas poden ser renovables e limpias, pero específicamente son aquelas fontes de enerxía que son diferentes ás tradicionais e as máis empregadas actualmente, como a enerxía nuclear. Para algúns expertos as enerxías alternativas poden ser equivalentes ás renovables, pero en realidade son todas aquelas que non implican queimar combustibles fósiles.

  24. fab-laurafalcon di:

    Xenericamente, denomínase enerxía alternativa, ou máis propiamente fontes de enerxía alternativas, a aquelas fontes de enerxía formuladas como alternativa ás tradicionais ou clásicas. Non obstante, non existe consenso respecto a que tecnoloxías están englobadas neste concepto, e a definición de enerxía alternativa difire segundo os distintos autores.Por outra parte, denomínase enerxía renovable á enerxía que se obtén de fontes naturais virtualmente inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturales.1 Entre as enerxías renovables se contan a eólica, xeotérmica, hidroeléctrica, maremotriz, solar, undimotriz, a biomasa e os biocombustibles.

  25. fab-raquelpan di:

    Aínda que en ocasións os conceptos enerxías alternativas e enerxías renovables son utilizados como sinónimos, o certo é que existen pequenas diferenzas entre eles.As enerxías renovables son as fontes de enerxía que se obteñen de fontes renovables, é
    dicir, que non se esgotan.E as enerxías alternativas poden ser renovables e limpias, pero específicamente son aquelas fontes de enerxía que son diferentes ás tradicionais

  26. faa-sarafalcon di:

    A priori, parece que todo son vantaxes no relacionado ás enerxías renovables, enerxías que se obteñen a partir de fontes naturais e que son virtualmente inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturais.

    Entre as vantaxes destacadas das enerxías renovables temos:

    Son mais respectuosas co medio, non contaminan e representan a alternativa de enerxía máis limpa ata o momento.
    Son doados de desmantelar e non requiren custodiar os seus residuos durante millóns de anos, como acontece por exemplo coas enerxías nucleares.
    Fai que a rexión sexa mais autónoma, xa que desenvolve na mesma rexión onde se instala, a industria e a económica.
    Xera moitos postos de traballo, os que se prevén nun aumento aínda maior de aquí a uns anos tendo en conta a súa demanda e implementación.
    Son enerxías seguras xa que non contaminan, nin tampouco supoñen un risco para a saúde, e os seus residuos ademais non crean ningún tipo de ameaza para ninguén.
    Trátase de enerxías de fontes que son inesgotables, como o sol ou a auga, e ademais as súas distintas orixes permiten a súa aplicación en todo tipo de escenarios.

  27. fab-tatianameis di:

    As enerxías renovables teñen moitas vantaxes con respecto as que non o son.

    Por exemplo algunhas das vantaxes son:

    -As enerxías renovables non emiten CO2 a atmosfera.
    -Este tipo de enerxía é ilimitada.
    -Estas enerxías non producen residuos de dificil tratamento.
    -Ademáis estas enerxías producen máis postos de traballo que as enerxías convencionais.

  28. fab-nereabetanzos di:

    Denomínase enerxía renovable a enerxía que se obtén de fontes naturais virtualmente inagotables,xa sea pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen,ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturais.Entre as enerxías renovables contanse a eólica, xeotérmica, hidroeléctrica, mareomotriz, solar, undimotriz,a biomasa e os biocombustibles.
    Un concepto similar, pero non idéntico é a enerxía alternativa son,aquelas, que poden substituír as enerxías ou fontes enerxéticas actuais, xa sea polo seu menor efecto contaminante ou fundamentalmente pola súa posibilidade de renovación.Divídense en: renovables de ahí a confusión de que ambas significan o mesmo e as nucleares.

  29. faa-ritalage di:

    Denomínase enerxía alternativa, ou máis propiamente fontes de enerxía alternativas, a aquelas fontes de enerxía formuladas como alternativa ás tradicionais ou clásicas. Non obstante, non existe consenso respecto a que tecnoloxías están englobadas neste concepto, e a definición de enerxía alternativa difire segundo os distintos autores.Por outra parte, denomínase enerxía renovable á enerxía que se obtén de fontes naturais virtualmente inesgotables, xa sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ou porque son capaces de rexenerarse por medios naturales.1 Entre as enerxías renovables se contan a eólica, xeotérmica, hidroeléctrica, maremotriz, solar, undimotriz, a biomasa e os biocombustibles.

  30. faa-sarafalcon di:

    As fontes de enerxía clasifícanse en renovables e non renovables. As enerxías non renovables son o petróleo, o gas natural e o carbón. Chámaselles non renovables porque cando se extrae estes combustibles da terra, non llelos volve repoñer e a súa dispoñibilidade é cada vez menor. Fórmanse pola descomposición producida durante miles e millóns de anos de material orgánico no interior da terra. A enerxía nuclear é tamén unha fonte non renovable de enerxía.
    As fontes de enerxía renovables, en cambio, proveñen de fontes inesgotables, principalmente o Sol e a Terra e a súa dispoñibilidade non diminúe co tempo. O Sol e a Terra seguirán provéndonos de enerxía durante algúns millóns de anos máis, e con el os ventos, a fotosíntese das plantas, o ciclo de auga, as forzas do mar e a calor ao interior da Terra