Chegaremos a ser inmortais?

Comprender o funcionamiento do mecanismo da vida podería permitir descontaminar o solo e a auga, producir órganos para os trasplantes, sintetizar novos combustibles, acabar coas enfermidades e soñar coa inmortalidade. Os límites estarían na imaxinación e na ética. Pois ben, a partir do ano 2000, os intentos por comprender a vida e  modificala, desenvolveranse nunha derección nova: a de producir vida artificial no laboratorio e poder controlala a vontade dos científicos.

Os científicos do  Instituto Weizmann, (Rehovot, Israel), conseguiron facer unha reproducción artificial en miniatura dun grupo de células e imitar o seu funcionamento. En concreto, conseguiron introducir dous xenes, secuencias de ADN, e obter proteínas.

Se logran que se comporten como as  pezas dun Lego, poderíanse producir calquera proteína neste sistema artificial. Isto podería servir para comprender os procesos biolóxicos básicos e no futuro, axudaría a sintetizar proteínas específicas para facer combustibles, medicinas, produtos químicos… de uso industrial, baixo circunstancias controladas ou interesantes.

De momento só fixeron probas con dous xenes de cada vez, pero pretendem aumentar a complexidade ata reproducir redes de xenes que interacionaen uns cos outros. Na última instancia, en teoría poderían probar con todos os xenes dun organismo. << O obxetivo é deseñar un contido de ADN semellante a un xenoma real e colocalo cos seus compartimentos>> explicou Alexandra Tayar, estudante que, xunto con Eyal Karzbru, deseñaron o sistema.

O seu deseño consiste nunha rede de pequenos compartimentos unidos por capilares, que son uns pequenos conductos que permiten o tránsito de nutrintes e outras substancias. En cada compartimento, os investigadores engadiron extractos de células naturais que tiñan toda a maquinaria necesaria para producir proteínas. Cando introducian os xenes, toda esa maquinaria leía a información que contiñan e producían proteínas correspondentes. Ademáis viron que a forma e o tamaño dos compartimentos influían na producción de proteínas, tal como ocorre nos seres vivos. De feito, o equipo xa traballa nun sistema que imite o desenvolvemento do embrión dalgúns animais, no que inflúe moito a forma, o tamaño e a distribución das células. Pero a pesar de todo, aínda non podemos falar de auténticas células artificiais.

Autor: Nerea Porta

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Selección artificial e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Chegaremos a ser inmortais?

  1. Victor di:

    Onde e como se fabrican as proteinas?

    • fab-mariangaleano di:

      As proteínas son moléculas formadas por cadeas lineais de aminoácidos. Os aminoácidos son compostos químicos forados por un grupo amino e outro carboxilo. Cando os aminoácidos se combinan obtense un dipéptido, tres aminoácidos un tripéptido e una cantidade maior de unións de aminoácidos forman polipéptidos. Cando o polipéptido consta de máis de medio centenar de aminoácidos se denomina proteína. Os aminoácidos necesarios para a formación de proteínas están no citoplasma das células.
      As proteínas fabrícanse nos ribosomas. Os ribosomas teñen forma redondeada e son pequeñas fábricas onde se producen as proteínas. Poden estar libres no citoplasma ou pegados ás paredes do retículo endoplasmático rugoso. A síntesis das proteínas está controlada e dirixida polo ADN e o ARN do núcleo das células.

    • faa-ritalage di:

      As proteínas son biomoléculas constituidas por carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno e, a veces, incluso poden levar na súa molécula, en menor proporción, átomos de xofre. Están formadas polo enlace de moitas unidades de aminoácidos, encadeadas entre si e pregadas de forma que adquiren estruturas moi complexas.
      As proteínas sintetízanse nos ribosomas, os cales teñen unha forma redondeada e funcionan como pequenas fábricas destas. Esta síntese das proteínas está controlada polo ADN e o ARN do núcleo das células. As proteínas desempeñan un papel moi primordial na célula como executoras da información xenética

  2. faa-miriantrigo di:

    As proteínas son biomoléculas constituidas por carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno e, a veces, incluso poden levar na súa molécula, en menor proporción, átomos de xofre. Están formadas polo enlace de moitas unidades de aminoácidos, encadeadas entre si e pregadas de forma que adquiren estruturas moi complexas.
    As proteínas sintetízanse nos ribosomas, os cales teñen unha forma redondeada e funcionan como pequenas fábricas destas. Esta síntese das proteínas está controlada polo ADN e o ARN do núcleo das células. As proteínas desempeñan un papel moi primordial na célula como executoras da información xenética. Esta almacénase no núcleo da célula como ADN e é transmitida polo ARN para ser traducida a proteínas.

  3. faa-albaaller di:

    Denomínase proteínas ás biomoléculas constituidas por carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno, e nalgúns casos tamén pequenas proporcións de xofre. Estas formánse mediante enlaces, compoñendo así estruturas bastante complexas.
    A orixe das proteínas ten lugar nos ribosomas, nos cales se realiza a traducción do ARN. O ARN é unha copia do ADN, gardado no núcleo da célula. Este leva a información xenética aos ribosomas para que sexa traducida en proteínas.

  4. fab-miguelpineiro di:

    As proteínas son biomoléculas formadas polo enlace de moitas unidades de aminoácidos encadeados entre si.
    As proteínas formanse nun proceso denominado traducción, que ocurre nas ribosomas da célula.En ese proceso, de xeito resumido, interpretase a informacion xenética do ARN para formar os diferentes aminoácidos da proteína, e unilos entre si de forma que formen una proteína con sentido.

  5. faa-ileniamartinez di:

    As proteinas fabricanse nos ribosomas, As proteínas caracterizanse por que están formadas pola unión duns compoñentes elementais chamados “aminoácidos” os cales poden separarse uns de otros por hidrólisis. O número de aminoácidos – estes podense obter dos alimentos ou fabricalos as propias células-que forman unha molécula proteínica é moi elevado, moitas veces son centenares, todas elas orixinanse a partir do ADN do núcleo da célula.

  6. Victor di:

    Que necesitarían os seres humanos para conseguir a inmortalidade?

    • faa-alexfernandez di:

      Para conseguir a inmortalidade o ser humano necesitaría ter un telómero infinito xa que,en cada división celular, este vaise acurtando e cando este se acaba morre a célula.Se os telómero chegasen a ser interminables as células poderían separarse de forma infinita podendo así rexenerarse continuamente dando ao ser humano unha vida eterna.

    • faa-ritalage di:

      Precísase material xenético indestructible, que en varias investigacións sobre o envellecemento e a morte celular comprobouse que nas células, a lonxitude dos telómetros (o extremo dos cromosomas) é un dos factores que causa o envellecemento e a morte celular. Entón con inxeniería xenética dos telómeros dun ser vivo , poderiase aumentar o tempo de vida.
      Outro factor a ter en conta que provocan os efectos antes nomeados son os chamados axentes oxidantes, que se presentan na natureza causando o deterioro das células.

  7. fab-miguelleiro di:

    Para que os seres humanos chegasen a ser inmortais, principalmente precísase material xenético indestructible, que en varias investigacións sobre o envellecemento e a morte celular comprobouse que nas células, a lonxitude dos telómetros (o extremo dos cromosomas) é un dos factores que causa o envellecemento e a morte celular. Entón con inxeniería xenética dos telómeros dun ser vivo , poderiase aumentar o tempo de vida.
    Outro factor a ter en conta que provocan os efectos antes nomeados son os chamados axentes oxidantes, que se presentan na natureza causando o deterioro das células.
    De todas maneiras, a comunidade científica, cree que se pode lograr o que chemamos inmortalidade mediante microprocesadores cuánticos que sexan capaces de trasnferir ideas, datos e demais dun cerebro a estos microprocesadores para logo activalos en corpos artificialmente indestructibles.

  8. faa-miriantrigo di:

    Actualmente, a inmortalidade do ser humano é algo concebible, de feito xa son moitos os científicos que afirman que ‘’o envellecemento é unha enfermidade curable’’. Mediante as investigación levadas a cabo sobre o envellecemento e a morte celular, comprobouse que un dos factores máis importantes involucrados neste proceso son os telómeros, os extremos dos cromosomas presentes nunha célula, xa que estes son os que marcan o número de división celulares. A medida que se xeran células novas pola división doutras, prodúcese unha perda progresiva dos telómeros, estruturas protectoras do ADN. Cando os telómeros son moi curtos, as células interrompen o seu ciclo celular e deixan de rexenerar texidos, producíndose así o envellecemento destas e o consecuente envellecemento de todo o organismo. Así pois, con enxeñería xenética nos telómeros poderíamos conseguir a inmortalidade, facendo que estes fosen máis longos para poder multiplicarse máis veces unha célula, conseguindo que o organismo se manteña xoven durante máis tempo.
    Ademais, os axentes antioxidantes que están presentes na natureza tamén son un factor de gran importancia, xa que provocan o deterioro das células, polo que inflúe notablemente no envellecemento.

  9. fab-luciameis di:

    A primeira parte está xa case totalmente alcanzada, que é a creación de un robot controlado polo noso cerebro,unha especie de transplante do noso cerebro a un corpo sintético,que dalgunha maneira puidéramos trasladar o contido cerebral a unha mente sintética e finalmente, na última fase, culminaría o programa coa creación de un holograma que reemplazaría totalmente o noso corpo e o noso cerebro, o que supostamente tendría que chegar en 2045

  10. Victor di:

    Que funcións desmpeñan as proteinas nos seres vivos?

    • fab-sabelafernandez di:

      Denomínanse proteínas ás biomoléculas constituídas por carbono, hidróxeno, osíxeno e nitróxeno. Estas teñen diversas funcións nos seres vivos, tales como:

      -As proteínas axudan a formar moitos dos trazos estruturais do corpo incluíndo o pelo, as uñas, e os músculos. As proteínas son o maior compoñente estrutural das células e as membranas celulares.

      -Elas axudan no transporte de materiais a través das membranas celulares. Un exemplo sería a absorción da glicosa dende o fluxo sanguíneo ás células. Regresaremos a discutir sobre esta habilidade importante cando falemos sobre a resistencia das células cancerosas cara aos axentes quimoterapeúticos.

      -Elas actúan como catalistas biolóxicos. Un gran grupo de proteínas, coñecidas como as encimas, son capaces de acelerar procesos químicos necesarios para a función correcta das células. Por exemplo, existen encimas que están involucradas en dixerir as nosas comidas e facer que os nutrientes destas estean dispoñibles.

      -As interaccións entre as células son moi importantes no mantemento da organización e función das células e os órganos. As proteínas son case sempre responsables de manter o contacto entre células veciñas e entre as células e o seu ambiente local. Cambios nestas interaccións son parte a causa do desenvolvemento do cancro.

      -As proteínas tamén funcionan para controlar a actividade celular, incluíndo as decisións tomadas acerca da división celular. Todas as células do cancro teñen defectos neste tipo de proteínas.

      -Varias hormonas, que son sinais que viaxan polo corpo para cambiar a actividade das células e os órganos, están compostas de proteínas.

    • fab-mariangaleano di:

      As proteínas determinan a forma e a estructura das células e dirixen casi todos os procesos vitales. As funciones das proteínas son específicas de cada una delas e permiten ás células manter a súa integridade, defenderse de axentes externos, reparar daños, controlar e regular funciones etc. Todas as proteínas realizan a súa función do mesmo xeito: por unión selectiva a moléculas ,outras proteínas, únense a moléculas distintas.
      As proteínas teñen as seguintes función:
      -Función estructural: algunas proteínas constitúen estructuras celulares e outras confieren elasticidade e resistencia a órganos e texidos.
      -Función enzimática, son as máis numerosas e especializadas. Actúan como biocatalizadores das reaccións químicas do metabolismo celular.
      -Función hormonal, algunhas hormonas son de natureza protéica, como a insulina e o glucagón(regulan os niveis de glucosa no sangue)ou as hormonas segregadas pola hipófisis, coma a do crecemento(regula a síntesis de corticosteroides) ou a calcitonina(regula o metabolismo do calcio)
      -Función reguladora, algunas proteínas regulan a expresión de certos xenes e outras regulan a división celular.
      -Función homeostática, algunas mateñen o equilibrio osmótico e actúan xunto con outros sistemas amortiguadores para manter constante o pH do medio interno.
      -Función defensiva:
      •As inmunoglogulinas actúan como anticorpos fronte a posibles antíxenos.
      •A trombina e o fibrinóxeno contribúen á formación de coágulos sanguíneos para evitar hemorraxias.
      •As mucinas teñen efecto xermicida e protexen ás mucosas.
      •Algunas toxinas bacterianas, coma a do batulismo, ou velenos de serpes, son proteínas fabricadas con funcións defensivas.
      -Función de transporte:
      •A hemoglobina transporta oxíxeno no sangue dos vertebrados.
      •A hemocianina transporta oxíxeno no sangue dos invertebrados.
      •A mioglobina transporta oxíxeno nos músculos.
      •As lipoproteinas transportan lípidos polo sangue.
      •Os citocromos transportan electróns
      -Función contráctil:
      ● A actina e a miosina constitúen as miofibrillas responsables da contracción muscular.
      •A dineina está relacionada c movemiento de cilios e flaxelos.
      -Función de reserva:
      •A ovoalbúmina da clara do ovo, a gliadina do grano de trigo e a hordeina da cebada, constitúen a reserva de aminoácidos para o desarrollo do embrión.
      •A lactoalbúmina do leite.

    • fab-rociovazquez di:

      As proteínas teñen varias funcións nos seres vivos;e son as seguintes:

      – As proteínas axudan a formar moitos dos rasgos estructurais do corpo incluíndo o pelo, as uñas, e os músculos. As proteínas son o maior compoñente estructural das células e as membranas celulares.
      – Elas axudan no transporte de materiais a través das membranas celulares. Un exemplo sería a absorción da glucosa desde o fluxo sanguíneo ás células. Regresaremos a discutir sobre esta habilidade importante cando falemos sobre a resistencia das células cancerosas hacia os axentes quimoterapeúticos.
      – Elas actúan como catalistas biolóxicos. Un gran grupo de proteínas, coñecidas como as enzimas, son capaces de acelerar procesos químicos necesarios para a función correcta das células. Por exemplo, existen enzimas que están involucradas en dixerir as nosas comidas e facer que os nutrintes de éstas estén dispoñibles.
      – As interaccións entre as células son moi importantes no manteñemento da organización e función das células e os órganos. As proteínas son case sempre responsables de manter o contacto entre células veciñas e entre as células e o seu ambiente local. Un bo exemplo serían as interaccións intercelulares que manteñen a nosa pel xunta. Estas interaccións son dependentes das proteínas que unen ás células veciñas. Como veremos, cambios en estas interaccións son parte a causa do desarrollo metastático do cáncer.
      – As proteínas tamén funcionan para controlar a actividadE celular, incluíndo as decisións tomadas acerca da división celular. Todas as células cancerosas teñen defectos en este tipo de proteínas. Regresaremos a falar en detalle sobre este tipo de proteínas cando tratemos sobre a regulación da división celular.
      – Varias hormonas, que son señais que viaxan polo corpo para cambiar a actividade das células e os órganos, están compostas de proteínas. A ilustración debaixo é a insulina, uhna hormona pequena que regula a absorción da glucosa do fluxo sanguíneo.

    • faa-sarafalcon di:

      As funcións das proteínas son as seguintes:

      -As proteínas teñen unha función defensiva, xa que crean os anticorpos e regulan factores contra axentes estraños ou infeccións. Toxinas bacterianas, como velenos de serpes ou a do botulismo son proteínas xeradas con funcións defensivas. As mucinas protexen as mucosas e teñen efecto xermicida. O fibrinóxeno e a trombina contribúen á formación coágulos de sangue para evitar as hemorraxias. As inmunoglobulinas actúan como anticorpos ante posibles antíxenos.
      -As proteínas teñen outras funcións reguladoras posto que delas están formados os seguintes compostos: Hemoglobina, proteínas plasmáticas, hormonas, xugos dixestivos, encimas e vitaminas que son causantes das reaccións químicas que suceden no organismo. Algunhas proteínas como a ciclina serven para regular a división celular e outras regulan a expresión de certos xenes.
      -As proteínas cuxa función é enzimática son as máis especializadas e numerosas. Actúan como biocatalizadores acelerando as reaccións químicas do metabolismo.
      -As proteínas funcionan como amortecedores, mantendo en diversos medios tanto o pH interno coma o equilibrio osmótico. É a coñecida como función homeostática das proteínas.
      -A contracción dos músculos través da miosina e actina é unha función das proteínas contráctiles que facilitan o movemento das células constituíndo as miofibras que son responsables da contracción dos músculos. Na función contráctil das proteínas tamén está implicada a dineina que está relacionada co movemento de cilios e flaxelos.
      -A función de resistencia ou función estrutural das proteínas tamén é de grande importancia xa que as proteínas forman tecidos de soporte e recheo que confiren elasticidade e resistencia a órganos e tecidos como o coláxeno do tecido conxuntivo fibroso, reticulina e elastina elastina do tecido conxuntivo elástico. Con este tipo de proteínas fórmase a estrutura do organismo. Algunhas proteínas forman estruturas celulares como as histonas, que forman parte dos cromosomas que regulan a expresión xenética. Algunhas glicoproteínas actuan como receptores formando parte das membranas celulares ou facilitan o transporte de substancias.
      -Se fose necesario, as proteínas cumpren tamén unha función enerxética para o organismo podendo achegar ata 4 kcal. de enerxía por gramo. Exemplos da función de reserva das proteínas son a lactoalbúmina do leite ou a ovoalbúmina da clara de ovo, a hordeina da cebada e a gliadina do gran de trigo constituíndo estes últimos a reserva de aminoácidos para o desenvolvemento do embrión.
      -As proteínas realizan funcións de transporte. Exemplos diso son a hemoglobina e a mioglobina, proteínas transportadoras do osíxeno no sangue nos organismos vertebrados e nos músculos respectivamente. Nos invertebrados, a función de proteínas como a hemoglobina que transporta o osíxeno realízala a hemocianina. Outros exemplos de proteínas cuxa función é o transporte son citocromos que transportan electróns e lipoproteínas que transportan lípidos polo sangue.

  11. fab-miguelpineiro di:

    As proteinas nos seres vivos desempeñan una serie de funcións.
    -As proteínas axudan a formar moitos dos trazos estruturais do corpo incluíndo o pelo, as uñas, e os músculos. As proteínas son o maior compoñente estrutural das células e as membranas celulares.
    -Axudan no transporte de materiais a través das membranas celulares.
    -Actúan como catalistas biolóxicos.
    -Son case sempre responsables de manter o contacto entre células veciñas e entre as células e o seu ambiente local.
    -Controlan a actividade celular, incluíndo as decisións tomadas acerca da división celular.

  12. faa-tamaraparracho di:

    As proteínas son moléculas formadas por cadeas lineais de aminoácidos (moléculas orgánicas formadas por un grupo amino (-NH2) e un grupo carboxilo (-COOH)).
    As proteínas desempeñan un papel fundamental para a vida e son as biomoléculas máis versátiles e diversas. Son imprescindibles para o crecemento do organismo e realizan unha enorme cantidade de funcións diferentes, entre as que destacan:
    – Función catalizadora: As enzimas proteicas encárganse de realizar certas reaccións químicas dunha maneira máis rápida e eficiente.
    – Función reguladora: as hormonas son un tipo de proteínas que axudan a que exista un equilibrio entre las funcións que realiza o corpo.
    – Función estrutural: as proteínas teñen a función de dar unha resistencia e elasticidade que permita formar texidos así como dar soporte a outras estruturas.
    – Función defensiva: son as encargadas de defender o organismo. Por exemplo, as glicoproteínas encárganse de producir inmunoglobulinas que defenden ao organismo contra corpos estraños.
    – Función de transporte: as proteínas deben levar substancias a través do organismo a onde sexan requiridas.
    – Función receptora: as proteínas que se encontran na membrana celular levan a cabo a función de recibir sinais para que a célula poida funcionar correctamente.

  13. fab-alexcosta di:

    As proteinas nos seres vivos teñen una serie de funcións.Entre elas destacan que as proteínas axudan a formar moitos dos trazos estruturais do corpo incluíndo o pelo, as uñas, e os músculos. As proteínas son o maior compoñente estrutural das células e as membranas celulares.Tamen axudan no transporte de materiais a través das membranas celulares.Tamen actúan como catalistas biolóxicos. Son case sempre responsables de manter o contacto entre células veciñas e entre as células e o seu ambiente local.E
    -Controlan a actividade celular, incluíndo as decisións tomadas acerca da división celular.

  14. fab-nereaporta di:

    As proteínas teñen varias funcións nos seres vivos:

    1)As proteínas axudan a construír moitas das características estruturais do corpo, incluíndo pel, unhas e músculos. A proteína é un compoñente estrutural principal das membranas celulares e células.
    2)Eles axudan no transporte de materiais a través das membranas celulares. Un exemplo sería a absorción de glicosa a partir da corrente sanguínea para as células. Volvemos a discutir esta habilidade importante cando discutir a resistencia das células cancerosas para axentes de quimioterapia.
    4)Eles actúan como catalizadores biolóxicos. Un gran grupo de proteínas, coñecidas como encimas, son capaces de acelerar procesos químicos necesarios para a función celular adecuada. Por exemplo, existen enzimas implicadas na dixestión das nosas comidas e facer os nutrientes que eles se fan dispoñibles.
    5)As interaccións entre as células son moi importantes no mantemento da organización e da función de células e órganos. As proteínas son moitas veces responsables de manter o contacto entre as células veciñas e entre as células ea súa contorna local. Un bo exemplo sería as interaccións intercelulares que manteñen a nosa pel xuntos. Estas interaccións son proteínas dependentes que se ligan ás células veciñas. Como veremos, os cambios na esas interaccións son necesarios para o desenvolvemento de cancro metastático.
    6)Proteínas traballar para controlar a actividade das células, incluíndo as decisións tomadas sobre a división celular. Todas as células cancerosas teñen defectos nestas proteínas. Eu volvo a falar en detalles sobre este tipo de proteína cando se trata sobre a regulación da división celular.
    7)Varias hormonas, que son sinais que viaxan a través do corpo para cambiar a actividade de células e órganos están compostas de proteínas. Abaixo móstrase a insulina, unha hormona que regula pequena absorción de glicosa na corrente sanguínea.

  15. fab-laurafalcon di:

    As proteinas teñen varias funcions:

    -Proteínas con función enzimática
    A maior parte das proteínas son encimas. As encimas, son biocatalizadores e como tales, a función das encimas é servir como catalizador para a maioría de procesos bioquímicos do organismo.

    -Proteínas con función hormonal
    As hormonas son substancias que segregan células especializadas para modificar o funcionamento doutras células que estean dotadas dun receptor axeitado. A natureza dalgunhas hormonas é proteica como no caso do glicagón ou a insulina ou as hormonas que segrega a hipófise como a calcitonina ou a hormona do crecemento.

    -Proteínas con función de recoñecemento de sinais
    As proteínas que realizan a función de reconocimento de sinais químicos están situadas na superficie das células. Existen receptores de anticorpos, de bacterias, de virus, de neurotransmisores…

    -Proteínas con función de transporte
    Os transportadores biolóxicos son sempre proteínas e son as encargadas de transportar moléculas polares a través da membrana plasmática ou ben, transportar moléculas hidrofóbicas a través dun medio acuoso como no caso do transporte de osíxeno ou de lípidos no sangue.

    -Proteínas con función estrutural
    Fenómenos tan importantes como a división celular ou o transporte intracelular, son dirixidos polo citoesqueleto das células, unha armazón arredor da cal se organizan os compoñentes da célula. Este citoesqueleto é de naturalea proteica.

    -Proteínas con función de defensa
    A función de defensa realizada por algunhas proteínas, encárganse de discriminar as substancias estrañas ao organismo. Un exemplo desta función, é a inmunoglobulina, unha proteína con función defensiva que se encarga de recoñecer organismos ou moléculas estrañas, uníndose a eles para facilitar a súa destrución que é levada a cabo polas células do sistema inmunitario.

    -Proteínas con función de movemento
    As proteínas están relacionadas coa motricidade dos seres vivos. Por exemplo, a miosina e a actina, son responsables da contracción dos músculos. As células móvense mediante cilios e flaxelos e este movemento está relacionado coas proteínas que forman os microtúbulos.

    -Proteínas con función de reserva
    Exemplos da función de reserva das proteínas son a gliadina do gran de trigo, a ovoalbúmina da clara de ovo, a hordeína da cebada ou a lactoalbúmina do leite. Todas elas serven para o desenvolvemento do embrión como reserva de aminoácidos.

    -Proteínas encargadas de transdución de sinais
    As proteínas, serven de mediación para a obtención de sinais no organismo. Exemplo desta función, é o proceso da visión onde a rodopsina, unha proteína, converte os fotóns en impulsos nerviosos.

    -Proteínas con función reguladora
    Moitas proteínas únense ao ADN, controlando desta forma a transcrición xénica. O organismo asegúrase desta forma de ter as proteínas necesarias para desempeñar as súas funcións. Proteínas como a ciclina son responsables de regular as distintas fases do cliclo celular.

  16. faa-ileniamartinez di:

    As proteínas teñen varias funcións nos seres vivos, tales como:
    Axudan a formar moitos dos rasgos estructurales do corpo incluindo o pelo, as uñas, e os músculos. As proteínas son o maior compoñente estructural das células e as membranas celulares.
    Elas axudan no transporte de materiales a través das membranas celulares.
    Elas actúan como catalistas biolóxicos. Un gran grupo de proteínas, conocidas como as enzimas, son capaces de acelerar procesos químicos necesarios para a función correcta das células. Por exemplo, existen enzimas que están involucradas en dixerir as nosas comidas e facer que os nutrientes de éstas estén dispoñibles.
    As interaccións entre as células son moi importantes no mantemento da organización e función das células e os órganos. As proteínas son casi sempre responsables de manter o contacto entre células veciñas e entre as células e o seu ambiente local. Un bo exemplo serían as interaccións intercelulares que manteñen a nosa piel xunta. Estas interaccións son dependientes das proteínas que unen as células veciñas. As proteínas tamén funcionan para controlar a actividade celular, incluindo as decisións tomadas acerca da división celular.
    Varias hormonas, que son señales que viaxan polo corpo para cambiar a actividade das células e os órganos, están compostas de proteínas.

  17. fab-lauracaldas di:

    As principais funcións das proteínas nos seres vivos son:
    – De reserva. En xeral as proteínas non teñen
    función de reserva, pero poden utilizarse con este fin nalguns casos especiales como por exemplo no desenvolvemento embrionario.

    – Estructural. As proteínas constituen moitas estructuras dos seres vivos. As membranas celulares conteñen proteínas.

    – Enzimática. Todas as reacions que se producen nos organismos son catalizadas por moléculas orgánicas. As enzimas son as moléculas que realizan esta función nos seres vivos.

    – Homeostática. Certas proteínas manteñen o equilibrio osmótico do medio celular e extracelular.

    – Transporte. De gases, como é o caso da hemoglobina, ou de lípidos. Ambas proteínas atópanse no sangue. As permeasas, moléculas que realizan os intercambios entre a célula e o exterior, son tamén proteínas.

    – Movemento. Actúan como elementos esenciales no movemento. Así, a actina e a miosina, proteínas das células musculares, son as responsables da contración da fibra muscular.

    – Hormonal. As hormonas son substancias químicas que regulan procesos vitales. Algunhas proteínas actúan como hormonas, por exemplo: a insulina, que regula a concentración da glucosa no sangue.

    – Inmunolóxica. Os anticorpos, substancias que interveñen nos procesos de defensa frente á dos axentes patóxenos, son proteínas.

  18. faa-albarodriguez di:

    As funcións das proteínas son de gran importancia aínda que moita xente pensa que só serven para crear os músculos e pouco máis, sen embargo, as funcións das proteínas son varias e ben diferenciadas.
    -Función referencial: as proteínas forman texidos de sostén e recheo que lle dan elasticidade e resistencia a órganos e texidos. Con este tipo de proteínas formase a estrutura do organismo.
    -Funcións encimática: as proteínas con función encimática son as máis numerosas e especializadas. Actúan como biocatalizadores das reaccións químicas do metabolismo celular.
    -Función hormonal: algunhas hormonas son de natureza proteica, como a insulina ou o glucagón, as hormonas segregadas pola hipófises como a do crecemento ou a adrenocorticotrópica, ou a calcitonina.
    -Función reguladora: algunhas proteínas regulan a expresión de certos xenes e outras regulan a división celular.
    -Función homeostática: algunhas manteñen o equilibrio osmótico e actúan xunto con outros sistemas amortiguadores para manter constante o pH do medio interno.
    -Función defensiva: as inmunoglogulinas actúan como anticorpos fronte a posibles antíxenos. A trombina e o fibrinóxeno contribúen a formación de coágulos sanguíneos para evitar hemorraxias. As muxinas teñen efecto xermicida e protexen as mucosas. Algunhas toxinas bacterianas, como a do botulismo.
    -Función de transporte: A hemoglobina transporta osíxeno na sangue dos vertebrados. A hemocianina transporta osíxeno na sangue dos vertebrados. A mioglobina transporta osíxeno nos músculos. A lipoproteínas transportan lípidos pola sangue. Os citocromos transportan electróns.
    -Función contráctil: a actina e a miosina constitúen as miofibrillas responsables da contracción muscular. A dineina está relacionada co movemento de cilios e flaxelos.
    -Función de reserva: contribúen a reserva de aminoácidos.

  19. faa-martinbaulde di:

    As proteínas teñen varias funcións nos seres vivos, tales como:

    -As proteínas axudan a formar moitos dos trazos estruturais do corpo incluíndo o pelo, as uñas, e os músculos.

    – Axudan no transporte de materiais a través das membranas celulares.

    -Son capaces de acelerar procesos químicos necesarios para a función correcta das células.

    -As proteínas son case sempre responsables de manter o contacto entre células veciñas e entre as células e o seu ambiente local. Como veremos, cambios nestas interaccións son parte a causa do desenvolvemento metastático do cancro.

    -As proteínas tamén funcionan para controlar a actividade celular, incluíndo as decisións tomadas acerca da división celular. Todas as células cancerosas teñen defectos neste tipo de proteínas

    -Varias hormonas, están compostas de proteínas.

  20. faa-ritalage di:

    As proteínas son moléculas formadas por cadeas lineais de aminoácidos (moléculas orgánicas formadas por un grupo amino (-NH2) e un grupo carboxilo (-COOH)).
    As proteínas desempeñan un papel fundamental para a vida e son as biomoléculas máis versátiles e diversas. Son imprescindibles para o crecemento do organismo e realizan unha enorme cantidade de funcións diferentes, entre as que destacan:
    – Función catalizadora: As enzimas proteicas encárganse de realizar certas reaccións químicas dunha maneira máis rápida e eficiente.
    – Función reguladora: as hormonas son un tipo de proteínas que axudan a que exista un equilibrio entre las funcións que realiza o corpo.
    – Función estrutural: as proteínas teñen a función de dar unha resistencia e elasticidade que permita formar texidos así como dar soporte a outras estruturas.
    – Función defensiva: son as encargadas de defender o organismo. Por exemplo, as glicoproteínas encárganse de producir inmunoglobulinas que defenden ao organismo contra corpos estraños.
    – Función de transporte: as proteínas deben levar substancias a través do organismo a onde sexan requiridas.
    – Función receptora: as proteínas que se encontran na membrana celular levan a cabo a función de recibir sinais para que a célula poida funcionar correctamente.

  21. faa-iagopadin di:

    As proteinas determinan a forma e a estructura das células e dirixen case todos os procesos vitais. As funcións das proteinas son específicas de cada unha delas e permiten ás células manter a súa integridade, defenderse de axentes externos, reparar danos, controlar e regular funcions, etc…Todas as proteinas realizan a súa función da mesma maneira: por unión selectiva a moléculas.
    A continuación móstranse alguns exemplos de proteinas e as funcions que desempeñan:
    – Función estructural:Algunhas proteinas constitúen estructuras celulares (as histonas, forman parte dos cromosomas que regulan a expresión dos xens), outras confiren elasticidade e resistencia a órganos e texidos (o coláxeno do texido conxuntivo fibroso)
    – Función encimática: as proteinas con función enzimática son as máis numerosas e especializadas, actúan como biocatalizadores das reaccions químicas do metabolismo celular.
    – Función hormonal: algunhas hormonas son de natureza protéica, como a insulina e o glucagón ou as hormonas segregadas pola hipófisis.
    – Función reguladora: algunhas proteinas regulan a expresión de certos xens e outras regulan a división celular.
    – Función homeostática: algunhas manteñen o equilibrio osmótico e actúan xunto con outros sistemas amortiguadores para manter constante o pH do medio interno.
    – Función defensiva: as inmunoglogulinas actúan como anticorpos frente a posibles antíxenos (as mucinas teñen efecto xermicida e protexen ás mucosas)
    – Función de transporte: a hemoglobina transporta osíxeno no sangue dos vertebrados, a hemocianina transporta osíxeno no sangue dos invertebrados, a mioglobina transporta osíxeno nos músculos, etc.
    – Función contractil: a actina e a miosina constitúen as miofibrillas responsables da contracción muscular, a dineina está relacionada co movemento de cilios e flaxelos.
    – Función de reserva: a ovoalbúmina da clara de ovo, a gliadina do gran de trigo e a hordeina da cebada, constitúen a reserva de aminoácidos para o desarrollo do embrión.

  22. faa-laurachaves di:

    As proteínas son uns dos nutrintes máis básicos que o nosos organismo necesita xa que realizan numerosas función vitais sin as cales non poderiamos vivir, como é a de construír músculos, transportar certas moléculas, transmitir sinais, e moitas máis. As principais función son:
    • Proteínas con función encimática: As encimas son biocatalizadores e as reaccións metabólicas teñen lugar gracias á presenza dun catalizador de natureza proteica específico para cada reacción, é dicir, teñen lugar gracias ás encimas. A maioría das proteínas son encimas.
    • Proteínas con función hormonal: As hormonas son substancias que segregan células especializadas para modificar o funcionamento doutras células dotadas dun receptor adecuado. Algunhas hormonas son de naturaleza proteica, como é a insulina e o glucagón, ou as hormonas que son segregadas pola hipófise coma a hormona do crecemento.
    • Proteínas con función de reserva: A gliadina do gran de trigo, a hordeína da cebada ou a lactoalbúmina da leite serven para o desenvolvemento do embrión como reserva de aminoácidos.

    • Proteínas con función de recoñecemento de sinais: As proteínas que desempeñan esta función encóntranse na superficie das células, e existen nos receptores de anticorpos, de bacterias ou de virus.
    • Proteínas con función de transporte: Nos seres vivos, son esenciais os fenómenos de transporte, tanto para levar unha molécula hidrofóbica a lípidos, a través do sangue, ou para transportar moléculas polares a través de barreiras hidrofóbicas. Estes
    trasportadores biolóxicos, son sempre proteínas.
    • Proteínas encargadas de transdución de sinais: As proteínas serven de mediación para a obtención de sinais no organismo.

    • Proteínas con función estrutural: O citoesqueleto das células, dirixe os fenómenos tales coma a división celular ou o transporte intracelular, e este citoesqueleto é de natureza proteica.
    • Proteínas con función de defensa: As proteínas que desempeñan esta función encárganse de discriminar as substancias extrañas do organismo, como é a inmunoglobulina, que destrúe as moléculas estrañas do organismo.
    • Proteínas con función de movemento: As proteínas están relacionadas coa motricidade do seres vivos, sendo as responsable da contracción dos músculos, por exemplo.
    • Proteínas con función reguladora: Moitas proteínas únense ao ADN, e controlan desta forma a transcrición xenética, asegurándose de ter as proteínas necesarias para desempeñar as súas funcións.