Estrelas en fusión

Unha estrela 38 veces maior cao Sol e outra de 32 masas solares, están a piques de fusionarse. Orbitan arredor dun centro de masas común e os científicos din que nuns millóns de anos fusionaranse nunha soa estrela dun tamaño 70 veces maior cao Sol. Javier Lozano , astrónomo da Universidade de Alicante, é o descubridor deste fenómeno.

 

Os astros do sistema MY Camelopardalis, que está na constelación de Xirafa, atópase a 15.000 anos/luz da Terra.  Cando ambas estrelas se fusionen, a que formarán seguirá evolucionando e acabará nunha gran explosión, liberando gran cantidade de enerxía.

As dúas estrelas mozas (formaronse hai uns 2 millóns de anos), luminosas e quentes e teñen unha período orbital de 1,2 días terrestres.  Os científicos din que para que den unha volta tan rápido teñen que estar moi xuntas. A razón pola que se xuntan é porque a constelación de Xirafa non é moi grande. Que estén case pegadas fai que unha transfira masa á outra e que o material das súas capas formen unha única envoltura.

Na Vía Láctea, a maioría das estrelas non se atopan soas como o Sol, senón que están en compañía.  YM Camelopardalis é denominada binaria eclipsante. Visto dende a Terra, cada estrela pasa por diante da outra cada vez que completan unha órbita, o que fai que se eclipsen.

Lorenzo e os seus compañeiros basearon a investigación nos sistemas de luz do sistema binario tomados dende un telescopio de 2,2 m de diámetro de Calar Alto (Almería). Isto proporcionou información esencial, como a temperatura da estrela ou o seu diámetro, que é 8 veces maior cao do Sol.

Autor: Rubén Iglesias Ferro

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.