Que é para nos o chocolate?

Linneo clasificou a árbore do cacao como Theobroma cacao, nomenclaruta que posteriormente daría nome a un dos compoñentes principais e causantes do placer que nos produce comer este alimento: a teobromina. Pero, a todo isto,  é certo que é unha sustancia tóxica para algúns animais? Por qué nos produce placer? A familia botánica Theobroma provén de xuntar dous termos: Theo, que significa deus, e Broma que significa alimento.

Do cacao coñecese o seu alto poder enerxético, pero pouca xente está ao tanto do poder dun dos compostos esenciais: a teobromina. Trátase dun composto químico natural que pertence a  familia das metilxantinas, nas que también se encontra, por exemplo, a cafeína. De feito, produce efectos semellantes á mesma, estimulando o sistema nervioso aínda que de maneira moito menos notoria, provocando esa sensación de placer en moitas persoas cando comen chocolate.

O cacao non é a única fonte natural de teobromina. O guaraná (Paullinia cupana), por exemplo, tamén conta con él entre os seus compoñentes esenciais, xunto coa cafeína e a teofilina. Sen embargo o principal estandarte deste compoñente é, sen dúbida algunha, o cacao. As súas sementes conteñen entre un 1% e un 4% de teobromina de modo que, cando se elabora o chocolate negro o seu porcentaxe ten aproximadamente de 1,5%. Este porcentaxe é moito menor cando se mestura con leite, de aí que, xunto coas preferencias de sabor, moita xente prefira os chocolates máis puros.

En humanos produce placer pero noutras especies pode ser prexudicial para a saúde. Mentres que nos o metabolizamos sen problemas transformándoo noutros compostos , algúns animais non teñen esa facilidad metabólica. Cando o consumen, o seu fígado non consigue metabolizalo e permanece máis tempo na súa sangue, podendo alcanzar, niveis tóxicos para o animal.

Autora: Rita Lage

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

44 Responses to Que é para nos o chocolate?

  1. Victor di:

    Pode considerarse unha droga ao chocolate?

    • fab-miguelpineiro di:

      Enténdese por drogas aquelas substancias capaces de modificar o pensamento, as sensacións e as emocións da persoa que as consume, creando nela adicción. As drogas teñen a capacidade de cambiar o comportamento e incluso a forma de ser.O chocolate causa un efecto cerebral similiar ao da morfina, un tipo de droga. A adicción ao é real e xa foi comprobada científicamente.Esto e debido a que o chocolate ten un aminoácido chamado triptófano, que provoca que o noso corpo produza a serotonina, e tamén é unha boa fonte de antioxidantes, que é un dos poucos alimentos que ten teobromina.
      Por outro lado a teobromina é un alcaloide moi parecido á cafeína.

    • faa-rubeniglesias di:

      Calquera cousa que produzca adicción e que te faga dependente dela, pódese considerar unha droga. Polo tanto o chocolate, tamén se pode considerar unha droga se eres dependente del.
      A maioría dos alimentos doces, como o chocolate libera varias substancias que nos fan estar nun estado de felicidade, comodidade, pracer, etc. Ademáis dise que tamén ten unha pequena dose de cafeína.

    • faa-ritalage di:

      As drogas son substancias capaces de modificar o pensamento, as sensacións e as emocións da persoa que as consume, creando nela adicción. As drogas teñen a capacidade de cambiar o comportamento e incluso a forma de ser.O chocolate causa un efecto cerebral similiar ao da morfina, un tipo de droga. A adicción ao é real e xa foi comprobada científicamente.Esto e debido a que o chocolate ten un aminoácido chamado triptófano, que provoca que o noso corpo produza a serotonina, e tamén é unha boa fonte de antioxidantes, que é un dos poucos alimentos que ten teobromina.
      Por outro lado a teobromina é un alcaloide moi parecido á cafeína.

    • faa-diegogarcia di:

      O chocolate pódese considerar unha droga, xa que crea no cerebro uns efectos de relaxación e tranquilidade ao liberar encefalina.
      Ao producir esta sensación o que o chocolate consegue é que a xente se enganche convertindoo nunha adicción.

  2. fab-lauracaldas di:

    As substancias presentes no chocolate poden provocar reacións fisiolóxicas importantes que conducen á adición, non obstante,tamén é de considerar que moitas destas substancias están presentes en grandes concentracións en outros alimentos aos que non se lles atribúe un poder adictivo. Pero a adición ao chocolate está científicamente probada. Os dulces potencian a liberación de encefalina, unha substancia química natural que xera no cerebro unha sensación de placer similar a algunas subtancias estupefacientes e crea no organismo unha necesidade adictiva.

  3. faa-andreaperez di:

    A adicción ao chocolate está científicamente probada.Os doces potencian a liberación de encefalina, unha sustancia química natural que xera no cerebro unha sensación de pracer e produce no organismo unha necesidade adictiva.
    A verdade é que o chocolate non é considerado unha droga pero os seus compoñentes poñerían a máis de un a pensar ao respecto.
    O chocolate ten un aminoácido chamado triptófano que no noso corpo fai que se produza a serotonina e tamén é unha boa fonte de antioxidantes e un dos poucos alimentos que ten teobromina.
    Por outro lado a teobromina é un alcaloide moi parecido á cafeína, aínda que non afecta o sistema nervioso fortemente e ten efecto diurético cando se consume grandes cantidades de agua con ela. Polo tanto pode considerarse unha droga.

  4. faa-miriantrigo di:

    Segundo estudos, o chocolate causa un efecto cerebral similiar ao da morfina, un tipo de droga. A adicción ao é real e xa foi comprobada científicamente. De feito, os doces potencian a liberación dunha substancia química natural (encefalina) que xera no cerebro unha situación de placer e fai que aumente o desexo de inxerilo. Esta substancia é similar a outras substancias como o opio ou a morfina, as cales causan adicción. Así é que o chocolate e o opio activan a mesma parte do cerebro.
    Tamén contén un composto químico, a anandamina, que activa os mesmo receptores cerebrais que a marihuana
    Con todo, o chocolate non é considerado droga.

  5. faa-carmenvilanova di:

    Enténdese por drogas aquelas substancias capaces de modificar o pensamento, as sensacións e as emocións da persoa que as consume, creando nela adicción. As drogas teñen a capacidade de cambiar o comportamento e incluso a forma de ser.
    O chocolate produce nos individuos felicidade, euforia, comodidade, tranquilidade e moitas veces adicción, sen contar que nos produce un placer inmenso cando toca coas nosas papilas gustativas.
    Os alimentos doces en xeral potencian a liberación de encefalina, unha substancia química natural que xera no cerebro sensación de deleite.
    O chocolate ten un aminoácido chamado triptófano, que fai que se produza a serotonina no noso organismo. Tamén contén unha anfetamina denominada feniletilamina, ademais de ser unha boa fonte de antioxidantes e un dos poucos manxares que posee teobromina.
    O feito de que o chocolate sexa un alimento adictivo está científicamente probado. Así e todo, non é considerado droga como tal, aínda que algúns dos seu compoñentes digan o contrario.

  6. faa-marinabusto di:

    O chocolate prodúcenos felicidade, euforia, comodidade, tranquilidade e moitas veces adicción, pero non é considerado unha droga. Ten un aminoácido chamado triptófano que no noso corpo fai que se produza a serotonina, tamén contén unha anfetamina chamada feniletilamina e é un dos poucos alimentos que posúe teobromina.
    A serotonina xera sono, felicidade, e sensación de paz e tranquilidade. A feniletilamina produce euforia e benestar. Por outro lado a teobromina é un alcaloide moi parecido á cafeína, aínda que non afecta o sistema nervioso fortemente.

  7. faa-martinbaulde di:

    Investigadores da Universidade de Michigan realizaron un estudio cuxas conclusións din que a adicción ao chocolate está cientificamente probada:
    Os doces potencian a liberación de encefalina que é unha substancia química natural que xera unha sensación de pracer no cerebro similar a da algunhas substancias estupefacientes, tales como o opio, a morfina … e que produce no organismo unha necesidade aditiva. Os resultados desta investigación se obtiveron a partir dun experimento con ratas de laboratorio, a un dos dous grupos de ratas se lle administrou un fármaco activador da rexión do cerebro onde coinciden as substancias psicotrópicas, e ao outro grupo non. Máis tarde déuselle chocolate aos dous grupos, e as ratas que previamente foran ‘drogadas’ consumiron o dobre que as outras.

  8. Victor di:

    E cal é a característica que define a unha droga? Existe unha opinión xeral mundial de que sustancias deben considerarse drogas?

    • fab-rociovazquez di:

      Unha droga é unha substancia con capacidade de alterar un proceso biolóxico ou químico nun organismo vivo, cun propósito determinado, como por exemplo combater unha enfermidade, aumentar a resistencia física, ou modificar a resposta inmunolóxica. O cerebro é a zona máis sensíbel aos efectos das drogas.
      Xeralmente o termo droga utilízase para se referir ás de uso ilegal, en cambio para as de uso médico acostúmase preferir o termo fármaco.

    • fab-mariaoubina di:

      A característica fundamental das drogas é que toda sustancia que, introducida no organismo vivo, pode modificar unha ou máis das funcións de éste.
      Teñen a capacidade de cambiar o comportamento e, á larga, a maneira de ser.Pode modificar o estado de ánimo producindo placer e incluso, chegar a ter potencial de abuso e perjuicio.

    • faa-rubeniglesias di:

      É unha sustancia química que ten efectos biolóxicos. Pode modificar o estado de ánimo producindo placer e ten potencial de abuso e prexuicio. O término droga, pode ser utilizado como fármaco ou principio activo de un medicamento, elemento de orixe biolóxico natural o obtido por diversos métodos artificiais que produce efectos no sistema nervioso central.

    • faa-ritalage di:

      Son capaces de alterar un proceso biolóxico ou químico nun organismo vivo, cun propósito determinado, como por exemplo combater unha enfermidade, aumentar a resistencia física, ou modificar a resposta inmunolóxica. O cerebro é a zona máis sensíbel aos efectos das drogas.
      Xeralmente o termo droga utilízase para se referir ás de uso ilegal.

  9. Victor di:

    RECORDADE O SEGUINTE:
    – O DÍA 9 ÁS 12 DA NOITE REMATA O TRABALLO NO BLOG PARA A 1ª AVALIACIÓN E COMEZA O DA 2ª.
    – O FORO PECHARASE O SÁBADO POLA MAÑÁ.
    – EN NADAL PODEDES SEGUIR FACENDO TRABALLOS VOLUNTARIOS PARA A BUXAINA.

  10. faa-afeijoo di:

    A característica que define a unha dorga é unha substancia química que ten efectos biolóxicos coñecidos en humenos e animais. Os alimentos están excluídos desta definición a pesar dos seus efectos fisiolóxicos coñecidos. En xeral consideranse drogas a aquelas substánceas que provocan un estado de dependencia nun ser humano ou en animais. Como consecuencia disto hai moitas máis drogas do que se pensa, xa sean porque estan legalizadas coma o tabaco ou o alcohol, ou mesmo en algúns elemntos que creen calquera estado de dependencia na persoa ou animal que o tome.

  11. faa-marinabusto di:

    A droga defínese como calquera substancia con capacidade de alterar un proceso biolóxico ou químico nun organismo vivo. O cerebro é a zona máis sensible aos efectos das drogas.
    Por outra parte, as drogas xeralmente vense como substancias adictivas e que crean unha dependencia, que teñen efectos de todo tipo sobre o corpo, pero moi dañinos a longo plazo.

  12. faa-sarafalcon di:

    DROGA é “toda substancia que, introducida no organismo vivo, pode modificar unha ou máis das funcións deste”.

    DEPENDENCIA é “o estado psíquico e ás veces físico causado pola acción recíproca entre un organismo vivo e unha droga, que se caracteriza por cambios no comportamento e por outras reaccións que comprenden sempre un impulso irreprimible a tomar a droga en forma continuada ou periódica, co fin de experimentar os seus efectos psíquicos e ás veces para evitar o malestar producido pola privación,”.

    TOLERANCIA é “un estado de adaptación que se caracteriza por unha diminución da resposta á mesma dose de droga ou polo feito de que para producir o mesmo grao de efecto farmacodinámico, é necesario unha dose maior”.

    TOLERANCIA CRUZADA é “un fenómeno no que se toma unha droga e aparece tolerancia non só a esa droga, senón tamén a outra do mesmo tipo ou ás veces doutro conexo”.

  13. fab-nereabetanzos di:

    As drogas son elementos de orixen biolóxico natural ou producto obtido del por diversos métodos, ou sustancia producida artificialmente, que produce efectos no sistema nervioso central. Pode modificar o estado de ánimo producindo placer e incluso, chegar a ter potencial de abuso e perxuicio.Caracterízanse por:crean adicción,é crónica,crea recaídas constantes,aislamiento,bipolaridad,mal humor,insomnio,pérdida de memoria,tolerancia e astinencia…
    As sustancias máis destacadas consideradas drogas son :
    -tabaco
    -alcohol
    -cannabis/marihuana
    -cocaína
    -anfetaminas
    -drogas de síntesis
    -ketamina(provoca alucinacións)
    -GBH(droga da violación)
    -heroína
    -alucinóxenos
    -LSD(dietilamida de ácido lisérxico)
    -hongos alucinóxenos
    -plantas solanaceas

  14. fab-laurafalcon di:

    DROGA é “toda sustancia que, introducida no organismo vivo, pode modificar unha ou máis das funcions déste”. As drogas poden crear dependencia, isto é, “o estado psíquico e ás veces físico causado pola acción recíproca entre un organismo vivo e unha droga, que se caracteriza por cambios no comportamento e por outras reaccións que comprenden sempre un impulso irreprimible a tomar a droga en forma continuada ou periódica, co fin de experimentar os seus efectos psíquicos e ás veces para evitar o malestar producido pola privación,”.
    Hai drogas legales e ilegales, as legales poden ser o alcohol o cigarrillo, o café e algunhas medicinas, como relaxantes musculares. As ilegalees poden ser o opio e os seus derivados, o LSD, marihuana….

  15. fab-luciameis di:

    DROGA é “toda sustancia que, introducida no organismo vivo, pode modificar unha ou máis das funcións de éste”.
    Cando o consumo da sustancia se fai cada vez máis regular, co fin de experimentar o seus efectos psíquicos e as veces para evitar o malestar producido pola sua privación, estamos falando de drogodependencia.
    A dependencia psíquica é a compulsión a tomar unha sustancia determinada para obter a vivencia de efectos agradables e placenteiros ou evitar malestar.

  16. faa-iagopadin di:

    Para definir unha droga, podemos facelo, utilizando sete características básicas:
    1. Alteran de maneira temporal ou permanente a conducta, pensamento, percepción da realidade ou estado de ánimo.
    2. Provocan que as persoas as usen de maneira repetida, unha e outra vez, polos efectos que ocasionan.
    3. Enferman o cerebro, porque cambian as súas funcións e a súa estructura.
    4. Ocasionan gran malestar físico e psicolóxico cando despois dun periodo se deixan de consumir.
    5. Non teñen usos médicos ou se os teñen, o seu consumo non é supervisado por un médico.
    6. Ocasionan graves problemas de saúde, familiares, escolares e sociais.
    7. Xeran dependencia.
    Deste xeito, podemos dicir que unha droga é toda substancia que, introducida no organismo vivo, pode modificar unha ou máis das funcións deste. Isto crea unha dependencia,é dicir,un estado psíquico e a veces físico causado pola acción recíproca entre un organismo vivo e unha droga, que se caracteriza por cambios no comportamento e por outras reaccións que comprenden sempre un impulso irreprimible a tomar a droga en forma continuada ou periódica, a fin de experimentar os seus efectos psíquicos e a veces para evitar o malestar producido pola privación.

  17. fab-laracores di:

    Unha droga é unha substancia vexetal, animal ou mineral que producen unha serie de efectos no noso organismo (estímulante, alucinoxeno, deprimente…)poden alterar ou modificar as funcións deste. En xeral coñecense como drogas: blandas (con menos poder adictivo) como o cannabis, ou as drogas duras (maior poder adictivo)como poden ser a cocaína ou a heroína.
    As veces relacionamos substancias, como o chocolate, como unha droga, polo seu poder adictivo e satisfactorio que nos leva cara a súa alta consumición.

  18. fab-mariblanco di:

    A droga é o termo xeral polo que se designa así calquera substancia con capacidade de alterar un proceso biolóxico ou químico nun organismo vivo, cun propósito determinado, como por exemplo combater unha enfermidade, aumentar a resistencia física, ou modificar a resposta inmunolóxica. O cerebro é a zona máis sensíbel aos efectos das drogas.

    Xeralmente o termo droga utilízase para se referir ás de uso ilegal, en cambio para as de uso médico acostúmase preferir o termo fármaco.

  19. fab-alexcosta di:

    Todas drogas teñen como consecuencia unha alteración no sistema biolóxico de calquer ser vivo.
    Xa que o cerebro é por así decilo o sistema máis débil, así deste modo é o máis perxudicado tamén, anulando fases esenciais que leva aos individuos a actuar de formas raras e primarias.

  20. faa-martinbaulde di:

    Unha droga é unha substancia química que ten efectos biolóxicos coñecidos en humanos ou animais. Os alimentos son excluídos desta definición a pesar dos seus efectos fisiolóxicos coñecidos na maioría das especies animais.
    O termo droga, pode ser utilizado como todo fármaco ou principio activo dun medicamento, elemento de orixe biolóxica natural ou produto obtido del por diversos métodos, ou substancia producida artificialmente, que produce efectos no sistema nervioso central. Pode modificar o estado de ánimo producindo pracer e mesmo, chegar a ter potencial de abuso e prexuízo.
    Este termo droga psicoactiva, utilízase, especialmente no ámbito da medicina e farmacoloxía non obstante, a definición máis específica indica que droga é o termo máis axeitado para referirse a substancias que se usan sen fins terapéuticos; alteran aspectos afectivos e cognitivos.

  21. faa-ivanlois di:

    Podemos definir a palabra droga como substancia que pode modificar o pensamento, as sensación e as emocións das persoas que a consumen. As drogas teñen a capacidade de cambiar a maneira de ser dunha persoa, e a larga estas persoas son dependentes dela, se non a teñen poden chegar a facer cousas bastante graves, ata o punto de matar.
    Todas as drogas teñen un risco, sexan legais coma o tabaco ou o alcohol, ou ilegais coma a cocaína, a heroína, etc. O risco das drogas depende da combinación de tres factores:
    -Os efectos que provoca a substancia
    -A maneira de inxerila ou utilizala (doses, forma de inxerila, efectos que se queren obter con ela…)
    -A vulnerabilidade que teña a persoa que as consuma, é dicir o consumidor

  22. faa-albarodriguez di:

    Entendemos por droga toda aquela substancica química que introducida voluntariamente no organismo dunha persoa, ten a capacidade de modificar as condicións físicas ou químicas deste.
    Consideramos droga a toda aquela substancia química de orixe natural ou sintético que ao introducirse por calquera vía exerce un efecto directo sobre o sistema nervioso central, ocasionando cambios específicos as súas funcións.

  23. faa-ileniamartinez di:

    A organización mundial da Salude define unha droga como unha sustancia (química ou natural introducida nun organismo vivo por calquera vía) inhalación, inxestión, intramuscular, é capaz de actuar sobre o sistema nervioso central, provocando unha alteración física ou psicolóxica, a experimentación de novas sensacións ou a modificación dun estado psíquico, é decir, a capacidade de cambiar o comportamento da persoa.
    Existen divesos tipos de drogas:
    Depresoras do sistema nervioso: disminuen a actividade do sistema nervioso central.
    Bebidas alcohólicas: viño, cerveza, ginebra, etc.
    Hipnóticos e sedantes: somníferos e tranquilizantes.
    Maiores: anfetaminas, cocaína.
    Menores: café, té, cacao, tabaco (nicotina). (As que alteran a percepción: modifican o nivel de conciencia e diferentes sensacións).
    Alucinóxenos: LSD, mezcalina.
    Cannabis: marihuana, hachís.
    Inhalantes: pegamentos, etc
    Drogas de diseño
    O consumo de drogas, sufre importantes variacións en función do país e do medio social, cultural, a idade e o sexo. En xeneral, considerase que os adultos xovenes de todas as sociedades son os maiores consumidores e que a prevalencia disminue coa idade
    .

  24. fab-lauraozores di:

    A droga é unha substancia química que ten efectos biolóxicos coñecidos en humanos ou animais. Os alimentos son excluídos desta definición a pesar dos seus efectos fisiolóxicos coñecidos na maioría das especies animais.
    O termo droga, pode ser utilizado como todo fármaco ou principio activo dun medicamento, elemento de orixe biolóxica natural ou produto obtido del por diversos métodos, ou substancia producida artificialmente, que produce efectos no sistema nervioso central. Pode modificar o estado de ánimo producindo pracer e mesmo, chegar a ter potencial de abuso e prexuízo.
    Este termo droga psicoactiva, utilízase, especialmente no ámbito da medicina e farmacoloxía, como sinónimo de principio activo ou fármaco, xa sexa por extensión do concepto ou debido á tradución literal do termo inglés drug, o cal non fai distincións entre os tres termos. A definición orixinal da OMS reflicte este uso xenérico, non obstante, a definición máis específica indica que droga é o termo máis axeitado para referirse a substancias que se usan sen fins terapéuticos; alteran aspectos afectivos, cognitivos e conductuales; poden ser autoadministradas; e poden inducir estados biolóxicos adaptativos nos seus usuarios

  25. faa-albaaller di:

    Droga é o termo que utilizamos para referirnos a unha substancia que produce unha serie de efectos no noso organismo (euforia, alucinacións…) e pode alterar as funcións deste.
    As drogas dividense en brandas e duras, as brandas son as menos aditivas como o cannabis; e as duras, as que producen maior adicción, como o cocaína. Poderíamos considerar o chocolate como unha droga, polo seu poder aditivo e a satisfacción que obtemos ao tomálo.

  26. faa-ariadnavazquez di:

    A droga é, no máis amplo dos campos, unha substancia química que ten efectos biolóxicos sobre humanos ou outro animals. As drogas poden causar adicción e habituación e todas as drogas teñen efectos. Moitas drogas, ademáis,son ilegais hoxe en día.
    Sen embargo, dende a miña opinión non todo o mundo ten a mesma opinión sobre que substancias se deben considerar drogas e cales non. Por exemplo, en xeral as comidas son xeralmente excluídas desta definición, a pesar dos seus efectos fisiolóxicos sobre especies.

  27. faa-iagopadin di:

    A adición ao chocolate está científicamente probada. Os doces potencian a liberación de encefalina, unha substancia química natural que produce no cerebro unha sensación de placer similar á de algunhas substancias estupefacientes e que produce no organismo unha necesidade adictiva.
    Así e todo, o chocolate non está considerado como unha droga aínda que teña algunhas propiedades similares. Por exemplo,o chocolate ten un aminoácido chamado triptófano que no noso corpo fai que se produza a serotonina , tamén conten unha anfetamina chamada feniletilamina e tamén é unha boa fonte de antioxidantes e un dos poucos alimentos que posúe teobromina.
    Deste xeito, a serotonina xera sono, felicidade, e sensación de paz e tranquilidade. A feniletilamina produce euforia e benestar. Ademáis entre os seus antioxidantes están os polifenoles que disminúen o colesterol nas paredes das arterias,e protéxenos de radicales libres que producen envellecemento e a veces cáncer no noso corpo. Por outro lado, a teobromina é un alcaloide moi parecido á cafeína, aínda que non afecta o sistema nervioso fortemente e ten efectos diuréticos cando se consumen grandes cantidades de auga con ela.

  28. fab-sabelafernandez di:

    Unha droga é, unha substancia química que ten efectos biolóxicos coñecidos en humanos ou animais.
    Esta substancia pode modificar o pensamento, as sensacións e as emocións da persoa que a consume. As drogas teñen a capacidade de cambiar o comportamento e, co tempo, o xeito de ser.
    Algunhas drogas considéranse legais e outras, ilegais. A consideración dun tipo de droga como legal (como sucede co alcohol ou o tabaco) implica tan só unha regulación diferente da produción e da comercialización, e en ningún caso quere dicir que non sexa perigosa.
    Todas as drogas comportan un risco e non existe consumo ningún que poida considerarse totalmente seguro. O risco resulta da combinación de tres factores: os efectos que provoca a substancia, o xeito de utilizala (doses, forma de administrala, efectos que queren obterse con ela) e a vulnerabilidade do consumidor.

  29. faa-andreaperez di:

    Unha droga é unha substancia que altera o funcionamiento normal do organismo unha vez que entra en contacto con él. Algúns exemplos de drogas son o alcohol, nicotina, cafeína, inhalantes, esteroides, marihuana ou cocaína. As diferentes drogas teñen efectos diferentes no organismo. Algunhas drogas poden causar alucinacións (por exemplo ver ou oír cousas que en realidade non están acontecendo). Outras poden acelerar ou reducir a actividade do teu organismo.
    A opinión que ten todo o mundo é que as drogas son os esteroides, marihuana, cocaína… E a maioría da xente pensa que o alcohol e a cafeína non son drogas por eso ai que informar ben a xente das clases de drogas que hai.

  30. fab-tatianameis di:

    Unha droga considerase aquela substancia que modifica o pensamento e as emocións de unha persoa, podendo provocar despois de moito tempo cambios na costume de esa persoa.
    As drogas producen efectos no sistema nervioso central producindo cambios de ánimo.

    Hay moitas clasificacións das drogas, por exemplo se son legais ou ilegais. Inda que sexan legais as drogas producen igualmente cambios, e non por ser legais non son peligrosas.Todas as drogas teñen riscos, estes riscos son debidos a tres factores, a vulnerabilidade da persoa, os efectos da substancia e a dosis de dita substancia.

  31. Victor di:

    RECORDADE O SEGUINTE:
    – O DÍA 9 ÁS 12 DA NOITE REMATA O TRABALLO NO BLOG PARA A 1ª AVALIACIÓN E COMEZA O DA 2ª.
    – EN NADAL PODEDES SEGUIR FACENDO TRABALLOS VOLUNTARIOS PARA A BUXAINA.

  32. Victor di:

    RECORDADE QUE HOXE REMATA O PRAZO PARA FACER COMENTARIOS PARA A PRIMEIRA AVALIACIÓN.

  33. faa-javiergonzalez di:

    Segunda pregunta:
    Enténdese por drogas aquelas substancias capaces de modificar o pensamento, as sensacións e as emocións da persoa que as consume, creando nela adicción. As drogas teñen a capacidade de cambiar o comportamento e incluso a forma de ser.
    Na miña opinión a xente ten un concepto moi malo das drogas, pero se indagaran un pouco na culturidade daríanse conta de que as drogas tamén son os medicamentos que axudanos a superar enfermedades, máis graves ou máis leves.

  34. fab-antonchaves di:

    O chocolate ten un aminoácido chamado triptófano que no noso corpo fai que se produza a serotonina, tamén contén una anfetamina chamada feniletilamina e tamén é unha boa fonte de antioxidantes e un dos poucos alimentos que posee teobromina.

    A serotonina xenera soño, felicidade e sensación de paz e tranquilidade. A feniletilamina produce euforia e benestar. Ademais entre os seus antioxidantes están os polifenoles que disminúen o colesterol nas paredes das arterias e nos protexen de radicais libres que producen envellecemento e ás veces cáncer no noso corpo.

    Por outro lado a teobromina é un alcaloide moi parecido á cafeína, inda que non afecta ao sistema nervioso fortemente e ten efecto diurético cando se consumen grandes cantidades de auga con ela.

    A teobromina ven nunha cantidade baixa no chocolate con leite común, inda que máis alta no chocolate negro, e é tóxica para moitos animais entre eles os cans.

  35. fab-antonchaves di:

    Una droga es una sustancia que puede modificar el pensamiento, las sensaciones y las emociones de la persona que la consume.Las drogas tiene la capacidad de cambiar el comportamiento y, a la larga, la manera de ser.O cerebro é a zona máis sensíbel aos efectos das drogas.
    Xeralmente o termo droga utilízase para se referir ás de uso ilegal, en cambio para as de uso médico acostúmase preferir o termo fármaco.

  36. Victor di:

    AVISO: EN CADA ARTIGO SO SE PODE RESPONDER Á ÚLTIMA PREGUNTA FEITA NO ARTIGO. NON SE PODE FACER NUN DÍA O TRABALLO QUE NON SE FIXO DE XEITO REGULAR. ESTA É A RAZÓN POLA QUE NON APARECERÁN APROBADOS DETERMINADOS COMENTARIOS.