Realidade ou ficción?

Que pensarías se aparecera unha barreira invisibe arredor da Terra que parara as grandes cantidades de electróns procedentes do Sol?

Aínda que a resposta máis normal sería pensar que iso é parte dunha obra de ficción, uns científicos encontraron esta barreira mentres investigaban os cinturóns de Van Allen. Mentres o equipo de Daniel Baker investigaba esta zona atopáronse unha barreira que repelía os electróns asesinos procedentes das tormentas solares que se encontraba a 11.587 km da Terra. Sen embargo as causas da súa aparición son borrosas  aínda que hai varias teorías.

As teorías máis plausibles son sobre ondas electromagnéticas ou de radio, sen embargo estas teorías non teñen moita base científica senón que son meras suposicións. Segundo Baker, o principal investigador, a teoría máis acertada é a que pensa que esta barreira é debida a influencia da plasmasfera, unha nube de gas que podería estar dispersando os electróns.

Os investigadores seguen preguntándose o porqué desta barreira e intentan dar unha resposta a esta situación que podería compararse cunha historia de ficción.

Autora: Tatiana Meis Diz

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

53 Responses to Realidade ou ficción?

  1. Victor di:

    Que outras capas protectoras posúe a Terra para defenderse das radiacións solares?

    • faa-ritalage di:

      Termosfera, aquí atópanse os aparellos espaciais.

      Exosfera, é a última capa da atmosfera terrestra
      Troposfera, esta é a capa máis cercana á superficie terrestre e é na que se desenvolve a vida.

      Estratosfera, ten varias capas formadas por gases, a máis destacada a de Ozono que nos protexe das radiacións solares.

      Mesosfera, nesta capa as temperaturas son máis baixas.

  2. faa-carmenvilanova di:

    A atmosfera terrestre é a parte máis gaseosa da Terra, sendo por esto a capa máis externa e menos densa do noso planeta. A atmosfera está composta por diferentes capas, pero a que máis nos interesa para tratar este tema é a estratosfera, aproximadamente de 15 a 50 km sobre a superficie do planeta. Nela encóntrase a capa de ozono.
    O ozono é un composto inestable que consta de tres átomos de osíxeno, e actúa como un potente filtro solar evitando o paso dunha pequena parte da radiación ultravioleta (UV), procedente do Sol, chamada B que se extende dende o 280 ata os 320 manómetros. Esta capa, pois, reúne o 90% do ozono presente na atmosfera e absorbe do 97% ao 99% da radiación ultravioleta de alta frecuencia.
    Esta radiación UV-B pode producir danos nos seres vivos, dependendo da súa intensidade e tempo de exposición.

  3. faa-tamaraparracho di:

    No sol estanse xerando constantemente grandes cantidades de enerxía mediante reaccións termonucleares. A enerxía radiante, que abarca unha ampla gama do espectro electromagnético e da cal a luz visible é só unha pequena parte, viaxa polo espazo en todas as direccións, como os raios dun círculo. Estes raios solares móvense polo espazo viaxando a razón de 300 000 km/segundo (velocidade da luz). A esta velocidade, as radiacións chegan á Terra oito minutos despois de ser xeradas.
    Ditas radiación son filtradas pola atmosfera, polo que non todas elas chegan á Terra.
    Na termosfera absórbense as radiacións de onda menores de 0,2 µm (os raios gamma, os raios X e parte dos ultravioleta). O nitróxeno absorbe a radiación menor de 0,1 µm e o osíxeno molecular as comprendidas entre 0,1 e 0,2 µm. Na estratosfera absórbese, grazas ao ozono, a radiación entre 0,2 y 0,3 µm (ultravioleta curto).
    Polo que, cando os raios chegan á troposfera, os raios máis perxudiciais para os seres vivos desapareceron totalmente.

  4. faa-rubeniglesias di:

    Mesosfera: O seu nome vén do que está disposto en capas máis ou menos horizontal. A estratosfera é a segunda capa da Terra . Aqui producese un aumento de temperatura debido a que os raios ultravioletas transforman o O2 en Ozono.

    Ozonosfera: É chamada capa de ozono á zona estratosfera da Terra que contén unha concentración elevada de ozono . Nesta capa , reúne o 90% do ozono da atmosfera e absorbe do 97% ao 99% da radiación ultravioleta de alta frecuencia.

  5. faa-sarafalcon di:

    A capa de ozono

    O Sol emite tamén radiación ultravioleta que ten efectos daniños sobre os seres vivos. Durante miles de millóns de anos, estes seres mantivéronse a nivel bacteriano nos océanos terrestres, onde podían encontrar unha protección contra a acción destes raios solares. Foi a acción dalgún destes microorganismos, as cianobacterias, a que orixinou o aumento dos niveis de osíxeno, ao tempo que ían diminuíndo os de CO2.

    Unha das consecuencias da acumulación de osíxeno na atmosfera terrestre foi a aparición progresiva da capa de ozono. As moléculas deste gas consisten en tres átomos de osíxeno (O3), en vez dos dous (O2) do osíxeno normal. Pois ben, o ozono ten a importante propiedade de absorber a parte máis daniña da radiación ultravioleta. A súa acción ía posibilitar que os seres vivos puidesen ocupar a superficie sólida do planeta e que se producise a rápida evolución biolóxica que ía levar ata o ser humano.

  6. fab-miguelpineiro di:

    A terra posue capas protectoras para defenderse das radacións solares.
    A atmosfera é a capa de aire da Terra máis externa. A atmosfera está composta principalmente por nitróxeno,
    osíxeno e menos cantidade doutros gases. Hai varias capas da atmosfera:
    A troposfera: É a capa que máis preto está da superficie terrestre, onde se desenvolve a vida e onde, a mayoria de veces, se producen fenómenos meteorolóxicos.
    A estratosfera: Os gases que ten están separados formando capas ou estratos. Unha capa delas é a capa de ozono que filtra os raios ultravioletas do Sol.
    A mesosfera: É a capa onde a temperatura baixa conforme aumente a altitude.
    Termosfera: Nela voan os transbordadores espaciais. É a capa que conduce a electricidade. Ten átomos que están cargados de electricidade chamados ións.
    Exosfera: Esta capa principalmente está composta por hidróxeno e helio. É ultíma capa da atmosfera terrestre.

  7. fab-lauraozores di:

    A razón desta subdivisión moderna da antiga estratósfera, obedece a que a partir dos 25 a 30 km de altitude a temperatura do aire comeza a aumentar debido a que os raios ultravioleta do Sol, de grande intensidade a esa cota, transforman o osíxeno do aire nunha variedade denominada ozono, que simultáneamente os absorbe e quéntase, ou sexa, que nesa capa se producen reaccións químicas. Polo tanto, na composición do aire destácase a presenza dunha delgada capa de ozono, situada aproximadamente a 30 quilómetros da superficie da Terra.
    A concentración máxima de ozono na quimiósfera ten lugar a uns 40 km de altitude e forma unha especie de cinto ou faixa protectora que se denomina ozonósfera. Esta faixa, ao producir a dispersión da luz solar, fai que vexamos o ceo de cor azul, cando é negro en realidade, como comprobaron os astronautas. Grazas a esta capa que absorbe gran cantidade de raios ultravioleta, é posible a vida vexetal e animal na superficie da Terra que, doutro xeito, sería aniquilada rapidamente por esa radiación.
    Estímase que a quimiósfera chega ata uns 80 km de altitude, límite en que comeza a mesósfera.

  8. faa-ariadnavazquez di:

    A terra posúe varias capas, algunhas delas serven para protexerse das radiacións solares, pero hai unha moito máis destacable neste aspecto que o resto, a estratosfera.
    A estratosfera, unha capa da atmosfera, é atopada desde aproximadamente 11 a 48 quilómetros por riba da superficie da Terra. Nesta rexión do ambiente está a capa de ozono, que absorbe a maior parte da radiación ultravioleta nociva do Sol. A temperatura aumenta un pouco con altitude na estratosfera.
    Absorve un 99% , aproximadamente, de toda a radiación ultravioleta de alto risco. Polo tanto, esta é unha capa esencial para o noso planeta.

  9. fab-mariblanco di:

    Atmosfera
    A atmosfera é a capa de aire da parte externa da Terra. A atmosfera está composta principalmente de nitróxeno,
    menor cantidade de osíxeno e outros gases. Existen varias capas da atmosfera:
    A troposfera: a capa que está máis preto da superficie da terra, onde a vida se desenvolve e onde, na maioría das veces, ocorren fenómenos meteorolóxicos.
    A estratosfera: Os gases que ten están separados formando capas. Unha das capas é a capa de Ozono que filtra os raios ultravioletas do Sol.
    A mesosfera: a capa onde a temperatura cae a medida que a altitude aumenta.
    Termosfera: Nela voan os transbordadores espaciais. É a capa que conduce a electricidade. Ten átomos son electricamente cargados, chamados ións.
    Exosfera: Esta capa está composta principalmente de hidróxeno e helio. É a última capa da atmosfera terrestre.

  10. faa-marinabusto di:

    A Terra está envolta nunha capa de gases que habitualmente chamamos aire e que é a atmosfera.
    A atmosfera está dividida en diversas zonas ou capas en relación a súa altitude e ás súas funcións. Estas son a troposfera, a estratosfera, a quimiosfera, a mesosfera, a termosfera (que inclúe a ionosfera) e a exosfera.
    Na estratosfera atópase a capa de ozono, que está aproximadamente de 15 a 50 km sobre a superficie do planeta.
    O ozono é un composto inestable de tres átomos de osíxeno, o cal actúa como un potente filtro solar evitando o paso dunha pequena parte da radiación ultravioleta (UV). Hai diversos produtos xerados polas persoas (coñecidos como halocarbonos), que causan a destrución do ozono atmosférico a un ritmo diferente do natural que tivo por séculos, co cal se afecta o espesor da capa de ozono.
    Ao adelgazarse a capa, a Terra perde a protección ante a radiación ultravioleta do sol, o cal ten efectos nocivos para a vida no planeta.

  11. faa-albaaller di:

    A capa de gases que envolve e protexe o planeta Terra é a atmosfera. Esta está composta sobre todo por nitróxeno e está dividida nunha serie de capas: troposfera, estratosfera, mesosfera, termosfera e exosfera.
    Troposfera, esta é a capa máis cercana á superficie terrestre e é na que se desenvolve a vida.
    Estratosfera, ten varias capas formadas por gases, a máis destacada a de Ozono que nos protexe das radiacións solares.
    Mesosfera, nesta capa as temperaturas son máis baixas.
    Termosfera, aquí atópanse os aparellos espaciais.
    Exosfera, é a última capa da atmosfera terrestre.

  12. faa-iagopadin di:

    O sol é a principal fonte de enerxía da Terra e a travás das reaccións nucleares que se producen no seu interior,gran parte da enerxía liberada chega á Terra en forma de ondas electromagnéticas.
    A intensidade media desta radiación solar, é constante fóra da atmosfera, pero unha vez que chega a ela, diminúe e cambia segundo o lugar do planeta.
    Os raios solares abarcan unha amplia gama do espectro electromagnético,e dita radiación é filtrada pola atmosfera e non toda chega á Terra.
    Na termosfera absórbense as radiaciones de onda menores de 0,2 µm ( raios gamma, rayos X e parte dos ultravioleta). O nitróxeno absorbe a radiación menor de 0,1 µm e o osíxeno molecular as comprendidas entre 0,1 e 0,2 µm.
    Na estratosfera absórbese, grazas ao ozono, a radiación entre 0,2 e 0,3 µm (ultravioleta curto).
    Cuando os raios chegan a troposfera, os raios máis perxudiciais para os seres vivos desapareceron totalmente.

    • faa-ritalage di:

      A magnetosfera é unha rexión ao redor dun planeta na que o campo magnético de éste desvía a maior parte do vento solar formando un escudo protector contra as partículas cargadas de alta enerxía procedentes do Sol. A magnetosfera terrestre non é a única no Sistema Solar, e todos os planetas con campo magnético posúen unha magnetosfera propia.
      Esta rexión máis externa da atmosfera terrestre, tamén é conocida co nome de exosfera, e exténdese a partir dos 500km. , é dicir, por riba da ionosfera.
      Nesta reexión as partículas ionizadas están gobernadas polo campo magnético terrestre e forman unha característica envoltura que se modela polas liñas de forza do campo magnético e pola interacción co vento solar.

    • faa-rubeniglesias di:

      A magnetosfera é unha rexión ao redor dun planeta na que o campo magnético deste desvía a maior parte do vento solar formando un escudo protector contra as partículas cargadas de alta enerxía procedentes do Sol. A magnetosfera interacciona co vento solar nunha rexión denominada magnetopausa que se encontra a uns 60000 km da Terra.

    • faa-diegogarcia di:

      A magnetosfera ou magnetósfera1 é unha rexión en torno a un planeta onde o campo magnético que desvía a maior parte do vento solar, formando un escudo protector contra as partículas de alta enerxía cobradas a partir do sol. Magnetosfera da Terra non é único no Sistema solares e todos os planetas do campo magnético de Mercurio, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno, teñen en si unha magnetosfera. Ganímedes, a lúa de Júpiter ten un campo de plasma vento solar magnética, pero moi débil para trampa. Marte ten unha moi feble magnetización superficie sen magnetosfera exterior.

  13. faa-iagopadin di:

    A magnetosfera é unha rexión ao redor da Terra na que o seu campo magnético desvía a maior parte do vento solar, formando un escudo protector contra as partículas cargadas de alta enerxía procedentes do Sol. A magnetosfera terrestre non é única no Sistema Solar e téñena todos os planetas con campo magnético: Mercurio, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno.
    As partículas do vento solar que son detidas, forman os cinturóns de Van Allen, zonas cunha alta concentración de partículas cargadas. Nos polos magnéticos, as zonas nas que as liñas do campo magnético terrestre penetran no seu interior, parte das partículas cargadas son conducidas sobre a alta atmosfera producindo as auroras boreais ou austrais. Tales fenómenos aurorales foron tamén observados en Xúpiter e Saturno.
    A magnetosfera interacciona co vento solar nunha rexión denominada magnetopausa que se atopa a uns 60.000 km da Terra en dirección Terra-Sol e a moita máis distancia na dirección oposta. Por diante da magnetopausa encóntrase a superficie de choque entre o vento solar e o campo magnético. Nesta rexión o plasma solar fréase rápidamente antes de ser desviado polo resto da magnetosfera.

  14. fab-nereabetanzos di:

    A magnetosfera consiste en desviar a maior parte do vento solar formando un escudo protector contra as partículas cargadas de alta enerxía procedentes do Sol.Consta dunha parte externa denominada magnetopausa,diante desta encóntrase a superficie de choque entre o vento solar e o campo magnético.Nesta rexión o plasma solar frénase rápidamente antes de ser desviado polo resto da magnetosfera.As partículas cargadas do vento solar son arrastradas polo campo magnético sobre os polos magnéticos dando lugar a formación de auroras polares, boreais no hemisferio norte e austrais no hemisferio sur.Algúns científicos pensan que sin a magnetósfera a Terra habría perdido a maioría de agua da atmósfera e os océanos no espazo, debido ao impacto de partículas enerxéticas que disociarían os átomos de hidróxeno e oxíxeno permitindo escapar os lixeiros átomos de hidróxeno,polo que o planeta pareceríase moito máis a Marte.

  15. faa-tamaraparracho di:

    A magnetosfera é unha rexión ao redor dun planeta na que o campo magnético deste desvía a maior parte do vento solar (corrente de partículas enerxéticas que emana do Sol) formando un escudo protector contra estas partículas cargadas de alta enerxía procedentes do Sol.
    No caso da Terra, a magnetosfera é a parte máis externa e amplia da atmósfera terrestre. A magnetosfera interacciona co vento solar nunha rexión denominada magnetopausa. Por diante da magnetopausa encóntrase a superficie de choque entre o vento solar e o campo magnético. Nesta rexión o plasma solar fréase rapidamente e logo é desviado polo resto da magnetosfera. Aproximadamente un 1 % destas partículas non son desviadas, polo que son arrastradas polo campo magnético sobre os polos magnéticos dando lugar á formación de auroras boreais no hemisferio norte e austrais no hemisferio sur.

  16. fab-lauracaldas di:

    A Magnetosfera é unha ampla capa que circunda a Terra protexéndoa dos efectos dos raios solares. A magnetosfera é a capa máis grande e máis exterior da nosa atmosfera e as súas dimensións son considerables: empeza a unha altura duns 500 kilómetros e abarca hacia o exterior ata os sesenta mil kilómetros. Dada a súa lonxanía, pode parecer pouco importante, para a vida na Terra é esencial, pois actúa como un escudo frente ás partículas solares perigosas. Este campo magnético fórmase no interior da Terra, actuando como un dinamo:ao xirar o planeta, o núcleo de ferro fundido produce un movemento das partículas cargadas, formando un imán xigante co seu campo e polos magnéticos. Pénsase que si desaparecera a Magnetosfera, o noso planeta perdería a maioría da auga da atmosfera e océanos, xa que as partículas solares separarían os átomos de hidróxeno e osíxeno.
    Do mesmo xeito o debilitamento da Magnetosfera afectaría á temperatura e ao movemento externo da atomosfera, e provocaría interrupcions no funcionamento de satélites e con eles, os dos equipos de radioradares e GPS.

  17. faa-carmenvilanova di:

    A magnetosfera é unha rexión que se encontra arredor do planeta Terra na que o campo magnético (B) fai que se desvíe a maior cantidade de vento solar, evitando que as partículas cargadas de enerxía subatómica que viaxan con el, penetren na súa totalidade na nosa atmosfera.
    A magnetosfera terrestre actúa como un escudo, protexendo ao noso planeta da radiación iónica. Trátase da mesma forma de radiación perigosa que irradian algúns elementos radioactivos como o uranio. Sen esta capa, a radiación iónica destruiría toda forma de vida no planeta Terra.
    Ademais, se a magnetosfera non fose capaz de desviar ou deter o gran fluxo de partículas solares, os equipos de radio, telecomunicacións, control de satélites, así como tamén os GPS, poderían sufrir interrupcións ou mal funcionamento.
    Mediante o estudo con satélites da ESA, científicos puideron determinar que a extensión desta capa oscila debido á actividade solar extrema que a comprime e modifica a composición dos ións. Os científicos seguen a facer estudos para saber como estos cambios inflúen nas órbitas dos satélites.

  18. fab-lauraozores di:

    A magnetosfera é a rexión máis externa da atmosfera terrestre, tamén coñecida co nome de exosfera. Esténdese por enriba da ionosfera, a partir dos 500 km.
    Nesta rexión as partículas ionizadas están gobernadas polo campo magnético terrestre e forman unha característica envoltura modelada polas liñas de forza do campo magnético e pola interacción co Vento solar.
    Polo lado do Sol o encontro entre as partículas do vento solar e a envoltura máis exterior da magnetosfera forma unha onda de choque; polo lado oposto as mesmas partículas do vento solar arrastran a magnetosfera, facéndoa adquirir a forma dunha cola cometaria.
    A magnetosfera forma un verdadeiro escudo protector contra as partículas cargadas do vento solar, impedíndoas chegar ao chan

  19. faa-miguelotero di:

    A magnetosfera é a capa máis exterior e grande da atmosfera terrestre: comenza a uhna altura de 500 kilómetros e exténdese cara o espazo exterior ata os 60.000 kilómetros. Este campo magnético xenérase no interior da Terra, que actúa como unha dinamo: ao xirar o planeta, o núcleo de ferro fundido produce un movemento das partículas cargadas, convirtíndose nun imán xigante.
    Un importante papel ambiental da magnetosfera é protexer á atmosfera máis próxima á Terra da radiación iónica. Sin a magnetosfera, a radiación iónica destruiría toda a vida da superficie terrestre.

  20. faa-martinbaulde di:

    A magnetosfera é unha rexión ao redor dun planeta na que o campo magnético deste desvía a maior parte do vento solar formando un escudo protector contra as partículas cargadas de alta enerxía procedentes do Sol. A magnetosfera terrestre non é única no Sistema Solar e todos os planetas con campo magnético posúen unha magnetosfera propia.
    Na parte máis externa e ampla da atmosfera terrestre. A magnetosfera interacciona co vento solar nunha rexión denominada magnetopausa que se encontra a uns 60.000 km da Terra na dirección Terra-Sol e a moita maior distancia na dirección oposta. Por diante da magnetopausa encóntrase a superficie de choque entre o vento solar e o campo magnético. Nesta rexión o plasma solar fréase rapidamente antes de ser desviado polo resto da magnetósfera.
    As partículas do vento solar que son detidas forman os cintos de Van Allen. Nos polos magnéticos, as zonas nas que as liñas do campo magnético terrestre penetran no seu interior, parte das partículas cargadas son conducidas sobre a alta atmosfera producindo as auroras boreais ou austrais.

  21. faa-laurachaves di:

    A magnetosfera é unha rexión ao redor dun planeta na que o campo magnético de éste desvía a maior parte do vento solar formando un escudo protector contra as partículas cargadas de alta enerxía procedentes do Sol. A magnetosfera terrestre non é a única no Sistema Solar, e todos os planetas con campo magnético posúen unha magnetosfera propia.
    Esta rexión máis externa da atmosfera terrestre, tamén é conocida co nome de exosfera, e exténdese a partir dos 500km. , é dicir, por riba da ionosfera.
    Nesta reexión as partículas ionizadas están gobernadas polo campo magnético terrestre e forman unha característica envoltura que se modela polas liñas de forza do campo magnético e pola interacción co vento solar.
    Este campo magnético xenérase no interior da Terra, que actúa coma unha dinamo ao xirar o planeta, o núcleo, de ferro fundido produce un movemento de partículas cargadas, converténdose nunha especie de imán xigante co seu campo e os seus polos magnéticos

  22. faa-laurachaves di:

    A magnetosfera é unha rexión ao redor dun planeta na que o campo magnético de éste desvía a maior parte do vento solar formando un escudo protector contra as partículas cargadas de alta enerxía procedentes do Sol. A magnetosfera terrestre non é a única no Sistema Solar, e todos os planetas con campo magnético posúen unha magnetosfera propia.
    Esta rexión máis externa da atmosfera terrestre, tamén é conocida co nome de exosfera, e exténdese a partir dos 500km. , é dicir, por riba da ionosfera.
    Nesta reexión as partículas ionizadas están gobernadas polo campo magnético terrestre e forman unha característica envoltura que se modela polas liñas de forza do campo magnético e pola interacción co vento solar.
    Este campo magnético xenérase no interior da Terra, que actúa coma unha dinamo ao xirar o planeta, o núcleo, de ferro fundido produce un movemento de partículas cargadas, converténdose nunha especie de imán xigante co seu campo e os seus polos magnéticos.

  23. faa-ariadnavazquez di:

    A Terra ten un campo magnético con polos setentrionais e meridionais. O campo magnético da Terra chega ata os 60.000 km no espazo.

    O campo magnético da Terra é rodeado nunha rexión chamada a magnetosfera. A magnetosfera impide á maior parte das partículas do sol, levadas en vento solar, que golpean a Terra.

    Algunhas partículas do vento solar poden entrar a magnetosfera. As partículas que entran nel viaxan cara á Terra e crean os espectáculos de luz.

    O Sol e outros planetas teñen magnetosferas, pero a Terra ten o máis forte de todos os planetas rochosos. Os polos magnéticos setentrionais e meridionais da Terra retroceden en intervalos irregulares de centos de miles de anos.

  24. faa-ileniamartinez di:

    A magnetósfera é a capa máis exterior e extendida da Atmósfera Terrestre que protexe ao planeta das partículas cargadas de enerxía contidas no vento solar, evitando que as partículas cargadas de enerxía subatómica que viaxan co mismo, penetren na súa totalidade na nosa atmósfera, xa que son perxudiciais para a vida na terra.
    Nos polos magnéticos existen zonas donde o Campo Magnético Terrestre penetra no seu interior, parte das partículas cargadas son conducidas sobre a atmósfera superior producindo un fenómeno chamado Aurora boreal ou austral. Todos os planetas con campo magnético como, Mercurio, Saturno, Urano etc teñen una magnetósfera propia.

  25. fab-miguelpineiro di:

    A magnetosfera é unha rexión ao redor da Terra na que o seu campo magnético desvía a maior parte do vento solar, formando un escudo protector contra as partículas cargadas de alta enerxía procedentes do Sol. Esténdese por enriba da ionosfera, a partir dos 500 km.A magnetosfera non é única no Sistema Solar e todos os planetas con campo magnético posúen unha magnetosfera propia.A magnetosfera terrestre actúa como un escudo, protexendo ao noso planeta da radiación iónica. Trátase da mesma forma de radiación perigosa que irradian algúns elementos radioactivos como o uranio. Sen esta capa, a radiación iónica destruiría toda forma de vida no planeta Terra.

  26. faa-albarodriguez di:

    A magnetosfera é a rexión máis extensa da atmosfera terrestre e coñécese tamén co nome de exosfera. Nesta rexión as partículas ionizadas están gobernadas polo campo magnético terrestre e forman unha característica que envolve as liñas de forza do campo magnético e pola interacción co Vento solar. Polo lado do Sol o encontro entre as partículas do vento solar e a envoltura máis exterior da magnetosfera forma unha onda de choque; polo lado oposto as mesmas partículas do vento solar arrastran a magnetosfera, facéndoa adquirir a forma dunha cola cometaria.
    A magnetosfera forma un verdadeiro escudo protector contra as partículas cargadas do vento solar, impedíndoas así que chegen ao solo.

  27. faa-ivanlois di:

    A magnetosfera é a rexión máis extensa da atmosfera terrestre, tamén se coñece como a exosfera terrestre. Esténdese por encima da ionosfera a partir dos 500 Km. Nesta rexión as partícula ionizadas forman unha envoltura característica modelada polas liñas de forza do campo magnético terrestre e pola interacción co vento solar.
    O encontro entre as partículas do vento solar e a envoltura máis exterior da magnetosfera forma unha onda de choque polo lado do Sol, polo lado oposto as partículas do vento solar arrastran a magnetosfera, facéndoa adquirir unha forma característica coma a dunha cola dun cometa. Esta capa forma un escudo que nos protexe das partículas cargadas do vento solar impedíndoas chegar ao solo.

  28. faa-andreaperez di:

    A magnetosfera terrestre foi descuberta en 1958 polo satélite estadounidense Explorer I. Antes, coñecíanse algúns afectos no espazo xa que as erupcións solares producían en ocasións tormentas magnéticas na Terra, detectabeles por medio de ondas de radio.
    A magnetosfera é a rexión atmosférica onde ocorren fenómenos magnéticos e alta condutividade atmosférica, causada pola ionización dos gases alcanzados por partículas cargadas, procedentes do Sol.
    A magnetosfera forma parte da exosfera, a parte máis externa e amplia da atmosfera terrestre. Comeza a uns 500km de altitude, onde as partículas ionizadas da atmosfera interaccionan con maior intensidade co campo magnético terrestre.

  29. Victor di:

    Que efectos tería, sobre os seres vivos, a desaparición da capa de ozono?

    • fab-rociovazquez di:

      O nivel excesivo da radiación UV que chega á superficie da Terra pode perxudicar a saúde das persoas, propiciando o aumento na aparición de cáncer de pel; lesións nos ollos que producen: cataratas, a deformación do cristalino ou a presbicia; e deterioro do sistema inmunolóxico, influíndo de forma negativa sobre a molécula de ADN donde se ven afectadas as defensas do corpo, as cales xeneran un aumento nas enfermidades infecciosas, tales como: sarampión, herpes, malaria, lepra, varicela.
      Tamén afectaría de forma que a auga da terra secaríase, morreríamos da calor, non habría luz.
      Tamén morrerían as prantas debido a que non hai auga; e se non viven as prantas, non hai osíxeno e ninguén na Terra podría vivir.

    • faa-ritalage di:

      A capa de ozono é un paraugas protector frente aos raios ultravioletas. Si estas radiacións alcanzaran a superficie terrestre sen pasar polo ozono, causarían entre outros moitos efectos dañinos, a destrución do fitoplancton, base de todas as cadeas alimentarias do océano, polo que peligrarían todos os organismos mariños e, no home, a radiación ultravioleta causaría un debilitamento xeral do sistema inmunolóxico, importantes daños na vista, e un aumento de casos de cancro de pel.

  30. faa-miriantrigo di:

    O feito de que a capa de ozono desaparece tería unha consecuencias catastróficas para a vida na Terra. A función principal da capa de ozono é a de absorver a meirande parte das radicacións ultravioletas, polo que se desaparece, os raios solares procedentes do sol chegarían a nós con toda a súa potencia, xunto coa radicación ultravioleta, que causaría graves enfermedades de vista, cancro de pel ou incluso malos efectos nos seres vivos recén nacidos. Isto tamén conlevaría a grandes cambios de temperatuda. Ademais, produciríanse cambios no patrón dos ventos. A auga tamén podería chegar a evaporarse. Finalmente, a vida quedaría extinguida.
    De ahí que o burato existente actualmente na capa de ozono sobre a Antártida sexa tan preocupante, xa que se seguise amentando de tamaño, a vida na Terra podería comezar a correr risco.
    Nun experimento, froito da curiosidade, levado a cabo pola NASA, mostrou, que no ano 2065, cerca de dous tercios do ozono estaría desaparecido, pero grazas ao acordo en 1987 tomado por 193 países de todo o mundo de non empregar certas substancias químicas dañinas para o ozono, isto non ocorrerá.

  31. fab-lauracaldas di:

    A capa de ozono é para os seres vivos como un paraugas protector frente aos peligrosísimos raios ultravioletas. Si estas radiacións alcanzaran a superficie terrestre sen pasar polo filtro do ozono, causarían entre outros moitos efectos dañinos, a destrución do fitoplancton, base de todas as cadeas alimentarias do océano, polo que peligrarían todos os organismos mariños e, no home, a radiación ultravioleta causaría un debilitamento xeral do sistema inmunolóxico, importantes daños na vista, e un aumento de casos de cancro de pel.

  32. faa-tamaraparracho di:

    A radiación ultravioleta proveniente do Sol sería moi prexudicial para a vida na Terra se non fose detida na estratosfera pola capa de ozono, tendo efectos devastadores sobre os seres humanos e os ecosistemas en xeral.
    As radiacións ultravioleta levan moita enerxía e interfiren cos enlaces moleculares provocando cambios nas moléculas. Especialmente, as de lonxitude de onda menor de 300 nm poderían alterar moléculas moi importantes para a vida como o ADN e provocarían danos irreparables se nos seres vivos, se non fosen absorbidas pola capa de ozono.
    Nos seres humanos, a sobre-exposición a estas radiacións provocaría o aumento na aparición do cancro de pel, lesións nos ollos como cataratas, deformación do cristalino ou presbicia; e o deterioro do sistema inmunolóxico, influíndo (como xa dixemos) de forma negativa sobre a molécula de ADN onde se verían afectadas as defensas do corpo, o que xeraría un aumento das enfermidades infecciosas, tales como: sarampelo, herpes, malaria, lepra, varicela…
    En canto á vexetación, provocaría importantes cambios na composición química de varias especies así como a diminución da eficiencia da fotosíntese en plantas, o que afectaría ao seu crecemento e ao número de follas, sementes e froitos que producirían.
    En ecosistemas acuáticos, as radiacións UV-B afectarían aos organismos existentes ata uns 5 m de profundidade en augas transparentes. Esta diminución do metabolismo fotosintético do fitoplancton, base de las cadeas alimentarias, afectaría en último término a todo o ecosistema.

  33. Victor di:

    RECORDADE O SEGUINTE:
    – O DÍA 9 ÁS 12 DA NOITE REMATA O TRABALLO NO BLOG PARA A 1ª AVALIACIÓN E COMEZA O DA 2ª.
    – O FORO PECHARASE O SÁBADO POLA MAÑÁ.
    – EN NADAL PODEDES SEGUIR FACENDO TRABALLOS VOLUNTARIOS PARA A BUXAINA.

  34. faa-sarafalcon di:

    Ao principio cría que a capa de ozono se estaba a reducir de forma homoxénea en todo o planeta. En 1985, non obstante, posteriores investigacións revelaron a existencia dun gran burato centrado sobre a Antártida; un 50% ou máis do ozono situado sobre este área desaparecía estacionalmente (a partir do mes de outubro). O adelgazamento da capa de ozono expón a vida terrestre a un exceso de radiación ultravioleta, que pode producir cancro de pel e cataratas, reducir a resposta do sistema inmunitario, interferir no proceso de fotosíntese das plantas e afectar ao crecemento do fitoplancto oceánico. Debido á crecente ameaza que representan estes perigosos efectos sobre o medio, moitos países traballan no proxecto de suprimir a fabricación e uso dos CFC de aquí ao ano 2000. Non obstante, os CFC poden permanecer na atmosfera durante máis de 100 anos, polo que a destrución do ozono continuará representando unha ameaza durante décadas.

  35. fab-nereabetanzos di:

    A capa de ozono é unha zona da estratosfera terrestre que contén unha concentración relativamente alta de ozono.Absorbe do 97 % o 99 % da radiación ultravioleta de alta frecuencia,así como retén a enerxía solar para que a Terra teña unha temperatura de 15°C,sin capa, podría descender a temperatura, o “efecto invernadoiro”.
    Protéxenos dos rayos UV, sin capa de ozono os rayos pasarían directamente e quentarían demáis a Terra “sobrecalentamento global”.O desgaste desta capa podría provocar:
    daño no sistema inmunolóxico,expoñendo as personas á acción de varias baterias e virus,provocar daño nos ollos como cataratas,aumentar o risco de dermatitis alérxica e tóxica,reducir o rendemento das cosechas,reducir a industria pesqueira,dañar materiais e equipamento que está o aire libre,destruír e impedir o desarrollo das plantas cando están cerca de refinerías ou fábricas de cemento e que faría que morreran algúns animais ou facelos emigrar a outros lugares,problemas para os xeos polares…A capa de ozono é moi importante para á Terra xa que é un gran protector e deberíamos coidala.

  36. fab-lauraozores di:

    O nivel excesivo da radiación UV que chegue á superficie da Terra pode prexudicar a saúde das persoas, propiciando o aumento na aparición de cancro de pel; lesións nos ollos que producen: cataratas, a deformación do cristalino ou a presbicia; e deterioración do sistema inmunolóxico, influíndo de forma negativa sobre a molécula de ADN onde se ven afectadas as defensas do corpo, as cales xeran un aumento nas enfermidades infecciosas, tales como: sarampelo, herpes, malaria, lepra, vai-ricela.
    A nivel de flora, está a provocar importantes cambios na composición química de varias especies de plantas. Sumado a isto, estase a alterar o crecemento dalgunhas plantas e impide o seu proceso de fotosíntese.
    Isto non cambia o resultado que é a evidencia da aparición de buratos reais en partes desta capa, que se estenden sobre as rexións Antártica e Ártica, durante os seus respectivos veráns.

  37. faa-iagopadin di:

    O ozono é un gas cuxa molécula está composta por tres átomos de osíxeno. O ozono encóntrase de forma natural na estratosfera, formando a denominada capa de ozono. Esta capa protéxenos filtrando a radiación ultravioleta,a cal forma parte activa da formación de esta capa.
    Se a capa de ozono non existise, a radiación ultravioleta que caería sobre nós sería o suficientemente forte como para causar queimaduras de sol en tan só cinco minutos, ademais causaría , cáncer de pel, alteracións nos seres vivos recén nacidos ou enfermidades na vista como cataratas e deformacións do cristalino. Por outra banda, chegaríano a totalidade da radiación solar, polo que se derretirían os polos e todo o xeo, a agua evaporaríase e morreríamos de calor. A inexistencia de agua, mataría ás plantas e non habería osíxeno, outro dos motivos da nosa morte.
    En conclusión, sen a capa de ozono non coñeceríamos a vida na Terra tal e como a vemos hoxe en día, xa que os raios solares e a radiación ultravioleta terían efectos debastadores sobre nós e os demais seres vivos.

  38. faa-marinabusto di:

    A desaparición da capa de ozono suporía un nivel excesivo de radiación UV proveniente do Sol que chegaría á superficie da Terra, perxudicando a saúde das persoas, propiciando o aumento na aparición de cancro de pel; lesións nos ollos que producen: cataratas, a deformación do cristalino ou a presbicia; e deterioración do sistema inmunolóxico, influíndo de forma negativa sobre a molécula de ADN onde se ven afectadas as defensas do corpo, as cales xeran un aumento nas enfermidades infecciosas, tales como: sarampelo, herpes, malaria, lepra, vai-ricela.
    No tocante á flora, xa se está a provocar importantes cambios na composición química de varias especies de plantas. Sumado a isto, estase a alterar o crecemento dalgunhas plantas e impide o seu proceso de fotosíntese.

  39. faa-ariadnavazquez di:

    As radiacións ultravioleta levan moita enerxía e interfiren cos enlaces moleculares provocando cambios das moléculas. Poden alterar moléculas moi importantes para a vida como o ADN e provocarían danos irreparables se non fose porque son absorbidas pola capa de ozono. polo tanto, unha desaparición da capa de ozono tería efectos moi prexudiciais sobre os seres humanos e os ecosistemas en xeral.
    Nos seres humanos, a sobre-exposición a estas radiacións produciría efectos irreparables para a saúde. Na vexetación, estas radiacións diminuirían a eficiencia da fotosíntese en plantas, o que afecta ao seu crecemento e ao número de follas, sementes e froitos que producen. E, finalmente, en ecosistemas acuáticos, estas radiacións afectarían aos organismos existentes ata uns 5 m de profundidade en augas transparentes. Esta desaparición do metabolismo fotosintético do fitoplancto, base das cadeas alimentarias, afecta en último termo, a todo o ecosistema, provocando unha diminución do rendemento enerxético global.

  40. faa-carmenvilanova di:

    O ozono presente nesta capa é moi perigoso dado que é nocivo para os seres vivos. A función da capa de ozono é actuar como filtro das radiacións dañinas que chegan ao noso planeta. Así pois, a desaparición desta, suporía graves consecuencias para aqueles que habitamos a Terra.
    A capa de ozono está ameazada polos gases dos aerosois, os acondicionadores de aire e toda a actividade industrial. Estes gases prodúcense na Terra e chegan ata a estratosfera producindo os tan temidos buratos na capa de ozono.
    O enrarecemento da capa de ozono provocará o incremento de casos de melanomas (cancro) de pel, de cataratas oculares e a supresión do sistema inmunitario en humanos e outras especies. Ademais, tamén afectará os cultivos sensibles á radiación ultravioleta.
    Para protexer esta capa tan importante, debemos diminuír a cero o uso de químicos clorofluorocarburos (CFC) e de funguicidas de solo de bromuro de metilo que destrúen a capa a un ritmo 50 veces superior aos CFC.
    Hay que tomar conciencia da gran cantidade de moléculas de ozono que se destrúen día a día por culpa da nosa ignorancia, e das trascendentais consecuencias que provocaría a súa desaparición para a nosa saúde.

  41. faa-martinbaulde di:

    As radiacións ultravioleta (con menor de 360 nanómetros) levan moita enerxía e interfiren cos enlaces moleculares provocando cambios das moléculas.
    O ozono, O3, absorbe con grande eficacia as radiacións comprendidas entre 200 e 330 nanómetros de lonxitude de onda, e polo tanto, unha diminución na capa de ozono ten efectos moi prexudiciais sobre os seres humanos e os ecosistemas en xeral.
    Nos seres humanos, a sobre-exposición a estas radiacións produce efectos prexudiciais na saúde.
    En canto á vexetación, estas radiacións diminúen a eficiencia da fotosíntese en plantas, o que afecta ao seu crecemento e ao número de follas, sementes e froitos que producen.
    En ecosistemas acuáticos, as radiacións UV-B afectan aos organismos existentes ata uns 5 m de profundidade en augas transparentes. Esta diminución do metabolismo fotosintético do fitoplancto, afecta en último termo, a todo o ecosistema, provocando unha diminución do rendemento enerxético global.

  42. faa-miguelotero di:

    A destrucción da capa de ozono, é extremadamente perigosa xa que según que esta perde grosor debido á acción dos CFC
    (clorofluorocarburos. Estes expoñen á vida terrestre a un exceso de radiación ultravioleta, que pode producir cáncer de pel, cataratas, reducir a resposta do sistema inmunitario, interferir no proceso da fotosíntesis das plantas e afectar ao crecemento do fitoplancton oceánico.
    Moitos países traballan no proxeto de suprimir a fabricación e uso dos CFC. No obstante, os CFC poden permanecer na atmosfera durante máis de 100 anos, polo que a destrucción do ozono continuará representando una ameaza durante décadas.

  43. faa-miguelotero di:

    A destrución da capa de ozono, é extremadamente perigosa xa que según que esta, perde grosor debido á acción dos CFC (clorofluorocarburos. Estes expoñen á vida terrestre a un exceso de radiación ultravioleta, que pode producir cáncer de pel, cataratas, reducir a resposta do sistema inmunitario, interferir no proceso da fotosíntese das plantas e afectar ao crecemento do fitoplancton oceánico.
    Moitos países traballan no proxecto de suprimir a fabricación e uso dos CFC. No obstante, os CFC poden permanecer na atmosfera durante máis de 100 anos, polo que a destrución do ozono continuará representando una ameaza durante décadas.

  44. fab-sabelafernandez di:

    A capa de ozono na estratosfera xoga un importante papel para a vida, xa que exerce unha función de “pantalla natural” filtrando gran parte das radiacións ultravioleta que chegan do sol.
    As substancias que definimos como SAO´s(substancias que esgotan o ozono), responsables da diminución da capa de ozono, non producen directamente esta destrución.
    As radiacións ultravioleta levan moita enerxía e interfiren cos enlaces moleculares provocando cambios das moléculas.
    Especialmente as de lonxitude de onda menor poden alterar moléculas moi importantes para a vida como o ADN e provocarían danos irreparables se non fose porque son absorbidas pola parte alta da atmosfera, especialmente pola capa de ozono.

    Nos seres humanos, a sobre-exposición a estas radiacións produce efectos prexudiciais na saúde, vinculados con varias enfermidades que sofre o home como cancro de pel, cataratas e outras afeccións oculares e diminucións no sistema inmunolóxico.

    En canto á vexetación, estas radiacións diminúen a eficiencia da fotosíntese en plantas, o que afecta ao seu crecemento e ao número de follas, sementes e froitos que producen.

    En ecosistemas acuáticos, as radiacións UV
    afectan aos organismos existentes ata uns 5 m de profundidade en augas transparentes. Esta diminución do metabolismo fotosintético do fitoplancto, base das cadeas alimentarias, afecta en último termo, a todo o ecosistema, provocando unha diminución do rendemento enerxético global.

  45. faa-andreaperez di:

    O nivel excesivo da radiación UV (especialmente A e B) que chegue a superficie da Terra pode perxudicar a saúde das personas, provocando o aumento da aparición de cáncer de pel; lesións nos ollos e deterioramento do sistema inmunolóxico, influíndo de forma negativa sobre o ADN onde vense afectadas as defensas do corpo, as cales xeran un aumento nas enfermidades infecciosas.

    A nivel de flora, está provocando importantes cambios na composición química de varias especies de plantas. Sumado a esto, estase alterando o crecemento de algunhas plantas e impedindo o proceso de fotosíntesis.

  46. faa-albarodriguez di:

    A capa de ozono é un delgado escudo de gas que se atopa entre os 19 e os 23 kilómetros sobre a superficie terrestre, e encargase de protexer a Terra dos perigos dos raios ultravioletas do sol.
    As radiacións ultravioletas levan moita enerxía e interfiren cos enlaces moleculares provocando cambios nas moléculas. O ozono absorbe con gran eficacia as radiacións e por tanto, unha diminución na capa de ozono ten efectos moi prexudiciais nos seres humanos e nos ecosistemas en xeral.
    Nos seres humanos, a sobreexposición a estas radiacións produce efectos prexudiciais na saúde como o cancro de pel.
    En canto a vexetación, estas radiacións diminúen a eficiencia da fotosíntese en plantas, o que afecta ao seu crecemento e ao número de follas, semillas e froitos que estas producen.
    Nos ecosistemas acuáticos, estas radiacións afectan aos organismos existentes ata uns 5 m de profundidade en augas transparentes. Esta diminución do metabolismo fotosintético de fitoplancton, base das cadeas alimentarias, afecta en último termo, a todo o ecosistema, provocando unha diminución do rendemento enerxético global.