A subida do nivel do mar

O cambio climático , xa forma parte das nosas vidas dende hai anos e moitos non lle dan importancia. Pero agora , unha das consecuencias que pode ser catastrófica está moi preto ; a subida do nivel do mar.

Ao longo do século pasado o nivel medio do mar aumentou entre 10 e 20 cm. Actualmente , en moitas zonas , o mar sube 1,2 cm aproximadamente. Para facerse unha idea , se o mar sube 1 cm , a moitos pareceralle pouco pero ese centímetro en realidade é 1 metro menos de praia , causado polo retroceso da area.

 

O aumento do nivel do mar está vinculado a moitos factores, aínda que hai dous destacables, tamén inducidos polo cambio climático actual:

  1. Dilatación Térmica: Cando a auga se quenta , dilátase. Arredor da metade do aumento do nivel do mar que se produciu ao longo do século pasado atribúese ao feito de que os océanos, ao quentarse, ocupan máis espazo.
  2. O desxeo dos glaciares e os casquetes polares: As grandes formacións de xeo, como os glaciares e os casquetes polares, derrétense de forma natural no verán. Pero no inverno, as precipitacións en forma neve, compostas na súa maior parte de auga mariña evaporada, bastan normalmente para compensar o desxeo. Sen embargo, as altas e persistentes temperaturas rexistradas recentemente a causa do quentamento global, son as responsables de que a cantidade de xeo que se derrete no verán aumentará e de que as nevadas diminuirán debido a que os invernos se retrasan e as primaveras se adiantan. Este desequilibrio xera un aumento neto significativo da escorrentía fronte á evaporación dos océanos, provocando que o nivel do mar se eleve.

Sabes que....

Cando o nivel do mar se eleva con rapidez, tal e como nos últimos tempos, incluso un pequeno aumento pode ter consecuencias devastadoras nos hábitats costeiros. A auga do mar penetra en zonas cada vez máis alonxadas da costa, o cal pode xerar consecuencias catastróficas como a erosión, as inundacións dos humidais, a contaminación de acuíferos de solo agrícola, e a perda do hábitat de peixes, paxaros e plantas.

Cando as tormentas de gran intensidade tocan terra, un nivel do mar máis elevado provocará temporais de maior tamaño e intensidade que poden destruir todo o que atopan ao seu paso.

Ademais, centos de millóns de persoas viven en zonas que cada vez serán máis vulnerables ao risco de inundacións. A subida do nivel do mar obligaríaos a abandoar os seus fogares e a mudarse a outra zona. As illas de pouca altitude quedarían completamente sumerxidas.

Autor: Miguel Leiro Grande


Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Catastrofes naturais e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

49 Responses to A subida do nivel do mar

  1. Victor di:

    Será o desxeo de todo tipo de glaciares o responsable da subida do nivel do mar?

    • faa-ritalage di:

      Si, pode que non sexa o responsable de toda a subida do nivel do mar. Outro factor é o cambio climático, o nivel do mar aumentará moito en moi pouco tempo, e chegara o dia no que xa non existan glaciares,esto é devido a queima de combustibles fósiles e outras actividades humanas e naturais liberaron na atmosfera enormes cantidades de gases. Estas emisións provocaron que a temperatura da superficie da Terra aumentara e que os océanos absorberan ao redor dun 80 % deste calor adicional.

    • faa-diegogarcia di:

      Pode ser, xa que o gran tamaño dos glaciares, fai que ao desxeárense aumente o nivel do mar nunha elevada cantidade, se esto non se reduce en moi poucos anos o nivel do mar aumentará, e lgares donde agora podemos camiñar, pasear, etc, estarán sumerxidos baixo o mar.

  2. faa-ariadnavazquez di:

    Como podemos ver no artículo, o aumento do nivel do mar podese dar lugar, actualmente, por diversos factores. Entre eles compre destacar o desxeo de glaciares xunto coa dilatación termica.
    Dende o meu punto de vista, efectivamente, será o desxeo de todo tipo de glaciares o responsable da subida do nivel do mar.
    Segundo os últimos estudos publicados pola NASA, o desxeo chegou a un punto de non retorno. Se o desxeo continúa así, o nivel do mar podería aumentar en máis de tres metros.
    Se o desxeo continua a este ritmo podería producirse un aumento dun metro do nivel do mar nos próximos 200 anos. O ascenso global do nivel do mar sería moito maior, xa que a fusión destes glaciares probablemente desestabilizar seccións veciñas da capa de xeo.
    E na mesma liña, co paso de moitos anos chegará un momento no que apenas existan glaciares, e polo tanto, a subida do nivel do mar será enorme.

  3. fab-lauraozores di:

    Sen ningunha dúbida pódese afriarmar que o desxeo é unha das causas principais, por non dicir a máis destacadas, da subida do nivel do mar.
    Outro factor que que afecta á subida do nivel do mar é o cambio climático. En illas como as do Caribe, o cambio climático está alterando a supervivencia dos arrecifes de corais, que son barreiras naturais e axudan a fortalecer a recuperación destas illas.

  4. faa-albaaller di:

    O aumento do nivel do mar pode deberse a varios factores, o máis destacado deles é o desxeo. Outro factor tamén destacado é o cambio climático.
    Si continua neste ritmo, o nivel do mar aumentará moito en moi pouco tempo, ademais chegará o momento no que xa non existan glaciares.

  5. fab-miguelpineiro di:

    Si, pode que non sexa o responsable de toda a subida do nivel do mar, pero si duna gran cantidade da subida. Outro factor tamén destacado é o cambio climático,si todo o previsto se cumpre, o nivel do mar aumentará moito en moi pouco tempo, e chegara o dia no que xa non existan glaciares.

  6. faa-martinbaulde di:

    A elevación do nivel do mar pódese definir como un aumento no nivel marítimo causado polo quentamento global grazas a dous procesos diferentes: a expansión térmica das augas oceánicas, e o derretemento veloz do xeo terrestre.
    O actual ascenso de nivel do mar aconteceu a unha taxa media de 1,8 mm/ano dende o último século. Deberíase parcialmente ao quentamento global antropoxénico :
    Ao incrementarse as temperaturas ascende o nivel do mar pola adición de auga aos océanos por fusión de indlandsis continentais. Esa expansión, ben cuantificada, é actualmente a causa primaria de tal ascenso.
    As contribucións glaciares ao ascenso son menos importantes, e máis difíciles de predicir e cuantificar. Os valores predictivos de ascenso no seguinte século tipicamente oscilan de 9 a 88 cm, cun valor central de 48 cm.

  7. faa-laurachaves di:

    Durante o século pasado, a queima de combustibles fósiles e outras actividades humanas e naturais liberaron na atmosfera enormes cantidades de gases que atrapan a calor. Estas emisións provocaron que a temperatura da superficie da Terra aumentara e que os océanos absorberan ao redor dun 80 % deste calor adicional.

    O aumento dos niveis do mar esté provocado maioritariamente polo desxeo dos glaciares e dos casquetes polares, este está vinculado a tres factores principais, todos eles inducidos polo cambio climático actual:
    O máis importante, como xa dixemos é o desxeo dos glaciares e dos casquetes polares: As grandes formacións de xeo como os glaciares e os casquetes polares derrétense actualmente debido ás altas temperaturas causa do quentamento global, que son responsable de que aumentara o derretemento en verán e disminuíran as nevadas debido a que os invernos retrásanse e as primaveras adiántanse. E todos estos factores favorecen a que o nivel do mar se eleve.
    Outro factor é a dilatación térmica: Cando a auga se quenta, dilátase. Ao redor da metade do aumento do nivel do mar que se produxo ao longo do século pasado atribuíuselle ao feito de que os océanos, ao quentarse, ocupan máis espazo.
    E o último factor é o xeo en Groenlandia e na Antártida Occidental: Ao igual que cos glaciares e cos casquetes de xeo, o aumento da calor está provocando que as enormes placas de xeo que recubren Groenlandia e a Antártida se derretan a un ritmo acelerado.

  8. faa-miriantrigo di:

    O aumento do nivel do mar é un problema presente na actualidade, pero dende fai tempo. Existen varias causas desta subida do mar, como se menciona no artigo, e unha delas débese ao desxeo dos glaciares, a cal é unha causa de gran importancia aínda que difícil de cuantificar e predicir. De feito, uns investigadores científicos nunha conferencia de prensa da NASA afirmaron, en maio do presente ano, que a auga do desxeo dos glaciares antárticos podería aumentar o nivel do mar en 1.22 metros
    Se isto continúa así, estímase que nun futuro, polo ano 2100, o quentamento global daría lugar a un ascenso do nivel do mar de 19 a 58 cm (depende das diferentes zonas), o cal é unha barbaridade.

  9. Victor di:

    Terá o mesmo efecto sobre a subida do nivel do mar, o desxeo do Ártico ca do Antártico?

    • faa-ritalage di:

      No Polo Sur xeográfico, pola contra, ao existir un gran continente ( a Antártida), o xeo é glaciar, formouse grazas a nevadas, cuxo peso compactou as máis antigas, converténdoas en xeo. Aquí, a masa xeada (de orixe continental) conta cunha superficie de 13,5 millóns de quilómetros cadrados e cun espesor medio de 2200 metros.
      No Polo Norte xeográfico, o casquete de xeo do Ártico está composto por xeo mariño, isto é, formouse por conxelación da auga do mar, e polo tanto, este xeo é flotante, sendo o seu espesor de tan só unhas decenas de quilómetros.
      No Polo Sur xeográfico, pola contra, ao existir un gran continente ( a Antártida), o xeo é glaciar, é dicir, formouse grazas a caída sucesiva de nevadas, cuxo peso compactou as máis antigas, converténdoas en xeo. Aquí, a masa xeada (de orixe continental) conta cunha superficie de 13,5 millóns de quilómetros cadrados e cun espesor medio de 2200 metros.
      Como podemos observar, o desxeo dos glaciares antárticos tería un efecto maior sobre o nivel do mar que o desxeo do Ártico, posto que, en primeiro lugar, o xeo do Ártico xa formaba parte do mar antes de converterse en xeo e, en segundo lugar, a superficie e a densidade do xeo da Antártida é moito maior, polo que se este se chegase a fundir na súa totalidade, o nivel do mar sufriría un gran aumento

  10. faa-tamaraparracho di:

    Aínda que os dous círculos polares da Terra – o Ártico e a Antártida – conteñen casquetes polares, estes son completamente diferentes.
    No Polo Norte xeográfico, o casquete de xeo do Ártico está composto por xeo mariño, isto é, formouse por conxelación da auga do mar, e polo tanto, este xeo é flotante, sendo o seu espesor de tan só unhas decenas de quilómetros.
    No Polo Sur xeográfico, pola contra, ao existir un gran continente ( a Antártida), o xeo é glaciar, é dicir, formouse grazas a caída sucesiva de nevadas, cuxo peso compactou as máis antigas, converténdoas en xeo. Aquí, a masa xeada (de orixe continental) conta cunha superficie de 13,5 millóns de quilómetros cadrados e cun espesor medio de 2200 metros.
    Como podemos observar, o desxeo dos glaciares antárticos tería un efecto maior sobre o nivel do mar que o desxeo do Ártico, posto que, en primeiro lugar, o xeo do Ártico xa formaba parte do mar antes de converterse en xeo e, en segundo lugar, a superficie e a densidade do xeo da Antártida é moito maior, polo que se este se chegase a fundir na súa totalidade, o nivel do mar sufriría un gran aumento (calcúlase que ascendería 62 metros por riba do seu nivel actual).

  11. faa-carmenvilanova di:

    O desxeo dos glaciares é un fenómeno que non é recente pero cuxas consecuencias se foron agravando nos últimos anos. O desxeo está a causar grandes cambios nas condicións climáticas e biolóxicas do noso planeta ao aumentar os niveis de auga da superficie da Terra e reducir as áreas habitables.
    A situación no Ártico é a seguinte: durante a primaveira e o verán no Ártico, ao derretirse o xeo vanse formando sobre este estanques de auga. Este tipo de estanques de auga que se conforman sobre o xeo, absorben en maior grao a calor do Sol, xerando así un desxeo acelerado.
    Por outra banda, a situación da Antártida é moi diferente. Na Antártida occidental, os glaciares derrítense e o seu volumen se reduce a un ritmo de 2 quilómetros cúbicos ao ano. A área onde a base glaciar toca o solo mariño retrocedeu de maneira moi rápida nas últimas décadas. A medida que a auga máis morna se desliza debaixo do manto flotante do xeo, erosiona a base do glaciar, retrocedendo deste xeito a liña de asentamento e chegando a un punto sin retorno.
    Así pois, as consecuencias do desxeo da Antártida serán moito maiores que as do desxeo do Ártico, porque non debemos esquecer que o Ártico é xeo que flota sobre o océano mentres que a Antártida é un continente cuberto por xeo.

  12. fab-laurafalcon di:

    O xeo do Ártico está flotando sobre a augua, e xa despraza un peso igual ao volume total do xeo. Se este se derretera, a augua resultante só ocuparía o espazo deixado polo xeo e non exercería unha presión cara arriba do nivel do mar. Ademais, e contrariamente ao que ocorre con outros líquidos, a augua expandese ao conxelarse, polo que o xeo ocupa un maior volumen que a augua.
    Agora ben, todo cambia cando falamos do xeo que se poida derreter no Antártico, xa que, ao ser este un continente, a cuberta de xeo non está flotando e non exerce unha presión sobre a augua. Si chegase a derreterse dita capa de xeo, o nivel do mar si subiría.

  13. faa-martinbaulde di:

    Os casquetes polares do Ártico e a Antártida son moi diferentes o un do outro:
    A orixe do xeo que cubre a Antártida está asociada a unha redución dos niveis de dióxido de carbono durante un importante cambio climático fai 34 millóns de anos. O espesor medio do xeo na Antártida é de 2,4 kilómetros chegando nalgúns lugares a case 5 kilómetros.
    A orixe do casquete de xeo do Ártico, foi a conxelación da auga do mar, é dicir está formado por auga do mar.
    O desxeo dos glaciares antárticos tería un maior efecto no nivel do mar que o desxeo dos glaciares árticos :
    Na Antártida, o volume de xeo é tan grande que a súa desconxelación completa elevaría o nivel do mar nuns 60 metros. En cambio, vemos que o xeo ártico xa formaba parte do mar antes de converterse en propio xeo, polo que se se derretera, a auga so ocuparía o espazo que antes ocupaba o xeo.

  14. fab-sabelafernandez di:

    Mentres que a Antártida actualmente contribúe en menos do 10% ao aumento do nivel global do mar e é un contribuínte menor en comparación coa expansión térmica dos océanos quentes e o derretemento dos glaciares de montaña, espérase que Groenlandia e especialmente as capas de xeo da Antártida, co seu enorme volume de xeo, sexan os principais contribuíntes á futura suba do nivel do mar a longo prazo.
    Na Antártida, o xeo que se descarga estase a incrementar continuamente.
    Estes glaciares continuarán derreténdose ata que desaparezan e o feito de que os glaciares reaccionen case simultáneamente indica unha causa común, que é o aumento das temperaturas no océano.
    O desxeo de Groenlandia, a segunda reserva mundial de xeo continental do planeta despois da Antártida, podería estar producíndose a unha velocidade moi superior do que se pensaba. E o que é peor, os científicos parecen ter subestimado ata agora nas súas predicións as consecuencias dese desxeo. En especial as que se refiren ao incremento do nivel dos océanos que sería, segundo os novos datos, moi superior ao previsto.

  15. faa-miriantrigo di:

    Está claro que non. En primeiro lugar , a rexión do Ártico é basicamente un océano conxelado rodeado de grandes masas de terra, entre elas Groenlandia ou América do Norte, que atrapan a mayoría do xeo que se concentra e se retira cíclicamente segundo a época do ano, mentres que a Antártida é un continente, o cal acolle aproximadamente o 90% do xeo do mundo . Así pois, o xeo do Ártico é flotante e o seu espesor é moito menor que o da Antártida, aínda que isto fai que sexa máis sensible ás condicións climáticas. Ademais, a densidade e a superficie da Antártida é moito maior, polo que o seu desxeo conlevaría a un maior aumento do nivel do mar (crese que aumentaría uns 60 metros) respeto do desxeo do Ártico, xa que o xeo do Ártico xa formou parte do mar.

  16. faa-iagopadin di:

    Está claro que os efectos do Antártico sobre a subida do nivel do mar son diferentes aos do Ártico, pero a cousa vai máis alá.
    A superficie da capa de xeo ártica que se acadou a finais do verán pasado foi a sexta máis reducida desde que se teñen rexistros, mentras que a Antártida está a alcanzae extensións, segundo informou la NASA.
    Os datos recollidos a través de satélites desde 1978 indican que os dez valores máis baixos rexistrados no Ártico producíronse na última década. O que demostra que a tendencia a largo plazo é “moi baixa”.
    A partir desta información decretouse que, en máis de 30 anos, a capa de xeo septemtrional reduciuse un 14,1 por cento cada década, aínda que a partir de 2007 rexistrouse un empeoramento da tasa.
    Por outro lado, o Antártico está en apoxeo.No lado oposto do planeta, o mar de xeo do Antártico está crecendo anualmente, e acadouse no seu alcance o máximo histórico.
    Así e todo a velocidade de desxeo no Ártico supera ao crecemento que ten lugar na Antártida e os efectos son nefastos.

  17. faa-albarodriguez di:

    Está claro que os efectos da subida do nivel do mar son diferentes os do Antártico ca os do Ártico.
    Se observamos os dous polos veremos que a Antártida constitúe o 90% do xeo do mundo mentres que o Ártico constitúe unha pequena capa de xeo rodeado case todo por océano co xeo derretido e con grandes masa de continentes como América e Grenlandia.
    Polo tanto os desxeos dos glaciares Antárticos terían un maior efecto na subida do nivel do mar, debido a que a súa masa de xeo é tan grande que se sé desconxela podería subir o mar ata uns 60 metros mentres que nos glaciares Árticos o xeo xa está case por completo desconxelado formando os océanos polo que non afecta na actualidade.
    Na Antártida o seu volume derrétese a un ritmo de dous kilómetros cúbicos ao ano, este dato vólvenos así a indicar que a Antártida inflúe máis na subida do nivel do mar.

  18. Victor di:

    Que efecto terá sobre a temperatura oceánica a desaparición do casquete glaciar ártico?

  19. fab-raquelpan di:

    Se as cousas non cambian crese que a temperatura aumentara entre 0,2 e 0,6 ªC cada des anos.Elevación do nivel dos océanos :de 4 a 10 centimetros cada 10 anos.A temperatura medida da terra será ,na década 2020-2030 entre 0,3 e 1,3 graos superior a media da década 1990-2000,según unha investigación realizada no Reino Unido por Peter Stott do Met Office en Bracknell.En conclusion resalta o feito de que o modelos de similación do clima futuro dan un aumento de temperatura cando se fai unha proyeccion para o futuro con distintas hipotesis da evolución das emisións de gases efecto invernadero

  20. faa-miriantrigo di:

    A desaparición ou desxeo do casquete polar Ártico podería alterar ou incluso deter as grandes correntes do Océano Atlántico. Ao afectar a estas correntes mariñas, a temperatura media de Europa podería descender de de 5 a 10 grados centígrados, enfriándose tamén zoan as Norteamérica.
    O aumento de temperatura producido nos mares e nos océanos, faría que a auga se dilatase e pasarían a ocupar maior espazo e facerse menos densos, subindo o seu nivel. Outra consecuencia deste aumento de temperatura é que pode provocar o desxeo das bases de xeo polar, provocando desprendementos. As correntes oceánicas tamén se verían afectadas, polo que tamén ten influencia na temperatura da Terra.
    Considérase o aumento da temperatura dos océanos como un dos maiores do cambio climático, moito maior que o da atmosfera, xa que a capacidade calorífica desta é moito máis pequena que a do océano.

  21. Victor di:

    É certo que a desaparición dos xeos no Ártico producirían un incremento do efecto invernadoiro?

    • faa-sarafalcon di:

      A principal ameaza do Ártico, o cambio climático,
      está a provocar a rápida desaparición da súa capa de
      xeo. A superficie de xeo mariño Ártico redúcese de
      verán en verán, e cada vez alcanza récords|marcas de mínimos
      históricos. Segundo os expertos, o Ártico podería quedar
      completamente libre de xeo mariño durante o verán
      dentro de 10 ou 20 anos. Este fenómeno é un dos que,
      ademais de facilitar o desenvolvemento de actividades industriais
      altamente prexudiciais na zona, está a agravar o
      cambio climático, xa que a substitución do que antes
      era superficie branca no Ártico polo azul escuro do
      océano aumenta o potencial de absorción da calor dos
      raios solares na terra. Un aumento da temperatura
      global que, de chegar a provocar o derretemento do xeo
      milenario asentado sobre Rusia ou Groenlandia, provocaría,
      á súa vez, unha inxente liberación de gases de efecto
      invernadoiro que agravarían de forma exponencial os
      efectos do cambio climático en todo o mundo.

    • faa-ritalage di:

      Os efectos do Antártico na subida do nivel do mar son diferentes que as do Ártico, pero hai moitos máis factores.
      A superficie da capa de xeo ártica esta diminuíndo constantemente, mentres que a superficie Antártida a elevarse polo que nos informa a NASA.
      Os datos recollidos a través dos satélites, indican que os dez valores máis baixos rexistrados no Ártico producíronse na última década,isto quere dicir que vai chegar un momento que desapareza, e traerá consigo as súas respectivas consecuencias.
      A partir desta información decretouse que, en máis de 30 anos, a capa de xeo setentrional reduciuse un 14,1 % cada década.
      O Antártico está en apoxeo. O mar de xeo do Antártico está crecendo anualmente, e acadouse no seu alcance o máximo histórico ata o momento, pero isto seguira así e os resultados que traerán consigo serán catastróficos.

    • faa-rubeniglesias di:

      Pódese dicir que o desxeo do Ártico si que incrementa o efecto invernadoiro. A pérdida de xeo fai que haxa máis nubes, o xeo reflicte a luz solar de volta ao espazo e se se derrete, absórbese e aumenta a temperatura, polo tanto ten consecuencias no efecto invernadoiro.
      Polo desxeo actual dos grandes glaciares estamos na situación actual, é dicir, aumentos de temperatura, cambios climáticos, e sobre todo moitas especies que viven neste tipo de lugares, están quedando sen “fogar” debido a que cada vez hai menos xeo e máis mar.

    • faa-carmenvilanova di:

      O desxeo prodúcese ao aumentar o nivel global de CO2 na atmosfera, debido á queima de combustibles fósiles, tales como carbón, petróleo ou gas natural. Unha parte da radiación que se emite como consecuencia de que a superficie terrestre se quenta por acción solar queda retida por este exceso de CO2.
      As causas que están a provocar o derretimento dos polos parten dun punto concreto: a actividade humana. Pois a causa disto, comeza un desgaste da capa de ozono, o que conleva a un aumento da radiación ultravioleta e por conseguinte, o quecemento global. Doutra banda, desde a actividade humana tamén se parte desde outro punto, pois a deforestación, os combustibles fósiles, o transporte, as actividades industriais… tamén son causas do derretimento dos polos, xa que isto o que produce é un incremento nos gases de efecto invernadoiro (vapor de auga, H2O; ozono, O3; dióxido de carbono, CO2), que nos levan a un aumento de temperatura.

  22. Victor di:

    RECORDADE O SEGUINTE:
    – O DÍA 9 ÁS 12 DA NOITE REMATA O TRABALLO NO BLOG PARA A 1ª AVALIACIÓN E COMEZA O DA 2ª.
    – O FORO PECHARASE O SÁBADO POLA MAÑÁ.
    – EN NADAL PODEDES SEGUIR FACENDO TRABALLOS VOLUNTARIOS PARA A BUXAINA.

  23. fab-ivanportas di:

    Os efectos do Antártico na subida do nivel do mar son diferentes que as do Ártico, pero hai moitos máis factores.
    A superficie da capa de xeo ártica esta diminuíndo constantemente, mentres que a superficie Antártida a elevarse polo que nos informa a NASA.
    Os datos recollidos a través dos satélites, indican que os dez valores máis baixos rexistrados no Ártico producíronse na última década,isto quere dicir que vai chegar un momento que desapareza, e traerá consigo as súas respectivas consecuencias.
    A partir desta información decretouse que, en máis de 30 anos, a capa de xeo setentrional reduciuse un 14,1 % cada década.

    O Antártico está en apoxeo. O mar de xeo do Antártico está crecendo anualmente, e acadouse no seu alcance o máximo histórico ata o momento, pero isto seguira así e os resultados que traerán consigo serán catastróficos.

  24. faa-martinbaulde di:

    O Desxeo do Ártico, como consecuencia do Quentamento Global pode afectar a Corrente do Golfo, alterando o Clima de Europa Occidental e a Rexión Leste de Norte América, o que deriva en ciclos de Veráns moi cálidos que tenden a estenderse ata o Outono e grandes invernos que poden prolongarse ata a Primavera, o que podería crear condicións Climáticas Árticas en rexións do norte de Europa e de Norte América.

    O quentamento global pode acelerarse co aumento das temperaturas no Ártico, a calor pode derreter o chan permanentemente xeado provocando a emisión de gases de Efecto Invernadero. Segundo cálculos científicos un 14% do Dióxido de Carbono do planeta se encontra baixo estas terras heladas.Existen evidencias científicas sobre o alarmante aumento de temperatura do Permafrost Ártico, segundo o Programa da Naciones Unidas para o Medio (PNUMA).

  25. faa-danielbaulo di:

    O desxeo producese ao aumentar o nivel global de CO2 na atmosfera. Debido á queima de combustibles fósiles, a radiación infravermella que se emite como consecuencia de que a superficie terrestre se quente pola acción solar, non pode escapar tanto, e unha parte queda retida por ese exceso de CO2.
    Por iso a temperatura global da Terra aumentou e segue aumentando, e a unica solución e deixar de queimar combustibles fósiles, e empregar máis as energías alternativas e tamén parar a deforestación.

  26. faa-miriantrigo di:

    Pódese dicir que o desxeo do Ártico si ten consecuencias no efecto invernadero:
    A pérdida de xeo no Ártico fai que se produza un aumento de nubes; o xeo reflexa a luz solar de volta ao espazo. Se o xeo se derrete, a luz do sol xa non se reflexaría, se non que se absorvería. A humidade liberada da superficie do mar requentada elévase ata formar as nubes. Estas nubes reflexan a luz do sol e actúan como unha manta, xa que manteñen a calor por debaixo. Esto implica unha retención da calor que propicia a un maior efecto invernadero, xa que este efecto impide que a luz do sol volva cara o espazo.

  27. fab-miguelpineiro di:

    O desxeo do ártico si tería un incremento do efecto invernadoiro, esto e debido a que, a perdidade xeo no ártico produce que se aumenten as nubes,estas farian que o calor non marchase tan facilmente,xa que as nubes actuan como unas mantas, deixan entrar calor, pero non sair, aumentando asi o calor do planeta.E esto provocaria que o efecto invernadero aumentase pouco a pouco.

  28. faa-iagopadin di:

    Podemos afirmar que o desxeo no Ártico sí incrementa o efecto invernadoiro, xa que o xeo reflexa a luz solar de volta a espazo, e se este se derrete, a luz do sol xa non se reflexa, polo tanto, absórbese e aumenta a temperatura.
    Ademais, a humidade liberada da superficie do mar requentada elévase ata formar nubes. Se as nubes reflicten a luz do sol, tamén actúan como unha manta, mantendo a calor por debaixo. Entón, tamén aumenta a temperatura.
    Por outra banda, tamén se liberan grandes cantidades de metano, un gas de efecto invernadeiro que está atrapado na corteza terrestre, debaixo dos xeos eternos en Groenlandia.
    Así, a interacción entre as nubes e o xeo e o enfriamento e o quentamento, é complexa.

  29. faa-tamaraparracho di:

    A principal ameaza do Ártico, o cambio climático, está provocando la rápida desaparición da súa capa de xeo. A súa vez, esta desaparición do xeo agrava os efectos do cambio climático.
    Por exemplo, a cuberta de xeo mariño desempeña un papel crucial na regulación do clima global. Os científicos están preocupados porque a pérdida de xeo está creando un sistema de “retroalimentación positiva” que agrava o quentamento global. En poucas palabras, o xeo mariño de color branco reflicte a radiación solar, mentres que a cor escura do mar aberto, absorbe a enerxía do Sol.
    A medida que o xeo do Ártico se derrete, menos enerxía se reflicte cara o espazo, máis calor é absorbida polo océano, o que conduce a un aumento da temperatura.
    Ademais, existen evidencias crecentes de que o rápido desxeo do Ártico pode ser xa responsable dun cambio nos patróns do clima e nos cambios na frecuencia e intensidade de fenómenos meteorolóxicos extremos en latitudes máis baixas.
    Por último, o desxeo da capa de xeo ártico provocaría a liberación de metano, un potente gas de efecto invernadoiro.

  30. faa-albarodriguez di:

    O desxeo do Ártico, como consecuencia do quentamento global poden afectar a Corrente do Golfo, alterando o clima de Europa Occidental e a rexión do este de Norte América, o que deriva en ciclos de veráns moi cálidos que tenden a estenderse hasta o outono e intensos invernos que poden prolongarse ata a primavera, o que podería crear condicións climáticas Árticas en rexións do norte de Europa e de América.
    O quentamento global pode acelerarse co aumento das temperaturas no Ártico, o calor pode derreter o solo permanentemente xeado provocando a emisión de gases do Efecto Invernadoiro. Según cálculos científicos o 14% do dióxido de carbono do planeta encontrase baixo o xeo.

  31. fab-nereabetanzos di:

    O declive do xeo do Ártico podría ter un impacto significativo nos estados do oeste de Estados Unidos,como Colorado, por ejemplo, reducindo a severidade dos frentes fríos do Ártico,e mitigando as nevadas que caen en esos estados.Ademáis o Ártico perde moito xeo nos meses de verano e tamén se observaron pulsos de auga máis quentes que entran no Océano Glacial Ártico dende o Atlántico Norte.Este fenómeno promove a fusión do xeo e dificulta a formación de xeo novo nas zonas afectadas. Éste é outro desos potenciais empuxóns ao sistema, que podrían provocar o rápido declive de xeo e conducir ao Ártico hacia un novo estado.Polo que podemos decir que o desxeo do Ártico sí incrementa o efecto invernadoiro.

  32. faa-albaaller di:

    O desxeo do Ártico sí podería incrementar o efecto invernadoiro. Isto é debido a que os raios do sol ao reflexares no xeo voltan ao espazo, se este se derrete, estes raios non voltarían ao espazo e polo tanto, producirían un incremento de temperatura. Ademais, o desxeo produce un aumento no número de nubes, as cales non deixarían pasar a calor, xa que actuarían como unha manta, e isto acabaría provocando tamén o aumento de temperatura.

  33. faa-ariadnavazquez di:

    O efecto invernadoiro orixínase porque a enerxía que chega do sol, ao proceder dun corpo de moi elevada temperatura, está formada por ondas de frecuencias altas que traspasan a atmosfera con gran facilidade. A enerxía remitida cara ao exterior, dende a Terra, ao proceder dun corpo moito máis frío, está en forma de ondas de frecuencias mais baixas, e é absorbida polos gases con efecto invernadoiro. Esta retención da enerxía fai que a temperatura sexa máis alta, aínda que hai que entender ben que, ao final, en condicións normais, é igual a cantidade de enerxía que chega á Terra que a que esta emite.
    Poderiamos dicir, que si o xeo desaparecera as temperaturas aumentarías posto que o oceáno absorbe máis enerxía e deixaríase de reflectir, xa que isto sucede en presenza de xeo.

  34. fab-sabelafernandez di:

    Sí que se pode dicir que a desaparición dos xeos no Ártico ten consecuencias no incremento do efecto invernadoiro. O Desxeo do Ártico, como consecuencia do Quentamento Global pode afectar a Corrente do Golfo, alterando o Clima de Europa Occidental e a Rexión Leste de Norte América, o que deriva en ciclos de Veráns moi cálidos que tenden a estenderse ata o Outono e intensos invernos que poden prolongarse ata a Primavera, o que podería crear condicións Climáticas Árticas en rexións do norte de Europa e de Norte América.
    A redución do xeo no Ártico implica a conexión na atmosfera con gran parte das augas superficiais do océano, reducindo o albedo (razón entre a enerxía luminosa que difunde por reflexión unha superficie e a enerxía incidente) de 90% dos glaciares e o 40% dos xeos mariños ao 4% dos océanos, o que dá como resultado a retención da calor e un cambio de contido enerxético, o que se traduce en Veráns Extremadamente Cálidos e Torrenciais Chuvias en Europa Occidental.

  35. faa-andreaperez di:

    O efecto invernadoiro incrementaráse de maneira alarmante xa que a reducción do xeo no Ártico implica a emisión cara a atmósfera da gran parte das augas superficiais do océano, o que dá como resultado a retención do calor, o que se traduce en veráns extremadamente cálidos e chuvias torrenciais en Europa Occidental.

    Unha causa disto é a corrente do Golfo. A corrente do Golfo de augas cálidas orixínase no Golfo de México e sigue en dirección Nor-Este ao largo de Estados Unidos, logo sigue rumbo ao Atlántico onde recibe o nome de Corrente do Atlántico Norte, bordea Europa Occidental ata chegar ao Océano Ártico, remata o seu recorrido más alá do círculo Polar. Por este motivo a Corrente do Golfo inflúe de maneira determinante no Clima da rexión do Atlántico Norte.

  36. Victor di:

    RECORDADE O SEGUINTE:
    – O DÍA 9 ÁS 12 DA NOITE REMATA O TRABALLO NO BLOG PARA A 1ª AVALIACIÓN E COMEZA O DA 2ª.
    – EN NADAL PODEDES SEGUIR FACENDO TRABALLOS VOLUNTARIOS PARA A BUXAINA.

  37. faa-iagopadin di:

    A desaparición do casquete glaciar ártico implica o aumento de agua nos océanos ademais do aumento de auga evaporada na atmosfera. Ao reducirse a superficie de xeo e aumentar a superficie de agua líquida, redúcese o reflexo dos raios solares, xa que o xeo reflexa moito mellor a radiación solar. Este reflexo redúcese, do 90% dos glaciares e o 40% dos xeos mariños, ao 4 % dos océanos, o que dá como resultado a retención de calor na Terra.
    Por outra banda, o aumento de vapor de auga na atmósfera, dificulta a saída da escasa radiación que se reflexa, o que conleva tamén a unha maior retención de na Terra.
    En conclusión, o desxeo no ártico sí que ten un gran efecto sobre a temperatura, fará que esta aumente considerablemente, ademais de que producirá un cambio de contido enerxético, o que se traduce en veráns extremadamente cálidos e torrenciais chuvias en Europa occidental.

  38. Victor di:

    RECORDADE QUE HOXE REMATA O PRAZO PARA FACER COMENTARIOS PARA A PRIMEIRA AVALIACIÓN.

  39. fab-antonchaves di:

    Penso que sen ningunha dúbida o desxeo é a causa principal da subida do nivel do mar. Isto débese ao quentamento global, que por outra banda tamén axuda á subida do nivel do mar pola expansión da auga do océano ao quentarse.

  40. faa-javiergonzalez di:

    Terceira pregunta:
    O aumento da temperatura do mar provocaría a ampliación deste, polas poucas atraccións entre as moléculas polo quentamento, esto subiría o nivel do mar, por outra parte, o seu quentamento desfaría pouco a pouco as bases dos glaciares, e finalmente facendo que estes se derretisen e aumentaría o nivel do mar.

  41. fab-antonchaves di:

    O desaparición do casquete glaciar ártico podería alterar ou incluso deter as grandes correntes do Océano Atlántico. Sen o inmenso calor que proporcionan estas correntes mariñas, comparables á produción de enerxía dun millón de centrais nucleares, a temperatura media europea podería descender de 5 a 10 grados centígrados , e algunhas zonas de Norteamérica enfriaríanse soamente un poco menos. Este cambio na temperatura sería similar ás temperaturas medias do planeta hacia o final da última era glacial, fai aproximadamente 20.000 anos.
    Algúns científicos creen que este cambio nas correntes mariñas poden xorder pronto, de un modo inesperado, nun período de tempo tan curto como de 20 anos, según Robert Gagosian, presidente e director da Institución Oceanográfica Woods Hole.

  42. Victor di:

    AVISO: EN CADA ARTIGO SO SE PODE RESPONDER Á ÚLTIMA PREGUNTA FEITA NO ARTIGO. NON SE PODE FACER NUN DÍA O TRABALLO QUE NON SE FIXO DE XEITO REGULAR. ESTA É A RAZÓN POLA QUE NON APARECERÁN APROBADOS DETERMINADOS COMENTARIOS.