O que aínda conservamos de rato

Os ratos constitúen, por antonomasia, o modelo de investigación da bioloxía dende principios do século XX.

Ratos e humanos separámonos evolutivamente hai 75 millóns de anos, cando aínda dominaban o mundo os dinosaurios do Cretácico. Mais, o xenoma do rato e o dos humanos teñen puntos coincidentes. Saber en que puntos coinciden ou difiren os xenes dun e doutro e o seu funcionamento supón un paso de xigante non só para entender as diferencias entre unha persoa e un rato, senón tamén para aplicar o rato á investigación biomédica e así probar novos fármacos. Isto é o que un consorcio internacional, o Consorcio ENCODE, logrou averiguar.

O Consorcio ENCODE, acrónimo de ENcyclopedia Of DNA Elements, trátase dun proxecto de análise exhaustivo do xenoma humano. Ao longo destes anos, lévanse identificando o número de xenes que posúen os humanos e outros animais, pero o traballo deste consorcio foi aínda máis alá. O último paso foi a comparación do xenoma do rato e o do humano, recollido en varias das revistas biomédicas máis prestixiosas.

A comezos do século XXI, a secuenciación dos xenomas de diferentes especies permitiu saber numéricamente canto nos parecemos ou nos diferenciamos. Cando o xenoma do rato foi secuenciado no ano 2002, produciuse unha das maiores sorpresas, xa non a nivel da crónica da xenómica, senón tamén polo feito de que ratos e humanos compartimos case todos os xenes: aproximadamente o 70% das secuencias xenéticas. Porén, estes xenes constitúen só o 1,5% dos seus respectivos xenomas. As principais excepcións son os xenes do sistema inmunolóxico -pois cada especie está exposta a uns axentes patóxenos moi diferentes- e uns cantos xenes encargados de facer o rabo do rato e cobrir o seu corpo de pelo. Polo demais, hai moi pouca cousa á cal agarrarse para explicar en que nos distinguimos deste tipo de roedores.

Un dos membros do Consorcio ENCODE, Michael Beer, explica: “Debido a que o rato é un importante modelo para a investigación da bioloxía humana, debemos comprender estas diferenzas para interpretar mellor os nosos resultados”. Por outra banda, Roderic Guigó, un dos principais investigadores sentencia: “Este traballo senta as bases moleculares para entender que partes da bioloxía humana están representadas na bioloxía do rato e cales non”. Poderiamos dicir que estes resultados marcan un fito sobre como progresa a ciencia. Ademais, son unha ferramenta chave para futuros estudos xa que poden axudar a clarificar os modelos de investigación de enfermidades humanas.

 

 

 

Autora: Carmen Vilanova Núñez

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Evolución, Xenoma humano e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

23 Responses to O que aínda conservamos de rato

  1. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO QUE SE PECHARÁ EN 10 DÍAS

    Cando se descubriu o xenoma humano?

    • faa-rubeniglesias di:

      O proxecto para este descubrimento tivo un custo de 3000 millóns de dólares, iniciouse en 1990 no Departamento de Enerxía e nos Institutos Nacionais da Saúde de Estados Unidos. O líder era Francis Collins, aínda que a investigación foi a nivel mundial. Déronse un prazo de 15 anos e no ano 2000 apareceu o primeiro borrador do xenoma humano. O proxecto rematou no ano 2003.

    • fab-rociovazquez di:

      O Xenoma Humano foi fundado en 1990 no Departamento de Enerxía e os Institutos Nacionais da Saúde dos Estados Unidos. É o número total de cromosomas do corpo, ou sexa todo o ADN. Os cromosomas conteñen aproximadamente 80.000 xenes, os responsables da herdanza. A información contida nos xenes foi descodificada e permite á ciencia coñecer mediante tests xenéticos, que enfermidades pode sufrir unha persoa na súa vida. Tamén con ese coñecemento se poden tratar enfermidades hasta agora incurables.

    • faa-carmenvilanova di:

      Enténdese por xenoma humano o número total de cromosomas do corpo, é dicir, todo o ADN dun organismo. Este contén aproximadamente 80.000 xenes, que son os responsables da herencia, ademais da información necesaria para a elaboración de todas as proteínas requeridas polo noso corpo, as cales veñen a determinar o aspecto, o funcionamento, a resistencia a infecións e outras enfermidades. Noutras palabras, o xenoma humano é o código que fai que sexamos como somos. O feito de que a información contida nos xenes fose descodificada, permitirá á ciencia coñecer, mediante tests xenéticos, que enfermidades poderá sufrir unha persoa na súa vida, dando tamén a posibilidade de tratar aquelas infecións ata o de agora incurables.

      O Proxecto Xenoma Humano é unha investigación internacional que procura seleccionar un modelo de organismo humano por medio do mapeo da secuencia do seu ADN. Iniciouse de forma oficial no ano 1990, como un programa dunha duración de quince anos co que se pretendía rexistrar a totalidade dos xenes (80.000, como anteriormente dixemos) que codifican a información necesaria para construir e manter a vida. No entanto, os avances tecnolóxicos aceleraron os tempos, dando lugar a que esta investigación rematase antes do previsto, estando completa xa no ano 2003.

    • faa-sarafalcon di:

      O xenoma humano é o xenoma do Homo sapiens, é dicir, a secuencia de ADN contida en 23 pares de cromosomas no núcleo de cada célula humana diploide.Desde o descubrimento da estrutura do ADN (Watson e Crick, 1953) o obxecto dos xenetistas, biólogos e químicos foi coñecer mais sobre os seus mecanismos de acción.
      En 1989 créase o National Human Genome Research Institute(NHGRI, EUA) que dirixe o “proxecto xenoma humano”(HGP) co fin de completar o mapa e función dos xenes humanos(xenoma) para comprender o funcionamento a nivel molecular do organismo, producir mellores medicamentos e diagnosticar e curar enfermidades hereditarias. E como liñas de traballo á secuenciación de todas as bases do ADN , realización de mapas físicos de situación dos xenes nos cromosomas, mapas de ligamientos e da transmisión
      dos carácteres complexos. O devandito proxecto inicia as súas actividades oficialmente en 1990.

    • faa-ritalage di:

      O Proxecto Xenoma Humano é a investigación internacional que busca seleccionar un modelo de organismos humanos por medio do mapa da secuencia do seu ADN. Iniciouse oficialmente en 1990 como un programa de quince anos co que se pretendía rexistrar os 80.000 xenes que codifican a información necesaria para construír e manter a vida. Os avances tecnolóxicos aceleraron os tempos terminando a investigación completa no 2003.

  2. faa-ileniamartinez di:

    O proxecto de descubrimento do xenoma humano comezou no 1990 (foi unha investigación internacional) estaba previsto para quince anos, pero os avances tecnolóxicos facilitaron o avance deste proceso.En xuño do 2000 deuse a coñecer o primero borrador da secuencia do xenoma humano e en abril de 2003, o Consorcio Internacional para a Secuenciación do xenoma Humano anunciaba que o 99% do xenoma estaba terminado

  3. faa-tamaraparracho di:

    O xenoma é todo o ADN dun organismo, incluídos os seus xenes, os cales levan a información para fabricar proteínas, que marcan entre outras cousas o noso aspecto, como metabolizamos a comida ou como nos comportamos.
    O Proxecto Xenoma Humano foi unha investigación internacional que tivo como obxectivo fundamental determinar a secuencia de pares de bases químicas que compoñen o ADN e identificar e cartografiar os aproximadamente 20.000-25.000 xenes do xenoma humano dende un punto de vista físico e funcional.
    O proxecto comenzou de forma oficial en 1990, estando dotado con 3000 millóns de dólares e contando coa participación de casi 3.000 investigadores de 16 institutos científicos, repartidos por seis países en varios continentes. Coa tecnoloxía da que se dispoñía entón, preveuse que se tardaría 15 anos en conseguir o obxectivo.
    Tras dez anos de investigación, o 6 de abril de 2000 anunciouse publicamente a terminación do primeiro borrador do xenoma humano. Tres anos despois , en abril de 2003, o consorcio internacional, formado por científicos de seis países, descifrou a secuencia completa do xenoma humano. Por último, en maio de 2006 alcanzouse outro fito na culminación do proxecto ao publicarse na revista Natura a secuencia do último cromosoma humano.

  4. fab-miguelpineiro di:

    O xenoma e o ADN dun organismo, o proxecto de duscubrimento do xenoma humano empezou en 1990, esta investigacion estaba financiada por 3000 millóns de dolares, e estaba previsot que a investigacion durase sobre un 15 anos.
    Gracias aos avances tecnolóxicos , despois de 10 anos, no 2000, deuse a coñecer o primeiro borrador do xenoma humano.
    Tres anos despois, en 2003, deuse descifrada a secuencia completa do xenoma humano.

  5. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO QUE SE PECHARÁ EN 10 DÍAS

  6. fab-antonchaves di:

    O Proxecto Xenoma Humano foi fundado en 1990 no Departamento de Energía e os Institutos Nacionais da Saúde dos Estados Unidos, baixo a direción do doctor Francis Collins, quen lideraba o grupo de investigación público , conformado por múltiples científicos de diferentes países, cun plazo de realización de 15 anos. Debido á amplia colaboración internacional, ós avances no campo da xenómica, así como os avances na tecnoloxía computacional, un borrador inicial do xenoma foi terminado no ano 2000, finalmente o xenoma completo foi presentado en abril do 2003, dous anos antes do esperado.

  7. fab-raquelpan di:

    O Proxecto Xenoma Humano foi un proxecto de investigación científica co obxectivo fundamental de :Determinar as secuencias de paredes de bases químicas que compoñen o ADN e identifican e cartografían unha cantidade aproximada de xenes humanos dende un punto de vista físico e fundamental.Fundouse en 1990 no Depto.de enerxía e Instituto Nacional da Saude dos E.U,baixo a dirección de James D.Watson.

  8. faa-ariadnavazquez di:

    O Proxecto Xenoma Humano (PGH ) foi unha das grandes fazañas da exploración da historia – unha viaxe cara ao interior dos descubrimentos en lugar dunha exploración cara ao exterior do planeta ; un esforzo de investigación internacional para secuenciar e determinar todos os xenes – coñecidos en conxunto como o xenoma – dos membros da nosa especie, o Homo sapiens.
    O proxecto era proposto e financiado polo goberno de EUA; a planificación empezaba en 1984, o proxecto poñíase en curso en 1990. Rematado en abril de 2003, o PGH deunos a posibilidade, por primeira vez, de ler un mapa xenético completo da natureza para a construción dun ser humano.

  9. fab-nereaporta di:

    O Proxecto Xenoma Humano empezou no 1990, e é o primeiro grande esforzo coordinado internacionalmente na historia da bioloxía. Proponse detemina-la secuencia completa do xenoma humano, localizando con exactitude (cartografía) os ata hai pouco considerados 25.000 xenes aproximadamente e o resto do material hereditario da nosa especie, responsables das instrucións xenéticas do que somos dende o punto de vista biolóxico.

  10. faa-martinbaulde di:

    O Proxecto Xenoma Humano é unha investigación internacional que busca seleccionar un modelo de organismo humano por medio do mapeo da secuencia do seu ADN. Iniciouse oficialmente en 1990 como un programa de quince anos se pretendía co que rexistrar os 80.000 xenes que codifican a información necesaria para construír e manter a vida.

    O xenoma humano É o número total de cromosomas do corpo, os cales conteñen aproximadamente 80.000 xenes que son os responsables da herdanza. Como a información contida nos xenes foi decodificada,permitirá á ciencia coñecer, mediante tests xenéticos, que enfermidades poderá sufrir unha persoa na súa vida. Dando tamén a posibilidade de tratar aquelas afeccións ata agora incurables.

    Noutras palabras, é o código que fai que sexamos como somos. Un xen é a unidade física, funcional e fundamental da herdanza.

  11. faa-iagopadin di:

    O Proxecto Xenoma Humano é unha investigación internacional que busca seleccionar un modelo de organismo humano por medio del mapeo da secuencia de ADN. Iniciouse en 1990 como un programa de quince anos co que se pretendía rexistrar os 80.000 xens que codifican a información necesaria para construir e manter a vida. O 26 de xuño do 2000 apareceu o primeiro borrador do proxecto, e o 14 de abril do 2003, dous anos antes do previsto, os científicos anunciaron que completaron a secuenciación de todo o ADN.
    Esta foi a primeira gran tarea, pero ahora trabállase na interpretación do xenoma humano, xa que se coñece a secuencia das letras que o compoñen e a ubicación dos xens, pero non se sabe qué “significa” o xenoma.
    A maior parte do xenoma está escrita nun idioma que os científicos todavía non comprenden. A decodificación dos xens e a comprensión do seu funcionamiento é a importante tarea que queda por realizar nos próximos anos. Os biólogos refírense ás catro moléculas básicas do ADN polas súas iniciais: A(adenina), T(timina), C(citosina) e G(guanina), as cales determinan cómo se constrúe a vida. A posterior interpretación de todo o ADN do home é o gran desafío da ciencia deste século, a biotecnoloxía.

  12. fab-lauraozores di:

    O Proxecto Xenoma Humano (PGH) foi un proxecto de investigación científica co obxectivo fundamental de determinar a secuencia de pares de bases químicas que compoñen o ADN e identificar e cartografar os aproximadamente 20.000-25.000 xenes do xenoma humano dende un punto de vista físico e funcional.
    O proxecto, dotado con 3000 millóns de dólares, foi fundado en 1990 no Departamento de Enerxía e os Institutos Nacionais da Saúde dos Estados Unidos, baixo a dirección do doutor Francis Collins, quen lideraba o grupo de investigación público, conformado por múltiples científicos de diferentes países, cun prazo de realización de 15 anos. Debido á ampla colaboración internacional, aos avances no campo da genómica, así como os avances na tecnoloxía computacional, un borrador inicial do xenoma foi rematado no ano 2000.

  13. faa-afeijoo di:

    O Proxecto Xenoma Humano (PGH) foi un proxecto de investigación científica co obxectivo fundamental de determinas a secuencia de pares de bases químicas que conpoñen o ADN e identificar e cartograficar os aproximadamente 20000-25000 xenes do xenoma humano dende un punto de vista físico e funcional.
    O proxecto foi dotado con 3000 millóns de dólares, foi fundado en 1990 no Departamento de Enerxía e os Institutos Nacionales da Saúde dos Estados Unidos. Francis Collins, foi o que dirixeu ao grupo de investigación pública , formado por múltiples científicos de diferentes países, cun plazo de realización de 15 anos. Un primeiro borrador do xenoma foi terminado no 2000, pero finalmente o xenoma completo foi presentado en abril do 2003, dous anos antes do previsto.

  14. fab-mariblanco di:

    O Proxecto Xenoma Humano, que comezou en 1990, tivo como obxectivo descifrar o código xenético contido nos 23 pares de cromosomas, na súa totalidade. En 2005 foi pechado neste estudo chegando a secuenciarse aproximadamente 28 mil xenes.

  15. faa-albarodriguez di:

    O xenoma humano é o número total de cromosomas do corpo, os cales conteñen aproximadamente 80.000 xenes que son responsables da herencia.
    O Proxecto Xenoma Humano é a investigación internacional que busca seleccionar un modelo de organismos humanos por medio do mapa da secuencia do seu ADN. Iniciouse oficialmente en 1990 como un programa de quince anos co que se pretendía rexistrar os 80.000 xenes que codifican a información necesaria para construír e manter a vida. Os avances tecnolóxicos aceleraron os tempos terminando a investigación completa no 2003.

  16. faa-miguelotero di:

    O proxecto xenoma humano fundouse no 1990 no Departamento de Enerxía dos EEUU, este proyecto foi dirixido polo doctor Francis Collins ao que se lle propuxo un plazo de 15 anos, a un custo duns 3000 millóns de dólares. Ao final acabouse antes de tempo, grazas á gran colaboración internacional e aos campos da xenómica.
    O primeiro borrador do xenoma derteminouse no 2000 ( anunciado por Bill Clinton o 26 de Xunio), e finalmente o xenoma completo foi presentado en 2003, con dous anos de adianto do esperado.

  17. faa-albaaller di:

    Denomínase xenoma humano ao conxunto dos cromosomas do noso corpo. Estes conteñen uns 80.000 xenes que son os responsables dos nosos caracteres.
    O Proxecto Xenoma Humano encárgase da investigación internacional que busca un modelo de organismos humanos a partires do seu ADN. Este programa comezou en 1990, con el pretendíase rexistrar os 80.000 xenes que codifican a información necesaria para a vida. Tiñase unha duración prevista de 15 anos. A investigación terminou en 2003 por mor dos avances tecnolóxicos.

  18. faa-danielbaulo di:

    O proxecto de secuenciación do xenoma humano foi o maior proxecto de investigación biomédica da historia. Cun presuposto de 3 mil millóns de dólares, tiña como obxetivo último a consecución da secuencia completa do xenoma humano, o texto lineal formado pola secuencia das catro bases químicas do ADN que conten as instruccións para construir un ser humano. Iniciado no 1990 e finalizado no 2003. Outros obxetivos eran a secuenciación de xenomas doutros organismos modelos sobre os que se tiña un amplio coñecemento previo, e considerar as implicacións éticas, legais e sociais que suscitarían os resultados. Oito anos despois unha empresa privada lanzou o reto de conseguir a secuencia humana antes do previsto. Propuxo unha estratexia de secuenciación alternativa á secuenciación xerárquica, a secuenciación aleatoria, coa que se consegiu secuenciar o primeiro xenoma celular en 1995. Anos despois, en 2004, publicouse a versión final o completa do xenoma humano. O proxecto concluíu cun éxito rotundo. Comezaba unha nova era de investigación basada na xenómica que afectaría á bioloxía, á saude e á sociedade.