Un gran estudo fronte o VIH

A Organización Nacional de Transplantes (ONT) e a Sociedade Española de Hematoloxía e Hemoterapia (SEHH), puxo en marcha un proxecto para a posible eliminación do VIH en persoas infectadas que teñan un cáncer hematolóxico, nas que estean obrigadas a recibir un transplante.

A orixe da idea está nun home de Barcelona de 37 anos que recibiu experimentalmente este tratamento. Algunhas fontes din que o paciente ta  un linfoma agresivo, ademais do VIH”. Tras o transplante analizouse semanalmente a presenza do virus no organismo durante os tres meses que sobreviviu ao linfoma. E na última das probas o virus xa non era existente, xa que se puido observar ex vivo (en células do paciente) que estaban protexidas ante o VIH, porque non estaban infectadas cando se expoñían ao patóxeno. Por desgraza o paciente non sobreviviu e non se puido continuar investigando.

Rafael Matesanz, director de la ONT, di que a posible solución sería en buscar nos bancos de cordón umbilical, na que as mostras sexan da maior calidade e que ademais posúan unha mutación no receptor CCR5. Esta proteína é unha das fechaduras dos linfocitos que abre o VIH para infectalos, explica un científico dun centro especializado no tratamento do VIH.


O proxecto parte da idea de aproveitar os bancos de sangue do cordón umbilical de España. O país almacenará 60.000 unidades, das que se seleccionarán 22.800 das mellores, ás que teñan maior número de células e se buscará cales teñen a mutación nas dúas copias do ADN (a paterna e a materna). Calcúlase que esta variación dáse nun 1% dos europeos, polo que se encontrarón 250 unidades axeitadas. Estas reservaranse para os casos de comorbilidade (infección por VIH máis cancro hematolóxico agudo). Este método non se poderá utilizar na poboación xeral con VIH. O tratamento só sirve para algúns subtipos de VIH; os que usan o receptor CCR5. Probouse nalgúns tipos de VIH que conteñen outros receptores, pero non funcionou. E non só será para España senón que o estudio estará enfocado a disposición de calquera centro que teña pacientes que sufran estas condicións.

 

O descubrimento quere ir máis aló do número reducido das persoas que se poden beneficiar da cura do VIH. Tamén será unha oportunidade para estudar a fondo como actúa o CCR5, e ver se hai outros métodos menos agresivos de introducir esa mutación ou imitar os seus efectos para eliminar o virus do corpo dos infectados.

Autor: Miguel Otero Paz

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

30 Responses to Un gran estudo fronte o VIH

  1. Victor di:

    Que teñen de especial os cordóns umbilicais? Que é un banco de cordósn umbilicais?

    • faa-uxiacasais di:

      O cordón umbilical ten unha grande importancia debido a que contén sangue rica en células estaminais, ten a capacidade de xerar glóbulos roxos, brancos e plaquetas. Algo moi útil a hora de curar enfermidades e salvar vidas. A sangue do cordón umbilical tamén é unha das principais fontes de células nai, as que proporcionan moitas vantaxes: son moito máis fáciles de obter, ten maior potencial de multiplicación, maior compatibilidade, menos riscos e un menor risco de contaminación viral e enfermidades infecciosas.
      Para obter estes beneficios xa existen bancos de cordón umbilical. Que son centro onde almacenan sangue de cordóns umbilicais doados.

    • faa-rubeniglesias di:

      O cordón umbilical une un embrión en vías de desenvolvemento ca placenta. Contén arteroas e venas para o intercambio de nutrintes e sangue e por outra parte protexe a cría. No feto humano mide 56cm de lonxitud e de 1 a 2cm de diámetro. Cando se corta queda unha cicatriz (o embigo).
      Un banco de cordóns umbilicais é un centro especializado no almacenamento de células nais Hematopoyéticas, provintes do sangue do cordón umbilical. As células nai son extraídos tras un proceso de separación de outros compoñentes do sangue.

    • faa-ritalage di:

      O cordón umbilical é un conduto entre o embrión ou o feto en desenvolvemento e a placenta. Durante o desenvolvemento prenatal, o cordón umbilical é fisiolóxica e xeneticamente parte do feto e normalmente contén dúas arterias (as arterias umbilicais ) e unha vea ( a vea umbilical ).
      O cordón umbilical desenvólvese a partir e contén restos da alantoides e o saco vitelino . Fórmase pola quinta semana de desenvolvemento fetal. O cable non está conectado directamente ao sistema circulatorio da nai, pero no seu lugar únese á placenta, que transfire os materiais cara a e dende sangue da nai, sen permitir a mestura directa.

  2. faa-ariadnavazquez di:

    O cordón umbilical é un conduto entre o embrión ou o feto en desenvolvemento e a placenta. Durante o desenvolvemento prenatal, o cordón umbilical é fisiolóxica e xeneticamente parte do feto e normalmente contén dúas arterias (as arterias umbilicais ) e unha vea ( a vea umbilical ).
    O cordón umbilical desenvólvese a partir e contén restos da alantoides e o saco vitelino . Fórmase pola quinta semana de desenvolvemento fetal. O cable non está conectado directamente ao sistema circulatorio da nai, pero no seu lugar únese á placenta, que transfire os materiais cara a e dende sangue da nai, sen permitir a mestura directa.
    Ademáis, a sangue do cordón umbilical é unha fonte dispoñible de células nai que se poden utilizar para o transplante de medula destruída ao tratar leucemia.
    Un banco de cordón umbilical é unha instalación que garda sangue do cordón umbilical para uso futuro. Poden ser tanto privados coma públicos para tratar enfermidades do sangue e sistemas inmunes.

  3. faa-laurachaves di:

    O cordón umbilical é un conducto que une un embrión en vías de desenvolvemento ou un feto á súa placenta. Contén arterias principais e venas para o intercambio de substancias nutritivas e sangue rica en osíxeno entre o embrión e a placenta. Cando o feto nace, o cordón umbilical córtase e déixase sé unha pequeña cicatriz que se coñece como ombligo.
    Fai uns anos descubriuse que o sangue do cordón umbilical contén células nai, especializadas na renovación das células sanguíneas.
    Estas células nai do sangue do cordón umbilical poden ser beneficiosas si se transplantan a outros pacientes cuxa médula ósea esté enferma. O transplante a terceiro permite producir novas células sanguíneas sans, imprescindibles para a vida.

    Esta sangue almacénase nuns chamados bancos de sangue. Un banco de sangue é un centro especializado nas células nai que proveñen da sangue do cordón umbilical dos recén nacidos.

  4. faa-miriantrigo di:

    O cordón umbilical (CU) é unha estrutura tubular que fai de nexo entre o embrión en vías de desenvolvemento (ou feto) á pracenta. Como a pracenta está en contacto coa nai, dicimos que o cordón umbilical une á nai co bebé. Está formado por dúas arterias que saen do embrión á pracenta e unha vea que se orixina na pracenta e se dirixe ao embrión. Así, este cordón permite o fluxo sanguíneo entre o embrión e a nai.
    O cordón umbilical contén varios tipos de células nai, entre elas as células nai hematopoyéticas, capacitadas para formar varios tipos de células sanguíneas. Estas células do sangue do CU poden empregarse en transplantes, tanto con persoas emparentadas como non emparentadas, sendo máis alta a probilidade de rechazo coas persoas non emparentadas.
    Debido a esta importancia das células nai do sangue do CU, creáronse bancos de cordóns umbilicais especializados no almacenamento das células nai hematopoyéticas, debido á súa gran capacidade de curar enfermedades. Estas células só poden ser obtidas no momento do parto.

  5. faa-miguelotero di:

    Os cordóns umbilicais teñen de especial que conteñen células nai con unha maior capacidade proliferativa que ás células nai da medula ósea.
    Cando se fan transplantes, estas células ocasionan menores complicacións que ás células da medula ósea, debido a que o seu sistema inmune está pouco desenvolvido e provocan menor rechazo. Ademais solen estar libres de virus, bacterias e de células tumorais.
    Finalmente como estas unidades están almacenadas en bancos, a dispoñibilidade e máis rápida que os transplantes de medula, polo que o número de pacientes acceden a un transplante de cordón umbilical e cada vez maior.
    Un banco de cordón umbilical consiste no almacenamento das células nai, provenientes do sangue do cordón dos receen nacidos. Estas células utilizaranse nun futuro para ser transformadas en células sanguíneas especializadas capaces de curar hoxe en día enfermidades malignas e non malignas.

  6. faa-danielbaulo di:

    O cordón umbilical é un cordón que une o embrión á placenta. Contén arterias e veas para o intercambio de substancias nutritivas e sangue rico en oxíxeno. Estes vasos están rodeados da chamada xelatina de Wharton. No momento en que o feto nace, o cordón umbilical é cortado e déixase só unha pequena cicatriz, que constituirá o futuro embigo.No feto humano, o cordón umbilical é, polo xeral, duns 56 cm de lonxitude e de 1 a 2 cm de diámetro. Os cordóns umbilicais son de natureza helicoidal, con ata 380 hélices. En termo medio, o cordón umbilical ten de 10 a 11 hélices. A maioría dos cordóns xiran ou rotan cara á esquerda, por razóns que no se coñecen aínda. Máis do 5% dos cordóns son máis curtos de 35 cm, e arredor dun 5% son máis longos de 80 cm.

  7. faa-albarodriguez di:

    O cordón umbilical é un cordón que une a nai co bebé. Contén arterias principais e veas para o intercambio de sustancias nutritivas e sangue rica en osíxeno. Cando o bebé nace, o cordón umbilical cortase e queda unha pequena cicatriz.
    O cordón umbilical é tan importante por que contén células nais que serven para facer transplantes, cando fas un transplante de células nai de cordón umbilical dun familiar a taxa de supervivencia é moi superior as dun transplante dunha persoa no emparentada.
    Un banco de sangre de cordón umbilical é un centro especializado no almacenamento de células nai Hemanatopeyas, que proveñen da sangre do cordón umbilical dos receen nacidos. Estas células, son células maestras que teñen a capacidade de curar moitas enfermidades hematolóxicas malignas e non malignas, ademais de ter o potencial de diferenciarse hacia outros tejidos mediante unha propiedade chamada plasticidade célula.

  8. faa-carmenvilanova di:

    O cordón umbilical é nexo entre a placenta e o bebé. É unha estrutura tubular duns 50 cm. de lonxitude (promedio), que está formada por dúas arterias saen do feto e se dirixen á placenta e unha vea que se orixina na placenta e vai de regreso ao feto. Mediante o CU, a nai apórtalle osíxeno e nutrientes necesarios ao bebé.
    A gran importancia do cordón umbilical dos recén nacidos débese a que contén células nai que poderían axudar a tratar futuras enfermidades relacionadas coa sangue.

    Un banco de sangue de cordón umbilical é un centro dedicado ao almacenamento das células nai que proveñen do cordón umbilical. Estas células teñen a capacidade de convertirse en células sanguíneas especializadas, e polo tanto, capaces de curar hoxe en día moitas enfermidades hematolóxcas. Posúen tamén, unha propiedade chamada plasticidade celular, o que lles permite diferenciarse doutros tecidos.

  9. fab-sabelafernandez di:

    O cordón umbilical é propio dos mamíferos placentarios, tratándose dun cordón que une un embrión en vías de desenvolvemento ou feto á súa pracenta. Contén arterias principais e veas (as arterias umbilicais e vea umbilical) para o intercambio de substancias nutritivas e sangue rica en osíxeno, entre o embrión e a pracenta. Cando o feto nace, o cordón umbilical córtase e déixase soamente unha pequena cicatriz, que dá lugar ó embigo.
    O feto non “respira” e nunca ten fame dentro do ventre materno. Inda que o vexamos con “movementos respiratorios” e tragando dentro do ventre materno, el solo está exercitando certas funcións moi importantes, pero sen valor nuticional. Todo o que precisa o bebé provén da nai en forma de osíxeno e nutrintes que se atopan na sangue materna e que filtrados pola pracenta son derivados cara o bebé mediante o cordón umbilical. O bebé depende do cordón para vivir e desenvolverse ata estar listo para nacer.

    Un banco de cordóns umbilicais é un centro especializado no almacenamento das células nai hematopoyéticas, provintes da sangue do cordón umbilical dos recén nacidos. As células nai hematopoyéticas, son células nai que teñen a capacidade de convertirse en células sanguíneas especializadas, polo que teñen a capacidade hoxe en día de curar moitas enfermidades, ademais de ter o potencial de diferenciarse cara outros texidos mediante a propiedade chamada plasticidade celular.

  10. faa-ileniamartinez di:

    O cordón umbilical sirve para alimentar ao bebé no ventre materno. Este cordón, que une o feto a placenta, contén tres vasos sanguíneos: unha vena e duas arterias. A vena recupera, ao nivel da placenta, o alimento e o oxíxeno que provén do sangue materno para aportarllos o feto. Ambas arterias eliminan os resíduos. Recentemente descubriuse que este posee células nai.
    Os bancos de cordón umbilical son o lugar no que se almacenan as células nai do sangue do cordón umbilical, crioxenizadas, esperando o momento no que teñan que ser utilizadas. Poden ser de dous tipos: públicos e privados. Nos bancos de cordón umbilical públicos, as células nai son donadas e, por lo tanto, están a disposición de aquelas persoas que as necesiten. Nos bancos de cordón umbilical privados, polo contrario, as mostras de células nai son privadas e sólo poden ser usadas polo propietario ou a aquel que él autorice.

  11. fab-lauraozores di:

    O cordón umbilical é un cordón que une ben o embrión en vías de desenvolvemento ou ben o feto á súa placenta. Contén arterias principais e veas (arterias umbilicais e vea umbilical) para o intercambio de substancias nutritivas e sangue rico en oxíxeno, entre o embrión e a placenta. Estes vasos están arrodeados da chamada xelatina de Wharton. No momento en que o feto nace, o cordón umbilical é cortado e déixase só unha pequena cicatriz, que constituirá o futuro embigo.
    Un Banco de sangue de cordón umbilical é un centro especializado no almacenamento das células nai Hematopoyéticas, provenientes do sangue do cordón umbilical dos recén nacidos. As células nai hematopoiéticas, son células mestras que teñen a capacidade de converterse en células sanguíneas especializadas, polo que teñen a capacidade hoxe en día de curar moitas enfermidades hematolóxicas malignas e non malignas.
    As células nai son extraidas despois de todo un proceso de separación dos demais compoñentes do sangue, mediante un proceso de centrifugación para posteriormente ser pasadas a unhas bolsas especializadas onde se lles agrega un protector celular, o cal se encarga de protexer en todo momento a membrana das células nai para que estas poidan ser diminuídas a baixas temperaturas.
    Estas células extraídas poden ser moi beneficiosas para o tratamento de diferentes enfermidades tales como tumores, sobre todo linfomas e leucemias, en terapias de infarto de miocardio, e xunto con tratamentos que necesiten transplantes de medula ósea, entre outras enfermidades e trastornos

  12. faa-martinbaulde di:

    O cordón umbilical é un cordón que une un embrión en vías de desenvolvemento ou feto a suplacenta. Contén arterias principais e veas (as arterias umbilicais e vea umbilical) para o intercambio de substancias nutritivas e sangue rico en osíxeno, entre o embrión e a placenta. o cordón umbilical é polo xeral, duns 56 cm de lonxitude e de 1 a 2 cm de diámetro. Tamén transporta anticorpos que protexen o bebé das infeccións máis frecuentes durante os tres primeiros meses de vida. Iso si, os únicos anticorpos que poden ser transmitidos son aqueles que xa posúe a nai.

    Un Banco de sangue de cordón umbilical é un centro especializado no almacenamento das células nai Hematopoyéticas, provenientes do sangue do cordón umbilical dos recen nacidos. As células nai hematopoéticas, son células mestras que teñen a capacidade de converterse en células sanguíneas especializadas, polo que teñen a capacidade hoxe en día de curar moitas enfermidades hematolóxicas malignas e non malignas tales como tumores, sobre todo linfomas e leucemias, en terapias de infarto de miocardio… As células nai son extraídas despois de todo un proceso de separación dos demais compoñentes do sangue.

  13. faa-marinabusto di:

    O cordón umbilical é un órgano longo, con estrutura tubular e flexible duns 50 cm de lonxitude media. Está formada por dúas arterias que saen do bebé e se dirixen á placenta. E unha vea que se orixina na placenta e se dirixe de regreso ao bebé.
    Ao nacer, este cordón córtase e só deixa unha pequena cicatriz, que é o embigo.
    A principal función que cumpre o cordón umbilical é a de proporcionar ao bebé por medio da nai, osíxeno e nutrientes que se encontran no sangue materno que son filtrados pola placenta e dirixidos cara ao bebé mediante o cordón umbilical. A súa importancia é que o cordón posúe sangue rico en células nai, que teñen a capacidade de xerar glóbulos vermellos, brancos e plaquetas. Algo totalmente útil ao momento de curar enfermidades e salvar vidas.
    As células nai do cordón umbilical son moito máis doadas de obter e teñen maior potencial de multiplicación.
    E para que se poidan obter todos estes beneficios xa existen bancos de cordóns umbilicais, que son centros que almacenan sangue de cordóns umbilicais doados. Extráense as células nai do sangue e conxélanse para almacenalas.

  14. fab-antonchaves di:

    A importancia do cordón umbilical é que o cordón posee sangre rica en células estaminais, ten a capacidade de xerar glóbulos vermellos, brancos e plaquetas. Algo totalmente útil ó momento de curar enfermidades e salvar vidas.
    Un banco de sangre de cordón umbilical é un centro especializado no almacenamento das células madre hematopoyéticas, que proveñen da sangre do cordón umbilical dos recén nacidos. As células madre hematopoyéticas, son células maestras que teñen a capacidad de convertirse en células sanguíneas especializadas, por lo que tienen la capacidade hoxe en día de curar moitas enfermidades hematolóxicas malignas e non malignas, ademais de ter o potencial de diferenciarse hacia outros texidos mediante unha propiedade chamada plasticidade celular.

  15. Victor di:

    O VIH é un retrovirus; que significa isto?

    • fab-antonchaves di:

      Un retrovirus é un virus de ARN que se replica nunha célula hóspede facendo unha copia en ADN do seu xenoma. Os máis típicos pertencen á familia Retroviridae. Entre eles está o VIH causante da SIDA. O virus usa primeiramente o seu encima característico, a reversotranscritase para producir ADN a partir do seu xenoma de ARN, o que é o inverso do procedemento normal. Este novo ADN de orixe viral é despois incorporado ao xenoma da célula hóspede pola acción dun encima integrase. A célula despois trata ao ADN proviral incorporado como parte do seu propio xenoma, e segue as súas instrucións fielmente, fabricando as proteínas víricas codificadas nos xenes virais necesarias para a ensamblaxe e formación de novas copias do virus. Os retrovirus son virus con envoltura membranosa, que toman da célula infectada.

    • faa-ritalage di:

      Os retrovirus son microorganismos que conteñen unha única cadea de ARN. O seu ciclo baséase na conversión do seu ARN xenómico en doble cadea de ADN e na integración deste último nos cromosomas da célula hóspede no que se denomina provirus endóxeno. De forma ocasional, algunhas secuencias celulares son recombinadas co provirus á súa vez que estas recombinacións poden transferirse a outra poboación celular infectada, o que pode ter importantes consecuencias nas funcións celulares.
      No estudo dos retrovirus, unha peza fundamental foi o descubrimento do primeiro retrovirus infeccioso humano, o HTLV-1 e o tratado VIH.

  16. faa-nereaeiras di:

    A característica principal que caracteriza aos retrovirus e que o seu material xenético está composto por ARN e non por ADN, como o resto dos virus.
    Para infectar unha célula os retrovirus traducen o seu ARN en ADN para insertalo no ADN da célula que vai infectar. Para conseguilo, utiliza a transcriptasa inversa, que é a encima encargada de realizar esta tarea.

  17. faa-miguelotero di:

    O VIH está incluído na familia dos retrovirus. Este tipo de virus caracterízase principalmente en que o seu xenoma (material xenético) está constituído por ARN en lugar de ADN, ao contrario dos demais virus.
    Cando un retrovirus infecta unha célula, este traduce o seu ARN en ADN, este o inserta no interior do ADN da célula que será infectada. Para conseguilo usan un encima chamado, transcriptasa inversa.
    Normalmente, nas células, a información xenética vai no ADN aos cromosomas e as proteínas, vía ARN mensaxeiro. Pero nos retrovirus este proceso prodúcese do ARN ao ADN, por acción da transcriptasa inversa. De ahí a orixe do seu nome.

  18. faa-laurachaves di:

    Os retrovirus son pequenos microorganismos que conteñen unha única cadea de ARN. O seu ciclo vital baséase na conversión do seu ARN xenómico en doble cadea de ADN e posteriormente na integración deste último nos cromosomas da célula hóspede no que se denomina provirus endóxeno. De forma ocasional, algunhas secuencias celulares son recombinadas co provirus á súa vez que estas recombinacións poden transferirse a outra poboación celular infectada, o que pode ter importantes consecuencias nas funcións celulares.
    No estudo dos retrovirus, unha peza fundamental foi o descubrimento do primeiro retrovirus infeccioso humano, o HTLV-1 e o tratado VIH.

  19. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO QUE SE PECHARÁ EN 10 DÍAS

    Que significa que unha persoa estea inmunizada contra o VIH?

  20. faa-tamaraparracho di:

    Cando as persoas son infectadas polo o VIH, soen acabar desenvolvendo SIDA, a menos que sigan unha medicación rigorosa. Porén, un pequeno número de persoas expostas ao virus desenvolven moi lentamente o SIDA e algunhas nunca chegan a desenvolvelo.

    A finais da década de 1990, comprobouse que un tanto por cento moi alto desas persoas inmunes de modo natural ao VIH (as cales constitúen preto de unha entre cada 200 persoas infectadas) portan un xene chamado HLA B57, que conta coa capacidade de conferir inmunidade. Este xene provoca que o corpo produza células T (glóbulos brancos que axudan a defender el corpo de invasores infecciosos) máis potentes.
    Os pacientes co xene HLA B57 teñen una maior cantidade de células T que se adhiren fortemente a máis estruturas da proteína do VIH. Este efecto contribúe a controlar mellor la infección do VIH, mais tamén fai que esas persoas sexan máis susceptibles a enfermidades autoinmunes, nas cales as células T atacan ás propias células do corpo.

  21. fab-antonchaves di:

    Según os investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e a Universidade de Harvard, esta inmunidad natural, que ocorre nun número pequeno de individuos, débese a un xen que impulsa a produción de máis glóbulos brancos necesarios para defender ó organismo.
    O hallazgo abre novas esperanzas de poder desenvolver unha vacuna efectiva contra a enfermidade.
    Cando unha persoa inféctase co VIH a menudo é só cuestión de tempo para que desenvolva o SIDA. Sen embargo, os científicos saben dende hai tempo que certas persoas expostas ó virus, un de cada 200 individuos contaxiados, tardan moito ou nunca desenvolven a enfermidade.
    En 1990, un grupo de investigadores descubriu que un alto porcentaxe de estas persoas teñen un xen chamado HLA B57.
    Agora na nova investigación os científicos descubriron que este xen ten a capacidade de brindar inmunidade porque provoca que o organismo produza un maior número das potentes células T, un tipo de glóbulo branco que defende o organismo dos patóxenos invasores.
    As células T adhírense máis firmemente a proporcións da proteína do VIH e isto axuda ó organismo a manter baixo control ó virus.

  22. faa-ileniamartinez di:

    O VIH-1 dana ao sistema inmune humano, impedindo que a maquinaria molecular se reproduzca, destruindo así as células propias e deixando a persona infectada más vulnerable frente a outras enfermidades. A infección produce un deterioro progresivo do sistema inmune, provocando o chamado ‘síndrome de inmunodeficiencia adquirida’ (sida).
    . Sen embargo, os científicos saben desde fai tiempo que certas persoas expostas ao virus -uno de cada 200 individuos contaxiados- tardan moito ou nunca desarroian a enfermidade
    En 1990, un grupo de investigadores descubriu que un alto porcentaxe destas persoas ten un xen chamado HLA B57.
    Este xen ten a capacidade de brindar inmunidade porque provoca que o organismo produzca un maior número das potentes células T, un tipo de glóbulo branco que defende ao organismo dos patóxenos invasores.
    As células T adhirense máis firmemente a porcions dq proteína do VIH e esto axuda ao organismo a mantener baixo control ao virus.

  23. fab-miguelpineiro di:

    Según os investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e a Universidade de Harvard, esta inmunidade natural,ocorre nun número pequeno de individuos, débese a un xen que impulsa a produción de máis glóbulos brancos dos necesarios para defender ó organismo.
    A finais da década dos 90, comprobouse que un tanto por cento moi alto desas persoas inmunes de modo natural ao VIH,portan un xene chamado HLA B57, que conta coa capacidade de conferir inmunidade. Este xene provoca que o corpo produza células T (glóbulos brancos que axudan a defender o corpo) máis potentes.
    As células T adhírense máis firmemente a proporcións da proteína do VIH e isto axuda ó organismo a manter o virus baixo control.

  24. faa-iagopadin di:

    Se unha persoa se infecta do VIH, normalmente é só cuestión de tempo que desenvolva sida, a non ser que se evite con fármacos. Nembargantes, existe un pequeno grupo de xente que desenrola con moita lentitude a enfermidade ou incluso non chegan nin a facelo.
    A finais dos 90, os investigadores demostraron que un alto porcentaxe de tales persoas, que representaban a un de cada 200 individuos, eran portadores dun xen denominado HLA B57. Agora os investigadores descubriron que o xen fai que o organismo fabrique máis linfocitos T máis potentes e letales.
    Isto contribúe a que estos individuos teñan un mellor control da infección por VIH e doutros virus que se desenrolan rápidamente, pero también presenta un lado negativo, fai que sean pacentes máis susceptibles a sufrir enfermidades autoinmunes, nas que os linfocitos T atacan ás células d propio organismo.

  25. faa-iagopadin di:

    A principal característica dos retrovirus e polo tanto do VIH é que o seu material xenético esta composto por ARN en lugar de ADN ao contrario que o resto de virus Para infectar unha célula, os retrovirus deben converter o seu ARN en ADN e insertalo dentro do ADN propio da célula que se vai infectar. Para conseguilo usan unha enzima específica, a transcriptasa inversa.Normalmente, nas células, a información xenética vai do ADN dos cromosomas ás proteínas, a través do ARN. Nos retrovirus prodúcese a transcripción retrógrada, do ARN ao ADN, por acción da transcriptasa inversa. De ahí a orixe do nome retrovirus. Entre os retrovirus coñécense tres xéneros: oncovirus, lentivirus e espumavirus. Algúns oncovirus son reponsables directos de algúns procesos tumorais e leucemias. Os retrovirus poden ser modificados xenéticamente e usados en terapia xénica como vectores.