Loitando contra o esquecemento

O alzhéimer é unha enfermidade neurolóxica progresiva, descrita por vez primeira en 1907 polo médico alemán Alois Alzheimer (de quen tomou o seu nome), que se caracteriza pola dexeneración das células nerviosas do cerebro e unha diminución da masa cerebral, o que provoca  deterioro e perda de memoria, así como outras capacidades mentais.

As causas que provocan esta enfermidade non foron descubertas polo momento, mais estanse a barallar varias hipóteses, entre as que se encontra, ademais dos factores xenéticos, a acumulación anómala da proteína beta-amiloide (tamén chamada amiloide Aβ) no cerebro formando as chamadas placas senís. Estas placas, que se encontran nas estruturas intracerebrais involucradas na memoria e no control emocional, son as que provocan a dexeneración neuronal, posto que distorsionan progresivamente os somas, axóns e dendritas das neuronas.

Dende o descubrimento desta hipótese, estívose a investigar a maneira de acceder a estas placas e intentar un fármaco capaz de atacalas, mais non foi posible por mor da eficiencia da barreira hematoencefálica, unha capa que protexe o cerebro e que só deixa pasar os nutrientes que o cerebro precisa para funcionar.

Recentemente, foron publicados na revista Science Translational Medice, os resultados dun estudo da empresa estadounidense Genentech que describen un novo tratamento capaz atravesar esa barreira e incluso de reducir a concentración da proteína beta-amiloide que se acumula no celebro.

Placas senís vistas na cortiza cerebral dun paciente con alzhéimer

O tratamento, testado en monos, está baseado en anticorpos modificados que enganan ao cerebro aparentando ser un nutriente para que lles permita cruzar a barreira. Unha vez que conseguen atravesala,  bloquean a produción de beta-amiloide, conseguindo reducir un 50% a concentración da proteína no fluído cerebroespiñal e un 20% no cerebro.

Agora,  deberase comprobar se este tratamento tamén funciona en humanos, e de ser así estariamos ante unha vía de tratamento contra a posible substancia que causa a enfermidade. Mais os expertos recordan que a batalla contra o alzhéimer só se poderá gañar adiantándose á enfermidade, é dicir, diagnosticando a doenza de forma precoz e desenvolvendo tratamentos preventivos que impidan a súa chegada, algo moi difícil, posto que a proteína comézase a acumular anos antes de que aparezan os primeiros síntomas de alzhéimer.

Neste campo de investigación estiveron a traballar conxuntamente expertos do Centro xaponés de Xeriátricos e un equipo de científicos da empresa Shimadzu, os cales acaban de confirmar a eficacia dun novo método de análise capaz de detectar a enfermidade do alzhéimer nas súas primeiras etapas, que consiste na utilización de certas tecnoloxías para detectar acumulación da proteína beta-almiloide no sangue. O uso práctico deste test permitiría detectar o alzhéimer durante un control médico rutinario antes de que a enfermidade se desenvolva e sen ter que recorrer ás dolorosas probas actuais como a PET ou a extracción de líquido cefaloraquídeo.

Autora: Tamara Parracho Martínez

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

41 Responses to Loitando contra o esquecemento

  1. Victor di:

    Por que fases pasa un fármaco desde a súa investigación ata a súa aplicación en humanos?

    • faa-carmenvilanova di:

      Cada medicamento ou fármaco se desenvolve por medio de catro fases de investigación que podemos sintetizar do seguinte xeito:

      -Fase I: comprende as primeiras probas ou ensaios que se lle realizan ao fármaco. Estes estudos proporcionan información preliminar sobre o efecto e a seguridad do produto en suxeitos sanos ou rara vez en pacientes. Identifícanse os elementos de seguridade, tolerancia e dosificación;

      -Fase II: ten como obxectivo primordial probar os efectos do medicamento nas persoas que padecen a enfermidade (mídense efectos colaterais, eficacia, riscos potenciais, etc.) e encontrar a mellor forma de administración (inxeccións, tabletas, etc);

      -Fase III: son ensaios destinados a evaluar a eficacia e seguridade do tratamento. O medicamento é probado en grupos de control máis amplos (ata apróx. 700 persoas) que representan á población en xeral á que irá destinado o fármaco;

      -Fase IV: son ensaios clínicos que se realizan co medicamento despois da súa comercialización, é dicir, despois de lanzalos ao mercado e que teñen lugar unha vez que o medicamento é aprobado polas autoridades competentes.

  2. faa-ariadnavazquez di:

    Fase I
    Os ensaios en fase I representan a primeira vez que se estuda un fármaco novo en investigación en seres humanos. O propósito consiste en avaliar a seguridade, a tolerabilidade e o intervalo posolóxico seguro do medicamento.
    Fase II
    A finalidade dos ensaios en fase II é determinar a eficacia e a seguridade do medicamento novo en investigación nun grupo máis amplo de pacientes voluntarios, normalmente entre 100 e 300 persoas.
    Fase III
    A finalidade dos ensaios en fase III é confirmar a eficacia do medicamento novo en investigación e comparala con placebo ou tratamentos xa comercializados. Con este propósito estúdase a centos ou miles de pacientes voluntarios.
    Fase IV
    Os ensaios en fase IV lévanse a cabo unha vez que se comercializa un fármaco aprobado. Un obxectivo é vixiar a seguridade e a eficacia do fármaco cando se utiliza nun contexto médico normal nunha poboación de pacientes que podería ascender a varios millóns.

  3. faa-laurachaves di:

    Un fármaco é unha molécula bioactiva que pode interactuar con macromoléculas proteicas dando lugar a unha acción e un efecto evidenciable.
    Tras o longo proceso de descubrimento dun fármaco aínda queda moito para que o proceso de desenvolvemento dun fármaco esté completo. O desenvolvemento dun fármaco engloba a súa seguridade, eficacia, formulación e fabricación. Normalmente, os estudos de seguridade comenzan con experimentos denominados estudos preclínicos.

    FASE I: Consiste en evaluar a seguridade, a tolerabilidade e o intervalo posolófico seguro do medicamento. Oscila entre 20 e 50 voluntarios, normalmente sans que non padecen aenfermidade,aínda que ás veces acéptase a intervención de pacientes voluntarios nos que fracasaran outros tratamentos ou que conten con poucas opcións terapéuticas.

    FASE II: Determinar a eficacia e a seguridade do medicamento novo en investigación nun grupo máis amplo de pacentes voluntarios.

    FASE III: Confirmar a eficacia do medicamento novo en investigación e comparala con placebo ou tratamentos xa comercializados. Son os máis costosos e os que requiren máis tempo, de modo que duran un par de anos ou máis para determinar a seguridade a longo prazo.

    Unha vez que se finaliza con éxito a fase III a empresa promotora presenta unha solicitude de fármaco ou producto biolóxico novo ás autoridades sanitarias.

    FASE IV: Lévase a cabo cando se comercializa o fármaco aprobado, e ten como obxectivo vixilar a seguridade e eficacia do fármaco cando se utiliza nun contexto médico normal nunha poboación de pacientes.

  4. fab-tatianameis di:

    A investigación dun fármaco engloba varios pasos: seguridade, eficacia, formulación e fabricación.

    O principio efectúanse experimentos preclínicos, é dicir, próbanse en células e animais. Nesta fase investígase como actúa o organismo có fármaco, pasando dende cómo absorve e transporta o fármaco ata cómo actúa sobre o individuo.
    Cando estes estudos indican que o fármaco é seguro, e despois de ter a aprobación da EMEA (Agencia Europea de Medicamentos),pódese comezar a investigar con humanos(esaios clínicos).
    Os ensaios clínicos dividense en tres fases:
    -A fase 1, onde evalúan a seguridade e a tolerancia
    -A fase 2, onde miden a eficacia do medicamento
    -A fase 3, onde miden a eficacia a largo plazo
    Cando o fármaco pasa todos estes pasos pódese comercializar e aplicar en humanos.

  5. faa-tamaraparracho di:

    O desenvolvemento dun fármaco é un proceso complexo cuxa duración pode oscilar entre os 10-15 anos. O proceso para desenvolver un medicamento pode dividirse en 6 etapas e cada unha delas debe ser completada con éxito para que o fármaco poda pasar á seguinte.
    – Fase 1: Tamén chamada fase de descubrimento, consta de dúas actividades principais. A primeira consiste en identificar un compoñente no corpo humano (denominado diana e que soen proteínas ou encimas)que poida ser manipulado para ter un efecto positivo no curso dunha enfermidade. A segunda actividade consiste en identificar a maneira de manipular correctamente a diana.
    – Fase 2: Tamén chamada de desenvolvemento preclínico, esta etapa inclúe todas as probas necesarias para confirmar que o novo medicamento resultará seguro cando se probe en humanos (durante esta fase os fármacos téstanse en animais).
    – Fase 3: Os ensaios clínicos desta etapa deséñanse para avaliar se o novo medicamento é seguro para o seu uso en humanos. Para isto, adminístraselle o medicamento a entre 20 e 100 voluntarios sans.
    – Fase 4: Unha vez demostrado que o composto é seguro, deberá comprobarse a súa eficacia en pacientes que presenten a enfermidade para a que se desenvolveu o medicamento. Os ensaios clínicos desta etapa soen realizarse en 50-250 pacientes.
    – Fase 5: O obxectivo desta fase é probar que o composto é eficaz e seguro nos pacientes e demostrar que o novo composto é mellor que o fármaco dispoñible ata o momento para tratar esa enfermidade. Os ensaios clínicos desta fase realízanse en ao redor de 500 pacientes.
    – Fase 6: Unha vez que se obtiveron e se documentaron os resultados correspondes nas fases 1 a 5, deberán ser revisados e aprobados polas Autoridades Sanitarias antes de que o novo medicamento poida pasar a disposición dos pacientes.

  6. faa-sarafalcon di:

    Fase I: Constitúe o primeiro paso na investigación dunha substancia ou medicamento novo no home. Son estudos de farmacocinética e farmacodinamia que proporcionan información preliminar sobre o efecto e a seguridade do produto en suxeitos sans ou nalgúns casos en pacientes (sería o caso dos ensaios clínicos en pediatría), e orientarán a pauta de administración máis apropiada para ensaios posteriores.

    Fase II. Representa o segundo estadio na avaliación dunha nova substancia ou medicamento no ser humano. Realízase en pacientes que padecen a enfermidade ou entidade clínica de interese. Ten como obxectivo: proporcionar información preliminar sobre a eficacia do produto, establecer a relación dose-resposta deste, coñecer as variables empregadas para medir eficacia e ampliar os datos de seguridade obtidos na fase I. Polo xeral, estes ensaios clínicos serán controlados e con asignación aleatoria dos tratamentos.

    Fase III: Son ensaios destinados a avaliar a eficacia e seguridade do tratamento experimental intentando reproducir as condicións de uso habituais e considerando as alternativas terapéuticas dispoñibles na indicación estudada. Realízase cunha mostra de pacientes máis ampla que na fase anterior e representativa da poboación xeral á que irá destinado o medicamento. Estes estudos serán preferentemente controlados e aleatorizados.

    Fase IV: Son ensaios clínicos que se realizan cun medicamento despois da súa comercialización. Estes ensaios poderán ser similares aos descritos nas fases I, II, III se estudan algún aspecto aínda non valorado ou condicións de uso distintas das autorizadas como podería ser unha nova indicación. Estes estudos serán preferentemente controlados e aleatorizados.

  7. faa-martinbaulde di:

    Un fármaco é aquela substancia química purificada que se utiliza para o tratamento, a cura, a prevención ou o diagnóstico dalgunha enfermidade ou tamén para inhibir a aparición dun proceso fisiolóxico non desexado.
    Un fármaco pasa por varias fases dende a súa investigación e ata ser aplicado en humanos :
    Na fase I validase a seguridade e eficacia e se determina a súa mellor ruta de administración ou a existencia de efectos adversos, isto require dun ou dous anos.
    Na fase II, á que so sole pasa un de cada tres compostos, establecese a eficacia real do fármaco e desenvolvese en grupos homoxéneos de pacientes voluntarios, así como tamén se define a dose mínima efectiva e a dose máxima tolerada e se monitorizan con detalle posibles efectos secundarios.
    Dúas de cada tres moléculas (de media) pasan á fase III, onde se pretende determinar a eficacia nun amplo espectro da poboación, o que implica ensaios multicéntricos e de larga duración. Estes estudios requiren de dous a catro anos e permiten a aprobación de dous de cada tres fármacos.
    Logo dunha evaluación minuciosa dos resultados, a EMEA ou FDA deciden se o fármaco é apto para a súa comercialización.

  8. faa-ileniamartinez di:

    O desarroio dun fármaco engloba a súa seguridade, eficacia, formulación e fabricación. Despois de que de un resultado positivo en probas preclínicas, a organización patrocinadora buscará a aprobación para conducir estudios clínicos. Unha vez que se conceda a aprobación, o patrocinador completará tres fases de probas clínicas co fin de que a autoridade regulatoria aplicable aprobe o novo tratamento. Unha cuarta fase opcional comúnmente sigue a aprobación.
    Fase I — proceso de probar un medicamento en investigación nun número pequeno de suxeitos para establecer que é seguro para o seu uso en humanos.
    Fase II — proceso de probar un medicamento en investigación nun número máis pequeno de suxeitos para mostrar que é xeralmente seguro e efectivo en tratar ou prevenir unha enfermidade específica.
    Fase III — proceso de probar un medicamento en investigación nunha poboación máis grande de suxeitos para demostrar que é seguro e efectivo en tratar ou prever unha condición ou enfermidade específica.
    Fase IV — proceso de probar un medicamento aprobado co fin de determinar información adicional.
    Os estudios clínicos da fase III son os máis significativos xa que involucran a un gran número de persoas. que reciben tratamento por un período extenso, o resultado dos estudos da fase III proporcionan a base para a aprobación da FDA e establecen a maneira exacta en que se debe usar o medicamento.

  9. fab-ivanportas di:

    As fases que pasa un fármaco ata ser aplicado en humanos e moi complexa e a súa duración pode durar entre os 10 e 15 anos máis ou menos.
    O proceso consta de 6 fases, cada fase ten que ter un completo éxito par que poida seguir coa seguinte fase.

    FASE I ou fase de descubrimento:
    1.Consiste en identificar un compoñente nun corpo (diana) humano que se poida manipular para ter un efecto positivo nunha enfermidade.
    2.Identificar a maneira de manipular correctamente a diana.
    FASE II ou desenvolvemento preclínico:
    Fanse todas as probas posibles para poder confirmar a súa eficacia e se non resulta maligno para o ser humano. (téstanse en animais)
    FASE III ou ensaios clínicos:
    Fanse ensaios clínicos, administráselle o medicamento a voluntarios humanos
    FASE IV ou proceso de eficacia:
    Comprobase a eficacia entre os voluntarios
    FASE V ou proba de eficacia e seguridade:
    Comprobase que resulta mellor que o fármaco xa dispoñible no caso
    FASE VI ou autorización:
    E por último, unha vez pasado todas as fases, as autoridades sanitarias revisaran o medicamento antes de que sexa posto a venta para os pacientes.

  10. Victor di:

    SÁBADO POLA MAÑÁ PECHARASE O FORO

    Hai certas proteinas que destrúen as céluas nerviosas, entre elas están os prións. Que son e como actúan os prións?

    • Xacobo Piñeiro Cacabelos di:

      Un prión é unha proteína infecciosa, autorreplicante, responsable de diferentes enfermidades no gando e no home. Estas partículas están formadas en gran parte por glicoproteínas (proteínas asociadas a un glícido ou azucre) de masa molecular moi pequena, e non conteñen material xenético (ADN ou ARN) pero, pese a iso, son capaces de replicárense inducindo a transformación das proteínas normais do organismo infectado por elas en copias de si mesmas. Son, pois, formas acelulares aínda máis pequenas e simples que os virus e que outras formas non celulares descubertas recentemente, como os viroides, que constitúen un grupo totalmente novo de axentes infecciosos.

    • fab-nereaporta di:

      Os prións son partículas non celulares, son proteinas que sen ser virus, teñen características patoxénicas e infecciosas. Os prións non son organismos vivos, solo son proteínas sen ácido nucleico.
      Estes provoca un cambio da configuración nunha proteína natural do organismo, alterando a súa funcionalidad e dando lugar á proteína de configuración alterada.

  11. faa-martinbaulde di:

    Un prión é unha partícula infecciosa formada por unha proteína denominada priónica, que produce enfermidades neurolóxicas dexenerativas transmisibles como o tremor, a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob …
    A proteína do prión é unha sialoproteína patóxena, que ten alterada a súa estrutura secundaria. A diferenza do resto dos axentes infecciosos que conteñen ácidos nucleicos (ADN, o ARN, ou ambos os dous), un prión soamente está composto por aminoácidos e non presenta material xenético.
    Os prións propáganse mediante a transmisión de proteínas anómalas con mal pregamento. Cando un prión entra nun organismo san, actúa sobre a forma normal do mesmo tipo de proteína existente no organismo, modificándoa e converténdoa en prión. Estes prións recén formados poden pasar a converter máis proteínas, provocando unha reacción en cadea que produce grandes cantidades da proteína prión.
    Os organismos que non expresan a forma normal da proteína priónicanon poden desenvolver ou transmitir a enfermidade.

  12. faa-laurachaves di:

    En 1982 Stanley B. Prusiner propuxo o nome de “prión” para o axente causante dun grupo de enfermidades dexenerativas do sistema nervioso central caracterizadas por ser patoloxías crónicas e progresivas.
    Os prións son partículas non celulares, son proteínas que sin ser virus teñen tamén características patóxenas e infecciosas. Os prións non son organismos vivos, son só proteínas sin ácido nucleico. A forma de actuar dun prión é provocar un cambio de configuración nunha proteína natural do organismo, a PrPc, alterando a súa funcionalidade e dando lugar á proteína de configuración alterada PrPSc.
    Se as PrPc se encontran con algún prión, estos oblíganas a cambiar de forma. Os dous son proteínas similares, e só se diferencian na súa conformación tridimensional. Este cambio pode ser considerado como a infección. O cambio pode ocorrer tanto na superficie da célula ou nos cavéolos (na membrana celular).

  13. fab-mariblanco di:

    Un prión é unha partícula infeciosa formada por unha proteína denominada priónica, que produce enfermedades neurológicas degenerativas transmisibles.

    Os prións propáganse a través da transmisión de proteínas anómalas con mal plegamento. Cando un prión entra nun organismo san, actúa sobre a forma normal do mesmo tipo de proteína existente no organismo, modificándoa e converténdoa en prión. Estes prións recén formados poden pasar a convertir máis proteínas, provocando unha reacción en cadea que produce grandes cantidades da proteína prión. Todos os prións coñecidos inducen a formación amiloides plegado, nos que actúan polimerasas formando un agragado que consiste en apretadas follas. O período de incubación das enfermidades priónicas determínase pola tasa de crecemento exponencial asociados coa repetición de prións, que é un equilibrio entre o crecemento lineal e a rotura dos agregados.

  14. faa-miguelotero di:

    Os prións son partículas non celulares,e son proteínas, e non virus pero teñen características patóxenas e infecciosas parecidas. Non son organismos vivos, son só proteínas sen ácido nucléico.
    A forma de actuar dun prión é provocar un cambio na configuración dunha proteína normal do noso organismo, a PrPc, este altera a funcionalidade da proteína, dando lugar á proteína configurada, PrPSc, esta proteína mutada cambia na orixinal en que configura a proporción da folla-alfa e da folla-beta. Sen embargo, a dúas configuracións de esta proteína teñen a mesma secuencia de aminoácidos.

  15. fab-luciameis di:

    un prión é unha partícula infecciosa formada por unha proteína denominada priónica, que produce enfermidades neurolóxicas dexenerativas transmisibles tales como aa tembladeira, a enfermedad de Creutzfeldt-Jakob e a encefalopatía espongiforme bovina.
    A proteína do prión é unha sialoproteína patóxena, a cal ten alterada a sua estructura secundaria, tendo un incorrecto plegamento da sua estructura terciaria.A diferenza do resto dos axentes infecciosos (virus, bacterias, hongos etc…), que conteñen ácidos nucleicos (xa sexa ADN, o ARN, ou ambos), un prión soamente está composto por aminoácidos e non presenta material xenético.
    Os priones son os responsables das encefalopatías esponxiformes transmisibles nunha variedade de mamíferos, incluida a encefalopatía esponxiforme bovina (EEB, tamben coñecida como “enfermidade das vacas tolas”) no gando e a enfermidade de Creutzfeldt-Jakob (ECJ) en humanos.Ditas proteínas mutadas forman agregados supramoleculares e son patóxenas con plegamentos anómalos ricos en láminas beta, e autorreproducibles.

  16. faa-ileniamartinez di:

    O agente patóxeno, prión, foi descuberto en 1982 por Stanley Prusiner, mentres investigaba unha serie de patoloxías de carácter crónico e irreversible que afectaban ao sistema nervioso central. Prusiner demostrou que se trataba de partículas puramente proteicas sin ácido nucleico. Por este descubrimento, en 1997, otorgouselle o Premio Nobel de Fisiología ou Medicina.Os prións son particulas non celulares, que teñen unhas características patóxenas e infecciosas, sin ser virus, xa que a diferencia do resto de axentes infecciosos que conteñen ácidos nucleicos (ADN, ARN ou ambos) sólo están compostos por aminoácidos. Teñen modificada a súa estructura terciaria , tendo un correcto pregamento, o que fai que perda a súa función normal, pero que adquira a capacidade de transformar a forma normal en patolóxica. Os prións son os axetes causantes de patoloxías letais características dos mamíferos, coñecidas como encefalopatías esponxiformes transmisibles.
    Cando un prión entra nun organismo san, actúa sobre a forma normal do mismo tipo de proteína existente no organismo, modificándoa e convertíndoa en prión. Estos prióms recén formados poden transformar máis proteínas, provocando una reacción en cadea que produce grandes cantidades da proteína prión.

  17. faa-albarodriguez di:

    Un prión é unha proteína patoxénica que ten alterada a súa estrutura terciaria, tendo un incorrecto plegamento. A diferenza do resto dos axentes infecciosos (virus, bacteria, hongos, etc) que conteñen ácidos nucleicos (ADN, ARN ou ambos) só están compostos por aminoácidos.
    A definición científica di que un prión é a forma alterada dunha proteína celular funcional, que ha perdido a súa función normal, pero que adquireu a capacidade de transformar a forma normal en patolóxica.
    Os prións son axentes que cuasan patoloxías letais características dos mamíferos, coñecidas como encefalopatías espongiformes transmisibles.
    Algún exemplo destas enfermidades é a encefalopatía espongiforme bovina e aenfermidade de Creutzdelt-jakot nos humanos.
    Cando un prión entra nun organismo sano, este actúa sobre a forma normal do mismo tipo de preteína existente no organismo, modificándoa e converténdoa en prión. Estes prións cando están recen formados poden transformar máis proteínas, provocando unha reacción na cadea que produce grandes cantidades da proteína prión.

  18. Victor di:

    Por que actualmente, o alzheimer, é unha enfermidade tan común?

    • faa-uxiacasais di:

      O Alzheimer é unha enfermidade progresiva e dexenerativa do cerebro a cal provoca un deterioro na memoria, o pensamento e a conduta da persoa. A causa da enfermidade do Alzheimer é descoñecida; sen embargo, os últimos estudos científicos, médicos e investigadores indican que cada vez hai máis evidencias de tratarse dunha enfermidade de orixe multifactorial, aínda que cada vez insístese máis nun compoñente de carácter xenético. Polo xeral, a enfermidade presentase por riba dos 65 ou 70 anos, pero hai casos nos que poden presentarse en persoas menores de 50 anos ou incluso máis xóvenes. Esta enfermidade arrastrada por cerca de 8.000 persoas en Gipuzkoa. Pero no é unha patoloxía que so afecte a quen a padece, se non que o entorno familiar tamén queda moi danado.

  19. faa-laurachaves di:

    O Alzheimer é unha enfermidade neurolóxica dexenerativa que afecta á memoria e ás habilidades de pensamento, chegando incluso, a que o paciente se vexa incapacitado para facer as tarefas máis cotidiás. Na maioría dos casos, os primeiros síntomas aparecen despois dos 65 anos.
    A prevalencia da enfermidade do Alzheimer acelerou de forma contundente, e para o ano entrante, 35.6 millóns de persoas sufrirán de alzheimer no mundo, o que supón un 10% frente a 2005.
    Esto é debido a que un 70% das persoas que padecen alzheimer viven nos seus fogares, e o impacto desta enfermidade exténdese a millóns de familiares, amigos e coidadores.
    Calcúlase que o coste global é de 315 mil millóns de euros ao ano, pero o sufrimento dos pacientes,coidadores ou familias é algo que non se pode calcular con diñeiro.

  20. faa-miguelotero di:

    A enfermidade do Alzheimer afecta principalmente aos individuos maiores de 65 anos e case a metade das persoas que chegan aos 85 anos.
    O Alzheimer vai en aumento debido a que é contaxioso, afecta á xente que esta arredor do infectado.
    Cada ano detéctanse 4,6 millóns de novos casos, o mesmo que, cada sete segundos unha persoa é diagnosticada con esta enfermidade. En España as cifras do Alzheimer ascenden a 1,2 millóns de pacientes. Este aumento e debido a que cada vez a esperanza de vida e maior e polo tanto hai maior número de persoas maiores que teñen esta enfermidade. En definitiva o Alzheimer vai aumentado progresivamente e de forma considerable nos últimos anos.

  21. fab-miguelpineiro di:

    O Alzheimer é unha enfermidade neurolóxica dexenerativa que afecta á memoria e ás habilidades de pensamento. Na maioría dos casos, os primeiros síntomas aparecen despois dos 65 anos. E a metade das persoas que chegan aos 85 sufreno.
    O Alzheimer vai en aumento debido a que é contaxioso, afecta á xente que esta arredor do infectado.En España as cifras do Alzheimer ascenden a 1,2 millóns de pacientes.Debido a que cada vez a esperanza de vida e mais e mais alta, facendo asi que mais persoas teñan a enfermidade, e normalmente as familias coidan ao ancian na casa, e o alzheimer como e una enfermedade contaxiosa, pois fai que a enfermidade cada vez teña mais pacientes.

  22. faa-iagopadin di:

    A enfermidade do alzheimer é a causa máis común de demencia, provocando un deterioro da memoria e do funcionamento mental, entre personas de 65 anos ou máis por razóns descoñecidas. As persoas que padecen deste deterioro gradual das súas células cerebrais sofren un dano nervioso irreversible en áreas que son vitais para a memoria, a toma de decisións e outras habilidades mentais. Os principais factores relacionados co desarrollo da enfermidade son a idade e a historia familiar da enfermidade de Alzheimer. A exposición a determinadas substancias, como o tabaco, tamén parece favorecer a súa aparición. Ademáis tamén pode ocorrer debido a un golpe na cabeza ou a unha conmoción
    Cada vez é maior a esperanza de vida e por tanto hai un maior número de persoas mayores, entón, cada día os enfermos de alzhéimer serán máis e aumentará o seu número. Por outro lado, este número tamén avanza debido á forma de vida dalgunha xente, que vive nos seus fogares con familiares e isto acáballes afectando a eles e ao seu entorno.

  23. faa-albarodriguez di:

    O alzheimer é unha enfermidade neurodegenerativa que se manifesta como deterioro cognitivo e trastornos conductuales, caracterízase por unha pérdida da memoria inmediata e doutras capacidades mentais.
    A prevaleza da enfermidade de Alzheimer acelera a un paso rápido, e para o ano entrante, 35,6 millóns de persoas sufrirán de alzheimer no mundo, isto é un aumento no 10% frente ao ano 2005, según predice un informe reciente.
    A incidencia de demencia case se duplicará cada vinte anos e alcanzará os 65,7 millóns para 2030 e os 115,4 millóns para 2050, según o informe mundial sobre o alzheimer de 2009.

  24. faa-tamaraparracho di:

    O alzheimer é unha enfermidade que afecta primordialmente a persoas maiores de 65 anos. Despois desta idade, a probabilidade de desenvolver Alzheimer duplícase cada 5 anos, tendo as persoas maiores de 85 anos case un 50% de probabilidades de padecer a enfermidade.
    En España as cifras do alzhéimer ascenden ata 800.000 pacientes, estadísticamente calcúlase que unha de cada dez persoas maiores de 65 anos e o 5% das maiores de 80 anos padecen a enfermidade de Alzheimer .
    Ademais, calcúlase que máis do 20% da poboación europea supera os 65 anos e, que a medida que incrementa a poboación anciá, tamén aumenta o número de persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer, por iso esta patoloxía é tan común.

  25. faa-rubeniglesias di:

    1. Fase I: Representa a primeira administración en humanos , que raramente superan os 100. Para este paso , a xestión é xeralmente realizada en adulto do sexo masculino , a fin de detectar posibles signos de toxicidade , o que sería , entón , determinar dosificación segura . Consideracións farmacocinéticas son moitas veces tamén medir , pero o seu estudo non é o obxectivo principal desta fase.

    2. Fase II: Se a seguridade de comprobación na fase I foi exitoso , vai pasar esta fase , que implica a administración de drogas para os individuos coa enfermidade para a que foi deseñado para usar . Este grupo de pacientes debe ser relativamente homoxéneo nas súas características de base e raramente inclúen máis de 200 individuos . Nesta fase , o fármaco debe ser comparada cos mellores medicamentos dispoñibles para o tratamento da enfermidade en cuestión e que tales drogas non existir , a comparación sería placebo . O obxectivo da fase II é establecer as medicións preliminares de relación

    3. Fase III: pode implicar varios médicos tentando centos ou mesmo miles de pacientes . Ademais do control da eficacia de drogas , é determinar a toxicidade non detectados anteriormente . Nesta fase , unha mellor perspectiva sobre a relación entre seguridade e eficiencia é obtida

    4. Fase IV: Estes monitorización tras droga foi comercializada .. É basicamente ten como obxectivo a detección de toxicidade antes insuspeitada e avaliación da eficacia a longo prazo . Na fase 4 pode detectar eventos adversos raros , mentres que nas fases anteriores é descuberta excepcional miúdo aqueles menos 1/1000

  26. faa-rubeniglesias di:

    É unha partícula infecciosa dun composto chamado prião da proteína que provoca enfermidades neurolóxicas dexenerativas transmisibles , como scrapie , enfermidade de Creutzfeldt – Jakob e encefalopatía esponxiforme bovina .

    Os priões propagar a través da transmisión de proteínas anormais. Cando un prião entra nun organismo san , normalmente , o mesmo tipo de proteína presente no corpo , e modificando a conversión do prión. Estes poden ocorrer para facer máis proteínas , provocando unha reacción en cadea que produce grandes cantidades de proteínas de prión.

  27. faa-rubeniglesias di:

    Unha enfermidade neurodexenerativa que se manifesta como compromiso cognitivo e trastornos de comportamento. Caracterizase pola perda de memoria a curto prazo e outras habilidades mentais , como as células nerviosas morren.
    A orixe é descoñecida, aínda que se seguen facendo miles de estudios.
    Cando máis probabilidade tes de ter esta enfermidade é a idade dos 60-65 anos.
    Cada ano detectanse uns 5 millóns de casos no mundo.

  28. faa-danielbaulo di:

    O alzhéimer é unha enfermidade dexenerativa e desmielinizante do cerebro, caracterizada por unha perda das facultades cognitivas superiores, manifestándose inicialmente como alteracións da memoria episódica. Estes déficits amnésicos agrávanse coa progresión da doenza, e están posteriormente acompañados por déficits visio-espaciais e de linguaxe. O inicio da doenza pode darse moitas veces como simples alteracións da personalidade, con ideación paranoide. Caracterízase na súa forma típica por unha perda da memoria inmediata e doutras capacidades mentais, a medida que as neuronas morren e diferentes zonas do cerebro se atrofian. A enfermidade adoita ter unha duración media aproximada despois do diagnóstico de 10 anos, aínda que isto pode variar en proporción directa coa severidad da enfermidade ao momento do diagnóstico.

  29. faa-marinabusto di:

    A enfermidade de Alzheimer é unha enfermidade irreversible e progresiva do cerebro que lentamente destrúe a memoria e as aptitudes do pensamento, e co tempo, ata a capacidade de levar a cabo as tarefas máis simples. Na maioría das persoas afectadas con esta enfermidade, os síntomas aparecen por primeira vez despois dos 60 anos de idade.
    O Alzheimer é a causa máis común de demencia nas persoas maiores. A demencia é a perda do funcionamento cognitivo, ou sexa, pensar, recordar e razoar, a tal grao que interfire coa vida e as actividades diarias dunha persoa. As cifras calculadas varían, pero os expertos suxiren que o número de persoas que padecen desta enfermidade pode ser tan alto como 5.1 millóns de Estadounidenses.
    Para saber cal é o alcance da enfermidade de Alzheimer temos que falar un pouco de estatística e definir o que é a incidencia e prevalencia dunha enfermidade
    -Prevalencia: número de casos nunha poboación nun momento dado.
    A prevalencia da enfermidade de Alzheimer e as demencias vasculares, que constitúen o 80% do total, duplícase cada cinco anos a partir dos 65 anos ata os 85. Esta prevalencia é variable, dende o 1% aos 60 anos ata o 32,2% aos 94 anos de idade.
    -Incidencia: frecuencia de aparición de novos casos dunha enfermidade nunha poboación nun período de tempo determinado.
    Calcúlase que máis do 20% da poboación europea supera os 60 anos. Este incremento actual e futuro da poboación anciá levará consigo un aumento das demencias. España non é unha excepción e para unha poboación maior de 65 anos, que na actualidade se calcula en torno aos 6,5 millóns, a prevalencia estimada de pacientes con enfermidade de Alzheimer oscila entre os 200.000 e 300.000.

  30. fab-antonchaves di:

    Os priones son partículas infecciosas formadas por unhas proteínas chamadas priónicas, que producen enfermidades neurolóxicas dexenerativas transmisibles.
    Os priones propáganse mediante a transmisión de proteínas anómalas con mal plegamiento. Cando un prión entra nun organismo sano, actúa sobre a forma normal do mesmo tipo de proteína existente no organismo, modificandoa e convertendoa en prión. Estos priones recén formados poden pasar a convertir máis proteínas, provocando unha reacción en cadea que produce grandes cantidades de a proteína prión. Tódolos priones conocidos inducen a formación de amiloides plegados, nos que actúan polimerasas formando un agregado que consiste en apretadas follas.

  31. faa-martinbaulde di:

    A enfermidade do Alzheimer é unha enfermidade irreversible e progresiva do cerebro que lentamente destrúe a memoria e as aptitudes do pensamento, e co tempo, ata a capacidade de levar a cabo as tarefas máis simples. Na maioría das persoas afectadas con esta enfermidade, os síntomas aparecen por primeira vez despois dos 60 anos de idade.
    O Alzheimer é a causa máis común de demencia nas persoas maiores.
    A pesar de que non sabemos que inicia o proceso da enfermidade de Alzheimer, sabemos que o dano ao cerebro empeza de 10 a 20 anos antes de que algún problema sexa evidente. Os nobelos empezan a desenvolverse na parte profunda do cerebro, nunha zona chamada codia entorinal, e as placas fórmanse noutras zonas. A medida que se van formando máis e máis placas e nobelos en zonas particulares do cerebro, as neuronas sas empezan a funcionar con menos eficacia. A maioría das persoas que padecen de Alzheimer teñen o tipo chamado Alzheimer de aparición tardía.
    En España afecta a unhas 800.000 persoas.

  32. Victor di:

    Coñécese algunha razón pola que as neuronas non se reproducen?

  33. fab-miguelpineiro di:

    As neuronas son celulas especializadas do sistema nerviosos e perderon a capacidade de realizar outras funcións e son incapaces de dividirse, de nutrirse por si mesmas ou de defenderse.
    Esto quere decir que estan tan especializadas no seu traballo, que por asi decilo, olvidanse de como se facia para reproducirse,nutrirse, ou para defenderse.
    Asique podriase decir que a razon pola que non se reproducen e porque estan demasiado especializadas como para reproducirse.

  34. fab-antonchaves di:

    Era algo moi aceptado que as neuronas non se reproducían, é decir, o farían durante o desenvolvemento do sistema nervioso pero no continuaban fancéndoo despois na vida da persoa. Por elo enfermedades como o alzheimer, no que se produce a perdida de neuronas o en lesións de texido cerebral non hai unha cura.

    Sen embargo, en investigacións recentes detectouse que en nunha especie de canarios as células nerviosas aumentan en cantidade durante a etapa reproductiva, permitíndolles a estas aves desenvolver variedades de cantos para atraer ás femias. Esta investigación estase desenvolvendo e é moi interesante xa que se se chega a determinar que é o que fai que as neuronas se reproduzan en estado adulto en estos animaies podríanse desenvolver algún tratamento para as enfermidades como o alzheimer

  35. fab-antonchaves di:

    Era algo moi aceptado que as neuronas non se reproducían, é decir, o farían durante o desenvolvemento do sistema nervioso pero no continuaban fancéndoo despois na vida da persoa. Por elo enfermedades como o alzheimer, no que se produce a perdida de neuronas o en lesións de texido cerebral non hai unha cura.

    Sen embargo, en investigacións recentes detectouse que en nunha especie de canarios as células nerviosas aumentan en cantidade durante a etapa reproductiva, permitíndolles a estas aves desenvolver variedades de cantos para atraer ás femias. Esta investigación estase desenvolvendo e é moi interesante xa que se se chega a determinar que é o que fai que as neuronas se reproduzan en estado adulto en estos animaies podríanse desenvolver algún tratamento para as enfermidades como o alzheimer.

  36. faa-miguelotero di:

    As neuronas non se reproducen se non que , dende fai uns anos sabemos que existe unha capacidade de rexeneración de neuronas novas no sistema nervioso central. O feito de que as neuronas non se dividan non é compatible coa posibilidade de que, de maneira controlada e limitada, se incorporen neuronas novas ao sistema nervioso adulto mediante a súa formación a partir de células troncais: a este proceso chámaselle neuroxénesis.
    A existencia da neuroxénesis no SNC dos seres humanos é un importante tema de investigación e debate na neurociencia actual. Nos últimos anos descubriuse que, efectivamente, todos temos células troncais no noso encéfalo que poden orixinar neuronas novas.
    Aínda no se sabe o alcance e as funcións de este proceso de neuroxénesis, pero en algunhas rexións do encéfalo, como na cortiza olfativa ou no hipocampo, parece que ocorre de maneira constante.

  37. Victor di:

    HAI UN NOVO FORO ABERTO QUE SE PECHARÁ EN 10 DÍAS