Un paso máis para os astrónomos

Nos seus desexos de explorar o Universo, os astrónomos necesitan telescopios cada vez máis grandes. Despois de décadas desde que se anunciou, e anos de retraso na súa implementación, finalmente arrancou, na cima do volcán Mauna Kea, na isla de Hawai, a construcción dun dos telescopios máis avanzados e grandes do mundo, o TMT (Thirty Meter Telescope) ou Telescopio de trinta metros.
O arranque da construcción estaba prevista para o pasado mes de abril, pero os habitantes rexeitaron o proxecto xa que as montañas son consideradas sagradas e esta construcción atenta contra as súas crenzas. Inclusive durante a ceremonia que se celebrou para anunciar o inicio do traballo, centos de manifestantes bloquearon o acceso á montaña, o que retrasou o anuncio.

O telescopio TMT ten un amplo campo de visión, composto por 492 lentes de forma hexagonal, un espello primario, un espello secundario en plena actividade e un espello terciario articulado. A abertura de 30 metros da estructura permite un mellor enfoque. Ten unha visión máis aguda pola difracción da luz, permitindo así ás imaxes dos obxetos máis débiles aparecer máis nítidas. Ademáis, TMT alcanza unha gama de visión aínda máis efectiva ca os deseños anteriores, cun factor de 10 a 100 dependendo da observación.

A súa construcción rematará, aproximadamente, no ano 2020. Este telescopio aparecerá dentro dunha cúpula cun diámetro de 60 metros que ofrecerá unha gama completa de movemento mentres que proporciona unha protección máxima do vento. Incluso terá 98 portas de ventilación que se abrirán para proporcionar refrixeración natural.

O grandioso instrumento óptico servirá como unha ferramenta para a investigación dunha serie de temas relacionados coa historia do noso sistema solar, permitirá ós astrónomos detectar e estudar a luz das estrelas e galaxias máis próximas e comprobar a exactitude de moitas das leis fundamentais da física. O TMT servirá tamén para a investigación dos furados negros masivos e observará os procesos de formación de planetas extra-solares.

 

 

Autora: Ariadna Vázquez

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Un paso máis para os astrónomos

  1. Victor di:

    Por que en Hawai este telescopio?

    • fab-mariangaleano di:

      O Mauna Kea é un dos cinco volcans que forman a isla de Hawai, xunto con Mauna Loa, Hualalao, Kohala e Kilauea. E o segundo na zona pola súa altura e permanece inactivo dende hai máis de 3.500 anos.
      O emplazamiento no Mauna Kea escolleuse tras cinco anos evaluando diferentes sitios. E, aínda que a cima do volcán poida ofrecer a vista máis pura posible, sempre temos unha parte da atmosfera que crea distorsión. Para isto analízase esta distorsión emitiendo un láser que logo da unhas correccións que permiten obter imaxes nítidas sen o parpadeo das estrelas e isto permite tamén veras estrelas máis tenues.
      Antes de dar a aprobación ao proxecto fíxose un estudo sobre o impacto ambiental, que finalmente foi aprobado pola Gobernadora de Hawai.

  2. fab-antonchaves di:

    Para tomar a decisión final sobre a ubicación do TMT os responsables contaron coa información exhaustiva de varios posibles lugares do planeta tomada dende satélites e completada con medidas en cada sitio acerca da transparencia do aire, a humidade, a estabilidade, etcétera. Tamén estaba na lista de posibles ubicacións Cerro Armazones, no Chile, pero descartouse.

  3. faa-tamaraparracho di:

    Para asegurar que a localización escollida para o TMT permitira maximizar o rendemento do telescopio, realizouse un estudio a nivel global en base a imaxes de satélite, o que permitiu escoller cinco excelentes lugares dos cales se estudou dende a superficie a súa estabilidade atmosférica, o patrón dos ventos, a variación de temperatura e outras características meteorolóxicas que afectarían o rendemento do telescopio.
    Baseándose nestes resultados e extensos estudios, Mauna Kea (Hawaii) e Cerro Armazones (Chile) foron seleccionados en maio de 2008 para continuar cunha avaliación medioambiental, financeira e estudos de impacto cultural. O Directorio do TMT utilizou os resultados destas meticulosas investigacións para axudar a guiar o proceso de selección final do sitio.
    A pesar de que ambas localizacións presentaban condicións de observación magnificas e que permitirían que o TMT alcanzase o seu máximo potencial, finalmente o Directorio do TMT seleccionou Mauna Kea como a localización para o TMT, pois as condicións atmosféricas, baixas temperaturas e a moi baixa humidade deste lugar abrirán un interesante espazo para novos descubrimentos utilizando óptica adaptativa e observacións no espectro infravermello.
    Ademais, a selección de Hawai como o sitio para o Telescopio de Trinta Metros fortalecerá grandemente a cooperación internacional en astronomía, pois a colaboración entre o TMT e o altamente exitoso telescopio Subaru ubicado tamén en Mauna Kea conducirá a grandes avances.

  4. faa-ariadnavazquez di:

    O Telescopio de Trinta Metros, como indica no artigo, estase construíndo e operado nun dos mellores sitios do mundo para a astronomía, e está agradecido polo uso dun dos grandes recursos naturais de Hawai, os ceos de Mauna Kea que é unha das condicións máis importantes. Dende o inicio do compromiso coa illa, TMT comprometeuse a mostrar gratitude á illa. Nas numerosas reunións públicas celebradas,as persoas comentaron constantemente que queren oportunidades para os seus fillos, para que poidan volver a, ou permanecer na illa.
    Outra condición pola que Hawai foi escollida son as condicións atmosféricas e as baixas temperaturas de esa zona.

  5. faa-miriantrigo di:

    Despois de matinar sobre os posibles lugares nos cales se podería construír o TMT, decidíronse por Mauna Kea (Hawai). Para chegar a esta decisión, evaluaron durante cinco anos os diferentes lugares: tomaron información dende os satélites e completárona con medidas de cada sitio acerca da transparencia do aire, da humidade, da estabilidade e das variacións meteorolóxicas, entre outros, que afectarían ao rendemento do telescopio. Así, asegurarían o lugar de construcción deste gran telescopio.
    A pesar de estar no cume do volcán e nos proporcione a vista máis pura disponible, sempre hai unha parte da atmosfera que crea distorsión, polo que se procedeu a analizar esta distorsión emitindo un láser que da unhas correcións que permiten obter imaxes nítidas sen o parpadeo das estrelas, podendo velas máis tenues. Gracias a isto, as imaxes obtidas serán mellor que as relizadas polo telescopio Hubble.

  6. faa-iagopadin di:

    En Hawaii vaise construir o telescopio máis grande do mundo na cima dun volcán, en parte, porque pode ofrecer a vista máis pura dispoñible. Sen embargo, sempre temos unha parte da atmosfera que crea distorsión, e para evitar tal distorsión, analízase emitindo un láser que logo dá dunhas correccións que permiten obter imaxes nítidas sen o parpadeo das estrelas e isto permite tamén ver estrelas máis tenues. Ademais, o feito de que o arquipélago esté prácticamente aislado no medio do pacífico, fai que este punto xeográfico sexa moi bo para observacións astronómicas, pois non conta con frecuente nubosidade, e a contaminación ambiental é escasa, tanto a nivel de CO2, como de iluminación ambiental. É preciso recordar, que mentras menos iluminación artificial teña unha zona, máis favorable resulta para os observatorios.

  7. Victor di:

    Que outras ubicacións axeitadas hai no mundo para instalar este tipo de telescopios?

    • faa-sarafalcon di:

      Outra das ubicacións que se deron para por este tipo de telescopios foi en Chile concretamente no montaña de Cerro Armazones.
      Pero non foi elixido xa que a situación do clima e moito máis estable no Hawaii que en Chile e tiña menos impacto medioambiental segundo as investigacións posteriores para escoller dita zona.

    • faa-rubeniglesias di:

      Outra ubicación idónea para a colocación destes telescopios atópase en Chile, no Deserto de Atacama pola baixa contaminación lumínica e polas inmellorables vistas ao firmamento. Durante estes últimos 5 anos tamén se estudou a posibilidade de poñer este telescopio en Cuba

  8. faa-ariadnavazquez di:

    Outra das ubicacións máis axeitadas no mundo para este tipo de telescopios é Chile.
    Armazones é unha montaña de 3.060 metros de altura na parte central do Deserto de Atacama, en Chile, situada a uns 130 quilómetros ao sur de Antofagasta e a uns 20 quilómetros de Outeiro Paranal, fogar do Very Large Telescope diso.
    Este é un feito importante que permite finalizar o deseño base deste ambicioso proxecto.
    Ademáis, tamén debemos destacar un dos mellores lugares del hemisferio norte para este tipo de telescopios,La Palma,que se atopa nas Islas Canarias.

  9. faa-albaaller di:

    Outra ubicación idónea para a colocación destes telescopios atópase en Chile, no Deserto de Atacama.
    As súas condicións para observar o firmamento son inmellorables, destacamos entre elas a súa baixa humidade; e a máis importante, posúe unha baixa contaminación lumínica.

  10. faa-laurachaves di:

    Para determinar a posición do telescopio TMT, houbo que levar a cabo un estudo riguroso e con detalle para identificar os sitios astronómicos adecuados, e seleccionaronse dous lugares, un en cada hemisferio: en Cerro Amazones, no Deserto de Atacama, no Norte de Chile, e Mauna Kea na isla de Hawai. Logo de 5 anos de estudar estas posibles ubicacións para o proxecto elixeuse Mauna Kea porque a súa cume ubícase por rica do 40% da atmosfera, así como do 90% do vapor de auga, polo que conta cun promedio de 300 días despexados ao ano. Ademáis non será o primeiro telescopio da zona, pois xa hai outros 11 telescopios que observan o universo dende este mismo lugar.

  11. faa-iagopadin di:

    Na Terra existen doce localizacións especialmente boas para ter un telescopio grazas á pouca contaminación lumínica e as condicións meteorolóxicas e xeográficas:
    1. Arecibo atópase na costa norte de Porto Rico. Aquí sitúase o maior radiotelescopio de plato curvado do mundo.
    2. O Teide, nas illas Canarias consta dos mellores telescopios europeos a 2400 metros de altura.
    3. Roque de los Muchachos na Palma, preto do Teide, tamén está situado a uns 2.400 metros.
    4. Calar Alto, situado ao norte de Almería, é un centro astronómico hispano-alemán.
    5. Llano de Chajnantor, en Chile, no deserto de Atacama, atópase a 5.104 metros sobre o nivel do mar.
    6. Cerro Tololo atópase no val de Elquí, preto da cidade chilena de La Serena. Ten lugar a 2.200 metros.
    7. Cerro Paranal é un observatorio tamén no deserto de Atacama a uns 2200 metros de altitude.
    8. La Silla está ao sur do deserto de Atacama nunha rexión árida a 2.400 metros sobre o mar.
    9. O Mauna Kea consta de 13 telescopios e está nos Estados Unidos.
    10. Kitt Peak amosa unha diversa colección de telescopios en Estados Unidos.
    11. Very Large Array, situado na llanura de San Agustín, está a 2124 metros de altitude.
    12. O Jodrell Bank álzase en Inglaterra como observatorio.

  12. faa-miguelotero di:

    Os posibles lugares que nun principio foron seleccionados para a súa construcción foron Cerro Macon, en Arxentina; o Observatorio del Roque de Los Muchachos, as Illas Canarias, España; Sudáfrica, Chile, Marruecos
    e a Antártida. Posteriormente decidiuse entre as Illas Canarias, en España, ou en o Cerro Amazones, en Chile. Finalmente o 26 de marzo de 2010 escolleuse a elección de Cerro Amazones como destino final para a construcción do E-ELT.

  13. Victor di:

    SÁBADO POLA MAÑÁ PECHARASE O FORO

    E porque cando se fala de telescopios faise referncia a espellos; que función teñen? De que están feitos?

    • faa-emiliolumbres di:

      O telescopio é un instrumento óptico que permite ver obxectos lonxanos, a súa función é captar a raciadión electromagnética como a luz, é unha ferramenta fundamental na astronomía. A evolución e o perfeccionamento deste instrumento permititu avances na nosa compresión do Universo.

      Existen varios tipos de telescopios:
      – Refractores: utilizan lentes reflectores, que ten un espello cóncavo no lugar da lente do obxectivo
      – Catadióptricos: tamén posúe un espello cóncavo e unha lente correctora que sostén un espello secundario.
      E por isto cando se fala de telescopios faise refencia a espellos.

      Os accesorios principais do telescopio son:
      – Ocular: accesorio pequeno que colocado no foco do telescopio permite magnificar a imaxe dos obxectos
      – Lente de Barlow: lente que duplica e triplica os aumentos do ocular cando se observan os astros
      – Filtro: pequeno accesorio que xeralmente opaca a imaxe do astro pero dependendo do súa cor e material permite mellorar a observación
      -Tripode: Conxunto de tres patas xeralmente metálicas que lle dan soporte e estabilidade ao telescopio.

    • faa-rubeniglesias di:

      Instrumento óptico para ver obxectos distantes con moito máis detalle do que a simple vista a través da captura de radiación electromagnética , como a luz.
      O parámetro máis importante dun telescopio é o diámetro da súa ” lento obxectiva ” .
      Para caracterizar un telescopio e utilizar un número de parámetros son empregados e accesorios:

      Distancia focal: a distancia focal do telescopio , que se define como a distancia entre o espello principal ou a lente para centrar ou punto onde se sitúa o ollo.

      Obxectivo diámetro : diámetro do espello primario ou lente do telescopio.

      Ocular : pequeno accesorio que puxo no foco do telescopio pode ampliar a imaxe de obxectos.

      Lente Barlow: a lente normalmente duplica ou triplica a ampliación da ocular cando as estrelas son observados.

  14. faa-tamaraparracho di:

    Os telescopios reflectores utilizan espellos para reflectir a luz no visor e crear una imaxe no ollo. Estes espellos son cóncavos, o que significa que están curvados cara o interior, reflectíndose a luz nesa curva.
    Na actualidade, os espellos que utilizan os telescopios profesionais non están feitos de vidro, senón que se fabrican con materiais avanzados como cerámicas e outros compostos complexos con obxecto de obter unha elevada rixidez e un baixo coeficiente de temperatura que poida afectar ás súas prestacións ópticas.
    Os telescopios reflectores están realizados xeralmente con dous espellos, un grande chamado “espello primario” e un máis pequeno denominado “espello secundario.” O espello primario sóese situar nun extremo do tubo do telescopio, mentres que o espello secundario se coloca na liña de visión ocular.
    Para obter unha imaxe, o telescopio diríxese a un obxecto e a luz entra no tubo. A luz incide no espello primario e reflíctese no espello secundario. A continuación, reflíctese dende o espello secundario ao ocular, onde se magnifica a imaxe para ser enviada ao ollo.

  15. faa-glopez di:

    Os telescopios reflectores empregan espellos para recoller e reflectir a luz de novo para poder observar desta maneira o que se queira. A capacidade de profundizacion no firmamento dun telescopio esta en funcion da posicion das lentes e os espellos.

  16. faa-ariadnavazquez di:

    Hai dous telescopios ópticos e dixitais. O telescopio óptico ten dúas categorías principais: refratores e reflector.
    Cal é a diferencia entre eles? Pois ben, un reflector está feito de espellos e un telescopio refrator está composto por espellos. Foi un telescopio refrator que Galileo usou cando estaba estudando Xúpiter.
    Estes telescopios funcionan a través da recollida de luz que produce unha imaxe, esta é a principal función dos espellos.

  17. Victor di:

    Que vantaxe posúe un telescopio reflector con respecto a un refractor?

    • faa-uxiacasais di:

      A gran diferenzas que presentan un telescopio refractor dun telescopio reflector está no seu esquema de construción xa que no refractor utilizase un sistema de lentes e no reflector un sistema de espellos.
      O espellos refractor proporciónanos uns mellores resultados da observación de obxectos astrónomos con alta emisión de luminosidade ( como planetas ou estrelas) xa que proporciona imaxes con mellor contraste e detalle con respecto ao reflector. E ademais é posible utilizalo tamén na visión terrestre como si fora un potente catalexo, adquirindo un accesorio opcional denominado “ inversor de imaxes”.

  18. faa-miriantrigo di:

    A vantaxe é que os telescopios reflectores non están limitados en diámetro, ao contrario que os refractores.
    Os telescopios refractores posúen lentes e aberturas bastantes pequenas, polo que poden dar lugar a problemas cromáticos, debido a que unhas lentes de moi boa calidade teñen un gran custo. Isto fai tamén que a capacidade de enfoque sexa pequena. Debido a estas imperfeccións, estes telescopios adoitan ser utilizados por afeccionados. En cambio, os reflectores son telescopios ópticos que empregan espellos en lugar de lentes, o que lles permite enfocar a luz e formar as imaxes. Ademais eliminan a aberración cromática, xa que ao non utilizar lentes, non existe a posibilidade de distorsión provocada pola incapacidade da lente para enfocar. Tamén posúen aberturas máis grandes que os refractores, o que permite un mellor enfoque e ver obxectos moi lonxanos e de pouca luminosidade.
    As características de cada un fan que os telescopios reflectores teñan un menor coste e sexan moito máis económicos.

  19. faa-rubeniglesias di:

    Evaluaron durante cinco anos os diferentes lugares: tomaron información dende os satélites e completárona con medidas de cada sitio acerca da transparencia do aire, da humidade, da estabilidade, das variacións meteorolóxicas.. que afectarían ao rendemento do telescopio. Ademais, a selección de Hawai como o sitio para o telescopio fortalecerá a cooperación internacional en astronomía.

  20. faa-iagopadin di:

    Os primeiros telescopios foron refractores e constaban esencialmente de dúas lentes nun tubo. Ao principio eran suficientemente bos, pero tiñan inconvenientes na súa óptica, polo que cun mellor deseño, deuse lugar ao telescopio reflector, que como o seu nome indica, utiliza espellos. Os seus beneficios son aínda recoñecidos na actualidade e moitos astrónomos profesionais, usan telescopios reflectores en lugar dos refractores.
    Os telescopios refractores, debido á súa lente obxectivo convexa, doblan la luz, o que distorsiona a imaxe, por outro lado, os telescopios de reflexo reunen a imagen sen a distorsión grazas ao seu espello cóncavo. As lentes dos telescopios refractores doblan diferentes cores de luz en varias maneiras, o que resulta nunha difuminación da imaxe, mentres que nos reflectores non ocorre iso. Ademais, nos telescopios refractores, canto máis grande sexa a lente, máis longo ten que ser o tubo, e nos telescopios de reflexo poden utilizar múltiples espellos para facer rebotar a luz mentras acurtan a lonxitude do cañón, aforrando espazo. Por último, os lentes dun telescopio, son tanto un arte como ciencia, e as boas lentes son caras, un telescopio refractor co mesmo poder de recopilación de imaxe que un telescopio reflector pode costar moito máis.

  21. faa-tamaraparracho di:

    Os telescopios refractores utilizan lentes para captar la luz. Se os telescopios deste tipo tiveran aberturas superiores a 100 mm serían moi voluminosos, pesados e custosos. É por esta razón que os refractores máis comúns teñen diámetros entre 60 y 90 mm, que ofrecen imaxes nítidas da Lúa e os planetas. Mais uns diámetros tan reducidos limitan a súa utilidade á hora de observar obxectos débiles e difusos. Polo tanto, os telescopios refractores son apropiados para observación planetaria, e non para ceo profundo.
    Porén, os reflectores non teñen as custosas lentes dos refractores, senón que utilizan un espello para captar a luz. Polo tanto, podemos encontrar no mercado reflectores de 110 ou 150 mm por un prezo moi accesible, comparable ao dun refractor moito máis pequeno. Ao ser a súa abertura maior, son unha mellor alternativa para observar nebulosas e galaxias, é dicir, para ceo profundo.

  22. faa-marinabusto di:

    Un telescopio refractor recibe a luz pola fronte (lente obxectivo) e a enfoca a través do lente cara ao obxectivo e de aí ao ollo,
    pero o obxectivo é unha lente grande que é atravesada polos raios da luz, e se difractan como un arcoiris, causando deformación.
    Iso non acontece cun espello, os telescopios reflectores teñen un espello detrás que concentra a luz cara ao obxectivo sen deformala.

  23. fab-antonchaves di:

    Os refractores son simplemente lentes, esto ten coma vantaxe o carecer de obstruccións no tubo e menor perdida de luz respecto ó resto de telescopios, por iso para a fotografía de obxetos débiles son excelentes. Por outra parte teñen desvantaxes, como o caro coste de fabricar lentes para grandes aberturas e os problemas cromáticos que poden tener as lentes se non son de moi boa calidade. Estes problemas veñen derivados de que cada cor ten unha lonxitude de onda diferente e ao pasar a lente se non está ben tratada cada cor se dispersa con diferente ángulo e fai foco a diferentes distancias. Unha desvantaxe pode ser que a súa focal sexa máis corta que a do resto de telescopios, o que por un lado o fai excelente para ceo profundo e por outro non é moi recomendable para planetaria.

    Os reflectores son os máis polivalentes porque non necesitan de lentes, con dous espellos bastalle e isto abarata os costes en grandes aberturas. Así mesmo grazas ao sistema de espellos pódese obter maior focal que con refractores, dando ventaxe á observación planetaria, inda que en realidade suelen ser aptos para todo tipo de observacións. As desventaxes son os defectos producidos polo espello primario, que literalmente produce unha aberración na forma dos obxetos puntuales. Outra desventaxe é a perdida de abertura devido ao espello secundario.