Saúde mental por un día

A OMS define a saúde como un estado de completo benestar físico,mental e social, e non soamente de ausencia de afeccións ou de enfermidades. A Organización Mundial da Saúde celebra o 10 de outubro de cada ano o Día Mundial da Saúde Mental. Realízase como un acto a modo de campaña para concentrar a atención mundial na identificación, tratamento e prevención dalgún trastorno emocional ou de conduta destacado ese mesmo ano.

Neste mesmo ano 2014, a enfermidade sobre a cal xirou este evento foi a esquizofrenia,un trastorno que afecta á percepción, a cognición,  ao comportamento e as emocións. Uns vinte e un millóns de persoas padecen esta enfermidade no mundo. Ademais, as persoas que padecen esta enfermidade morren entre 10 e 25 anos antes  ca poboación en xeral, xa que soen levar un estilo de vida pouco saudable, con hábitos como fumar, consumir alcohol en exceso, ter unha mala alimentación e non realizar actividade física.

Tamén se considera como enfermidade mental o suicidio e o abuso de sustancias por parte dos mozos, que é a terceira causa de morte entre adolescentes en todo o mundo.  Isto consitúe un problema mundial e por iso, a OPS está traballando cos países para elaborar programas especiais para nenos e adolescentes. A elaboración de estratexias apropiadas que enfoquen á saúde mental dos nenos, ademais da mellora dos servizos especializados pode ter un impacto positivo moi forte.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Autor: Manuel Vilas

Esta entrada foi publicada en Actividades e eventos, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.