Volver a sentir

A biotecnoloxía avanzou moito nos últimos tempos, un exemplo claro ofréceno os avances que acaban de proporcionar dous equipos de investigadores das universidades de Suecia e Estados Unidos, desenvolvendo próteses biónicas que permiten a persoas amputadas sentido do tacto e liberdade de movemento moi parecidas a das extremidades naturais, e o máis importante, ter conciencia do que están a tocar, o que fai que o rexeitamento das próteses por extrañamento sexa nulo, xa que senten unha sensación de pertenenza . Estas próteses pódense utilizar en calquera tipo de clima, posúen unha gran precisión e poden ser adaptadas para calquera paciente, tamén realizan movementos bruscos sen que o brazo se active involuntariamente e non teñen ningún compoñente que faga presión á pel, algo que non era posible coa tecnoloxía das próteses convencionais. Ata o de agora xa existían próteses que respondían ás ordes do cerebro, pero o dono non podía apartar a vista da man se non quería destrozar o que estivera collendo, por exemplo. Este gran avance fíxose posible grazas a unha prótese con integración ósea, que consiste na introdución dun tornillo de titanio que contén no seu interior unha serie de conectores que transportan ata e dende uns eléctrodos conectados nos nervios e músculos, os cales conectan a prótese ao óso dentro deste. O sistema de comunicación entre a prótese e o cerebro é bidireccional, pénsase unha acción e esta convértese en información ata o extremo cercenado dos nervios e músculos en forma de impulsos eléctricos, alí os eléctrodos recollen a información, o sistema descodifícaa e transfórmaa nunha acción da prótese, e así de forma inversa tamén, un movemento dos dedos convértese nun sinal eléctrico que viaxa brazo arriba ata chegar ao cerebro, o cal as transforma en estímulos.

A posibilidade de rexeitamento destes implantes é moi baixa, a mesma que nos implantes dentais. A biocompatibilidade dos materiais que usan é alta, foron utilizados durante anos en diferentes aplicacións en humanos. Os investigadores teñen a esperanza de que este método poida ser utilizado de por vida e implantarse a gran escala nun período de tempo de cinco anos.


Autora: Ilenia Martínez

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Biotecnoloxía e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Volver a sentir

  1. Victor di:

    A PARTIR DE HOXE ESTÁ ABERTO O PRIMEIRO FORO DO CURSO (OBSOLESCEBCIA PROGRAMADA). PERMANECERÁ ABERTO DURANTE 10 DÍAS.

    Por que é tan utilizado o titanio para as próteses?

    • faa-sarafalcon di:

      O titanio é un material que destaca polas súas propiedades biolóxicas, físicas e mecánicas. Investigadores da Universitat Politècnica de Catalunya (UPC), en colaboración co Institut de Tecnologia de Materials de la Universitat Politècnica de València (UPV) e a empresa catalá AMES -líder europea en materiais sinteritzadors-, estano a utilizar para desenvolver novas aliaxes para reconstrucións óseas, que permitirán reducir o custo de fabricación mantendo as prestacións.
      Ata agora, os investigadores comprobaron a efectividade destes novos aliaxes en estudos in vitro. En concreto, a investigación centrouse en novas próteses fabricadas a partir de partículas de titanio e procesadas mediante o proceso pulvimetalúrxico.

      Segundo os investigadores da UPV, un dos problemas actuais máis importantes na cirurxía ortopédica e traumatolóxica é a substitución da estrutura ósea. Para solucionalo, desenvolveron estruturas porosas de titanio que reducen esta rixidez e adáptanse á zona do óso que se substitúe e, ao mesmo tempo, axudan á integración ósea a proporcionar a porosidade axeitada para o crecemento das células óseas (osteoblastos). Todo iso mediante a técnica dos espazadores, que consiste en utilizar unha mestura de partículas de titanio e outro material de sacrificio (o espazador), que posteriormente se eliminará durante o tratamento térmico de sinterización, co que se obteñen as propiedades finais da peza.

    • faa-emiliolumbres di:

      O elemento químico Titanio (Ti) de número atómico 22, trátase dun metal de transición de cor gris plata. Ten bastante resistencia, dise que é o 4º metal estructural máis abundante na superficie terrestre e o 9º na gama de metais industriais. Non se atopa en estado puro senón que en forma de óxidos.
      O seu uso foi xeneralizado co desarrollo da tecnoloxía aeroespacial, onde é capaz de soportar as condicións extremas de frío e calor que danse no espacio e tamén na industria química.
      Ao ser resistente ao ataque de moitos ácidos, o Titanio ten propiedades biocompatibles dado que os tecidos do organismo toleran a súa presenza, polo que é factible(que se pode facer) a frabricación de moitas próteses.

    • faa-ritalage di:

      Os tecidos do corpo toleran a súa presenza sen que foran observadas reaccións alérxicas no sistema inmunitario. Esta propiedade de biocompatibilidade do titanio, combinado coas súas calidades de dureza, lixeireza e resistencia fixeron posible aplicacións moi útiles para fins médicos, tales como cadeira, xeonllo … É tamén un compoñente para a fabricación de cirurxía, tales como válvulas cardíacas, bisturís e tesoiras. O titanio nos tecidos vivos representa unha superficie sobre a que o óso crece e se adhire ao metal, formando unha boa ancoraxe.

  2. faa-tamaraparracho di:

    O titanio é un elemento químico de símbolo Ti e número atómico 22. Trátase dun metal de transición de cor gris prata.
    Esta metal é tan utilizado para facer implantes porque ten a capacidade de integrarse perfectamente no óso e de non ser reixado polo sistema inmunitario, grazas a unha característica que non posúen outros metais, denomindada biocompatibilidade. Esta propiedade consiste en que a súa primeira capa de átomos se oxida, mais isto non altera en absoluto a súa forte unión á segunda capa de átomos, que permanecen estables na súa posición. Polo tanto, ningún átomo ionizado é desprendido e isto fai que o titanio sexa invisible para os sistemas de defensa biolóxicos.
    Esta propiedade de biocompatibilidade do titanio unido a a súas cualidades mecánicas de dureza, lixeireza e resistencia fixeron posible unha gran cantidade de aplicacións de moita utilidade para a medicina como implantes e próteses.
    A aleación de titanio máis emplegada neste campo contén aluminio e vanadio según a composición: Ti6Al4V

  3. fab-mariblanco di:

    porque os tecidos do corpo toleran a súa presenza sen que foran observadas reaccións alérxicas no sistema inmunitario. Esta propiedade de biocompatibilidade do titanio, combinado coas súas calidades mecánicas de dureza, lixeireza e resistencia fixeron posible unha morea de aplicacións moi útiles para fins médicos, tales como cadeira, xeonllo e implantes dentais. É tamén un compoñente para a fabricación de cirurxía, tales como válvulas cardíacas, bisturís e tesoiras. Hai varias razóns para consideralo material ideal para implantes endósseos, entre as máis importantes e que o titanio no tecido vivo é unha superficie sobre a que o óso crece e se une ao metal, formando unha boa anclaxe.

  4. fab-miguelpineiro di:

    O titanio é un metal biocompatible, porque os tecidos do organismo toleran a súa presenza sen que se observasen reaccións alérxicas do sistema inmunitario. Esta propiedade de biocompatibilidad do titanio, unido ás súas calidades mecánicas de dureza, lixeireza e resistencia, fixeron posible unha gran cantidade de aplicacións de enorme utilidade para fins médicos,sobre todo nas próteses.O titanio nos tecidos vivos representa unha superficie sobre a que o óso crece e se adhire ao metal, formando unha boa ancoraxe.

    • fab-sabelafernandez di:

      O titanio é un elemento químico de símbolo Ti e número atómico 22. Trátase dun metal de transición de color gris prata. É un metal abundante na natureza; considérase que é o cuarto metal estructural máis abundante na superficie terrestre e o noveno na gama de metais industriais.
      Debido á súa gran forza, resistencia e lixereza, o titanio é especialmente eficaz para as aleacións de aluminio, molibdeno, manganeso, ferro e moitos outros metais. Desta forma utilízase na fabricación de avións, misís e moitas outras fabricacións similares. Tamén é un material moi resistente á auga, especialmente á auga do mar, razón pola cal tamén se usa nos eixes das hélices, os aparellos e moitas outras partes dos barcos constantemente expostps á auga salgada.
      Asimesmo, este metal ten tamén propiedades biocompatibles, dado que os texidos do organismo toleran a súa presenza, polo que é factible a fabricación de moitas próteses e implantes deste metal.

  5. faa-javiergonzalez di:

    Ás súas calidades mecánicas de dureza, lixeireza e resistencia, fixeron posible unha gran cantidade de aplicacións de enorme utilidade para fins médicos,sobre todo nas próteses. O óso crece e se adhire ao titaneo cunha boa ancoraxe, no uqe os tecidos dos organismos tolerando sen problema a súa presenza.

  6. fab-raquelpan di:

    O titanio é un metal biocompatible ,porque os seus texidos do organismo toleran a sua presencia sin que se observasen reaccións alérgicas do sistema inmunitario.Esta posibilidade de biocompatibilidad do titanio,unido as suas cualidades mecánicas de dureza,lixereza e resistencia ,fan posible unha enorme cantidade de aplicacións de enorme utilidade para fins médicos,usado en prótesis de cadera ,rodilla ,tornillos óseos ,placas antitrauma e incluso ,nos implantes dentais.

  7. faa-laurachaves di:

    O titanio é un material que destaca polas súas propiedades biolóxicas, físicas e mecánicas. Este material é utilizado nas próteses porque se adapta á zona do oso que se sustitúe e ao mesmo tempo axudan á integración ósea a proporcionar a porosidade adecuada para o crecemento das células óseas (osteoblastos). Esto realízase mediante unha técnica que consiste en utilizar unha mestura de partículas de titanio e outro material que posteriormente se eliminará durante o tratamento térmico de sinterización co que se obteñen as propiedades finais da peza.
    Estas pezas teñen que ter unha gran resistencia para soportar as cargas ás que se verá sometido o implante, polo que é necesario estimular aos osteoblastos co fin de rexenerar un oso san e forte.
    Ademais de nas prótesis, este material tamén se utiliza para a fabricación de válvulas cardíacas, marcapasos, gafas e ferramentas quirúrxicas como bisturís e tesoiras.

  8. faa-carmenvilanova di:

    O titanio (Ti) é un elemento químico, en especial, un metal de transición de coloración gris prata. Durante moito tempo foron probados diversos materiais para ser utilizados como implantes e próteses, pero o único ideal e aceptado de forma unánime na actualidade é o titanio, debido a que posúe unha propiedade moi característica denominada biocompatibilidad. Esta propiedade, tolerada polos tecidos do noso organismo sen que se observen reaccións alérxicas no sistema inmunitario, unida ás características mecánicas, físicas (dureza, lixeirez, etc.) e químicas do elemento veñen a constituír un gran avance na medicina. É esta a razón pola cal o titanio é tan empregado en próteses de cadeira e xeonllo, nos tornillos óseos, placas antitrauma e incluso implantes dentais.

  9. fab-lauraozores di:

    O titanio é un elemento químico de símbolo Ti e número atómico 22. Trátase dun metal de transición de cor gris prata. Ten unha alta corrosión e gran resistencia metálica.
    É un metal compatible cos texidos do organismo humano que toleran a súa presencia ser reaccións alérxicas do sistema inmunitario.Esta propiedade de compatibilidade do titanio unido ás súas calidades mecánicas de dureza, lixeireza e resistencia fixeron posibles unha gran cantidade de aplicacións de grande utilidade para aplicacións médicas, como prótese de cadeira e xeonllo, parafusos óseos, placas antitrauma e implantes dentais…
    Razóns para considerar ó titanio como o material ideal para as próteses:
    -O titanio é inerte, a cuberta de óxido en contacto cos tecidos é insoluble, polo cal non se liberan ións que puidesen reaccionar coas moléculas orgánicas.
    -O titanio nos tecidos vivos representa unha superficie sobre a que o óso crece e se adhire ao metal, formando unha ancoraxe anquilótica, tamén chamada osteointegración.
    -Posee unhas boas propiedades mecánicas. É moito máis forte que a dentina ou calquera cortical ósea, permitindo aos implantes soportar cargas pesadas.
    -É suave e maleable o cal axuda a absorber o choque de carga.

  10. fab-laracores di:

    Este metal é moi utilizado para as protesis pois ten propiedades bicompatibles, xa que os texidos do noso organismo toleran perfectamente o seu contacto. Unha das razóns máis importante polas que se lle dá este uso, é que nos tecidos vivos, o óso crece e acaba xuntandose a este metal, unindose perfectamente.

  11. faa-iagopadin di:

    O titanio é moi utilizado en próteses debido a que é un metal biocompatible, isto é, os texidos do organismo toleran a súa presenza sen que se observen reaccións alérxicas do sistema inmunitario. Esta propiedade de biocompatibilidade do titanio, unido ás súas calidades mecánicas de dureza, lixeireza e resistencia, fixeron posible unha gran cantidade de aplicacións de enorme utilidade para fins médicos, tales como próteses de cadeira e xeonllo, tornillos óseos, placas antitrauma e incluso, implantes dentales. Tamén é un compoñente para a fabricación de válvulas cardíacas e marcapasos, gafas, e ferramentas quirúrxicas, tales como bisturís e tesoiras. Ademáis, existen varias razones para consideralo o material ideal para implantes endoóseos, entre as máis importantes destaca que o titanio nos texidos vivos representa unha superficie sobre a que o óso crece e se adhire ao metal, formando un bo anclaxe.
    Popularmente extendeuse moito debido á gran cantidade de pezas que fan para os piercing, tan de moda nos últimos anos.

  12. faa-marinabusto di:

    O titanio é un metal compatible con tecidos do organismo, toleran a súa presenza e non se teñen observado reaccións alérxicas do sistema inmunitario. Esta propiedade de biocompatibilidade do titanio, unido as súas calidades mecánicas de dureza, lixereza e resistencia, fixeron posible unha gran cantidade de aplicacións de enorme utilidade para fins médicos: prótesis de cadeira e xeonllo, parafusos óseos, placas antitrauma e incluso, implantes dentais. Tamén é compoñente para a fabricación de válvulas cardíacas e marcapasos, lentes, e ferramentas quirúrxicas, tales como bisturís y tesoiras. Unha das razóns para consideralo o material ideal para implantes endoóseos, é que o titanio nos tecidos vivos representa unha superficie sobre a que o óso crece e se une ao metal, formando unha boa ancoraxe.

  13. faa-martinbaulde di:

    O titanio é un metal biocompatible. Esta propiedade unida ás súas calidades mecánicas de dureza, lixereza e resistencia, fan posible unha gran cantidade de aplicacións tales como próteses de cadeira e xeonllo, tornillos endoóseos … Hai varias razóns para consideralo material ideal para implantes endoóseos, entre as máis importantes encóntranse:
    O titanio nos tecidos vivos representa unha superficie sobre a que o óso crece e adhírese ao metal, formando un bo anclaxe.
    As próteses de titanio teñen unha vida útil máis extensa, xa que teñen unha alta resistencia á corrosión, así como tamén unha resistencia do tipo mecánica, o que evita que se teñan que realizar repetidas intervencións para substituír as próteses que xa non poden usarse.
    É necesario destacar, que tamén as próteses de titanio non danan, nin destrúen os ósos que se atopan en contacto coa mesma.

    O titanio é un metal leve, de baixo peso, o que fai que a próteses non xeren incomodidade, e que practicamente non haxa que afacerse á mesma.
    Dado que as próteses se fan a medida e en función das necesidades do paciente, o titanio ou as próteses de titanio convértense nunha excelente opción por ser un material fácil de modelar e de traballar.

  14. faa-miguelotero di:

    O titanio úsase nas proteses debido a súa compatibilidade cos texidos do organismo humano, debido a que estes toleran a súa presenza sen reaccións alérxicas do sistenma inmunitario.
    Ten moitas aplicacións polas súas grandes cualidades, o que resulta de moita axuda nas aplicacións médicas. Algunhas das súas cualidades son como, a súa inercia, a cuberta de óxido cos texidos é insoluble, polo cal non libera ións que poidan reaccionar coas moléculas orgánicas. Outra das cualidades importantes é que o titanio nos texidos vivos reprensenta unha superficie sobre a que o oso adhírese formando un bo anclaxe que nos permita remotar o movemento da zona dañada da mellor forma posible.
    Estas son algunhas das vantaxes polas que se escolle o titanio nas proteses.

  15. Victor di:

    Que entendedes polo concepto de biocompatibilidade?

  16. faa-tamaraparracho di:

    Definimos biocompatibilidade como a capacidade dun material para non interferir nin degradar o medio biolóxico no cal é utilizado, é dicir, de provocar efectos tóxicos ou prexudiciais nese sistema biolóxico.
    O termo biocompatibilidade aplícase principalmente aos materiais médicos en contacto directo (breve ou prolongado) cos tecidos e fluídos internos do corpo. Estes materiais poden ser utilizados para producir instrumentos como sondas, xiringas, próteses… os cales, grazas á biocompatibilidade dos seus materiais, son capaces de actuar en harmonía cos tecidos e sen causar problemas, isto é, de realizar a función que lles foi asignada con respecto a unha terapia médica, sen provocar efectos indesexables no receptor da terapia.

  17. fab-miguelpineiro di:

    Polo concepto de biocompatibilidade entendemos que hai ausencia de reaccións alérxicas, inmunitarias, etc., no contacto entre os tecidos do organismo e algúns materiais.O termo biocompatibilidade aplícase principalmente aos materiais médicos en contacto directo cos tecidos e fluídos internos do corpo.
    Son moi poucos os materiais biocompatibles que son aceptados por todo corpo, de aí que non poida clasificarse un material como tal de forma definitiva. Algúns dos materiais biocompatibles máis comúns son o titanio para implantes ou o aceiro.

  18. fab-antonchaves di:

    Biocompatibilidade é a capacidade d un material para non interferir nin degradar no medio biolóxico no cal son utilizados (un ser humano e outro ser vivo). Os materiais biocompatibles son chamados biomateriales.
    O término biocompatibilidade aplícase principalmente aos materiais médicos en contacto directo, breve ou prolongado, cos texidos e fluidos internos do corpo como as sondas, as xeringas, as prótesis, etc.
    Se se trata dun contacto breve interveñen a posible toxicidade ou no do material, o que poida producir una reacción alérxica no individuo.
    Se se trata dun contacto prolongado interesa ademais cal debe ser a reacción desexada do texido receptor:
    – Que non reaccione co huésped (materiais bioinertes), como o caso da sutura dunha herida con seda.
    – Que se degrade ou se reabsorba para ser reemplazado polo texido do huésped (materiais bio-reabsorbibles o biodegradables), como no caso dunha sutura interna con catgut.
    – Que reaccione co el texido no que se implanta dando lugar a unha forte unión entre ambos (materiais bioactivos), como o caso dos implantes dentais ou os implantes ortopédicos.

  19. faa-andreaperez di:

    Biocompatibilidade é considerada como a cualidade dun material de ser compatible co entorno biolóxico, é dicir, a capacidade do material para interactuar cos texidos vivos, sen causar dano ou moi poucas reaccións biolóxicas.

    Biocompatibilidade aplícase principalmente aos materiais médicos en contacto directo, breve ou prolongado, cos texidos e fluidos internos do corpo.
    Si é un contacto breve interveñen a posible toxicidade ou no do material.
    Si é un contacto prolongado interesa cal debe ser a reacción desexada polo texido receptor.

  20. faa-ariadnavazquez di:

    A biocompatibilidade está relacionada co comportamento dos biomateriais en diversos contextos. O termo refírese á capacidade dun material para levar a cabo cunha resposta do hóspede apropiado nunha situación específica.
    A ambigüidade do termo reflicte o continuo desenvolvemento de ideas sobre como biomateriais interactuan co corpo humano e, finalmente, como esas interaccións determinan o éxito clínico dun dispositivo médico (por exemplo, marcapasos, prótese de cadeira ou stent). Dispositivos médicos modernos e prótese fanse a miúdo de máis dun material polo que podería non ser sempre suficiente para falar acerca da biocompatibilidade dun material específico.

  21. faa-ileniamartinez di:

    A biocompatibilidade é considerada como a cualidade dun material de ser compatible co entorno biolóxico, é decir, a capacidade do material para interactuar cos tecidos vivos, sin causar dano ou moi poucas reaccions biolóxicas.
    Hai moitas áreas nas que se utilizan biomateriales para o corpo humano. Estos abarcan moitos campos de especialización, entre os que se encontran a cirurxía dental, as especialidades quirúrxicas como ortopedia e a ciruxía plástica, e campos médicos como a cardioloxía e a radioloxía. Este universo de aplicacións require dunha amplia gama de materiais. Moitos destos dispositivos, a menudo instalanse en ambientes que están suxeitos a fricción e o desgaste . Estos dous factores están íntimamente relacionados co tempo de vida útil e funcional de ditos compoñentes.
    Estos distinguense dos demáis materiais, en que teñen unha serie de propiedades químicas, físicas e biolóxicas, que lles permiten manterse nun medio extremadamente hostil hacia eles, xa que actúan como corpos extraños ao medio en que son colocados