“A dúbida de Darwin” (Creation)

Película inglesa do ano 2009 que relata feitos reais e outros de ficción sobre a vida de Darwin. A acción está centrada na loita interior entre a súa vocación científica que o levou a escribir “A orixe das especies” e a devoción que sentía pola súa muller que era profundamente relixiosa. A súa dona pensaba que a obra de Darwin negaba que o Universo fora obra da creación de Deus. A película tamén narra a especial relación que había entre Darwin e entre a súa filla maior que faleceu a moi curta idade.

Ficha técnica

Esta entrada foi publicada en cine. Garda o enlace permanente.

26 Responses to “A dúbida de Darwin” (Creation)

  1. Victor di:

    Cal considerades que foron as grandes aportacións de Darwin á nosa sociedade?

    • faa-emiliolumbres di:

      Charles Robert Darwin (1809-1882) foi un naturalista inglés que propuxo que tódalas especies de seres vivos evolucionaron co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso denominado seleción natural, esta teoria constitúe un gran paso na coherencia do coñecemento do mundo vivo e das ideas sobre a evolución presentes con anterioridade.
      Tratábase dunha teoría que contiña moitas outras subteorías, pero fundamentalmente estas 2 foron as principais:
      – A orixe: Que foi a teoría da orixe común ou comunidade de descendencia, nela intégranse evidencias a favor do feito da evolución
      – Selección natural: Que establece o mecanismo do cambio evolutivo.

    • faa-ritalage di:

      Charles Robert Darwin foi un naturalista que postulou que todas as especies de seres vivos que habitan no mundo, foron evolucionando co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso coñecido como selección natural.
      Darwin creou a teoría da Selección Natural que é un fenómeno esencial da evolución que se define como a reprodución diferencial dos xenotipos no seo dunha poboación biolóxica.
      Parte de dúas premisas; a primeira delas afirma que entre os descendentes dun organismo hai unha variación cega (non aleatoria), non determinista, que é en parte herdable. A segunda premisa sostén que esta variabilidade pode dar lugar a diferenzas de supervivencia e de éxito reprodutor, facendo que algunhas características de nova aparición se poidan estender na poboación.

    • faa-rubeniglesias di:

      Charles Darwin foi un naturalista inglés que postulou que todas as especies de vida evolucionaron ao longo do tempo a partir de antepasados ​​comúns a través dun proceso chamado selección natural. A evolución foi aceptada como feito pola comunidade científica.
      Creou a teoría da Selección Natural que é un fenómeno esencial da evolución. A selección natural pódese definir coma un proceso no que os seres máis fortes e con máis habilidades, sobreviven.
      Esta información aparece no libro escrito por “El Origen de las Especies”.
      Darwin cambiou o concepto de “creación” por “evolución”.

  2. faa-ariadnavazquez di:

    As aportacións do naturalista inglés do siglo XIX, Charles Robert Darwin, foron esenciales para entender a evolución do ser humano ó largo de millóns de anos. Gracias ó seus estudos, plasmados na sua obra “El origen de las especies por medio de la selección naural”, a súa teoría da evolución pode explicar dunha maneira práctica cómo o ser humano evolucionou e foi a especie dominante na Terra.

    A clave da súa teoría está na selección natural das especies. A través dos seus viaxes e do traballo incesante que realizou descubriu algo que é esencial para entender como nunha especie, sea a que sea, predomina sobre outras nuns lugares e non en outros.

  3. faa-sarafalcon di:

    As duas tesis do « Orixen das especies»

    1.- Descendencia con modificación

    Tódalas especies, existentes e extintas, descenderon, sen interrupción, dunha ou poucas formas orixinais. As especies que diverxeron dun ancestro común (moi similar) acumularon diferencias lentamente no tempo ata chegar a ser distintas unha de outra.

    2.- Selección natural ou A loita pola existencia

    Si os individuos dunha especie con características superiores sobreviven e reproducense máis exitosamente cos individuos con características inferiores, e si estas diferencias son heredadas, o carácter promedio da especie podría ser alterado

  4. faa-martinbaulde di:

    Charles Robert Darwin (1809 –1882) foi un naturalista inglés que postulou que todas as especies de seres vivos que habitan no mundo, foron evolucionando co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso coñecido como selección natural.
    Darwin creou a teoría da Selección Natural que é un fenómeno esencial da evolución que se define como a reprodución diferencial dos xenotipos no seo dunha poboación biolóxica.
    Parte de dúas premisas; a primeira delas afirma que entre os descendentes dun organismo hai unha variación cega (non aleatoria), non determinista, que é en parte herdable. A segunda premisa sostén que esta variabilidade pode dar lugar a diferenzas de supervivencia e de éxito reprodutor, facendo que algunhas características de nova aparición se poidan estender na poboación.
    Darwin tamén creou a teoría de Orixe da Vida que se resume en que os tipos biolóxicos ou especies non teñen unha existencia fixa nin estática senón que se encontran en cambio constante.

  5. fab-antonchaves di:

    As grandes aportacións de Darwin á nosa sociedade foron:

    1. Evolución como tal. Os seres vivos están cambiando continuamente, non foron creados recentemente nin están nun perpetuo ciclo.
    2. Orixe común. Cada conxunto de organismos descende dun antecesor común e o conxunto de todos os seres vivos (prantas, animais, hongos, microorganismos,…) remóntase ao único orixe da vida na terra.
    3. Diversificación das especies. A gran cantidade de especies existente débese a que, dunha mesma especie, xurdiron varias especies filla pola formación de novas poboacións aisladas xeográficamente.
    4. Gradualismo. A evolución ten lugar mediante pequenos cambios nas poboacións e non de manera saltacional.
    5. Selección natural. Os seres vivos están adaptados ao seu entorno porque nun mundo onde os recursos son escasos, poseer un carácter que aumente a eficacia na súa explotación dá máis oportunidades para deixar descendencia e, se este carácter é heredable, os fillos sobrevivirán mellor.

  6. faa-javiergonzalez di:

    A explicación proposta por Darwin do orixen das especies e do mecanismo da selección natural é un gran paso na coherencia do coñecemento do mundo e das ideas sobre evolución presentes. Darwin pretendía resolver os dous grandes problemas da historia natural: a unidade de tipo e as condicións de existencia. Estes problemas resolveos con dúas teorías: a teoria de orixen común ou comunidad de descendencia, que consistía na evolución biolóxica, e a teoría da selección natural, que consistía no mecanismo de cambio evolutivo.

  7. faa-glopez di:

    As maiores aportacions sen dubida foron como foi a evolucion das distintas espespecies co paso do tempo e deron lugar a outras novas pero gardando relacion ca sua procedencia. Tamen cambio a maneira de ver as especies que nos rodean

  8. faa-ileniamartinez di:

    Charles Darwin é sin duda unha das personalidades que mais representou no avance da ciencia na historia da humanidade . Os seus estudios sobre a evolución e sobre todo o descubrimento da Selección natural marcou o novo rumbo da bioloxía
    Darwin naceu en Shrewsbury en 1809, nunha familia acomodada . Tras un paso mediocre polos estudios elementales comezou a estudiar medicina para continuar coa saga familiar, que abandonou para cursar estudios de sacerdocio, que abandoou tamén posteriormente.
    Tras acabar os seus estudos, embarcou durante cinco anos no HMS Beagle , co que fixo unha expedición científica ao redor do mundo. Neste viaxe recopilou innumerables datos e anotaciónssobre xeofrafía, xeoloxía, botánica e zooloxía, asi como un gran número de mostras.
    Tras a súa volta a Inglaterra dedicouse totalmente a analizar a desbordante cantidade de notas que truxera consigo , das que obtendría información suficiente para escribir varios libros nos que explicaba como se comportaban os animais e que aspecto tiñan as plantas de remotos lugares da Terra, pero a él interesaballe moito mais o significado de todo aquelo que había visto, o como e o por que.
    As ideas de Malthus sobre o equilibrio das poboacións humanas deronlle a pista sobre o mecanismo que rige o fenómeno evolutivo: a Selección Natural, que se basa na supervivencia dos mais aptos.
    consciente das repercusións que iba a causar e do rechazo que ocasionaría a súa publicación na onservadora sociedade victoriana, decidiu demorarla e finalmente decidiuse a publicala cando o tamén naturalista Alfred Russel Wallace chegou a misma conclusión ca el.
    Despois da súa obra cumbre continuou escribindo igualmente , tratando temas evolutivos .

  9. faa-laurachaves di:

    As aportación do naturalista inglés do sñeculo XIX, Charles Robert Darwin foron esenciais para comprender a evolución do ser humano ao longo de millóns de anos.
    Grazas aos seus estudos, plasmados na súa obra da Orixe das especies por medio da selección natural.
    Darwin plantexou que o factor esencial para que se produza o cambio dunha especie noutra é a loita pola supervivencia, na que o máis forte é o que triunfa. O medio ambiente pode influir na forma dun animal, a abundancia de comida fará desenvolverse especies máis pequeñas, así como a costume cambia a forma.
    Darwin tamén creou a teoría da Orixe da Vida, que consiste en que os tipos biolóxicos ou especies non teñen unha existencia fíxica nin estática, se non que pola contra, encóntranse en cambio constante.

    Estas teorías de Darwin foron duramente atacadas pola Iglesia, e xa cando as escribía se enfrentaba a un conflicto propio, pois a súa muller e a xente que o rodeaba víannas coma un ataque hacia Deus e a relixión.

  10. fab-miguelpineiro di:

    Charles Darwin é sin duda unha das personalidades que mais representou no avance da ciencia na historia da humanidade.Darwin pretendía resolver os dous grandes problemas da historia natural,a unidade de tipo e as condicións da existencia.
    Estes problemas resolveos con dúas teorías: a teoria de orixen común ou comunidad de descendencia, que consistía na evolución biolóxica, e a teoría da selección natural, que consistía no mecanismo de cambio evolutivo.

  11. faa-albarodriguez di:

    As aparicións científicas de Charles Darwin basaronse principalmente en dous criterios básicos: veracidade e rigor.
    A aportación máis importante de Darwin foi a afirmación de que as especies animais e vexetais resultaron non de actos de creacións independientes, senón dun proceso evolutivo en cullo transcurso foron transformándose unhas en outras. O que Darwin descobre é unha causa verosimil da evolución dos vexetais e animais. Ademáis, Darwin reuniu con gran consecuencia probas racionais e de moi diversos campos en favor da súa tesis, como os resultados da selección artificial sobre as especies domésticas, a consideración doutras causas posibles da evolución a parte da selección natural, as probas aportadas pola paleontoloxía, pola distribución xeográfica, pola anatomía e embrioloxía comparadas e pola existencia de órganos rudimentarios. Calquera destos tipos de probas é xa moi convincente, pero o conxunto deles, exposto con evidente prudencia e veracidade, teñen un enorme poder de convicción que impuxo á ciencia, como unha verdad establecida, a evolución das especies por selección natural.

  12. fab-sabelafernandez di:

    Charles Robert Darwin (12 de febrero de 1809- 19 de abril de 1882) foi un naturalista inglés que postulou que tódalas especies de seres vivos evolucionaron co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso denominado seleción natural. A evolución foi aceptada como un feito pola comunidade científica e por unha maior parte do público na vida de Darwin, mentres que a súa teoría da evolución mediante seleción natural non foi considerada como a explicación primaria do proceso evolutivo ata os anos 1930. Actualmente constitúe a base da síntesis evolutiva moderna.
    A explicación proposta por Darwin da orixe das especies e do mecanismo da seleción natural, á luz dos coñecementos científicos da época, constitúe un gran paso na coherencia do coñecemento do mundo vivo e das ideas sobre evolución presentes con anterioridade. Tratábase dunha teoría composta por un amplo abanico de subteorías que nin conceptual nin historicamente foron inseparables.

  13. Victor di:

    Sería correcto dicir que as especies máis perfectas son as que sobreviven e evolucionan?

    • faa-rubeniglesias di:

      Penso que é correcto. Dentro dunha especie concreta, a que máis habil sexa ou a máis forte, é a que sobrevivirá. Pero isto ocorre tamén nos seres humanos e ata non fai tanto, cando os matrimonios tiñan varios fillos, só resistían os máis fortes, os outros acababan morrendo.
      Despois tamén dicir, que as especies actuais son ás que mellor se souperon adaptar ao medio e soupero derrubar todo o que se lle puxo diante.

    • faa-rubeniglesias di:

      Penso que é correcto. Dentro dunha especie concreta, a que máis habil sexa ou a máis forte, é a que sobrevivirá. Pero isto ocorre tamén nos seres humanos e ata non fai tanto, cando os matrimonios tiñan varios fillos, só resistían os máis fortes, os outros acababan morrendo.
      Despois tamén dicir, que as especies actuais son ás que mellor se souperon adaptar ao medio e soupero derrubar todo o que se lle puxo diante. E por último dicir que dentro do ciclo da vida, aqueles máis fortes son os que máis tempo viven.

  14. fab-raquelpan di:

    Unha teoría de evolución e un conxunto de hipótesis e lendas que intentan explicar cómo puido haberse producido ese cambio no tempo;ese conxunto debe estar coherentemente armado e non enntrar en conflito con outras áreas da bioloxía.Darwin sabía que a superproducción de descendentes e a regla xeral na natureza e que sólo uns poucos tenden a sobrevivir.Cando a numerosa descendencia se enfrenta as condicions do medio ambiente ,xeralmente serán os ¨mellores¨ os ¨máis aptos¨ os que logren sobrevivir.Nesto consiste precisamente a loita pola existencia.A situación deescribese mellor segun Malthus e Darwin como ¨Supervivencia dos máis aptos¨,dos mellores adoptados o entorno.

  15. faa-miriantrigo di:

    Está claro que ningunha especie é perfecta, xa que cada unha posúe unha facultades e características que outras non teñen, e que lle son favorables. O que sí é certo é que cada especie foi evoluionando para conseguir adaptarse ao medio para poder satisfacer as súas necesidades e seguir adiante. Así, as que non evolucionaron son as que quedaron polo camiño e as que actualmente non existen.

  16. Victor di:

    HAI ALUMNOS QUE XA SE ADIANTARON.
    A PARTIR DE HOXE ESTÁ ABERTO O PRIMEIRO FORO DO CURSO (OBSOLESCEBCIA PROGRAMADA). PERMANECERÁ ABERTO DURANTE 10 DÍAS.

  17. faa-miguelotero di:

    Dende o meu punto de vista non existen especies perfectas, senon que algunhas conseguen adaptarse mellor ao medio natural. Esta adaptación permitelle á maioría das especies vivir durante máis tempo no seu ecosistema.
    Así que eu non considero correcto dicir que as especies máis perfectas son as que sobreviven e evolucionan, esta última parte é correcta o de “perfectas” non considero así pola miña opinión.

  18. faa-ivanlois di:

    Correcto de todo non sería, pero tampouco sería incorrecto. As especies evolucionan para adaptarse as necesidades que cada unha ten, pero nesta vida ninguén é perfecto. Ademais distintas especies teñen características que as outras non teñen porque non poden, ou porque non as necesitan. Así ben as especies que quedaron polo camiño foi porque non puideron adaptarse ou evolucionar para poder sobrevivir.

  19. Victor di:

    A PARTIR DE HOXE ESTÁ ABERTO O PRIMEIRO FORO DO CURSO (OBSOLESCEBCIA PROGRAMADA). PERMANECERÁ ABERTO DURANTE 10 DÍAS.

  20. faa-ritalage di:

    As especies evolucionan para adaptarse as necesidades de cada una.Ademais cada especie ten as suas caracteristicas propias que outras non teñen.De tal xento, as especies que seguiron a diante foron as que resistiron todo o que se puxera diante.

  21. faa-albarodriguez di:

    Na miña opinión non existen unas especies máis perfectas que outras. Eu considero, que existen especies que se adaptan mellor ao medio no que viven e por iso sobreviven máis tempo, pero isto non implica que sexan máis perfectos. Ademais disto considero que non existe ningunha especie perfecta xa que cada unha posúe unha serie de características diferentes e coas que poden realizar actividades que as outras especies non poden.