O gran depredador

O megalodón é o tiburon máis grande que xamáis existira, un animal de casi 20 metros de lonxitude e 50 toneladas de peso, alimentabábase das baleas primitivas do mioceno medio hai aproximadamente 16 millóns de anos. Hai dúbidas sobre o destino deste depredador, un dos más voraces do planeta. Algunhas persoas aseguraron telo visto na actualidade e lle atribúen restos encontrados nas costas ou tamén pola morte doutros tiburóns, ademais algúns programas de televisión alimentaron este mito suxerindo que o “megalodón”  podía seguir surcando as augas.

Sen embargo un novo estudio na Universidade de Florida (EE.UU) aclara esta confusión, dicindo que é imposible que o “megalodón” siga escondido no fondo dos océanos, porque segundo investigadores, este desapareceu hai un 2,6 millóns de anos. Para este estudio usaron as bases de datos e pubicacións científicas recentes dos registros do “megalodón” e calcularon esta extincion cun novo modelo matemático doutra universidade. O plantexamento  no que se basearon os investigadores foi que cando o “megalodón” desapareceu, as baleas adquiriron o gran tamaño e a alimentación por filtro que teñen hoxe en día.

Por outra parte, este estudio pode axudar aos científicos a entender mellor os posibles efectos da perda dos principales depredadores, especialmente os grandes tiburóns, debido á crise actual da biodiversidade.


Autor: Emilio Lumbres

Esta entrada foi publicada en Bodiversidade e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.