Dietas persoalizadas

Un grupo de científicos de distintas institucións estadounidenses estudou as diferentes respostas cerebrais de ratos macho e femia cando consomen graxas. O descubrimento, publicado esta semana na revista Cell Reports, indica que os cerebros de machos e femias responden de formas moi diferentes a este tipo de dietas. Os machos sofren unha maior inflamación da rexión afectada polas graxas, incrementando o risco de diabetes e enfermidades cardiovasculares, en comparación coas femias. O equipo está traballando para confirmar se os achados en ratos tamén se podrían aplicar nas persoas.

Cando os ratos macho entraron nun estado de inflamación despois de comer dietas altas en graxas, viuse que tamén sufriron unha redución da función cardíaca, mentres que as femias non. É como se o cerebro dos ratos femias fose ‘inmune’ ao desafío da dieta alta en graxas. O feito de que estes procesos dos nutrintes se presentasen de maneira distinta nos dous sexos coa mesma dieta é unha novidade.

“O nosos datos mostraron que os ratos que tiñan inflamación cerebral sufrían prediabetes, ademáis de alteracións na función cardiovascular e isto só ocorría nos ratos macho; non había inflamación nas femias. Vimos que non estaba de todo mal que as femias tiveran, de vez en cando, unha dieta alta en graxas. Sen embargo, foi altamente perxudicial nos machos”; explica a investigadora Deborah Clegg.

 

Isto da á idea de facer dietas cada vez máis persoalizadas. Agora, están traballando nunha estratexia para confirmar se os descubrimentos tamén se poderían aplicar ás persoas. As conclusións poderían explicar as diferenzas observadas entre mulleres e homes nas consecuencias da obesidade. De ser confirmadas en humanos, estas conclusións obligarían a adaptar as recomendacións dietéticas en función do sexo, xa que ata o momento sempre se deu a mesma resposta para todos respecto á información nutricional e estes datos suxiren que se debe ter en conta a sexualidade á hora de consumir graxa.

Neuroloxicamente, a obesidade está asociada coa inflamación crónica no sistema nervioso central. A inflamación deste, á súa vez, provoca unha resistencia á insulina e á leptina, facilitando a aparición de enfermídades cardiovasculares.

Nos últimos 50 anos, a obesidade converteuse nunha epidemia mundial. A OMS estima que máis do 35% das persoas adultas de 20 ou máis anos teñen sobrepeso, e que o 11% son obesas.

Autor: Iago Padín Domínguez

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.