Sen límites

Alan Eustace

Alan Eustace, uns dos vicepresidentes da empresa Google, de 57 anos, este 24 de outubro de 2014, lanzouse ao baleiro desde a estratosfera, a 41.420 m de altitude, logrando superar a marca de Félix Baumgartner, que mantiña o récord con 39.068 m.

O salto durou 15 minutos, tendo previamente unha subida de dúas horas, e nel obtivo unha gran velocidade en descenso, chegando a acadar uns 1.322 km/h , rompendo a barreira do son. Os privilixiados que asistiron ao evento afirman que se puido escoitar o “boom” que se xenera ao romper a barreira do son. Pero pese a todo, este récord ségueo conservando Félix Baumgartner con una velocidade de 1.342 km/h.

Para lograr facer este salto, necesitáronse 3 anos de preparación, fixérono sen axudas externas, sen repercusións mediáticas, nun absoluto anonimato, simplemente cun pequeno equipo de expertos, que se ocuparon de tódolos asuntos que se puxesen polo camiño. Para lograr facer este salto só fixo falta un traxe presurizado e globos de helio. Este salto formou parte dun proxecto para o estudo da estratosfera.

Tras chegar de novo á superficie terrestre, a 112 km do seu punto de orixe, dixo que : “Fue increíble. Fue maravilloso. Podías ver la oscuridad del espacio y podías ver las capas de la atmosfera, que nunca había visto antes” , “Fue un paseo salvaje, salvaje”

Esto demóstranos que pese a ter 57 anos, nada é imposible de conseguir, aquí temos  un grato exemplo, que a pesar de todos os perigros que supón facer este tipo de saltos, el foi capaz superando con éxito os obxectivos.

Todo o salto está gravado cunha cámara chamada GoPro, que estaba integrada no traxe, pero ese vídeo está nas mans do gran Alan Eustace, e polo momento, non ten pensado publícalo.


Autor: Miguel Piñeiro

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to Sen límites

  1. Victor di:

    De que capas consta a atmosfera terrestre? Desde que capa sería posible facer un salto a maior altitude?

    • faa-albarodriguez di:

      A atmosfera terrestre consta de diversas capas:
      -Troposfera: (entre 9 e 18 km), nela prodúcense importantes movementos verticais e horizontais das masas de aire, hai abundate auga. É a zona de nubes e dos fenómenos climáticos. A súa temperatura vai disminuíndo conforme vai subindo ata chegar a unha temperatura de -70ºC.
      -Estratosfera: (entre 18 e 20 km), os ventos horizontais chegan a alcanzar os 200km/h, casi non hai movementos verticais. A súa temperatura vai aumentando ata chegar os 0ºC. Nesta parte da atmosfera entre os 30 e os 50 km, encontrase o ozono, e importante xa que absorbe as radiacións de onda corta.
      -Mesosfera: (entre 50 e 80 km), só contén o 0,1%da masa total do aire. A súa densidade é moi baixa, isto combinado coa disminución da temperatura produce formación de turbulencias e ondas atmosféricas que actúan a altas temperaturas.
      -Ionosfera: (entre 80 e 640 km), nesta capa as partículas da atmosfera experimentan unha ionización debido a radiación ultravioleta. A ionosfera permite a recepción de sinais de radio a distancias moito maiores do que sería posible con ondas que viaxan pola superficie terrestre.
      -Exosfera: (entre 640 e 9.600 km), constitúe o límite exterior da atmosfera.
      Se observamos as características das capas veremos que non podemos executar un salto máis alá da estratosfera. As temperaturas e as radiacións que hai na mesosfera non son soportadas polos humanos.

    • fab-dariovazquez di:

      A atmosfera está dividida en 4 capas, a capa na que nos atopamos nos é a Troposfera, despois atopamos a Estratosfera,a última capa na que seria posible un salto destas características, despois está a Mesosfera, a cal está formada por un altisimo porcentaxe de Ozono, logo estaria a Ionosfera, nesta capa as particulas de aire están moi influenciadas polos raios Ultravioletas, e por último temos a Exosfera, a capa que se comeza a mesturar co espazo. Debido ás temperaturas e condicións ambientais a capa máis alta na que se poderia facer un salto sería a Estratosfera.

    • faa-sarafalcon di:

      A Troposfera
      A troposfera é a capa inferior da atmósfera, é onde se desenvolve o tempo.

      A Estratosfera
      A estratosfera é a segunda capa da atmósfera da terra. A medida que se sube, a temperatura na estratosfera aumenta. Moitos avións voan na estratosfera porque é moi estable.
      A Mesosfera
      A mesosfera é a terceira capa da atmósfera da terra. A temperatura disminue a medida que se sube

      A Termosfera
      A termosfera é a cuarta capa da atmósfera da terra.
      Os trasbordadores espaciais voan nesta capa.

      A Exosfera
      A última capa da atmósfera da terra é a exosfera.
      Esta é a área onde os átomos escapan hacia o espazo.
      Esto diria que só se podría saltar con boas dende a estratosfera xa que a última capa onde un humana pode soportar a temperatura e presión.

    • faa-manuelvilas di:

      Troposfera:Ten un espesor dende a superficie terrestre ata 6km nas zonas polares e 20km nas zonas intertropicais. A medida que se ascende nesta capa vaise disminuíndo a temperatura. Aquí suceden os fenómenos que denominamos tempo meteorolóxico.
      Estratosfera: Exténdese dende os 9-18 km ata uns 50 km de altitude. A medida que se sube a temperatura vai aumentando. Sería dende a última capa que podemos saltar xa que máis arriba o corpo humano non podería superar a temperatura e a presíon.
      Ozonosfera: Contén unha concentración alta de ozono e absorbe entre o 97 e o 99% das radiacións ultravioletas.
      Mesosfera:Exténdese entre os 50 e os 80km de altitude. é a zona máis fría, puidendo alcanzar -80ºC.
      Ionosfera:Nesta capa as temperaturas poden chegar ata 1500ºC.
      Exosfera:é a ultima capa e está de tránsito entre a atmosfera terrestre e o espazo interplanetario.

    • faa-ritalage di:

      En función da altitude, podemos dividir a atmósfera nas seguintes capas:
      A troposfera é a capa inferior da atmósfera, é onde se desenvolve o tempo.
      A estratosfera é a segunda capa da atmósfera da terra. A medida que se sube, a temperatura na estratosfera aumenta. Moitos avións voan na estratosfera porque é moi estable.
      A mesosfera é a terceira capa da atmósfera da terra. A temperatura disminue a medida que se sube
      A Exosfera é a ultima capa e está de tránsito entre a atmosfera terrestre e o espazo interplanetario.

  2. faa-tamaraparracho di:

    Denominamos atmosfera terrestre á capa gasosa que envolve a Terra.
    Esta capa está formada principalmente por unha mestura de gases, entre os cales destacan o nitróxeno (78.084%), o osíxeno (20.946%), o argon (0.934%) e o dióxido de carbono (0.033%) así como o vapor de auga e o ozono.
    Estes gases non se distribúen de forma homoxénea se non que aparecen en diferentes capas, así, a atmosfera terrestre queda dividida en cinco capas:
    – Troposfera (6 – 20 km): é a capa da atmosfera que está en contacto coa superficie da Terra e na cal se producen os fenómenos meteorolóxicos. Ademais, nela o aire alcanza a súa máxima densidade xa que aquí se concentra a maior parte do osíxeno e o vapor de auga.
    – Estratosfera (20 – 5o km): A medida que se sube nesta capa, a temperatura aumenta. Formando parte desta capa, destaca a ozonosfera que se extende entre os 15 – 40 km de altitude e reúne o 90 % do ozono da atmosfera.
    – Mesosfera (50 – 85km): é a zona máis fría da atmosfera, xa que nesta capa a temperatura diminúe a medida que aumenta a altura, ata chegar a uns -80 ºC e incluso -90 °C.
    – Termosfera ou ionosfera (85km – 690km): Prodúcese a ionización de átomos e moléculas, polo tanto os gases que compoñen esta capa elevan a súa temperatura varios centos de grados.
    – Exosfera (690 – 10000 km): É a zona de tránsito entre a atmosfera terrestre e o espacio. Nesta capa, os gases van perdendo ás súas propiedades físico-químicas e dispersándose.

    Observando as características de cada capa, vemos que non se podería efectuar un salto dende a máis alá da estratosfera (ata 50 Km), pois o ser humano sería incapaz de soportar as temperaturas extremas que se rexistran na mesosfera (de ata -90ºC). Ademais, a capa de ozono (que se encontra na estratosfera) é a que actúa como escudo protector das radiacións nocivas que chegan á Terra, polo que se unha persoa se encontrase na mesosfera, veríase afectado por estas radiacións.

  3. faa-carmenvilanova di:

    A atmosfera terrestre consta de diversas capas:
    -A troposfera: é a capa que está en contacto coa superficie da Terra. Chega ata un límite superior (tropopausa) situado a 9 km de altura nos polos e a 18 km no ecuador. É a zona das nubes e os fenómenos climáticos (chuvias, cambios de temperatura, movementos das masas de aire=ventos…).
    -A estratosfera: é a capa máis importante da atmosfera e vai dende a tropopausa ata un límite superior denominado estratopausa, a 50 km de altitude. Nesta capa encóntase o ozono, entre os 30 e os 50 km.
    -A mesosfera: esta capa exténdese entre os 50 e os 80 km de altura e o aire nela presenta unha densidade moi baixa. Esto combianado ao descenso da temperatura da lugar ás turbulencias e ondas atmosféricas. A mesosfera ten gran importancia no ámbito da ionización e as reaccións químicas que ocorren nela.
    -A termosfera: é a capa terrestre que abarca dende os 80 ata os 640 km (ou máis). Dentro de esta capa, a radiación ultravioleta, os raios gamma e os raios X provintes do Sol provocan a ionización dos átomos de Na e moléculas.
    -A exosfera: nesta capa que vai dende os 640 ata os 100 km e constitúe o límite da atmosfera, o aire perde as súas propiedades físico-químicas e os demais gases van dispersándose ata que a composición sexa similar á do espazo exterior.

    Finalmente, a fronteira por enriba da cal a presión parcial do osíxeno non é suficiente para manter a vida humana ubícase a unha altitude de 8.000 m. Porén, o salto de maior altitude rexistrado ata o de agora correspóndese con Felix Baumgartner a 39.969 m, desde a estratosfera.

  4. fab-nereaporta di:

    A troposfera :ten un límite superior 9 km de altura nos polos, e 18 km do ecuador. Nesta capa prodúcese movementos verticales e horizontales das masas de aire e existe unha abundancia relativa de auga, nesta prodúcese os fenómenos meteorolóxicos. A temperatura chega acadar os -70 grados C.
    A estratosfera: comeza a partir da tropopausa e acada os 50 km de altitude. A temperatura chega ata os 0 grados C, case non hay movemento vertical do vento , en cambio os movementos horizontales chegan acadar os 200km/h o que facilita o difundimento de calquer cousa por todo o globo.
    A mesosfera: exténdese entre os 50 e 80 km de altura só conten o 0,1% da masa total do aire. É importante a ionización e as reaccións químicas que ocurren nela. A disminución da temperatura combinada e a baixa densidade de aire na mesosfera determinan as turbulencias e ondas atmosfericas.
    A ionosfera: exténdese ata unha altura de 80 km sobre a superficie terrestre ata 640 km ou mais. A estas distancias, o aire está enrarecido en extremo. Cando as partículas da atmosfera unha ionización por radación ultravioleta, tenden a permanecer ionizadas debido as mínimas colisiones que se producen entre os iones.

  5. faa-martinbaulde di:

    A atmosfera conta das seguintes capas :
    A troposfera, que chega ata un límite superior situado a 9 Km de altura nos polos e os 18 km no ecuador. Nela prodúcense importantes movementos das masas de aire (ventos) e hai relativa abundancia de auga. É a zona das nubes e os fenómenos climáticos: chuvias, ventos, cambios de temperatura…
    A estratosfera, que comeza a partir da tropopausa e chega ata un límite superior (estratopausa), a 50 km de altitude. A temperatura vai aumentando ata chegar a arredor de 0ºC na estratopausa. Os ventos horizontais chegan a alcanzar frecuentemente os 200 km/h, o que facilita que calquera substancia que chega á estratosfera se difunda con rapidez. Nesta parte da atmosfera, encóntrase o ozono.
    A mesosfera, que se estende entre os 50 e 80 km de altura, contén só preto do 0,1% da masa total do aire. É importante pola ionización e as reaccións químicas que acontecen nela.
    A ionosfera esténdese dende unha altura de case 80 km sobre a superficie terrestre ata 640 km ou máis. A estas distancias, o aire está enrarecido en extremo. Ten unha grande influencia sobre a propagación dos sinais de raio
    A rexión que hai máis alá da ionosfera recibe o nome de exosfera e esténdese ata os 9.600 km, o que constitúe o límite exterior da atmosfera.
    Non hai unha altura exacta, pero facer un salto desde máis alá da estratosfera sería inhumano, xa que as temperaturas tan baixas serían insoportables para unha persoa.

  6. faa-javiergonzalez di:

    -Troposfera (6 – 20 km): é a capa da atmosfera que está en contacto coa superficie da Terra e na cal se producen os fenómenos meteorolóxicos. Ademais, nela o aire alcanza a súa máxima densidade xa que aquí se concentra a maior parte do osíxeno e o vapor de auga.
    – Estratosfera (20 – 5o km): A medida que se sube nesta capa, a temperatura aumenta. Formando parte desta capa, destaca a ozonosfera que se extende entre os 15 – 40 km de altitude e reúne o 90 % do ozono da atmosfera.
    – Mesosfera (50 – 85km): é a zona máis fría da atmosfera, xa que nesta capa a temperatura diminúe a medida que aumenta a altura, ata chegar a uns -80 ºC e incluso -90 °C.
    – Termosfera ou ionosfera (85km – 690km): Prodúcese a ionización de átomos e moléculas, polo tanto os gases que compoñen esta capa elevan a súa temperatura varios centos de grados.
    – Exosfera (690 – 10000 km): É a zona de tránsito entre a atmosfera terrestre e o espacio. Nesta capa, os gases van perdendo ás súas propiedades físico-químicas e dispersándose.

    Da estratosfera, xa que o ser humano non pode soportar máis arriba.

  7. faa-ivanlois di:

    Definimos atmosfera como a capa de gas que arrodea a Terra. A altura da atmosfera terrestre é de máis de 100 Km, e ten as seguintes capas:
    -Troposfera (dende os 6 ata os 20 Km): é a primeira capa que se encontra en contacto coa superficie terrestre, e é na que se producen os fenómenos meteorolóxicos. Nesta capa encóntrase a maior parte da masa gaseosa, así como case todo o vapor de auga.
    -Estratosfera (dende os 20 ata os 50 Km): é a capa máis importante porque nela encóntrase a capa de ozono que protexe a terra de excesos de raios ultravioletas, e tamén como regulador da temperatura.
    -Mesosfera (dende 50 ata os 85 Km): é a capa onde se encontran as temperaturas máis baixas, xa que van diminuído a medida que aumenta a altura, chegando ata os -90ºC.
    -Termosfera (dende os 85 ata os 690Km): nela prodúcese a ionización de átomos e moléculas, a temperatura vai dende os -73ºC ata os 1500ºC aproximadamente, nesta capa tamén se producen a destrución de meteoritos que se dirixen a Terra.
    -Exosfera (dende os 690 ata os 10000 Km): é a última capa na que os gases van perdendo as súas propiedades e vanse dispersando ata que a súa composición é similar a do espazo.
    Eu creo que non se podería efectuar un salto máis aló da estratosfera, debido a que máis lonxe as temperaturas diminúen e o ser humano non sería capaz de soportar esas temperaturas tan baixas.

  8. fab-sabelafernandez di:

    A atmosfera terrestre é a parte gasosa da Terra, sendo por iso a capa máis externa e menos densa do planeta. Está constituída por varios gases que varían en cantidade según a presión a diversas alturas. Esta mestura de gases que forma a atmosfera recibe xenericamente o nome de aire. O 75 % de masa atmosférica encóntrase nos primeiros 11 km de altura, dende a superficie do mar. Os principais elementos que a compoñen son o osíxeno (21%) e o nitróxeno (78%).
    A temperatura da atmosfera terrestre varía coa altitude. A relación entre a altitude e a temperatura é distinta dependendo da capa atmosférica considerada: troposfera, estratosfera , mesosfera e ionosfera.
    -A TROPOSFERA chega ata un límite superior (tropopausa) situado a 9 km nos polos e os 18 no ecuador. Nela prodúcense importantes movementos verticales e horizontales das masas de aire (ventos) e hai relativa abundancia de auga. É a zona das nubes e os fenómenos climáticos.
    -A ESTRATOSFERA comeza a partir da tropopausa e chega ata un límite superior (estratopausa), a 50 km de altitude. A temperatura cambia a súa tendencia e vai aumentando ata chegar a ser de arredor de 0ºC na estratopausa. Case non hai movemento en dirección vertical do aire, pero os ventos horizontales chegan a alcanzar frecuentemente os 200 km/h.
    -A MESOSFERA, que se extende entre os 50 e 80 km de altura, contén só preto do 0,1% da masa total do aire. É importante pola ionización e as reaccións químicas que ocurren nela.
    -A IONOSFERA exténdese dende unha altura de case 80 km sobre a superficie terrestre ata 640 km ou máis. A estas distancias, o aire está enrarecido en extremo. Cando as partículas da atmosfera experimentan unha ionización por radiación ultravioleta, tenden a permanecer ionizadas debido ás mínimas colisións que se producen entre os ións. A ionosfera ten unha gran influencia sobre a propagación das señales de radio.

    Os saltos habituais en paracaídas realízanse dentro da primeira capa da atmosfera terrestre, a troposfera.
    Pero a estratosfera é unha zona moi diferente. Trátase dunha capa que se extende dende o límite da ptroposfera, e nela, a temperatura, a densidade e a presión varían drasticamente, xerando unhas condicións que plantean problemas moi serios para a supervivencia dos seres vivos.

  9. faa-albarodriguez di:

    A atmosfera terrestre consta de diversas capas:
    -Troposfera: (entre 9 e 18 km), nela prodúcense importantes movementos verticais e horizontais das masas de aire, hai abundate auga. É a zona de nubes e dos fenómenos climáticos. A súa temperatura vai disminuíndo conforme vai subindo ata chegar a unha temperatura de -70ºC.
    -Estratosfera: (entre 18 e 20 km), os ventos horizontais chegan a alcanzar os 200km/h, casi non hai movementos verticais. A súa temperatura vai aumentando ata chegar os 0ºC. Nesta parte da atmosfera entre os 30 e os 50 km, encontrase o ozono, e importante xa que absorbe as radiacións de onda corta.
    -Mesosfera: (entre 50 e 80 km), só contén o 0,1%da masa total do aire. A súa densidade é moi baixa, isto combinado coa disminución da temperatura produce formación de turbulencias e ondas atmosféricas que actúan a altas temperaturas.
    -Ionosfera: (entre 80 e 640 km), nesta capa as partículas da atmosfera experimentan unha ionización debido a radiación ultravioleta. A ionosfera permite a recepción de sinais de radio a distancias moito maiores do que sería posible con ondas que viaxan pola superficie terrestre.
    -Exosfera: (entre 640 e 9.600 km), constitúe o límite exterior da atmosfera.
    Se observamos as características das capas veremos que non podemos executar un salto máis alá da estratosfera. A temperatura e as radiacións que existen na mesosfera son imposibles de soportar para o ser humano.

  10. faa-ariadnavazquez di:

    En función da altitude, podemos dividir a atmósfera nas seguintes capas:
    -Troposfera: É a capa de aire que está en contacto coa superficie terrestre. Alcanza asta os 10 km de altura e é na que se producen as nubes, as chuvias, as tormentas, os ventos, etc. A parte máis alta da troposfera denomínase tropopausa.
    – Estratosfera: Alcanza asta uns 25 km de altura. Está formada por estratos de aire con pouco movemento vertical, ainda que sí horizonal. A parte máis alta da estratosfera denomínase estratopausa.
    -Quimiosfera: Alcanza asta os 80 km de altura. Está formada na súa inMensa maioría por ozono, que sirve de filtro natural contra as radiacións ultravioletas.
    -Ionosfera: Formada principamente por ións,é dicir, átomos eléctricamente cargados procedentes do espacio. Alcanza asta os 400 km. É usada nas communicacións modernas para reflexar as ondas de radio, permitindo alcanzar maiores distancias.
    O salto máis alto posible sería dende a estratosfera.

  11. Victor di:

    E que tipo de datos científicos pode aportar un salto como este?

    • faa-manuelvilas di:

      Os datos científicas que poden aportar este tipos de saltos son moi variados.Aportan dende datos fisiolóxicos dun humano en caída libre a unha velocidade superior á do son, ata ver as cifras do salto, que serviran nun futuro para desenrolar o tema dos viaxes aeroespaciales. Aparte informacións recollidas na viabilidade dos rescates a gran altura será de utilidade para a industria comercial dos vos espaciais en ciernes. Tamén proporcionou datos para o desenrolo de paracaídas de alto rendemento e a gran altitude.

    • faa-ritalage di:

      Os datos científicos aortan dende datos fisiolóxicos dun humano en caída libre a unha velocidade superior á do son, ata ver as cifras do salto, que serviran nun futuro para desenrolar o tema dos viaxes aeroespaciales. Aparte informacións recollidas na viabilidade dos rescates a gran altura será de utilidade para a industria comercial dos vos espaciais en ciernes.

  12. faa-ileniamartinez di:

    A atmósfera é unha das tres capas que rodean o planeta, as outras duas son a xeósfera constituida por materia en estado sólido e a hidrósfera, constituida por líquidos. Cada unha destas capas contribue a perpetuación da vida no planeta, esta proporciona as condicións necesarias para que animales e vexetais desarroien os seus procesos vitales xa que nos protexe das radiacións solares perigrosas e proporcionanos o osíxeno necesario para a respiración. Manten, ademáis, un equilibrio entre os extremos de calor e frío e transporta a humidade dos océanos aos continentes.
    A atmósfera dividiuse en diversas zonas ou capas en relación coa altitud e as funcións. De aordo coas últimas investigacions realizadas e tomando en conta a variación vertical da temperatura, na atmósfera pódense distinguir seis capas: tropósfera, estratósfera, quimiósfera, mesósfera, termósfera ( a cal inclue a ionósfera) e a exósfera.
    – Tropósfera: é a capa de aire que está en contacto coa superficie terrestre, polo que é a mais densa.
    Conten todos os gases e a maior parte do vapor de auga e en ela prodúcense todos os cambios climáticos. Debido a súas características, é nesta capa onde se desarroia a vida. Ao ascender pola tropósfera, o aire vaise enfriando cada vez máis. Calculouse que a temperatura disminue uns 6° C por cada kilómetro de altura. A altura da tropósfera é de máis ou menos 10 km.
    – Estratósfera:
    Esta capa está constituida en xeral, por estratos de aire con pouco movemento vertical, ainda que e sí horizontal. En esta zona, el aire está casi sempre en perfecta calma por lo que é ideal para transporte aéreo. A radiación solar, alcanza directamente a estratósfera polo que presenta maior temperatura que na anterior. Chega ata unha altitude de alrededor de 25 km. 
    – Quimiósfera:
    Nesta capa prodúcense reaccións químicas. Chega ata uns 80 km de altitud.
    – Mesósfera:
    Caracterízase polas suas baixas temperaturas dende o límite da estratósfera .Nesta capa xa non existe o vapor de auga e a proporción dos gases restantes comenza a disminuir, tamén se producen ions. Alcanza hasta uns 90 km dende o nivel do mar.
    – Termósfera e Ionósfera:
    Abarca desde os 90 os 500 km, a esta altura o aire é moi tenue e a temperatura cambia coa actividade solar.
    O límite superior da ionósfera non está definido xa que os gases que quedan na parte externa desta capa se intercambian continuamente cos do espacio exterior. A diferencia das capas anteriores, esta está formada casi totalmente por particulas ionizadas.
    – Exósfera:
    É a capa mais extensa da atmósfera e está composta basicamebte por gases livianos como o helio.
    Encóntrase a 500 km de altura a partir do mar.

  13. faa-iagopadin di:

    Un salto dende a estratofera como o realizado proporciona unha gran cantidade de datos científicos. Estas contribucións científicas abarcan campos moi diversos, dende ser os primeiros datos fisiolóxicos dun humano en caída libre a unha velocidade superior á do son, ata ver as cifras do salto, que deron coñecementos útiles para futuros viaxes aeroespaciales.
    Aínda que no primeiro salto que se relizou había moitas incógnitas acerca do que sucedería co home que realizaría a fazaña ao saltar, a maioría delas eran sobre o que lle podería ocorrer ao seu corpo ao romper a barreira do son. Finalmente, as informacións que se recolleron serán de utilidade para a industria comercial dos voos espaciais.
    Ademais, isto establecerá novos estándares para a aviación co obxectivo de mellorar a seguridade dos profesionais do espazo, así como a dos potenciais turistas espaciais.
    O proxecto proporcionou datos para o desenvolvemento de sistemas de paracaídas de alto rendemento e de gran altitude. Nos informes obtidos menciónase a mellora de novas ideas para a evacuación de emerxencia dos vehículos, tales como naves espaciais.

  14. Victor di:

    E de seguir acendendo no globo, a que altitude deixaría de ser atraído pola Terra e, polo tanto, ao saltar non caería no noso planeta?

    • faa-manuelvilas di:

      O peso, forza con que un astro atrae a un vehículo espacial, é inversamente proporcional ao cuadrado da distancia e, consiguientemente, disminúe coa rapidez cando o aparato se alexa de aquél: Ao doblar a distancia ao seu centro, a atracción e catro veces menor; ao triplicar a mesma, a atracción e nove veces menor, etc. Por iso que na Ionosfera deixariamos de ser atraídos pola Terra.

  15. faa-laurachaves di:

    Se seguise ascendendo, Alan Eustace xa non sería atraído pola gravidade do noso planeta, sin embargo, podería estar atrapado por outras gravidades como a solar ou pola gravidade do corpo que emita máis forza con máis intensidade.
    De todas formas, a partir de 200km de altura, pódese orbitar tranquilamente a Terra, e xa non se estaría dentro das forzas da Terra. De feito, si non fose pola atmosfera e a velocidade fose a suficiente, podería orbitar tan só a 10km de altura.

  16. faa-javiergonzalez di:

    Ao superar os 200 km xa non sería atraído pola gravidade da terra

  17. faa-ritalage di:

    Na Ionosfera deixariamos de ser atraídos pola Terra.O peso é inversamente proporcional ao cuadrado da distancia e, consiguientemente, disminúe coa rapidez : Ao doblar a distancia ao seu centro, a atracción e catro veces menor; ao triplicar a mesma, a atracción e nove veces menor, etc.

  18. faa-iagopadin di:

    A atmosfera divídese en múltiples capas:
    A troposfera é a primeira delas e chega ata un límite situado a 9 km de altura nos polos e 18 no ecuador. Nela móvense as masas de aire (ventos) e hai abundancia de auga. É a zona das nubes os fenómenos climáticos.
    Logo vén a estratosfera, que chega ata os 50 km de altitude. A temperatura que viña descendendo, cambia a súa tendencia e aumenta ata ao redor dos 0ºC. Case no hay movimiento vertical do aire, pero sí horizontal, que alcanza frecuentemente os 200 km/h.
    A mesosfera, que se extende entre os 50 e os 80 km de altura, conten só cerca do 0,1% da masa total de aire. É importante pola ionización e as reaccións químicas que ocorren nela. Ahí fórmanse turbulencias e ondas atmosféricas que actúan a escalas espaciais e temporais moi grandes.
    A continuación, está a ionosfera, que se extende desde unha altura de case 80 km sobre a superficie terrestre ata 640 km ou máis. Esta capa ten unha gran influencia sobre a propagación das señais de radio. É aquí onde, de seguir acendendo, deixariamos de ser atraídos pola Terra e, polo tanto, ao saltar non caeriamos no noso planeta. Esto ocorrería ao redor dos 200 km, entón veríamonos afectados por outras forzas de gravidade doutros corpos, como o Sol.