Recordos perdidos

O que foi un recurso de Hollywood utilizado na película «Men In Black» está cada día máis preto de converterse en realidade. Isto é grazas a un equipo de científicos do Centro de Neurociencias da Universidade de California en Davis (EEUU) que conseguiron mediante unha técnica chamada optoxenética eliminar por completo recordos específicos en ratos utilizando a luz.

Estes ratos foron modificados xenéticamente para que, cando as súas neuronas se activasen durante un recordo, éstas brilasen con fluorescencia de cor verde. Ademais, estas neuronas conteñen unha proteína que permite desactivalas con luz. Desta maneira, os investigadores descubriron cales son as neuronas que recuperan os recordos e cales participan na aprendizaxe. Estas neuronas activáronse na corteza cerebral e no hipocampo. Grazas a esta fluorescencia, tamén se observou que as neuronas da aprendizaxe se reactivaban cando era necesaria a recuperación do aprendido, o que dá lugar a que se “apagamos” esas células nerviosas con luz, se perda ese recordo.


Autora: Mariña Busto Iglesias

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

27 Responses to Recordos perdidos

  1. Victor di:

    Como se activa unha neurona?

    • fab-sabelafernandez di:

      A interacción entre neuronas:
      Un sistema nervioso procesa a información seguindo un circuito máis ou menos estándar. A señal iníciase cando unha neurona sensorial recibe un estímulo externo. O seu axón (prolongación dunha neurona) denomínase fibra aferente. Esta neurona sensorial transmite unha señal a outra lindante, de modo que acceda a un centro de integración do sistema nervioso do animal. As interneuronas, situadas en este sistema, transportan a señal a través de sinapsis.
      Finalmente, se debe existir resposta, excítanse neuronas eferentes que controlan músculos, glándulas ou outras estruturas anatómicas.

      As señales eléctricas non constitúen en si mesmas información, a neurociencia actual descartou que as neuronas basicamente sexan algo así como líneas teléfonicas de transmisión. Esas señales eléctricas en cambio caracterizan o estado de activación dunha neurona.
      As neuronas agrúpanse dentro de circuitos neuronales, e a señal eléctrica dunha neurona, que propiamente é un potencial eléctrico, vese afectada polas neuronas do circuíto ás que está conectada.
      A función dun determinado grupo de neuronas é acadar un determinado estado final en función dos estímulos externos.

    • faa-manuelvilas di:

      As neuronas interactúan mediante sinapsis, un proceso no cal se leva a cabo a transmisión do impulso nervioso. Existen dous tipos de sinapsis:
      Sinapsis eléctrica: Atransmisión enntre neurona e neurona prodúcese polo paso de ións dunha célula a outra a través de unións gap.
      Sinapsis química: Prodúcese entre neuronas que están separadas uns 20-30 nanómetros. Neste proceso libéranse neurotransmisores, que son unhas hormonas de secreción paracrina (composto químico)

    • faa-ritalage di:

      Cada neurona consta dunha porción central ou corpo celular que contén o núcleo e unha ou máis estruturas(axóns e dentritas).
      As neuronas teñen a capacidade de comunicarse,lévase a cabo un proceso: a sinal nerviosa recíbese nas dentritas da neurona e percorren o axón, un tubo longo e delgado, que ao recibir a sinal, convértea nunha señal eléctrica que atravesa a membrana. Así van os impulsos de neurosna a neurona, mediante a sinapsis, que é o espazo existente entre unha neurona e outra, para chegar aos musculos e as glándulas.

  2. faa-ariadnavazquez di:

    Unha neurona nova debe relacioinarse con outras, intercambiando señales para activarse, xa que as que non reciben señales non son capaces de formar sinapsis e morren as poucas semanas de vida.

  3. faa-miriantrigo di:

    Unha neurona é un tipo de célula capaz de transmitir impulsos nerviosos. Cada neurona consta dunha porción central ou corpo celular que contén o núcleo e unha ou máis estruturas(axóns e dentritas).
    As neuronas teñen a capacidade de comunicarse, e para iso lévase a cabo un proceso: a sinal nerviosa recíbese nas dentritas da neurona e percorren o axón, un tubo longo e delgado, que ao recibir a sinal, convértea nunha señal eléctrica que atravesa a membrana. Así van os impulsos de neurosna a neurona, mediante a sinapsis, que é o espazo existente entre unha neurona e outra, para chegar aos musculos e as glándulas.

  4. Victor di:

    Que técnicas existen para estudiar o funcionamento do cerebro?

    • faa-martinbaulde di:

      O cerebro humano é o centro do sistema nervioso, é un órgano moi complexo e realiza función moi importantes. Ten a mesma estrutura xeral que os cerebros doutros mamíferos, pero é tres veces maior ca o dun mamífero do noso tamaño.
      Algúns dos métodos para estudar o funcionamento do cerebro humano son :
      -FMRI (imaxes por resonancia magnética funcional) é o uso de MRI para medir a resposta dos fluxos sanguíneos durante a actividade neuronal no cerebro.

      -EEG (Electroencefalograma) é un medidor da actividade eléctrica do cerebro por medio de eléctrodos colocados na superficie da cabeza, ou en casos especiais, sobre a superficie do cortex cerebral.

      -MEG (Magnetoencefalografía) é unha técnica usada para medir os campos magnéticos xerados pola actividade eléctrica no cerebro mediante sensores extremadamente sensibles.
      -PET (Tomografía de emisión de positróns). Permite observar o fluxo sanguíneo ou o metabolismo nunha parte do cerebro.

    • faa-manuelvilas di:

      A partir de técnicas de neuroimaxen, que permiten ver imáxenes en vivo do sistema nervioso central en xeneral e do cerebro en particular. Tamén se emprega a técnica do TAC( que é unha exploración con rayos X para ao médico especialista a realizar un diagnóstico. Tamén se emprega a Resonancia Magnética Nuclear, que é unha das técnicas máis modernas. Consiste en ondas de radio que interaccionan cos átomos do corpo mentras están sometidos a un imán que rodea ao paciente.

    • faa-ritalage di:

      Algúns dos métodos para estudar o funcionamento do cerebro humano :
      FMRI (imaxes por resonancia magnética funcional) é o uso de MRI para medir a resposta dos fluxos sanguíneos durante a actividade neuronal
      EEG (Electroencefalograma) é un medidor da actividade eléctrica do cerebro por medio de eléctrodos colocados na superficie da cabeza, ou en casos especiais, sobre a superficie do cortex cerebral.
      MEG (Magnetoencefalografía) é unha técnica usada para medir os campos magnéticos xerados pola actividade eléctrica no cerebro mediante sensores extremadamente sensibles.
      PET (Tomografía de emisión de positróns). Permite observar o fluxo sanguíneo nunha parte do cerebro.

  5. faa-tamaraparracho di:

    O cerebro humano é o centro do sistema nervioso e é un órgano moi complexo que realiza funcións moi importantes. Os neurocientíficos son os encargados de estudar como funciona o cerebro humano. Para aportarnos información sobre a estrutura e a función do noso cerebro, estes científicos utilizan unha serie de técnicas, entre as que destacan as seguintes:
    – Electroencefalografía (EEG): Mediante a colocación de eléctrodos no coiro cabeludo, esta técnica rexistra a actividade eléctrica do cerebro, especialmente da cortiza cerebral. A EEG mide os cambios en masa na actividade sináptica da cortiza cerebral e é útil no diagnóstico, tratamento e avaliación de enfermidades que cambian a actividade eléctrica do cerebro, como a epilepsia.
    -Magnetoencefalografía (MEG): esta técnica permite trazar un mapa da actividade cerebral rexistrando os campos electromagnéticos que son producidos polas correntes eléctricas naturais do cerebro. Esta técnica ofrece unha mellor resolución espacial que a EEG e axuda a sinalar rexións problemáticas.
    – Imaxe por resonancia magnética funcional (IRMf): Usando os imáns máis poderosos dispoñibles na actualidade, a IRMf pode localizar os cambios da actividade cerebral en rexións tan pequenas como un milímetro cúbico. Esta é unha ferramenta moi útil para saber que rexións del cerebro están involucradas nunha determinada conduta, pero non pode proporcionar a dinámica en tempo real do fluxo de sangue dentro do cerebro.

  6. faa-laurachaves di:

    O cerebro humano é un dos órganos máis complexos do corpo humano, e a enfermidade que afecta, incluso á parte máis pequeña del, pode levar á debilitación funcional severa. Algunhas técnicas que se poden utilizar para estudiar o cerebro humano inclúen:
    – Electroencefalograma (EEG) : É unha proba diagnóstica que utiliza os electrodos colocados sobre o cuero cabelludo para rexistrar a actividade eléctrica do cerebro, especialmente da actividade cerebral. Este método primeiro foi señalado por Hans Berger en 1929,
    – Magnetoencefalografía (MEGOHMIOS): Pode correlacionar actividade cerebral rexistrando os campos electromagnéticos que son producidos polas correntes eléctricas naturales no cerebro. Esta técnica ofrece unha mellor resolución que EEG.
    – Proxección de imaxe e resonancia magnética Funcional (fMRI) : Esto é un proceso evolutivo das dúas anteriores. Esta técnica pode detectar o máis pequeño dos cambios, e é útil na diagnosticación da enfermidade e o coñecemento dos tratamentos.
    – O fMRI utiliza imáns moi potentes e poden localizar cambios da actividade cerebral en rexións tan pequeñas como un milímetro cúbico.
    – Estímulo magnético Transcranial: Técnica usada para excitar as neuronas usando campos magnéticos fortes e de tempo variable.

  7. fab-miguelpineiro di:

    O cerebro humano é o centro do sistema nervioso e é un órgano moi complexo que realiza funcións moi importantes.
    Algúnas das técnicas para estudar o funcionamento do cerebro humano son :
    -Electroencefalograma(EEG): É unha proba diagnóstica que utiliza os electrodos colocados sobre o cuero cabelludo para rexistrar a actividade eléctrica do cerebro, especialmente da actividade cerebral.
    -Magnetoencefalografía (MEG): esta técnica permite trazar un mapa da actividade cerebral rexistrando os campos electromagnéticos que son producidos polas correntes eléctricas naturais do cerebro.
    -FMRI (imaxes por resonancia magnética funcional) serve para medir a resposta dos fluxos sanguíneos durante a actividade neuronal no cerebro.
    -PET (Tomografía de emisión de positróns).Con este método podese observar o fluxo sanguíneo ou o metabolismo nunha parte do cerebro.

  8. faa-javiergonzalez di:

    MÉTODOS CONDUCTUALES

    O análisis do comportamento natural ou aprendido, individual ou social do ser humano e os animais comprende desde a sola observación hasta a cuantificación detallada, a partir de imáxenes grabadas e desmenuzadas por computadora, dos componentes finos de cada movimiento. O empleo de métodos de condicionamiento clásico pavloviano ou instrumental agrega novas dimensións ó estudio da conducta. Podemos investigar funcións simples, como caminar, percibir estímulos, emocións, ou outras máis complexas, como as cognoscitivas; aquí se poden incluir a atención seletiva, os procesos relacionados coa memoria, o lenguaxe, o aprendizaxe, o razonamiento etc.

    MÉTODOS ELECTROFISIOLÓGICOS

    O rexistro da actividade eléctrica que se produce no sistema nervioso provee de unha visión funcional única. É a técnica que permite examinar fenómenos cerebrales extremadamente breves, do orden de milésimas de segundo, que ocurren cando unha neurona se comunica con outra. O chamado impulso nervioso, a señal elemental e fundamental da transferencia de información, manifestase a nivel eléctrico e polo tanto, tamén magnético. Podemos rexistrar as señales eléctricas de neuronas únicas con microelectrodos, o de conxuntos de neuronas, como np caso do EEG, por medio de electrodos máis grandes.

    MÉTODOS NEUROQUÍMICOS

    O enfoque moderno da neuroquímica nos acerca á dimensión molecular da función nerviosa. Mediante a separación, o aislamiento e a detección de substancias específicas, a neuroquímica permite descifrar novos significados do lenguaxe neuronal. Utilizando moléculas que imitan a acción de compostos endóxenos, ou que bloquean sus efectos , identificáronse os integrantes do proceso de comunicación entre as células. As novas técnicas de bioloxía molecular enriqueceron noso coñecemento sobre os procesos máis íntimos que participan na función celular.

    IMAXENOLOXÍA

    Existen outros métodos para visualizar o sistema nervioso nos que se utilizan o sonido, a luz, ou o rexistro de fluxo sanguíneo cerebral, ou a distribución de marcadores radiactivos. Por medio de detectores de señales y programas de computadoras pódense realizar “cortes” do cerebro, ou de médula espinal de alta resolución espacial: coa resonancia magnética nuclear (RMN) é posible detectar masas de 2 a 3 mm de magnitude; a tomografía por emisión de positrones (TEP) é outra técnica que permite estudiar o sistema nervioso desde un punto de vista dinámico, aunque a súa resolución espacial e temporal son limitadas.

  9. fab-sabelafernandez di:

    O cerebro é o órgano máis importante do corpo humano. Está protexido no interior do cráneo e é o centro de mando do sistema nervioso. Polo tanto, ten o control de todos os órganos do corpo, as funcións motrices e cognitivas e a produción hormonal. Está formada por células cerebrales, chamadas neuronas, que reciben e transmiten as informacións.
    Algunhas técnicas que se poden utilizar para estudar o cerebro humano inclúen:

    -Electroencefalograma (EEG):
    É unha proba diagnóstica que utiliza os electrodos colocados sobre o cuero cabelludo para rexistrar a actividade eléctrica do cerebro, especialmente a corteza cerebral. Este rexistro de diferentes potenciales no cuero cabelludo causado pola actividade cerebral foi sinalado por Hans Berger en 1929.

    -Magnetoencefalografía (MEGOHMIOS):
    O MEGOHMIO pode correlacionar actividade cerebral rexistrando os campos electromagnéticos que son producidos polas correntes eléctricas naturales no cerebro. Esta técnica ofrece unha maior resolución espacial que EEG e axuda a establecer claramente sitios problemáticos.

    -Proxección de imaxe de resonancia magnética funcional (fMRI):
    Esta técnica pode detectar o cambio máis pequeno e é útil na diagnosis da enfermidade e é revelado de tratamentos.
    O fMRI utiliza imáns moi potentes e pode localizar cambios da actividade cerebral.

    -Tomografía da migración do Fotón:
    Este é outro novo método para medir actividade cortical e evalúa dispersar da luz do infravermello preto do texido cerebral.

    -Estímulo magnético Transcranial:
    O estímulo magnético Transcranial é unha técnica usada para excitar as neuronas usando campos magnéticos fortes e de tempo variable.

  10. Victor di:

    En que consiste a fluorescencia? É a única forma de emitir luz de xeito natural?

    • faa-martinbaulde di:

      A fluorescencia es un tipo particular de luminescencia, que caracteriza a las sustancias que son capaces de absorber enerxía en forma de radiacións electromagnéticas y logo emitir parte de esa enerxía en forma de radiación electromagnética de lonxitude de onda diferente.
      A enerxía total emitida en forma de luz é sempre menor á enerxía total absorbida e a diferenza entre ambas as dúas é disipada en forma de calor. Na maioría dos casos a lonxitude de onda emitida é maior que a absorbida, non obstante, se a radiación de excitación é intensa, é posible para un electrón absorber dous fotóns.
      En xeral as substancias fluorescentes absorben enerxía en forma de radiación electromagnética de onda curta (como os raios x), e logo emítena novamente a unha lonxitude de onda máis longa.
      Son fuentes luminosas naturales todos aquellos cuerpos capaces de emitir luz, como las estrellas, las luciérnagas, el fuego…
      Son fontes luminosas naturais todos aqueles corpos capaces de emitir luz, como o sol, o fogo, as estrelas …

      • faa-martinbaulde di:

        A fluorescencia é un tipo particular de luminescencia, que caracteriza ás sustancias que son capaces de absorber enerxía en forma de radiacións electromagnéticas e logo emitir parte de esa enerxía en forma de radiación electromagnética de lonxitude de onda diferente.
        A enerxía total emitida en forma de luz é sempre menor á enerxía total absorbida e a diferenza entre ambas as dúas é disipada en forma de calor. Na maioría dos casos a lonxitude de onda emitida é maior que a absorbida, non obstante, se a radiación de excitación é intensa, é posible para un electrón absorber dous fotóns.
        En xeral as substancias fluorescentes absorben enerxía en forma de radiación electromagnética de onda curta (como os raios x), e logo emítena novamente a unha lonxitude de onda máis longa.
        Son fontes luminosas naturais todos aqueles corpos capaces de emitir luz, como o sol, o fogo, as estrelas …

    • faa-manuelvilas di:

      A fluorescencia é un tipo particular de luminiscencia, que caracteriza as sustancias que son capaces de absorber enerxía en formas de radiacións electromagnéticas de lonxitude de onda diferente.
      Existen outras formas de emisión de enerxía, como a fosforescencia. Prodúcese polo mesmo mecanismo físico que a fluorescencia, porén a principal diferenza con esta é que hai un retraso temporal entre a absorción e a remisión dos fotóns de enerxía.

    • faa-ritalage di:

      A fluorescencia é un tipo particular de luminescencia, que caracteriza ás sustancias que son capaces de absorber enerxía en forma de radiacións electromagnéticas e logo emitir parte de esa enerxía en forma de radiación electromagnética de lonxitude de onda diferente.
      A enerxía total emitida en forma de luz é sempre menor á enerxía total absorbida e a diferenza entre ambas as dúas é disipada en forma de calor. Na maioría dos casos a lonxitude de onda emitida é maior que a absorbida, non obstante, se a radiación de excitación é intensa, é posible para un electrón absorber dous fotóns.

  11. fab-ivanportas di:

    A fluorescencia e un fenómeno polo cal algunhas substancias teñen a capacidade de absorber luz nun determinado radio de absorción e emítena nun radio moito mais grande (absorben fotones cunha determinada enerxía e libéranos usando menos enerxía, dunha forma case inmediata, así que a fluorescencia dura tanto como o estímulo.

  12. faa-tamaraparracho di:

    A fluorescencia é un fenómeno polo cal algunhas substancias teñen a capacidade de absorber luz a unha determinada lonxitude de onda (polo xeral no rango ultravioleta) e logo emitir luz nunha lonxitude máis longa. Dito doutra maneira, absorben fotóns cunha determinada enerxía, e liberan fotóns con menor enerxía. Este proceso é case inmediato, a luz é recibida e volta a emitir en millonésimas de segundo.
    Poderiamos describir este fenómeno da seguinte maneira: os electróns dun átomo encóntranse orbitando en distintos niveis e cada nivel ten unha certa enerxía. Cando a luz ou raios X chegan aos electróns que se encontran en niveis de baixa enerxía, estes móvense a unha órbita de maior enerxía. Os electróns permanecen inestables nesta órbita de maior enerxía e deben regresar á órbita que lles corresponde. Cando o fan, liberan a enerxía que absorberon en forma de luz.
    Existen outras formas de emisión de enerxía, como a fosforescencia.Este fenómeno prodúcese polo mesmo mecanismo físico que a fluorescencia, porén a principal diferenza con esta é que hai un retraso temporal entre a absorción e a remisión dos fotóns de enerxía, é dicir, as substancias absorben enerxía, almacénana e posteriormente emítena en forma de luz.

  13. faa-laurachaves di:

    A fluorescencia é un fenómeno polo cal algunhas substancias teñen a capacidade de absorber a luz a unha determinada lonxitude de onda, polo xeral nun rango ultravioleta, e logo emiten luz nunha lonxitude máis longa. Dito doutra maneira, absorben fotóns con unha determinada enerxía, e liberan fotóns con menos enerxía. Este proceso é case inmediato, a luz é recibida é volta a emitir en millonésimas de segundo, polo tanto podemos dicir que a fluorescencia dura tanto coma o estímulo, xa que cando este cesa, tamén cesa este fenómeno.

    Tamén se chama fluorescencia ao fenómeno mediante o cal algunhas substancias son capaces de absorber outras formas, de enerxía, como raios X ou raios catódicos, e esta enerxía é liberada en forma de luz, tamén de forma case inmediata.

    Este fenómeno ten múltiples aplicación, dende os tubos de luz fluorescentes que podemos ver nas casas e oficinas, ata técnicas de laboratorio para detectar antíxenos e anticorpos, pasando por técnicas de oftalmoloxía para detectar lesións na córnea. Tamén serve para diferenciar billetes falsos de verdadeiros.

  14. faa-ariadnavazquez di:

    A fluorescencia é a emisión de luz dunha substancia que absorbeu luz e outra radiación electromagnética. É unha forma de luminiscecia. Na maioría dos casos, a luz emitida ten menor lonxitude de onda, e polo tanto menor enerxía, que a radiación absorbida.
    Non obstante, cando a radiación é intensa,é posible que un electrón absorba os fotones, o que pode resultar na emisión de radiación con lonxitude de onda máis corta que a absorbida. A radiación emitida pode ser tamén da mesma lonxitude de onda que a absorbida, o que se denomina fluorescencia resonante.

  15. faa-iagopadin di:

    A fluorescencia é unha propiedade que teñen algunhas substancias de absorver enerxía e logo emitir parte desa enerxía en forma de luz. A enerxía emitida en forma de luz é sempre menor á absorvida e a diferenza entre ambas é disipada en forma de calor.
    En xeral, as substancias fluorescentes absorven enerxía en forma de radiación electromagnética de onda curta (por exemplo: radiación gamma, raios x, UV), e logo emítena novamente a unha lonxitude de onda máis longa (por exemplo dentro do espectro visible); sen embargo existen moitas substancias que son capaces de producir fluorescencia ao recibir enerxía doutras fontes, por exemplo pola colisión de partículas como a radiación alfa, radiación beta, neutróns e ata raios cósmicos.
    No mecanismo de fluorescencia típico, unha molécula absorve un fotón de alta enerxía, sofre unha excitación electrónica e algúns dos seus electróns son promovidos a orbitais moleculares de maior enerxía, logo, estos electróns excitados decaen novamente a orbitais de menor enerxía emitindo luz de onda máis longa no proceso. A diferenza de enerxía entre os fotóns absorvidos e os emitidos disípase en forma de calor por medio de diferentes mecanismos de conversión interna. Todo o proceso é moi breve, transcurre en tempos do orde da millonésima de segundo, polo que pode considerarse prácticamente instantáneo. É este tempo tan curto o que diferenza a fluorescencia de outro coñecido fenómeno luminoso, a fosforescencia. O mecanismo de fluorescencia tamén se atopa moi relacionado co proceso de quimioluminiscencia.
    As substancias que son capaces de emitir luz ao ser excitadas por diferentes tipos de radiación denomínanse fluoróforos.
    É posible obter unha amplia variedade de cores por fluorescencia, dependendo da lonxitude de onda que emita o composto fluorescente.

  16. faa-miguelotero di:

    A fluorescencia é un fenómeno polo cal algunhas substancias teñen a capacidade de absorber luz a unha determinada lonxitude de onda, polo xeral no rango ultravioleta, e logo emiten luz en una lonxitude máis larga. Dito de outra maneira, absorben fotóns cunha determinada enerxía, e liberan fotóns con menor enerxía.

    Tamén a fluorescencia podémola describir doutra forma: todos sabemos que os electróns dun átomo ou dunha molécula, orbitan en distintos niveis, e cada nivel ten unha certa enerxía. Cando a luz dos raios X ou raios catódicos chegan a electróns que están en niveis de baixa enerxía, excítanse, e se “cambian” a unha órbita de maior enerxía. Pero o electrón permanece inestable na órbita de maior enerxía, e debe regresar á órbita que lle corresponde. Cando o fai, libera a enerxía que absorbeu anteriormente. Esa enerxía tradúcese parcialmente, nas substancias fluorescentes, en luz emitida. O resto da enerxía tradúcese en vibracións da molécula, e dicir, en calor.

    Outro tipo de conseguir luz naturalmente e partir da fosforescencia, que consiste nun fenómeno similar a fluorescencia, no cal certos electróns son excitados pola luz, pasando a unha órbita de maior enerxía, e cando volven ao seu estado de repouso, liberando parte de esa enerxía en forma de luz. A diferencia entre elas é que na fluorescencia sucede que a liberación dos fotóns e case inmediata e na fosforescencia sucede con maior lentitude.

  17. fab-sabelafernandez di:

    A fluorescencia é un fenómeno polo cal algunhas substancias teñen a capacidade de absorber luz a unha determinada lonxitude de onda, polo xeral no rango ultravioleta, e logo emiten luz nunha lonxitude máis larga. É un tipo de luminiscencia.
    En xeral as substancias fluorescentes absorben enerxía en forma de radiación electromagnética de onda curta, e logo emiten novamente a unha lonxitude de onda máis larga, por exemplo dentro do espectro visible.
    O mecanismo de fluorescencia típico implica tres pasos secuenciales, chamados absorción, disipación non radiativa e emisión.
    O ciclo completo é moi breve, transcorre en tempos de orde dos nanosegundos, polo que pode considerarse prácticamente instantáneo.

    Tamén se lle chama fluorescencia ó fenómeno mediante o cal algunhas substancia son capaces de absorber outras formas de enerxía, como raios X, e esta enerxía é liberada en forma de luz, tamén de forma case inmediata.
    Este fenómeno ten múltiples aplicacións, dende os tubos de luz fluorescentes que podemos atopar frecuentemente en casas e oficinas, ata técnicas de laboratorio para detectar antíxenos e anticorpos, pasando por técnicas de oftalmoloxía para detectar lesións na córnea.