O cerebro ten sexo

Se ben non é ninguna novidade que os homes e as muller a muido pensan distinto, os últimos avances das neurociencias revolucionaron este campo de estudo. Anteriormente, críase que a estrutura básica do cerebro e as súas funcións principais eran as mesmas para ambos sexos. Sen embargo, estudos científicos recentes demostraron que este órgano posúe unha estrutura diferente en homes e mulleres.
Esta diferenza radica en que o cerebro masculino e o feminino fórmanse a partir de distintos programas xenéticos, o que provoca unha gran cantidade de variacións anatómicas. Estas novas investigacións axudarían a explicar algúns misterios aínda non resoltos, como por exemplo saber o por que de que os homes e as mulleres desenvolven distintos transtornos. Ademais, o sexo inflúe en como se utilizan algunhas rexións cerebrais, o que explicaría por que o dolor crónico afecta máis a elas ca eles.

Por unha banda temos o cerebro feminino, que é máis equilibrado, tamén gasta máis enerxía na zona do xiro cingulado, isto quere dicir que temos unha maior fluidez e desenvolvemento verbal á hora de expresarnos. Outra característica do cerebro feminino é que o lóbulo frontal (encargado das funcións de toma de decisións e solución de probemas) é proporcionalmente máis grande nas mulleres. Finalmente o cerebro das mulleres traballa con máis eficacia .

Por outra banda, o cerebro masculino ten un maior tamaño en xeral, por iso ten un maior número de conexións neuronais e isto conleva a que procesen a información de maneira diferente. Xeralmente, non pensan tanto as cousas, e incluso resisten máis a dor. Isto ten unha explicación sinxela xa que é pola liberación da hormona que coñecemos como endorfina. Isto tamén conleva a que a hora de contar un problema, fano de maneira sintética e reducida mentras cas mulleres gústalles expresarse e que as entendan.


Autora: Ariadna Vázquez

Esta entrada foi publicada en Evolución, Medicina, Xenoma humano e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

8 Responses to O cerebro ten sexo

  1. Victor di:

    Credes que as evidentes diferenzas entre os cerebros de homes e mulleres, encontradas polos neurobiólogos poden ser utilizadas para asignarlle papeis diferentes na sociedade actual?

  2. faa-sarafalcon di:

    Na miña opinión podría decirse que as habilidades que podan ter mulleres ou homes poden ser combinadas na sociedade actual para ter mellor eficacia en certos temas como por exemplo, como di no comentario as mulleres pensan mellor as cousas e razóan máis as cousas que os homes, esa característica podese combinar coa forma de procesar a información dos homes dando así resultados moi variados.
    Por outra parte estou dacordo en que estas cualidades podrían separarse para distintos campos da sociedade, as mulleres podríanse ocupar de temas máis dirixidos para comunicarse con resto da sociedade, mentres que os homes podrían ocuparse máis temas de descubrimentos xa que procesan a infomación de outra maneira dando a entender outra forma de ver a realidade.

  3. faa-laurachaves di:

    Varios estudios revelan que el 99% do código xenético dos homes e mulleres son idénticos, pero é ese 1% restante o que diferencie aos dous sexos, dándolle diferentes características a cada un.

    Dende a infancia, hai características casi opostas entre un sexo e outro. Por exemplo, as nenas buscan máis o contacto visual con quen as rodean, tendo unha capacidade de recoñecemento de rasgos faciales dun 4.000% para elas, e apenas medible para eles, e sendo as primeiras as que empezan a falar antes.
    Pola función do lóbulo frontal da muller, como explica o artigo, fai que esta mostre máis diferencias á hora de desenvolver máis a intuición, ou ser capaces de razoar dunha forma máis exacta e global.
    Aínda que o cerebro feminino, sexa máis pequeno, isto non ten ningunha relación coa maior ou menor intelixencia, pois o número de células é o mesmo, tan só varía a súa densidade.

    Na miña opinión, xa hai distintos papeis asociados únicamente ao home ou á muller na nosa sociedade actual. Estas diferencias, víronse reflexadas na vida cotiá, facendo que cada un se adaptase e soubese desenrolar as habilidades propias. Eu creo que estas distintas capacidades podían ser combinadas e así abranguer e resolver conflictos que precisan dos dous puntos de vista.

  4. faa-miriantrigo di:

    Ao meu xuizo, eu creo que si. Na sociedade actual é moi común asiganarlle, por exemplo, un alto posto de traballo a unha muller ou un home polo feito simple de que os homes parecen superiores e con máis poder, e isto non debería ser así, porque hai que prestarlle atención as cualidades que un home ou muller pode presentar frente a calquera cargo ou situación. Así, vemos que a maioría dos cargos a nivel políticos, por exemplo, están ocupados en gran parte por homes, pero quizais sería conveniente que unha muller tivera máis postos deste tipo, xa que, como ben se di no artigo, o cerebro feminino ten maior facilidade á hora de expresarse. Se combínasemos as capacidades de ambos os sexos, igual obteríamos un bo resutado, xa que a menudo é necesario tomar decisións inmediatamente, algo que os homes poden facer con máis facilidade.

  5. Victor di:

    Os animais máis “intelixentes” son os que posúen o cerebro máis grande?

    • faa-marinabusto di:

      Un cerebro máis grande non implica unha maior intelixencia. Os nosos antepasados experimentaron períodos nos que as técnicas de fabricación de ferramentas non melloraron gradualmente, a pesar dun considerable incremento paulatino no tamaño do cerebro.
      A ventaxa dun cerebro máis grande sería un maior espazo para elaborar palabras en frases curtas.
      Por outra banda, un cerebro pequeno, coma o dunha formiga, non se relaciona cunha gran intelixencia. Se esta fose determinada polo tamaño do cerebro, as baleas (7.8 kg) e os elefantes (4.7 Kg) serían moito máis intelixentes ca nós, e ao parecer non o son.

  6. faa-ariadnavazquez di:

    O cerebro do elefante é o máis grande dos cerebros dos mamíferos terrestres, e está localizado na parte traseira do cráneo, lexos da frente, ademáis os elefantes están entre os animales máis intelixentes que existen ( o peso do cerebro africano é de 4-5,4kg)
    A pesar de esto, o tamaño do cerebro non inflúe na intelixencia xa que o animal máis intelixente non é aquel que ten o cerebro de maior tamaño. Este papel perténcelle ó orangután, que utiliza ferramentas en estado, resolve diversos problemas, ten un altísimo desarrollo comunicaional, forma fortes e estreitos lazos sociales…Ademáis, todo esto ocurre tanto en cautiverio como na naturaleza.

  7. faa-manuelvilas di:

    O tamaño do cerebro está determinado polo tamaño do corpo, polo tanto este non está determinado coa intelixencia. En cambio, a pesar de que aínda se está investigando en profundidade, a intelixencia podería estar asociada ao número de neuronas que unha persoa posúe. Tamén se cré que pode estar asociada coa forma deste, xa que no cerebro de Einstein cando foi examinado os lóbulos parientais(Empregados no razoamento espacial e nas matemáticas) eran máis simétricos que en cerebros de persoas de idades parecidas