Un “GPS interno” con premio

Os descubridores do “GPS interno” do cerebro foron galardoados co premio Nobel de Medicina de 2014.

O británico-estadounidense John O’Keefe e o matrimonio noruego May-Britt Moser e Edvard I. Moser foron galardoados, o o luns seis de outubro, polo seu descubrimento.

Estas neuronas, que se chaman “grid cells“, xeran un sistema de cómo crea o cerebro un mapa do espazo circundante e cómo podemos encontrar o camiño a seguir nun ambiente complexo.

Este descubrimento abre a posibilidade de coñecer un indicio temperán do alzheimer,  xa que son estas neuronas do sistema de navegación  do cerebro as que en xeral morren primeiro nos pacientes que posúen esta enfermidade. A partir destes coñecementos preténdese mellorar o limitado sentido de orientación que posúen os pacientes con alzheimer. En pacentes con Alzheimer, o hipocampo e a corteza entorrinal están frecuentemente afectadas nunha etapa temperán da enfermidade , e estes individuos a miúdo se perden e non poden recoñecer o entorno no que se atopan. O coñecemento do sistema de posicionamento do cerebro pode, polo tanto, axudarnos a entender os mecanismos da devastadora perda de memoria espacial que afectan ás persoas con Alzheimer.


Autor: Manuel Vilas

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Un “GPS interno” con premio

  1. Victor di:

    As neuronas funcionan por medio de sinapses; que é iso?

    • faa-carmenvilanova di:

      A transmisión dos impulsos nerviosos entre dúas neuronas ten lugar na conexión que existe entre ambas. Este procedemento denomínase sinapses. As sinapses establécense normalmente entre a parte terminal dun axón e o corpo ou as dendritas da seguinte neurona. A estructura sináptica esta constituida pola membrana presináptica, a hedidura sináptica e a membrana postsináptica. Esta transmisión permite a comunicación entre os aproximadamente 28 mil millóns de neuronas que forman parte do noso sistema nervioso.
      A comunicación realízase a través de sinais químicas e eléctricas e lévase a cabo poñéndose en marcha nos denominados botóns sinápticos, situados en cada remate das ramificacións do axón, conectando así coa outra neurona. No interior de cada un destes botóns sinápticos existen pequenos depósitos cheos dunha substancia química chamada neurotransmisores. Estos neurotransmisores propician a transferencia da información dunha célula a outra e correspóndense con moléculas como a acetilcolina, a dopamina, a glicina, etc. que son capaces de cumplir esta función.

    • faa-manuelvilas di:

      A sinapsis é unha función intercelular especializada de neuronas ou entre unha neurona e unha efectora. Nestos contactos lévase a cabo a transmisión do impulso nervioso. Este iníciase cunha descarga química que orixina unha corrente eléctrica na membrana da célula presináptica.Unha vez que este impulso alcanza o extremo do axón, a propia neurona segrega un tipo de compostos químicos que se depositan no espacio sináptico. estas sustancias segregadas son as encargadas de excitar ou inhibir a acción de outra célula chamada célula post sináptica.

    • faa-alexfernandez di:

      As sinapses son unións especializadas na que unha célula influencia directamente outra célula a través da transmisión dun sinal eléctrico ou químico. No caso das neuronas as terminacións dos axóns establecen conexións coas dendrites ou co corpo celular das neuronas seguintes.

      Existen dous tipos de sinapses:

      Química :A neurona pre-sináptica libera substancias químicas,os neurotransmisores,que atravesan a fenda sináptica e se ligan aos receptores da célula post-sináptica.

      Eléctrica :As membranas pre e post-sinápticas comunican a través de canles capaces de pasar corrente eléctrica.Cambios na voltaxe da membrana pre-sináptica inducen cambios de voltaxe na célula post-sináptica.Este proceso é máis común en invertebrados que en vertebrados.

    • faa-ivanlois di:

      A sinapse é un proceso fundamental da comunicación neuronal, o cal constitúe a linguaxe básica do sistema nervioso.
      Elliot en 1904 foi o primeiro que suxeriu esta posibilidade, a transmisión da información a través dunha sustancia química chamada neurotransmisor, desde as fibras nerviosas. Sen embargo o primeiro en demostralo foi Loewi. A sinapse é un feito comunicativo entre duas neuronas unha presináptica e outra postsináptica.
      A sinapse establecese case sempre entre a parte terminal dun axón e o corpo ou as dentritas da outra neurona.
      Exisen moitas moléculas que cumplen a función de neurotransmisores, entre elas encóntrase a acetilocolina, dopamina, glutamatoo etc. As transmisions sinápticas presentanse en tres formas predominantes: excitación, inhibición e modulación

    • faa-sarafalcon di:

      A transmisión dos impulsos nerviosos entre dúas neuronas ten lugar na conexión entre ambas chamada sinapse. As sinapses establecense normalmente entre a parte terminal dun axón e o cuerpo o as dendritas doutra neurona. A estructura sináptica esta formada pola membrana presináptica, a hedidura sináptica e a membrana postsináptica.

      As múltiples sinapses son as estructuras que permiten a comunicación entre os aproximadamente 28 mil millóns de neuronas do noso sistema nervioso. Producense entre un terminal dun axón e unha dendrita doutra neurona. A comunicación entre dúas neuronas realizase mediante señais químicas e eléctricas e levanse a cabo nos botóns sinápticos, situados en cada extremo das ramificacións dos axón, que conectan con outra neurona nas sinapses.

      No interior de cada botón sináptico existen pequenos depósitos cheos dunha sustancia química chamada neurotransmisores, que axudan a traspasar a información dunha célula a outra. Existen moitas moléculas que cumplen esta función de neurotransmisores, entre outras: acetilcolina, dopamina, glutamato, glicina, etc…

  2. fab-antonchaves di:

    Enténdese por sinapse a unión entre unha neurona e outra célula que permite que a neurona pase un sinal eléctrico ou químico á outra célula, que pode ser outra neurona ou unha célula doutro tipo.
    As sinapses son esenciais para a función neuronal: as neuronas son células especializadas en pasar os sinais a outras células, e fano por medio de sinapses. Nunha sinapse a célula que envía o sinal chámase célula presináptica e a que o recibe, célula postsináptica. A membrana plasmática da neurona que envía o sinal ou neurona presináptica, está en estreita aposición coa membrana da súa célula diana postsináptica. Na zona da sinapse tanto as membranas da célula presináptica coma as da postsináptica conteñen un amplo conxunto de maquinaria molecular que comucica as dúas membranas e leva a cabo o proceso de sinalización.
    Hai fundamentalmente dous tipos de sinapses: sinapse química e sinapse eléctrica.

  3. fab-miguelpineiro di:

    A sinapse é o medio de comunicación entre as neuronas. Iniciase cunha descarga química que orixina una descarga eléctrica na membrana da célula emisora, tamén chamada presináptica, una vez que este impulso nervioso alcanza o extremo do axón, a propia neurona segrega una substancia ó neurotransmisor que deposita inmediatamente nun espacio intermedio entre o espacio sináptico entre a neurona transmisora e a neurona receptora. Facendo asi que exite ou inhiba a outra neurona.

  4. faa-ariadnavazquez di:

    A sinapsis son relacións de contigüidade especializadas entre neuronas que facilitan a transmisión dos impulsos dunha neurona, chamada presináptica, hacia outra chamanda postsináptica. Prodúcense entre axóns e células efectoras ( dianas) como as fibras musculares e as células glandulares.
    A sinapsis é ensencial para a función neuronal.Esta transmisión permite a comunicación entre todas as neuronas que forman parte do noso sistema nervioso.

    As sinapsis entre neuronas poden clasificarse en:
    Axodendríticas: ocurren entre axóns e dendritas.
    Axosomáticas: prodúcense entre axóns e o soma neuronal.
    Axoaxónicas: ocurren entre axóns e axóns.

  5. faa-laurachaves di:

    A sinapse é o proceso esencial na comunicación neuronal, e constitúe a linguaxe básica do sistema nervioso.

    A sinapse defínese como a transmisión dos impulsos nerviosos entre dúas neuronas, que ten lugar na conexión entre ambas. Este proceso, establécese entre a parte terminal dun axón e o corpo ou as dendritas da outra neurona.

    As múltiples sinapses, son as estructuras que permiten a comunicación entre as neuronas do noso sistema nervioso, aproximadamente 28 mil millóns.

    Este proceso actúa de tal maneira: Iníciase cunha descarga química que orixina unha corrente eléctrica na membrana da célula que emite, e este impulso alcanza o axón da outra célula, grazas a unha sustancia química chamada neurotrasmisores, que axudan a traspasar a información dunha célula a outra, entre as moléculas que cumplen esta función está a acetilocolina, dopamina, glutamato. glicina etc. E estas sustancias son as encargadas de excitar ou inhibir a acción da outra célula.

  6. faa-iagopadin di:

    A sinapse non é máis que a unión entre dúas neuronas de modo que a información poida pasar de unha a outra. As neuronas cumpren a importante función de transmitir señais a cada célula, e a sinapse é a vía empregada para iso. No proceso sináptico existen dous elementos cunha estreita aposición: a neurona presináptica, encargada de pasar o sinal, e a postsináptica, encargada de recibilo.A sinapse pode ser de dous tipos:
    – Química: A neurona presináptica libera unha substancia química chamada neurotransmisor e esta pasa a unirse cos receptores que ten a neurona postsináptica. Dentro das sinapses químicas recoñécense distintos neurotransmisores e neuroreceptores, que empregan canles tamén diferentes, como os de sodio ou cloruro.
    – Eléctrica: As membranas de ambos tipos de neuronas están conectadas por canles a través dos cales se transmite corriente eléctrica. Isto produce cambios de voltaxe na célula presináptica que á súa vez condicionan cambios na célula postsináptica. Son extremadamente rápidos pero máis raros no corpo. Atópanes especialmente no ollo e no corazón.
    A sinapse ocorre nunha sola dirección pois cada membrana ten as propiedades da función que realiza. O impulso sináptico pode diversificarse en varias neuronas, do mesmo modo varios impulsos poden converxer nunha sinapse.

  7. faa-ileniamartinez di:

    Ao principio pensábase que as fibras dunha neurona continuában con outras, de maneira que o sinal podia pasar dunha a outra directamente, pero cando o sistema nervioso se estudiou con mais detalle posteriormente , viuse que o final dunha fibra estaba separado do seguinte por un espazo. Cando o potencial de acción chega o extremo dunha fibra fai que este libere unha sustancia química denominada neurotransmisor. Un neurotransmisor pódese unir coa membrana da seguinte neurona e facer que se produza un potecial de acción na seguinte neurona. A unión de duas neuronas mediante neurotransmisores denominase sinapse

  8. faa-albarodriguez di:

    A sinapses é a unión entre dúas neuronas de modo que a información poda pasar dunha a outra. As neuronas cumpren a importante función de transmitir sinais a cada célula.
    A sinapses prodúcese entre un terminal do axón e unha dendrita doutra neurona. A comunicación entre dúas neuronas realizase mediante sinais químicas e eléctricas e lévase a cabo nos chamados botón sinópticos, situados en cada extremo das ramificacións do axón, que conectan con outra neurona na sinapses. No interior de cada botón sinático existen pequenos depósitos cheos dunha sustancia chamada neurotransmisores, que axudan a traspasar a información dunha célula a outra.

  9. faa-danielbaulo di:

    A transmisión dos impulsos nerviosos entre duas neuronas ten lugar na conexión entre ambas, chamada sinapse. As sinapses se establecen entre a parte terminal dun axón e o corpo ou dendritas da otra neurona. A estructura sináptica esta formada pola membrana presináptica, a hedidura sináptica y a membrana postsináptica.
    As múltiples sinapses son as estructuras que permiten a comunicación entre as 28 mil millóns de neuronas do noso sistema nervioso. A comunicación realizase mediante señais químicas e eléctricas nos botóns sinápticos, situados no final das ramificacións do axón, que conectan con outra neurona nas sinapses.
    No interior de cada botón sináptico hai depósitos dunha substancia química chamada neurotransmisores, que axudan a pasar a información dunha célula a outra.

  10. Victor di:

    Os descubridores do “GPS interno” recibiron o Nobel por unha investigación no campo da CIENCIA OU INVESTIGACIÓN PURA, mentres que a partir de agora, outros investigadores/as traballarán tentando de relacionar este descubrimento e a súa relacion co Alzheimer (CIENCIA APLICADA).
    Trata de explicar as diferenzas entre estes dous tipos de ciencia.

    • fab-lauracaldas di:

      -a ciencia pura trata as preguntas básicas : responder preguntas básicas sobre a realidade, como a natureza dos aspectos do universo físico, os mecanismos da vida e o traballo da mente
      -a ciencia aplicada resolve problemas específicos: trata de resolver problemas específicos ou conxuntos de problemas, ou de crear produtos
      -a ciencia pura axuda á ciencia aplicada:
      a ciencia pura xenera mellorores ferramentas para que a ciencia aplicada as use na resolución de problemas.
      -a ciencia aplicada fai suxerir preguntas á ciencia pura: Cando a ciencia aplicada encóntrase cun problema que as ferramentas actuais non poden resolver, fai suxerir unha nova área de investigación para os científicos puros.

    • fab-rociovazquez di:

      A diferencia entre ciencia pura e ciencia aplicada é:
      A ciencia pura é a ciencia que busca o coñecemento en xeneral,polo saber en si,e non por darlle aplicación real.A ciencia pura faise cando estás investigando e encontrando cousas que non se sabían polo interés do saber en si;por exemplo,a física cuántica,a termodinámica,a electricidade,o magnetismo,a hidráulica,…
      Polo contrario,a ciencia aplicada,utiliza os coñecementos obtidos pola ciencia pura para darlle aplicacións prácticas.A ciencia aplicada é cando se está investigando algo coa finalidade de aplicalo á vida diaria ou á produción de algo;por exemplo,hai bacterias que producen unhas proteínas que son tóxicas para certos insectos…fas ciencia cando investigas qué tipo de proteína é,cómo é a súa actividade contra os bichos e qué tipo de bichos ataca,coa finalidade de utilizala como biocontrol para matar plagas de certos cultivos e non usar compostos tóxicos para o ser humano.

    • faa-sarafalcon di:

      A investigación científica separase en dúas categorías: ciencia pura e ciencia aplicada. Como as súas ferramentas son similares ou idénticas, pode ser difícil distinguilas. Tanto a investigación científica pura como aplicada son necesarias para o beneficio da sociedade.

      A ciencia pura, tamén coñecida como ciencia básica, trata de responder preguntas básicas sobre la realidade, como a natureza dos aspectos do universo físico, os mecanismos da vida e o traballo da mente. A ciencia pura non se focaliza en resolver problemas ou en crear productos. Trata de entender a estructura dunha molécula, o funcionamento dunha célula, ou cómo grupos de personas volvense máis unidos ou divididos son todas as preguntas que corresponden á ciencia básica. En conclusión a ciencia básica ou pura encárgase de reponder a preguntas xerales do universo que non dan algo directamente para resolver prpblemas da especie humana.

      A ciencia aplicada trata de resolver problemas específicos ou conxuntos de problemas, e tamén de crear productos. Desenvolver un mellor panel solar para crear enerxía eléctrica de forma máis económica involucra á física e a química aplicadas. Crear un tratamento para buscar a cura a unha enfermidade corresponde á bioloxía aplicada. Crear unha mellor maneira de diagnosticar unha enfermidade mental tratase de psicología ou psiquiatría aplicada. Entón esta ciencia aplicada encágase das necesidades específicas do ser humano.

    • faa-manuelvilas di:

      A ciencia pura trata de responder preguntas básicas sobre a realidade, como a natureza dos aspectos do universo físico, os mecanismos da vida e o traballo da mente. A ciencia pura non se focaliza en resolver problemas ou en crear productos.
      A ciencia aplicada trata de resolver problemas específicos ou de crear productos.

    • faa-carmenvilanova di:

      Podemos separar a investigación científica en dous grandes bloques ou categorías: a ciencia pura e a ciencia aplicada. O feito de que as ferramentas de ambas ciencias sexan similares (por non decir idénticas) pode levarnos a confusión entre unha e outra.
      Por unha parte, a ciencia pura trata as cuestións básicas da ciencia: intenta dar resposta ás preguntas básicas da realidade como a natureza dos aspectos do universo físico, os mecanismos da vida ou como traballa a mente, entre outras. Este tipo de ciencia non busca resolver problemas ou crear produtos, senon que lle interesa indagar no coñecemento. Pola contra, á ciencia aplicada correspóndelle a misión dar explicación a problemas específicos e crear produtos. Por exemplo, desenvolver un mellor panel solar para crear enerxía eléctrica máis económica involucra á física e á química aplicadas.
      A ciencia pura axuda á ciencia aplicada mediante a produción de mellores ferramentas para que así a ciencia aplicada as utilice na resolución dos problemas. Mentras, a ciencia aplicada suxírelle preguntas á ciencia pura cando se encontra ante un problema que non pode solucionar cas ferramentas actuais.

  11. fab-lauracaldas di:

    A transmisión dos impulsos nerviosos entre dúas neuronas ten lugar na conexión entre ambas, chamada sinapses. As sinapses establécense normalmente entre a parte terminal dun axón e o corpo ou as dendritas da outra neurona. A estructura sináptica está formada pola membrana presináptica, a fendedura sináptica e a membrana postsináptica.
    Existen dous tipos de sinapses:
    -eléctrica: o impulso nervioso vai a través das canles proteicas.Son bidireccionais (transmiten o sinal dende a neurona presipnática á postsipnática e en sentido contrario) e non hai presenza de neurotransmisores.
    -química: a transmisión do impulso nervioso ocorre mediante a liberación de moléculas chamadas neurotransmisores.Caracterízanse porque as membranas das terminais presináptica e postsináptica están engrosadas e sepáraas a fendedura sináptica.

  12. fab-sabelafernandez di:

    A investigación científica divídese en dúas categorías: ciencia pura e ciencia aplicada. Tanto a investigación científica pura como aplicada son necesarias para o beneficio da sociedade.

    -A ciencia pura, tamén coñecida como ciencia básica, refírese á actividade científica que non se pon como obxetivo inmediato unha aplicación concreta, senón a obtención de coñecemento.

    -A ciencia aplicada é a práctica do coñecemento de unha ou varias áreas especializadas da ciencia para resolver problemas prácticos.

    A relación entre ambas ciencias é esencial na retroalimentación de investigación, desenvolvemento e innovación, cuxo estudo é obxeto da disciplina denominada ciencia, tecnoloxía e sociedade (CTS).

  13. faa-ariadnavazquez di:

    Básicamente, a ciencia pura sería a aquela que busca o coñecemento en xeral, polo saber en si, e non para darlle aplicación real algunha. Traballas no ámbito de ciencia pura cando estás investigando e encontrando cousas que non se sabían polo interés do saber en sí. Ahora ben,polo outro lado temos a ciencia aplicada, que é cando se está investigando algo coa finalidade de aplicalo á vida diaria ou á producción de algo.

  14. faa-iagopadin di:

    A ciencia pura e a ciencia aplicada conforman o que ven a ser a investigación científica, e ambos tipos de investigación son necesarios para o beneficio da sociedade. Como as súas ferramentas son similares ou idénticas, pode ser difícil distinguilas:
    A ciencia pura trata de responder preguntas básicas sobre a realidade, como a natureza dos aspectos do universo físico, os mecanismos da vida e o traballo da mente. A ciencia pura non se focaliza en resolver problemas ou en crear productos, senón que trata de entender a estructura dunha molécula, o funcionamiento dunha célula, ou cómo grupos de persoas se volven máis unidos ou divididos.
    Por outro lado, a ciencia aplicada trata de resolver problemas específicos, conxuntos de problemas, ou de crear productos. Por exemplo: desenrolar un mellor panel solar para crear enerxía eléctrica de forma máis económica involucra á física e a química aplicadas; crear un tratamento para achar a cura a unha enfermidade corresponde á bioloxía aplicada; crear unha mellor maneira de diagnosticar unha enfermídade mental trátase de psicoloxía ou psiquiatría aplicada…
    Así e todo, estas dúas ciencias manteñen unhas relacións, mentres a ciencia pura xera mellores ferramentas para que a ciencia aplicada as use na resolución de problemas, Cando a ciencia aplicada se atopa cun problema que as ferramentas actuais non poden resolver, suxírelle unha nova área de investigación para os científicos puros.

  15. faa-ileniamartinez di:

    A investigación científica bifurcase en duas categorías: ciencia pura e aplicada. Como as suas ferramentas son similares poden confundirse. Tanto unha como outra son necesarias para o beneficio da sociedade.
    A ciencia pura trata de responder ás preguntas básicas sobre a realidade, esta non se focaliza en resolver problemas nin crear productos, investigase porque é sinxelamente interesante . Preguntas que poden pertencer á ciencia básica é o funcionamento dunha célula ou a estructura dunha molécula.
    A ciencia pura xenera mellores ferramentas para que a ciencia aplicada a use en resolución de problemas.
    A ciencia aplicada resolve problemas específicos ou conxuntos de problemas ou a creación de productos. Preguntas que poden pertencer á ciencia aplicada son o desarroio dun mellor panel solar para crear enerxia de forma mais económica ou encontrar un tratamento. Cando a ciencia aplicada se encontra cun problema que as ferramentas actuais non poden resolver , suxirelle unha nova área de investigación para os científicos puros.