Coidando da Gran Esfinxe

Esculpida na cuarta dinastía (2.600-2.500 a.C.) a Gran Esfinxe, gardián das pirámides, permaneceu durante máis de catro milenios na meseta de Giza, sobrevivindo á erosión do vento, prácticas de tiro de soldados estranxeiros ou as fogueiras do fanatismo. Dende hai unhas semanas comezou unha restauración que ten como obxectivo engadir máis morteiro nas zonas máis afectadas, que son arredor do peito e o pescozo e tamén substituír algúns bloques da parte norte da estatua para protexela da pedra nai. Toda a restauración farase coa tecnoloxía que empregaban os antigos exipcios e durara preto de 2 meses.

 

A Gran Esfinxe ten 20 m de altura e 57 m de lonxitude, só a cabeza xa mide 5 m.

A última restauración foi en outubro de 2010, na actualidade a cara e a estrutura da Gran Esfinxe segue estando en boas condicións. A primeira reforma foi auspiciada polo monarca exipcio Tutmosis IV (1.400-1.390 a.C.) e sufriu modificacións durante o reinado de Ramses II (1.279-1.213 a.C.) e a dinastía XXVI (685-525 a.C.) coa fin de apuntalar a súa estrutura.

Na época romana, algúns bloques foron substitutos por unha caliza branda e friable. No 1980, reencheron algunhas fendeduras con cemento, e a causa diso, provocouse o derribe dun ombro, pero no 1998 tivo lugar a mellor reforma do monumento, que durante unha década eliminouse o cemento e o xeso.

Os gregos chamárona esfinxe derivado dunha palabra que significa “o que estrangula” e transmitiron famosas lendas como as de unha maléfica estatua que solo libraba da morte a aquelas persoas que foran capaces de descifrar seus enigmas.


Autor: Iván Portas

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada . Garda o enlace permanente.

19 Responses to Coidando da Gran Esfinxe

  1. Victor di:

    Se a esfinxe estivera construída na Lúa, esixiría un menor mantemento?

    • faa-manuelvilas di:

      A erosión é a degradación e transporte do chan ou roca que producen distintos procesos na superficie terrestre. A erosión e producida fundamentalmente pola auga, pola gravidade e polo vento. A gran Esfinxe aféctalle, principalmente, a erosi´on do vento, xa que este leva consigo no deserto areas que fan que o efecto erosivo sexa aínda mayor.

  2. faa-marinabusto di:

    A Gran Esfinxe está exposta a condicións climánticas extremas, e xa foi reparada en varias ocasións debido á constante erosión pola area do deserto. Isto non ocorrería así se esta gran construción estivese na Lúa.
    Na Lúa non hai erosión, dada a falta de vento e a escasa gravidade, polo que unha figura como a Gran Esfinxe non necesitaría mantemento. Un exemplo disto son as pegadas dos homes das misións Apolo, as cales ben poderían estar alí durante miles de anos.

  3. faa-albaaller di:

    A Gran Esfinxe, por estar localizada no deserto, está exposta constantemente á erosión producida pola area, en cambio se estivese na Lúa non faría falla o mantemento, posto que na Lúa non hai vento e case non existe gravidade, o cal sería favorable para a conservación da Esfinxe, a cal se podería manter intacta durante miles de anos.

  4. faa-miriantrigo di:

    Dado a que a Gran Esfinxe está construida no medio do deserto, está exposta a cambios climáticos moi bruscos e á erosión do vento e da area do deserto, ao que tamén contribúe a erosión por parte das chuvias torrenciais que había naquela época, que provocaron surcos polos cales se metía a auga,aínda que actualmente as chuvias en Guiza son escasas.
    Se esta construción estivese feita na Lúa, conservaríase mellor e durante máis tempo, xa que na Lúa non hai atmosfera nin vento. Ademais, a gravidade da Lúa tamén é mínima.

  5. Xacobo Piñeiro Cacabelos di:

    Si, posto que na lua non hai erosión, e ao no haber erosión a esfinxe non necesitaría mantemento.

  6. Victor di:

    Vistas as vosas respostas, dades por feito que a o efecto erosivo sa atmosfera depende do vento; é realmente así?
    Cal sería o maior perigo que podería correr a esfinxe na Lúa?

    • faa-manuelvilas di:

      A esfinxe na lúa tería o perigo dos meteoritos(que xa se comentou nun artigo anterior) xa que ao non haber atmosfera chocarían directamente con ela. Na lúa aparte as temperaturas son moi baixas e os materiais que constitúen a esfinxe non aguantarían tan ben como na Terra.

  7. faa-laurachaves di:

    A erosión é a degradación e o transporte do solo ou das rochas da superficie terrestre, e por suposto que a erosión non depende só do vento, se non tamén doutros axentes como a auga, o xeo, ou os cambios térmicos. De feito existen varios tipos de erosión como a erosión hídrica, a erosión eólica e a erosión gravitacional.

    Na Lúa, apenas hai gravidade, polo que non pode reter os gases que se producen, polo que carece dunha capa de gases que a circunde e a protexa. Como consecuencia desta falta de atmosfera, os meteoritos impactan contra a superficie lunar, entre 15 e 150 impactos anualmente, e se se atopara a Esfinxe nela, quedaría derruída por algunhas destes golpes.

    A Lúa tamén carece dun mecanismo regulador da temperatura, e esta variación brusca non sería favorable para os materiais que compoñen a gran Esfinxe.

    A superficie da Lúa, tamén presenta unha gran cantidade de sedimento fino producido polos innumerables impactos destes meteoritos. Este polvo recibe o nome de regolito lunar, e podería afectar ou modificar a estructura da Gran Esfinxe.

  8. faa-tamaraparracho di:

    Definimos erosión como o desgaste que se produce na superficie dun corpo pola acción de axentes externos. Estes axentes poden ser o vento (erosión eólica) , a auga e o xeo (erosión hídrica) ou incluso os cambios térmicos.
    A Lúa ten unha atmosfera insignificante debido á súa baixa gravidade, incapaz de reter moléculas de gas na súa superficie. A ausencia de aire (e en consecuencia de vento) impide que se erosione a superficie, mais as tormentas solares sí que poden erosionar significativamente a superficie lunar, polo que se a Gran Esfinxe se encontrase na Lúa, tamén sufriría erosión.
    Ademais, a falta de atmosfera significa que a superficie da Lúa non ten ningunha protección respecto aos impactos de cometas e asteroides, polo que a Gran Esfinxe podería verse afectada por estes impactos de meteoritos.
    Por último, ao non existir unha capa que poida atrapar o calor ou aillar a superficie, as temperaturas na Lúa son extremas, oscilando dende un calor abrasador a un frío paralizante dependendo de onde se sitúe o sol. Estes cambios de temperatura excesivamente bruscos, causarían unha gran deterioración dos materiais que compoñen a Gran Esfinxe.

  9. Victor di:

    De que tipo de rocha está formada aa esfinxe? Como se orixinan estas rochas? E como sofren erosión?

    • faa-sarafalcon di:

      A Gran Esfinxe realizouse esculpindo un montículo de rocha caliza situado na meseta de Guiza.
      A rocha caliza é unha roca sedimentaria formada xeneralmente en augas mariñas cálidas e pouco profundas. É de forma rectangular, grosa e algunhas veces contén fragmentos de fósiles ou bandas de color. Nas covas, as estalactitas e estalagmitas son depósitos de rocha caliza en formas de témpanos.
      A maior parte da rocha caliza formase cando pequenos fragmentos de rocha, coral, cunchas e esqueletos de animales mariños miúdos caen xuntos para formar enormes pilas de sedimentos no océano. Éstos comprimense e aglomeranse a través de miles de anos, creando capas ao longo do tempo. Nas covas, a evaporación pode formar estalactitas e estalagmitas de rocha caliza. As gotas de auga evaporanse e deixan un depósito de carbonato de calcio no so ou no teito da cova, acumulándose en una forma de témpanos ao longo de miles de anos.
      A forma na que as rochas calizas erosionan chámase Carso.
      Un carso prodúcese por disolución indirecta do carbonato cálcico das rochas calcarias(calizas) debido á acción de augas lixeramente ácidas. A auga acidifícase cando se enriquece en dióxido de carbono, por exemplo cando atravesa un solo, e reacciona co carbonato formando bicarbonato, que é moi solúbel. Hai outro tipo de rochas, as evaporitas, como por exemplo o xeso, que se disolven sen necesidade de augas ácidas. As augas superficiais e subterráneas van disolvendo a rocha e creando galerías e covas que, por afundimento parcial, forman dolinas e, por afundimiento total, forman canóns

    • faa-manuelvilas di:

      As rochas que forman a esfinxe son rochas calizas. Esta rocha é sedimentaria e polo tanto fórmanse por acumulación de sedimentos. A esta acumulación favorecen o vento, auga e xeo e tamén os animais. Estas rochas desgastanse por un proceso de mterorización química chamado krast. Tamén se desgastana deste xeito a dolomía e o xeso. Hai dous tipos de krasts: Exokársticas( Lapiaces, poljés, dolinas, gorxas, covas, simas e ponors) e endokársticas( simas, sumidoiros, sifons e foibas)

  10. faa-iagopadin di:

    A esfinge realizouse esculpindo sobre roca caliza. A caliza é unha roca sedimentaria composta maioritariamente por carbonato de calcio (CaCO3), xeralmente calcita, aínda que frecuentemente presenta trazas de magnesita (MgCO3) e outros carbonatos. Tamén pode conter pequenas cantidades de minerais como arcila, hematita, siderita, cuarzo, etc.
    As calizas fórmanse nos mares cálidos e pouco profundos das rexións tropicais, naquelas zonas nas que os aportes detríticos son pouco importantes. Xeralmente coexisten dous procesos que contribúen á formación das calizas:
    – Orixe hídrico: O carbonato de calcio (CaCO3) disólvese con moita facilidade en augas que conteñen dióxido de carbono (CO2) gaseoso disuelto porque reacciona con este CO2 e coa auga para formar bicarbonato de calcio [Ca(HCO3)2]. Sen embargo en entornos nos que o CO2 disolto se libera bruscamente á atmosfera, prodúcese a reacción inversa aumentando la concentración de carbonato de calcio, cuxo exceso sobre el nivel de saturación precipita.
    – Orixe biológico: Numerosos organismos utilizan o carbonato de calcio para construir o seu esqueleto mineral, debido a que se trata dun composto abundante e moitas veces casi a saturación nas augas superficiais dos océanos e lagos. Tras a morte desos organismos, prodúcese en moitos entornos a acumulación desos restos minerais en cantidades tales que chegan a constituír sedimentos que son a orixe da gran maioría das calizas existentes.
    A caliza erosiónase mediante un proceso coñecido como Karst, así, un karst coñécese como unha forma de relevo orixinada por meteorización química de determinadas rocas, como la caliza. Un karst prodúcese por disolución indirecta do carbonato cálcico das rocas calizas debido á acción de augas lixeiramente ácidas. A auga acidifícase cando se enriquece en dióxido de carbono, por exemplo cando atravesa un solo, e reacciona co carbonato, formando bicarbonato, que é soluble.

  11. fab-jonathansalgueiro di:

    A esfinge está feita de roca caliza, a maior parte deste material fórmase cando pequenos fragmentos de roca, coral, conchas e esqueletos de animais marinos caen xuntos e forman grandes pilas de sedimentos no océano, estes sedimentos comprímense e agloméranse durante miles de anos creando capas ao largo do tempo. En covas a evaporación pode formar estalactitas e estalagmitas desta roca, que se forman cando as gotas de auga que se evaporan e deixan carbonato de calcio no solo ou no teito da cova e se acumula en forma de témpanos. A roca caliza erosionase mediante un proces chamado karst que se produce pola disolución indirecta do carbonato cálcico debido a acción das augas lixeiramente ácidas, a auga que se acidifica cando se enriquece con dióxido de carbono reacciona co carbonata cálcico formando bicarbonato que é unha sustancia soluble por último as augas superficiales e subterráneas van disolvendo a roca.

  12. fab-miguelpineiro di:

    A esfinxe realizouse sobre un tipo de rocha chamada caliza.É unha rocha sedimentaria formada xeralmente en augas mariñas cálidas e pouco profundas. É rectangular, grosa e ás veces conteñen fragmentos de fósiles ou bandas de cores.
    A roca caliza erosiónase mediante un proceso chamado Karst, e este proceso pódese resumir en 4 partes.
    1) Baixo disolución en auga pura. disociandose en anións carbonato e metal catión metálico. O taxa de disolución é alto, pero moi limitado no tempo, xerando formas de superficie con rápido desenvolvemento.

    2) Formación de ácido carbónico disociandose en proporcións baixas, a partir da oxidación do anion carbonato. A taxa de disolución é alta-media, dando lugar a superficies resultante de forma máis incisiva.

    3) Intervención no dióxido de carbono atmosférico e do solo, que está fisicamente disolto na auga. Unha pequena proporción será hidratada e disolta dando ácido carbónico quimicamente disociado, e realimentando o proceso para formar o ácido carbónico máis de anións carbonato de rocha; a súa dispoñibilidade fai esta fase. mesmo con taxas medias de disolución.

    4) Nesta fase, hai una total interacción entre atmósera-terra-auga. O desequilibrio entre o contido de dióxido de carbono da auga e da terra fai que chegue a disolverse de modo que crea fisicamente grandes cantidades de aquel.Asi deste modo, aparecen grandes reaccións reversibles hasta chegar a un certo equilibrio que pode ser alterado polo fluxo da auga, ou a superficio de roca exposta entre outras cousas.Os tasas de disolución diminuen progresivamente, aínda que a duración desta etapa chega a crear karstificacións importantes.

  13. faa-miguelotero di:

    A esfinxe esta formada principalmente por rocha caliza, esta rocha é unha rocha sedimentaria formada xeralmente en augas mariñas cálidas e pouco profundas. E de forma regular, grosa e algunhas veces contén fragmentos de fósiles e bandas de cor.
    Este tipo de rocha fórmase cando pequenos fragmentos de rocha, coral, cunchas e esqueletos de animais mariños pequenos caen xuntos para formar enormes montóns de sedimentos no océano, estes comprímense e aglomeran a través de millóns de anos, creando capas ao longo do tempo. Nas covas, a evaporación pode formar estalagmitas e estalactitas de rocha caliza, por causa da evaporación das gotas de auga que deixan un depósito de carbonato de calcio no solo ou no teito da cova, acumulándose en columnas de miles de anos.
    A erosión das rochas calizas prodúcese mediante un proceso denominado, Karst, a erosión kárstica prodúcese pola disolución indirecta do carbonato cálcico das rochas calizas, debido a acción das augas lixeiramente ácidas. A auga adifícase cando se enriquece de dióxido de carbono, e reacciona co carbonato, formando bicarbonato, que é soluble, producindo que a auga vaia desfacendo a rocha.

  14. fab-sabelafernandez di:

    A esfinxe realizouse esculpindo un montículo de rocha caliza situado na meseta de Guiza.
    A caliza é unha roca sedimentaria composta maioritariamente por carbonato de calcio, xeralmente calcita, aínda que frecuentemente presenta trazas de magnesita e outros carbonatos. Tamén pode conter pequenas cantidades de minerales como arcila, hematita, siderita, cuarzo, etc.
    As calizas son rochas orixinadas por un proceso de sedimentación directa. A máis común é a fixación do carbonato cálcico nas cunchas ou esqueletos de determinados organismos. Ó morrer, estes esqueletos e cunchas acumúlanse, creando un sedimento carbonatado.

    O proceso de erosión de determinads rochas como a caliza coñécese co nome de Karst ou relieve kárstico.
    Un karst prodúcese por disolución indirecta do carbonato cálcico das rochas calizas debido á acción de augas lixeiramente ácidas. A auga acidifícase cando se enriquece en dióxido de carbono , por exemplo cando atravesa o solo, e reacciona co carbonato, formando bicarbonato que é soluble.

  15. faa-ileniamartinez di:

    A esfinxe está formada por rochas calizas. É unha das rochas sedimentarias mais coñecida , as calizas son rochas orixinadas por un proceso de sedimentación directa. Esta sedimentación pode ter diversos orixes, a mais común e a chamada precipitación bioquímica : fixación do carbonato cálcico nas conchas ou esqueletos de determinados fósiles. Ao morrer, estos, acumúlanse formando un sedimento carbonatado. O carbonato cálcico vaise transformando en calcita, cementándose na rocha . Outra forma de depósito é a fixación do carbonato sobre elementos extraños, como pequenos fragmentos de fósiles. Gran parte do coñecemento acerca da paleontoloxía dos invertebrados , e en consecuencia, sobre a evolución da vida e a historia da Terra procede do estudio dos fósiles contidos nestas rochas.
    Están compostas predominantemente por minerales de carbonato, principalmente carbonatos de calcio e magnesio. Os materiais mais importantes son a calcita e a aragonita. Estas rochas desgástanse por un proceso de meteorización quimico chamado krast, este producese pola acción de augas lixeiramente ácidas