Bacterias superan a Antibióticos

Na segunda metade do século XX a ciencia logrou adiantarse ás bacterias. O desenvolvemento de antibióticos foi máis rápido ca capacidade dos microorganismos para mutar. Pero iso está cambiando rápidamente, en gran parte polo abuso e o consumo irresponsable destas medicinas, tanto en humanos coma en animais. Entre 2007 e 2011, a resistencia combinada de dúas bacterias que son  a causa común de infeccións urinarias e respiratorias ( Klebsiella pneumoniae e a Escherichia coli) a varias familias de antibióticos foron crecendo nun tercio dos países da UE.

A resistencia a antibióticos provocada polo mal uso dos medicamentos xera 25.000 mortes ao ano en Europa e uns custos sanitarios adicionais de 15.000 millóns de euros. Estímase que o número de infeccións por bacterias multirresistentes acada as 400.000 ao ano.

Aínda así, existen importantes variacións localmente. O Proxecto Virerist, liderado polo xefe da Unidade de Medicina Preventiva do Hospital de la Vega Baja (Orihuela), José María López-Lozano, leva anos recopilando datos. Os investigadores do programa lograron desenvolver aplicacións informáticas que minimizan a posibilidade  de que a un paciente se lle receite un antibiótico que non será efectivo. O programa determina cal é, con maior probabilidade, o microorganismo causante da infección e qué antibiótico convén receitar. Ademais de beneficiar ao enfermo, actúase sobre a comunidade ao reducir o risco de error no tratamento e, polo tanto, de xerar novas resistencias ao antibiótico que logo poidan transmitirse.

A Comisión Europea lanzou o ano pasado un programa para financiar a investigación de novos antibióticos e o seu desenvolvemento. No programa participan farmacéuticas, académicos, organizacións de pacientes, empresas de biotecnoloxía e hospitais, entre outros. Entre os obxetivos está acelerar o desenvolvemento de antibióticos.


Autora: Sara Falcón Fariña

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Biotecnoloxía, Medicina e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

28 Responses to Bacterias superan a Antibióticos

  1. Victor di:

    Cal é a orixe habitual dos antibióticos?

    • faa-uxiacasais di:

      Un médico británico, estaba cultivando unha bacteria (Staphylococcus aureus) nun prato de agar, o cal foi contaminado accidentalmente por fungos. Logo el advertiu que o medio de cultivo ao redor do fungos estaba libre de bacterias, sorprendido, comezou a investigar o porqué. Fleming xa había previamente traballado nas propiedades antibacterianas da lisozima, e por iso puido facer unha interpretación correcta do que veu: que o fungo estaba segregando algo que inhibía o crecemento da bacteria.

    • faa-manuelvilas di:

      A historia dos antibióticos comeza como tal no ano 1928, cando un científico británico chamado Alexander Fleming, descubreu a penicilina. Tampouco hai que esquecer a aportación de Paul Ehrlich a comezos do século XX co salvarsán para o tratamento da sífilis.
      Co paso do tempo e tras o descubrimento da penicilins, composta por un anel betalactámico de 4 átomos unido a outro de tiazolidina de cinco átomos, puidéronse obter novas penicilinas sintéticas e semisintéticas. Así nace o grupo dos antibióticos coñecidos como betalactámicos.

    • faa-sarafalcon di:

      O orixen dos antibióticos pode ser:
      Natural: Extractos minerais e vexetais de orixen natural son os ingredentes principais destos antibióticos naturais, como ayo e a vitamina C son os antibióticos de uso común natural.
      Sintético: Os antibióticos sintéticos producense no laboratorio a través duns procesos de síntese química, como é o caso das sulfamidas.
      Semisintético: Obtieñense a partires de cultivos microbianos e logo modificanse químicamente.

  2. faa-miriantrigo di:

    A palabra antibiótico provén do grego: anti (contra) e bios (vida), podendo ser sustancias químicas naturais, sintéticas ou semisintéticas, e están pensados para inhibir o crecemento ou provocar a norte das bacterias. Dende a antigüidade, o ser humano empregou compostos orgánicos para o tratamento de enfermedades infecciosas, como o extracto dalgunhas prantas, e 1928, o científico británico Alexander Fleming descubriu a pinicilina, o primeiro antibiótico utilizado, aínda que tamén son importantes as aportacións anteriores de Paul Ehrlich.
    Así, a orixe dos antibióticos pode ser natural (cando provén de prantas, animais, fungos…e están preparados sen ninguna sustacia artifial, polo que son moito máis recomendables), sintético (elaborado totalmente no laboratorio, a partir de moléculas simples), ou semisintético, unha mezcla de ambos. Estos son utilizados tanto na medicina humana, animal e incluso na horticultura.

  3. faa-laurachaves di:

    A orixe da palabra antibiótico provén do grego: anti, significa contra, e bios, vida.
    Dende a antigüidade, o ser humano xa utilizaba compostos orgánicos para o tratamento de enfermidades infecciosas como poden ser o extracto dalgunhas plantas e fungos dalgúns queixos. No século XIX, xa houbo algún achados que quedaron no aire pola man dalgúns científicos como Louis Pasteur, Rudolf von Emmerich ou Paul Ehrlich.

    Mais a historia real dos antibióticos comeza en 1928, cando o científico británico Alexander Fleming descubriu a penicilina. Este encontrábase realizando varios experimentos no seu laboratorio cando ao vixésimo segundo día, despois de inspeccionar os seus cultivos observou que a colonia dun fungo crecera espontaneamente, coma un contaminante. Fleming comprobou que as colonias bacterianas que se encontraban ao redor do fungo eran transparentes debido a que se producira a morte bacteriana. Isto, significou que este fungo, Penicillium notatum, producirá unha sustancia natural con efectos antibacterianos, á que se lle denominou penicilina, e que acadou un maior interesa na II Guerra Mundial.

    O descubrimento da penicilina, marcou un antes e un despois no tratamento das enfermedades infecciosas, e descríbese coma un feito casual e fortuito.

    Na actualidade, non só se conseguiu erradicar completamente as enfermedades infecciosas, se non que mostran unha tendencia emerxente, entre outras cousas, pola aparición de resistencias por parte dos microorganismos fronte aos antibióticos. Por eso, o descubrimento dos novos antibióticos, así coma a creación de antibióticos semisintéticos ou sintéticos sigue sendo de gran importancia.

  4. faa-iagopadin di:

    Os antibióticos son substancias que se usan para matar ou inhibir o crecimiento das bacterias. O antibiótico pioneiro foi a penicilina, que revolucionou o tratamento das infeccións, como a neumonía e a tuberculose, e a súa produción, a partir de fungos, constituiu a primeira aplicación da biotecnoloxía á industria farmacéutica. O seu descubrimento débese a Alexander Fleming, que en 1928 atopou que o fungo Penicillum notatum producía “algo” capaz de matar as bacterias que estaba estudando. A produción comercial comezou en 1943. Actualmente, a maioría dos antibióticos, denominados “naturales”, obtéñense a partir dos microorganismos que os producen. Así, mentras algunhas especies de Penicillum producen penicilina, outras fabrican antibióticos tan importantes como as cefalosporinas. Outros antibióticos naturales moi conocidos, como a tetraciclina, a estreptomicina e a eritromicina, son elaborados por bacterias do xénero Streptomyces. Os antibióticos denominados “semi-sintéticos” son extraídos de microbios e logo mellorados no laboratorio. Tal é o caso da ampicilina, que surxe da modificación química da penicilina. Finalmente, algúns antibióticos, como as sulfamidas, son fabricados enteiramente no laboratorio e por iso son chamados “antibióticos sintéticos”.

  5. faa-martinbaulde di:

    Un antibiótico é unha substancia química producida por un ser vivo ou derivado sintético, que mata ou impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, xeralmente bacterias. Utilízanse na medicina humana, animal e horticultura para tratar infeccións provocadas por xermes.
    O primeiro antibiótico descubriuno Ernest Duchesne e foi a penicilina, en 1897, quen traballaba con hongos do xénero Penicillium, ainda que o seu traballo non recibiu a atención da comunidade científica. A investigación no campo da terapéutica antibiótica moderna comenzou en Alemaña co desenvolvemento do Salvarsan, un antibiótico de corto espectro que permitiu o tratamento efectivo da sífilis.
    A orixe destes dase a partir de organismos produtores de antibióticos, os principais son certas familias de bacterias como as do xénero Streptomyces e certos fungos como os do xénero Penicillium cuxo hábitat natural é o chan.

  6. Victor di:

    E como actúa un antibiótico sobre unha bacteria?

    • faa-sarafalcon di:

      Cando unha bacteria é capaz de saltar as defensas que ofrece o noso sistema inmune, o antibiótico actúa como unha especie de veneno específico, que ataca á bacteria que produciu a infección e á célula afectada, sen causar efectos naquelas que están sanas , esta acción chámase acción bactericida.

      Según sea a infección, o antibiótico funciona de forma diferente. Moitas veces inhibe a forma de actuar da bacteria, impidindo a súa reprodución e xera unha parede de protección frente aos ataques do corpo. Ao non poder reproducirse, a bacteria termina morrendo, esta acción chámase acción bacterostatica

    • faa-carmenvilanova di:

      Os antibióticos loitan contra as bacterias infeciosas no noso organismo. Estes atacan o proceso da enfermidade ao destruír a estrutura das bacterias ou a súa capacidade de dividírense ou reproducírense. Os científicos a miúdo ordenan os antibióticos por categorías, do seguinte método:

      -Algúns deles (ex.: penicilina, cefalosporin) matan as bacterias de maneira absoluta. Son os chamados bactericidas e son capaces de atacar directamente a parede da célula bacterial, que lesiona a célula. Entón, de esta forma, as bacterias xa non poden atacar ao noso corpo e polo tanto, non poden tampouco seguir facendo dano dentro do mesmo.

      -Outros antibióticos (como a tetracilina ou eritromicina) bloquean o crecemento e reprodución das bacterias. Este tipo de antibióticos correspóndense co nome de bacteriostáticos. Son idóneos para evitar que os nutrientes cheguen á bacteria, o que lles impide dividirse e multiplicarse. Debido a que se necesitan millóns de bacterias para continuar co proceso da enfermidade, os bacteriostáticos poden deter a infeción e permítelle ao noso sistema inmunolóxico poder atacar nese tempo de detención.

    • faa-manuelvilas di:

      A historia dos antibióticos comeza como tal no ano 1928, cando un científico británico chamado Alexander Fleming, descubreu a penicilina. Tampouco hai que esquecer a aportación de Paul Ehrlich a comezos do século XX co salvarsán para o tratamento da sífilis.
      Co paso do tempo e tras o descubrimento da penicilins, composta por un anel betalactámico de 4 átomos unido a outro de tiazolidina de cinco átomos, puidéronse obter novas penicilinas sintéticas e semisintéticas. Así nace o grupo dos antibióticos coñecidos como betalactámicos.
      Por outra banda, en 1950 nos laboratorios de investigación de Francia, forn sintetizados un grupo de compostos nitroimidoazólicos entre os que destacou posteriormente o metronidazol. Este último antibiótico era eficaz frente a Trichomonas vaginalis.

    • faa-manuelvilas di:

      Os antibióticos son capaces de destruir a estrutura dos organismos das bacterias polo que xa non son capaces de dividir ou reproducirse (Os antibióticos só serán eficaces tratando infeccións bacterianas)
      Os antibióticos actúan como unha especie de veleno específico, que ataca á bacteria que produce a infección e á célula afectada, sen causar efectos naquelas células que están sans.

    • fab-nereabetanzos di:

      Un antibiótico é unha substancia segregada por un microorganismo,que ten a capacidade de afectar a outros microorganismos.Existen tres tipos de antibióticos:
      -Os que producen unha acción bactericida (destrúe os xermes).
      -Os que posúen actividade bactericida dependente da concentración.
      -Os que se comportan preferentemente como bacteriostáticos.
      Os antibióticos axudan ás defensas dun individuo ata que as respostas locais sexan dabondo para controlar a infección.
      Os antibióticos inflúen sobre as bacterias seguindo unha doses deste que consiga que no foco da infección se acade unha concentración do medicamento superior á mínima concentración capaz de inhibir ao microorganismo durante o tempo suficiente.
      A elección inadecuada do antibiótico pode xerar poboacións de bacterias resistentes a dito antibiótico.

  7. faa-tamaraparracho di:

    Os antibióticos son coñecidos tamén co nome de antibacteriais, xa que se utilizan para tratar enfermidades causadas por bacterias (e non por virus).
    Cando unha bacteria supera as defensas do sistema inmune, os antibióticos actúan como unha especie de veleno específico, que ataca á bacteria que produce a infección e á célula afectada, sen causar efectos naquelas células que están sans.
    Segundo a forma na que actúan e atacan ás bacterias infecciosas distinguimos dous tipo de antibióticos:
    En primeiro lugar, temos os chamados bactericidas, como por exemplo a penicilina. Estes antibióticos atacan directamente á parede da célula bacterial, lesionando á bacteria e causándolle a morte. Así, as bacterias xa non poden atacar, e polo tanto, deixan de causarlle danos ao organismo.
    En segundo lugar, están os antibióticos bacteriostáticos, como por exemplo a tetracilina. Estes antibacteriais bloquean o crecemento e a reprodución das bacterias, xa que evitan que os nutrientes cheguen á bacteria, o que impide que se dividan ou se multipliquen. Debido a que se necesitan millóns de bacterias para continuar co proceso da enfermidade, estes antibióticos poden deter a infección e darlle ao sistema inmunolóxico do corpo tempo para atacar.

  8. faa-nereaeiras di:

    Os antibióticos só serán eficaces tratando infeccións bacterianas.Os antibióticos son capaces de destruir a estructura dos organismos bacterianos polo que xa non son capaces de dividirse, isto dará temo ao sistema inmune para deter a infección.
    O verdadeiro problema aparece cando non tomamos adecuadamente os antibióticos pois cando unhas pocas bacterias sobreviven ao tratamiento vólvense máis fortes frente ao mesmo.

  9. faa-javiergonzalez di:

    Os antibióticos son capaces de destruir a estrutura dos organismos das bacterias polo que xa non son capaces de dividir ou reproducirse. Os antibióticos como a eritromicina o tetraciclina bloquean a capacidade das bacterias para reproducirse mediante a prevención dos nutrientes cheguen ás bacterias para que non podan multiplicarse, isto dará tempo ó sistema inmune para detener a infección. Os antibióticos como la penicilina ou cefalosporina matarán ás bacterias pola súa conta hiriendo a pared celular das bacterias.

  10. faa-albarodriguez di:

    Os antibióticos son un tipo de medicamento que trata as infeccións causadas polas bacterias. Estes medicamentos non son efectivos contra as infeccións de virus.
    Os antibióticos prescríbense para infeccións bacterianas e pódense aplicar de forma oral, inxectable ou sobre a pel en forma de crema.
    Cando unha bacteria sáltase as defensas que ofrece o noso sistema inmune, o antibiótico actúa como unha especie de veleno específico, que ataca as bacterias que están producindo a infección e a célula afectada.
    Según como sexa a infección, o antibiótico funciona de forma diferente: moitas veces inhibe a forma de actuar da bacteria, impedindo que se reproduza e cree unha parede de protección fronte os ataques do corpo. Ao non poder reproducirse a bacteria acaba morrendo.
    Un antibiótico só pode actuar sobre o que está vivo, por iso non funciona contra os virus. Estes medicamentos só deben tomarse cando son receitados, xa que do contrario podemos producir unha resistencia a eles.
    Debido ao seu mal uso, foron aparecendo as chamadas “super bacterias”, que son resistentes aos medicamentos actuais, polo que o seu tratamento faise moi complicado.

  11. faa-ariadnavazquez di:

    Non todos os antibióticos actúan da mesma maneira. Uns o que fan é matar a capa protectora que teñen as bacterias e sen ela estas desaaparecen. Outros en cambio actúan de forma que impiden que as bacterias produzan as proteínas que producen o seu alimento e ó deixalas sin alimento acaban morrendo.
    Na clasificación dos antibióticos temos dous tipos diferentes:
    – Os antibióticos de baixo espectro: aqueles que solo atacan a bacterias de un tipo concreto.
    – Os antibióticos de amplio espectro: atacan a bacterias de varios tipos diferentes. Si por exemplo o teu médico non sabe a bacteria que causou a túa enfermidade utilizaría este.

    Tamén podemos clasificalos polo seu poder de acción contra as bacterias:
    -Bactericidas: son aqueles capaces de eliminar a bacteria.
    -Bacteriostáticos: bloquean o crecemento e a multiplicación da bacteria dañina.

  12. faa-miguelotero di:

    Fundamentalmente os antibióticos utilízanse para matar bacterias malignas e impedir a súa multiplicación.
    Os antibióticos o que fan e matar a capa protectora que teñen as bacterias, sen ela as bacterias explotan e acaban desaparecendo . Outros en cambio actúan de forma que impiden que as bacterias produzan as proteínas que elaboran o seu alimento, así que deixándoas sen a súa fonte de alimento acaban por morrer.
    Existen dous tipos de antibióticos, os de baixo espectro, que só atacan as bacterias dun só tipo. E os de amplo espectro, que atacan a bacterias de diferentes tipos. Este último tipo en concreto e o máis axeitado se non se sabe que tipo de bacteria está causando a enfermidade.
    Tamén os podemos clasificar polo seu poder de acción contra as bacterias. Os bactericidas, que son capaces de eliminar a bacteria por completo. E por último os bacteriostáticos, estes bloquean o crecemento e a multiplicación da bacteria maligna.
    Algúns dos antibióticos máis utilizados son: a penicilina, amoxicilina, cefalosporina, tetraciclinas… etc.

  13. faa-danielbaulo di:

    Un antibiótico é un composto químico producido por un ser vivo ou derivado sintético, que mata ou impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, normalmente bacterias, pero non exclusivamente. Utilízanse para tratar infeccións provocadas por xermes, e normalmente presentan toxicidade selectiva, que fai que só actue nos organismos invasores e non nos animais ou os seres humanos que os hospedan, aínda que ocasionalmente pode producirse unha reacción adversa, como afectar á flora bacteriana normal do organismo ou outros efectos secundarios. Os antibióticos axudan ás defensas dun individuo ata que estas sexan capaces de controlar a infección.

  14. Victor di:

    Bacterias Gram+, bacterias Gram-; que significa iso? Coñeces a relación destes conceptos con respecto aos antibióticos?

    • faa-manuelvilas di:

      En microbioloxía, denomínanse bacterias Gram + a aquelas bacterias que se tiñen de azuis oscuro ou violeta pola tinción de Gram.
      Polo contrario, as bacterias Gram – son aquelas que non se tiñen de azul oscuro ou violeta, se non que o fan dun color rosado tenue.

    • faa-manuelvilas di:

      En microbioloxía, denomínanse bacterias Gram + a aquelas bacterias que se tiñen de azuis oscuro ou violeta pola tinción de Gram.
      Polo contrario, as bacterias Gram – son aquelas que non se tiñen de azul oscuro ou violeta, se non que o fan dun color rosado tenue.
      As bacterias Gram – son moi resistentes aos antibióticos, xa que os mecanismos que utilizan para defenderse de estos están en constante evolución. Empréganse antibióticos Beta-lactámicos.

    • faa-carmenvilanova di:

      A tinguidura de Gram (ou tamén coloración de Gram) é un tipo de tinguidura diferencial empregada no ámbito da bacterioloxía para poder así visualizar as bacterias. Aquelas bacterias que se tinguen de azul oscuro ou violeta son as denominadas bacterias Gram positivas. A posesión desta característica química está estreitamente ligada á estrutura da envoltura celular, polo que reflexa un tipo natural de organización bacteriana. Pola contra, aquelas bacterias que non conseguen tinguirse de azul oscuro ou violeta fano dunha cor rosada tenue e reciben o nome de bacterias Gram negativas.
      Hay un tipo de bacterias que son resistentes aos antibióticos. As diferencias de membranas que existen entre as bacterias Gram positivas e as Gram negativas fan que os antibacterianos non sexan capaces de exercer o seu efecto nestas últimas (nas bacterias Gram-) e polo tanto, estas sexan moi resistentes a este tipo de medicamentos.

  15. faa-ariadnavazquez di:

    Denomínanse bacterias Gram positivas (+) a aquelas bacterias que se tiñen de azul oscuro ou violeta pola tinción de Gram, de aquí o nome de ” Gram-positivas” ou tamén “grampositivas”. Esta característica química está intimamente ligada a esctructa da envoltura celular polo que reflexa un tipo de organización bacteriana. Son un dos principais grupos de bacterias.
    Polo outro lado, denomínanse bacterias Gram negativas a aquelas bacterias que non se tiñen de azul oscuro ou violeta pola tinción de Gram, e que o fan dun color rosado tenue, de ahí o seu nome de “Gram-negativas”. Esta característica está íntimamente ligada á estructura didérmica dada pola envoltura celular, pois presenta dobre membrana celular.

  16. faa-miriantrigo di:

    Coñécense como bacterias Gram positivas ás bacterias que non posúen membrana externa capaz de protexer o citoplasma bacteriano, que teñen unha grosa capa de peptidoglicano e que presentan ácidos teicoicos na superficie. O peptidoglicano é un oxoesqueleto que da consistencia e forma esencial para a replicación e supervivencia da bacteria. Estas bacterias caracterízanse por tinguirde de azul escuro ou violeta pola tinción de Gram, aplicada en bacteoroloxía para analizar mostras no laboratorio, o que dá explicación ao seu nome. As bacterias Gram + constitúen un dos grupos principais de bacterias.
    En cambio, as bacterias Gram negativas posúen unha parede celular complexa, con membrana externa e interna, presentando un espazo entre ambas, denominado periplasma, o cal ten unha gran importancia no metabolismo enerxético. O peptidoglicano é fino, polo que non reteñen o colorante. Estas bacterias presentan unha maior resistencia aos antibióticos, a causa da diferencia de membranas.

  17. faa-albarodriguez di:

    A tinguidura do Gram é un tipo de tinguidura diferencial empregado en bacterioloxía para a visualización de bacterias, sobre todo en mostras clínicas.
    En microbioloxía, denomínase bacterias Gram positivas a aquelas que teñen de azul escuro ou violeta pola tinguidura do Gram. Esta característica está ligada á estrutura da membrana celular. A estrutura destas bacteria ten unha membrana citoplasmática e unha parede celular composta por unha grosa capa de peptidoglucano, que rodea a anterior. A capa de peptidoglucano é a encargada de reter o tinguidura do Gram.
    As bacterias Gram negativas son aquelas bacterias que non se tiñen de azul escuro ou violeta pola tinguición do Gram, senón que o fan dun color rosado. As bacterias Gram negativas presentan dúas membranas lípidas entre as que hai unha parede celular de peptidoglucano, mentres que as bacterias Gram positivas presentan só unha membrana lípida e a parede de peptidoglucano é moito máis grosa. Ao ser a parede fina non reten o colorante durante a tinguición do Gram.