Risco nos embarazos tardíos

Xa se sabía que ter un fillo cando alguén ten máis de 38 anos supoñía uns poucos riscos, como por exemplo aumentar a posibilidade de ter alteracións cromosómicas. Nun novo estudio, descubriuse un novo aspecto.

A presencia de maiores alteracións no ADN mitocondrial, o seu risco de mutación aumenta entre un 30,35 % nos casos de embarazos tardíos. Este fenómeno  é chamado heteroplasmia, e isto non supón un risco alarmante, só conleva  que haxa un maior número de formas heteroxéneas no ADN mitocondrial, e isto significa que hai un maior risco de enfermedades mitocondriais. As mitocondrias son importantes para as células, xa que son entre outras cousas, quen lle subministran a enerxía para que a célula poida funcionar correctamente.

A esquerda, una mitocondria sá, e a dereita, una mutada.

A esquerda, una mitocondria sá, e a dereita, una mitocondria mutada.

Hai máis de 200 enfermedades mitocondriais coñecidas, moi graves e moi desalentadoras, xa que na maioría dos casos, non hai cura posible, algunas das enfermidades mitocondriais,  son mundialmente coñecidas, como por exemplo: Cáncro, Diabetes, Parkinson ou Alzheimer entre outras.

Este novo descubrimento tenranno moi en conta nos laboratorios, especialmente nas fecundacións en vitro. Xa que tamén lle estudiaban o ADN mitocondrial para saber a viabilidade do embrión no útero materno, algo que ata agora apenas o tiñan en conta. Pero a pesar do aumento do risco, este sigue sendo moi baixo, chegando a afectar a 1 de cada 5000 e 10.000 nacidos.

As persoas que si terán implicación máis directa, son as persoas que xa teñen unha enfermidade mitocondrial. Xa que a partir de agora, será moito máis fácil prever a posibilidade que terán os nosos fillos de recibila como herencia.


Autor: Miguel Piñeiro

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Orixe humana, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

29 Responses to Risco nos embarazos tardíos

  1. Victor di:

    Cando fagades un artigo para o blog ou revista, debedes pasarlle o corrector ortográfico e non deixar ese tipo de traballo para min. Ademais, debedes ser máis esixentes á hora de seleccionar enlaces.

    Por que a mitocondria posúe ADN?

    • faa-sarafalcon di:

      As Mitocondrias posúen unha molécula de ADN circular cerrado(ADN Procariota), porque según a teoría Endosimbiótica proposta por Lynn Margulis as Mitocondrias orixinaronse por evolución biolóxica dunha célula hóspede que incorporou por Endocitosis unha bacteria aerobia e de nutrición heterótrofa.
      Durante o transcurso do tempo, esta bacteria endosimbiótica quedou transformada en Mitocondrias presentes solo en células eucariotas animales-vegetales.

      Este mecanismo evolutivo(Evolución Prebiótica), demostra que tanto as Mitocondrias orixinaronse por Endosimbiosis(poser ADN Procariota).

    • faa-carmenvilanova di:

      As mitocondrias son un tipo de orgánulos celulares que teñen como función principal suministrar a maior parte da enerxía necesaria para a realización da respiración celular. Estos orgánulos están formados por unha doble membrana (interna e externa) que limita un espazo intermembranoso e unha matriz mitocondrial. A membrana externa é lisa pero a interna disponse formando unha especie de pregamentos ou crestas, o que facilita que se distribúan nelas moitas proteínas de transporte necesarias para a cadea respiratoria.
      Na matriz encóntrase o ADN mitocondrial, unha molécula circular cerrada formada por unha doble cadea que contén información para 37 xenes, todos eles en relación coa produción de enerxía (principal función mitocondrial). A partir de vestixios como que as mitocondrias presentan ADN, ou ARN e ribosomas para a biosíntese de proteínas Lynn Margulis desenvolveu a súa teoría: as mitocondrias orixináronse por evolución biolóxica dunha célula hóspede que incorporou mediante endocitosis unha bacteria aerobia e de nutrición heterótrofa. Esta bacteria endosimbiótica acabaría por quedar transformada en mitocondrias presentes soamente en células eucariotas animais e vexetais.

    • faa-uxiacasais di:

      As mitocondrias son uns orgánulos intracelulares presentes en todas as células humanas (excepto os glóbulos vermellos maduros). As mitocondrias son esenciais para a produción de enerxía, están presentes no citoplasma da células e posúen o seu propio ADN. Este é o ADN Mitocondrial. Todo ADN mitocondrial humano é comparado con esta primeira secuencia.
      Cando ocorre o proceso de fecundación do óvulo polo espermatozoide, so o núcleo do espermatozoide logra penetrar no óvulo. En consecuencia, al mitocondrias e o seu ADN mitocondrial do novo ser enxendrado provén exclusivamente do ovulo, é dicir da nai.

    • faa-albarodriguez di:

      A mitocondria é un orgánulo de gran tamaño o cal a súa función principal é levar a cabo a respiración celular aeróbica, ten como fin a produción de enerxía en forma de ATP. Só se encontra en células eucariotas. É o único orgánulo, xunto cos cloroplastos de células vexetais, que presenta un sistema xenético propio.
      A mitocondria, como o cloroplasto, presenta un sistema xenético independente do presente no núcleo, que lle permite sintetizar as súas propias proteínas. Así, está formado por unha molécula de ADN, ribosomas encimas para a replicación, transcrición e tradución, etc. Hai múltiples enfermidades relacionas coa función mitocondrial. As máis estudadas son aquelas que afectan a cadea de transporte electrónico as crestas e ocorren principalmente por mutación no ADN mitocondrial.

    • fab-mariangaleano di:

      As mitocondrias son orgánulos celulares presentes en todas as células humanas e son as encargados de suministrar a maior parte da energía necesaria para a actividade celular. Actúan como centrales enerxéticas da célula e sintetizan ATP a expensas dos carburantes metabólicos( glicosa, ácidos grasos e aminoácidos).
      As mitocondrias posúen o seu propio ADN, que consta de 16.568 nucleótidos na chamada secuencia clásica de Anderson.
      Cando ocurre o proceso da fecundación, só o núcleo do espermatozoide logra penetrar o óvulo e en consecuencia as mitocondrias (e o ADN mitocondrial) do novo ser enxendrado proveñen exclusivamente do óvulo, é dicir, da nai. Esta característica tan especial é usada para determinar se un individuo descende dalgunha muller determinada.
      Todas as persoas que teñan o mesmo linaxe materno deben forzosamente ter o mesmo ADN mitocondrial.

    • faa-ritalage di:

      As mitocondrias son orgánulos citoplasmáticos provistos de dobre membrana que se encontran na maioría das células eucariotas. O ADN mitocondrial é o material xenético que posúen as mitocondrias. O xenoma mitocondrial conten 37 xenes dos cales 3 xenes que codifican para a ARNs mensaxeiros, e para 13 proteínas, 22 xenes que codifican para 22 tARNs e 2 xenes que codifican para os rRNAs mitocondriales

    • faa-manuelvilas di:

      Porque supónse(según a teoría da bióloga Margulis) que tanto unha mitocondria coma un cloroplasto apareceron na célula eucariota ao ser invadidas e despois creouse unha simbiosis con algúns seres procariotas que posuían ADN.
      segundo a hipótese de Margulis, fai uns 2500 millóns de anos a atmosfera xa contiña suficiente osíxeno como consecuencia da da fotosíntesis das bacterias das Cianobacterias, e certos procariotas huberon adquirido a capacidade de usar osíxeno para obter enerxía e foron fagocitados por células de mayor tamaño, sin que existira unha dixestión posterior. Así a pequena célula aeróbica transformouse a mitocondria e esta asociación permitiu conquistar novos ambientes.
      De forma análoga, procariotas fotosintéticos, quizá cianobacterias, foron inxeridos por células non fotosintécticas de mayor tamaño, e foron os precursores dos cloroplastos.

  2. faa-iagopadin di:

    As mitocondrias son orgánulos celulares encargados de suministrar a maior parte da enerxía necesaria para a actividade celular (respiración celular). As mitocondrias posúen unha molécula de ADN circular porque segundo a teoría proposta por Lynn Margulis, estas orixináronse fai uns 2500 millóns de anos pola evolución biolóxica dunha célula hóspede que incorporou unha bacteria aerobia e de nutrición heterótrofa. Durante o transcurso do tempo, esta bacteria quedou transformada en mitocondrias presentes só en células eucariotas animais-vexetais. As probas moleculares que respaldan esta teoría son:
    – A presenza de ADN procariota común en mitocondrias e bacterias.
    – A presenza de ARN e ribosomas para a biosíntese de proteínas celulares.
    – A presenza de partículas F1(indispensables na cadea oxidativa ou respiratoria), en procariotas asociada coa membrana plasmática, en mitocondrias formando una cadea oxidativa contínua ou ininterrumpida localizada sobre o lado interno das crestas mitocondriales.
    Este mecanismo evolutivo (evolución prebiótica), demostra que as mitocondrias orixináronse por endosimbiose (poseer ADN procariota).

    • faa-glopez di:

      El ADN mitocondrial se reproduce por si mismo autonomamente se divide la celula eucariota. Por eso la celula contiene el ADN para hacer ese proceso

  3. fab-raquelpan di:

    O ADN mitocondrial foi descuberto por Margit Nass y SYLAN Nass usando microscopia electrónica e un marcador sensitivo o ADN mitocondrial.As mitocondrias e os cloroplastos son compartimentos intracelulares que solo se atopan nas células eucariotas. Estos orgánulos tienen su propio ADN. As mitocondrias pódense atopar tanto en células animais como vexetais, mentras que os cloroplastos solo se encontran en células vexetais. O ADN Mitocondrial Humano, tamén chamado cromosoma mitocondrial ,e unha molécula circular de DNA.dun tamaño de 16569 pares de bases. Este tamaño de 165569 bp corresponde o primeiro Adn secuenciado, existen outras variantes. En cada mitocondria existen varias copias deste ADN,de modo que o número de cromosomas mitocondriais en cada célula pode ser de varios miles.

  4. faa-laurachaves di:

    As mitocondrias orixináronse por evolución biolóxica dunha célula hóspede que incorporou unha bacteria aerobia (bacteria que necesita osíxeno para a respiración celular) de nutrición heterótrofa (bacterias que se alimentan coas sustancias orgánicas sintetizadas por outrros organismos ). Durante o transcurso do tempo, esta bacteria endosimbiótica quedou transformada en Mitocondrias, presentes solo en células eucariotas animais- vexetais.
    Esta teoría é nomeada como a Teoría Endosimbiótica, proposta por Lynn Margulis, e dá a explicación de por qué as mitocondrias posúen unha molécula de ADN.
    Algunhas das probas que o confirman son:
    – Presencia de ADN Procariota común en Mitocondrias e Bacterias
    – Presencia de ARN e ribosomas para a biosíntesis de proteínas celulares
    – Presencia de Oxisomas

  5. faa-albaaller di:

    O ADN mitocondrial é o material xenético que posúen as mitocondrias. As mitocondrias son os orgánulos encargados de producir enerxía para que a célula poida levar a cabo as súas funcións vitais.
    O ADN mitocondrial foi descuberto por Margit M. K. Nass e Sylvan Nass, máis a teoría exposta por Lynn Margulis é a que fala da evolución das mitocondrias. Esta teoría fala de que as mitocondrias orixináronse pola evolución dunha bacteria, esa é a razón pola que posúen ADN propio. Co paso do tempo esa bacteria pasou a ser o que hoxe chamamos mitocondria.

  6. fab-tatianameis di:

    As mitocondrias son os orgánulos encargados de suministrar a enerxía para as actividades da célula.

    Segundo a científica Lynn Margulis e outros científicos unha célula capaz de obter nutrientes do osíxeno (futura mitocondria) fusionouse con outra célula. De aquí surxiu unha relación de simbiosis, una proporcionaba energía e a outra un medio estable rico en nutrientes. A partir de esta relación simbiótica as células acabaron por ser unha célula que posuía un orgánulo, a mitocondria.
    Esta teoría é respaldada polo feito de que as bacterias e as mitocondrias teñen moito en común, o feito de que o ADN nuclear e o ADN mitocondrial posúe información distinta e que as mitocondrias teñen o seu propio ADN e a súa propia membrana.

    Na actualidade as mitocondrias non poden sobrevivir fora da célula, así como a célula non pode sobrevivir sen mitocondrias.

  7. fab-miguelpineiro di:

    As mitocondrias son orgánulos celulares, na que a súa funcion é suministrar a maior parte da enerxía necesaria para a respiracion celular. Actúan como centrais enerxéticas da célula e sintetizan ATP.Só se encontra en células eucariotas.
    As Mitocondrias posúen unha molécula de ADN circular cerrado,o chamado ADN Procariota,estes orixinaronse fai uns 2500 millóns de anos pola evolución biolóxica dunha célula hospede.
    Esta teoría é nomeada como a Teoría Endosimbiótica, proposta por Lynn Margulis, e dá a explicación de por qué as mitocondrias posúen unha molécula de ADN.
    Algunhas das probas que o confirman son:
    -Presencia de ADN Procariota común en Mitocondrias e Bacterias
    -Presencia de ARN e ribosomas para a biosíntesis de proteínas celulares
    -Presencia de Oxisomas.

  8. fab-nereaporta di:

    O xenoma morocondrial conten un total de 37 xenes ds cales 3 xenes que codifican para a ARNs mensaxeiros, e polo tanto para 13 proteínas, 22 xenes que codifican para 22 tARNs e 2 xenes que codifican para os rRNAs mitocondriales. Na prática, cando se secuencia o ADN mitocondrial se unha persoa en particular, obsérvase un certo número de variacións que son simplemente polimorfismos non teñen ningunha consecuencia clínica. De feito, unha rexión do ADN mitocondrial chamada rexión de control, e tan polimórfica que se utiliza na mediciña forense para identificar o suxeito.

  9. faa-danielbaulo di:

    As mitocondrias son orgánulos celulares que teñen como funcion a suministración da maior parte da enerxía que as celulas eucariotas necesitan para realizar a respiración celular. As Mitocondrias posúen unha molécula de ADN circular cerrado que se orixinou fai uns 2500 millóns de anos pola evolución biolóxica dunha célula hospede.
    Lynn Margulis nomeou esta teoría como a Teoría Endosimbiótica, e probas como a presenza de ADN Procariota común en Mitocondrias e Bacterias,
    existencia de ARN e ribosomas para a biosíntesis de proteínas celulares; e presenza de Oxisomas, deixan esta teoría confirmada.

  10. Victor di:

    Que función teñen as mitocondrias para unha célula?

    • fab-nereabetanzos di:

      As mitocondrias en ocasións defínense como “xeradoras de enerxía” das células,debido a que produce a maior parte da subministración de adenosín trifosfato (ATP) o cal se utiliza como fonte de enerxía química.
      Tamén realizan unha función metabólica que consiste en transferir ou trasformar a enerxía química potencial almacenada nos enlaces covalentes de certas moléculas,como a glicosa,en enerxía química almacenada nos enlaces covalentes entre fosfatos do ATP.
      Outras funcións son os procesos de sinalización celular,diferenciación celular,almacenamento de calcio,morte celular programada e control do ciclo celular e do crecemento celular.

  11. faa-carmenvilanova di:

    A principal función das mitocondrias é a oxidación de metabolitos (moléculas utilizadas ou producidas durante o metabolismo). Ademais, este tipo de orgánulos son os encargados de suministrar e xerar a maior parte da enerxía necesaria para a actividade celular mediante procesos de respiración aerobia. Actúan, polo tanto, como unha especie de centrais enerxéticas da célula e sintetizan ATP (nucleótido fundamental na obtención de enerxía celular) mediante a fosforilación oxidativa, que é dependente da cadea transportadora de electróns que poseen as mitocondrias nas súas membranas. O ATP libérase no citoplasma da célula, que o utiliza na práctica totalidade das reaccións que necesitan enerxía e convírtese en ADP, que a célula devolverá á mitocondria para volver a fosforilarlo.

  12. fab-ivanportas di:

    A principal función que teñen as mitocondrias e a de xerar enerxía para manter a actividade celular mediante procesos de respiración aerobia. Os nutrientes escíndense no citoplasma celular para formar ácido pirúvico que penetre na mitocondria. Nunha serie de reaccións, parte das cales seguen o ciclo de krebs, o ácido pirúvico reacciona con auga para producir dióxido de carbono e dez átomos de hidroxeno.
    Estes átomos de hidróxeno transportase hasta as cristas da membrana interior ao largo dunha cadea de moléculas especiais chamadas coenzimas, e alí as coenzimas doan os hidróxenos a unha serie de proteínas enlazadas na membranas que forman unha cadea de transporte de electróns.
    A cadea de transporte de electróns separa os electróns dos protóns de cada un dos dez tipos de hidroxeno. Os dez tipos de electróns envíanse ao largo da cadea e acaban por cambiarse con osixeno dos protóns para formar auga.

  13. faa-tamaraparracho di:

    As mitocondrias son orgánulos celulares de gran tamaño que aparecen en practicamente todas as células eucariotas. Teñen unha forma alongada ou oval de varias micras de lonxitude e están formadas por unha membrana externa, un espazo intermembranoso, unha membrana interna e a matriz mitocondrial.
    A principal función das mitocondrias é xerar a enerxía que a célula precisa para manter a súa actividade. Para isto, as mitocondrias realizan un proceso chamado respiración celular. Neste proceso, prodúcese enxería en forma dunha substancia denominada ATP (trifosfato de adenosina) que se libera no citoplasma da célula e que é utilizado practicamente en todas as reaccións que necesitan enerxía.
    Ademais, conta con outras función secundarias como a regulación do metabolismo e do crecemento celular ou o almacenamento de ións.

  14. fab-miguelpineiro di:

    As mitocondrias son orgánulos celulares, na que a súa funcion é suministrar a maior parte da enerxía necesaria para a respiracion celular. Actúan,como unha especie de centrais enerxéticas da célula e sintetizan ATP por medio da oxidacion fosforilativa.

  15. faa-miriantrigo di:

    As mitocondrias son orgánulos celulares encargados de suministrar a maior parte da enerxía necesaria para a actividade celular (respiración celular), só sen encontran en células eucariotas e é o único orgánulo, xunto con cloroplastos de células vexetais, que presenta un sistema enerxético propio. Actúan, polo tanto, como centrais enerxéticas da célula e sintetizan ATP a grazas aos carburantes metabólicos (glucosa, ácidos grasos e aminoácidos). O ATP, tamén chamado trifosfato de adenosina, é un nucleótido fundamental na obteción de enerxía celular. Está formado por unha base nitroxenada (adenina) unida ao carbono 1 dun azúcar de tipo pentosa, a ribosa, que no seu carbono 5 ten enlazados tres grupos de fosfato.

  16. faa-iagopadin di:

    As mitocondrias son orgánulos das células eucariotas nos que ten lugar a respiración celular e están provistos de doble membrana que se atopa na maioría das células eucariotas. O seu tamaño varía entre 0,5–10 micrómetros (μm) de lonxitude.
    A súa función descríbeas en ocasións como “xeradoras da enerxía” das células, xa que producen a maior parte do suministro de adenosín trifosfato (ATP), que se utiliza como fonte de enerxía química. Ademais, a mitocondria cumpre un papel central no fluxo enerxético da célula xa que realiza una función metabólica consistente en transferir ou transformar a enerxía química potencial almacenada nas unións covalentes de certas moléculas en enerxía química almacenada nas unións covalentes entre fosfatos do ATP. Esta última forma de enerxía química potencial é faciltamente utilizable pola célula e foi selecccionada ao longo da evolución filoxenética como o mecanismo por medio do cal todos os procesos celulares que requiren do uso de enerxía dispoñen con facilidad da mesma.Ademáis de proporcionar enerxía na célula, as mitocondrias están implicadas en outros procesos, como a señalización celular, diferenciación celular, isostasia do calcio, morte celular programada, así como o control do ciclo celular e o crecemento celular.A mitocondria está involucrada, directa ou indirectamente, en todos os procesos fisicoquímicos que requiren o uso de enerxía para a súa execución. Vale decir, todos aqueles procesos que, desde o punto de vista termodinámico, non se realizan espontáneamente.

  17. fab-sabelafernandez di:

    As mitocondrias son orgánulos celulares encargados de suministar a maior parte da enerxía necesaria para a actividade celular. Actúan, polo tanto, como centrales enerxéticas da célula e sintetizan ATP a costa dos carburantes metabólicos (glucosa, ácidos grasos e aminoácidos).
    O ATP, tamén chamado, adenosín triosfato, é a molécula que interven en todas as transaccións de enerxía que se levan a cabo nas células. Está formado por adenina, ribosa e tres grupos de fosfatos.

  18. faa-javiergonzalez di:

    As mitocondrias son orgánulos de aspecto, número e tamaño variable que interveñen no ciclo de Krebs, fosforilación oxidativa e na cadea de transporte de electróns da respiración. O ciclo de krebs consiste en unha sucesión de reaccións químicas, que forman parte da respiración celular en todas as células aeróbicas, en este caso actuaría nas eucariotas. A fosforilación consiste en utilizar enerxía liberada pola oxidación de nutrientes para producir (ATP). E por último a cadea de transporte de electróns da respiración consiste en mediante reacións bioquímicas producen (ATP), que é o composto enerxético que utilizan os seres vivos.

  19. faa-miguelotero di:

    As mitocondrias descríbense en ocasións como “xeneradores de enerxía” das células, debido a que producen a maior parte do subministro de trifosfato de adenosina (ATP), que se utiliza como fonte de enerxía química.
    As mitocondrias cumpre un papel central no fluxo enerxético da célula debido a que realizan unha función metabólica que consiste en transferir ou transformar a enerxía química potencial almacenada nas unións covalentes de certas moléculas como a glucosa ou ácidos graxos, en enerxía química almacenada nas unións covalentes entre fosfatos do ATP.
    Ademais de proporcionar enerxía na célula, as mitocondrias tamén están implicadas en outros procesos, como a sinalización celular, diferenciación celular, isostasia do calcio, morte celular programada, así como o control do ciclo celular e o crecemento celular.

  20. faa-manuelvilas di:

    As mitocondrias son orgánulos cilíndricos ou alongados compostos por unha dobre membrana. a externa,lisa e a interna,cunha serie de repregamentos,denomimnados cristas mitocondriais.A matriz mitocondrial xontén principalmente material xenético,ribosomas e enzimas.
    Considéranse as centrais enerxéticas das células eucarióticas, xa que a súa función consiste na obtención de enerxía mediante a respiración celular.
    Atópanse en todas as células eucarióticas