A cara oculta do VIH

O que fai ao virus VIH tan difícil de tratar é que se “escapa” do sistema inmunitario e das vacinas a causa da súa cambiante cuberta, por iso, para derrotalo hai que fixarse nos instantes anteriores á penetración na célula, momento no que se forma o punto de anclaxe con dita célula.

Científicos da Universidade de Yale, concretaron ata un nivel atómico o proceso de cambio da cuberta do virus, centrándose en dúas proteinas, a gp120 e a gp40, que conxuntamente forman, dalgunha maneira, a áncora do virus á hora de infectar a célula. O VIH na súa forma orixinal é invulnerable, xa que a cuberta non é identificada polos anticorpos naturais nin polos artificiais, pero á hora de penetrar na célula, a estructura do mesmo ábrese,e esta é a razón pola que oculta a súa estructura aberta.

Virus VIH no proceso de anclaxe na célula

Segundo os científicos, a solución sería bloquear as formas abertas do virus, ou que este nunca as adopte. Como comprobación e verificación do seu traballo, os científicos afirman que isto último é o que lles sucede ás persoas que contraen VIH pero non se manifesta nelas, debido a que estes individuos conteñen anticorpos que evitan que as proteinas da superficie do virus cambien de conformación.


Autor: Martín Rodríguez González

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

49 Responses to A cara oculta do VIH

  1. Victor di:

    Todos os virus teñen ADN?
    Todos os virus teñen cápsula? De que está composta? Que función ten?

    • fab-mariangaleano di:

      Un virus é un axente infeccioso microscópico acelular que só pode multiplicarse dentro das células de outros organismos e componse de tres partes: o seu material xenético, que porta información hereditaria, que pode ser ADN ou de ARN; unha cuberta proteica, que protexe a estos xenes, a cápside e en algúns tambén se pode atopar una bicapa lipídica que os rodea cando se atopan fóra da célula, a envoltura vírica.
      A cápsula vírica é unha estructura proteica formada por unha serie de monómeros. No interior da cápsula atópase o material xenético do virus.
      Esta cápsula ten a función de protexer o xenoma viral durante a súa transferencia de célula a célula.

    • faa-sarafalcon di:

      Un virus sempre ten un acido nucleico pode ser ARN ou ADN.
      A capsula é a cuberta proteica que protexe ao ácido nucleico. É unha estrutura simétrica formada pola repetición dunha reducida variedade de proteínas globulares coñecidas como capsómeros.
      A función principal da envoltura é axudar ao virus a entrar na célula huésped. As glicoproteínas da superficie sirven para identificar e unirse aos puntos receptores na membrana do huésped. A envoltura vírica fusionase despois coa membrana da célula, co que permite entrar a cápsida e ao xenoma vírico.

    • faa-albarodriguez di:

      Un virus é un axente infeccioso microscópico celular que só pode multiplicarse dentro das células doutros organismos. Un virus componse das seguintes partes: xenoma vírico, componse dunha ou varias moléculas de ADN ou ARN, pero nunca das dúas a vez, dunha envoltura membranosa e dunha cápsida. A cápsida é a cuberta proteica que envolve o xenoma vírico, está formada por proteínas globulares o capsómeros. A súa función é protexer o xenoma vírico e, nos virus carentes de membrana, o recoñecemento dos receptores da membrana das células ás que o virus parasita.

    • faa-ritalage di:

      Un virus é un axente infeccioso microscópico non celular que só pode replicarse penetrando no interior dunha célula. Os virus afectan a todo tipo de organismos, desde animais e plantas a bacterias. Os virus non teñen estrutura celular, senón que simplemente están formados por unha cápsida (ou cápside) de proteínas que envolve o seu ácido nucleico, que pode ser ADN ou ARN. A capsula é una cuberta proteica que protexe o ácido nucleico. Está formada pola repetición dunha reducida variedade de proteínas globulares coñecidas como capsómeros.
      A función principal é axudar ao virus a entrar na célula.

    • faa-manuelvilas di:

      Os virus teñen ácido nucléico, xa sexa ADN ou ARN, pero nunca terán ambos ao mesmo tempo. Contéñeno na cápsida, que está recuberta por proteínas, lípidos ou glucolípidos, dependendo do virus. Ese ADN(ou ARN) inxéctase na célula do hóspede, donde se reproduce e invade todo o organismo.

  2. fab-antonchaves di:

    Por suposto, teñen ácido nucleico, xa sea ADN ou ARN, inda que nuca terán ambos ao mesmo tempo. Conteñeno na cápsida, que está recuberta por proteínas, lípidos ou glucolípidos dependendo do virus. Ese ADN (ou ARN) o inyecta na célula do huéspede, onde se reproduce e invade todo o organismo.
    Todos os virus teñen unha cápsula formada por unha ou dúas capas de proteínas. Esta cápsula serve de cuberta protectora resisitindo a fagocitosis. Tamén se utiliza como depósito de alimentos e como lugar de eliminación de substancias de desfeito. Protexe da desecación, xa que contén unha gran cantidade de auga disponible en condicións adversas e tamén evita o ataque dos bacteriófagos e permite a adhesión da bacteria ás células do hospedador.

  3. fab-sabelafernandez di:

    Un virus é un axente infeccioso microscópico acelular que só pode multiplicarse dentro das células doutros organismos.
    Os virus infectan a tódolos tipos de organismo, dende animales e plantas, ata bacterias.
    Os virus compóñense de dúas ou tres partes: o seu material xenético, que porta a información hereditaria, a que pode ser ADN ou de ARN; unha cuberta proteica, que protexe a estos genes e en algúns tamén se pode atopar unha bicapa lipídica que os rodea cando se atopan fóra da célula, denominada cápsula vírica.
    A cápsula vírica é unha estructura proteica formada por unha serie de monómeros chamados capsómeros. A súa función é a de protexer e aislar o ácido nucleico.
    No interior desta cápsula encóntrase sempre o material xenético do virus.

  4. faa-martinbaulde di:

    Un virus é unha nucleoproteína de tamaño submicroscópico. Cada virus ten un xenoma que conten ácido nucleico: ou ben ADN ou ARN, é dicir, un virus pode portar ADN ou ARN pero non ambos. O ADN dun virus pode ser de cadea simple (monocatenario) ou de cadea dobre (bicatenario) sendo máis común este último.
    O ácido nucleico esta protexido por unha cuberta proteica chamada cápside. Cada cápside está composta por subunidades de proteínas chamadas capsómeros que conteñen uns poucos tipos de proteínas. Hai tres tipos de cápsides: cápside helicoidal, cápside icosaédrica e cápside complexa.

  5. faa-marinabusto di:

    Os virus son un axente infeccioso microscópico que, a diferencia das bacterias, non son células. Estes só poden multiplicarse dentro das células de organismos de todo tipo.
    Os virus están formados por unha zona central de ácido nucleico, ADN ou ARN, que lle inxectan ás células do organismo ao que afectan, propagándose así polo resto das células. Este ácido nucleico (ADN ou ARN) está rodeado por unha cuberta de proteína ou cápside e, nalgúns casos, por unha capa lipoproteica. As cápsides están formadas por subunidades proteicas chamadas capsómeros. Cada cápside ten concretamente 252 capsómeros e cada capsómero pode estar constituido por unha ou varias proteínas distintas. A función da cápside é conter e protexer o material xenético do virus durante a súa transferencia de célula a célula e axudar na súa transferencia entre as células hóspede.

  6. faa-laurachaves di:

    Os virus compoñénse de dúas ou tres partes, nas que entre elas se atopa o seu material xenético, ADN ou ARN que porta a información hereditaria, e que pode ser monocatenario (formado por unha soa cadea) ou bicatenario (formado pod dúas cadeas complementarias).
    Ademáis do ácido nucleico, tamén constan dunha capa dobre de lípidos que rodea ao virus cando se atopa fora da célula, e dunha cuberta chamada cápside, que garda este material xenético.

    A cápsula vírica é unha estructura de proteínas formada por unha serie de monómeros chamados capsómeros, que axudan a protexer o material xenético.
    A súa función é axudar ao virus a entrar na célula axena. Ademáis, nos virus carentes de envoltura, a cápside é a encargada de establecer a través dalgunha das súas proteínas a unión coa célula que será parasitada polo virus.

  7. faa-carmenvilanova di:

    O virus é un axente infecioso e contaminante que causa dano estrutural dentro das células doutro organismo.
    Calquer virus está composto por unha cápside e o ácido nucleico que pode ser ácido desoxirribonucleico (ADN) -toman como escenario o núcleo da célula en cuestión- ou de ácido ribonucleico (ARN) -toman o citoplasma como lugar para proceder á replicación-. Esta estructura, á súa vez pode estar rodeada pola chamada envoltura vírica (capa de lípidos con diferentes proteínas).

    A cápside pode ser de unha ou dúas capas de proteínas. Á súa vez, esta estrutura proteica está formada por unha serie de monómeros denominados capsómeros. A función principal da cápside viral é envolver e protexer o xenoma viral durante a súa transferencia de célula a célula e axudar na súa transferencia entre as células.

  8. Victor di:

    O virus VIH é un retrovirus; que significado ten este concepto?

    • faa-miriantrigo di:

      A característica principal dun retrovirus (ou tamén chamado Provirus), é que o seu xenoma (é dicir, o seu material xenético), está constituido por ARN en lugar de ADN, ao contrario que nos demais virus.
      Cando unha célula é infectada, neste caso, quere decir que o retrovirus traduciu o seu ARN en ADN para así poder introducilo no ADN da célula, mediante a transcriptasa inversa, unha enzima específica. Nunha célula normal, O ARN (mensaxeiro) é o encargado de levar a información xenética dende o ADNdos cromosomas dunha célula ata as proteínas, en cambio, nos retrovirus prodúcese a transcripción retrógrada, do ARN ao ADN, a causa da transcripción inversa.
      Os tres xéneros que se coñecen de retrovirus son os oncovirus, lentivirus e os espumavirus.

    • faa-ritalage di:

      A característica principal que particulariza aos retrovirus é que o seu xenoma (material xenético) está constituido por ARN en lugar de ADN, ao contrario que o resto do virus.
      Para infectar a una célula, os retrovirus deben traducir o seu ARN en ADN e insertarlo dentro do ADN propio da célula a infectar. Para conseguirlo usan una enzima específica, a transcriptasa inversa.
      Normalmente, nas células, a información xenética vai do ADN dos cromosomas nas proteínas, vía ARN mensaxeiro. Nos retrovirus producese a transcripción retrógrada, do ARN ao ADN, por acción da transcriptasa inversa.

    • faa-manuelvilas di:

      A característica principal dos retrovirus é que o seu xenoma(é decir, o seu material xenético) está constituído por ARN en lugar de ADN, aoc contrario que o resto de virus. Para infectar a unha célula, os retrovirus deben traducir o seu ARN en ADN e insertalo dentro do ADN propio da célula a infectar. Para conseguilo usan unha enzima específica, a transcriptasa inversa.

  9. fab-miguelpineiro di:

    Un retrovirus, para empezar, non esta composto por ADN, sinon por ARN, ao contrario que o resto de virus. E para infectar a una célula transforma o seu ARN en ADN e insertase dentro do ADN da propia célula.Para conseguilo, usan una enzima especial denominada a transcriptasa inversa.
    Conocense tres tipos de retrovirus:
    Oncovirus (Alguns son responsables directos da causa de procesos tumorales e leucemias)
    Lentivirus (Teñen un período de incubación moi longo, o VIH esta neste tipo de virus)
    Espumavirus (Son virus exógenos)

    Todos os retrovirus poden ser modificados xenéticamente e ser usados en terapias xénicas como vectores

  10. fab-ivanportas di:

    Os retrovirus (tamén chamados Porovirus) posúen unha característica que os fai particulares, o seu xenoma (material xenético) esta constituído por ARN no lugar de ADN, o contrario que nos demais virus.
    Para infectar unha célula, os retrovirus deben seu ARN no lugar de ADN e inserilo dentro do ADN propio da célula infectada. Para conseguilo usan unha enciña específica (a transcriptasa inversa).
    Normalmente, nas células, a información xenética vai do ADN dos cromosomas as proteínas, a través do ARN mensaxeiro. Nos retrovirus prodúcese a transcripción retrograda, do ARN o ADN, mediante a acción da transcriptasa inversa. De aí o orixe do seu nome, retrovirus

  11. fab-mariblanco di:

    Son virus con envoltura que presentan un genoma de ARN monocatenario de polaridad + y se replican de manera inusual a través de una forma intermedia de ADN bicatenario. Este proceso se lleva a cabo mediante una enzima: la retrotranscriptasa o transcriptasa inversa, que dirige la síntesis de ADN a través de ARN y posee una importancia extraordinaria en la manipulación genética. Una vez que se ha pasado de ARN monocatenario a ADN, se inserta dentro del ADN propio de la célula infectada donde se comporta como un gen más.

    En el caso del VIH, el genoma consta de dos moléculas de ARN de cadena simple y polaridad positiva. Las moléculas de ARN están físicamente unidas mediante puentes de hidrógeno en sus extremos 5′, lo que hace que sea difícil la encapsidación de más de 2 moléculas en un provirus.

    La organización genómica es siempre la misma, 5′-Gag-Pol-env-3′, y además dependiendo del tipo de retrovirus, hay genes accesorios que se solapan con los genes principales.

  12. faa-iagopadin di:

    A principal característica dos retrovirus é que o seu material xenético esta composto por ARN en lugar de ADN ao contrario que o resto de virus Para infectar unha célula, os retrovirus deben converter o seu ARN en ADN e insertalo dentro do ADN propio da célula que se vai infectar. Para conseguilo usan unha enzima específica, a transcriptasa inversa.Normalmente, nas células, a información xenética vai do ADN dos cromosomas ás proteínas, a través do ARN. Nos retrovirus prodúcese a transcripción retrógrada, do ARN ao ADN, por acción da transcriptasa inversa. De ahí a orixe do seu nome.Entre os retrovirus coñécense tres xéneros: oncovirus, lentivirus e espumavirus. Algúns oncovirus son reponsables directos de algúns procesos tumorais e leucemias. Os retrovirus poden ser modificados xenéticamente e usados en terapia xénica como vectores.

  13. faa-andreaperez di:

    A característica principal do retrovirus é que o seu xenoma (o seu material xenético) está constituido por ARN en lugar de ADN, ao contrario do resto dos virus.

    Para infectar a unha célula, os retrovirus deben traducir o seu ARN en ADN e insertalo dentro do ADN da célula que quere infectar. Para consegulio usan unha enzima específica, a transcriptasa inversa.

    Nas células, a información xenética vai do ADN aos cromosomas e de aí as proteínas, por medio do ARN mensaxeiro. Nos retrovirus prodúcese a transcripción retrógrada, é dicir que copian a información do ARN a ADN. Por eso é ”retrógado”,porque o normal é que sexa ao revés. A transcriptasa inversa é a enzima que se encarga de realizar esa tarefa.

    Entre os retrovirus conocense tres xéneros: oncovirus, lentivirus e espumavirus. Algúns oncovirus son reponsables directos de algúns procesos tumorales e leucemias.

  14. faa-albaaller di:

    Un retrovirus é un virus composto por ARN en lugar de ADN. Para conseguir infectar unha célula, usan unha enzima específica e transforman o ARN en ADN, introducindo este último co ADN propio da célula.
    Existen tres tipos de retrovirus:
    -Os oncovirus, responsables dos cancros e das leucemias.
    -Os lentivirus, os cales posúen un tempo de incubación bastante largo. Dentro deste grupo incluiríamos o VIH.
    -Os espumavirus, son virus exógenos, é dicir, preséntanse como elementos extracromosomales. Estes virus caracterízanse pola súa especial morfoloxía con espiñas na súa superficie.

  15. fab-miguelleiro di:

    Os retrovirus son virus con envoltura que presentan un genoma de ARN monocatenario de polaridae positiva. Para infectar a unha célula replicanse de maneira inusual a través de unha forma intermedia de ADN bicatenario , lavado a cabo por unha enzima chamada retrotranscriptasa o transcriptasa inversa.
    Os retrovirus son causantes de moitas enfermidades , incluíndo alguns cancros e o SIDA.Existen diversos grupos de investigación que intentaron modificar os retrovirus para usalos en terapia génica como vectores , pero atoparonse diversos problemas.

  16. faa-ileniamartinez di:

    Un retrovirus ten o seu xenoma ubicado no ARN en vez de no ADN, O ARN é mais inestable, sufre mais mutacións e degrádase rápidamente.
    Casi todos os seres vivos almacenan a información no ADN ,que copian en ARN para usalo como guia para sintetizar proteínas e despois eliminase. Os retrovirus copian a información do ARN o ADN , xeralmente para integralo no ADN a célula que infectan, para realizar esta función dispoñen dunha encima específica, a transcriptasa inversa. É retrógrado xa que vai ao revés.
    Entre os retrovirus coñecense tres tipos, oncovirus, lentivirus e espumavirus. Alguns oncovirus son reponsables directos de alguns procesos tumorales e leucemias. Os retrovirus poden ser modificados xenéticamente e usados en terapia xénica como vectores.

  17. Victor di:

    Por que a utilización de antibióticos non serve para tratar as enfermidades producidas por virus?

    • faa-carmenvilanova di:

      Os antibióticos son substancias químicas producidas por un ser vivo ou derivado sintético que mata ou impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, xeralmente bacterias.
      Os antibióticos non poden combatir as infeccións causadas polos virus (resfriados, infeccións de oído, etc.), xa que, como o seu propio nome indica, os antiBIÓticos matan a seres biolóxicos, e os virus non o son, son só material xenético.
      Pola contra, a toma innecesaria de antibióticos pode causar futuras infeccións resistentes a ditos medicamentos.

    • faa-manuelvilas di:

      Porque os antibióticos son medicamentos que solo serven para matar bacterias, non virus, xa que estes ao non ter parede celular nin ser seres vivos pois non lles afectan. Moita xente toma antibióticos sen consultar ao seu médico cando están enfermos, pero isto non é bo, xa que se é unha enfermidade vírica non terá efecto e se se consumen en exceso poden ser malos, producindo bacterias cada vez máis fortes e resistentes, que despois os antibióticos non son capaces de matar.

    • faa-sarafalcon di:

      Un virus é un axente infecioso microscópico acelular que só pode multiplicarse dentro das células de outros organismos.
      Acelular ven a significar literalmente “sen células” e refirese tanto aos microrganismos non celulares como aos texidos sin célula
      Un antibiótico actúa contra células, como as bacterias, protozoos e fungos. Sen embargo, un virus non é unha célula, entón un antibiótico non pode ter o máis mínimo efecto contra un virus porque o modo no cal actúa é específico contra organismos celulares, e un virus non o é.

    • faa-ritalage di:

      Un antibiótico é un composto químico producida por un ser vivo ou derivado sintético, que mata ou impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, xeralmente bacterias, pero non exclusivamente. Os que só actúan contra bacterias chámanse antibacterianos e non actuan contra os virus non, estes non teñen parede celular pois non lles afectan. Moitas persoas toman antibióticos cando están enfermos, pero isto non é bo, xa que se é unha enfermidade vírica non terá efecto e se se consumen en exceso poden ser malos, producindo bacterias cada vez máis fortes e resistentes.

  18. faa-iagopadin di:

    Un antibiótico é un farmaco especializado na destrucción dunha bacteria xa sexa inhibindo a parede bacteriana como nas penicilinas ou detendo a súa reproducción. Pola contra,os virus non poseen parede celular, polo tanto, non lles afecta. Ademáis, un virus inxecta o seu material xenético dentro da célula para a súa replicación e as células humanas, tampouco poseen esa parede celular, polo tanto se un virus entra a unha célula animal, non se ve afectada a súa replicación, xa que o antibiótico non afecta ás células animais.

  19. fab-miguelleiro di:

    Un antibiótico é unha sustancia química producida por un ser vivo ou un derivado sintético, que mata ou impide o crecemento de certas clases de microorganismos sensibles, xeralmente bacterias.Utilízanse mediciña humana , animal e horticultura para tratar infeccións provocadas por xermes.
    Así é que , os antibióticos non serven para tratar enfermidades producidas por virus , xa que estes non son seres vivos.
    Os antibióticos poden curar unha gripe ou un catarro por exemplo , pero normalmente moita xente consume antibióticos contra enfermidades víricas pensando que pode facer efecto e non produce ningún dano , e en realidade non produce ningunha melloría e , a máis , pode provocar unha posible infección no futuro.

  20. faa-ariadnavazquez di:

    Os antibióticos solamente funcionan contra as infeccións causadas por bacterias, fungos e certos parásitos. Estos non funcionan contra ningunha enfermidade causada por virus, como a gripe ou un resfriado, polo simple feito de que tal como indica a propia etimoloxía da palabra, os antibióticos matan bacterias. As bacterias son organismos pluricelulares, que se atopan en calquera lugar e na súa maioría non causan dano, pero algunhas poden invadir o corpo humano, multiplicarse e interferir no metabolismo e nestes casos os antibióticos son efectivos contra as bacterias porque as eliminan, ó deter a súa producción.
    Sin embargo, os virus non están vivos, son partículas que conteñen material xenético envolto nunha capa de proteína. Os virus crecen e reproducense solamente tras ser invadidos por outras células vivientes.

  21. Victor di:

    E como se fabrica unha vacina?

    • faa-ritalage di:

      As vacinas danse grazas a virus ou bacterias que causan enfermidades. Estes virus ou bacterias debilitadas, mortas ou modificados fan que o sistema inmunolóxico desarroien anticorpos ou defensores contra a enfermidade.
      Unha vez que se determina a forma en que se vai a modificar os virus e as bacterias, as vacinas créanse mediante un proceso de tres pasos:
      1-xenérase un antíxeno. Os virus cultívanse en células primarias ou en líneas de células continuas. As bacterias cultivanse en birreactores.
      2-asilase o antíxeno das células que se usaron para crealo.
      3-a vacina faise ao engadir adyuvantes, estabilizadores e preservativos. Os adyuvantes incrementas a resposta inmunolóxica do antíxeno, os estabilizadores aumentan a duración da vacina e os preservativos permiten o uso de ampollas con varias doses.

  22. fab-lauracaldas di:

    As vacinas son produtos biolóxicos altamente purificados, producidos a partir de diferentes virus e bacterias, que funcionan como antíxeno,de xeito que, introducidos nun organismo san, estimulan a produción de anticorpos, é dicir, “defensas” frente as enfermidades que pretendemos evitar.
    As vacinas créanse mediante este proceso:
    Xenérase un antíxeno (certos compoñentes que as defensas identifican como extranos dos microorganismos invasores) para inducir unha resposta inmune. Este paso inclúe o crecemento e a coseita do patóxeno mismo para inactivalo posteriormente ou crear unha proteína recombinante (feita con tecnoloxía de ADN).
    Aíslase o antíxeno das células que se usaron para crealo.
    Engándense axudantes, estabilizadores e conservadores. Os axudantes incrementan a resposta inmunolóxica do antíxeno, os estabilizadores aumentan a duración da vacuna e os conservadores permiten o uso de ampolas con varias dosis.
    Cabe dicir que as vacinas sométense a rigurosas probas de seguridade, como unha fase de probas financiadas polos fabricantes durante moitos anos para garantir que a súa aplicación sexa segura.

  23. faa-afeijoo di:

    As vacinas son productos biolóxicos que se producen a partir de organismos vivo. O proceso polo cal son fabricadas é moi complexo e conta con varias etapas, que están moi controladas dende o comezo ata que se rematan.
    O proceso que seguen para crealas é a seguinte:
    Primeiro xenérase un antíxeno, esto consiste en cultivar o virus en células primarias. Logo aíslase o antíxeno das células que se usaron para crealo. Por último a vacina créase ao añadirlle estabilizadores que aumenta a duración da vacina.

  24. faa-andreaperez di:

    A vacina é un preparado de antíxenos que unha vez dentro do organismo provoca unha resposta de ataque, denominada anticorpo. Esta resposta xera memoria inmunolóxica producindo inmunidade permanente fronte á enfermidade. A primeira vacina descuberta foi a usada para combater a viruela por Edward Jenner en 1796.

    As vacinas clasifícanse en dous grandes grupos
    -Vacinas vivas ou atenuadas
    -Vacinas mortas ou inactivadas

    TIPOS DE VACINAS

    As vacinas poden estar compostas de bacterias ou virus. Hai catro tipos tradicionais de vacinas:

    •Inactivadas: microorganismos daniños que foron tratados con produtos químicos ou calor e perderon o seu perigo. A maioría destas vacinas adoitan ser de duración limitada.

    •Vivas atenuadas: microorganismos que foron cultivados baixo condicións onde perden as súas propiedades nocivas. Adoitan provocar unha resposta inmunolóxica máis duradeira.

    •Toxoides: son compoñentes tóxicos inactivados que proceden de microorganismos, en casos onde eses compoñentes son os que de verdade provocan a enfermidade.

  25. faa-laurachaves di:

    -As vacinas son un preparado de antíxenos, que cando se introducen no organismo provocan a produción de anticorpos e unha resposta de defensa ante microorganismos patóxenos, polo que nos protexen de enfermidades. Estas, fans ecos mesmos virus ou bacterias que causan as enfermidades. Estes virus ou bacterias debiliitadas ou mortas parcialmente modificados fan que o noso sistema inmunolóxico desarroie anticorpos, ou defensores, contra a enfermidade.

    Unha vez que se determina a forma en que se modificará aos virus e bacterias, as vacinas créanse mediante un proceso de tres pasos:

    1. Xenérase un antíxeno. Os virus cultívanse en células primarias ou líneas de células continúas. As bacterias en biorreactores.

    2. Aíslase o antíxeno das células que usaron para crealo.

    3. A vacina faise ao engadir a este antíxeno diferentes compostos como adyuvantes (incrementan a resposta inmunolóxica do antíxeno) e estabilizadores (aumentan a duración da vacina).

    As vacinas, sométense logo a rigurosas probas de seguridade antes de que sexan aprobadas, e faise un seguimento contínuo da súa seguridade.

  26. faa-albarodriguez di:

    As vacinas fanse con virus ou bacterias que causan as enfermidades. Estes virus ou bacterias debilitadas, mortas ou parcialmente modificados fan que o sistema inmunolóxico desarroien anticorpos ou defensores contra a enfermidade.
    Unha vez que se determina a forma en que se vai a modificar os virus e as bacterias, as vacinas créanse mediante un proceso de tres pasos:
    1-xenérase un antíxeno. Os virus cultívanse en células primarias ou en líneas de células continuas (por exemplo, células humanas cultivadas para a vacina da hepatitis). As bacterias cultivanse en birreactores.
    2-asilase o antíxeno das células que se usaron para crealo.
    3-a vacina faise ao engadir adyuvantes, estabilizadores e preservativos. Os adyuvantes incrementas a resposta inmunolóxica do antíxeno, os estabilizadores aumentan a duración da vacina e os preservativos permiten o uso de ampollas con varias doses.
    É importante recordar que as vacinas sométense a rigorosas probas de seguridade antes de que a FDA as aprobe, e que se lles fai un seguimento continuo sobre a súa seguridade.

  27. faa-tamaraparracho di:

    Unha vacina é un produto biolóxico producido a partir de diferentes virus e bacterias, que funciona como un antíxeno, é dicir, unha vez introducida no organismo causa unha resposta sistema do inmunolóxico que desencadea a formación de anticorpos (substancias producidas polo corpo para neutralizar bacterias, virus ou parasitos).
    O primeiro paso para fabricar unha vacina é crear o antíxeno. Para isto utilízanse os mesmos virus ou bacterias que causan as enfermidades, mais neste caso están debilitados, mortos ou parcialmente modificados. Para crear o antíxeno, os virus cultívanse en células primarias ou en liñas de células continuas.
    O seguinte paso é liberar o antíxeno das células e aillalo do material utilizado no seu crecemento.
    O terceiro paso consiste na purificación do antíxeno seguido do seu fortalecemento. Para isto engádenselle adyuvantes (substancias que incrementan a resposta inmunolóxica do antíxeno) , estabilizadores ( substancias que aumentan a duración da vacina) e conservadores.
    Por último, combínase todos os compoñentes que forman a vacina e mestúranse uniformemente nun só recipiente.
    Unha vez preparada a vacina, colócase en paquetes de ampolletas ou xiringas, máis antes de ser distribuída debe someterse a rigurosas probas de seguridade e ser aprobada pola FDA.

  28. faa-miguelotero di:

    As vacinas pódense obter directamente a partir dos virus ou das bacterias, pero para que sexa así deben estar mortos ou debilitados.
    Cando nos introducen unha vacina, están introducindo no noso organismo uns antíxenos (extranos microorganismos invasores) para que o noso sistema inmunolóxico fabrique anticorpos (moléculas especiais que facilitan a eliminación dos virus ou bacterias).
    Para probalo, antes os microorganismos son cultivados dentro de embrións de polo, que mediante diversas substancias, estes microorganismos acaban por debilitarse.
    E necesario que no produto final estean as partes do virus que desencadeen a formación de anticorpos para de forma que, o noso sistema inmunolóxico que funciona como unha memoria, recorde con rapidez os novos ataques de eses mesmos microorganismos e así non volver a padecer a enfermidade.
    Na actualidade, as vacinas fabrícanse mediante inxenería xenética. Que son igual ou máis eficaces, e máis benignas.

  29. fab-sabelafernandez di:

    As vacinas son un preparado de antíxenos que unha vez dentro do organismo provoca a produción de anticorpos e así unha resposta de defensa ante microorganismos patóxenos.
    As vacinas obtéñense a partir dun procedemento polo cal se inactiva ou debilita o microorganismo que causa a enfermidade. Cando a vacina se administra a unha persoa fai que o corpo o recoñeza e produza defensas contra a enfermidade. Si esta persoa entra en contacto co microorganismo para o cal foi vacinada, as defensas encargaranse de protexelo para que non teña a enfermidade ou ésta sexa leve.

    O proceso de fabricación das vacinas ten os seguintes pasos:
    – Inactivación: trátase de facer a preparación de
    antíxeno.
    – Purificación: o antíxeno asislado é purificado.
    – Formulación: o antíxeno purificado combínase con
    adyuvantes, estabilizantes e conservantes par
    formar a preparación da vacina final.

  30. faa-carmenvilanova di:

    As vacinas son un conxunto de antíxenos que, unha vez dentro do organismo, provoca a produción de anticorpos e a conseguinte resposta de defensa ante microorganismos patóxenos. Fabrícanse a partir de organismos vivos, é dicir, cos virus ou bacterias que causan as enfermidades.
    As vacinas fabrícanse mediante un proceso de tres pasos:
    1. Xérase un antíxeno. Os virus cultívanse en células primarias ou en liñas de células contínuas, mentres que as bacterias cultívanse en bioreactores.
    2. Aíslase o antíxeno das células que se tomaron para a súa creación.
    3. A vacina faise ao engadir adxuvantes, que incrementan a resposta inmunolóxica; estabilizadores, que aumentan a duración da vacina; e preservativos, que permiten o uso de ampollas con varias dosis.
    As vacinas teñen que cumplir os máximos entándares de calidade e seguridade.

  31. faa-iagopadin di:

    As vacinas son un preparado de antíxenos que unha vez dentro do organismo provoca a produción de anticorpos e con iso unha resposta de defensa ante microorganismos patóxenos. Esta resposta xenera, nalgúns casos, certa memoria inmunitaria producindo inmunidade transitoria frente ao ataque patóxeno correspondente. Prodúcense en gran escala xa que teñen que administrarse a grandes poblacións de nenos e adultos para ser eficaz como unha ferramenta de saúde pública. Esta producción de vacinas ten varias etapas: Primeiro prodúcese o antíxeno cultivando o virus ou microbio que se quere eliminar. Logo, aíllanse estes antíxenos e purifícanse e por último engádenselle adyuvantes, estabilizantes e conservantes. O papel do adyuvante é mellorar a resposta inmunolóxica do antíxeno. Os estabilizadores aumentan a vida de almacenamento, e os conservantes permiten o uso de frascos de dosis múltiples. O produto debe ser protexido do aire, a agua e a contaminación humana.

  32. faa-manuelvilas di:

    As vacinas fabrícanse utilizando a bioctenoloxía tradicional,que consiste no emprego de microorganismos para aobtencción de productos útiles. As vacinas consisten en microorganismos ou parte de eles, sen virulencia. Para fabricalas lévanse acabo 5 pasos:
    -Xenérase o antíxeno: Este paso consiste no crecemento e colleita do patóxeno. A partir de aquí fórmase unha proteína recombinante.
    -Liberación e asilamento: Consiste en liberar o antíxeno das células e aislalo do material utilizado no seu crecemento. A meta desta etapa e liberar o máis posible ao virus ou bacteria
    -Purificación: Para vacunas feitas de proteínas recombinantes involucrar cromatografía e ultrafiltración.
    -Fortalecemento: Agregado de un adyuvante, que é un material que mellora respostas inmunolóxicas de maneira non específica.
    -Distribución: Este último paso combina todos os compoñentes que forman a vacuna final e mezclaos uniformemente nun solo recipiente.

  33. faa-ariadnavazquez di:

    A producción de vacunas ten varias etapas, os seus procesos son os seguintes:

    1) Inactivación: A producción inicial implica a xeneración dos antíxenos dos microbios. Para eso o virus ou microbio cultívase en células primarias como ovos de galiña ( como por exemplo, na gripe) ou en células cultivadas ( como por exemplo, Hepatitis), as vacunas poden cultivarse en biorreactores. Despois de que o antíxeno se xenera, está aislado das células utilizadas.

    2)Purificación – O antíxeno aislado é purificado.

    3)Formulación: O antíxeno purificado combínase con adxuvantes, estibilizantes e conservantes para formar a preparación da vacuna final. O papel do adxuvante é mellorar a resposta inmunolóxica do antíxeno. Os estabilizadores aumentan a vida de almacenamento e os conservantes permiten o uso de frascos de dosis múltiples.

    O producto debe ser protexido do aire, da auga e da contaminación humana. O ambiente debe ser protexido contra derrames dos antíxenos.

  34. faa-ileniamartinez di:

    As vacunas realízanse cos virus ou bacterias que causan as enfermidades. Estos debilitados ou parcialmente debilitados fan que o sistema inmunolóxico desarroie anticorpos contra a enfermidade.
    Para a súa creación esíxense precaucións extremas en todo momento, é un proceso complexo e conta con diversas fases. Debe realizarse nunha atmósfera controlada e en condicions de asepsia absoluta.
    Considerando todos os controles, necesítase de 6 a 22 meses para fabricar unha vacina,

  35. fab-nereaporta di:

    “Virus” significa “xugo velenoso”. Os virus, a diferenza das bacterias, non son células, están formadas da mesma substancia que o núcleo celular, o ADN. Os virus están formados por unha rexión central do ácido nucleico, DNA ou RNA, rodeado por unha cuberta de proteína ou cápside e, nalgúns caso, por unha envoltura lipoproteica.
    Reprodúcense soamente dentro das células vivas, apoderándose das encimas e da maquinaria biosintética dos seus hospedadores. Sen esta maquinaria, serían tan inertes coma calquera outra macromolécula, ou sexa, sen vida según a maioría dos criterios.
    Son moi diminutos, de 20 a 500 milimicras, e moitos de eles non se poden ver nin no microscopio electrónico… pero podemos ver os seus efectos: poliomielites, Sida, rabia, sarampión, varicela, viruela, encefalitis, tracoma, herpes, gripe, febre amarela…

  36. fab-nereaporta di:

    “Virus” significa “xugo velenoso”. Os virus, a diferenza das bacterias, non son células, están formadas da mesma substancia que o núcleo celular, o ADN. Os virus están formados por unha rexión central do ácido nucleico, DNA ou RNA, rodeado por unha cuberta de proteína ou cápside e, nalgúns caso, por unha envoltura lipoproteica.
    Reprodúcense soamente dentro das células vivas, apoderándose das encimas e da maquinaria biosintética dos seus hospedadores. Sen esta maquinaria, serían tan inertes coma calquera outra macromolécula, ou sexa, sen vida según a maioría dos criterios.