A tecnoloxía sube ao espazo

As impresoras 3D chegan ao espazo. Os astronautas comezaran a usar esta impresora en xaneiro. Este novo método de imprimir cousas no espazo nace para gañar tempo, calquera imprevisto no espazo, fai perder moito tempo, xa que hai que esperar a que chegue outra nave desde a Terra, por iso este novo método que permite imprimir calquera ferramenta ou peza no espazo.

O cargueiro “Dragon”, lanzado hai unas semanas, pola Estación Espacial Internacional (ISS),levaba a bordo a primeira impresora 3D enviada ó espazo, coa que traballaran os astronautas a partir de xaneiro.

Estas impresoras teñen o tamaño dun microondas grande e con el os astronautas farán prácticas imprimindo obxectos de plásticos. Os plásticos do que están feitos os obxectos que fai esta máquina, poden ser moldeados ao alcanzar temperaturas de entre 225º e 250º e poden tardar en facerse entre 20 minutos e dúas horas.

Os obxectos que se fabriquen no espazo serán enviados de volta a Terra para que os científicos da NASA comproben que os materiais son tan resistentes como cando se fan na Terra.

Os científicos tamén están estudando a impresión de alimentos no espazo para que nun futuro, se os astronautas fan un viaxe moi longo como pode ser a Marte, non teñan que ir cargados. Isto é moi interesante xa que proporciona unha dieta máis variada e atractiva para os astronautas.

Ademais do uso de impresoras para fabricar ferramentas, comida e outros obxectos, especúlase a posibilidade de empregar esta tecnoloxía para construír unha base na Lúa nun futuro.


Autora: Alba Rodríguez Aragunde

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

40 Responses to A tecnoloxía sube ao espazo

  1. Victor di:

    Neste artigo se fala de como a tecnoloxía inventada na terra, será levada ao espazo para alí solucionar posibles problemas, pero foi moi habitual ao longo da historia da conquista espacial, que fora a tecnoloxía impalntada neste campo a que se utilizara, posteriormente, para mellorar a nosa vida cotiá.

    Buscade información sobre as innovacións espaciais que foron utilizadas para mellorar a vida na Terra.

    • faa-diegogarcia di:

      OS TENIS:
      Os choques de amortiguamento dos tenis, como os que se utilizan no baloncesto ou os corredores, baséanse nas botas usadas no desembarco do 21 de xullo de 1969 polo famoso Neil Armstrong. Este tipo de calzado espacial tamén influenciou o deseño de zapatos.
      CASCOS:
      Esta parte do equipo que utilizan os astronautas tamén serviu como base para o desenvolvemento dos protectores de cabeza de poliuretano, por exemplo, ciclistas e xogadores de fútbol. Os cascos de misións espaciais tiveron como unha das súas funcións evitar lesións de aceleración ás que se enfrontan os pasaxeiros durante as despegues.
      GAFAS DE SOL:
      Quen diría que os lentes caros que frean a radiación dos raios UV e que non se raian foi o resultado da experimentación en viseiras d casco espacial, que tiñan a misión de ofrecer claridade á exposición á luz forte, como no lanzamento dun foguete.
      FILTROS DE AUGA:
      Os filtros de auga usanos hoxe moitas familias para purificar a auga da billa e é tamén un invento que é debido á exploración do espazo. Porque en calquera circunstancia os astronautas debían ter auga potable libre de xermes, incluíuselles aos pasaxeiros da Apollo 11 uns filtros de carbón que son a base de todos os filtros de uso doméstico.
      CORAZÓN ARTIFICIAL:
      O primeiro corazón artificial foi creado a partir do proxecto das bombas de combustible dos transbordadores espaciais. Estes dispositivos suplen momentáneamente o órgano danado ata o momento do transplante de órganos final.
      OS SATÉLITES ARTIFICIAIS:
      Os satélites artificiais que orbitan o noso planeta son un resultado evidente da investigación espacial. Sen eles a televisión, a comunicación intercontinental, as previsións meteorolóxicas ou os sistemas de navegación GPS non serían posibles.
      ROUPA A PROBA DE LUME:
      Os traxes resistentes ó lume que usan os bombeiros, os motociclistas profesionais, pilotos ou dobres de películas de acción tamén foron desenvolvidos a partir das roupas dos astronautas do Apollo, e aguantaban ata 1.300ºC.

    • faa-emiliolumbres di:

      Na saúde:
      Para as primeiras misións os científicos necesitaban imaxes precisas da superficie lunar, para poder enviar ao primer home á Lúa. En 1960 un laboratorio da NASA creou un PROCESADOR DE IMAXES DIXITAIS, unha innovación que precisa de computadoras para as imaxes de satélite.
      No ámbito da medicina, os científicos e investigadores descubriron que esta innovación podería usarse para mellorar ás imaxes dos órganos humanos.

      No transporte:
      As cubertas do paracaídas incorporado nun explorador que foi a Marte, contiña un material fibroso que se utilizan na fabricación neumáticos para coches.

      Nas comunicacións:
      Os satélites xogan un papel moi importante na forma de como nos comunicamos e navegamos polo mundo. En 1960 unhas compañías asociadas á NASA e a outras axencias espaciais foron as primerias en construir os satélites e poñelos na órbita terrestre. E disto dependen os dispositivos móviles, as cadenas de TV, estacións de radio, etc.

      Na tecnoloxía de información:
      O sistema de información e datos do sistema de observación da NASA recopila e almacena a diario información da atmosfera, os océanos e a vexetación terrestre obtida a través de satélites.

    • fab-sabelafernandez di:

      Cal é a importancia de viaxar ó espacio e explorar o Universo? Non sería mellor invertir eses cartos para a xente da Terra?
      Moita xente plantexouse esta pregunta dende o inicio da exploración espacial, a finales da década de 1950. Pero o director científico da NASA considera que a contribución financiera que recibe a axencia espacial por parte do goberno beneficiou ós humanos e os seus efectos sobre os adelantos tecnolóxicos continuarán.
      Producíronse diferentes melloras en distintos ámbitos das nosas vidas: na saúde, no medio ambiente, na comunicación, nas tecnoloxías da información, no transporte, …
      Na mediciña, por exemplo, antes de que Dan Carter se incorporara á NASA, en 1985, producir grandes cantidades de cristais de proteínas era todo un reto, e el e os seus compañeiros descubriron que os cristais producidos no espacio podían ser utilizados para crear os compoñentes atómicos da albúmina, unha proteína humana esencial. Os seus descubrimentos levaron ó desenvolvemento dunha técnica de combinación de fármacos contra o cáncer e produtos para o coidado da pel.

    • faa-sarafalcon di:

      E frecuente asociar as innovacións espaciais cos robots, as telecomunicaciones ou o GPS. Pero unha multitude de outros obxetos son repercusións desa conquista do espacio iniciada co vó dun xoven cosmonauta ruso, fai 50 anos.
      A Axencia Espacial estadounidense creou arredor de unhas 1.600 inovacións noutros campos mentres ca Axencia Espacial Europea (ESA) creou arredor de máis de 200 objetos derivados da súa investigación do espazo.
      Na saúde:
      Permitiron remplazar os antigos termómetros, incómodos e desagradables, por aparatos auriculares que utilizan as técnicas elaboradas para observar os raios infravermellos dos astros lonjanos.
      Os diabéticos e os cardíacos tamen lle estan agradecidos, xa que tamén melloraron a “bomba de ayuda ventricular” – dez veces máis pequena que os anteriores modelos-, é produto dos sistemas de supervisión dos carburantes nos motores das naves espaciais.
      Nas ferramentas:
      Crearonse as ferramentas inalambricas, xa que os astronautas necesitaban ferramnetas lixeiras y de batería durable.
      Detectores de fume: Nun principio inventaronse para detectar gases nocivos na estacion espacial internacional.
      Plantillas de zapatos: As botas utilizadas na lúa contaban con resortes que absorbían impato e provían ventilación, a mediados dos oitenta utilizouse este principio para fabricar e distribuir calzado para deportes.
      Memory Foam: Orixinalmente chamado Temper foam, trátase dun recheo diseñado para mellorar a seguridade dos pasaxeiros do avión durante as colisións. Actualmente utilizanse en colchóns, almofadas e equipos de seguridade en autos e avións.

    • faa-manuelvilas di:

      -Ferramentas sen cables(EX.:Taladro eléctrico)
      -O Sistema de Posicionamiento Global (SPG), que é un xonxunto de 24 satélites que se utilizan para coñecer unha posición exacta no planeta.
      -O código de barras, diseñado para controlar as pezas fabricadas para o espazo.
      -Detectores de fume:Para detectar calquera tipo de vapor tóxico no espazo.
      -Pintura Anticorrosión: Para reducir os costes de mantemento das instalacións.
      -Pañales desechables, con xelatina absorbente que lograba un balance térmico dos traxes espaciais.
      -Sistema de aforro do fluxo de enerxía.Diseñado para os satélites.
      -O Láser: Utilizado para realizar tests de distancia.
      -Cerre de Velcro: Para fechos herméticos dos traxes.

  2. fab-nereabetanzos di:

    As innovacións espaciais axudáronnos a mellorar a vida na Terra.Algúns destos avances foron:
    -As ferramentas sin cable,foron deseñadas para que os navegantes do Apolo poideran taladrar as rocas lunares e que grazas a esa innovación temos unha maior comodidade para traballar.
    -O código de barras que actualmente aparece no máis pequeno obxecto de consumo,foi orixinalmente desarrollado pola NASA para controlar os millóns de pezas destinadas a viaxar o espacio que fabricaban.
    -Os detectores de fume,ultilizáronse por primeira vez na estación espacial Skylab para detectar calquera vapor tóxico.
    -O láser,foi utilizado no espacio para relacionar test de distancia e que hoxe en día empléanse na mediciña e na industria.Existen moitas máis innovacións como :
    -Pintura anticorrosión
    -Sistema de Posicionamiento Global (SPG)
    -Pañales descartáveis
    -Técnicas de desinfección
    Etc…

  3. fab-laracores di:

    Hai moitas inovacións na nosa vida, as cales foron anteriormente pensadas para misions espaciais. Asi como:
    -Moitas ferramentas sen cables, como é o taladro inalámbrico (diseñado para furar rochas lunares).
    -O Global Positioning Sistem, tamen chamado GPS, (para coñecer a posición exacta dos planetas).
    -O código de barras (para controlas as millóns de pezas que viaxaban o espazo).
    -Os dectectores de fume.
    -Algunhas técnicas de desinfeccions.
    -Dos traxes dos astronautas veñen moitas inovacions, como son os traxes da F1, dos bombeiros ou calqueira persoa que leve un forro polar ou unha prenda térmica.
    -Do seu calzado tamen proveñen moitas zapatillas deportivas, que amortiguan o impacto e dan flelxibilidade.
    -O láser, (utilizado para medir distancias), hoxe en dia empregado para a medicina e industria.
    -O abrochado de velcro (usado para traxes e inumerables aplicacións espaciais).
    -O policarbonato (para os cascos dos astronautas).
    -Tubo da pasta de dentes.
    -Numerosas invencións medicas e de hixiene; como o termometro dixital, monitores cardiacos, lentes de contacto…
    E moitos máis descubrimentos que nos facilitan as nosas vidas hoxe en día.

  4. fab-miguelleiro di:

    Nos últimos 40 anos , a NASA desarrollou centos de “Spinoff” , que son todos os inventos desarrollados na exploración espacial que contribuiron na nosa calidade de vida , en campos tan diversos como na mediciña , transporte e medio ambiente entre outros.
    Así é , que na mediciña podemos encontrar que o perfeccionamento dos telescopios , melloraron a velocidade e a precisión da ciruxía ocular ou que a investigación nos superconductores permitiron un menor coste nas resonancias magnéticas.
    Como anteriormente nombrei , o transporte e a seguridade tamén foron beneficiados con novas fórmulas anti-hielo para evitar retrasos , detectores ultrsónicos para dectectar fugas peligrosas ou tamén mellores interfaces de recoñecemento de voz para mellorar a seguridade aérea.
    E para disfrutar do noso tempo libre , existen mellores videoxogos grazas ao desarrollo de mapas satelitales ou dispositivos para autenticar obras de arte.

  5. faa-ariadnavazquez di:

    Cal é a importancia de viaxar ó espacio e explorar o universo? Non sería mellor invertir ese diñeiro para a xente da Terra?
    Moita xente plantouse esta pregunta dende que se iniciou a exploración espacial pero actualmente podemos asegurar que as innovacións espaciais melloraron a vida da Terra.
    Para as primeiras misións Apolo, os científicos precisaban imaxes precisas da superficie lunar, para poder enviar ó primeiro home á Lúa. Na década de 1960, o Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA creou o procesamento de imaxes dixitales, unha tecnoloxía innovadora para mellorar as imaxes do satélite.
    Posteriormente, no campo da medicina, os científicos descubriron que esta innovación podía usarse para mellorar as imaxes dixitais dos órganos humanos. Hoxe en día, este procesamento de imaxes dixitais emprégase na exploración con resonancia magnética .

    Ademáis, antes de que Dan Carter se incorporar a NASA, en 1985, era todo un reto producir grandes cantidades de cristales de proteínas. El e os seus colaboradores descubriron que os cristales producidos no espacio podían ser utilizados para crear compoñentes atómicos da albúmina, unha proteína humana esencial. En 1997 fundaron a empresa New Century Pharmaceuticals. Os seus hallazgos levaron o desarrollo dunha técnica de combinación de fármacos contra o cáncer e productos para o coidado da pel.

  6. faa-carmenvilanova di:

    Cada vez que a NASA é cuestionada polos altos presupostos que gasta ao longo do ano, esta deféndese afirmando que cada dólar de ese diñeiro invertido na investigación espacial xenera sete dólares en forma de aplicacións, instrumentos e tecnoloxía que fan a vida máis cómoda na Terra.
    Estos son algúns dos artículos que se usan habitualmente e que lle deben moito á carreira espacial:
    -Os zapatos deportivos: o amortiguamento de impactos dos tenis débenlle a súa existencia ás botas que utilizou Neil Amstrong no alunizaxe.
    Ademais, este calzado influíu no deseño de zapatos de esquí e alpinismo.
    -Cascos: a raíz desta parte do equipo que usan os astronautas desenvolvéronse as proteccións para a cabeza (ciclistas, xogadores de fútbol americano).
    -As lentes de sol: as gafas que frean as radiacións ultravioletas naceron a raíz da experimentación nos visores de cascos espaciais.
    -Corazón artificial: o primeiro corazón artificial creouse a partir do deseño das bombas de combustible dos transbordadores espaciais.

  7. faa-miguelotero di:

    A exploración espacial afectou notablemente no campo de novos materias, como nos paneis solares, derivados dos utilizados para manter as naves espaciais.
    Como tamén esas naves para explorar o espazo que usan tamén unha serie de materiais, unha aleación con titanio, no que agora fabrícanse aros de lentes, certos tipos de suxeitadores cirúrxicos e os pequenos tubos utilizados para desatascar as arterias.
    Con estes avances, xeracións de nenos poden cambiar os antigos termómetros, incómodos y desagradables, por aparatos auriculares que utilizan as técnicas elaboradas para observar os raios infravermellos dos astros.
    Os cardíacos e os diabéticos tamén saen favorecidos pola tecnoloxía espacial. Por exemplo, una bomba utilizada nos corazóns artificiais, chamada “bomba de axuda ventricular” – dez veces máis pequena que os anteriores modelos, e produto dos sistemas de supervisión dos carburantes nos motores das naves espaciais.
    E os sistemas de purificación da agua para las mísiles espaciais de larga duración están na base da creación dun aparato de diálise portátil.
    Traxes que resisten a calor, máscaras de protección, sistemas de respiración: os bombeiros se benefician tamén dos equipos creados para los astronautas nos seus voos espaciais.
    A investigación espacial salva tamén vidas, por exemplo co airbag, ese colchón que se infla no caso de choque dun vehículo. Agora obrigatorio nos vehículos en numerosos países,o airbag e un resultado dos colchóns expandibles que serven para a orientación dos satélites.
    A exploración do espazo ten incluso impacto en millares de adolescentes: a cerámica translúcida, utilizada polo exército na detección de mísiles, e utilizada nos aparatos dentais, que agora son case invisibles.
    Lle debemos bastante ás innovacións espaciais, pero a un gran custe.

  8. faa-martinbaulde di:

    A cifra de diñeiro que se necesita para poder levar a cabo unha exploración espacial é moi alta, non obstante vese compensada coa cantidade de innovacións que se descobren, mellorando (de certo modo) a nosa vida cotiá :
    En 1960 a NASA creou unha tecnoloxía que recorre aos ordenadores para mellorar as imaxes dos satélites. Os científicos descubriron que esta innovación podía usarse para mellorar as imaxes dos órganos humanos.
    En 1985 descubriuse que os cristais producidos no espazo podían ser utilizados para crear os compoñentes atómicos da albúmina, unha proteína humana esencial.
    A NASA creou un sistema de tratamento de metais activos, que máis tarde for redeseñado para poder remover do chan varios tipos de contaminación e pesticida.
    Os propulsores que impulsan as naves ao espazo son agora utilizados para combater incendios. Deseñouse un sistema de alta precisión que é capaz de extinguir incendios en segundos.
    Estas son unhas das moitas innovacións espaciais utilizadas para mellorar a nosa vida.

  9. faa-iagopadin di:

    Repasando todo o que aportou a investigación espacial á vida cotidiana e de hoxe en día, atopamos unha gran cantidade de obxectos e utensilios moi interesantes e prácticos:
    – O código de barras, presente ata no máis pequeno obxecto de consumo, foi orixinalmente desenrrolado pola NASA para controlar os millóns de pezas destinadas a viaxar ao espazo que fabricaban.
    – Para vivir no espazo houbo que inventar os pañais desechables, con xelatina absorbente que lograban un balance térmico dos traxes espaciais.
    – Algunhas técnicas de desinfección usadas nos principales centros hospitalarios do mundo foron pensadas para os voos ao espazo.
    – O peche de velcro ideouse para innumerables aplicacións espaciais, desde traxes ata peches herméticos dentro das naves.
    – Tamén na mediciña e na higiene os avances médicos e farmacolóxicos están cada vez máis ligados á carreira espacial.
    – A pasta de dentes tal e como a coñecemos agora, desenrroluse para o seu uso no espazo.
    – As lentes de contacto con película antirraiado foron desenrroladas para protexer das radiacións, entre elas a ultravioleta, ós espellos e cámaras dos telescopios utilizados no espazo.

  10. Victor di:

    As impresoras 3D utilizan materiais plásticos para imprimir. Algúns destes plásticos poden resistir temperaturas moi elevadas. Que caracerísticas teñen estes plásticos que os fan tan resitentes ás elevadas temperaturas?

    • faa-ritalage di:

      As impresoras 3D utilizan os seguintes plásticos: ABS e PLA.
      O ABS é un plástico moi resistente ao impacto. O ABS considerase un termoplástico, que é sometido á exposición de altas temperaturas, vólvese flexible chegando incluso a derreterse, mentras que cando se enfría endurecese.
      O ABS está composto por tres bloques, acrilonitrilo, butadieno e estireno.
      Cada un dos tres bloques aporta características distintas.
      O PLA é un termoplástico de orixe natural, ten cores diferentes e que permite impresións máis rápidas. A diferenza do ABS este , non emite gases perxudiciales

    • faa-manuelvilas di:

      Utilizan materiales tales como o acrilonitrilo butadieno estireno. É un termoplástico amorfo. O seu aguante a altas temperaturas é producido polos bloques de butadieno, que é un elastómero,proporcionando tenacidade a calquera temperatura.

    • faa-carmenvilanova di:

      As impresoras 3D utilizan materiais pertencentes a tres clasificacións de plásticos diferentes para os distintos procesos que van dende a creación de prototipos rápidos de plástico ata a impresión 3D do produto xa terminado: ABS, PLA e poliamida.
      Por unha parte, o acrilonitrilo butadieno estireno (ABS) é un plástico moi resistente ao impacto, ríxido, duro e de superficie rugosa. É utilizado para a creación de obxectos de uso diario como son os xoguetes (Lego) e tamén para pezas de automóbiles.
      Outro dos plásticos empregados para a impresión 3D é o PLA. É considerado “produto natural” posto que é creado a partir de recursos renovables como o maíz ou a leite de cabra. Presenta varias vantaxes respecto do ABS: non emite gases nocivos e posúe un rango máis amplo de cores. Este material utilízase para producir obxectos destinados á gastronomía como as cuncas, os pratos, etc.
      Por último, a poliamida emprégase principalmente no sintetizado por láser. Os obxectos producidos utilizando este tipo de material son estables, resistentes aos golpes e sólidos (aínda que lixeiramente flexibles).

    • faa-sarafalcon di:

      A gran maioría das impresoras 3D utilizan uns rollos de filamento dun material chamado “termoplástico”. Este plástico sae derretido do extrusor e endurecese ao enfriarse, formando as capas da figura que desexas imprimir. Hay de diferentes tipos:

      Os máis comúns: ABS e PLA

      – ABS:É o plástico que soes encontrar en electrodomésticos e xoguetes como o Lego. Es moi duro e resiste altas temperaturas e tamén é fácil pintar sobre el, ou pegar diferentes partes.

      – PLA: É un termoplástico de oriXen natural, ca súa ventaxa de ter unha gran cantidade de cores dispoñibles e que permite impresións máis rápidas. Ademáis non emite gases perxudiciais ao saír do extrusor (a diferencia do ABS).

      – Laybrick: É unHa mezcla de ieso con plástico que permite crear pezas cunha textura similar á piedra, que a simple vista non parece plástico. Pode ter textura lisa ou rugosa, e é fácil pintar sobre el.

      – Laywoo-D3: Mezcla de madeira con plástico para imprimir obxetos que realmente se vexan como de madeira. Incluso simula efectos como os aneles da madeira.

      – Soft PLA (Flexible PLA): Este filamento gomoso permite imprimir obxetos flexibles, aos cales aplicaselle estrés e non se rompen.

      – Nylon: É unha alternativa clásica ao ABS e PLA, pero máis resistente e flexible, ademáis de natural, resistente al agua e é reutilizable.

  11. fab-mariblanco di:

    Outra tecnoloxía de impresión 3D funciona a través da inxección de resina líquida e cura-los con luz ultravioleta. É fotopolímero a base de acrílico con diferentes propiedades físicas e mecánicas: gama de flexibilidade, o alongamento na ruptura, a resistencia, cores, etc Caracterízase pola súa precisión e acabado superficial, o que fai a súa aplicación pode ferramentas moi axeitado. As pezas son completamente curado para rematar a impresión e sen tempo de espera, pero debe ser eliminado multimedia cun chorro de auga a presión. Esta tecnoloxía foi o primeiro en conseguir inxectar dous materiais diferentes nunha única impresión, permitindo a creación de materiais dixitais con propiedades “á carta”.

  12. faa-tamaraparracho di:

    O ABS é un termoplástico usado habitualmente na impresión 3D, utilizado para crear obxectos de uso diario, como por exemplo xoguetes.
    Conta cunha superficie rugosa, é resistente e funde a aproximadamente 200ºC.
    O acrónimo deriva dos tres monómeros utilizados para producilo: acrilonitrilo, butadieno e estireno (na actualidade o ABS prodúcese, por medio da polimerización do estireno e o acrilonitrilo en presencia de polibutadieno).
    Os bloques de acrilonitrilo proporciónanlle rixidez, dureza e resistencia a ataques químicos e a altas temperaturas. Os bloques de butadieno, que é un elastómero, proporciónlle tenacidade a calquera temperatura. Por último, o bloque de estireno apórtalle resistencia mecánica e rixidez.
    Esta mestura de monómeros e as súas respectivas propiedades, é o que fai que o ABS sexa tan resistente a elevadas temperaturas e que polo tanto, sexa utilizado para as impresións 3D.

  13. faa-andreaperez di:

    A maioría das impresoras 3D utilizan os seguintes plásticos os máis común ABS e PLA.

    – PLA: É un termoplástico de orixe natural, unha das ventaxas é que ten moitas cores diferentes e que permite impresións máis rápidas. Ademáis non emite gases perxudiciales (a diferencia do ABS).

    -O ABS é un plástico moi resistente ao impacto. O ABS considerase un termoplástico. Un termoplástico é un plástico que é sometido á exposición de altas temperaturas, vólvese flexible chegando incluso a derreterse, mentras que cando se enfría endurecese.

    O ABS é un polímero composto por tres bloques, acrilonitrilo, butadieno e estireno.
    Cada un dos tres bloques aporta características distintas. O acrolonitrilo rixidez, resistencia a ataques químicos, dureza e estabilidade as altas temperaturas. O butadieno, tenacidade a temperaturas baixas e resistencia ao impacto, e o estireno, resistencia mecánica, rixidez, brillo e dureza.

    O ABS é opaco. Pode pigmentarse na maioría das cores obténdose un bo acabado, por eso podemos atopalo na maioría das pezas plásticas dos bloques de LEGO.

  14. faa-miriantrigo di:

    As impresoras 3D utilizan materiais poliméricos; os polímeros son moléculas compostas pola unión de unidades máis simples chamadas monómeros. Os polímeros naturais veñen de plantas e animais, pero co desenvolvemento dos polímeros surxen os polímeros sintéticos, revolucionando o campo de materiais industriais.
    Hoxe en día, un dos materiais máis empregados nas impresoras 3D é o ABS (un polímero con máis dun monómero distinto). Este material soe atoparse en electrodomésticos e xoguetes. Grazas ás súas propiedades que lle aportan os seus compoñentes (acrilonitrilo-butadieno-estireno) fan que este material teña unha boa resistencia mecánica e ao impacto combinado con facilidade para o procesado. O Acrilonitrilo apórtalle resistencia térmica e química; o butadieno, tenacidade e resistencia ao impacto; mentres que o estireno lle aporta brillo superficial, rixidez e facilidade no procesado.
    Outro material moi utilizado é o PLA, un termoplástico cuxa ventaxa é a gran cantidade de cores disponibles e que permite impresión máis rápidas. Ademis non emite gases prexudiciais ao sair do extrusor, a diferencia do ABS.

  15. fab-miguelleiro di:

    As impresoras 3D , utilizan normalmente o ABS.
    O Acrilonitrilo Butadieno Estireno ou ABS é un plástico moi resistente ao impacto.
    O ABS considerase un termoplástico amorfo. Un termoplástico é un plástico que sometido á exposición de temperaturas relativamente altas, vólvese deformable ou flexible chegando incluso a derretirse, mentres que cando se enfría o suficiente, endurecese.O ABS é un polímero composto por tres bloques, acrilonitrilo, butadieno y estireno polo que se lle denomina terpolímero.Cada un dos tres bloques aporta características distintas. O acrolonitrilo rixidez, resitencia a ataques químicos, dureza y estabilidade as altas temperaturas. O butadieno, tenacidadE Á temperatura cando ésta é especialmente baixa e resistencia a impacto; y el estireno, resistencia mecánica, rixidez, brillo, dureza.Esta mezcla de propiedades fai que o producto final sexa de gran aplicación na fabricación de equipos pesados y aparatos electrónicos.A resistencia do ABS a temperaturas extremas, especialmente cando éstas son baixo cero convirteno nun material especialmente interesante para entornos fríos, mantendose inalterable.Ademais, o ABS absorbe pouca auga e é fácilmente recuberto con capas metálicas pois é moi receptivo ós baños de metais.O ABS é opaco y pode ser de cor oscura ou marfil. Pode pigmentarse na mayoría das cores obtendose un bo acabado e non é tóxico.
    Atopamos o ABS en obxetos habituais da nosa vida , tales como televisores , radiores , computadores , etc.
    O único inconvinte de este plástico é o seu prezo.

  16. faa-laurachaves di:

    O 95% do mercado das impresoras persoais utilizan dous materiais: ABS e PLA.
    – O ABS (acrilonitrilo butadieno estireno) é un plástico moi resistente aos golpes, que proporciona rixidez, resistencia a ataques químicos, baixa absorción de auga, e estabilidade á alta temperatura, coma neste caso.
    O ABS utilízase extensivamente nos procesos de fabricación actuais: pezas de Lego, carcasas electrodomésticos, compoñentes do automóvil… Ao ter un punto de fusión alto, pódese utilizar para fabricar contenedores líquidos quentes, extruíndoo a uns 225-250 graos e imprimíndoo en impresoras como esta, de base quente.

    – O PLA, ácido poli-láctico é un material altamente versátil, que se obtén a partir de recursos renovables 100%, como son o millo, a remolacha, o trigo e outros produtos ricos en amidón.
    O PLA é un polímero permanente e inodoro. É claro e brillante, e resistente á humidade e á graxa. É estable á luz UV, dando como resultado telas que non se decoloran, a súa inflamabilidade é demasiado baixa, e presenta características de rixidez e flexibilidade.

  17. Victor di:

    cal é a túa opinión persoal sobre a investigación espacial: ten sentido ou considérla un despilfarro de recursos?

    • faa-manuelvilas di:

      Por unha parte é interesante levar a cabo este tipo de investigacións espaciais, xa que encontrar vida noutros planetas, novos materiasi mellores ca os nosos, ou incluso un planeta onde puideramos vivir,sería moi importante na nosa historia e evolución posterior. Son custos caros pero se son necesarios pódense intentar asumir. O que non me parece normal e que malgasten cartos en cousas como por exemplo, intentar facer pizza cunha impresora 3D para levar ao espacio(http://www.libremercado.com/2014-04-12/los-mayores-despilfarros-de-dinero-publico-de-eeuu-1276515701/) ou que se gasten 194 millóns en coller polvo solar (http://eplaneta.blogspot.com.es/2006/03/el-despilfarro-de-la-nasa.html) cando actualmente hai unha grave crise mundial.

    • faa-sarafalcon di:

      A miña opinión sobre se é un despilfarro ou non a investigación espacial e que os gobernos fan ben en invertir en invertigación espacial xa que grazas a esas investigacións coñecemos máis a fondo aos nosos planetas veciños e posibles perigos que estan moi cerca noso, como por exemplo os meteoritos que poden impactar contra o noso planeta que senón tuveramos os aparellos precisos para ver a súa traxetoria non sabriamos que existen.
      Tamén outra gran vantaxe das investigacións no espacio e que moitas das cousas que nun principio fanse para a comodidade un astronauta no espazo, son adatadas ao noso medio de vida fancendo así moitas melloras, como as que xa puxemos anteriormente.
      Outra parte da miña opinión sería cal estou un pouco encontra dos despilfarros que poden facer a veces un gobernno, xa que que hai veces que invirten en proxectos que non teñen futuro e poden acabar moi mal, xa que non sacan un beneficio para a vida das persoas.

    • faa-ritalage di:

      É interesante levar a cabo investigacións espaciais, xa que encontrar un planeta onde puideramos vivir, novos planetas, materiais etc sería un gran avanze.Son custos caros pero se son necesarios pódense intentar asumir. Deste xceito as investigacións espaciais debense levar a cabo por curiosidade científica e por avanzar.

  18. fab-miguelleiro di:

    Cando unha persoa ve unha cantidade millonaria invertida na exploración espacial hoxe en día , seguramente critique esa inversión e lle pareza un despilfarro , pero a verdade e que non ten coñecementos do importante que é a exploración espacial.
    En primer lugar , estas inversións millonaria , son inversións a longo prazo , pero poucos miran máis alá duns meses.Simplemente dicindo que , diversos estudos revelaron que por cada dólar invertido por EEUU na investigación espacial , obtiveron 3 dólares grazas aos productos patentados na súa investigación.
    En segundo lugar , grazas a investigación especial , é o coñecemento que temos do noso entorno , do universo , con descubrimentos importantes para a ciencia dende estrelas , exoplanetas ou buratos negros.
    E finalmente , os beneficios para a nosa vida , xa que a maioría da tecnoloxía que nos rodea , foi creada grazas a investigación especial e foi aplicada a campos como o da mediciña , transporte e información entre moitas outras.Sin a investigación espacial , a vida moderna sería moi diferente.

  19. faa-miriantrigo di:

    Os antibióticos, tamén chamados medicamentos antimicrobianos, son medicamentos que combaten as infeccións causadas por xérmenes, matando ou impidindo o crecemento de certos microorganismos sensibles, normalmente bacterias (microorganismos vivos formados por unha soa célula).
    Os antibióticos non serven para tratar as infeccións virais, como dores de gorxa, resfriado común, bronquitis, infeccións de oído…xa que os virus non están vivos e non poden existir poden existir si sós; son partículas que conteñen material xenético envolto nunha cuberta proteica, polo que non son seres biolóxicos e os antibióticos non poden combater contra eles.
    De feito, pode ser perxudicial, xa que cada vez que unha persoa toma antibiótico, aumenta as posibilidades de que as bacterias presentes no seu corpo se fagan resistentes.

  20. faa-ariadnavazquez di:

    Dende o meu punto de vista, a investigación espacial ten un gran sentido para a nosa vida. Hoxe en día, podemos decir que chegou a salvar algunhas vidas grazas a que as técnicas que se utilizan en hospitais de todo o mundo para detectar os tumores proveñen da NASA. Ademáis , grazas ós satélites podemos detectar con anterioridade algunhas catástrofes, como inundacións, terremotos… Por outro lado tamén opino que a investigación espacial pode chegar a contribuír nun futuro a solución desos grandes problemas que temos actualmente na Terra.

  21. Victor di:

    Pensades que os diferentes países que están investigando e traballando individualmente no campo da investigación espacial, debería facelo en grupo e compartindo recursos? Considerades que a investigación espacial debe ser un tema de interese global para a humanidade?

    • fab-rociovazquez di:

      Dende o meu punto de vista, creo que se debe facer en grupo e compartindo recursos porque así non compiten entre eles e teñen máis recursos para compartir e facer mellores investigacións e invencións.
      E tamén creo que a investigación espacial debe ser un tema global para a humanidade porque o día de mañan podríamos necesitar marchar para outro planeta.

    • faa-manuelvilas di:

      Si, pero un dos motivos polos que se orixinou a investigación espacial a gran escala, por así decilo, foi a competencia entre as principais potencias durante a Guerra Fría(E.E.U.U. e Rusia) e esta competencia séguese a reflectir oxe en día(incluíndose algunhas potencias máis como Xapón, China ou Corea do Sur) xa que o conseguemento de obxetivos neste campo considérase como unha mostra de poder,desenrolo e cartos, polo que é pouco probable que cheguen a traballar de forma cooperativa, aínda que eu penso que deberían facelo, xa que así avanzaríamos máis rápido e sería un avance de toda a humanidade, non só dunha nación específica.

  22. faa-sarafalcon di:

    Na miña opinión, xa que estamos nunha mala situación economica no mundo en vez de quitar estas investigacións por falta de diñeiro entre os paises podrianse axudar para fortalecer este campo de investigación en vez de deixalo de lado.
    Dende o meu punto de vista é un tema interesante para as persoas do mundo, xa que a maioría de nos posiblemente ignore os avances que tivemos na vida cotía grazas a obexetos ou comodidades feitas para o espazo, finalmente adaptadas a vida de cada día.
    Moita xente pensa que pode ser un despilfarro de cartos e de tempo por parte de políticos e científicos prestixiosos, xa que non saben a cantidade de cousas en beneficio que tiveron aínda que medios de comunicación non teñen a suficiente cobertura para manternos informados dos grandes avances científico – espaciais para saber as cousas que fan.
    Nós debemoslle moito a investicación espacial xa que sin ela non sabríamos as ameazas exteriores que ten o universo para nos.
    En conclusión, entre países deberiamosno de axudar, xa que é mellor para todos nas condicións económicas na que estamos e tamén que a poboación mundial debería de estar máis informada.

  23. fab-miguelleiro di:

    Por qué non compartir recursos ? A investigación espacial é algo que se leva a cabo en moitos países , a diferentes niveis está claro , pero , por qué non unirse?
    En primeiro lugar , para min , os países que traballan na investigación espacial deberían traballar en conxunto , xa que , creo que podería ser máis eficaz. Cada país involucrado nestas investigacións ten máis coñecementos sobre algo en concreto , ca outro país que tamén traballa niso. Traballar todos xuntos equivale a ter maiores recursos.
    E en segundo lugar , como xa dixera , a investigación espacial foi , para min , clave , na evolución do mundo moderno no que vivimos actualmente. Polo tanto , debe ser un tema de interese global para a humanidade. Como o dito , a unión fai a forza , debrian unirse todos os países involucrados na investigación espacial e facer que un futuro mellor , esta máis cerca.

  24. faa-ariadnavazquez di:

    A maioría dos países actualmente están traballando individualmente no campo da investigación espacial pero deberían facelo en grupo, xa que isto implicaría conseguir mellores resultados e en menos tempo. Ademáis, compartir os recursos que teñen mutuamente permitiría solucionar a maior parte de problemas existentes e incluso permitiría desafiar novos límites Sin embargo, estes países prefiren conseguir un descubrimento individualmente polo gran prestixio que recibirían a pesar de que lles leve máis tempo. Finalmente, a investigación espacial debe ser un tema de interese para toda a humanidade porque, como xa comentamos anteriormente, a investigación espacial salvou miles de vidas humanas.

  25. faa-tamaraparracho di:

    Dende o meu punto de vista, a investigación espacial debe ser un tema de interese global para a humanidade, mais non o máis importante, xa que considero que existen outros campos de investigación prioritarios, aos que, desgraciadamente, non se destinan fondos e recursos suficientes e aos que, ademais, non se lles da o recoñecemento que merecen.
    O que si está claro, é que por mor de certas circunstancias históricas, a investigación espacial converteuse nunha unidade de medida do poder dun país, o que fixo que comezara unha “carreira espacial” entre as principais potencias mundiais, que se mantén ata a actualidade. Para min, esta rivalidade está inxustificada, xa que a investigación espacial deberíase levar a cabo por mera curiosidade científica e polas ganas de avanzar e descubrir o que hai máis alá do noso planeta, non por gañar prestixio. Considero que os distintos países deberían traballar conxuntamente e compartir os recursos que cada un deles posúe (como fan en outros campos de investigación), para así reducir custos e progresar nun campo de investigación ao que lle queda moito por descubrir.

  26. fab-laurafalcon di:

    Na miña opinión si deberían traballar xuntos no campo da investigación espacial, dado que eso permitiría maiores avances, compartindo recursos e ideas avanzarían máis rápido e obterían mellores resultados, xa que é un tema de vital importancia e de interese global para a humanidade. Nos tempos que corren moitos países están pendientes de como avanza este campo, xa que sera de vital importancia dentro duns anos viaxar a outros planetas, e saber si se podería chegar a vivir neles, se a Terra non fose suficiente.
    A maioría dos países non queren traballar xuntos por non compartir prestxio.