SOS pola Terra

O pasado 1 de outubro, a NASA publicou seis novos informes sobre a súa futura misión ‘Asteroid Redirect Mission’ (ARM) e a tecnoloxía  que se utilizará nela. A finais desta década, teñen como obxectivo enviar unha sonda-robot para atrapar un asteroide e redirixilo ata que orbite de maneira estable ao redor da Lúa. Despois, enviarán unha cápsula Orion con astronautas para explorar e estudar tal asteroide.

Unha das tecnoloxías clave para cumprir con éxito unha misión destas características é a chamada ‘Solar Electric Propulsion‘ (SEP), aínda que actualmente, todavía están a investigar como utilizala na misión ARM. Este sistema provoca un impulso a partir de paneis solares, que transforman a luz solar en campos electromagnéticos que aceleran e expulsan ións. Así e todo, a día de hoxe, os propulsores de ións están en fase de proba, pero poderían ser unha das solucións chave para crear naves espaciais capaces de transportar grandes cargas a distancias maiores do que permite a tecnoloxía actual.

O obxectivo deste proxecto é poder realizar futuras misións tripuladas a Marte ou outra clase de misións especiais así como enviar grandes cargas de útiles como alimentos, equipos, combustible e osíxeno sen ter que crear cohetes xigantes. Ademais, isto suporía un gran avance na detección espacial de ameazas para o noso planeta.


Autor: Iago Padín

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to SOS pola Terra

  1. Victor di:

    Insisto de novo nunha cuestión que xa vos comentara na aula. Os títulos non deben ser un pequeno resumen do tema tratado no artigo, senón unha forma de incitar á lectura. Esa foi a razón pola que o título deste artigo de Iago foi cambiado con respecto do orixinal (“O acercamento dun asteroide á Terra).

    Cal é a orixe dos asteroides que se aproximan á Terra?

    • faa-manuelvilas di:

      Un asteroide é un corpo rocoso, carbonáceo ou metálico máis pequeno que un planeta e máis grande que un meteoroide.O principal anel de asteroides está situado entre as órbitas de Marte e Xúpiter. Estímase que cada 100.000 anos prodúcese un gran impacto dun destes contra a Terra. O motivo polo que chocan contra a súa Terra e cando se desvían da súa órbita, que poden chegar a dar contra o noso planeta, aínda que as probabilidades son moi remotas(como encontrar unha agulla nun palleiro)son posibles e para saber se un asteroide chocará contra a Terra ou non hai que estudiar a súa órbita durante algún tempo mentras se determina con exactitude. Tamén, no caso de que isto se producira, este asteroide xa estaría avistado meses ou anos antes do impacto, polo que teríamos tempo para elaborar unha estratexia para esquivalo ou destruílo.

    • faa-albarodriguez di:

      Os asteroides son obxectos metálicos e rochosos que orbitan ao redor do Sol nun cinturón de asteroides que hai entre as órbitas de Marte e Xúpiter. Algúns teñen orbitas que atravesan a traxectoria da Terra e incluso algúns chocaron co noso planeta.
      Teñen un tamaño menor que os planetas, o seu diámetro varia desde o de Ceres, duns 1000 Km, ata o de guijarro.
      Unha teoría suxire que son restos dun planeta que foi destruído fai moito tempo. É máis probable, que os asteroides sexan material que non chegou a formar un planeta. De feito, se sé estima a masa total de todos os asteroides e se concentra nun solo obxecto, este tendría menos 1,500 Km de diámetro, menos da metade do diámetro da Lúa.
      Moitos dos nosos coñecementos sobre os asteroides proceden do estudio de pedazos de residuos espaciais que caen sobre a superficie da Terra.

    • faa-sarafalcon di:

      Sabemos que algúns asteroides son predominantemente rochosos, como a superficie terrestre, e outros son extremadamente ferrosos compostos de metais parecidos ao ferro.
      Os asteroides máis grandes son esféricos e poden chegar a ter 1.000 Km. de diámetro. Os asteroides que teñen un diámetro menor a 160km son de formas alargadas e irregulares.
      Os más coñecidos son Ceres e Eros. Os asteroides más pequenos son simples rochas flotando no espacio.
      Os asteroides no teñen un orixen plenamente
      coñecido, o que se sabe deles é que encontranse maioritariamente nun cinturón ubicado entre as órbitas de Marte e Xúpiter dito cinturón é nomeado “Cinturón de asteroides” e determina aos planetas interiores e exteriores do noso Sistema. Ocasionalmente algúns deles salen desviados de súa trayectoria e poden, eventualmente, significar unha ameaza para calquer planeta.

    • faa-martinbaulde di:

      Os asteroides , tamén coñecidos como planetas menores, son unha serie de obxetos rochosos ou metálicos que orbitan ao redor do Sol. Hainos de moitos tamaños, podendo a alcanzar un diámetro de 1000 km como é o caso de Celes, o asteroide máis grande. Encóntranse maiormente nun cinturón ubicado entre as órbitas de Marte e Xúpiter. Ocasionalmente algúns deles desvíanse da súa traxectoria e poden significar unha ameaza para calquera planeta.
      Non teñen unha orixe que este totalmente coñecida. Hoxe en día os planetólogos creen que os asteroides son corpos que non conseguiron aglomerarse para formar un planeta a causa da influencia de Xúpiter. Un indicio a favor desta teoría é a presenza de buratos na distribución das órbitas do cinturón de asteroides. Este fenómeno coñécese co nome de Resonancia.

    • faa-rubeniglesias di:

      Un asteroide é un corpo rochoso que xira arredor do sol. Vistos desde á Terra, teñen aspecto de estrelas. A maioría dos asteroides do noso Sistema Solar, poseen órbitas en Marte e Xúpiter, conformando “O cinturón de asteroides”.
      Estimase que hai dous millóns de asteroides cun diámetro maior que un kilómetro, pero xuntando todas as súas masas, solo forman o 5% da Lúa.
      Os asteroides cercanos á Terra son o Apolo, o Amor e Atón.

      -Apolo: semiexe maior superior a 1 ua, sendo (1862)Apolo o primeiro asi nombrado.
      -Amor: é calquera dos asteroides que teñen unha órbita entre Marte e a Tierra. O máis famoso é (433)Eros.
      -Atón: semiexe maior menor a 1 ua, siendo (2062)Atón o primeiro.

    • faa-diegogarcia di:

      Os asteroides son obxectos pequenos e rochosos que orbitan arredor do Sol. Aínda que son moi pequenos para seren considerados planetas, son coñecidos como Minor Planet ( Planetas Menores ). Estes varían de 1.000 km de diámetro como Ceres a outros de menos de 200 km. Os asteroides descubríronse entre as órbitas da Terra e Saturno, en realidade, algúns teñen atravesado a órbita da Terra no pasado; a maioría, con todo, atópanse entre as órbitas de Marte e Xúpiter nos chamados asteroides cinta de preto de 150 millóns de quilómetros. Tamén son chamados troianos.

      Sobre a orixe dos asteroides, unha teoría suxire que son os restos dun planeta destruído , pero é máis probable que sexa o material que non forma un planeta. Se todos os asteroides se uniran, formarían un obxecto que sería menor que a Lúa, de feito tería menos da metade do seu diámetro.

      O primeiro descubrimento foi Ceres, o maior, en 1801 por Giuseppe Piazzi . En 1807, engadíronse tres máis: Pallas, Juno e Vesta. Miles de asteroides son coñecidos actualmente. Ceres é o único conforma esférica, todos os outros teñen unha forma irregular.

  2. faa-laurachaves di:

    Os asteroides son obxectos pequenos e rochosos que orbitan arredor do Sol, aunque son demasiado pequenos para ser considerados planetas. O primeiro descuberto foi Ceres, e o máis grande, en 1801, mais na actualidade coñécense miles de asteroides.
    A masa total de todos os asteroides do Sistema Solar é moito menor que a da Lúa, e, excepto Ceres, teñen todos formas alargadas e irregulares, tardando entre 5 a 20 horas en dar un xiro completo sobre o seu eixe.
    Hai varias teorías que discirnen sobre a súa orixe. Unha é pensar que os asteroides sexan o resto dun planeta que resultou destruido, pero actualmente esta idea rexéitase. E a que ten máis valor é que sexa materia que non chefou a formar un planeta nos orixes do Sistema Solar.
    Pois, en xeral, o Sistema Solar formouse a partir dunha nebulosa primitiva composta por gas e pó que formou un disco de material en rotación, creando no centro o Sol, cunha densidade que aumentaba con rapidez, e nos extremos, formando granos sólidos de pequeño tamaño que co tempo foron agrupándose mediante procesos de acreción e colisión para formar planetas e planetesimais. Estes planetesimais encontrábanse onde agora está o chamado Cinturón de Orión, e foron perturbados gravitacionalmente por Xúpiter, facendo que se producirán unha serie de cambios que provocou a colisión entre eles, e polo tanto, en vez de agruparse para formar un planeta, separáronse en residuos rochosos, os actuais asteroides, que foron esparcidos polo Sistema Solar, encontrándose a maioría nese punto, no Cinturón de Orión.

    • faa-marinabusto di:

      Os asteroides son pequenos obxectos rocosos ou metálicos que orbitan arrededor do Sol, a maioría deles no cinturón principal, entre Marte e Xúpiter. Algúns asteroides teñen órbitas que van máis alá de Saturno, e outros que incluso chegaron a colisionar contra a Terra. Cando entran na atmosfera, encéndense e transfórmanse en meteoritos.
      Respecto á súa orixe, só uns poucos científicos cren que os asteroides sexan os restos dun planeta que resultou destruido. O máis probable, é que ocupen o lugar no Sistema Solar onde se podería haber formado outro planeta.

  3. faa-danielbaulo di:

    Asteroides,meteoritos e cometas son escombros interplanetarios, restos rochosos da formación do Sistema Solar. Viaxan a gran velocidade e lonxe da Terra, pero podense observar a simple vista cando pasan cerca do noso planeta.
    Millóns de asteroides orbitan aoredor do Sol, normalmente encontranse no cinturón que se atopa entre Marte e Xúpiter. Os asteroides son máis grandes que os meteoritos e os cometas, e están formados por restos de rocha e metal. A súa anchura pode ir dende os 100 metros ata os 960 kilómetros.

  4. faa-andreaperez di:

    Un asteroide é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico máis pequeno que un planeta e que orbita ao redor do Sol. Os asteroides tamén son chamados planetas menores. A maioría dos asteroides que se atopan no noso sistema solar, posúen órbitas semi-estables entre Marte e Xupiter.

    Pensouse que os asteroides son material residual da formación do noso sistema solar. A maioria son encontrados no cinto de asteroides, un anel que está entre as orbitras de Marte e Xupiter. Outra teoría sobre o cinturón de asteroides é que pudo ser un planeta que ao final non se formou. Os astrónomos tamén identificaron un grupo de asteroides cuxas órbitas cruzan a órbitra da Terra.

    Según a súa posición no sistema solar estos asteroides clasificanse en:

    -Cinto de asteroides: A maior parte dos asteroides coñecidos xiran no espazo nunha agrupación coñecida polo nome de Cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter.

    -Asteroides próximos á Terra (NEOs): Existe un especial interese en identificar asteroides que teñen órbitas que interseccionan coa da Terra. Os tres grupos máis importantes de asteroides próximos á Terra son os asteroides Amor, os asteroides Apolo e os asteroides Atón.

    -Asteroides coorbitantes da Terra: Son asteroides que ao achegarse á Terra permanecen capturados pola gravidade terrestre por algúns anos e despois afástanse novamente. Actualmente coñécense dous corpos deste tipo: o 2003 YN 107 e o 2004 GU 9.

  5. faa-miriantrigo di:

    Os asteroides son escombros interplanetarios: restos rochosos e conxelados da formación do Sistema Solar, podendo ter unha anchura dende tan só cen metros ata 1000 km de diámetro, como é o caso de Ceres, o asteroide máis grande, descuberto en 1801. Habitualemnte, os asteroides orbitan arredor do Sol, no cinturón principal (Cinturón de Asteroides), entre Marte e Xúpiter. Outros, en cambio, teñen órbitas que van máis alá de Saturno. Pero cando un asteroide sae desviado da súa traxecotira, pode signifcar unhaameaza para algún planeta.
    Algúns asteroides chocaron con osos planeta; cando entran na atmosfera encéndense e transfórmanse en meteoritos.
    Respecto á súa orixe, a primera hipótese, xa descartada, foi a explosión dun planeta entre Marte e Xúpiter, así, estes pequenos corpos serían residuo. Sin embargo, a masa total dos asteroides só permitiría reconstruir un planeta moi pequeno, menor que a Lúa. Hoxe en día pénsase que os asteroides son corpos que non conseguiron xuntarse para formar un planeta a causa da influencia de Xúpiter; o cinturón de asteriodes formouse na nebulosa protosolar xunto co resto Sistema Solar, pero os fragmentos de materiais contidos na rexión do cinturón non formaron un planeta a causa das perturbacións gravitacionais de Xúpiter, o planeta máis masivo, provocando que estes fragmentos colisionaran entre sí a gran velocidade e non se puidensen agrupar, dando lugar aos residuos rochosos que observamos na actualidade.

  6. fab-tatianameis di:

    Os asteroides son pequenos corpos de materiais variados que orbitan arredor do sol. Teñen un tamaño menor cós planetas e o máis grande ten aproximadamente 1000 km de diámetro.

    A orixe dos asteroides non está moi clara, pero hai varias teorías. Unha delas é a de que os asteroides son parte dun planeta que quedou destruido, pero, no día de hoxe esta idea é moi poco frecuente entre os científicos. A idea máis probable é que os asteroides son partes de un planeta que non se chegou a formar. Este planeta estaría situado entre Marte e Xúpiter, xusto onde na actualidade está o cinturón de asteroides. A principal causa de que non se formara este novo planeta foi Xúpiter, que fixo que os trozos de planeta comenzaran a colisionar entre eles e non a xuntarse.

    Sendo esta a orixe dos asteroides en sí tamén hai una causa pola cal acércanse a Terra. Esto é debido a que as órbitas dos asteroides que se acercan a terra (NEA) interseccionan coa órbita terrestre. Os NEA poden alcanzar un tamaño entre o metro e os 2000 metros, pero normalmente acaban por separarse da Terra co paso do tempo debido a que cambian a súa órbita.

  7. fab-lauraozores di:

    Os asteroides son unha serie de obxectos metálicos rochosos que varían de tamaño dende pedras de aproximadamente 1000 km de diámetro. A pesar de que xiran en órbitas ó redor do Sol, son moi pequenos para ser considerados planetas. Pénsase que os asteroides son material residual da formación do noso Sistema Solar. A maioría atópase no Cinto de Asteroides, un anel en forma de doa que está entre as órbitas de Marte e Xúpiter. Os astrónomos identificaron tamén un grupo de asteroides cuxas órbitas cruzan a órbita da Terra.
    Varios centos de miles de asteroides son coñecidos, xa que existen no noso Sistema Solar. Moitos outros están aínda por descubrir, a maioría deles son os máis pequenos (menos de 100 km de diámetro) os cales son moito máis difíciles de detectar.

  8. faa-albaaller di:

    Os asteroides son corpos rochosos de pouco tamaño que xiran en órbita ao redor do Sol. O seu pequeno tamaño é a causa de que non se os considere planetas, xa que o maior asteroide, Ceres, só ten 1000 km de diámetro. A teoría actual da súa formación fala de que posiblemente sean restos dun planeta que non se chegou a formar. Este planeta estaría nunha órbita entre Marte e Xúpiter, xa que é ahí onde se encontra O Cinto de Asteroides, onde se atopan a maioría destes pequenos corpos. Algúns deles teñen órbitas que se cruzan coa órbita terrestre, pero acaban por separarse da Terra debido as variacións que sufre a súa órbita.

  9. faa-ritalage di:

    Un asteroide é un corpo rochoso, carbonáceo ou metálico de pouco tamaño, máis pequeno que un planeta e, que orbita arredor do Sol.A orixe dos asteroides non está plenamente coñecida,os cientificos pénsan que os asteroides son material residual da formación do noso Sistema Solar,o que se sabe é que se atopan nun cinturon entre as órbitas de Marte e Xúpiter,nombrado “Cinturón de asteroides”.Existen outros cinturons e diversos sistemas de asteroides fora do cinturón entre Marte e Xúpiter, un deles é, por exemplo, o cinturón de Apolo, os asteroides deste cinturón pasan moi cerca da órbita da Terra, e probablemente un deles foi o causante da extinción dos dinosaurios fai máis de 65 millons de anos, como tamén outros máis puideron provocar a extinción masiva de outras especies durante centos de miles de anos. Ocasionalmente alguns deles poden sair desviados da sua traxectoria e poden, significar una amenaza para calquera planeta do noso sistema solar.O asteroide máis grande é Ceres. En total, os astrónomos descubriron miles de asteroides, e probablemente hay millons máis por descubrir.

  10. Victor di:

    Onte lía unha noticia onde dicía que en menos de 75 anos impactará un gran asteroide sobre a Terra. Que podemos facer ante esta situación?

    • fab-sabelafernandez di:

      Os Asteroides próximos á Terra divídense en tres categorías: Atones, Apolos e Amores. Baixo certas condicións sería posible un impacto co noso planeta.
      Actualmente existen uns 4000 obxetos catalogados como NEO, cometas e asteroides atrapados pola atracción do Sol ou distintos planetas en órbitas que poderían facelos entrar preto da Terra. Finalmente, se un destes se aproxima a menos de 7 millóns e medio de kilómetros á Terra, denomínase PHA (asteroide potencialmente perigoso). Hai clasificados uns 800 na actualidade e son os que representan un perigo para a civilización se realmente algún deles chocara co noso planeta. Sen embargo, os cálculos das traxectorias e de cada aproximación á Terra teñen grandes incertidumbres, debido a que os elementos orbitales non se coñecen con total precisión, de forma que calquera predición está suxeita a unha marxe de erro considerable.
      Sen embargo, actualmente pénsase que existe certa posibilidade de que impacte contra o noso planeta no ano 2089, pero a distinción dos elementos orbitales permitiu que nos désemos conta de que tal evento non ocurrirá. Non obstante, esto non quere dicir que en calquera momento un cálculo máis preciso da traxectoria dun deles, o que require observacións precisas e continuadas, ou o descubrimento dun novo PHA, indique que o impacto poida ocurrir. De ahí a importancia dos grandes proxectos e o mantemento de bases de datos actualizadas.

    • faa-manuelvilas di:

      Cada cinco-dez anos un asteroide do tamaño dus autobús escolar achégase a terra e cada 50 un deles impacta nesta. Se isto chegara a suceder, pouco poderíamos facer. O que si que é pouco probable e que chegara a impactar nunha gran cidade, xa que tres cuartas partes do noso planeta é auga e polo tanto sería moi probable que terminase no océano, aínda que isto non é ao cen por cen fijo.Tamén teríamos que miarar en a que nivel da escala de Turín se corresponde o impacto deste meteorito:
      Nivel 0: probabilidade cero de colisión, ou ben por debaixo da probabilidade de que un obxecto aleatorio fose parar á Terra durante as próximas décadas. Tamén se aplica a pequenos obxectos que se desintegran durante a entrada na atmosfera da Terra.
      Nivel 1: moi baixa probabilidade de colisión, semellante á probabilidade de que un obxecto aleatorio fose chegar á Terra durante as próximas décadas.
      Nivel 2: baixa probabilidade de colisión.
      Nivel 3: A probabilidade de colisión pode causar un dano dun a 1%.
      Nivel 4: probabilidade de colisión capaz de causar máis de 1% de devastación rexional.
      Nivel 5: alta probabilidade de colisión capaz de causar devastación rexional.
      Nivel 6: maior probabilidade de colisión pode causar unha catástrofe global.
      Nivel 7:colisión moi alta capaz de causar unha probabilidade de unha catástrofe global.
      Nivel 8: determinada, capaz de causar danos de colisión local. Isto debe ocorrer unha vez de 50 a 1000 anos.
      Nivel 9: seguro, capaz de causar unha colisión de devastación rexional. Isto debe ocorrer unha vez de 1.000 a 100.000 anos.
      Nivel 10: seguro, capaz de provocar unha colisión de catástrofe climática global. Isto debe ocorrer unha vez cada 100.000 anos ou máis.

    • faa-rubeniglesias di:

      Ata dentro de 75 anos a tecnoloxía e as medidas de seguridades sobre todos estes temas avanzará moito. Básicamente estamos moi desprotexidos ante unha situación asi. Teríamos que ter lugares preparados para unha explosión dese tipo ou algún tipo de utensilio para cambiar a dirección do asteroide.
      Pero hai que ter en conta queo asteroide, pode caer no mar, o que provocaría un gran tsunami no que moita xente morrería.
      O primeiro que habría que facer unha vez estudado, é avisar á xente da caída dun meteorito e mentalizala. Despois cos anos a tecnoloxía e a seguridade debería ir modernizándose e cambiando para mellor.
      En todo caso, é unha catástrofe natural, nada se podría facer especificamente. É o mesmo a cando hai un tornado, un tsunami, un terremoto, etc.. Algúns lugares estarán máis protexidos que outros, como en China cos terremotos; pero lugares máis pobres onde nos que non hai aparellos tecnolóxicos nin seguridade, serán os máis perxudicados.

  11. faa-ariadnavazquez di:

    Si se detecta un PHA de alta peligrosidad con anos de antelación como neste caso, existe tecnoloxía dispoñible para distancialo da Terra. O factor esencial é o tempo: canto antes se detecte, máis posibilidades de organizar un esforzo internacional que permita lanzar naves espaciales ó obxeto. A técnica primaria sería desvialo con ferramentas termonucleares, detonándoas por encima da sua superficie de tal modo que os neutróns de alta velocidad irradien unha zona do obxeto con tanta enerxía que esta zona se expanda e explote. Por acción-reacción, esto actuaría como un “foguete” que o desprazaría levemente da sua traxectoria. Incluso este pequeno cambio (en torno a unhos poucos milímetros por segundo) sería suficiente para que, co paso de los años, evite a Terra. O punto crítico en maniobras de este tipo é lograr un desvío sen fragmentación, esto debese a que os fragmentos podrían ser igual de peligrosos que o asteroide orixinal, ou máis, si se lle suma a radiación xenerada pola explosión.

  12. Victor di:

    A lúa é un corpo con moito menos masa ca Terra e, polo tanto, posúe unha gravidade menor. Cal é a razón pola que a Lúa mostra un gran número de impactos de meteoritos en forma de cráteres mentres ca Terra mostra moitos menos?

    • faa-carmenvilanova di:

      A atmosfera é a capa de gases que rodean un corpo celeste. Os gases son atraídos pola gravidade do corpo e mantéñense nela se a gravidade é suficiente e a temperatura da atmosfera é baixa.
      A atmosfera terrestre protexe a vida da Terra, absorvendo na capa de ozono parte das radiacións ultravioletas e reducindo as diferencias de temperatura entre o día e a noite. Ademais, actúa como escudo protector contra gran parte dos meteoritos, facendo que se desintegren no acto. Os meteoritos que si chegan antes de entrar na atmosfera son de moito máis grandes, reducindo de forma considerable o seu tamaño orixinal.

      Sabemos que a lúa non posee atmosfera xa que non ten a gravidade suficiente para manter gases dentro dela posto que son moi volátiles e lixeiros. Polo tanto, está exposta a impactos directos dos meteoritos en forma de cráteres, sen que haxa ningún tipo de barreira que os deteña e a protexa deles.

    • faa-manuelvilas di:

      A lúa non ten atmosfera, e polo tanto impactan directamente con ela.

  13. faa-tamaraparracho di:

    A atmosfera é a capa de gas que rodea a un corpo celeste. Os gases son atraídos pola gravidade do corpo e mantéñense na atmosfera sempre e cando a gravidade sexa suficiente para retelos e a temperatura da atmosfera sexa baixa.
    Grazas a súa gravidade, a Terra conta cunha atmosfera duns 480 kilómetros de espesor que ademais de absorber as radiacións prexudiciais procedentes do Sol, serve de escudo para protexernos dos impactos dos meteoritos. Estas rochas, procedentes do espazo exterior, son atraídas pola gravidade e caen sobre a superficie terrestre. Ao entrar en contacto cos gases da atmosfera, o rozamento fai que entren en estado de incandescencia e acaben por desintegrarse antes de chegar ao chan. Só os máis grandes (pouco frecuentes) poden atravesar a atmosfera e chegar ao chan.
    Debido á súa baixa gravidade, a Lúa é incapaz de reter moléculas de gas na súa superficie, polo que ten unha atmosfera insignificante. Ao carecer practicamente de atmosfera, todos os meteoritos que chegan a Lúa rematan por impactar na súa superficie, o que dá lugar aos millóns de cráteres que presenta o seu solo.