Invasión da bombilla LED

Décheste de conta de que o LED conquistou ata o último rincón onde se requiere un punto de luz?

Os LED son pequenos compoñentes electrónicos formados por semiconductores que emiten luz cando pasa por eles una corrente eléctrica. Por exemplo, son ampliamente utilizados para a iluminación de pantallas de televisión ou de dispositivos como os teléfonos móviles. As bombillas LED aínda están no seu inicio como fonte de iluminación para uso doméstico, pero xa destacan pola súa eficacia luminosa e reducido consumo. En xeral son o tipo de iluminación cunha maior vida útil, segundo o fabricante, ponden durar entre 25.000 e 30.000 horas ou máis, o que significa que poden pasar entre 10 ou 20 anos antes de ter que cambiar unha destas bombillas. A eficacia luminosa dun LED, é dicir, a cantidade de luz que emite en relación á enerxía que consume, en xeral é superior á de outro tipo de bombillas. Unha bombilla LED gasta un 80% menos de electricidade, semellante ao aforro que supón unha bombilla fluorescente, pero nas bombillas LED o encendido é instantáneo, mentres cas bombillas fluorescentes máis comúns tardan algo de tempo en funcionar a pleno rendemento.

Tamén o uso de LEDs no ámbito da iluminación (incluindo as sinalizacións de tráfico) é moderado e é previsible o seu incremento no futuro, xa que as súas prestacións son superiores ás das lámpara incandescente e fluorescente, desde diversos puntos de vista. Asi mesmo, as LEDs poden producir luces de diferentes cores cun rendemento luminoso elevado, a diferencia de moitas das lámpadas utilizadas ata agora que teñen filtros para lograr un efecto semellante (o que supón unha reducción da súa eficiencia enerxética).

Isto significa que teremos que  esquecernos das bombillas convencionais e pasarnos a LED?


Autora: Sara Falcón Fariña

Esta entrada foi publicada en Novas tecnoloxías e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

47 Responses to Invasión da bombilla LED

  1. Victor di:

    Por certo, Premio Nobel para os inventores dos Leds. Contádeme algo destes científicos.

    • faa-rubeniglesias di:

      O Premio Nobel da Física é entregado a aqueles científicos que contribúen ao campo da Física. O primeiro premio deuse en 1901. O gañador consigue unha medalla, un diploma e unha cantidade económica que vai variando a medida que pasan os anos.
      Esta vez os gañandores foron os xaponeses Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura polo invento da luz LED azul. Estes científicos comezaron o seu traballo a principios da década dos 90.
      Os diodos verde e vermello existen dende hai anos, pero gracias ao azul pódense crear lámpadas. Isto pode mellorar a calidade de vida de máis de 1500 millóns de persoas.

  2. faa-ariadnavazquez di:

    Os xaponeses Isamu Akasaki, Hiroshi Amano y Shuji Nakamura foron galardonados por crear «unha nova fonte de luz para iluminar o mundo»
    Cando a principios dos anos 90 estos tres investigadores produciron este brillante invento de luz azul provocaron unha transformación fundamental na tecnología da iluminación. Os diodos rojos e verdes xa existían desde facía tempo, pero sin a luz azul, as lámparas blancas non podían ser creadas. A pesar dos considerables escorzos, o Led supuxo un gran desafío durante tres décadas
    Sin embargo, o trío de japoneses tuvo éxito donde todos os demais fracasaran. Akasaki investigou xunto con Amano na Universidade de Nagoya, mentras que Nakamura traballou en Nichia Chemicals, unha pequena empresa de Tokushima.

  3. fab-lauraozores di:

    Os científicos xaponeses Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e o estadounidense Shuji Nakamura foron galardoados recientemente pola Real Academia Sueca ó Premio Nobel de Física pola invención das lámpadas LED.
    Foi a principios dos anos 90 cando estos tres investigadores produxeron estos brillantes feixes de luz con materiais químicos semeicondutores que brilan cando se fai pasar corrente dunha determinada polaridade por eles. Os díodos vermellos e verdes xa existían dende facía moito tempo, pero sen a luz azul, as lámpadas brancas non se podían crear. Sen embargo, o trío de xaponeses tivo moito éxito. Akasaki e Amano investigaron na Universidade de Nagoya (Xapón), mentres que Nakamura traballaba en Nichia Chemicals, unha pequena empresa de Tokushima.

  4. faa-tamaraparracho di:

    Na década dos 60 só se podían construír díodos de cor vermella e verde, e polo tanto, precisábase unha terceira cor, o azul, para poder sumar as tres e así obter luz branca.
    Na produción de díodos de cor azul, traballaron durante tres décadas tres científicos de orixe xaponesa, ata que nos anos 90 conseguiron o seu obxectivo: crear LEDs de cor azul.
    Este descubrimento, abriu a porta ás bombillas LED de luz branca e larga duración, un invento revolucionario.
    Agora, dúas décadas despois so seu descubrimento, o grupo de científicos propulsores do LED azul foi galardoado co Premio Nobel de Física.
    Os premiados foron dous catedráticos da Universidade de Nagoya, Isamu Akasaki e Hiroshi Amano, nados, respectivamente, en 1929 en Chiran e en 1960 en Hamamatsu, e un catedrático da Universidade de California, Shuji Nakamura, nado en 1954 en Ikata (Xapón), pero que conta coa nacionalidade estadounidense.

  5. faa-carmenvilanova di:

    Os xaponeses Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura (este último nacionalizado estadounidense) son os gañadores do Premio Nobel de física 2014 por inventar unha nova fonte de luz, o diodo emisor de luz LED de cor azul.

    Os tres científicos son catedráticos de diferentes prestixiosas universidades como a Universidade de Meijo, a Universidade de Nagoya ou a Universidade de California.

    O achado dos diodos que fixeron posibles os LED non é nada novo. Xa nos anos 60 foron creados os LED de cor verde e vermella, pero precisábase a cor azul para que ao combinalas as tres cores dése lugar a luces de cor branco. Non foi ata os anos 90 cando estes tres científicos conseguiron inventar diodos para emitir luz azul. Este descubrimento supón un gran avance no mundo científico-enerxético posto que os LED son máis eficientes e respectuosos co medio ambiente no que concirne ao aforro de enerxía.

  6. fab-antonchaves di:

    Os xaponeses Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura (este último nacionalizado estadounidense) foron galardoados co Premio NObel de Física 2014 por inventar o LED, unha nova luz máis eficiente e respetuosa co medio ambiente ao ahorrar enerxía.
    Isamu Akasaki e Hiroshi Amano doctoráronse pola Universidade de Nagoya e son, catedrático da Universidade de Meixo e catedrático da Universidade de Nagoya respectivamente, mentres que Nakamura doctorouse na Universidade de Tokushima e exerce como catredático na Universidade de California.

  7. faa-manuelvilas di:

    Pois son tres científicos xaponeses (Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura) aos que acaban de galardonar co Premio Nobel de Física 2014 por haber inventado o LED azul. Este premio é entregado anualmente pola Real Academia das Ciencias de Suecia a “científicos que sobresaen polas súas contribucións no campo da física´´Os premios nobel instauráronse a partir do ano 1985 como última voluntade de Alfred Nobel(inventor da dinamita) e nos siguientes campos:
    -Física
    -Química
    -Mediciña
    -Literatura
    -Paz
    Non está o ámbito matemático xa que él sospeitaba que a súa muller o engañaba cun matemático. É o premio cientíco máis importante e coñecido e cada gañador recibe unha medalla de ouro, un diploma e unha suma de cartos que determina a Fundación Nobel (En 2013 foron 874000$)
    Volvendo ao descubrimento deste ano, as bombillas Led, a pesar de ter so 20 anos de existencia, os recursos naturales e enerxía que se aforran con elas son inmesos, xa que contribúen, según a Academia Sueca “a cerar luz blanca dunha forma que nos beneficia a todos´´

  8. Victor di:

    Que vantaxes ten un led sobre unha bombilla de baixo consumo e sobre unha incasdencente?

    • faa-sarafalcon di:

      Hai moitas vantaxes do LED sobre outras bombillas que hai hoxe en día no mercado, como a bombilla de baixo concumo ou incandescente.
      Na bombilla LED o encendido e inmediato mentras que nunha bombilla incandescente tarde moito en coller a forza suficiente para encenderse.
      O LED produce un 90% de luz e so chega a desperdicía un 10% da enerxía total, mentres que outras fan o contrario, tamén o LED non emite radiacións ultravioletas ou infravermellas, mentres que as bombillas fluorescentes fano, chegando a provocar dores de cabeza e dano nas peles máis sensibles.
      Outra das grandes vantaxes do LED e que non atrae ningún tipo de mosquito, mentres que as demais atraen os mosquitos.
      E finalmente a gran vantaxe destas bombillas LED e a súa duración xa que poden durar 50.000 horas mentres que unha convencional dura 2.000 horas.

    • faa-rubeniglesias di:

      Hai numerosas ventaxas. As principais son que as LED consumen moito menos e aportan unha maior iluminación. Estas bombillas aproveitan o 90% da luz emitida, sendo só un 10% o que se perde en calor. A súa duración media oscila entre as 50000 e as 70000 horas e o seu precio ronda os 7 euros, as de baixo consumo teñen unha duración de 18000 horas. As LED son máis caras, pero a duración e case catro veces máis cunha de baixo consumo, pola que o precio pronto se amortiza.
      Outra ventaxa é que non están feitas de productos químicos e si con materiais sólidos.

    • faa-manuelvilas di:

      Tabla de Equivalencias:

      Bombilla Baixo LED
      Incandescente Consumo
      (W) (W) (W)
      25 9 5
      60 20 10
      100 30 15
      200 65 30

      Como se pode observar, un sistema de iluminación LED ten un consumo un 50 % inferior se o comparamos con bombillas de baixo consumo e ata un 85% se o comparamos con bombillas incandescentes.Por outra banda a vida útil das bombillas LED e de ata 100.000 horas, máis que calquera outro tipo de bombilla.

  9. faa-nereaeiras di:

    O Premio Nobel de Física concedeuselle a Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura. Estos foron premiados por a invención da bombilla Led azul que permite xerar luz branca, que resulta ser moi eficiente e ecolóxica xa que permite aforrar enerxía.
    Isamu Akasaki naceu en Chiran,Japón, e é catedrático na Universidade Meijo de Nagoya. Hiroshi Amano naceu en Hamamatsu,Japón, e é catedrático na mesma Universidade.Por outra parte, Shuji Nakamura naceu en Ikata, Japón, pero ten a nacionalidade estadounidense. Actualmente exerce como catedrático na Universidade de California.

    Quero engadir que os Leds verdes e vermellos foron inventados moito antes, pero precisase da luz azul, creada polos premiados, para poder crear as lampadas con luz Led branca, que supuxo unha gran cambio nas tecnoloxías de iluminación.

  10. faa-laurachaves di:

    Actualmente, as bombillas de LED poden emitir unha luz branca e moi brillante, son de larga duración e de alta eficiencia enerxética. Posto que ao redor dunha cuarta parte do consumo mundial da electricidade utilízase para fins de iluminacións, os LEDs, como explica este artigo, contribúe ao aforro de recursos da Terra, podendo durar desde 25.000 e 30.000 horas ou máis.
    Antes deste sonado invento nos anos 90, xa existían os diodos vermellos e verdes, mais sin a cor azul, as lámpadas brancas non podían ser creadas, e isto deu un desafío continuo durante tres décadas, ata que os tres xaponeses Isamu Akasaki, Hiroshi Amano y Shuji Nakamura conseguiron (doctorados nas universidades de Nagoya e California) o propósito onde outros moitos antes fracasaran,conseguir as fontes de luz branca brillante a partir do seu descubrimento, os diodos emisores de luz azul.
    Agora, dúas décadas despois so seu descubrimento este grupo de científicos foi galardoado co Premio Nobel de Física, en Estocolmo.

  11. faa-ileniamartinez di:

    Este ano premiaron co nobel da física os creadores dunha nova fonte de luz eficiente enerxéticamente e respetuosa co medio ambiente, o led.
    Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura foron os afortunados gañadores deste gran premio.
    Este ano optaron por premiar a unha invención pola súa utilidade, estas luces led están sustituindo a todas as tecnoloxias anteriores, encóntranse en mutitude de dispositivos que empregamos habitualmente, como nas pantallas dos novos teléfonos intelixentes, tamén teñen un gran potencial para aumentar a calidade de vida de mais de 1.500 millóns de persoas ao redor do mundo xa que requiere baixa potencia e pode ser alimentada por enerxia solar barata local
    Estos tres investigadores tiveron a dificil tarea de crear un diodo azul que os axudase a formar o blanco cos xa existentes vermello e verde, duas decadas despois premiaselles polo seu brillante traballo.

  12. faa-miriantrigo di:

    Son moitos os beneficios que nos achegan hoxe en día as bombillas LED, podendo durar o 50 veces máis que unha bombilla incandescente. Ademais, usan un 85% menos de enerxía que estas e teñen unha duración de ata 50000 horas, o que conleva a un gran aforro económico.
    Estas bombillas aproveitan o 90% da luz emitida, sendo só un 10% o que se perde en calor, ao contario que as bombillas normais. Tampouco emiten case ningún calor nin radiacións, o que fai destas bombillas que sexan a opción máis ecolóxica na actualidade.
    A diferencia das bombillas de baixo consumo, as bombillas LED non teñen ningún elemento tóxico, polo que son reciclables, sendo respetuosas co medio ambiente. Tamén alcanzan o 100% do rendemento dende o momento en que son encendidas, mentres que con outras bombillas temos que agardar uns minutos ata que alcancen este rendemento.
    Así que podemos estar moi agradecidos aos xaponeses Isamu Akasaki e Hiroshi Amano e ao estadounidense Shuji Nakamura polo invento do diodo emisor de luz LED azul, que deu paso ao desenvolvemento ao LED branco. Isto fai deles homes con éxito.

  13. faa-martinbaulde di:

    As bombillas LED caracterízanse por durar moito e consumir pouco, estimase que teñen unha vida de (aproximadamente) 50 anos, ou visto doutra forma, de 70.000 horas, mentres que as de baixo consumo poden duran entre 1.000 e 15.000 horas aproximadamente e segundo a súa calidade. Por outra banda, os LED teñen un prezo medio de 7 euros, e as bombillas de baixo consumo poden encontrarse por 3,5 euros (de media). A gran diferenza entre os LED e as bombillas de baixo consumo é que os LED non conteñen ningún elemento tóxico e renden ao 100% dende que as acendemos, en cambio, as bombillas de baixo consumo conteñen un gas cunha pequena proporción de mercurio, o que as converte nun residuo perigoso.
    En canto ás bombillas incandescentes, consumen 20 veces máis ca os LED, duran hasta 50 veces menos e ofrecen un pouco menos de luz. Ademais os LED están feitos de materiais sólidos bastante resistentes en cambio as incandescentes non responden ben aos golpes.
    Aínda así, e a pesar de ter todas estas vantaxes, os LED non teñen moita máis popularidade que os outros tipos de bombillas, e isto, débese ao seu prezo. Esperemos que nun futuro sexan máis asequibeis e podamos sacarlles todo o seu partido.

  14. faa-tamaraparracho di:

    A composición dos LEDs e o mecanismo mediante o cal producen luz, fan que estes díodos presenten grandes vantaxes sobre outros dispositivos emisores de luz, como son as bombillas incandescentes ou as lámpadas fluorescentes compactas (CFL)
    En primeiro lugar, supoñen un gran aforro de enerxía, xa que o seu consumo é un 85% menor que as bombillas incandescentes e un 50% menor que as fluorescentes.
    Ademais, teñen unha duración más de 45.000 horas, é dicir, 25 veces máis que as lámpadas convencionais.
    En segundo lugar, están feitas de materiais sólidos e non conteñen metais pesados (mercurio, chumbo e cadmio), polo que son menos contaminantes para o medio ambiente e ademais poden ser recicladas.
    Outra gran vantaxe é que apenas xeran calor, xa que de cada vatio, os LEDs utilizan un 90% para iluminar, perden só un 10% en calor. Pola contra, as bombillas incandescentes e as CFL utilizan soamente o 10% de cada vatio para producir luz.
    O LEDS tamén presentan unha maior resistencia a temperaturas extremas ou a golpes, polo que é máis difícil que rompan.
    Por último, estes dispositivos préndense instantaneamente (o seu tempo de resposta é de 0,1 microsegundos, fronte aos 20 milisegundos das bombillas incandescentes).

  15. faa-diegogarcia di:

    Os LED foron un invento moi favorable para a nosa vida, xa que proporcionannos moita luz con un consumo moi baixo, a duración destes parece incríble, máis de 50000 horas, tamén é certo que o seu prezo é máis elevado pero á larga sale factible ao non ter que cambialas nun período de tempo bastante longo.
    As bombillas de baixo consumo teñen un funcionamento similar ás lámparas incandescentes de tubo, éstas son frías e tamén teñen un prezo máis caro, pero duran máis, utilizan entre un 50 e 80 por cento menos de enerxía producindo a mesma luz. O seu único inconvinte é que conteñen un gas con unha pequena porción de mercurio que a convirte nun residuo perigoso.
    As lámparas incandescentes teñen un consumo moito máis elevado cas das dúas anteriores, teñen unha vida moito máis curta e son máis baratas aínda que hai que cambialas con moita máis frecuencia.

  16. faa-iagopadin di:

    Ao redor dun 25 % da enerxía que se consume nun fogar vai destinada á iluminación e o consumo dunha bombilla LED, caracterízase porque dura moito e consume pouco. De feito, estímase que teñen unha duración aproximada de 70.000 horas, polo que poden chegar a durar ata 50 anos. E aínda que son máis caras ca unha bombilla de baixo consumo, o prezo amortízase enseguida. Ademáis, teñen un maior rendemento e son máis ecolóxicas, xa que as de baixo consumo conteñen elementos tóxicos.
    Con respecto ás bombillas incandescentes máis do mesmo, os LEDs duran máis igualmente, son reciclables xa que non conteñen tóxicos e acaban saíndo máis baratos. Ademais, non producen calor, polo que non se perde parte da enerxía de forma calorífica e encéndense de forma inmediata, non temos que agardar ata que emitan luz.
    En definitiva, os LEDs son moito mellores que as bombillas de baixo consumo e as incandescentes e xa son as bombillas do futuro ou incluso do presente.

  17. Victor di:

    En que tipo de aparatos electrónicos se poden utilizar os leds?

    • faa-martinbaulde di:

      Os LEDs posúen un sen fin de usos diferentes. Entre algús dos aparellos que os empregan encóntranse:

      -Nos medios de transporte, como as luces dos frenos das motos, coches,camións, avións …
      -En lanternas, reloxos, fontes de luz para microscopios, teléfonos móbiles, ordenadores e impresoras.
      -Un dos seus usos máis visibles a simple vista son os semáforos, e en xeral tódolos dispositivos de señalización.

      Os LED´s son utilizados na maioría dos campos relacionados coa luz, cada día son máis os aparellos que optan por eles como fonte de iluminación.

    • faa-sarafalcon di:

      Os LEDs na actualidade podense acondicionar ou incorporarse nun porcentaxe maior ao 90 % a todas as tecnoloxías de iluminación actuais, casas, oficinas, industrias, edificios, teatros, plazas comerciales, calles, estadios (en algunos casos por las dimensiones del estadio no es posible porque quedarían espacios oscuros), conciertos e así unha gran lista case interminable de lugares ou obxetos que os poden utilizar, grazas ao seu deseño tan compacto.
      Tamén empleanse no alumeado das pantallas de cristal líquido dos teléfonos móviles, calculadoras, agendas electrónicas, etc… así como en bicicletas e outros usos.Ata existen impresoras con LEDs.

    • faa-rubeniglesias di:

      Polo xeral o uso do LED débese para saber si un obxecto está encendido ou apagado. Actualmente, os LEDs utílizanse en numerosos aparatos tecnolóxicos como linternas, laptops, ordenadores, a televisión, os teléfonos…
      Pero ademáis tamén se usan en semáforos ou en farolas. Onde tamén son utilizadas son nas empresas que crean publicidade, ben para carteis ou para outros productos de marketing.
      A maioría dos obxectos que no rodean contan con luces LED, xa que son máis modernas, máis eficaces, consumen menos, e o precio pronto se amortigua.

    • faa-manuelvilas di:

      Os LEDS actualmente pódense incorporar nunnha porcentaxe mayor ao 90 % de todas as tecnoloxías de iluminación actuais, empregándose en:
      -Casas
      -Oficinas
      -Industrias
      -Edificios
      -Restaurantes
      -Teatros
      -Plazas Comerciais
      -Gasolineiras
      -Rúas
      -Avenidas
      -Estadios pequenos
      -Concertos
      -Discotecas
      -Casinos
      -Hoteis
      -Carreteiras
      -Luces de tráfico
      -Luces dos semáforos
      -Señalizacións viais
      -Universidades
      -Colexios
      -Escolas
      -Estacionamentos
      -Aeroportos
      -Sistemas híbridos
      -Celulares
      -Monitores
      -Cámaras de vixilancia
      -Supermercados
      -En transportes (bicicletas, motocicletas, automóviles, camións, tráilers, etc)
      -Linternas de man
      -Pantallas electrónicas de led

    • faa-ileniamartinez di:

      Necesitamos a enerxia, non podemos presdincir dela, pero si aforrar hasta un 30% con pequenas accións do dia a dia.
      1. Mellorar o aislamento da vivenda.
      2. Comprar electrodomesticos eficientes, de clase A ou superior.
      3. Instalar termostatos dixitais programables por zonas.
      4. Sustituir as bombillas incandescentes e halóxenos por LED.
      5. Desconectar completamente os equipos que non se estén utilizando.
      6. Revisar periódicamente o estado da caldeira.
      O goberno concede axudas directas e préstamos reembolsables para medidas como o cambio de caldeiras ou a sustitución da enerxía convenciona por biomasa ou de orixe xeotérmico

    • faa-ritalage di:

      Os leds na actualidade podense acondicionar ou incorporarse nun porcentaxe mayor ao 90 % a todas as tecnoloxías de iluminación actuales, casas, oficinas, industrias, edificios, restaurantes, teatros, plazas comerciales, gasolineiras, calles e avenidas, estadios (en alguns casos por as dimensiones do estadio non e posible porque quedarían espacios oscuros), concertos, discotecas, casinos, hoteles, carreteras, luces de tráfico ou de semáforos, señalizacions viales, universidades, colegios, escuelas, estacionamientos, aeroportos, sistemas híbridos, celulares, pantallas de casa ou domésticas, monitores, cámaras de vixilancia, supermercados, en transportes (bicicletas, motocicletas, automóviles, camions tráiler, etc.), en linternas de man, para crear pantallas electrónicas de led (tanto informativas como publicitarias) e para cuestions arquitectónicas especiales ou de arte culturales. Todas estas aplicacions danse gracias ao seu diseño compacto.

  18. faa-miriantrigo di:

    Os Leds son moi utilizados en todo tipo de indicadores de estados (encendido/apagado), en dispositivos de señalización, como se reflexa neste artículo (un exemplo son os semáforos) e en paneis informativos.
    Tamén se empregan en numerosos electrodomésticos e aparellos electrónicos, como nos teléfonos móviles, calculadoras, axendas electrónicas, televisores…incluso son empregados nas bicicletas.
    Hoxe en día tamén existen as impresoras LED, e cada vez son máis numerosas as lámpadas deste tipo, grazas as seus numerosos beneficios. Os led brancos son o desenvolemento máis recenté, o que nos propicia dispositivos moito máis eficientes dende un punto de vista enerxético.

  19. fab-miguelpineiro di:

    As luces leds podense usar para moitos aparatos e lugares, xa que son durareiros, potentes, son de baixo consumo, son de fácil instalación,e moitas mais vantaxes.
    Usanse para aparatos como semáforos, como neste artículo din,tamen para alumbrado de exteriores de exterior (farola) e no interior.
    Para publicidad y decorar,industria automotril,e moitos mais, xa non hai nada que non use luces led, ou moi poucas cousas.

  20. fab-lauraozores di:

    Os leds na actualidade pódense incorporar nun porcentaxe maior ó 90% a todas as tecnoloxías. Empléanse en todo tipo de indicadores de estado (encendido-apagado), en dispositivos de señalización (tránsito, emerxencias, etc.), en paneles informativos e na iluminación de pantallas de cristal de teléfonos móbiles, calculadoras, axendas electrónicas, etc.

  21. faa-carmenvilanova di:

    Os LEDs son hoxe en día amplamente utilizados en diversidade de campos. Un deles é o da domótica (conxunto de sistemas capacitados para automatizar unha vivenda): alumbrado de pavimentos, baños; alumbrado decorativo ou de exteriores; proporcionar seguridade…

    Asimismo, existen aplicacións destas bombillas que non están relacionadas directamente coa domótica. Os indicadores de estado (ON/OFF), os dispositivos de señalización (tráfico, emerxencia, etc.) e os paneis informativos son algúns dos exemplos. Outro dos seus usos ten que ver cos teléfonos móbiles -para o alumbrado das súas pantallas de cristal líquido-, as calculadoras, axendas electrónicas… Hay ademais as chamadas impresoras e as lámpadas LED e tamén son moi utilizados na emisión de sinais de luz que se transmiten a través de fibra óptica.

    Estes diodos emisores de luz son un intento moi ben fundamentado para substituir as bombillas convencionais por dispositivos moito máis eficientes.

  22. faa-iagopadin di:

    Na práctica, os diodos LED posúen unha gran cantidade de aplicacións diferentes, que distan moito do uso que tiñan nun principio. Entre algunhas destas moitas aplicacións actuais atópanse:

    – Iluminación de interiores (fogares, comercios, hospitales, etc.).
    – Iluminación exterior de edificios e fachadas.
    – Ambientación interior en xeral.
    – Decoración.
    – Cabinas de ascensores.
    – Corredores interiores de casas, comercios, hospitais, etc.
    – Escaleras e os seus escalóns.
    – Rúas e parques.
    – Estacionamentos de coches en exteriores e interiores.
    – Linternas.
    – Paneis informativos e publicitarios.
    – Faros de coches.
    – Semáforos de tráfico.
    – Xoguetes.
    – Adornos navideños.
    – Raios láser (luz coherente de cor vermello, verde ou azul).
    – Retroiluminación de pantallas de televisores.
    – Pantallas xigantes de televisión.
    – Incluso impresoras.

  23. faa-laurachaves di:

    A utilidade dos Leds é moi variada, entre os que se pode mencionar: iluminación, en dispositivos de señalización (de tráfico, de emerxencias, etc.) e en paneis informativos. Tamén se empregan no alumbrado de pantallas de teléfonos móviles, calculadoras, axendas electrónicas, etc, así comovferramentas tecnolóxicas, equipos de computadora (mouse, teclado, impresoras, monitores, dispositivo de encendido/apagado) lanternas e moitos outros máis que encabezarían unha lista moi extensa.
    Ademáis, cada día, os LEDs vanse introducindo máis no ámbito doméstico, chegando a substituir á iluminación convencional pola súa sinxeleza, posto están controlados por unha central ou ordenador, controlando a intensidade da luz, de foco, programar horario etc.

  24. faa-tamaraparracho di:

    Os díodos infravermellos comezaron a empregarse a mediados do SXX para aplicacións de control remoto (ao principio só en mandos a distancia de televisores e logo estendéndose a outros electrodomésticos como equipos de aire acondicionado, equipos de música…). Ademais, eran utilizados para transmitir datos entre dispositivos electrónicos como ordenadores ou teléfonos móbiles, pero tempo máis tarde foron reemprazados polo bluetooth para cumprir esta función.
    Mais dende mediados do SXX os LEDs sufriron unha gran evolución e na actualidade, poden acondicionarse ou incorporarse á meirande parte das tecnoloxías de iluminación.
    Nos nosos días, os LEDs empréganse en todo tipo de indicadores de estado (acendido /apagado), en dispositivos de sinalización (de tráfico, de emerxencia..) e en paneis informativos, así como no alumeado de pantallas de cristal líquido de teléfonos móbiles, calculadoras…. e incluso son utilizados en impresoras.

  25. faa-ariadnavazquez di:

    Os leds non son utilizados únicamente como alumbrado senon que teñen unha gran variedade de aplicacións. Unha das últimas aplicacións desta tecnoloxía pódese ver na fabricación de televisións, obtendo maior calidade de imaxen ,de contrastes e incluso unha duración máis elevada que a doutros tipos de receptores.
    Outros obxetos nos que tamén podemos ver esta tecnoloxía son os paneis informativos e publicitarios,en dispositivos de señalización coma os semáforos, na iluminación de pantallas de cristal líquido como as dos teléfonos móviles, en impresoras, e ata chegamos a atopalos nalgúns xoguetes electrónicos.

  26. fab-laracores di:

    Como ben se dixo no artigo, os LED son empleados para pantallas de televisores, mobiles ou calquera monitor indiferentemente. Tamen expón que son utilizados no uso doméstico destacados pola súa duración e luminosidade en comparación cos outros tipos de bombillas. Igualmente recordanos as señales de tráfico luminosas, que nos podemos encontrar en calquera tipo de estrada, que mesmo usan LED.
    Estas bombillas fan docenas de traballos diferentes e podense encontrar en todo tipo de dispositivo. Como por exemplo en reloxos dixitales.
    Os LED están introducidos na nosa vida plenamente, e nunca nos decatamos desta luz inovadora que nos axuda en moitas tarefas ou nos aportan información. Como é a luz dos controladores remotos, que iluminan moitos aparatos que usamos, indicandonos se estan encendidos.

  27. Victor di:

    Que consellos lles dariades aos voso compañeiros e compañeiras para aforrar enerxía na súa vivenda?

    • faa-manuelvilas di:

      1-Mellorar o aislamento da vivenda: A mitade do consumo enerxético débese a calefacción. Hai que poñer un bo aislamento nas paredes exteriores e tamén ventanas de dobre vidrio.
      2-Aislar e selar a caixa das persianas: Así evítanse as fugas de calor e as infiltracións de aire frío da rúa
      3-Selar as portas e ventanas: Para isto utilízanse bruletes (tiras de caucho) que se sitúan na parte inferior das portas
      4-Usar equipos de calefacción e refrixeración eficientes: Instalar bombas de calor de clase A ou superior. 1Kw eléctrico= 3-4 Kw térmicos
      5-Poñer chaves termostáticas nos radiadores: Son económicas e permiten regular a temperatura de cada estancia de forma automática e independiente, apagando cada radiador cando se alcance a temperatura desexada.
      6-Instalar termostatos dixitales programables por zonas: Con isto pódense programar temperaturas diferentes según horarios e días, utilizando a enerxía solo donde e cando se necesita
      7-Regular a calefacción e o aire acondicionado: En inverno entre 19 e 21º e en verán entre 24 e 26º.
      8-Aproveitar ao máximo a enerxía do sol: En verán abrir as ventás a primeira hora da mañane a última hora da noite para que o aire exterior refresqque a casa e baixe as temperaturas. En iverno ao contrario
      9-Utilizar electrodomésticos de clase A ou superior: Especialmente no frigorífico, que ao estar sempre conectado consume moito.
      10-Sustituir as bombillas incandescentes por Leds: Afórrase entre un 80 e un 90% e a súa vida útil é moi superior
      11-Axustar a competencia eléctrica contratada: Reducila ata o valor mínimo necesario, que se pode calcular sumando as potencias de todos os aparatos.
      12-Desconectar os equipos que non se están usando: Aínda que permanezcan en stand-by siguen consumindo enerxía.
      13-Instalar enerxías renovables: Por exemplo, a solar térmica para a auga quente, calefacción e piscinas.

    • fab-miguelpineiro di:

      Hai moitos métodos para aforrar enerxía, sempre se pode aforrar máis e máis.
      Estos son alguns dos consellos que un pode atoparse.
      Na cociña, usar microondas en vez de un forno, e si usar o forno e imprescindible, non abrilo, xa que esto supondria que os grados baixaran, e tería que usar mais enerxía para volver a súa temperatura.
      Na lavadora usar ciclos cortos con auga templada ou fría.
      Usar lava-louza en vez de lavar a man con auga quente.
      Ducharse en vez de bañarse.Evitar os goteos nos grifos.Evitar usar auga quente o máximo posible.
      Aislar portas e ventanas
      Evitar usar aires acondicionados.
      Cando non se use un aparello eléctrico, apagalo completamente,incluida a luz do stand-by.
      E por último, pero non menos importante, cambiar as bombillas, por unas de baixo consumo.

    • faa-diegogarcia di:

      1. Aproveita a luz natural e utiliza lámpadas de aforro enerxético.
      Se todos os fogares españois utilizaramos unha lámpada de 60W 11W fluorescente outro para só unha hora ao longo do ano, entre todos evitaríamos a emisión de 172.800 toneladas de CO2 á atmosfera, e 21.170.000€ aforraríanse só na factura de electricidade.

      2. Usa o transporte público.
      O uso do coche é a maior fonte de contaminación e ruído das nosas cidades. O transporte público pode consumir por pasaxeiro e por kilómeto percorrido ata seis veces menos enerxía que un turismo convencional.

      3 Selecciona electrodomésticos clase enerxética A.
      A igualdade de prestacións, un electrodoméstico clase A consume o 70% menos de enerxía que outro de clase G.

      4 Regula a temperatura da auga e equipos de aire acondicionado quente.
      Só a calefacción e a produción de auga quente doméstica supón para a maior parte da enerxía consumida na casa, o 66 %. As temperaturas ideais son entre 19 e 20 ° C para a calefacción; 25 º C para o aire acondicionado e 35 º C para o baño de auga quente. Cada grao superior aumenta o consumo de enerxía en 7 %, o que supón un desperdicio innecesario que tampouco é beneficioso para a saúde.

      5. Desconecta os aparellos que non usas.
      Cando un dispositivo está en modo de espera ou en stand-by, consome enerxía, aínda que non o estes a usar. Este consumo ‘fasntasma” pode parecer pequeno, pero é un desperdicio de enerxía innecesario.

      6. Separa o lixo dos materiais que poden ser reciclados.
      O 65% de todo o que vai parar ás basuras das casas pode ser reciclado. Por exemplo, cada botella de vidro que é reciclada permite aforrar a enerxía necesaria de cinco lámpadas para funcionar durante 4 horas. É importante lembrar que, tan importante como a reciclaxe, é a redución da produción de residuos.

      7. Instala paneis solares na casa.
      8. Aforra auga e enerxía ao poñer electrodomñesticos.

    • faa-uxiacasais di:

      Con pequenos xestos podemos reducir a factura da luz:
      1.-Planificación da luz
      A iluminación representa case un 20% do consumo enerxético. Debes planificar de forma eficiente os puntos de luz e instalar sistemas que controlen a súa intensidade. Ademais, se pintas as paredes e o teito dunha cor clara ganas en luminosidade e, en consecuencia, consumes menos luz.
      2.-Cambia as bombillas
      Substituír todas as bombillas por outras de baixo consumo aforra, por cada unha de elas, uns 8 euros ao ano.
      3.-Apagar al luces
      É necesario tanto por motivos de seguridade como para evitar un gasto excesivo. Os pequenos xestos, son os que aforran.ç
      4.-Limpa bombillas e pantallas
      Conserva limpas as bombillas, xa que a sucidade absorbe a luz e consume máis electricidade para lograr unha determinada intensidade.
      7.-Coidado cos pilotos acesos.
      Deixar os electrodomésticos ou o ordenador co piloto aceso encarece a factura eléctrica entre 5 e un 16%. No canto de apagalos por mando a distancia e deixalos en stand-by,enchúfaos a unha regreta cun interruptor. Así, con tan so apagalos se desactivaran de todo.
      8.- Temperatura de confort
      Estimase que 20 ºC é a temperatura óptima para toda a casa. Por cada grado de máis, o consumo incrementase entre 5 e un 10%.
      9.-Aproveita as persianas
      Súbeas durante o día para que entre a luz do sol e quente a casa de forma natural e baixalas pola noite para protexer a casa de frío.
      10.-Illa con alfombras
      Sírvete de alfombras e moquetas para mellorar o illamento da túa casa, xa que se estima que un bo illamento pode representar entre un 20 e 40% menos do consumo.

  28. faa-carmenvilanova di:

    Con estas sinxelas accións poderemos aforrar enerxía no noso día a día. Se seguimos estas pautas veremos unha reducción tanto na factura eléctrica como tamén nas emisións de CO2 asociadas ao noso estilo de vida.

    -Evita os consumos “fantasma”. Para iso é recomendable o uso de regletas con interruptores que nos permitan desconectar da rede os electrodomésticos. Recorda que a televisión, ordenador, etc. seguen consumindo aínda estando en “stand-by”.
    -Elixe bombillas e electrodomésticos de baixo consumo.
    -Non metas alimentos quentes no frigorífico.
    -Cocina con olla exprés, consumirás a mitade de enerxía.
    -Utiliza o lavavaixelas a plena carga.
    -Evita usar o ferro de pasar só para unha prenda.
    -Substitúe o baño pola ducha.
    -Aproveita a luz natural sempre que poidas.

    Estos son só algúns dos moitos consellos que poderiamos dar a alguén que queira aforrar enerxía na súa vivenda.

  29. fab-nereabetanzos di:

    Os xaponeses científicos Isamu Akasaki(Chiran),Hiroshi Amano(Hamamatsu) e Shuji Nakamura son os causantes de que este siglo XXI será iluminado por lámparas led.
    Comezaron por separado;Akasaki e Amano en 1986 co seu propio equipo foron os primeiros en crear cristales de nitruro de galio de gran calidade e logo semiconductores de tipo P,para finalmente presentar en 1992 os primeiros leds que emitirán luz azul.Por outro lado,Nakamura traballando para unha pequen química japonesa comezou a desarrollar o seu led azul en 1988 creando dous anos despois cristais de nitruro de galio de alta calidade aunque de un modo diferente o igual que os semicoductores.Deste gran invento os xaponeses son galardonados polo premio Nobel de Física 2014 dotado en 8 millones de coronas suecas.

  30. faa-ariadnavazquez di:

    A maioría de veces aforrar enerxía é solo cuestión de cambiar certos hábitos de consumo, algúns consellos son os seguintes:
    – Non abrir as ventanas coa calefacción encendida.
    – Para ventilar a casa, son suficientes 10 ou 15 minutos.
    – Non tapar as fontes de calor con cortinas, mobles ou elementos similares.
    – Cerrar os radiadores que non precises e apagar completamete a calefacción si a túa casa vai a estar descocupada.
    – Ter en conta o etiquetado enerxético dos electrodomésticos.
    – Utilizar preferentemente os electrodomésticos de noite, cando a demanda enerxética é maís baixa.
    – Aproveitar a luz do día e apagar as luces ó saír das habitacións.
    – Utilizar luces próximas para traballos como estudiar ou ler, e evitar usar luces indirectas que supoñen un gran consumo ó ter que ser de maior potencia.
    – Manter limpas as bombillas, tubos fluorescentes e reflectores.
    – Non abrir a porta do forno si non é necesario.
    – Non usar o forno para cociñar pequenas cantidades de alimentos, nin para recalentar ou desconxelar
    – Finalmente, desenchufar o cargador do móvil cando non o precisemos. Algúns aparatos, os que teñen transformadores en concreto, consumen ó estar enchufados. Ademáis, outro dos grandes consumidores de enerxía é o stand by, polo tanto algúns electrodomésticos como o televisor debemos desenchufalos e non é suficiente con apagalos.

  31. faa-albaaller di:

    Hai moitas formas de aforrar enerxía e diñeiro, algunhas delas son estas:
    – Instalar un bo aislamento, así como ventás de doble acristalamento.
    – Non abrir as ventás coa calefacción acendida e no caso de ventilar a casa abondará con abrilas 15 minutos.
    – Non tapar as fontes de calor con cortinas ou mobles.
    – Encher a lavadora e utilizar os programas de lavado máis económicos.
    – Aproveitar a luz do día.
    – Usar fluorescentes e electrodomésticos de baixo consumo.
    – Non usar o forno para quentar pouca cantidade de comida.
    – Evitar o uso do aire acondicionado.
    – Aforrar auga quente á hora da ducha e cerrar a billa da auga mentres se está a lavar os dentes.
    E aquí uns consellos de moitos para aforrar enerxía na túa vivenda e mellorar o medio ambiente.

  32. faa-miguelotero di:

    Para aforrar enerxía na nosa vivenda, o esencial é usar as enerxías de forma racional e empregando máquinas eficientes, por exemplo:

    -Non deixar a billa da auga aberta se non se esta a utilizar.

    – Non deixar as luces acendidas en espazos que non se utilicen.

    -Apagar a televisión e radio se nos se están a utilizar.

    -Procurar que no inverno a temperatura inferior da casa non supere os 20ºC (reducindo a calefacción): por cada grado de temperatura adicional aumenta un 10% o consumo de enerxía.

    -Utilizar electrodomésticos e lámpadas de elevada eficiencia enerxética.

    -Non deixar moito tempo a porta do frigorífico aberta.

    -Usar illamento nas paredes e no teito, para evitar perdidas por condución.

    -Utilizar dobre cristal ou dobre fiestra.

    -Usar burletes en fiestra e portas para evitar que entre o calor ou saia.

    Podería seguir dicindo moitos máis consellos pero estes son os principais para aforrar enerxía de forma axeitada nunha vivenda

  33. fab-laracores di:

    Para aforrar:
    -Non usar todas as luces da casa.
    -Apagar a televisión cando non se use.
    -Regular a calefacción.
    -Sustituir as bombillas incandescentes polos LED.
    -Instalar enerxías renovables.
    -Desconectar calquera dispositivo que non sexa utilizado.
    -Pintar a casa con cores claros (para aumentar a luminación).
    -Poñer a lavadora só cando este chea de todo.
    -Secar a roupa o sol, sen dar uso a unha secadora.
    -Non deixar o grifo aberto.
    -Darse duchas curtas.
    E moitos máis consellos, os cales podense cumprir con facilidade.