Vapor de auga fóra do Sistema Solar

Un grupo internacional de científicos, liderado por Jonathan Fraine e Drake Deming detectaron vapor de auga na atmosfera dun planeta que orbita nunha estrela diferente ao Sol, chamado HAT-P-11.

Este exoplaneta está situado a 124 anos luz de distancia con respecto á Terra, tendo catro veces o seu tamaño. Está na Constelación de Cygnus, a 600ºC, e encóntrase preto da súa estrela, máis pequena e menos luminosa ca o Sol (cun radio do 68% e unha luminosidade do 26% con respecto ao Sol).

Para encontrar este tipo de planetas recúrrese aos métodos indirectos, detectando a presenza do planeta polos cambios que experimenta a súa estrela cando este pasa por diante dela. Canto máis grande é un planeta máis visible é esa especie de eclipse que se produce, e polo tanto, máis fácil resulta detectar a súa presenza. A cantidade de radiación da estrela que é absorbida pola atmosfera do planeta, tamén nos achega os elementos químicos que hai nesa atmosfera, debido a que os seus compoñentes deixan unha especie de rastro que serve aos científicos para identificalos.

Neste caso do HAT-P-11, puideron apreciar claras marcas que delatan a presenza de moléculas de vapor de auga (H2O), así como de hidróxeno (H) e trazas de átomos pesados.  “As nosas ideas sobre a formación de planetas desarroiáronse para coincidir co noso sistema solar – explica Deming- e non sabemos se outros sistemas planetarios se comportan da mesma maneira”.

Este achado podería mostrarnos novas interpretacións da formación e evolución de exoplanetas. Ademáis, a auga é un elemento fundamental para a existencia, aínda que é pouco probable que este planeta albergue algún tipo de vida como a que se coñece na Terra.


Autora: Laura Chaves Falcón

 

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías, Universo e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

25 Responses to Vapor de auga fóra do Sistema Solar

  1. Victor di:

    Cal é a tecnoloxía (ou medios) coa que contan os astrónomos para encontrar un exoplaneta?

    • faa-iagopadin di:

      Existen diversas técnicas astronómicas para detectar planetas extrasolares. A técnica que está dando mellores resultados é a que usa o telescopio espacial Kepler, que ata agora descubriu 122 planetas, e consiste en medir a luz das estrelas. Isto é, cando un planeta pasa por diante dunha estrela, a estrela baixa en intensidade de brillo e segundo sexa a disminución luminosa, así será de grande o planeta detectado. Coa axuda de telescopios terrestres e instrumentos de análise espaciais, conséguense detectar exoplanetas máis pequenos e con maior precisión.Pero a variación na luz e no tempo de tránsito non é o único método de identificación de planetas extrasolares. Os máis destacados son:
      – Velocidades radiales: Mídense as oscilacións gravitacionais das estrelas.
      – Astrometría: Mide os xiros das estrelas.
      – Medición de púlsares: Mide as rarezas nas emisións de ondas de radio.
      – Binaria eclipsante: Detéctanse planetas analizando os eclipses das estrelas dobles.
      – Microlentes gravitacionales: Estudan a influencia gravitacional dun planeta sobre a luz dunha estrela distante.

  2. faa-miriantrigo di:

    Denominamos exoplanetas a aqueles planetas que se encontran fóra do Sistema Solar, e todos eles xiran arredor dalgunha estrela.
    Na actualidade, non hai contruido ningún telescopio capaz de fotografiar o disco dunha estrela, debido á gran distancia á que se atopan, polo que para descubrir estes planetas empréganse métodos indirectos (basados en cálculos e deduccións) : variacións na luminosidade e no movemento da estrela.Pode ocorrer, que visto dende a Terra, o planeta cruce por diante da estrela. Durante o tempo que pasa por diante, o planeta oculta lixeiramente a superficie da estrela, o que provoca unha pequena diminución do seu brillo. Esta variación do brillo dános información sobre o tamaño da estrela, do planeta e da distancia á que se move, entre outros.
    Tamén se poden detectar mediante o estudo dos movementos da estrela.

  3. faa-carmenvilanova di:

    Existen diferentes medios a través dos cales os astrónomos poden encontrar un exoplaneta.
    Un dos métodos que se poden empregar para descubrilos baseáse nas perturbacións causadas por estos sobre a estrela nai. As posicións das estrelas no ceo son case fixas. En realidade, as estrelas mostran un lixeiro desplazamento angular sobre a esfera celeste, que pode cuantificarse. A través da Ley da gravitación universal de Newton, podemos chegar a saber tamén con qué forza se atraen o exoplaneta e a estrela arredor da que xiran.

    Outro método empregado baséase en observacións do espectro da estrela (coñecido como efecto Doppler). Cando un planeta xira arredor dunha estrela, produce nesta un tirón gravitacional, de forma que a estrela mostrará un certo movemento moi lixeiro de oscilación

    Un terceiro método é o dos transitos planetarios. Baséase na observación da disminución do brillo da estrela cando un corpo máis escuro (un planeta) se sitúa entre a estrela e a Terra.

  4. faa-tamaraparracho di:

    Os planetas exteriores (como os demais planetas) son unha fonte de luz moi tenue en comparación coa cantidade de luz emitida polas súas estrelas. Esta enorme diferenza provoca que sexa moi difícil detectar a luz dun exoplaneta mediante a súa observación directa a través dun telescopio, e polo tanto, tamén é case imposible fotografalos.
    Ante a dificultade de detectar exoplanetas de forma directa, os astrónomos recorren a métodos indirectos para a súa detección, identificando a súa presenza sobre a estrela que orbitan.
    Entre este tipo de métodos destacan o rastrexo por velocidade radial, a astrometría e a observación dos tránsitos astronómicos.
    O rastrexo por velocidade radial está baseado no efecto Doppler e, a grandes trazos, podemos dicir que consiste na observación do espectro da estrela, para así coñecer a súa velocidade radial e poder apreciar se existe algunha variación periódica no desprazamento das liñas espectrais que nos permita deducir a presenza de planetas xirando ao redor da estrela.
    A astrometría é un método similar ao anterior, que permite detectar planetas a través da medición dos pequenos cambios de posición que sofre a estrela na súa órbita circular, provocados pola atracción que o planeta exerce sobre ela.
    Por último, o método dos tránsitos planetarios, serve para detectar planetas baseándose na observación da diminución do brillo da estrela cando o exoplaneta se sitúa entre a a propia estrela e A Terra.

  5. faa-martinbaulde di:

    Os métodos máis utilizados á hora de detectar un exoplaneta na actualidade, baséanse nas perturbacións gravitatorias causadas polos planteas sobre as estrelas e no tránsito do planeta por diante da luz da estrela. Os máis destacados son:
    Astrometría: baséase nas perturbacións causadas polos exoplanetas sobre a estrela madre.
    Efecto Doppler: baséase nas observacións do espectro da estrela. As sucesivas ondas que emite un foco en movemento con respecto ao observador se adiantan ou se atrasan co cal se pode observar unha variación na frecuencia da onda.
    Tránsitos planetarios: baséase na observación da diminución do brillo da estrela cando un corpo máis escuro se sitúa entre a estrela e a Terra.
    Microlentes : Este método está baseado nun fenómeno nomeado na Teoría Xeral da Relatividade de Einstein. Ao saber cando a luz pasa polas inmediacións dun obxeto con masa, desviase ata dito obxeto. No caso dos exoplanetas, a estrela madre é o corpo que actúa como lente ao interpoñerse entre a Terra e unha estrela máis que se encontre máis lexos.

  6. faa-marinabusto di:

    Algúns telescopios fotografiaron directamente a uns poucos exoplanetas, os cales son moi grandes e están moi alonxados da súa estrela nai. A maioría dos planetas fotografiados están moi quentes, polo que as imaxes están feitas en infrarroxos.
    Sen embargo, nos exoplanetas coñecidos utilizáronse os métodos indirectos, os cales consisten en facer deduccións e cálculos. Os que resultaron máis útiles foron o rexistro das variacións da posición e oscilacións da estrela, dos sutís cambios de intesidade de luz desta e outros.

  7. faa-ariadnavazquez di:

    Polo momento, a gran maioría dos exoplanetas foron detectados a través de métodos indirectos. Os seguintes demostraron ser útiles:

    -Astrometría: dado que a estrella xira sobre un centro de masa pódese intentar rexistrar as variacións de posición da estrela.
    -Tránsitos: consiste en observar fotométricamente a estrela e detectar sutiles cambios na intensidade da súa luz cando un planeta orbita diante dela.
    -Variación no tempo de tránsito (VTT): VTT é unha variación sobre o método de tránsito, donde os cambios no tránsito dun planeta poden ser utilizados para detectar outro.
    -Binaria eclipsante: si un planeta ten unha órbita de gran tamaño que a leva alrededor dos membros dun sistema de estrela doble eclipsantes, entonces o planeta pódese detectar a través de pequenas variacións no momento dos eclipses das estrellas entre sí.
    -Perturbaciones gravitacionales en discos de polvo: En estrelas xóvenes con discos circumestelares de polvo ó seu alrededor é posible detectar irregularidades na distribución de material no disco circumestelar ocasionadas pola interacción gravitatoria cun planeta.

  8. Victor di:

    Que características debería a posuir un planeta para albergar vida?

    • faa-ritalage di:

      Hai certas condicions que debe ter un planeta para albergar vida según os científicos adentrados no asunto. Os requisitos non son moi esixentes, e o parecer poden haber bastantes planetas que cumplan con estas condicions.

      A primeira condición é que sean planetas rochosos. E dicir, que non sean gaseosos o estilo de Xúpiter ou Saturno. Una estructura rochosa como a Terra é un requisito non difícil de atopar, pero so con isto non abonda.

      O segundo requisito e qué manteñan una distancia acorde a sua estrela máis cercana, de modo que as ondas radioactivas sean as xustas para manter una temperatura adecuada e que poidan conter auga en estado liquido na sua superficie.

  9. fab-antonchaves di:

    Un dos métodos para a detección de exoplanetas dáse grazas aos tránsitos planetarios. Cando un corpo máis oscuro ca una estrela, por exemplo un planeta, sitúase entre a estrela e a Terra, o brillo da estrela diminúe. Para que isto se dera a inclinación da órbita vista dende a Terra tería que ser de aproximadamente de 90º.
    Para saber con seguridade que a diminución do brillo dunha estrela se debe ao tránsito dun planeta por diante dela, a disminución do brillo ten que ser periódica, e que este período coincida co período de translación do planeta.

  10. fab-miguelpineiro di:

    Sin dúbida alguna, o esencial son duas cousas, que haiga osíxeno para poder respirar, e que no planeta haxa agua, mais da metade do noso corpo e agua, este motivo, tamén leva, a que no planeta haxa una temperatura media, non moi baixa, nin moi alta, xa que si temos una temperatura mais baixa a 0º, esta conxelariase, e o mesmo pasa si sube a mais de 100º,evaporariase.
    Tamén e necesario que hubera un núcleo de ferro o suficientemente grande para que o planeta teña un campo magnético(esto sirve para que nos poidamos protexer das radiacións solares e das partículas das plasmas estelares,xa que esto causaría a morte dos seres vivos)
    Outra cousa esencial, e que hubese una rotación sobre un eixe, para permitir que teñamos insolación uniforme en todo o planeta, e que haxa un enfriamento periódico.

  11. fab-antonchaves di:

    Os requisitos non son muy exixentes e ao parecer poden ser bastantes os planetas que poden albergar vida. As condicións para que o planeta poda ter vida son as seguintes:

    – Ten que ser un planeta rocoso como a Terra, e non gasoso como Xúpiter ou Saturno.

    – Debe manter unha distancia determinada coa súa estrela para que a temperatura deste non sexa excesiva e poda conter auga en estado líquido na propia superficie.

    – Precisa ter un campo magnético propio o suficientemente intenso para protexer ao planeta de ventos extrelares e partículas cósmicas.

  12. faa-miguelotero di:

    Para que un planeta sexa potencialmente habitable (que teña existencia de vida), en principio debe ter un elemento básico no cal sucedan as reaccións sinxelas da vida; a agua é un dos máis axeitados debido as súas propiedades tan peculiares e a súa abundancia no universo.Como tamén se necesita unha atmosfera que protexa ao planeta da radiación solar e que lle permita manter unha temperatura media por riba do punto de conxelación da agua e por debaixo do exceso da calor. A terceira son a masa e o tamaño. Un planeta potencialmente habitable debe ter unha masa e tamaño suficientes para manter unha atmosfera e que esta non se perda. A cuarta e última é que o planeta se encontre a unha distancia específica en onde reciba suficiente calor da estrela para que teña agua líquida na superficie.

    Realmente para denominar que un planeta é habitable, polo momento e impreciso, debido a que cando encontramos un que ten algunhas das características xa ditas denomínase potencialmente habitable.

  13. fab-ivanportas di:

    Pode haber vida en ambientes extremos, como moi frios, moi quentes, ácidos…etz. (estes seres son chamados extremófilos).
    No planeta Terra conocemos un tipo de vida (a do Carbono) con organismos evolucionados a base de biomoléculas basadas na química do Carbono, Pero podería haber outra vida basada en moleculas de Silicio, por exemplo, e non poderiamos saber que caracteristicas deverá ter ese planeta.
    Si te refires a bioloxía do Carbono o que se necesitará e auga (porque somos un 90 por cento auga),tería que haber unha temperatura na que non se conxelara nin evaporara a auga, tamén debe gozar de gravidade, algo moi importante porque será quen atrape a atmosfera,o planeta ten que rotar sobre un exe para permitir o enfriamento periódico durante a noite e por último o exe deverá estar inclinado para que houbese estacións e se evitara o sobrequentamento dalgunhas partes do planeta

  14. faa-manuelvilas di:

    Denomínase exoplaneta a aquel que orbita unha estrela diferente ao noso sol e que, polo tanto, non pertence ao noso Sistema Solar. Comezáronse a investigar a partir do século XX. A primeira detección confirmada data de 1995, polo que a sía investigación e un campo novo e que está aínda por descubrir. Fóron os astrónomos Michel Mayor e Didier Queloz, sendo o planeta o 51 Pegasi b. Ata o día de oxe lévanse descubrido 1099 sistemas planetarios que conteñen un total de 1780 corpos planetarios. Para a súa detección lévanse empregado unha gran variedade de métodos entre os que destacan:
    -Velocidades Radiales: O planeta, ao orbitar sobre a estrela central, exerce tamén unha forza gravitacional sobre ésta de maneira que a estrella xira sobre o centro de masa común do sistema.
    -Astrometría: Dado que a estrela xira sobre o centro de masa, pódese intentar rexistrar as variacións de posicións e o oscilar da estrela.
    -Tránsitos: Consiste en observar fotométricamente a estrela e detectar sutiles cambios na intensidade da súa luz cando o planeta orbita por diante dela.
    -Variación no tempo de tránsito: É unha variación sobre o método do tránsito, donde os cambios no tránsito do planeta poden ser utilizados para detectar outro.
    -Medida de pulsos de radio dun púlsar: Un pulsar emite ondas de radio moi regularmente a medida que xira. Leves anomalías no momento dos seus pulsos de radio que se observan poden ser utilizadas para rastrear os cambios no movemento do pulsar causado pola presencia de planetas.
    -Binaria Eclipsante: Se un planeta ten unha órbita de gran tamaño que a leve alrededor de dous membros de un sistema de estrela doble eclipsantes, entonces o planeta pódese detectar a través de pequenas variacións no momento dos eclipses das estrelas entre sí.
    -Microlentes gravitacionales: O efecto de lente gravitacional ocorre cando os campos de gravedade do planeta e da estrela actúan para aumentar e focalizar a luz dunha estrela distante. Para que o método funcione, os 3 obxectos teñen que estar perfectamente alineados.
    -Perturbaciones gravitacionales en discos de polvo: En estrelas xóvenes con discos circumestelares de polvo ao seu arredor é posible detectar irregularidades na distribución do material no disco cirmuestelar ocasionados pola interacción gravitatoria cun planeta.
    -Detección visual directa: Consiste en obter imaxes dos exoplanetas, xa que así obtense moita máis información que con calquera das outras técnicas. Por outra banda esta técnica é a máis difícil de realizar e non e posible en moitos dos casos xa que non se dispón todavía dos avances tecnolóxicos necesarios.

  15. faa-manuelvilas di:

    Un ser vivo ten que ser capaz de(para considerarse como tal):
    -Nutrirse
    -Reproducirse
    -Relacionarse
    O único requisito absoluto para a vida é unha fonte de enerxía. A investigación e teoría sobre este tema son componentes da ciencia planetaria e da astrobiología. Aínda que a idea de que exista vida noutros planetas é moi antiga, foi a finais do século XX cando esta materia viviu dous grandes avances:
    -A exploración robótica.
    -O descubrimento de exoplanetas.
    Para que os humanos puidésemos trasladarnos a vivir a outros planetas faría falta que estes tivesen auga líquida doce, osíxeno, atmosfera e unha temperatura que oscilase entre os -40 e 40 grados centígrados. Tamén necesitaríamos outros seres vivos, xa que as persoas somos seres heterótrofos e polo tanto non podemos producir o noso alimento.

  16. Victor di:

    Existe algún planeta ou satélite no Sistema Solar que puidera albergar vida?

    • faa-sarafalcon di:

      Los científicos aún tienen esperanza de encontrar vida dentro del Sistema Solar. Sabemos que no hay vida evolucionada, aparte de la nuestra. Pero es posible que haya algún tipo de vida bacteriana. O que la hubiera en el pasado.

      El sistema Solar evoluciona. Que un planeta no tenga vida hoy, no significa que no pudiera tenerla en algún otro momento de su historia.
      Marte e Venus foron os primeiros en ser investigados para ver se podían albergar vida. Pronto descartouse a posibilidade de encontrar vida en Venus, xa que o planetaesta expostoa grandes temperaturas e ten a súa superficie chea de volcáns en erupción.
      Entón as esperanzas puxeronse en Marte. Durante anos creeuse que a súa superficie estaba surcada por canles construidos artificialmene, pero resultou ser un erro de tradución dunha información enviado por unha sonda.
      As sondas enviadas á superficie de Marte aínda non encontraron ningún tipo de vida, pero sigue sendo o lugar con máis posibilidades.
      Os seguintes candidatos xa estarían un pouco máis lexos , un seria a lúa xeada de Xúpiter chamada Europa, xa que se cre que debaixo da capa de xeo pode albergar auga líquida.
      Os outros doous candidatos serían dúas lúas de Saturno, Titán e Encelado, que aínda que sexan moi diferentes a terra albergan moito material orgánico.

    • faa-albarodriguez di:

      Os científicos aínda teñen esperanzas de encontrar vida dentro do Sistema Solar. Aínda que sabemos que non hai vida como a nosa pode haber algún tipo de vida bacteriana.
      O Sistema Solar evoluciona, e os científicos seguen estudando mediante imaxes captadas con telescopios a posibilidade de vida.
      Nestes últimos anos, a aparición de auga xeada nalgunhas zonas do Sistema Solar abren a esperanza. A vida ten posibilidade de desarroio se hai auga.
      Os primeiros planetas que se exploraron foron Marte e Venus, pero Venus descartouse rapidamente debido a temperaturas altísimas e a súa superficie de lava.
      O planeta do Sistema Solar máis parecido a terra é Marte, e os científicos cren que nalgún momento albergou auga líquida. Nel podería haber restos de bacterias baixo a súa superficie xa que fai anos arrefriouse debido a que perdeu a súa atmosfera.
      Outro candidato onde podería haber vida é Europa, a lúa xeada de Xupiter. Onde se cre que pode haber auga líquida debaixo do xeo.
      O mesmo ocorre coas lúas de Saturno Titán e Encelado. Son lugares moi distintos a Terra pero se teñen auga no seu interior poderían albergar vida.

    • faa-manuelvilas di:

      En abril de 2014 un grupo de astrofísicos encontraron co telescopio Kepler(da Nasa) un planeta ao que denominaron Kepler-186-f. Ten un tamaño similar ao noso, encóntrase na zona habitable da súa estrela e deixa aberta a posibilidade de que haxa auga líquida e polo tanto algún tipo de vida. Este planeta despertou un interés tal que a NASA tivo que dar unha rolda de prensa sobre o descubrimento. Este planeta encóntrase a 492,3 anos luz da terra e o seu radio e sólo un 11% máis grande ca o da terra. O seu índice de similitude coa Terra é dun 64%(igual que Marte).

  17. faa-nereaeiras di:

    Hai moitas suposicións sobre qué planetas poden albergar vida no Sistema Solar, pero sen dúbida do que máis se fala é de Marte. Nunha conferencia na NASA os científicos contaron que a rocha analizada ,durante unha misión a Marte, contén minerais que foron formados nun ambiente no que existiu auga e puido ser favorable para organismos microscópicos.
    O atopado é de gran importancia para poder chegar a confirmar se realmente Marte tivo vida nun pasado.

    Non tivemos que ir moi lonxe para atopar un planeta diferente ao noso que nalgún punto da súa historia puidera xerar vida,pero todo son suposicións, dado que o feito de que houbera auga non confirma que houbera vida.

  18. faa-laurachaves di:

    Sabemos que non hai vida evolucionada a parte da nosa no Sistema Solar, pero é posible que haxa algún tipo de vida bacteriana ou que a hubera no pasado.
    Os científicos estudan coidadosamente as imaxes captadas polos telescopios. Nos últimos anos, detectouse agua xeada nalgunhas zonas do Sistema Solar, e onde haxa auga, a vida ten una posibilidade de desarroiarse.
    Marte é un dos planetas no punto de mira, pois é o planeta do Sistema Solar máis parecido á Terra, e nalgún momento albergou auga líquida. Ao ter unha gravidade inferior á Terra, perdeu atmosfera e enfriou, pero podría haber restos de bacterias baixo a súa superficie. O ser humano non sobreviviría en Marte, pero sí algún organismos extremófilos da Terra.
    Outros candidatos para albergar vida son a lúa xeada de Xúpiter, Europa. Pola súa distancia do Sol, na superficie non podería conter auga líquida, pero pode ser que baixo o xeo, poida haber un océnano de auga salgada a uns 80 ou 90 kilómetros de profundidade, que albergue algún tipo de vida microbiana, e esta mesma idea tamén pode ser aplicable no caso das lúas de Saturno, Titán e Encelado.

  19. faa-miriantrigo di:

    Hoxe en día, sabemos que non existe vida evolucionada en ningún tipo de planeta aparte da nosa. Pero a pesar disto, sí que é probable que no pasado existise algún tipo de vida bacteriana ou incluso na actualidade.
    O Sistema Solar está en continua evolución, polo que que un planeta non teña vida hoxe, isto non impide que sí a poida ter no día de mañá.
    Grazas ás imaxes captadas por telescopios, os científicos poden estudar mediante as manchas nos planetas e satélites como é a súa superficie, que ocorre na súa atmosfera e a posibilidade de que conteñan auga xeada. Así é que nos últimos anos encontraron encontraron auga xeada nalgunhas zonas do Sistema Solar, o que fai que a vida teña unha posbilidade de desenvolverse.
    Comezaron por estudar Marte e Venus, pero este último foi descartado rápidamente xa que grazas as sondas enviadas para obter máis datos, sóubose que se trata dun planeta infernal, mentres que en Marte si se cree que nalgún momento houbo auga líquida. Ademais, é o planeta do Sistema Solar máis semellante á Terra, anquen nel non podería vivir o ser humano, pero sí outros organismos.
    Outros lugares nos cales se baralla a posibilidade de vida son Europa ( a lúa xeada de Xúpiter) e as lúas de Saturno, Titán e Encelado, os cales son moi diferentes á Terra pero crese que poden conter auga líquida no seu interior.