Fluorescencia canceríxena

As células que forman parte dun tumor son moi diferentes no tocante á súa morfoloxía. Só o 2% delas correspóndese coas células nai, as cales son a orixe do cancro. Ademais, estas son moi difíciles de atopar, capaces de resistir á quimioterapia convencional e incluso chegar a rexenerar o cancro.

Un grupo de investigadores do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), capitaneado pola viguesa Irene Miranda, descobre que estas células son fluorescentes. Foi “un brillito de fondo en el microscopio” cando estaba a analizar unha mostra dun tumor o que chamou a atención da xenetista. Grazas a seren brillantes, agora será moito máis doado localizalas entre as millóns de células heteroxéneas que compoñen o tumor. A súa autofluorescencia tamén facilitará tratalas con terapias personalizadas e estudar a súa resistencia aos fármacos.

Os resultados da investigación acaban de ser publicados na prestixiosa revista científica “Nature Methods”, o que terá unha gran repercusión no avance dos tratamentos oncolóxicos.

Esta autofluorescencia correspóndese con que estas células nai conteñen vitamina B2 (tamén denominada riboflavina), un pigmento que emite fluorescencia de cor verde como resultado da súa acumulación en vesículas intracelulares, que confiren luminosidade ás celulas. Irene Miranda explica que esta propiedade permite identificar as células nai canceríxenas sen ter que utilizar anticorpos ou outro tipo de técnicas máis complexas e de maior coste económico.

O achado dá paso a que os investigadores do CNIO poidan agora buscarlle resposta ao por que da súa quimiorresistencia. Xa teñen algunhas sospeitas: Irene Miranda apunta que pode tratarse da carencia dunha serie de proteínas que o resto das células conteñen na súa membrana, empregadas polos fármacos para identificar e atacar o cancro. Outra das causas é que estas células divídense pouco, e moitos tratamentos aproveitan o procedemento de partición das células para destruilas.

Autora: Carmen Vilanova Núñez

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

20 Responses to Fluorescencia canceríxena

  1. Victor di:

    Moi ben Carmen por este artigo; estreas o blog para este curso.

    Eu comezo as preguntas para activar o voso traballo.

    Que entendedes como cancro? Todos teñen a mesma orixe?

    • faa-rubeniglesias di:

      O cancro deébese a que unhas células comezan a multiplicarse de maneira esaxerada e sin control ningún. Normalmente a persoa que ten esta enfermidade, morre, incluso con tratamento. Coñécense uns 200 tipos de cancro, algúns menos agresivos ca outros. Os máis comúns son os de pel, pulmón, mama e colorrectal.
      Os cancros poden ser benignos ou malignos; a diferenza é que os benignos crecen lento, non se propagan a outros texido e non recaen ao ser extirpados. Os malignos crecen rápidamente, propaganse e soe haber unha recaída.
      Esta ennfermidade afecta a todas as idades, incluso sendo un feto.
      Os principais cancros veñen dos raios ultravioletas e do fume do tabaco; aínda que tamén poden vir pola herdanza.
      A maioría das persoas, falecen, pero hai cancros nas que as posibilidades de sobrevivir son nulas, como o de páncreas (só un 5%.
      Cada ano estudase en profundidade esta enfermidade e búscase unha cura.

  2. faa-iagopadin di:

    O cancro é unha enfermidade das células, onde estas se multiplican sen control e invaden outros texidos. Isto, en xeral, provoca a morte nas persoas se non se trata a tempo. Actualmente, hai recoñecidos máis de 200 tipos de cancro, aínda que non todos teñen a mesma repercusión, hainos benignos e malignos. A diferencia atópase na forma de crecemento, os benignos crecen lentamente e non se propagan a outros texidos, pola contra, os malignos medran moi rápido, propáganse a outros texidos e unha vez extirpados, pódese sufrir unha recaída.
    Aínda que se coñecen máis de 200 tipos de cancro, a súa orixe é sempre a mesma, a única diferencia é o texido no que se produce. Así, os cancros son provocados por anormalidades no material xenético das células. Estas anormalidades, pódense producir por diferentes axentes como a radiación, os productos químicos de industrias, do fume do tabaco ou da contaminación; por axentes infecciosos ou simplemente son herdadas. As anormalidades xenéticas atopadas nas células poden consistir nunha mutación puntual, translocación, amplificación, deleción, e ganancia ou perda dun cromosoma completo.

  3. faa-laurachaves di:

    A palabra cancro engloba un conxunto de enfermidades que teñen en común a causa: o crecemento irregular a sen control das células, chegando a invadir outros órganos. Ao dividirse as células forman tumores, que poden ser benignos, se teñen un crecemento limitado e non proseguen; ou malignos, se crecen descontroladamente e invaden outros texidos e partes do corpo.
    Hai máis de 200 tipos diferentes de cancros. A maioría deles toman o nome do órgano ou das células onde comeza; carcinoma (na pel), leucemia (no texido onde se forma o sangue), sarcoma( no óso, cartílago, grasa…) etc, pero todos teñen a mesma orixe.
    O que ocorre co cancro é que se dana o material xenético das células, causando mutacións que afectan ao seu crecemento e división normais.
    A razón pola cal este proceso se rompe é difícil de determinar. Os factores de riesgo máis frecuentes inclúen o hábito de fumar, as radiacións, o sedentarismo, a mala alimentación, a obesidade, os contaminantes ambientais… e así como tamén pode ser un resultante de factores hereditarios.

  4. faa-miriantrigo di:

    A palabra cancro é un termo que engloba máis de 200 tipos de enfermidades, e todas elas con algo en común: orixínanse cando no proceso en que as células crecen e se dividen se descontrola, fórmanse as células cancerosas, as cales adquiren a capacidade de multiplicarse e diseminarse por todo o organismo sen control, invadindo texidos e órganos. Co tempo, estas células que inician unha división descontrolada dan lugar a un tumor. Este pode ser benigno cando as células que o constitúen teñen un crecemento lento e non posúen a capacidade de invadir e destruír outros órganos, pero cando adquiren esta capacidade ademais de crecer de maneira progresiva e invasiva, sufrir novas alteracións e trasladarse a outras partes do organismo, falamos de tumores malignos.
    Dependendo do lugar onde se orixine, existen cinco clasificacións principais de cancro: carcinoma, sarcoma, leucemia, linfoma e mieloma e cancros do sistema nervioso central.
    O cancro é unha enfermidade xenética e é a causa de numerosas mortas se non se detecta a tempo. Hai numerosos factores que axudan á súa aparición, como o consumo de tabaco, alcohol, diferentes sustancias químicas presentes no medio ambiente, radiación, obesidade e incluso factores hereditarios, entre outros.

  5. faa-ileniamartinez di:

    O cancro é un grupo de moitas enfermidades relacionadas, e todas elas teñen que ver co crecemento das células anormais.
    Para comezar, todos os cancros comezan nas células, xa que son ás unidades básicas de vida no corpo, estas crecen e divídense dunha forma controlada ,según o corpo ás vaia necesitando, cando son vellas morren (apoptosis) e deixan paso a unhas novas. O problema encóntrase cando o material xenético dunha célula se altera ou daña, producindo mutacións que afectan o crecemento e a división normal das células, isto produce que as vellas non morran e ás novas crezan sen necesitarse. As células que sobran xúntanse nunha masa de tecido producindo un tumor (Exceptuando o caso da leucemia na que é moi raro que se formen tumores). Pero non todos os tumores son canceríxenos, o que ás fai ser así é a posibilidade de que se expandan polo corpo; Existen dous tipos, os benignos que producen menos problemas, xa que non poden crecer ata outros tecidos -polo que non se poden propagar a outras partes do corpo (metástases)- e os malignos que si posúen esa capacidade, no que xa estamos a falar de cancro.

  6. Victor di:

    E cales poden ser os motivos polos que unha célula normal se convirta en canceríxena?

    • faa-iagopadin di:

      As células normales do corpo medran, divídense e morren de forma ordeada. Durante os primeros anos de vida dunha persoa, as células normais divídense con más rapidez ata que a persoa alcanza a idade adulta. Posteriormente, as células normais da maioría dos texidos só se dividen para reemplazar as células desgastadas ou moribundas, así como para reparar lesións.
      As células canceríxenas prodúcense como consecuencia de danos no ADN (o elemento coa información xenética das células). Esta substancia atópase en todas as células e dirixe as súas funcións. A maioría das veces nas que o ADN se dana, a célula pode reparalo, ou ben, esta morre. Nas células canceríxenas, o ADN non se repara,e séguense dividindo e acumulando,formando tumores. As persoas poden herdar ADN danado que é o responsable dos tipos de cancro hereditarios. Aínda que moitas das veces, o ADN dunha persoa dánase por factores no entorno, como a exposición a substancias químicas, virus, fume do tabaco ou demasiada exposición ao sol.

  7. faa-carmenvilanova di:

    A célula, como xa sabemos, é o elemento máis simple, dotado de vida propia, que forma os texidos organizados. Os motivos polos cales unha célula normal se convirta en canceríxena pode ser o acto de partición das células. En condicións normais, as células divídense e ao mesmo tempo, as súas estructuras divídense tamén, cos mesmos compoñentes e funcións que a orixinaria. Pero hai ocasións nas que non ocorre así. Pode darse o caso no que por unha alteración dos xenes (responsables do crecemento celular), as células divídense máis rapidamente e acumúlanse en exceso. Este acumulo excesivo de células forma un bulto ou tumor dentro do órgano.
    As células normais crecen a un ritmo limitado e permanecen dentro das súas zonas correspondientes, mentras que as células canceríxenas crecen desordeadamente e non respetan os límites de convivencia coas células benignas.

  8. fab-miguelpineiro di:

    Todo comeza polo motivo de que una célula crece descontrolada. En teoría, todas deberian crecer ao mesmo tempo, e si eso e asi, todo vai ben. Pode haber algun problema nas células, e mutanse, esto e completamente normal, e o normal e que os xens propios, fagan que todo volva a normalidade.
    Pero o problema e cando una célula crece de forma descontrolada, sexa por un fallo no ADN, e si os xens non son capaz de controlar a célula, esta célula expandese cada vez mais e mais rapido, sin control, esta célula descontrolada,son células que impiden que o resto de células fagan o seu funcionamento normal, e a célula maligna crece descontroladamente, en zonas que non lle corresponden, e cada vez expandindose mais e mais rapido, provocando un efecto devastador en nos.

  9. faa-miriantrigo di:

    Normalmente, as células do corpo crecen, divídense e morren de maneira ordenada. Pero non sempre é así.
    Unha célula normal convértese en canceríxena como consecuencia de danos no ADN (a causa dos factores no entorno ou por herdanza, nos cancros hereditarios). No cal se encontra a información xenética das células e é o encargado de dirixir as funcións das células. Normalmente cando este se dana a célula pode reparalo, ou ben morre. Pero cando as células son canceríxenas, non se repara. Isto conleva a que estas células malignas crezan desordenadamente e non respeten os límites de convivencia coas células benignas, as que en condicións normais se dividen dando lugar a células coa mesma estrutura, funcións e compoñentes que a anterior.

  10. Victor di:

    Que son as células HeLa?

  11. faa-tamaraparracho di:

    As células HeLa son un tipo particular de células de cultivo, utilizadas na investigación científica.
    Todas as células deste tipo, proceden dunha muller chamada Henrietta Lacks (da cal herdaron o nome). Esta muller, morreu de cancro o 4 de outubro de 1951 en Nova York (EEUU), e todas as células HeLa descenden directamente dunha mostra de tecido extraída do cancro cérvico-uterino que ela padecía.
    O curioso destas células, é que son consideradas inmortais, non só porque conseguen vivir fóra do corpo humano e realizar todas as funcións vitais, senón tamén porque nunca envellecen. É por estas insólitas propiedades que as células HeLa son amplamente utilizadas en investigación e ciencia.
    A súa aplicación é moi ampla, de feito , permitiron encontrar a vacina da poliomielite e actualmente están a ser utilizadas na loita por encontrar cura para o cancro, estudar o comportamento e o crecemento dos virus, sintetizar proteínas, realizar estudos xenéticos ou estudar os efectos das drogas.

  12. faa-ileniamartinez di:

    Estas células foron descubertas por George Gray, un medico que cultivou as restantes células dun tumor extraído anos antes a Henrietta Lacks quen padecía de cancro de útero terminal, este tumor era tan maligno que deixou atónitos os médicos dende o primeiro minuto. Son un tipo de células moi presentes en investigacións, xa que levan mais de cincuenta anos sendo partícipes. Teñen unas características especiais que as fan sobrevivir fora dun soporte vital humano, non envellecen , si se lles proporciona un entorno adecuado seguen dividíndose indefinidamente sempre que teñan nutrintes (osixeno), espazo e algún medio para desfacérense dos residuos , tamén posúen unha resistencia inusual. Divídense en 24 horas e dobran o seu numero sorprendentemente rápido, son tan agresivas unha soa célula Hela pode contaminar un cultivo calquera. A investigación desta célula revolucionou o mundo da biomedicina. Tanto é o caso que estas células viaxaron o espacio poñendo en proba a súa resistencia a gravidade cero. Hoxe en dia non hai un so laboratorio de cultivos ou banco de tecidos que non almacene células Hela.
    Aínda hoxe en dia segue sen saberse exactamente como poden posuír estas características de supervivencia natas.

  13. faa-manuelvilas di:

    O cancro é o é unha enfermidade provocado por un grupode células que se multiplican sen control e de maneira autónoma. En xeral, tende a levar a morte a persoa afectada, se non se trata adecuadamente. Coñécense máis de 200 tipos de cancros, pero os máis comúns son o de pel, pulmón, mama e colorrectal. O cancro é un tumor maligno, é decir, é de crecemento rápido, propágase a outros texidos e recidivan con frecuencia tras ser extirpados. O cancro pode afectar a persoas de tódalas idades, incluso a fetos, pero normalmente o risco de padecer os cancros máis comúns aumenta coa idade. Causa o 13% de tódalas mortes. O canro prodúcese por anomalías no material xenético das células. Estas anomalías son causadas por axentes canciróxenos, como as radiacións ionizantes e ultravioletas, productos químicos procedentes da industria, o fume do tabaco e a contaminación en xeral. Son moitos os métodos que se utilizan para tratar o cancro, destacando a quimioteraipia e a ciruxía, pero non son efectivos ao 100% e en moitos cancros as posibilidades de sobrevivir son mínimas, como por exemplo o de páncreas(só un 5%) Por iso se están levando a cabo investigacións para tratar o cancro, como por exemplo a utilización do cannabbis para trata o cancro cerebral, aínda que está en investigación todavía.

  14. faa-carmenvilanova di:

    As chamadas células HeLa son un tipo de células de cultivo, moi utilizadas en laboratorios para investigacións científicas. Estas células derivan dunha mostra de cancro de útero tumoral que a paciente Henrietta Lacks padecía (de ahí o seu nome). Foi no ano 1951, cando o xoven médico George Gey faise cun cultivo destas resistentes células.

    Parece incrible, pero estas células poden considerarse a primeira liña de células humanas inmortais. É esta a razón pola cal levan máis de 50 anos servindo de fonte de investigación no campo da mediciña e seguen a estar tan frescas como o primeiro día posto que non envellecen: soamente é necesario que se lles proporcione o entorno adecuado para seguir medrando e dividíndose (mentras teñan nutrientes, osíxeno, espacio e algún medio para desfacerse dos seus residuos). Ademais de poseer a incrible característica de multiplicarse eternamente, tamén presentan unha resistencia e unha agresividade inusuais posto que unha única célula HeLa pode chegar a contaminar un cultivo.

  15. faa-martinbaulde di:

    As células HeLa poden considerarse a primeira liña de células humanas inmortais. Levan máis de 50 anos servindo de fonte de investigación no campo médico.

    George Gey bautizounas co nome de HeLa xa que procedían dunha mostra de cancro de útero tumoral que proviña dunha muller chamada Henrietta Lacks.
    Cando foron descubertas, a súa particular característica facíaas moi atractivas no campo da medicina, xa que, ata entón, non se coñecía ningún tipo de célula que fora capaz de sobrevivir fora do soporte vital humano e que se multiplicara indefinidamente. (As células normais divídense ata o coñecido como “límite de Hayflick” )

    Estas células non envellecen e seguen crecendo e dividíndose mentres teñan osíxeno, nutrientes, espacio, algún medio co que desfacerse de residuos e se lles proporcione o entorno adecuado.
    Ademais de ser células inmortais, tamén presentan unha resistencia inusual. Divídense en 24 horas e dobran o seu número moi rapidamente. Son tan agresivas que por exemplo poderíase contaminar un cultivo celular doutro tipo cunha soa célula HeLa.

  16. faa-rubeniglesias di:

    As células HeLa son un tipo de células de cultivo celular. O linaxe á que pertenecen estas células deriva dunha mostra de cancro dunha paciente chamada Henrietta Lacks, de onde ven o nome da célula. O linaxe HeLa mostrou ser duradeiro, esto demostrouse porque contamina outros cultivos celulares.
    As células HeLa foron usadas por Jonas Salk para probar a primeira vacuna contra a poliomielitis. A partir de entón, foron usadas para investigar o cáncro, SIDA, los efectos da radiaciónc… A partir do 2009 escribironse máis de 60000 artigos en relación a esas células.

  17. fab-alexcosta di:

    As células HeLa son uns tipos de células usadas en investigacións científicas. É o linaxe celular humano máis antigo e utilizado con mayor frecuencia. O linaxe que pertence a estas células procede de un cancro cervico-uterino, este linaxe dou mostras de ser duradeiro e prolífico.
    Estas células foron reproducidas por George Otto Gey e Henrietta Lacks por primeira vez, este foi un gran descubrimento para o campo da investigación médica.
    As células HeLa foron usadas por Jonas Salk para probar a primeira vacina contra a poliomielitis. A partir de aí as células HeLa foron usadas para investigar o cáncer, SIDA, efectos da radiacción e sustancias tóxicas, mapeo génico e outras moitas actividades científicas.

  18. fab-alexcosta di:

    As chamadas células HeLa son uns tipos de células usadas en investigacións científicas. É o linaxe celular humano máis antigo e utilizado con mayor frecuencia. O linaxe que pertence a estas células procede de un cancro cervico-uterino, este linaxe dou mostras de ser duradeiro e prolífico.
    Estas células foron reproducidas por George Otto Gey e Henrietta Lacks por primeira vez, este foi un gran descubrimento para o campo da investigación médica.
    As células HeLa foron usadas por Jonas Salk para probar a primeira vacina contra a poliomielitis. A partir de aí as células HeLa foron usadas para investigar o cáncer, SIDA, efectos da radiacción e sustancias tóxicas, mapeo génico e outras moitas actividades científicas.