PROPOSTAS BUXAINA

A Buxaina é a revista dixital dos Departamentos de Ciencias. O alumnado de Ciencias para o Mundo Contemporáneo pode participar nesta publicación periódica elaborando artigos sobre diferente temática científica e tecnolóxica que serán enviados ao correo electrónico do profesor (vcrivas@edu.xunta.es). Para facilitar a elección dos temas para elaborar un artigo, este Blog conta, na franxa dereita verde da portada do mesmo, cun apartado denominado “PROPOSTAS BUXAINA”.

En “Propostas Buxaina” aparecerán diferentes propostas para a elección de posibles artigos para a revista. O alumno/a poderá elixir aquela proposta que desexe e comunicalo ao profesor da materia para que este a elimine evitando que outros alumnos/as  traballen na mesma temática. Tamén será posible que o alumno/a elixa aquel tema que considere de interés (debe comunicalo previamente ao profesor, quen valorará o interese da temática proposta).

Os artigos, a texto corrido, se elaborarán en letra tipo ARIAL e tamaño 12. Neles debe aparecer, ao final do texto, a referencia (dirección de internet) aos enlaces, fotografías ou vídeos que o autor desexe que acompañen á publicación do artigo na Buxaina.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

One Response to PROPOSTAS BUXAINA

  1. Pingback: Revista Buxaina | Blog Guia