RUÍDO DESORIENTADOR

Estudos recentes determinan que os campos electromagnéticos, que non eran tidos en conta porque polo de agora non hai probas definitivas de que afecten á saúde humana, si afectan ó comportamento e mesmo á saúde de diversos animais.

Entre os animais afectados por campos deste tipo, (producido por cables de alta tensión, antenas…) están as aves migratorias. Estas oriéntanse seguindo o campo magnético terrestre mediante a visión, xa que calcula a súa posición pola entrada de ondas lumínicas no seu ollo, e na cal interfire o ruído que producimos os humanos, facendo  a estes animais desorientarse. Segundo diversas probas, os ruídos urbáns acadan intensidades de máis de un tesla (o campo magnético terrestre abarca niveis de case 50).

Malia que pode parecer un problema menor, en caso de acadar niveis altos, esta contaminación acústica podería poñer en perigo de extinción a especies como o paporroibo, que depende case exclusivamente na súa migración da detección das ondas magnéticas da Terra.

Ademais, outros animais migratorios que non son aves, coma as bolboretas, tamén se ven ameazadas por esta contaminación, que pese a que é estudada e  se intenta previr,  non deixa de aumentar co aumento da actividade nas cidades e na industria . Está recollido pola OMS que a partir de 80 decibelios, o ruído afecta á saúde, causando problemas auditivos, psicolóxicos e na conducta.

 

 

 

 

 

 

Autor: Sergio Serantes

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to RUÍDO DESORIENTADOR

  1. fab-elisaperez di:

    Un campo electromagnético é un campo físico, de tipo sensorial, producido por aqueles elementos cargados eléctricamente, que afecta a partículas con carga eléctrica.

  2. fab-yamilayelpez di:

    Cada día son máis os asuntos de extinción de especies que se dan polos métodos humanos. Por outro lado, podemos ver os cableados eléctricos como u método primitivo, por así dicilo. A medida que avanza a ciencia eliminamos compoñentes incómodos e en definitiva, ese o é. O problema está en si isto se pode solucionar antes de causar algunha catástrofe medioambiental.

  3. fab-sofiacastineiras di:

    Un campo electromagnético é un campo físico, de tipo tensorial, producido por aqueles elementos cargados eléctricamente, que afecta a partículas con carga eléctrica.

  4. fab-manuelgonzalez di:

    O campo magnético terrestre é o campo magnético que se extende dende o núcleo interno da Terra ata o límite no que se atopa co vento solar;Su magnitude na superficie da Terra varía de 25 a 65 μT (microteslas) ó (0,25-0,65 G). Non obstante, ó contrario que o campo dun imán, o campo da Terra cambia co tempo porque xenérasd polo movemento de aleaciones de ferro fundido no núcleo externo da Terra (a xeodinamo). O polo norte magnético se desplaza, pero dunha maneira suficientemente lenta como para que as brúxuls sean útiles na navegación. O cabo de certos periodos de duración aleatoria (cun promedio de duración de varios cientos de miles de años), o campo magnético da Terra inviértese (o polo norte e sur xeomagnéticos segurn coa súa posición).

  5. faa-lauravazquez di:

    A contaminación electromagnética actualmente está a afectar a un gran número de animales pero tamén de persoas. Cando pasas certo tempo preto de zonas onde hai postas varias antenas de telefonía moitas veces podes comezar a ter dores de cabeza. Algúns aparellos poden afectar no correcto funcionamento do organismo e perxudicar gravemente á saúde. Hai numerosos estudios científicos que o demostran, esta contaminación pode causar transtornos neurolóxicos, mentais, cardiopulmonares, reproductivos, dermatolóxicos, hormonais, inmunolóxicos, ademáis de incremetar o riesgo de cáncer, leucemias agudas e tumores (esto último especialmente en nenos).

  6. faa-sergioserantes di:

    Resulta moi interesante ver como os animais son quen de situarse en todo momento atendendo á súa posición relativa respecto ao Sol. O problema é que as ondas dos cables e de antenas interfiren no aparello do ollo que teñen as aves para saber onde se atopan e dificúltalle a orientación.

    • faa-diegocores di:

      Estou de acordo co meu compañeiro Sergio, é impresionante esa capacidade das aves para a súa orientación, e é un perigo ese feito de que os campos electromagnéticos afecten á súa orientación porque dese xeito poden perderse na súa ruta migratoria, o cal causaría a extinción de moitas destas aves ou podería provocar accidentes de voo.

  7. faa-noeliaparracho di:

    Non unha novidade que os seres humanos danamos a outras especies de seres vivos.
    Sabemos dende fai moito que estamos a perxudicar a outros seres vivos para conseguir algún tipo de beneficio para nós sen pensar en que todos os seres vivos son necesarios na cadea trófica, e que a desaparición dunha especie de ser vivo podería alterar esta cadea de forma brutal.
    Fixéronse numerosos estudos sobre que pasaría se as abellas desaparecesen, por que non pensamos tamén nas aves? Ou nas tartarugas? Mesmo nos raposos. A desaparición dunha especie non é algo que tomar á lixeira e nós non facemos máis que motivar a desaparición da biodiversidade cos nosos actos.
    Este, é unha das miles de maneiras nas que afectamos ós seres vivos.
    Un cambio na migración das aves podería levalas a un lugar que non tería unhas condicións adecuadas para que o animal sobreviva. Realmente dudo que moita xente se plantee este tipo de descubrimentos dese xeito, pero realmente é necesario pararnos a pensar en como podemos diminuir o impacto que provocamos, e é unha tarefa que temos que facer entre todos.

  8. faa-christiancacabelos di:

    As aves teñen un desarrollado sistema de posicionamento que ten como eixe principal o campo magnético terrestre.
    As interferencias provocadas polos campos elctromagnéticos xerados por outras cousas como son o tendido eléctrico de alta tensión ou os transformadores de corriente eléctrica deberían estar controladas e establecer uns limites xa que se achegas unha bombilla fluorescente a unha liña de alta tensión ou a un transformador, por exemplo, a bombilla acéndese, aínda que esté fundida debido a que esa radiación é recollida pola parte branca da bombilla, que é un recubrimento fluorescente que convirte a radiación ultravioleta producida pola bombilla en radiación visible debido a que se excita o seu recubrimento.

  9. fab-aidagonzalez di:

    A migración das aves consiste nos viaxes estacionas regulares realizados por moitas especies de aves en resposta a cambios na dispoñibilidade dos alimentos, de hábitat ou climático que soen ser irregulares, entre outros. As aves que non son migratorias reciben o nome de aves residentes.

  10. faa-santiagoescudeiro di:

    A contaminación acústica é un prblema grave que lle afecta a moitos seres vivos, dende os paxaros que se comentan no artigo ata nós mesmos, os humanos. Nas grandes cidades que “non durmen” por exemplo a contaminación acústica afécatalles gravemente a moitas persoas.

  11. fab-noerodriguez di:

    A contaminación acústica é o exceso de sonido capaz de alterar as condicións normais do ambiente nunha determinada zona. O ruido non se acumula, pero pode causar grandes prexuizos na calidade de vida das personas se non se controla ben. O término “contaminación acústica” fai referencia ao ruido que produce efectos negativos sobre a saúde auditiva, física e mental dos seres vivos.

  12. faa-cristinaguillan di:

    O ser humano é moi egoísta e mentres a el non lle afecten as cousas todo vai ben.
    Deberiamos considerar que o medio no que vivimos non é noso, senón que o habitamos xunto con outras moitas especies, e todos temos o mesmo dereito a facelo. Polo tanto opino que debería reducirse o ruído producido e evitar colocar cables de alta tensión na medida que sexa posible, o mesmo para antenas e demáis aparellos que desorienten aos animais.

  13. fab-ariadnacordal di:

    As aves, unha das principais especies afectadas, non só recoñecen os campos electromagnéticos mediante o ollo, tamén se valen da función secundaria do pico, cuxos nervios conteñen ferro e isto permítelles detectar as ondas electromagnéticas. Non obstante, os ollos son o seu principal instrumento para orientarse.; está comprobado que as aves con problemas na visión son incapaces de voar e ademais, o ollo dereito semella ser máis importante que o esquerdo.
    Algúns cetáceos mariños e tartarugas, para emigrar, guíanse a través de campos magnéticos tamén. Consigo, especies coma o raposo empregan este sentido para localizar e cazar as súas presas. En definitiva, existen numerosos animais que se valen dalgún modo da captación do campo electromagnético terrestre. A alteración deste pode provocar consecuencias fatais neles, mais parece ser que o que precisan é constancia, pois polo menos en paxaros, tense comprobado que poden chegar a adaptarse.

  14. faa-ricardop di:

    Un campo electromagnético é aquel que atrae ós obxetos cargados electricamente.
    Como moi ben di Ariadna, existen multitude de animais que utilizan o campo magnético terrestre para orientarse, ou incluso, migrar, polo que se éste se ve afectado por calquera circunstancia, os animais notaríano, principalmente as aves, que é do que se trata este artigo.

  15. faa-ricardop di:

    Os niveis de ruído son:

    30 dB:
    Humáns: Radio, Televisor, Microondas…
    Naturais: Ningún
    60 dB:
    Humáns: Ningún
    Naturais: Tormentas, Tornados, Ventiscas…
    90 dB:
    Humáns: Palas de construcción…
    Naturais: Ningún
    120 dB:
    Humáns: Avións, Helicopteros…
    Naturais: Volcáns, Terremotos, Tsunamis…
    150 dB:
    Humáns: Ningún
    Naturais: Ningún

  16. fab-jairotroncoso di:

    Esto do ruido pode ser un problema, porque tamen pode facer espantar a todo tipo de aves en xeral, sean migratorias ou de aqui. No caso das migratorias máis, porque ao encontrarse con este ruido, buscarán outro lugar onde estarán mellor e máis agusto. Un campo electromagnético é un campo físico, producido por elementos cargados eléctricamente, que afecta a part´culas con carga eléctrica.

  17. faa-manuelcacabelos di:

    O aire non só esta contaminado pola polución, senón que tamén se ve afectado pola denominada contaminación acústica, que altera as condicións de son normais do medio ambiente nunha determinada zona. Se ben o ruído non se acumula, traslada ou mantén no tempo como as outras contaminacións, tamén pode causar grandes danos na calidade de vida das persoas se non é controlado.
    O termo contaminación acústica fai referencia ó ruído (entendido como son excesivo e molesto), provocado polas actividades humanas (tráfico, industrias, locais de lecer, etc), que produce efectos negativos sobre a saúde auditiva, física e mental das persoas.

    O campo electromagnético é a base do electromagnetismo. Está formado por dous campos vectorais interrelacionados, o campo eléctrico e o campo magnético, caracterizados polos vectores E e B, respectivamente. Se o campo magnético é nulo e o campo eléctrico é constante fálase de campo electrostático.

  18. fab-elisaperez di:

    Paréceme incrible que sigamos facendo estas cousas. É verdade que a maioría da xente non se dá conta do dano que provocamos aos animais, o que é verdadeiramente vergonzoso, pero penso que o peor é que hai xente que si se dá conta, e que como a eles non lles afecta, dálles igual poñer en perigo a vida dos animais, que tamén son seres vivos, e practicamente tamén están poñendo en perigo as súas vidas. Penso que non deberían colocar cables de alta tensión ou outros aparellos que sexan perxudiciais para estes animais.

  19. faa-estebanpintos di:

    Un campo electromagnético é unha combinación de ondas que se propagan a través do espacio transportando fotóns dun lugar a outro. Trátase de ondas cun campo magnético e un eléctrico que provocan determinados efectos eléctricos e magnéticos de atracción e repulsión do espacio. Estos fotóns poden ser emitidos por fontes naturais e artificiais.
    Os campos electromagnéticos prodúcense por cargas eléctricas que crean unha voltaxe ou tensión, de maneira que a súa magnitude crece cando a voltaxe aumenta. Podemos estar falando dunha simple lámpada apagada conectada á corrente.

  20. fab-gretageorgieva di:

    Un campo electromagnético é un campo físico, de tipo sensorial, producido por aqueles elementos cargados eléctricamente, que afecta a partículas con carga eléctrica.
    Neste artigo falase concretamente das aves que se ven afectadas polos campos mágneticos esta non só os perciben mediantes os ollos senón que tamén os seus picos xa que estes conteñen un ferro co que perciben as señais dos campos magneticos.

  21. fab-iriamartinez di:

    O campo eléctrico é un campo físico que é representado mediante un modelo que describe a interacción entre corpos e sistemas con propiedades de natureza eléctrica. Os campos eléctricos poden ter a súa orixe tanto en cargas eléctricas coma en campos magnéticos variables.

  22. fab-martapalacios di:

    Os campos electromagnéticos de todas as frecuencias constitúen unha das influencias do entorno máis comúns e de crecemento máis rápido sobre as que existe unha crecente ansiedade e especulación. Hoxe en día, todas as poboacións do mundo están expostas a estes campos en maior ou menor grao, e conforme avance a tecnoloxía o grao de exposición continuará aumentando.

  23. fab-anaoubina di:

    Campos magnéticos teñen a súa orixe nos correntes eléctricos: un corrente máis forte resulta nun campo máis forte. Un campo eléctrico existe aínda que non haxa corrente. Cando hai corrente, a magnitude do campo magnético cambiará co consumo de poder, pero a forza do campo eléctrico quedará igual.
    No medio en que vivimos, hai campos electromagnéticos por todas as partes, pero son invisibles para o ollo humano. Prodúcense campos eléctricos pola acumulación de cargas eléctricas en determinadas zonas da atmosfera por efecto das tormentas. O campo magnético terrestre provoca a orientación das agullas dos compases en dirección Norte-Sur e os paxaros e os peixes utilízano para orientarse. A alteración deste pode provocar consecuencias perxudiciais para os animais.

  24. faa-laurapaz di:

    A contaminación acústica é o exceso de sonido que altera as condicións ambientais dunha zona producido por actividades humanas, o que é preocupante e egoísta pola nosa parte xa que podríamos tratar de reducilo, tendo en conta que moitas veces soamente o facemos para o noso beneficio e comodidade e, como di Sergio no artigo, non semella un problema moi grave, pero pero si que o é, porque pode facer desaperecer algunhas especies.

  25. faa-fatimalago di:

    No medio no que vivimos, hai campos electromagnéticos por todas partes, pero son invisibles para o ollo humano. Prodúcense campos eléctricos pola acumulación de cargas eléctricas en determinadas zonas da atmosfera por efecto das tormentas. O campo magnético terrestre provoca a orientación das agullas dos compases en dirección Norte-Sur e os paxaros e os peixes utilízano para orientarse.
    As súas fontes poden ser naturais ou fonntes xeradas polo home (artificiais). AS fontes xeradas polo home, son por exeplo: Para diagnosticar a rotura dun óso por un esquince ou rotura, utilízanse os raios X. A electricidade que xorde de calquera toma de corrente leva asociados campos electromagnéticos de frecuencia baixa. Ademais, diversos tipos de ondas de raio de frecuencia máis alta utilízanse para transmitir información, xa sexa por medio de antenas de televisión, estacións de raio ou estacións base de telefonía móbil.

  26. fab-danielbaulo di:

    A migración das aves consiste nos viaxes estacionais regulares realizados por moitas especies de aves. Ademáis da migración, as aves realizan outros movementos en resposta a cambios na dispoñibilidade de alimentos, de hábitat ou climáticos, que soen ser irregulares ou solo nunha dirección e reciben diversas denominacións como nomadismo, invasións, dispersións ou irrupcións. A migración está marcada pola súa estacionalidade anual. Por outra banda, as aves que non son migratorias son as denominadas aves residentes.

  27. faa-veronicanoya di:

    Na miña opinión estas contaminacións deberían estar lexisladas, poñendo un límite que non afecte nin ós humanos nin ós animais, ou que al menos non afecte a tales niveis coma os actuais. Pero como di Cristina o ser humano é egoísta, e o que sempre prima non é nin a saúde ambiental nin a saúde humana, senón a economía. Penso que se estas leis non fan é porque levar a cabo un estudo a fondo sobre o límite máximo saudable e facer leis que non permitan sobrepasalo sería algo que obrigaría a grandes industrias a pechar ante a imposibilidade de cumprir esta lei.

  28. faa-fatimaf di:

    A contaminación acústica, a diferenza da contaminación ambiental, non é un tema do que se fale moito nos medios de comunicación, polo que a maioría da xente non coñece este asunto e non se preocupa polas súas consecuencias.
    Pero este problema pode levar consigo efectos moi graves, ademais de para os animais, para nós mesmos, xa que pode producir unha perda progresiva da audición, irritación e problemas co sono, estrés, irritabilidade, diminución do rendemento e da concentración, agresividade, cansanzo, dolor de cabeza, problemas de estómago, alteración da presión arterial e do ritmo cardíaco e baixada de defensas entre outros, polo que creo que é un asunto que se debería ter máis en conta e comezar a buscar solucións para remedialo.

  29. faa-sergioserantes di:

    Estou moi de acordo con Cristina. O ser humano contamina todo o que toca, ás veces de xeito irreversible: o aire, a auga, o solo… Penso que se debería dar a mesma importancia a todos os tipos de contaminación, e non só aos que teñen uns efectos demasiado evidentes como para negalo e nos afectan directamente, como é o caso da contaminación atmosférica con gases de efecto invernadoiro.

  30. faa-javierestevez di:

    A migración das aves é un proceso mediante o cal as aves marchan dunha zona en resposta a cambios climáticos, alimenticios ou de outro tipo. Isto fai que as aves marchan de onde se atopan o outro lugar en busca de mellores condicións de vida.

  31. faa-igonzalez di:

    É triste recoñecer que algúns animais perden o seu sentido da orientación, pero para nós poder ter unha serie de beneficios (Luz, electricidade, comida, etc), algúns animais teñen que sufrir un pouco para que nós poidamos satisfacer as nosas necesidades e, polo tanto, fai que sexamos o depredador número un de todos os animais. Eu creo que necesitamos todo o que conseguimos para poder mellorala nosa vida pero algúns animais ou incluso especies, teñen que sufrir un pouco.
    Unha solución sería a de intentar evitar todo este “maltrato”, por chamalo dalgunha maneira, sería prescender de certas comodidades, pero non é beneficioso para nós, entón, non se chegan a crear unha serie de medidas para evitar este sufrimento animal.

  32. fab-rebecachaves di:

    O concepto de contaminación electromagnética, tamén coñecida como electropolución, refírese á presunta existencia dunha exposición excesiva ás radiacións de espectro electromagnético xeradas por equipos electrónicos ou outros elementos produto da actividade humana. Emprégase o termo “contaminación” posto que se sospeita que certos campos electromagnéticos poderían ser, para as especies vivas, un factor de perturbación, podendo afectar á súa saúde ou hábitos reprodutivos.

  33. fab-rebecachaves di:

    Un campo electromagnético é un campo físico, de tipo tensorial, producido por aqueles elementos cargados electricamente, que afecta a partículas con carga eléctrica. Campos eléctricos teñen a súa orixe en diferenzas de voltaxe: entre máis elevado sexa a voltaxe, máis forte será o campo que resulta. Campos magnéticos teñen a súa orixe nos correntes eléctricos: un corrente máis forte resulta nun campo máis forte. Un campo eléctrico existe aínda que non haxa corrente.

  34. faa-christiancacabelos di:

    É unha mágoa ver como moitos animáis sofren cambios nas súas vidas por culpa dos humanos que por múltiples factores como construír un novo campo de fútbol, un novo campo de golf, un novo centro comercial ou novos edificios, coas súas respectivas estradas, beirarúas etc entre outras cousas que se fan destruímos hábitats naturais, ecosistemas e obrigamos a moitos animáis a desprazarse dos seus lugares de residencia a outros novos nos que pode que non se adapten como é debido e sexan unha molestia.
    Esto, neste casos polo ruído xerado por antenas e demáis, estamos desorientando as aves que nalgúns casos dependen exclusivamnete da orientación elctromagnética que lles proporciona o campo gravitatorio terrestre, que non son capaces de percibir de forma axeitada debido a contaminación elctromagnética que xeramos e que ademáis de ser perxudiciais para as aves tamén o son para nós.