CONTROL ONLINE DA HIPERTENSIÓN

Como din varios expertos na revista da Asociación Americana do Corazón, Circulation,  os médicos poden mellorar os seus coñecementos sobre o manexo da hipertensión, ata o punto de conseguir que os pacentes logren controlar    os seus niveis de tensión arterial en menos días a través dun xogo “online“.

O videoxogo baséase no concepto da “educación espacial”, o cal foi inventado por Price Kerfoot, o cal tamén é un dos autores deste estudio.  Os médicos partícipes nesta actividade recibían un email cada tres días, onde se lles presentaba un escenario e unha cuestión relacionada co  manexo dunha persoa con hipertensión.

Ó pinchar nun enlace abríaselles unha páxina web na que podían introducir a súa resposta, a cal nós recibíamos no servidor central“, relataba o traballo. Ó momento, a web failles saber se a súa resposta é correcta ou non, adxuntando unha explicación ó respeto.  Dependendo de se o galeno acertaba ou non , o sistema volvía a formularlle a pregunta logo de 14 días. Se a pregunta non se respondía nese lapso de tempo, dábase a mesma como incorrecta, e era sumada á súa lista de cuestións preparadas para ir enviando (un total de 32); pola contra, se a resposta era correcta en ambas ocasións, era eliminada. O obxetivo é que a lista quede valeira.

Ó parecer este tipo de interación mantén ó sanitario máis motivado, involucrado e receptivo á hora de recibir e reter novos coñecementos e trasladarllos ós seus pacentes.  Trátase dunha ferramenta de baixo custo e sinxela á hora de utilizar que pode axudar ós médicos para influír no cambio dos hábitos dos seus doentes.

Calcúlase que 20% da poboación adulta mundial ten hipertensión, unha condición que está moi vinculada coas enfermidades cardiovasculares. Segundo os expertos, é o primeir factor de risco para a mortalidade e o terceiro para discapacidade, polo que podía merecer a pena o feito de plantexarse este tipo de programas de educación médica, capaces de cambiar hábitos nos pacentes.

 

Autora: Andrea Brea Silva

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina, Novas tecnoloxías, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.