TRAIN2CAR

Os coches eléctricos parecen ser o futuro inmediato da industria da automoción e da mobilidade urbana. O gran problema destes automóbiles é a dificultade que teñen os seus usuarios para encontrar un espazo no que recargalos, e a pouca capacidade que teñen as súas baterías.

Metrolinera, situada próxima á estación de Metro Sainz de Baranda, Madrid.

En Madrid instalaron un innovador sistema de recarga destes coches eléctricos, que levan desenvolvendo os seus creadores dende 2011. O sistema aproveita a enerxía cinética do freado dos trens do Metro. Esa enerxía cinética tranformase en enerxía eléctrica e suminístraselle aos coches eléctricos que desexen recargar as súas baterías.

O sistema é de corrente continua, o que permite cargar os coches en tan só 20 minutos, a diferencia dos postes de recarga típicos que son de corrente alterna e tardan horas en cumplir a súa función.

A “metrolinera”, así se chama este punto de recarga, está en fase de probas, e calquera que queira pode levar o seu coche eléctrico a recargar as baterías de forma gratuita ata xuño. O sistema é pioneiro, e xa espertou interese en outras comunidades autónomas do territorio español.

Autor: Santiago Escudeiro

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Enerxías renovables, Novas tecnoloxías, Xestión sustentable da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

59 Responses to TRAIN2CAR

  1. fab-jairotroncoso di:

    O problema destos coches son simplemente que as baterias non duran nada, polo de mometo a súa autonomía, é como ir de aqui a Vigo, e ao mellor nin sequera che da para volver. Están moi ben os coches eléctricos, porque redúcense considerablemente as emisións de CO2, xa que non emiten ningun. Pero sin embargo, creo que pasaran aínda uns anos, para desarrollar baterías que duren máis ou menos, como si fosen un coche de gasolina. A modo persoal,en canto ao medio ambiente son coches moi bos, pero a min quitando eso, non me gustan moito.

    • fab-manuelgonzalez di:

      Estou de acordo con Jairo Troncoso. Os coches eléctricos,nestes momentos,ten tantas vantaxes como inconvintes,e son os inconvintes os que botan para atrás ós consumidores de coches,preferido comprar un normal,que como sinalaba o meu compañeiro,entre eles destaca a dúa autonomía. O seren aínda de proba,como é lóxico,as súas baterías teñen pouca duración,e existen escasos puntos para recargar,que complican a súa comercialización,pero tamén como sinalaba Santiago,aínda están empezando a sair no mercado,son coches experimentales,que có tempo serán perfeccionados,e substituan os coches actuáis…

  2. faa-manuelmourino di:

    A min esta iniciativa pareceme moi ben debido a que elimina un problema dos coches electricos o cal facia que cargalos fora custoso e moi lento, mais aqui quero preguntar outra cousa despois de xuño cal sera o precio da recarga? segun sexa o precio da recarga non compesara mellor seguir co gasoil ou coa gasolin?

    • faa-laurapaz di:

      É certo que dependendo do coste da recarga, compensará máis ou menos. Pero penso que aínda que o prezo da recarga sexa máis elevado que a da recarga de gasoil ou gasolina, este tipo de vehículos será máis beneficioso para o medio ambiente, redcucindo as emisións de CO2 e aproveitando a enerxía cinética dos trens para tranformala en enerxía eléctrica.

      • faa-santiagoescudeiro di:

        Estou dacorod contigo Laura, xa que o tema da contaminación é moi preocupante e estes coches eléctricos non emiten gases contaminantes. De feito non cro que sexa máis caro recargar as baterías que enche un depósito de gasolina por exemplo, o gran problema é a pouca capacidade das baterías ligado ao gran peso das mesmas. Por este último motivo é polo que pode parecer moi cara a recarga.

      • faa-sergioserantes di:

        Totalmente dacordo contigo. Ademais, hai que comezar a pensar que o gasoil, a gasolina e os combustibles fósiles acabarán desparecendo nun prazo de tempo curto ou medio, e canto antes poidamos atopar unha alternativa ao seu uso, e que contamine menos, mellor.

    • faa-veronicanoya di:

      Penso que produción desta electricidade non debe resultar moi custosa xa que aproveita medios xa existentes nos cales non hai que invertir cartos e a enerxía ven dada por movemento no que non temos que gastar para producilo, xa que se produce ó frear o metro. Por este motivo creo que non sería moi lóxico, nin ético, que o prezo desta electricidade estivese por riba do da gasolina ou do gasoil, que precisan de mecanismos e de tratados moito máis custosos e que fan un dano enorme ó planeta.

  3. faa-diegocores di:

    Moi interesante a idea que puxeron en marcha nesta comunidade, estaría moi ben que esta idease pasase ao resto de cidades que constan deste tipo de recursos.
    O Aforro deste tipo de enerxía lévame a preguntarme se non haberá máis lugares nos que se está desaproveitando enerxía e nos que se poderían utilizar para este tipo de fins ou incluso para alimentar o sistema eléctrico dunha cidade, desta forma aforraríamos moita máis enerxía e o noso planeta agradeceríanolo.

  4. fab-elisaperez di:

    Un coche eléctrico é un vehículo de combustible alternativo impulsado por un ou máis motores eléctricos. A tracción pode ser proporcionada por rodas ou hélices impulsadas por motores rotativos, ou noutros casos utilizar outro tipo de motores non rotativos, como os motores lineales, os motores inerciales, ou aplicacións do magnetismo como fonte de propulsión, como é o caso dos trenes de levitación magnética.

  5. fab-sporto di:

    O dos coches eléctricos é un gran avance para o medio ambiente xa que estes contaminan menos ou iso é o que din.
    Algunhas persoas non teñen moi claro esta afirmación xa que miran o traballo de fábrico e ata chegan a decir que os eléctricos chegan a contaminar máis.
    A primeira proba para comparar os vehículos de gasolina, diesel e eléctricos é o seu consumo global de enerxía primase (considerándose esta como a enerxía dispoñible na natureza antes de pasar polos procesos de transformación). A pesar de ser unha máquina máis eficiente durante o seu uso, o coche eléctrico supón un consumo de enerxía primaria moito maior na fabricación. Agora ben, o traballo considera que, segundo se van facendo quilómetros logo cos vehículos, os eléctricos van gañando terreo en eficiencia aos de gasolina e diesel.

  6. fab-andreabrea di:

    O uso de ditos vehículos é moi beneficioso para o medioambiente, posto que reducen totalmente a emisión de gases contaminantes e, a sua fabricación, acostuma ser moito máis respetuosa co medioammbiente. Estes coches resultan tamén moi proveitoso para a economía do consumidor, posto que aforrarán en aspectos como: o coambio de aceite, filtros e liquídos en grande medida, así meso, aforrarán tamén nos seguros por mor das prestacións e características xerais dos potencias compradores. O suxeito tamén poderá aparcar na zoa azul totalmente de balde. O feito de que exploten a enerxía cinética dos trens para convertela en enerxía eléctrica, coa cal poder recargar as baterías destes vehículos, e totalmente virtuoso para os cidadáns, é o feito d eque sexa de balde ata o mes de xuño, fai esta valía moito máis cuantiosa.

  7. faa-manuelcacabelos di:

    A corrente continua é o fluxo de carga eléctrica con dirección constante. Este tipo de corrente é xerado por baterías de automóbiles (6, 12 ou 24V), pequenas baterías (xeralmente 9V), pillas (1,2V e 1,5V), dínamos, células solares e fontes de alimentación de varias tecnoloxías, que rectifican a corrente alternada para producir corrente continua. Normalmente é utilizada para alimentar aparellos electrónicos (entre 1,2V e 24V) e os circuítos dixitais de equipamento de informática (computadores, módems, hubs etc.).A corrente alterna, ou CA é unha corrente eléctrica cuxa dirección varía, ao contrario da corrente continua que ten dirección constante. A forma de onda usual nun circuíto de potencia CA é senoidal por ser a forma de transmisión de enerxía máis eficiente. Porén, en certas aplicacións, utilízanse diferentes formas de ondas tales como ondas triangulares ou cadradas.

  8. fab-lorenasoto di:

    Esta é unha inicitativa moi interesante xa que reduciríamos a emisión de gases contaminantes. O problema destes coches é a dificultade que hay para encontrar un espazo onde recargalos e a pouca capacidade que teñen as súas baterías.

  9. faa-cristinaguillan di:

    Paréceme unha moi boa iniciativa. Gracias á investigación soubose que a enerxía producida polo frenada dun medio de transporte público como é o metro se podía aprobeitar para recargar os automóbiles eléctricos, que se comezan a poñer de moda na actualidade sobre todo nas cidades.
    Considero que este sistema se debería extrapolar a outras cidades e incluso por exemplo ao alumeado das mesmas estacións de metro e demáis servizos eléctricos públicos que non teñan demasiada esixencia enerxética.

  10. faa-manuelmontes di:

    É unha idea innovadora, que pode axudar moito a disminuir a contaminación producida polos gases dos vehículos que empregan combustible maioritariamente. Os coches eléctricos son bos para o medio ambiente, pero aínda teñen algún que outro problema, como se menciona no artigo a pouca capacidade que teñen as baterías. É bo que empreguen a enerxía dos metros, porque é unha maneira de aproveitala. Espero que noutras cidades se tome nota desta idea, e busquen a maneira de adaptalas a elas porque non todas teñen estacións de metros.

  11. faa-christiancacabelos di:

    Unha moi boa aposta polo goberno de Madrid para axudar aos conductores!
    Considero ás «metrolineras» como unha proposta brillante por parte do enxeñeiro ou dos enxeñeiros que a levaron adiante este proxecto, debido a que consiste nunha motivación para os usuarios para mercar coches eléctricos e reducir así as emisións e para os usuarios que xa dispoñen de coche eléctrico para empregalo máis debido á gran velocidade de carga das «metrolineras» en comparación coa velocidade de carga na casa e tamén polo aforro que xera moverte cun automóbil, que ademáis de non contaminar, non consume gasoil que se atopa entre 1.353 e 1.394 euros e tampouco gasolina que se atopa entre 1.434 e 1.475 euros respectivamente, un custo moi elevado tendo en conta os gases dañinos que se emiten debido a súa combustión e que danan a capa de ozono e aumentan o efecto invernadoiro.

  12. faa-adrianmartinez di:

    Eu creo que se realmente o cambio climático e o medio ambiente lle importase a alguén, os coches eléctricos deberían ser os únicos do mercado e deberíase tomar a investigación acerca do problema do tempo da recarga dos coches como algo prioritario. Pero está claro que se quere sacar todo o beneficio posible do petróleo, e ata que se acabe totalmente, isto non vai ser así.
    A día de hoxe importa moito máis os cartos que o medio ambiente e feitos coma este demóstrano. Pero a pesar diso, parece que aínda así se investiga, aínda que sexa pouco, acerca de outros medios para recargar o coche, coma do que estamos a falar no artigo. Esperemos que en pouco tempo se mellore e sexa algo normal ter unha “metrolinera” preto de nós.

    • faa-santiagoescudeiro di:

      Está claro que o factor económico é moi importante na invesigación deste tipo de vehículos, pero a plataforma xa existe e está bastante ben optimizada. O problema dos coches eléctricos é o tema das baterías, xa que pesan moito e son moi caras, ademáis da pouca vida útil que teñen e os coidados que precisan. Considero que sí que se fai bastante pola investigación e desenvolvemento deste tipo de alternativas á mobilidade, pero é un campo complicado o das baterías.

  13. faa-nicolecorbacho di:

    A energía eléctrica É a forma de enerxía que resulta da existencia dunha diferenZa de potencial entre dous puntos, o que permite establecer unha corrente eléctrica entre ambos cando se lles pon en contacto por medio dun conductor eléctrico. A enerxía eléctrica pode transformarse en moitas outras formas de enerxía, tales como enerxía lumínica ou luz, a enerxía mecánica e a enerxía térmica.
    o suministro de enerxía eléctrica é esencial para o funcionamento da nosa sociedade. o seu precio é un factor decisivo da competitividade da boa parte da nosa economía. o desembolvemento tecnolóxico da industria eléctrica e a súa estructura de aprovisionamento de materias primas determinan a evolución de outros sectores da industria.

  14. fab-anaoubina di:

    Existen 3 tipos principais de coches eléctricos:
    Vehículo eléctrico de baterías: Estos coches están dirixidos por un motor eléctrico donde a enerxía é almacenada na batería. A autonomía do vehículo depende da capacidade de almacenamento da batería. Unha vez que a enerxía da batería se agota ten que ser recargada antes de que o coche poida ser conducido de novo algo que puede tardar varias horas en completarse.
    Vehículo eléctrico híbrido: Estos coches teñen 2 fuentes de enerxía: un motor de gasolina ou diesel, ademais dun motor eléctrico. O motor eléctrico polo xeral combinase co motor de gasolina/diesel, pero tamén pode impulsar o coche eléctricamente a unha corta distancia. A batería cargase a través da conducción normal, ofrecendo unha maior versatilidad grazas ás baterías de maior capacidade.
    Vehículo eléctrico de autonomía extendida: Estos coches teñen un motor eléctrico como a unidade de accionamiento principal, que alimenta o vehículo 100% do tiempo. A diferencia é que os vehículos eléctricos de autonomía extendida contan con un pequeno motor de gasolina ou diesel, que proporciona enerxía á unidade de accionamiento eléctrico cando a carga da batería se agota. Esto amplia a autonomía do coche a varios centos de kilómetros. Polo tanto, é como un vehículo eléctrico coa autonomía dun híbrido.

  15. faa-laurarey di:

    Un coche eléctrico é un vehículo que utiliza a enerxía química gardada nunha ou varias baterías recargables. Están dotados de motores eléctricos no canto de motores de combustión, pódense enchufar á rede cando están aparcados, sempre que exista a infraestrutura eléctrica que o permita, e deste xeito recargar as baterías.
    O motor eléctrico é catro veces máis eficiente que o motor de combustión interna. A tecnoloxía existe, e a única cuestión que queda por desenvolver son as baterías que proporcionen unha autonomía adecuada entre recargas a un custo razoable.
    O motor eléctrico aproveita a enerxía dos freados, que normalmente perderíanse a través da disipación da calor e a fricción, mellorando notablemente a eficiencia dos vehículos tradicionais, o que o fai ideal para os desprazamentos urbanos.

  16. faa-nicolecorbacho di:

    A corriente alterna é a corrente eléctrica na que a magnitude e o sentido varían cíclicamente. A forma de oscilación da corrente alterna máis comúnmente utilizada é a de unha oscilación senoidal , posto que se consegue unha transmisión máis eficiente da enerxía. Sen embargo, en certas aplicacións se utilizan outras formas de oscilación periódicas, tales como a triangular o a cuadrada.
    Esta é utilizada xenéricamente, a Corrente Alterna se refire a forma na cal a electricidade chega a os fogares e as empresas. Pero, as señais de audio e de radio transmitidas polos cables eléctricos, son tamén exemplos de corriente alterna.

  17. faa-laurarey di:

    Unha pila ou batería eléctrica é un dispositivo que xera enerxía eléctrica mediante un procedemento electroquímico.
    O funcionamento dunha batería desechable baséase no potencial de contacto entre un metal e un electrolito, isto é o potencial que se produce ao por en contacto un metal coa disolución dunha das súas sales.

  18. faa-begonasuarez di:

    A corrente continua refírese ao fluxo continuo de carga eléctrica a través dun condutor entre dous puntos de distinto potencial, que non cambia de sentido co tempo. Nela, as cargas eléctricas circulan sempre na mesma dirección. Aínda que comunmente se identifica este tipo de corrente cunha corrente constante, é continua toda corrente que manteña sempre a mesma polaridade, así diminúa a súa intensidade conforme se vai consumindo a carga. Tamén se recoñece corrente continua cando os electróns se moven sempre no mismo sentido.
    Denomínase corrente alterna á corrente eléctrica na que a magnitude e o sentido varían ciclicamente. Utilizada xenericamente, refírese á forma na cal a electricidade chega aos fogares e ás empresas. Sen embargo, as sinais de audio e de radio transmitidas polos cables eléctricos, son tamén exemplos desta corrente. Nestes usos, o fin máis importante adoita ser a transmisión e recuperación da información codificada sobre o sinal da corrente alterna.

  19. fab-martapalacios di:

    Estes coches producen grande interese sobre os ecoloxistas xa que non contaminan nada durante o seu periodo de uso. Non creo que sexa un grave problema a capacidade das súas baterías xa que, se agora temos tarxetiñas nas que se poden meter milleiros de cancións, como no vai a haber baterías que aguanten centos de quilómetros? O inconvinte é que non son tan demandados como para fabricar estas baterías, e sería unha perda de cartos se ninguén as vai mercar.
    Por outro lado, estes coches son novos e requiren un deseño específico, o que implica que non son moi agradables de aspecto e os grandes consumidores de automóviles que gastan a mitade do seu soldo nun bo coche, soen mercar exemplares exuberantes e de gran agrado á vista. Hoxe en día un coche non é para desprazarse unicamente, sexamos obxectivos, a maioría dos coches fabrícanse para lucirse, e un coche por moi ecolóxico que sexa, se non é bonito no vai ser mercado. Por iso eu creo que o que se debería traballar máis é o aspecto do vehículo para logo dar paso á que aumente a súa demanda e poder fabricar baterías máis extensas.

  20. faa-sergioserantes di:

    Penso que nos coches eléctricos está o futuro do automobilismo, e que é un campo moi interesante no que traballar. Con este proxecto cúbrense dúas necesidades á vez: mellórase a velocidade de carga dos coches e á vez non se precisa unha produción eléctrica concreta para facelo, senón que se aproveitan medios xa existentes, co cal se reduciría a contaminación doblemente.

  21. fab-robertopineiro di:

    Os coches eléctricos son un gran paso na industria automobilística do siglo XXI, aínda que teñen que mellorar algúns conceptos como a duración das baterías… Habría que poñer máis estacións de recarga para cargalos. Gracias a estes coches reduciremos o dióxido de carbono da atmósfera e iso contribuirá a non danar máis a capa de ozono.

  22. fab-elisaperez di:

    Supostamente, os coches eléctricos contaminan menos. Por iso, paréceme unha moi boa idea que se cheguen a utilizar máis no futuro. É certo que teñen desvantaxes, como a dificultade para atopar un sitio onde recargalos ou a pouca capacidade que teñen as súas baterías. Ainda así, semella que van a ter éxito, o que non me disgusta para nada.

  23. fab-mariablanco di:

    Considero que a creación destes coches eléctricos é un gran paso na industria e unha forma de reducir a contaminación.
    Estos coches precisan que as baterías coas que están formados sexan recargadas e isto quizáis sí sexa un inconvinte xa que a duración é escasa. Tamén se debería ter en conta a creación de máis estacións de recarga para que o uso destes coches se incrementase en máis zonas. Sacando todo iso creo que é un factor de gran beneficio para o automobilismo e para a contaminación, xa que a producción de dióxido de carbono diminuiría e a atmosfera non estaría tan afectada como o está sendo diariamente.

  24. fab-marcosdaporta di:

    Eu creo que este tipo de cousas non se poden poñer en España. TOOOODOOO o mundo irá alí para recargalo gratuitamente e seguramente non haberá ou suficiente enerxía ou suficiente paciencia para esperar a recargar o coche. De todas formas paréceme xenial que se estén inventando cada vez máis e máis maneiras de cargar as baterías do coche de forma sostible.
    Se algún coñece as carreteiras intelixentes de Holanda sabe que esas carreteiras con electricidade estática son capaces de recargar as baterías dos coches que andan por enriba delas, en marcha e utilizando enerxía eólica. Recórdame a este sistema.

  25. faa-larafernandez di:

    Os coches eléctricos son o futuro da automovilística. Co tempo acabaran sendo máis baratos e comerciables. A ventaxe que posúe este tipo de coches é que se alimentan de enerxía, e decir, que non fai falla gastar diñeiro en gasolina, que resulta bastante máis cara. Outra ventaxe é a de que non contamina (o primeiro que pensamos ó escoitar coche eléctrico).
    Ahora, e cada vez máis vense estacións de recarga de coches eléctricos (como por exempo en Vilanova de Arousa).

  26. fab-ariadnacordal di:

    Non cabe dúbida de que, conforme a investigación e a produción de automóbiles eléctricos avance, a substitución dos ordinaros sucederá asemade; actualmente, xunto coa duración da batería, o tamaño, as comodidades e incluso a velocidade que esta clase de coches poden chegar a ofrecer non é comparable cos que funcionan por combustible (ou híbridos). Polo tanto, medidas como a presentada neste artigo (que facilita o uso dos coches ‘ecolóxicos’) convencerán á poboación de que non é tan complicado usalos, e como consecuencia, a súa venta incrementaráse. Insisto, opino que os modelos só precisan un maior desenvolvemento e máis facilidades (posiblemente os estados non demorarán en crear lexislacións vinculadas a este ámbito).

  27. faa-adrianbarreiro di:

    Esta é unha gran innovación para todo o relacionado coa industria dos vehículos eléctricos porque acorta os tempos de espera de recaga das baterias dos coches aproveitando a enerxía desperdiciada polo metro polo que na súa producción non significa ningunha contaminación a maiores como sería en caso de que se tivera que producir esa enerxía electrica de calquera outra maneira. Débese seguir innovando en estes tipos de vehículos para reducir a contaminación por gases de efecto invernadoiro e protexer a atmosfera.

  28. fab-martarodriguez di:

    Na miña opinión é moi idea esta iniciativa destes coches, aunque que como bn di no artigo non hai moitos sitios en donde se poidan cargar e o seu custo o principio sería moi algo, aunque co paso dos anos veranse máis este tipo de coches a axudaremoslle a atmosféra a que hubese menos dióxido de carbono.

  29. faa-veronicanoya di:

    Os combustibles fósiles son un ben moi custoso e cada vez máis escaso na nosa Terra, así que dende o meu punto de vista estes coches son o futuro da automovilística. Por isto penso que é moi importante avanzar en todo o referente a eles: concretamente estas «metrolineras» parécenme un invento moi intelixente xa que se aproveitan, como di Sergio, medios xa existentes e se mellora a velocidade de carga dos automóviles, reducindo a contaminación.

  30. faa-estebanpintos di:

    Paréceme unha moi boa idea a de estas metrolineras, porque aínde que teñan un custe algo máis algo, na miña opinión vale a pena, aforras moito tempo repostando e, o máis importante, reducimos o dióxido de carbono enviado á atmosfera para danar menos a capa de ozono que pouco a pouco se está destruindo acelerando o cambio climático, e iso é unha cousa que non ten prezo, xa que diso depende todo e todos nós.

  31. fab-beatrizcasal di:

    Pareceme unha moi boa idea polo sinxelo motivo de que reduce a contaminación e é un avance moi immprtante posto que reduce o tempo de recarga.
    Un vehículo eléctrico é un vehículo de combustible alternativo impulsado por un ou máis motores eléctricos. A tracción pode ser proporcionada por rodas ou hélices impulsadas por motores rotativos, ou noutros casos utilizar outro tipo de motores non rotativos.

  32. fab-javiercarou di:

    Creo que é unha moi boa idea a instalación destes sistemas de recarga para os coches eléctricos, xa que como se di no artigo, polo momento é moi difícil atopar un deles e, cando o atopas tardas moito en recargar a batería do coche. Eu creo que o seguinte paso consiste en fabricar baterías que duren máis tempo para non ter que estar recargando de contínuo.

  33. fab-rebecachaves di:

    Un vehículo eléctrico é un vehículo de combustible alternativo impulsado por un ou máis motores eléctricos.
    A tracción pode ser: por rodas ou hélices impulsadas por motores rotativos.
    Noutros casos utilizan outro tipo de motores non rotativos, como os motores lineais, os motores inerciales, ou aplicacións do magnetismo como fonte de propulsión.

  34. fab-rebecachaves di:

    Vantaxes:
    -Este tipo de vehículo non emite gases contaminantes ao medio.
    -Non presentan refugallos como aceites, filtros, repostos, etc., que logo poderían contaminar o medio.
    -Poden ser utilizados de 2 formas: Xa sexa cun motor hibrido (usando combustión e electricidade) ou soamente un eléctrico.
    -Mentres que nos autos que usan combustible derivado do petróleo, renden ao redor de 800 Km por estanque sendo iso un custo de 60 dólares, os autos eléctricos renden 400 Km aproximadamente, os que teñen un custo de 7 dólares.
    Desvantaxes:
    -Posúen pouca autonomía, xeralmente non máis de 8 hrs.
    -Necesitan un tempo de carga, o que leva consigo a que o vehículo este detido.
    -A súa batería non pode ser cargada en calquera lugar.
    -Son de baixa potencia.
    -Son de tamaño pequeno.
    -No noso país non hai un mercado de repostos.
    . Ten un alto prezo.

  35. faa-begonasuarez di:

    É un verdadeiro problema para os donos destes coches eléctricos que teñan dificultade para encontrar un espazo para recargalos e a pouca capacidade que teñen as súas baterías. Esta innovación no sistema de recarga destes coches elésctricos paréme moi axeitada debido ao tempo que se aforra ao aproveitar a enexía cinética do freado dos trens de metro.

  36. fab-andrearomero di:

    Os coches eléctricos teñen tanto ventaxas como inconvintes, as ventaxas que ten son que os vehículos eléctricos non emiten gases contaminantes e a súa fabricación adoita ser máis respectuosa co medio, o custo de utilización dun vehículo eléctrico é moi baixo, as revisións son algo máis económicas xa que aforraremos substitucións de aceites, líquidos e filtros en boa medida,poderemos aforrar moito diñeiro aparcando en zona azul de forma totalmente gratuíta , poderemos circular pola maior parte das zonas limitadas ao tráfico rodado por motivos de contaminación, teñen menor nivel de ruído, vibracións case imperceptibles e case non emiten calor e menor posibilidade de avarías mecánicas así como menor desgaste xeral dos pneumáticos e compoñentes do sistema de freado. Pero o motivo polo cal son pouco demandados son os seus inconvintes, que os vehículos 100% eléctricos son a día de hoxe excesivamente caros, os tempos de recarga demasiado altos, chegando a alcanzar as 8 horas para a súa carga completa, as prazas con puntos de recarga son moi limitadas e a miúdo se encontran ocupadas por vehículos de repartición, contan cunha avaría no poste de recarga ou este está desconectado, a inexistencia de tantos puntos de recarga como gasolineiras hai para os vehículos de combustión, son unha clara desvantaxe, se viaxas moito o vehículo eléctrico deberá quedar no garaxe e terás que desprazarte nun segundo vehículo ou realizar as túas viaxes noutro medio de transporte, deberás acudir co teu coche a talleres especializados preferiblemente da marca do teu coche xa que polo momento non hai moitos talleres especializados en coches eléctricos, a batería desgástase rapidamente có paso dos anos e sús substitución é moi custosa.

  37. fab-iriamartinez di:

    vehículo eléctrico é un vehículo de combustible alternativo impulsado por un ou máis motores eléctricos. A pesar de ter un grande vantaxes como respectan o medioambiente, producen menos cantidade de CO2 que un vehículo convencional;no fan apenas ruído, o seu motor evita a contaminación acústica; o seu uso permite prescindir de combustible e así aforra petróleo, unha materia prima limitada e pódese dedicar a outras materias tamén necesarias; o seu mantemento e custo do “combustible” é moito menor ao dun convencional. Pero a pesar destas vantaxes tamén sofren inconvenientes como a carga das baterías e prezo. As baterías de máis de 400 km de autonomía son moi custosas e recárganse nunhas 9 horas sen minguar a súa capacidade. Para evitar este problema sería necesario cambiar as baterías descargadas por outras con carga de xeito inmediato, de forma tal que ao repoñer nunha estación de servizo o vehículo ingresase case sen enerxía eléctrica e saíse de alí total ou parcialmente cargado poucos minutos máis tarde. Para iso as baterías deberían adaptarse perfectamente de xeito de poder cambiarse rapidamente e que isto puidese facerse tanto de forma total como fraccionada.Seguirán contaminado, xa que nalgúns casos a electricidade utilizada para recargar as baterías se produce mediante materias primas contaminantes como o carbón. Menor autonomía que un coche convencional dado que necesita recargas frecuentes.

  38. fab-gretageorgieva di:

    É moi venificiador para o medio ambiente a existencia deeste tipo de vehículos xa que,reducen totalmente a emisión de gases contaminantes e ademais son máis ecónomicos polo que se refire ao seu poseedor xa que o cambio de aceite filtros…e menos custoso xa que necesitan o seu cambio con menos frecuencia, outra vantaxa é que a batería destes automoviles dura máis tempo polo que supoño que a venta destes coches ecolóxicos non tardara en incrementar xa que son vehículos que captan a atención nos clientes.

  39. fab-noerodriguez di:

    Os coches eléctricos son a mellor solución ao esgotamento de combustibles fósiles que sufrimos hoxe en día. Pero, como di o artigo, as recargas dos coches serían moi complicadas debido a que requiren unha continua recarga e non hai moitos lugares onde poder recargalos. O que propón o artigo solventaría estes dous problemas, as recargas serían moito máis rápidas, fáciles e baratas. Esta é, sen dúbida, unha das mellores maneiras existentes para recargar os coches eléctricos. Aínda así, non creo que o metro de Madrid sexa capaz de producir suficiente enerxía para abastecer de enerxía a todo o país, polo que convén que se continúen as investigacións sobre este tema.

  40. faa-ricardop di:

    Opino o mesmo que Estevo, xa que este feito fará que comprar un coche híbrido, ou simplemente, eléctrico, compensa para aforrar en CO2 que contamina máis que o gasoleo, polo que diminuirá o efecto invernadoiro que tanta polémica tivo.

  41. faa-fatimalago di:

    O sistema que utilizou o Metro para conseguir esta enerxía é bastante interesante. Cando un tren frea e reduce a súa velocidade, produce unha enerxía cinética que se transforma noutros tipos de enerxía. Esta enerxía, producida no freado, é almacenada nos acumuladores, os cales a poñen en disposición dos coches para a súa carga. Os trens dotados de freado rexenerativo permiten converter durante o freado a enerxía cinética en enerxía eléctrica, o que abre as portas á súa reutilización no sistema eléctrico ferroviario ou noutras aplicacións como a que se desenvolveu neste proxecto.
    Os coches cargan esta enerxía nas chamadas “metrolineiras”, que permiten unha carga rápida dos vehículos con tecnoloxía de corrente continua, fronte aos longos períodos de varias horas das instalacións de corrente alterna.
    Os plans dos impulsores do programa baséanse en instalar nos próximos anos ata 150 metrolineras por toda a rede de Metro (que actualmente conta con 300 estacións), levando estes postes de recarga aos municipios madrileños que teñen máis de 20.000 habitantes aos que chega o suburbano. Actualmente, a Comunidade de Madrid conta cun parque móbil de vehículos eléctricos enchufables de 622 vehículos.

  42. fab-aldaramuniz di:

    Paréceme xenial o dos coches eléctricos, pero o que non entendo é como non hai máis servizos para poder recargalos. Está claro que este tipo de automóbiles son o futuro e que cada vez a súa demanda vai ser maior, xa que os combustibles fósiles, como o petróleo e a gasolina estanse encarecendo; pero se á vez non colocan servizos de mantemento e suministro e demais, con dificultade se vai a poder empregalos.
    E outra cousa é que estas empresas deben ir axudando a concienzar á poboación para así ir substituíndo os coches que temos agora, que non saen nin rentables e para nada económicos, porque son perxudiciais, tanto para nós, os seres vivos e o noso planeta, que por veces parece que o descoidamos un pouco.

  43. faa-noeliaparracho di:

    Unha das cousas que procupan a moitas persoas na actualidade é a gran emisión de CO2 que enviamos á atmosfera.
    Estes coches serían unha gran alternativa para tratar de reducir ó máximo a emisión de CO2, xa que gran parte é causada polos automóviles. Ademáis, estes coches reutilizan enerxía que adoitamos desperdiciar para cargarse.
    Por outra banda, hay algúns inconvenientes que fan que non teñan gran éxito no mercado.
    Para comezar, a duración da súa batería é realmente curta, polo que é necesario recargalos continuamente, algo que se fai moi pesado para o dono do coche, e imaxino que caro tamén.
    Ademais, é moi difícil atopar un lugar onde recargar a batería do coche, e inda por riba tárdase moito tempo, motivos polos cales os consumidores prefiren os coches comúns.
    Porén, penso que, nuns anos, cando a duración das baterías sexa optimizada, o tempo de recarga menor, e os lugares de recarga máis frecuentes, estes coches poden chegar a ter un gran éxito.

  44. faa-cristinaguillan di:

    Estou dacordo cos meus compañeiros, levamos moito tempo explotando combustibles fósiles e contaminando, e xa é hora de darnos conta que os combustibles fósiles se esgotarán nun futuro non moi lonxano e se seguimos contaminando a natureza non dará máis de sí e comezaremos a notar, aínda máis, os efectos de centos de anos de contaminación. Polo tanto, considero que estes coches son, como eles ben afirman, o futuro da automobilística, e que non o son xa porque non interesa investigar para acadar mellores resultados como son baterías que aguanten máis por exemplo, xa que o único que interesa agora mesmo é explotar ao máximo ditos combustibles fósiles. De non ser así, xa habería no mercado moitísimos máis vehículos deste tipo.

  45. faa-begonasuarez di:

    Os coches eléctricos presentan unha serie de vantaxes e desvantaxes:
    Desvantaxes: carga de baterías e prezo, o dono conta con menor autonomía que co coche convencional xa que necesita recargas frecuentes, o custo inicial e a pouca accesibilidade que se ten en canto ás recargas.
    Vantaxes: respectan ao medio ambiente, produce menos cantidade de CO2 que un vehículo convencional, apenas fan ruído, o seu mantemento é máis barato que un coche convencional e maior eficiencia.

  46. faa-fatimaf di:

    Este novo sistema de recarga de coches eléctricos paréceme un gran avance no proceso de substitución de combustibles fósiles por enerxías renovables, xa que a pesar de que os coches eléctricos xa están no mercado, estes non teñen prestacións tan boas como calquera outro, polo que a xente aínda continúa preferindo o coche tradicional.
    Un dos problemas que presentan os coches eléctricos é este, a necesidade de ter que cargalo continuamente e,a diferenza dunha gasolineira, que podes atopar cada certos km, non é nada doado dar con un lugar onde recargar este tipo de coches, polo que, se esta iniciativa segue adiante e outras comunidades ou incluso países deciden levala a cabo, máis xente comezaría a ver este tipo coches como unha boa opción e seguramente aumentaría a súa venta.

  47. faa-lauravazquez di:

    Paréceme unha iniciativa moi positiva para o medioambiente e da que deberían tomar exemplo outras comunidades autónomas. Pola contra, os coches eléctricos non é unha idea moi explicada xa que ás empresas interésalles máis os combustibles fósiles dos cales obteñen máis beneficio. É unha lástima que non se dean conta de que o negocio que lles beneficia nos acabará perxudicando a todos, e pola contra se estas mesmas empresas apostaran por impulsar as investigacións en transporte limpo (como o aumento da capacidade das baterías), podería supoñer un gran cambio no noso entorno.

    • faa-laurapaz di:

      Completamente dacordo contigo. É ben certo que esta iniciativa ás empresas non lles parecerá moi boa idea, so pensan en como poder sacar beneficios e polo momento, aproveitanse dos combustibles fósiles, sin ter en conta o seu impacto medioambiental. E xa que non lles interesa a idea destes vehículos, polo de agora, non intentarán melloralos, por exemplo nas baterías, e así reducir a contaminación do medioambiente, polo que de momento, seguirán insistindo nos vehículos que funcionan con gasoil ou gasolina.

  48. fab-aidagonzalez di:

    Este articulo está no certo, xa que, non é doado atopar un espazo onde recargas os coches eléctricos. Estes son un tipo de vehículos de combustible alternativo impulsado por un ou máis motores eléctricos. É un vehículo que respeta o medioambiente, posto que produce menos cantidade de CO2 ca un vehículo convencional, esta é unha das razóns máis importantes para promocionar este producto e para iso deberíanse instalar máis espazos onde se puideran recargar e, desta maneira a xente compraríaos máis ao serlle menos incómodo conseguir recargalos. Non soamente estarías conducindo un coche, senon que tamén protexes ó medioambiente.

  49. fab-ariadnacordal di:

    Os coches eléctricos poderían ser combinados con outras innovacións do campo da industria automobilística, como son os coches automáticos, que empresas coma Google están a investigar, e que posiblemente supoñan o futuro dos automóbiles. Penso que os coches automáticos poderían ser facilmente adaptados ó sistema de alimentación de baterías principalmente porque, alomenos os primeiros prototipos, alcanzan velocidades moi reducidas. Non obstante, quizais consuman máis batería que os ordinarios como consecuencia da súa automatización.

  50. fab-yamilayelpez di:

    A proposta paréceme unha boísima idea. Además da comodidade, non deixa de ser unha maneira de reciclaxe que nos acerca ao día en que non nos teñamos que preocupar por problemas como o cambio climático.
    Por outro lado, crei que os coches eléctricos necesitan uns anos máis de desenvolvemento, aínda que pintan moi ben.

  51. faa-christiancacabelos di:

    Os automóbiles eléctricos ao igual que todo, teñen as súas vantaxes e desvantaxes, como vantaxes podemos atopar que non teñen emisións de gases de tipo invernodoiro é dicir 0 emisións de CO2 g/km, ou gran aforro de económico para os nosos bolsillos debido á independencia dos caros e contaminates combustibles fósiles. Entre as súas desvantaxes podemos atopar o silenciosos que son, que aínda que é positivo xa que non produce contaminación acústica, constitúe un perigo para peatóns e ciclistas que ao non escoitar este tipo de vehículos poderían ser arrollados por eles, tamén podemos atopar como desvantaxe a curta autonomía destes vehículos, o maior peso debido a carga de baterías etc.
    Suplindo estas desvantaxes poderían mellorar e posicionarse mellor no mercado, vendendo así máis automóbiles verdes.

  52. fab-angelpineiro di:

    Está claro que os coches eléctricos son os automóviles do futuro. Cando se esgoten as reservas de petróleo van a dominar na sociedade como vehículos que non contaminan e rentables e que xa se están asentando pouco a pouco hoxe en día entre nós. Grazas ás investigacións das empresas neste sector, estanse levando a cabo moitos prototipos de coches eléctricos…como o os novos coches que se conducen sós ou incluso os que se poden conducir mediante un teléfono móvil. Estes novos deseños, a parte de modernos e sofisticados, traen consigo unha sencillez enorme a hora de mantelos e recargalos xa que con solo conectalo a un punto de corrente eléctrica xa está e non leva ningún gasto excesivo en consumo. O malo destes coches e o que todo cuestiona é se poden dar un mesmo servicio que os coches que funcionan con combustible en canto a potencia e a duración de vida útil.