CURACIÓN DO CANCRO IMPRIMINDO VIRUS

Hessel explica cómo se propón curar o cancro antes cas grandes empresas farmacéuticas: detectando primeiro virus capaces de matar só as células tumorais e fabricalos despois artificialmente nun laboratorio coa axuda dunha impresora 3D. «Chámanse virus oncolíticos e os científicos experimentan con eles desde hai décadas».

 

Son patóxenos moi débiles que infectan as células canceríxenas e deixan intactas ás células sas. Algunas empresas empezan a aproveitalos con éxito nalgúns ensaios clínicos. Pero ninguén logrou diseñar eses virus nun ordenador e fabricarlos a medida de cada paciente.

Hessel non ten familiares directos que morreran de cancro. Pero é consciente da natureza da quimioterapia, que mata por igual a las células sas e ás canceríxenas e provoca no enfermo un sinfín de efectos secundarios.

Lanzar ao mercado novos fármacos é un proceso tortuoso que leva décadas de ensaios clínicos e a autorización das autoridades. Por iso Hessel non aspira a comercializar mediciñas, senon a deseñar solucións concebidas á medida de cada paciente coa axuda dos avances da enxeñería xenética e do poder crecente da computación.

«Primeiro extraeríamos unha mostra das células tumorais dunha persoa e despois adaptaríamos os virus ata desenvolver unha terapia capaz de eliminalas dun modo seguro», explica Hessel. «Só entón inocularíamos os virus nesa persoa. Ao principio o tratamento será gratuito para aqueles enfermos que queiran someterse a él. Pero o obxetivo del é crear un modelo de suscripción, no que o cliente teña que pagar unha pequena cuota anual a cambio de ter acceso e terapia cando lle detecten un tumor».

Só entón inocularíamos os virus  nesa persoa.

Autora: Ana Oubiña Cousido

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Biotecnoloxía, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

45 Responses to CURACIÓN DO CANCRO IMPRIMINDO VIRUS

  1. faa-lauravazquez di:

    Algúns membros da comunidade científica non creen que curar o cáncer sexa tan sencillo como o propón Hessel pero, este proxecto podería significar o principio dunha revolución. Ademáis o cáncer non sería o único problema que se podería solventar con este método. Os fármacos resultantes desta técnica poderían empregarse como solución á tuberculose, á malaria ou outras enfermidades raras nas que as empresas farmacéuticas non teñen os suficientes recursos para invertir. Polo de agora, a tecnoloxía que plantexa Hessel é demasiado complexa, pero por algo se empeza.

  2. fab-marcosdaporta di:

    Outra vez máis a “mediciña económica” como ben di Hessel: “O obxetivo del é crear un modelo de suscripción, no que o cliente teña que pagar unha pequena cuota anual”.
    Xa houbo outro tipo de solucións o cancro que nunca se chegaron a comercializar debido ao pouco rendemento que se lle sacaría a investigagalo, producilo e vendelo. De todas formas que por fin se investigue algunha aínda que sexa un “sablazo” seguramente é boa noticia.
    Oxalá nun futuro non teñamos este modelo económico e a xente traballe para o ben común.

    • fab-jorgegonzalez di:

      Estou completamente dacordo co meu compañeiro. As grandes empresas farmaceuticas non teñen como obxectivo o ben común, senón enriquecerse vendendo productos como calquera outra empresa. Esperemos que iso cambie algún día e o ben común sexa un obxectivo que esté por encima do beneficio económico.

      • fab-aldaramuniz di:

        Estou dacordo cos meus compañeiros. Seguramente houbo xa intentos de investigación para a cura do cancro, pero como non producen beneficios económicos suficientes, esas investigacións acaban deixándose de lado. Esa é a miña opinión. E estas compañías non buscan o benestar dos enfermos, senon cartos; e como as quimioterapias son algo que se necesitan e producen moitos beneficios, para que crear a cura se gañamos millós só cos métodos para calmar síntomas? é triste, pero algún día esto deixará de ser así.
        E o que nos mostra este artigo sobre Hessel é un avance moi grande, xa que da paso a poder crear moitos novos métodos na medicina e tamén produce avances na tecnoloxía, pero claro, de nada nos vale si ao final só uns poucos poden pagalo.

    • faa-martinlosada di:

      Como ben di Marcos hubo outros intentos de comercializar productos que puideran solucionar o cancro pero por culpa do modelo económico actual non puideron sair adiante. Por eso creo que poida que este metodo non sega a diante e se vexa abocado a quedar no olvido ainda que o feito deste descubrimento supoña un gran avance, xa que sería unha incrible nova poder curar o cancro con virus porque actualmente só temos como metodo a quimioterapia, que ten moitas desvantaxes debidas a que non só acaba coas células cancerixenas senón que tamén coas que están sas.
      Se ao final este método resulta ser viable suporía un gran avance, xa que podería ter unha gran importancia na cura de outras enfermidades como pode ser a tuberculose, que o ano pasado afectou a 8,3 millóns de persoas, causandolle a morte a 1,3 millons de persoas.

  3. faa-nicolecorbacho di:

    A quimioterapia é o tratamiento do cáncer cun medicamento antineoplásico o unha combinación de dichas drogas nun régimen de tratamento estándar.
    Os axentes de quimioterapia máis comunes actúan destruindo as células que se dividen rápidamente provocando esta enfermedade, unha das propiedades principais da maioría das células de cáncer. Esto significa que a quimioterapia tamén pode dañar células que se dividen rápidamente baixo circunstancias normais: células na médula ósea, tracto dixestivo, e folículo piloso. Esto resulta nos efectos secundarios máis comúns da quimioterapia.

  4. faa-sergioserantes di:

    No caso de que esta proposta resultase unha solución fiable, trataríase dun gran avance. A quimioterapia produce efectos secundarios que van dende a caída do pelo ata hemorraxias, anemia e úlceras, ou tamén pode afectar ás funcións de diversos órganos coma os ris ou o fígado. Polo tanto, ofrecer unha alternativa para tratar o cáncer con danos colaterais menores caos da quimioterapia sería un fito destacable, pero para o que aínda se debe investigar moito.

    • faa-estebanpintos di:

      Opino o mesmo que o meu compañeiro Sergio, este sería un avance médico con grandes vantaxes sobre os anteriores métodos contra o cancro como a quimioterapia que ten uns graves efectos secundarios, a maioría xa os coñecemos todos. Pero aínda lles queda un longo camiño por diante que cada vez se vaia curtando menos para lograr efectuar a impresión deste virus. Se logran isto sería uns dos maiores avances médicos dos últimos anos.

  5. faa-nicolecorbacho di:

    o uso dos virus oncolíticos, ten fins terapeúticos, que reciben o nome de Viroterapia. Estos virus, aunque foron os últimos en chegar a experimentación clínica, presentan un futuro prometedor en canto a protocolos de terapia xénica contra o cancro. A terapia viral utiliza dous tipos de virus oncolíticos: o adenovirus que ocasiona os resfriados e a vaccinia, que causa a viruela e se utiliza tamén en vacunas. A estos virus se lles modifica algún dos seus xenes para que só podan replicarse en células dos tumores e non en normais. Idealmente os virus oncolíticos insertados nun tumor se dividirán nas células, eliminándoas a vez que xeneran novos virus, os cales a súa vez infectarán as células dos tumores colindantes e así sucesivamente, ata que non queden células nos tumores onde replicarse e facer ciclo lítico.

  6. fab-ariadnacordal di:

    De ter funcionado, este método substituiría os métodos actuais para combater o cancro que producen consecuencias moi perxudiciais no corpo humano, xa que supoñen tratamentos moi agresivos, os cales eliminan tanto células infectadas como sás. Ademais, tal e como o propón Hessel, as cantidades a abonar a cambio do tratamento serían accesibles, en principio, para meirande parte da poboación, o cal posiblemente non sexa do agrado da industria farmacéutica, mais salvaría a máis xente. Con todo, deseñar os virus é unha tarefa difícil e debe ser moi investigado previamente para que, se o proxecto se chega a levar a cabo, non teña resultados nocivos.

  7. fab-andreabrea di:

    O cancro é unha enfermidade provocada por un grupo de células que se multiplican sen control e de xeito autónomo, invadindo localmente e a distancia outros tecidos. En xeral, tende a conducir á morte á persoa afectada, a non ser de non tratala adecuadamente. Son conocidos máis de 20 tipos de cancro, sendo os máis comúns: pel, pulmón, mama e colorrectal. Ata o momento existen oito tratamentos distintos para convatir os diferentes tipos de cancro, que son: ciruxía, radioterapia, quimioterapia, inmunoterapia, hormonoterapia, transplante de médula ósea, aspetos psicolóxicos e coidados paliativos. A solución que ofrece Hessel aparenta un xeito indoloro para o doente, pero sexamos realistas, o feito de qu eisto ocorra parece demasiado lonxano, así como máis costoso, o cal non favorecería a todos os perxudiciados pola enfermidade do cancro; polo cal podo conclúo que por moito que quiran avanzar, e fano a pasos axigantados, son procesos longos e moi custos, polo tanto, non todos poderían aceder a ditos recusros, o cal non sería xusto para a porcentaxe de xente con poucos resursos.

  8. faa-cristinaguillan di:

    A maioría dos científicos non creen que curar o cancro sexa como o propón Hessel de simple, pero o certo é que de ser esta proposta unha solución fiable estariamos a falar dun gran avance fronte á quimioteapia empregada actualmente, a cal ten moitísimos efectos secundarios e moi perxudiciais.
    Ademáis os fármacos resultantes desta práctica poderían empregarse como cura a diversas enfermidades mortais e para as que actualmente non hai recursos suficientes para invertir.

  9. faa-laurarey di:

    A quimioterapia é unha das modalidades terapéuticas máis empregadas no tratamento do cancro, que engloba a unha gran variedade de fármacos.

    O seu obxectivo é destruír as células que compoñen o tumor, co fin de lograr a redución da enfermidade. Aos fármacos empregados neste tipo de tratamento denomínaselles fármacos antineoplásicos ou quimioterápicos.

    Estes fármacos chegan practicamente a todos os tecidos do organismo, e aí é onde exercen a súa acción, tanto sobre as células malignas como sobre as sas. Debido á acción dos medicamentos sobre estas últimas, poden aparecer unha serie de síntomas, máis ou menos intensos e usualmente transitorios, denominados efectos secundarios.

  10. fab-sporto di:

    Neste artigo podemos ver como a ciencia vai avanzando. Aínda que realmente houbo outros medicamentos para a cura do cancro que algúns non se chegaron a comercializar polo gasto que este suporía a hora de investigalo e por outra bando, porque este non lle iva traer moito beneficio económico.
    COmo ben di Hessel neste artigo este producto vaise comercializar para a cura do cancro non para o enriquecemento do mesmo.

  11. fab-manuelgonzalez di:

    Paréceme moi boa a proposta de Hessel,que a pesar de non ter ningún pariente afectado polo cancro,intenta axudar as persoas,e o que é moi importante,sen ningún obxectivo de lucro,sinalando que nun principio a terapia sería gratis,pero que despois implantarase unha pequeña cuota,pero non demasiado alta. O que diferenza esta “curación” có respecto a outras e a súa sinxeleza se a comparamos con outros tratamentos(como é o caso da quimio terapia),que consiste en introducir un tipo de virus que acude axude a eliminar as células malignas. Pero como é lóxico,todo Isto ten que ser investigado coidadosamente e rigurosamente.

  12. faa-laurarey di:

    O cancro orixínase cando as células dalgunha parte do corpo comezan a crecer sen control. O crecemento das células cancíxenas é diferente ao crecemento das células normais. En lugar de morrer, as células caceríxenas continúan crecendo e forman novas células anormais. Estas células poden tamén invadir ou propagarse a outros tecidos, algo que as células normais non poden facer. O feito de que crezan sen control e invadan outros tecidos é o que fai que unha célula sexa canceríxena.

    As células transfórmanse en células canceríxenas debido a unha alteración no ADN (acedo desoxirribonucleico).Nunha célula normal, cando se altera o ADN, a célula repara a alteración ou morre. Pola contra, nas células cancerosas o ADN alterado non se repara, e a célula non morre como debería. En lugar disto, a célula persiste en producir novas células que o corpo non necesita. Todas estas células novas terán o mesmo ADN alterado que tivo a primeira célula anormal.

  13. faa-nicolecorbacho di:

    O tumor é unha alteración patolóxica dos tecidos que deriva nun aumento de volume destes. É un agrandamento anormal dunha parte do corpo, que aparece inchado ou distendido. En sentido restrinxido, un tumor é calquera vulto que se deba a un aumento no número de células que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno. Cando un tumor é maligno, ten capacidade de invasión ou infiltración e de metástase a lugares distantes do tumor primario, e entón cando pasa a ser coñecido como cancro. O tumor, xunto co rubor, a dor e a calor forman a tétrada clásica dos síntomas e signos da inflamación. Os tumores son alteracións debidas diversos factores desencadeantes. Deste xeito, existe un marcado compoñente xenético nos cancros e un importante compoñente ambiental.

  14. faa-begonasuarez di:

    A quimioterapia é o tratamento do cancro cun medicamento nun réxime de tratamento estándar. Os axentes que quimioterapia máis comúns están destruíndo as células que se dividen rapidamente provocando esta enfermidade, unha das propiedades principais da maioría das células do cancro. Isto significa que a quimioterapia tamén pode danar células que se dividen rapidamente baixo circunstancias normais: células na medula ósea, tracto dixestivo e folículo piloso. Isto deriva nos efectos secundarios máis comúns da quimioterapia: diminución da produción de células sanguíneas, inflamación do revestimento do tracto dixestivo e perda do cabelo. Existen distintos tipos de quimioterapia:
    – Monoquimioterapia: administración dun solo fármaco antitumoral, reservada para algúns tipos de tumores e para perfiles ben definidos de pacientes.
    – Poliquimioterapia: asociación de varios citotóxicos que actúan con diferentes mecanismos de acción co fin de diminuír a dose de cada fármaco individual e aumentar a potencia terapéutica de todas as substancias xuntas.
    – Quimioterapia adyuvante: se discrimina despois da ciruxía para diminuír a incidencia de diseminación a distancia do cancro.
    – Quimioterapia neoadyuvante ou de indución: iníciase antes de calquera tratamento quirúrxico ou de radioterapia coa finalidade de evaluar a efectividade do tratamento.
    – Radioquimioterapia concomitante ou quimiorradioterapia: adminístrase co fin de potenciar o efecto da radiación ou actuar con ela.

  15. fab-martapalacios di:

    É certo o que comenta Marcos. Fai tempo que se pode “curar” o cancro pero ás farmacéuticas non lles sae rentable. É máis preferible que se merque un medicamento constantemente entre millóns de persoas a que se compre un unha única vez. Isto persoalmente paréceme horrible en todos os sentidos. Afortunadamente eu non tiven ningún pariente con cancro (e espero non telo) pero nin tan sequera son capaz de imaxinar o difícil que debe ser atoparse nunha situación así e ter que loitar diariamente contra algo tan forte sen opción a rendirse nin a baixar o ánimo. E todo isto por que? polos cartos que teñen posuídos ás farmacéuticas capaces de impedir a comercialización dun medicamento que desfaga todo ese sufrimento que moita xente ten que pasar.
    Pero este artigo alégrame o día e se Hessel está disposto a loitar hata rematar con esta enfermidade será un avance xigante na ciencia que non se olvidará xamais.

  16. fab-iriamartinez di:

    Se esta proposta de Hessel, fose levada acabo e optivese resultados, sería un gran avance, xa que o cancro afecta a miles de persoas. O tratamento da quimioterapia non é de todo factible, xa que a pesar de axudar a combatir a enfermidade non sempre é así xa que en moitas ocasión non a cura, e os efectos secundarios tamén afectan as persoas, provocándolles vómitos, perda do pelo…etc. Pero esta alternativa debería ser estudiado con moito coidado xa que están en perigo as vidas das persoas.

  17. faa-elenafontenla di:

    OS médicos levan décadas procurando un remedio alternativo á quimioterapia e se esta nova proposta, sae ben, haberá moitas posibilidades de que sexa , non a derradeira, pero si unha das máis populares solucións.
    A quimioterapia, como se cita no artigo, ten unha infinidade de efectos secundarios e produce no enfermo unha sensación de cansancio e esgotamento moi grande.
    Grazas aos axigantados avances da ciencia poderase atopar un remedio que polomenos faga que o cancro non se sexa “a enfermidade” se non que pase a un segundo plano na nosa sociedade.

  18. faa-manuelcacabelos di:

    Un tumor é unha alteración patolóxica dos tecidos que deriva nun aumento de volume destes. É un agrandamento anormal dunha parte do corpo, que aparece inchado ou distendido. En sentido restrinxido, un tumor é calquera vulto que se deba a un aumento no número de células que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno. Cando un tumor é maligno, ten capacidade de invasión ou infiltración e de metástase a lugares distantes do tumor primario, e entón cando pasa a ser coñecido como cancro. O tumor, xunto co rubor, a dor e a calor forman a tétrada clásica dos síntomas e signos da inflamación.
    Os tumores son alteracións debidas diversos factores desencadeantes. Deste xeito, existe un marcado compoñente xenético nos cancros e un importante compoñente ambiental. Os xenes involucrados nestes procesos son varios, algúns deles característicos de determinados cancros. Outros, coma o xene p53 aparecen mutados en moi diversos cancros. As funcións destes xenes son múltiples, pero un grupo importante regula o ciclo celular, directa ou directamente. É o caso do p53, que ao detectar anomalías xenéticas irreparables debe iniciar a apoptose (a morte da célula tumoral). O p53 é un xene moi susceptible ás substancias do tabaco, aínda que tamén pode ser defectuoso dende o nacemento.
    O compoñente ambiental é aínda máis importante caos xenes nalgúns tumores. É o caso dos mesoteliomas, que se producen debido a contactos longos con asbesto. Unha mala dieta, pobre en fibra tamén é un factor favorecedor do cancro de colon. Algúns tumores están causados por infecións, é o caso do cancro de estómago, que está relacionado pola infección por Helicobacter pylori, o mesmo mecrobio que causa a úlcera gástrica. Algunhas infecións víricas tamén poden producir tumores, é o caso de infecións do virus de Epstein-Barr.

  19. faa-ricardop di:

    Penso que sería moi bo que as células tumorais se eliminasen decontado, pero non creo que sería convinte xerar células tumorais nun laboratorio para logo introducirse no corpo humán, penso que se deberían haber feito probas anteriormente e comprobar que son totalmente seguros, xa que o peor que poida pasar é que estas células tumorais de laboratorio actuen como células canceríxenas normais, provocando un cáncro de calquera tipo. Penso que se deberían probar antes de empregar.

  20. fab-sofiacastineiras di:

    Para confirmar o diagnóstico dun cancro é preciso tomar unha mostra do tumor (biopsia). A única posible cura que este ten é a ciruxía, a quimioterapia ou a radioterapia. Tras a quimioterapia moitos dos enfermos sufren diversos efectos secundarios que dan lugar a un gran malestar na persoa en cuestión. A ciencia avanza a paso axigantado, así pois, podemos leer noticias como a que se trata neste artigo. O feito de que uns virus poidan curar algo como é o cancro é incrible e unha moi boa noticia. Nestes últimos anos oír a palabra cancro facíanos estremecer, e deste xeito danos unha esperanza de non ter nunca máis que asustarnos se alguén cercano ten cancro ou nós mesmos

  21. fab-noerodriguez di:

    A quimioterapia é o uso de fármacos para destruir as células cancerosas. Aínda que este término tamén se aplica aos tratamentos contra o cáncer que destrúen estas células. Estes medicamentos circulan polo sangue e atacan directamente ás células que están crecendo de forma activa. Debido a que as células cancerosas crecen e se dividen máis rápido que as células normais, son máis vulnerables á acción destes fármacos. Sie embargo, algunhas células normais son inevitablemente feridas e produce os efectos secundarios vinculados a estos fármacos (como a pérdida do pelo).

  22. faa-veronicanoya di:

    Penso que este método pode ter moito futuro, xa que me parece unha aposta innovadora e que parece ir por un camiño acertado contra unha enfermidade que mata cada ano gran cantidade de persoas.
    Coma sempre, todo busca un beneficio económico, polo que aínda que mentres este método non teña moito recoñecemento, se funciona e se fai coñecido comezará a ser cobrado. Deste modo, novamente a xente con menos recursos volve a ser a máis desprotexida, non podendo tratarse se padecen esta doencia.
    Dende o meu punto de vista este tipo de tratamentos deberían ser gratuitos, aínda que entendo que estudalos, crealos, probalos… requiren cuantiosas cantidades de cartos, polo que creo que na parte de sanidade que pagamos cos nosos impostos deberían estar incluidos estes métodos para que ninguén sexa máis que ninguén á hora da saúde.

  23. faa-manuelmontes di:

    É un método novo e diferente aos que se teñen empregado ata agora.Os axentes da quimioterapia (medicamentos antineoplásticos) destruen as células que se dividen rápidamente que provocan esta enfermidade. Pero tamén pode ( e faino) danar ás células que se dividen rapidamente baixo circunstancias normais: células na médula ósea, tracto dixestivo e folículo pilosos, entre outras.Por iso, se hai algún tratamento que poida evitar o emprego deste método, que é relativamente bo, pareceme ben que se poida utilizar.

  24. faa-fatimalago di:

    Paréceme asombroso que se estea a traballar na busca dunha cura para o cancro a través de obter virus oncolíticos mediante unha impresora 3D. Parece que este método pode chegar a ser moito mellor que os métodos actuais, como a quimioterapia. A quimioterapia mata tanto ás células cancerosas como ás células normais, mentres que os virus oncolíticos só matarían ás células cancerosas.
    Os virus oncolíticos son un tipo de virus que infecta e descompón as células cancerosas. Os virus oncolíticos pódense presentar de forma natural ou poden producirse no laboratorio ao alterar outros virus. Poden facilitar a destrución das células tumorais cando se administra quimioterapia e radioterapia.

  25. faa-igonzalez di:

    Posibles curacións de cancro? É increible que todo esto sexa posible, dado que a nosa xeración está avanzando moito tecnolóxicamente e non se pode pensar un futuro sen os avances tecnolóxicos, principalmente en mediciña, porque si non podemos sobrevivir a certas enfermidades, non poderemos obter descendencia en certas ocasións, xa que si alguén morre por causa dun cancro, ese alguén non pode ter descendendencia. Imaxinádevos si isto ocorre en moitos de nós? Sería unha catástrofe. Hai que apoiar aos avances tecnolóxicos mediciñais, xa que serán as nosas solucións para a vida.

  26. fab-fatimachaves di:

    Un tumor é calquer alteración dos texidos que produza un aumento de volume.É un agrandamento anormal dunha parte do corpor que aparece inchada ou estendida.

  27. fab-fatimachaves di:

    A quimioterapia é o tratamento do cancro con un medicamento antineoplástico ou unha combinación de ditas drogas nun réxime de tratamento estándar.

  28. faa-saracastro di:

    É evidente que a creación de virus para curar os cancros sería un avance moi grande. Non só no ámbito da medicina, senón na sociedade en xeral. Hoxe en día contamos con varios tratamentos para combatir os tumores, entre os cales destaca a quimioterapia. Esta conta con moitas desventaxas, posto que é un tratamento moi agresivo e con moitos efectos secundarios, xa que non só mata as células canceríxenas, senón que mata todo, incluidas as sás. Por iso penso que a utilización de virus para compatir os tumores sería todo un avance científico, do cal se favorecería moita xente.

  29. faa-adrianmartinez di:

    Está ben comezar a ver posibles curas do cancro como é o caso da do artigo. O tratamento está nunha fase moi inicial e non creo que sexa posible que se normativice ese proceso en pouco tempo, nin creo que sexa a mellor cura contra o cancro. Por outra banda, eu sinceramente creo que o cancro terá cura moi pronto tal como vai a cousa, non creo que se tarde máis duns 15-20 anos en atopar unha cura definitiva para esta doenza, e noticias coma esta son un incicio do que digo. Espero que a cura para esta doenza que afecta a tanta xente se de pronto, porque está a acabar con demasiadas vidas antes de tempo.

  30. faa-christiancacabelos di:

    Este virus a medida podería chegar a revolucionar a ciencia, xa que a día de hoxe o cancro é unha dura enfermidade, da que ninguén está exento que pode arruinar familias enteiras. Esta enfermidade pode levarse a calquera, familiares, amigos e coñecidos. Incluso os máis fortes chegan a caír.
    O que podemos facer agora no caso de padecer esta enfermidade é, o primeiro, extraer o tumor, e no caso de que vaia todo ben, someterse á dura quimioterapia e a unha agresiva medicación durante anos que te deixa desfeito.
    Co que Hessel propón moitos dos doentes desta enfermidade poderán disfrutar de mellores condicións e evitar a antiga e agresiva medicación e, tamén evitar posibles recaídas xa que se eliminarían as células canceríxenas sen danar as sás, que coa quimioterapia tamén son eliminadas.

  31. fab-aidagonzalez di:

    Esta nova maneira de interntar curar o cancro paréceme máis fácil de levar para unha persoa que teña este problema, xa que , outros tratamentos como a quimioterapia, mencioada no artigo da miña compañeira, teñen numerosos efectos secuddario q

  32. fab-aidagonzalez di:

    Esta nova maneira de interntar curar o cancro paréceme máis fácil de levar para unha persoa que teña este problema, xa que , outros tratamentos como a quimioterapia, mencioada no artigo da miña compañeira, teñen numerosos efectos secundarios que son perxudiciais para as perosas,algúns deles son: alopecia (caída do cabello), náuseas e vómitos, diarrea, anemia, inmunodepresión (disminución da efectividade do sistema inmune)e hemorraxia entre outros.

  33. fab-rebecachaves di:

    O cancro é unha enfermidade provocada por un grupo de células que se multiplican sen control e de xeito autónomo. En xeral, tende a levar á morte á persoa afectada, se non se trata axeitadamente. Coñécense máis de 200 tipos diferentes de cancro, os máis comúns son os de pel, pulmón, mama e colorrectal, entre outros.

  34. fab-rebecachaves di:

    A quimioterapia é o tratamento do cancro cun medicamento antineoplásico ou unha combinación das devanditas drogas nun réxime de tratamento estándar.
    Os axentes de quimioterapia máis comúns actúan destruíndo as células que se dividen rapidamente provocando esta enfermidade.
    Isto significa que a quimioterapia tamén pode danar células que se dividen rapidamente baixo circunstancias normais: células na medula ósea, tracto dixestivo, e folículo piloso. Isto resulta nos efectos secundarios máis comúns da quimioterapia: mielosupresión (diminución da produción de células sanguíneas, polo tanto inmunosupresión), mucositis (inflamación do revestimento do tracto dixestivo), e alopecia (perda de cabelo).

  35. faa-begonasuarez di:

    É un gran avance a proposta de Hessel sobre a curación do cancro detectando primeiro virus capaces de matar só as células tumoris e fabricalos artificialmente nun laboratorio coa axuda dunha impresora 3D. Estos virus chámanse virus oncolíticos.
    Un virus é un axente infeccioso microscópico e acelular que só pode multiplicarse dentro das células doutros organismos. Infectan todos os tipos de organismos. Están compostos polo material xenético, a cuberta proteica e nalgúns casos pódese atopar unha capa lipídica. Os virus poden ser moi diferentes e cada tipo ten un método distinto de transmisión. Non todos provocan enfermidades, xa que moitos prodúcense sen causar dano no organismo.
    Os virus oncolíticos, como ben di o artigo, son unha estratexia para eliminar ou revertir o desenvolvemento dun tumor canceroso no organismo.

  36. fab-yamilayelpez di:

    A inmensa maioría de afectados non poderá acceder a este tratamento polo elevado custo que implicará. É certo que Hessel dí que se pode intentar que sexa o máis accesible posible, pero ben sabemos que finalmente isto non vai depender dunha soa persoa.
    Por outro lado, sen dúbida é un avance moi revolucionario, que as persoas non teñan que pasar xamáis a quimioterapia é unha boísima noticia, aínda que non se debe cantar victoria antes de ter resultados a largo prazo.

  37. faa-fatimaf di:

    Un dos grandes problemas na busca de solucións contra o cancro é que ás grandes empresas de fabricación de fármacos que axudan a calmar os efectos secundarios da quimioterapia ou radioterapia non lles interesa a erradicación desta enfermidade, xa que é moito máis rendible a venta de produtos para calmar a dor, vómitos, diarrea, insomnio, etc. durante todo o proceso polo que teñen que pasar os enfermos de cancro que sacar ó mercado un produto que poña fin a esta enfermidade, polo que non creo que ás empresas farmacéuticas que se encargan da investigación nesta área lles interese que continúe avanzando un proxecto como o que se presenta neste artigo, que sexa accesible a todo o mundo.

  38. faa-laurapaz di:

    Se este novo método da creación dun virus para curar o cancro é efectiva, estaríamos ante un gran avance tanto no ámbito da medicina, como no da tecnoloxía.
    Comparando coa quimioterapia, este tratamento será mellor, máis beneficioso para a persoa enferma, xa que os efectos secundarios da quimioterapia son abundantes e bastante perxudiciais.
    Respecto ao que Hessel explica, de que ao principio o tratamento será gratuito, pero despois o paciente terá que pagar unha cuota anual, pareceme un pouco “egoísta” pola súa parte, porque moitos dos científicos que investigan para atopar algunha cura fano para despois poder obter beneficios económicos cando, eu penso que, estaría ben que o fixeran polo ben da sociedade.

  39. faa-ricardop di:

    Estou completamente de acordo con Aida. Xa que a nova maneira de curar o cancro é máis fácil de levar a cabo para aquelas persoa que teñan este problema, xa que , outros tratamentos como a radioterapia ou quimioterapia, teñen numerosos efectos secuddario, e en moitas ocasións letais para a persoa, ocasionándolle a morte.
    Entre os efectos secundarios máis graves encóntranse:

    Físicos: Cansancio, Náuseas e Vómitos, Dolor, Linfedema (dor polo cáncro de mama), Colostomía (cambio no funcionamento normal do corpo), Urostomía (dolor polo cáncro de vexiga), Ilestomía (cambio no funcionamento normal do sistema dixestivo) e Fértís (afeta á fertilidade das mulleres e homes).

    Emocionaiss: Ansiedade, Medo e Depresión

  40. faa-begonasuarez di:

    As posibilidades de supervivencia una vez que se realiza o diagnóstico de cancro, dependen en gran medida do temprano que se descubrira a enfermidade e o tipo de cancro, xa que algúns son máis agresivos que outros. As estatísticas de supervivencia realízanse xeralmente en porcentaxe de pacientes vivos en cinco anos despois do momento do diagnóstico. Excluíndo os carcinomas de pel que se curan case nun 100% dos casos, coas técnicas terapéuticas actuais, o cancro pódese curar en aproximadamente o 50% dos casos. Os principais factores que inflúen no prognóstico son: a localización do tumor primario, o tipo histolóxico có seu grado de diferenciación celular, as súas características biolóxicas e citoxenéticas, a idade do paciente e o estado funcional ou a reserva fisiolóxica do paciente.

  41. faa-begonasuarez di:

    Existen diferentes medidas preventivas relacionada cos hábitos de vida, alimentación e outros factores, que son capaces de diminuír a probabilidade de aparición do cancro. As principais son:
    -Deixar de fumar: o tabaco é o principal factor de risco de aparición de cancro de pulmón
    – Dieta saudable: recoméndase que sexa variada, coa suficiente cantidade de nutrientes, froita fresca, verduras, produtos integrais, fibra e aceite de oliva.
    -Non comer en exceso graxas animais: favorece o cancro de seno
    -Non beber alcohol con moita frecuencia: o seu excesivo consumo favorece a aparición de distintos tipos de cancro
    -Evitar a exposición prolongada ao sol ou outras fontes de radiación ultravioleta
    -Facer exercicio físico
    -Coidar a pel