SONAMBULISMO

Este curioso trastorno, que tamén é coñecido como noctambulismo,  afecta ao 10% da poboación infantil e ao 2% da poboación adulta, consiste en que os suxeitos realizan actividades motoras automáticas como sair da cama, camiñar, ouriñar ou incluso marchar da súa casa. Hai varios mitos sobre que se despertar a un sonámbulo pode ser perigoso, pero en realidade é como despertar a unha persoa que durme normalmente.

Os sonámbulos teñen os ollos abertos, pero non teñen constancia de onde se encontran ubicados. Tenden a volver para a cama sós, pero cando acaben a acción que se propuxeron, como por exemplo limpar. Este proceso pódese axilizar axudándolle a limpar ou dicíndolle: “Xa limpaches todo” , e el pensará que a tarefa xa está realizada e voltará para a cama.

Os problemas deste trastorno aféctanlle máis a eles mesmos caos que os rodean, xa que moitos sonámbulos morren atropelados o por cair dende lugares altos. Pero tamén se rexistraron homicidios como o de Kenneth Parks, que conduciu o seu automóvil a 15 millas da súa casa. Alí atacou ao seu sogro deixándoo inconsciente e apuñalou a súa sogra ata provocarlle a morte. Foi declarado inocente e tampouco tivo que ser ingresado nun psiquiátrico xa que o sonambulismo non é xurídicamente considerado como un trastorno mental.

As causas poden ser varias, como por exemplo ter un ciclo de sono irregular ao durmir distintas horas dun día para outro ou tamén se cre que pode ser por unhas alteracións no código xenético, e porén afecta a varias xeracións dunha mesma familia.

Aínda que non determinaron cal é o xene que provoca a aparición deste trastorno (xa que hai ata 28 xenes implicados) os expertos esperan que con estés pequenos descubrimentos se poida encontrar un tratamento.


Autor: Daniel Baúlo

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

53 Responses to SONAMBULISMO

  1. fab-martarodriguez di:

    Os sonámbulas desarrollan actividades automáticas motoras que poden ser simples ou complexas. Estas persoas poden saír da cama, camiñar ou incluso saír á rúa permanecendo inconscientes e sen probabilidade de comunicación. É moi difícil espertalos, solen volver o seu sitio por iniciativa propia e a mañan seguinte non se acordan de nada. Na miña opinión creo que sea debería investigar máis sobre este sonambulismo xa que como ben di no artigo o sonámbulo pode chegar a facerse daño ou hasta facerlle algo malo a alguén sin darse de conta.

  2. faa-diegocores di:

    Sempre me fixo moita gracia o do sonambulismo pero ao mesmo tempo asusta porque non se sabe como pode reaccionar unha persoa sonámbula. Nunha excursión vivimos algunha experiencia con compañeiros sonámbulo unha noite e a verdade é que, aínda que foi gracioso, pode chegar a asustar. Non obstante os casos nos que estas persoas desenvolven unha actitude agresiva son reducidos, así que isto non debería quitarnos o sono.

  3. fab-jairotroncoso di:

    Esta enfermidade ou este suceso, a verdade e que é moi raro non? Ver a unha persoa, cos ollos abertos, facer este tipo de cousas, pois sorprende a verdade. Como i no artigo, eu non pensara que fora tan perigoso, pero resulta que si que pode ser perigoso, polo simple feito de que ao estar en ese momento non sabes o que fas, e pode ser perigoso. E ainda menos sabía o suceso que protagonizou Kenneth Parks, eso siq ue a me pare increible, que estando sonambulo poidas cometer semexante varbaridade. Non sei si para este tipo de transtorno podra haber cura ou tratamento, pero sería bo que se encontrara, canto antes un, para solucionar este problema. Dende un punto de vista exterior, pode ser “gracioso” ou chamativo, ver a unha persoa asi non, pero a verdade eque, non o parece.

  4. faa-nicolecorbacho di:

    A enfermidade mental é unha alteración das ideas e dos sentimentos con trastornos graves do razoamento, do comportamento, da facultade de recoñecer a realidade e de adaptarse ós retos normais da vida. Crese que está provocada por perturbacións cerebrais de orixe xenética, tóxica, infecciosa ou terapéutica que poden agravarse por factores psicosociais. Porén, moitas das causas da enfermidade mental son aínda descoñecidas.

    Dependendo do concepto de enfermidade que se utilice, algúns autores consideran máis adecuado utilizar no campo da saúde mental o termo “trastorno mental”.

  5. faa-lauravazquez di:

    O noctambulismo é un transtorno que se da en un gran número de persoas e do que hai moitos mitos. A xente cree que se despertas ou molestas a un sonámbulo vólvese violento e pode atacarche. Pero non é certo. Tan só é un transtorno do sono é ó contario do que algúns creen non necesita medicación. Ás veces, o sono vese interrumpido e da lugar a estas conductas por situacións de estrés ou cando non se descansa adecuadamente. O que hai que facer no caso de tratar con unha persoa que se levante da cama mentras segue dormido é volver a deitalo, mediante o diálogo e mesmo axudándolle, convencendoo para que vaia descansar.

  6. faa-manuelmontes di:

    Sempre escoitei o de que despertar a un sonambulo era moi perigoso, pero non sabía por que. Agora sei que non hai problema, e algunha forma de axudar a que volva para a cama a persoa afectada. Nunca vivín a situación de que alguén se levantara da cama e andivera por ahí, de falar durmido si. Meus pais teñenme dito de que lles falei e que estaba desperto, pero ao día seguinte non recordo facer eso.

  7. fab-martapalacios di:

    É moi curioso este fenómeno denominado “sonambulismo” porque resulta impactante que unha persoa poida levantarse da cama a limpar sen ter consciencia diso. Por outro lado, paréceme aínda máis sorprendente que alguén poida levantarse, conducir e matar a dúas persoas estando durmido.
    Non me gustaría ser sonámbula por medo a quedarme durmida nun sitio e espertar noutro, ou a irme da casa en plena madrugada. Supoño que a xente con familiares sonámbulos xa está moi atenta de que non suceda nada raro pero… Nunca se pode estar seguro de todo.

  8. faa-larafernandez di:

    O sonambulismo é máis común do que asemella. Aínda que moitas persoas sofran isto a miúdo, pode darse casos aislados de sonambulismo, é decir, que una persoa con soño regular, pode chegar a levantarse unha noite e camiñar sonámbulo (debido seguramente por unha experiencia sufrida fai pouco que lle provoca unha resposta cerebral).
    O nocatambulismo ocorre derante a fase rem, na que se producen a maioria dos soños e o noso cerebro ten mais actividade.

  9. fab-marcosdaporta di:

    Todo o mundo coñece a algún sonámbulo. Como ven dis, este trastorno é máis perigoso para eles mesmo que para os demais. Teño un amigo o cal estivo apunto de cair polo balcón se non fose porque o seu irmán agarrouno, pura coincidencia.
    Aínda que pensaba que se adicaban simplemente a vagar pola casa agora descubro co teu artigo que tamén fan tarefas sinxelas pode isto ser unha vantaxe?

  10. fab-fatimachaves di:

    Cando durmimos pasamos por 5 fases:
    FASE I:O sono é lixeiro.As persoas aínda poden percivir a maioría dos estímulos.O tono muscular disminúe e aparecen movementos oculares lentos.
    FASE II:Nesta fase o sistema nervioso bloquea as vías de acceso da información sensorial,o que orixina unha desconexión do entorno e facilita a actividade de durmir.Esta fase actúa ocupa o 50% do tempo do sono adulto.Desaparecen os movementos oculares.
    FASE III:Sono máis profundo(denominado DELTA)onde o bloqueo sensorial intesifícase.Se un individuo se desperta nesta fase síntese confuso e desorientado.Nesta fase non se soña,prodúcese unha disminución do 10 ao 30% da tensión arterial e o ritmo respiratorio e incrementa a produción de hormonas do crecemento.Tampouco hai movementos oculares.
    FASE IV:É a fase de maior profundidade do sono,na que a actividade cerebral é máis lenta.Nesta fase o tono muscular está moi reducido.Nesta fase é na que se manifestan alteracións como o SONAMBULISMO ou os terrores nosturnos.
    FASE REM:Denomínase tamén como sono paradóxico debido ao contraste que supón a atonía muscular e a activación do sistema nervioso central.Nesta fase preséntanse os soños,en forma de narración,con un fío argumental aínda que sexa absurdo.A actividade eléctrica cerebral desta fase é rápida.Tono muscular nulo.As alteracións máis típicas desta fase son as pesadillas,o sono REM sin atonía e a parálisis do sono.

  11. faa-saracastro di:

    O sonambulismo é un trastorno do sono aue adoita aparecer en nenos. Consiste en facer actividades coma si estiveramos espertos, pero mentres durmimos. Incluso os propios ollos permaneces abertos, pero a persoa non é consciente da visión que ten nese momento.
    É un trastorno que afecta a bastantes persoas e que non adoita ser grave, a non ser que se comentan delitos como ben indica o artigo. Tamén hai que ter coidado con que a persoa non saia da casa, posto que aí xa está exposta a un perigo maior.
    Poderiase dicir que o sonambulismo non é nada grave, sempre e cando a persoa que o sofre esté bastante controlada polas persoas que viven con ela.

  12. fab-mariablanco di:

    O sonambulismo aínda que non se teña moito en conta, é un problema moi grave.
    Xeralmente, cando se durme estase nun estado de inconsciencia e o corpo está inmóbil, pero cando se ten este transtorno, o corpo actúa como cando estamos activos aínda que a mente segue no estado inconsciente. Normalmente, cando se esperta, as persoas que padecen o sonambulismo, non se acordan do que fixeron mentres estaban en estado sonámbulo e isto, como se conta no artigo é algo moi problemático.
    Penso que este transtorno non é un dos peores, pero os efectos secundarios que pode chegar a crear sí que son moi graves, polo tanto deberíase tratar este problema por medio de psicoloxía ou medicamentos.

  13. faa-christiancacabelos di:

    Temos un cerebro incrible, ten un altísimo nivel de complexidade e sen dispoñer de demasiado espazo, xa que o seu volume é de 1.400 centímetros cúbicos.
    É capaz de realizar multitude de tarefas cun maior ou menor grao de complexidade, permitindonos así realizar cálculos matemáticos, responder a estímulos externos… pero ademáis do beneficioso que é dispoñer dun cerebro tan complexo como o noso, é que debido a súa complexidade non chegamos a coñece lo ao cento por cento e é por isto polo que non logramos evitar transtornos como o Parkinson, o Alzheimer ou o sonambulismo, podemos trátalos para aminorar o avance ou intentar durmir sen moverse evitando posibles riscos derivados deste trastorno, pero non evitar a enfermidade de raíz por que non chegamos a saber por que ocorre.

  14. fab-cporto di:

    Mentres durmimos pola noite, non todo o sono é igual. Experimentamos o que se coñece como sono profundo e tranquilo e tamén sono activo, que é cando soñamos. Tal vez creas que o somnambulismo acontece durante o sono activo, pero unha persoa non está fisicamente activa durante o sono activo. O somnambulismo adoita acontecer nas primeiras horas de sono, nunha fase denominada de ondas lentas ou sono profundo.
    Non todos os somnámbulos se erguen da cama e póñense a andar. Algúns limítanse a sentarse ou incorporarse na cama ou actúan coma se estivesen espertos (aínda que atordados) cando, no fondo, están durmidos! Non obstante, a maioría de persoas que teñen somnambulismo levántanse da cama e desprázanse pola casa, sexa durante só uns segundos ou durante tanto tempo como media hora.

  15. fab-manuelgonzalez di:

    Como ben expón meu compañeiro Daniel,o sonambulismo non é un trastorno mental,senón uns movementos inconscientes que ocorrer durante a noite,más horas de sono dunha persoa. O suxeito,sen ningún propósito consciente,despertase,e realiza algunha tarea,como ir ó baño,fora da casa,e en casos extremos,a encender o coche. O sonambulismo tamén engloba as persoas que falan durante o seu sono,creendo que esta falando ou tendo un diálogo neste. Con respecto a Kenneth Parks,considero que é un pretexto para non ter que ingresar nunha cárcere ou centro psiquiátrico.

  16. faa-veronicanoya di:

    Penso que é importante saber cousas sobre este problema, xa que estas persoas se poden facer moito dano a si mesmas sen querer, ou ós que a rodean, como aconteceu no caso que expón Dani de Kenneth Parks.
    Paréceme incrible que unha persoa nun estado de sonambulismo poida conducir 15 millas e intentar asasinar a varias persoas, conseguíndoo nun dos casos, sen producir ademais ningún accidente de tráfico, polo que dende o meu punto de vista esa persoa si debería ser xulgada ou polo menos vixiada, xa que se matou unha vez, sonámbulo ou non, podería volver facelo.
    Por outra banda está o mito de que non se pode despertar a unha persoa sonámbula. Dende pequena sempre escoitei que despertar a unha persoa sonámbula podería producirlle un ataque e sempre me preguntei que ten de diferente despertar a un noctámbulo a despertar a unha persoa que non padece noctambulismo. Como expón este artigo, as diferencias son nulas, polo que podemos estar tranquilos se queremos despertar a unha persoa con este problema.

  17. faa-elenafontenla di:

    O trastorno coñecido coma sonambulismo pode ser moi perigoso, o artigo amósanos algúns exemplos bastante escalofriantes coma o do homicidio, pero non debemos de pensar que todas as persoas sonámbulas están tolas nin moito menos.
    Un sonámbulo non sempre se levanta da cama e realiza alguna estrana acción, senón que pode ser que soamente fale polas noites mentras durme ou que se sente na cama e quede inmóvil durante uns segundos ata volver a tumbarse.
    O artigo tamén fai referencia a un dato moi curioso a lenda de que despertar a un sonámbulo é perigoso para a persoa, que coma dixen antes só quedou en lenda e mito, xa que está demostrado que sería coma despertar a unha persoa normal.

  18. faa-begonasuarez di:

    Un sonámbulo realiza actividades motoras automáticas dende menos perigosas coma saír da cama, camiñar ou ouriñar ata moi perigosas para a persoa e as persoas do seu arredor, coma que poidan marchar da súa casa, xa que corren o risco de morrer atropelados ou caír dende lugares altos. Tamén é moi grave que se rexistraran homicidios. Espero que se determine cal é o xene que provoca a aparición deste transtorno e así atopar tratamento para que os afectados poidan ter unha vida mellor e non levantarse polas noites facendo cousas das que non son conscientes.

  19. fab-rebecachaves di:

    As persoas que presentan somnambulismo desenvolven actividades motoras automáticas. Un individuo somnámbulo pode saír da cama, camiñar, mexar ou mesmo saír da súa casa, mentres permanecen inconscientes e sen probabilidade de comunicación.
    É difícil espertalos aínda que, en contra do que se cree comunmente, non resulta perigoso. Os somnámbulos teñen os ollos abertos, pero non ven como cando están espertos e adoitan crer que están noutros cuartos da casa ou en sitios completamente diferentes. Os somnámbulos tenden a volver á cama por iniciativa propia e á mañá seguinte non recordan terse levantado pola noite. O somnambulismo prodúcese durante as fases 3 ou 4 do sono, é dicir, a etapa denominada sono lento ou sono de ondas lentas.

  20. fab-rebecachaves di:

    O sono de onda lenta, tamén chamado “sono profundo”, non é o sono REM, e caracterízase por unha diminución significativa na frecuencia das ondas cerebrais. O sono máis profundo e máis reparador de ondas lentas constitúe arredor do 20 por cento do tempo total de sono, de acordo con WebMD. O sono de onda lenta inclúe as etapas tres e catro do NREM, durante o cal as ondas delta moi lentas son a actividade eléctrica principal rexistrada no cerebro.

  21. faa-begonasuarez di:

    Unha das causas de sonambulismo pode ser ter un cilco do sono irregular. O sono está formado por cilclos de sono de ondas longas, de ondas curtas (ambas compoñen o sono NREM) e o sono paradóxico ou sono REM. Os ciclos de ondas curtas e o sono paradóxico altérnanse entre sí e duran uns 90 minutos. Durante unha noite poden darse entre catro e seis destes ciclos. Etapas:
    -Sono de ondas lentas (90 minutos)
    -Etapa 1 (adormecendo): dura 10 minutos e é a transición entre a vixilia e o sono. Pódense dar alucinacións na entrada e na saída.
    -Etapa 2 (sono lixeiro): sufrimos variacións no tráfico cerebral, periodos de calma e súbita actividade, o cal fai máis difícil espertarse. Nalgúns casos chégase a un proceso no que as nosas pulsacións son tan baixas e o sono tan profundo que o cerebro manda un impulso, o cal é recreado pola mente, prodúcese unha sensación violenta e corpo actúa en base a ela, o que coñecemos como “soñar que caemos”.
    -Etapa 3: (2-3 minutos) fase de transición cara o sono profundo.
    -Etapa 4: fase do sono lenta que dura uns 20 minutos. Non adoitan producirse sonos.
    -Fase REM: o cerebro está moi activo. Nesa fase os globos oculares móvense moi rápido baixo os párpados e é onde se soña e se capta gran cantidade de información do noso entorno.

  22. faa-nicolecorbacho di:

    o sonambulismo, é un trastorno do sono clasificado como parasomnia que , ao parecer, é moito máis frecuente do que se pensaba nun principio. O sonambulismo soe ocurrir normalmente “durante as fases 3 ou 4 do sono, é decir, a etapa denominada sono lento ou sono de ondas lentas e pode ter consecuencias como lesións ou trastornos do funcionamiento psicosocial.

    As persoas con depresión padecían máis riesgo de sufrir noctambulismo en comparación cas persoas sen trastorno mental. O mesmo sucedía cos afectados por trastorno obsesivo-compulsivo e cos que abusaban do alcohol e das outras drogas.

  23. fab-noerodriguez di:

    O mellor método de tratar con un sonámbulos é devolvelos á súa cama. Aínda así, a persoa pode continuar erguéndose. Os sonámbulos non recordan nada do que fixeron mentres se atopaban neste estado.
    Os sonámbulos corren un maior risco de facerse dano a eles mesmos que a outras persoas. Cando os sonámbulos son un perigo para si mesmos ou para outros, como pode ser no caso de que enchufen un ferro de pasar ou que se acheguen a unha escaleira, polo que se debe devolver a esta persoa á cama, pois non son poucos os casos que unha persoa sonámbula se fai dano ou incluso morre por culpa da súa inconsciencia neste estado.

  24. fab-elisaperez di:

    Unha investigación feita por un investigador da Universidade de Montreal (Canadá) revelou que as persoas sonámbulas non sempre esquecen o que lles sucedeu mentres camiñaban dormidas. O autor da investigación publica que os adultos sonámbulos soen lembrarse do sucedido cando estaban soñando, ademais do que pensaron e o que sentiron durante os paseos nocturnos. Os nenos e os adolescentes, sen embargo, ao ter o cerebro máis inmaduro, soen sufrir máis episodios de amnesia cando son vítimas deste trastorno do sono.

    • faa-larafernandez di:

      No meu caso, que son sonámbula, nunha ocasión recordei ó despertar, que fora a por zume á cociña, pero non recordaba que case caíra polas escaleiras (xa que durmo no primer piso) e que miña nai intentara que volvese o meu cuarto. Dixóme: xa tes o zume, e eu volvín a cama sen sequera darme conta.
      Os sonámbulos poden recordar certad partes do que fixeron, pero soen ignorar os perigos ls qie estiveron sometidos.

  25. fab-ariadnacordal di:

    Algunhas das causas do sonambulismo en adultos, aparte de ter un ciclo de sono irregular, son o alcohol, sedantes ou algún tipo de tratamento médico, convulsións e trastornos mentais. Nos nenos adoita estar relacionado coa falta de sono ou a fatiga.
    Ás veces os tranquilizantes axudan a reducir os episodios de noctambulismo, mais como o artigo explica, non existe ningún tratamento cuxa eficacia estea comprobada. Non obstante, pódense tomar medidas tales como apartar ou desfacerse de obxectos que poidan causar algún tipo de lesión por mor de se a persoa que padece sonambulismo sofre un episodio de dito trastorno pola noite.

  26. faa-ricardop di:

    Penso que ser sonámbulo é un problema, xa que podes ir onde queiras, podendo ás veces, ser atropelados, polo que é moi perigoso dependendo das circunstancias.
    Nun programa que vin, os xogadores tiñan 9 vidas, para 9 preguntas que un señor lles facía, e unha delas era elixir se espertar ou non a un sonámbulo. O resultado foi que é moito mellor espertalos, para previrlles accidentes ou que sigan vagueando pola casa ou rúa adiante. Sobre este tema tamén houbo unha discursión, se espertamos a un sonámbulo podríamos causarlles a morte polo Shock, pero non é certo, anque sí é certo que os primeiros 10 minutos de espertalos encóntranse desorientados, polo que necesitan ese tempo para saber onde están, algúns, incluso, sen saber que son sonámbulos.

  27. fab-danielbaulo di:

    Os sonámbulos non sempre esquecen o que lles ocorre durante estes episodios, xa que eu son sonámbulo e moitas veces recordo o que fago.
    Tamén o corroborou un investigador da Universidade de Montreal, pero para que unha persoa recorde o que fixo depende da idade, xa que os adultos sonámbulos soen lembrarse do sucedido máis a cotío. En cambio os nenos e os adolescentes sufren máis episodios de amnesia cando son vítimas deste trastorno do sono e case nunca recordan nada do acontecido.

  28. fab-gretageorgieva di:

    O sonambulismo non se trata dun trastorno mental, senón que son movementos ou accións inconscientes que realiza a persoa afectada no seu momento de descanso, é dicir mentras a persoa en cuestón esta durmindo, son momentos como andar de pé cos ollos abertos ou falar sen darse de conta, tendo toda apariencia dunha persoa esperta.
    A estas perosoa resulta un tanto dificíl espertalas, pero aínda así tenden a regresar por iniciativa propia a cama,cando se van acercando as horas do día, pero eso sí non se lembran de ningún dos seus actos en estado somnabolíco.
    Esto ten lugar na fase 3 do sono, é dicir a fase de camiño ao sono profundo que ten unha duración duns 3 a 4 minutos.

  29. faa-laurapaz di:

    Acostumase asociar o sonambulismo como un problema grave tanto para as persoas noctámbulas como para as que as rodean, e moitas veces non se sabe que facer cando unha persoa sonámbula desperta polo feito de que non sabes como poderá reaccionar. Pero como se explica no artigo, o máis apropiado a facer nestes casos é convencelo de que volva para cama, falando con esa persoa. Respecto ao perigro, o principal afectado é o sonámbulo, aínda que nalgúns casos, como o que aparece no artigo, que pode chegar a matar xente.

  30. fab-lorenasoto di:

    Un individuo sonámbulo pode saír da cama, camiñar ou incluso saír da casa mentres permanecen inconscientes e sen probabilidade de comunicación. É difícil espertalos aínda que non resulta perigoso como pensa a maioría da xente. Os sonámbulos teñen os ollos abertos pero non ven como cando están espertos e soen crer que están en outras habitacións da casa ou en lugares completamente diferentes. Estas persoas tenden o volver á cama por si soas e a mañá seguinte non recordan nada.

  31. Esteban Pintos di:

    O sonambulismo é moi curioso polo feito de que alguén podia levantarse mentres está durmindo sen despertar e poñerse a facer calquera tarefa do fogar ou ata coller o coche, conducilo uns cantos kilómetros e matar a dúas persoas, isto é moi perigoso. Os familiares ou compañeiros de vivenda dun sonámbulo deben estar moi pendientes deste e asegurarse de que polo menos non poida saír da casa nese estado ou coller algo co que lle poida facer dano a alguén ou a el mesmo.
    Outra cousa que me sorprende é que o mito de que se despertas a un sonámbulo é unha mala idea polo que poida pasar sexa mentira, pero é razoable xa que é como se despertases a unha persoa normal durmindo, o único que cambia practicamente é que esta está en movemento en vez de tumbado na cama ou sofá.

  32. faa-noeliaparracho di:

    Eu teño na miña casa unha persoa que, se non é sonámbula, actúa como tal. É a miña irmá.
    O que máis adoita facer é chamar á miña nai, para despois decirlle que ten que facer “x cousa”. A miña nai sempre fai o que o noso compañeiro Dani comenta no artigo, dille que xa fixo esa cousa, entón ela reláxase e “volve durmir”.
    O máis común é que veña á cociña e quede de pé ollando para os que alí estamos, que se levante e colla obxectos, que vaia ó baño… Unha vez chegou a coller comida da neveira e levala para a cama e durmir abrazada a ela.
    Nunca tivo ningún tipo de comportamento agresivo nin nada polo estilo. Na casa temos este comportamento como algo normal nela e moitas veces bromeamos sobre as cousas que fai.

  33. fab-anaoubina di:

    É un trastorno que ocorre cando as persoas camiñan ou realizan outra actividade estando aínda dormidas. O ciclo normal do sono ten etapas, dende a somnolencia leve ata o sono profundo. Durante a etapa chamada sono con movementos oculares rápidos, os ollos muevense rápidamente e son máis comúms os soños vividos.
    Cada noite, as persoas pasan por varios ciclos de sono desincronizado e sono sincronizado ou profundo. O feito de camiñar dormido ocorre con maior frecuencia durante o sono profundo sincronizado, nas primeiras horas da noite. Si ocorre durante o sono desincronizado, é parte do trastorno do comportamiento relacionado co sono MOR e suele suceder cerca da mañán.

  34. faa-cristinaguillan di:

    Eu mesma fun testemuña de algúns episodios de sonambulismo en algúns amigos meus, non violentos eso si. E podo decir que non me gustou a experiencia, xa que non sabes o que pode facer esa persoa e ás veces non sabs como convencela para que volte para a cama.
    Todo o mundo me dixo sempre que non podía espertar a ninguén mentres “estaba sonámbulo”, e non comprendía cales eran as razóns para que puidesen reaccionar de forma violenta ou mesmo desmaiarse como moitos afirmaban. Agora sei que non hai ningún inconvinte en facelo xa que, como sospeitaba, é como espertar a calquera persoa do sono.
    Agora ben, respecto a que para quen é máis perigoso o sonambulismo podemos decir que para o propio sonámbulo, xa que non é consciente dos seus actos e pode realizar accións realmente perigosas que mesmo o poden levar á morte, pero alegando que non son conscientes do que fan podemos decir que tamén son moi perigosos para os que os rodean, xa que como ben se exemplifica na artigo, poden chegar a asesinar “sen querer”.
    Espero que algún dia cheguen a entender por que se dan estes episodios e atopen unha cura ou algo que os atenue.

  35. faa-laurarey di:

    O noctambulismo é un trastorno que ocorre nos niveis máis profundos do soño. As persoas que padecen estas desordes, mentres dormen, pasan a un estado leve de conciencia onde poden realizar actividades que usualmente lévanse a cabo cando estamos plenamente conscientes.

    Algunhas delas poden ser tan inocuas como sentarse na cama, camiñar polo cuarto, escribir, fregar, pero tamén poden entrañar perigos para a vida do suxeito, como manexar un auto ou subirse a grandes alturas. En xeral, parece ser que as accións sonambúlicas son especies de rutinas, movementos simples repetidos; con todo, reportáronse casos de condutas de gran complexidade.

  36. fab-sporto di:

    Como ben din algúns dos meus compañeiros o sonambulismo aféctalle máis a persoa que o ten que os do seu arredor xa que estes non saben o que fan e poden a chegar a facerse dano ou facerlle dano a algunha persoa sen eles enterarse do cal se acaban arrepentindo.
    O sonambulismo é un trastorno do sono durante o cal a persoa durmida se ergue, camiña, fala e se comporta coma se estivese esperta.

  37. faa-nicolecorbacho di:

    O sono é un estado fisiolóxico necesario para a vida, que se caracteriza pola interrupción temporal do movimento, a capacidade sensorial e o estado de alerta. Durante o sueño se producen cambios nas funcións do organismo e se desembolve unha actividade mental imprescindible para manter o equilibrio físico e psíquico das persoas.
    Se distinguen dúas etapas no período de snoo, denominadas fase de sono lento ou NON REM, e fase de sono rápido ou REM.

  38. fab-yamilayelpez di:

    Eu coñezo a unha sonámbula. No seu caso, só chegaba ao extremo de levantar da cama cando era moito máis pequena. O que fai agora é, por exemplo, sentarse de súpeto na cama e falar como si estivera no sono. Xeralmente contesta preguntas, pero as veces que dormín con ela fixeime en que sempre ocorre cando no sono recrimina algo a alguén, ou está en medio dunha tarefa que lle resulta complicada.
    A miña teoría é que, polo menos no caso da miña amiga, o sonambulismo aparece cando tivo un mal día ou está saturada, e necesita expresarse máis fortemente.

  39. fab-iriamartinez di:

    As persoas que presentan somnambulismo, tamén chamado noctambulismo, desenvolven actividades motoras automáticas que poden ser sinxelas ou complexas. Un individuo somnámbulo pode saír da cama, camiñar, mexar ou mesmo saír da súa casa, mentres permanecen inconscientes e sen probabilidade de comunicación. É difícil espertalos aínda que, en contra do que se cree comunmente, non resulta perigoso. Os somnámbulos teñen os ollos abertos, pero non ven como cando están espertos e adoitan crer que están noutros cuartos da casa ou en sitios completamente diferentes. Os somnámbulos tenden a volver á cama por iniciativa propia e á mañá seguinte non recordan terse levantado pola noite. O somnambulismo prodúcese durante as fases 3 ou 4 do sono. É máis frecuente en nenos e adolescentes. Polo xeral, os episodios son illados, aínda que poden ter un carácter recidivante no 1 ao 6 por cento dos pacientes. A súa causa é descoñecida e non existe ningún tratamento eficaz. Á persoa que presenta estes síntomas denomínaselle somnámbulo ou somnámbula.

  40. faa-santiagoescudeiro di:

    O sonambulismo pode resultar moi perigoso, xa que a persona que o sufre non é consciente dos actos que leva a cabo cando fai acto de presencia o trastorno. Unha persona sonámbula pode levantarse de noite da súa cama e ir ao frigorífico a por auga, por exemplo, o que non aparenta ser un risco para ninguén. Pero tamén pode saír á rúa e provocar un accidente por cruzala sen mirar, xa que non é consciente do que está facendo en dito momento, xa que é como se estivese durmido. A certos individuos pareceralles gracioso o feito de que unha persona se levante de noite sin ser consciente do que fai, pero dende logo que non é para nada gracioso ese feito, xa que pode facerse dano a sí mesmo ou a outros, incluso levar a morte.

  41. fab-iciacores di:

    Respeto ó tema de que os sonámbulos non recordan o que fan, non estou dacordo. Eu son sonámbula e si é certo que ás veces non recordo o que fixen, pero moitas outras acórdome completamente a teño a sensación de que non estaba sendo consciente do que facía. Normalmente, cando espertas nun sitio onde non te acostaches a noite anterior, non sabes como chegaches alí, pero ás veces xa sabes que fuches sonámbulo e incluso a razón polo que o fixeches. Falando das causas, pode que si que haxa certos factores que ao mellor afecten, pero non ten porque ser así e moitas veces, o sonambulismo é un factor hereditario en moitos casos, xa que teño bastantes familiares que tamén o padecen. As accións que un fai sendo sonámbulo poden ser distintas, dende soamente falar ou gritar ata levantarte e ir ata o balcón, polo que é convinte ter as portas de saída e ventás cerradas. Por outra banda, o de que espertar a un sonámbulo é perigoso, é simplemente un mito. Podes espertalo tranquilamente porque non vai ocorrer nada, e moitas veces nin sequera é necesario, con dicirlle que volva para a cama xa está. Como curiosidade, engadir que unha persoa que fala nos soños, nunca vai dicir o que non quere dicir cando está esperto, é dicir, nunca vai soltar un segredo que sabe que non pode.

  42. faa-ricardop di:

    O sono podemos dividilo en 2 grades fases; Fase NREM (na que soñamos lentamente) e Fase REM (na que a actividade cerebral é moi alta; tamén podemos ter soños paradóxicos, que soen durar pouco).

    Fase NREM:

    Etapa I (adormecemento): sobre 10 minutos, estado entre vixilia e soño, que provoca alucinacións na entrada coma na salida de dita fase. Sería o 5% total do tempo de sono.

    Etapa II (soño lixeiro): Diminúen as constantes vitais e empeza a xerarse maior tráfico cerebral. Algunhas veces o soño é tan profundo, que o cerebro envía un estímulo ó corpo para comprobar que existe a conexión entre cerebro e corpo, coñecida vulgarmente como “soñar que caigo”, levantándose inmediatamente e ó pouco tempo volver á Fase I. Sería a metade do tempo de descanso.

    Etapa III: Cara ó sono profundo, anque só estamos 2 ou 3 minutos nesta fase.

    Etapa IV (sono Delta): Fase lenta do sono, polo que é máis profundo, custando despertarse a maioría das veces, dura sobre 20 minutos. Non soen producirse soños, e dura sobre o 20% do tempo de sono.

    Fase REM: Gran actividade cerebral, sen capaciddade motora (bloqueada polo tronco cerebral) e nesta fase é onde soñamos, pero caracterízase pola gran actividade cerebral e o movemento rápido dos ollos baixo as pálpebras, é o 25% do tempo de sono.

  43. fab-sofiacastineiras di:

    As persoas que presentan sonambulismo realizan actividades motoras automáticas que poden ser sinxelas ou complexas. Os sonámbulos relizan as accións de maneira inconsciente e sen probabilidade de comunicación. Non é imposible despertalos pero sí é difícil. A súa causa é descoñecida e non existe ningún tratamento. Corren máis risco de facerse dano a sí mesmos que a outros. A maneira de lidiar con sonámbulos de forma segura é levalos de volta a súa cama. É moi difícil que un sonámbulo revele información a alguén a que non lla revelaría desperto.

  44. fab-saulmondragon di:

    O sonanbulismo pode chegar a ser moi grave, todo depende da persoa que o sufra.Esta pode simplemente levantarse e volver a cama sen nesequera darse conta, encambio outras poden chegar a facer unha serie de tarefas habituais ou calquera accion que se lle poda pasar pola cabeza.

    Hai estraños casos en que os sonanbulos poden recorer centos de metros pola calle sen darse conta ou incluso matar a alguen sen querer e volverse a dormir.

  45. faa-fatimalago di:

    Nos acostumamos a ir á cama a durmir e gozar dun sono recompoñedor, pero algunhas persoas teñen noites moi axitadas, onde camiñan, comen e eta saen da casa, para non recordar nada na mañá seguinte. Estes reciben o nome de somnámbulos.
    O somnambulismo é unha das desordes do sono máis comúns dentro do grupo da parasomnias e afecta aproximadamente a un 15% da poboación, aínda que a gran maioría o experimenta de forma moi leve.
    Os que sofren de somnambulismo, realizan algunha función motora durante a etapa máis profunda do sono, coñecida como NREM ou sono lento. Crese que está causado por unha inmadurez do sistema nervioso, especialmente nos nenos e, no caso dos adultos pode deberse ao aumento da voltaxe das ondas delta no sono.
    O somnambulismo preséntase en diferentes formas, que van moito máis alá de camiñar durmido. Algunhas persoas remataron no cárcere por cousas que non recordan, xa que as realizaron de forma inconsciente ao estar somnámbulos.
    A verdade é que algúns sonámbulos chegan a facer cousas realmente impresionantes, como conducir un coche, ou mesmo chegar a matar xente.

  46. faa-fatimaf di:

    O sonambulismo é algo moi curioso que sempre me chamou moito a atención, xa que eu mesma o vivín non fai moitos anos.
    Recordo que cando era pequena teño espertado sentada á mesa, dentro da bañeira, etc. e non saber como nin porqué chegara alí, aínda que moitas veces tiñan que ser meus país os que mo contaban ó día seguinte porque eu nin sequera recordaba que eles me levaran de volta á cama.
    Pode que o factor hereditario axude pero non creo que sexa a única causa do sonambulismo xa que nin meu pai nin miña nai o foron nunca e sen embargo eu si o fun.

  47. faa-noeliaparracho di:

    Estou de acordo coa miña compañeira Icía.
    Os sonámbulos non recordan o que fixeron na maior parte dos casos, pero moitas veces cando lle digo á miña irmá o que fixo de noite ela di “Teño a sensación de que eso ocorreu, pero non o recordo ben” ou “Si, recordo ter estado en x sitio, pero non o que fixen” entre outras cousas. Ten como leves recordos do que fixo sen chegar a ser no momento da acción consciente do que está a facer.
    Ademais, como ela tamén di, o sonambulismo ven relacionado con factores hereditarios, xa que algunhas persoas da miña familia o foron ou o son.
    No meu caso, ás veces falo en soños, e algunha vez me levantei para ir ó baño segundo me dixeron, pero non adoita ocorrerme, pasábame máis cando era pequena, hoxe en día xa nin recordo a última vez que me dixeron que o fixen, polo que penso que dalgún xeito, o sonambulismo é hereditario.

  48. fab-aidagonzalez di:

    O sonambulismo ten unha definición moi sixela que a maioría das persoas coñecen, é un trastorno que ocorre cando as persoas camiñan ou realizan outras actividades estando durmidas, e sen darse conta de que as fan. O sonambulismo pode sufrilo persoas de calqueira idade tanto rapaces, como adultos ou anciáns. Os síntomas principais do sonambulismo son: mostrarse confuso, desorientado ou tamén agresivo cando alguen os desperta, ter unha mirada ausente, non recordar o que fixeches mentres estabas sonámbulo, abrir os ollos durante o soño, realizar unha actividade concreta durante o soño (limpar, andar, arranxar algo…), camiñar mentres se está durmido e tamén falar , a maioría das veces, de cousas que non teñen sentido.

  49. fab-beatrizcasal di:

    As persoas que presentan somnambulismo desenvolven actividades motoras automáticas que poden ser sinxelas ou complexas. É difícil espertalos aínda que, en contra do que se cree comunmente, non resulta perigoso. Os somnámbulos teñen os ollos abertos e adoitan crer que están noutros cuartos da casa ou en sitios completamente diferentes. Os somnámbulos tenden a volver á cama por iniciativa propia e á mañá seguinte non recordan terse levantado pola noite. O somnambulismo prodúcese durante as fases 3 ou 4 do sono, é dicir, a etapa denominada sono lento. É máis frecuente en nenos e adolescentes. A súa causa é descoñecida e non existe ningún tratamento eficaz.

  50. faa-martinlosada di:

    No artigo ben se dí que despertar a alguén mentres está sonambulo non é perigoso, senón todo o contrario, é o que se debería de facer. Sen embargo teño unha experiencia persoal de dormir con un sonámbulo nunha excursión, e antes dela, a nai dixome que si se levantaba da cama non o despertaramos que podería supor un risco para el. Esto o que proba é que hai unha gran desinformación acerca deste problema, xa que mesmo as persoas que se ven afectadas por unha persoa cercana que padece de sonambulismo non saben moi ben que facer.
    No referinte a perigosidade, na meirande dos casos ser sonambulo non supón un problema para o entorno máis cercano agás en algún caso illado, sen embargo e diferente para o sonambulo xa que pode ser moi perigoso se contribuen alguns factores como pode ser dormir nunha planta alta.

  51. faa-fatimalago di:

    Hai casos moi curiosos de persoas somnámbulas. Hai persoas que teñen relacións sexuais mentres dormen, o que se denomina sexomia. Existe o caso dun home en Inglaterra que foi absolvido de varios cargos de violación, argumentando que actuou durmido e que padecía de sexomia.
    Algúns somnámbulos saen das súas camas e, en vez de camiñar, soben aos seus coches e saen a dar un paseo.
    Outros, espertan na noite e comen de forma compulsiva e non só doces ou unha hamburguesa, senón que tamén cousas estrañas como verniz de uñas, papel ou morden madeira.
    Pelexar non é unha boa forma de resolver conflitos, pero existen somnámbulos que de forma inconsciente se volven violentos e vanse aos puños coa súa parella, familiares e mesmo estraños.

  52. fab-aldaramuniz di:

    O sonambulismo é un trastorno do sono e o que pode vir acompañado de movementos físicos. Os sonánmbulos fan accións inconscientemente, e moitas delas perigosas, e ao día seguinte nin acordarte de que ao mellor camiñaches metros pola rúa ou conduciches un coche, e sen darte de conta. O sonambulismo é máis frecuente nos nenos, e pode ocasionar lesións, pero estas etapas soen esvaecerse co tempo, en cambio nun adulto poden ser máis perigosas e teríase que tratar con terapia para que o sonambulismo non fose a máis, e antes de que sexa moi perigoso.
    Este trastorno está relacionado tamén coa falta de sono, por eso se debería programar mellor o horario cando vaias a durmir, e coas horas necesarias que necesitas para descansar.