NANOTECNOLOXÍA, O NOSO FUTURO

Non vos preguntáchedes moitas veces, cómo sería unha televisión do futuro? Pois estamos moi preto disto, debido a que a tecnoloxía avanza moi rápido. Desta maneira, acaban de crear televisións planas con píxeles intelixentes, denominados cristais OLED (Organic Light-Emitting Diode).

Ben, pois nestas novas tecnoloxías, o que podemos observar é que son moito máis modernas e incluso poden desenvolverse aspectos que, ata agora, nunca os pensaramos. Como podedes observar na imaxe de arriba, esta televisión é unha das primeiras en ter os cristais OLED. Pero claro, esta televisión non poderá ser adquirida por calqueira persoa, dado que ten un alto custo, e aínda non está en fase comercial.

A maioría das persoas critican este tipo de televisións debido a que aínda teñen moitos problemas, pero, a medida de que se vaia investigando máis nelas, e conseguindo materiais más baratos e más bos, xa non haberá tantos problemas, é máis, serán as televisión proxenitoras das actuais “Smart TV“, que aínda non están ao 100 % de innovacións e de eficacia, senón que cerca do 30 % das televisións “Smart TV” saen defectuosas ou con algún tipo de problema técnico que fan que funcionen mal, pero repito que agora mesmo están a facerse, e a investigar, moitos avances e, polo tanto, esta cifra de “fracasos” está diminuíndo bastante rápido.

Non so son as televisións as que poden ter este luxo, senón que tamén ordenadores, teléfonos móbiles, tablets ou incluso os propios coches están a investigar como sería esta inovación sobre os mesmos, como por exemplo, nos parabrisas, para que as pantallas do velocímetro, o reloxo, etc, poidan estar no propio cristal, facendo, desta maneira, que o conductor non sexa obrigado a cambiala vista da carretera para mirar a qué velocidade vai ou a que hora empeza o partido.

Hai que destacar que estes cristais permítennos dobrar a pantalla sen que se rompa, un dato moi positivo para os móbiles, dado que ao andar con eles no bolsillo, son moi fráxiles e, polo tanto, fáciles de romper. Un moi bo exemplo disto que vos acabo de contar, é o do smartphone que xa industrias xaponesas están a fabricar, coma o de vídeo de continuación.

Hai que pensar moito no futuro porque ven cargado de cousas moi boas, con respecto a tecnoloxías do noso uso da vida cotiá, que nos favorecerán a nosa vida e faránola moito máis entretida.


 

Autor: Iago González

Esta entrada foi publicada en Nanotecnoloxía, Novas tecnoloxías e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.