ESGÓTASENOS O TEMPO

A península Antártica está considerada un dos lugares ó que máis lle afecta o cambio climático e, día a día, estase a producir un efecto de rebote do terreo debido á perda do sobrepeso dos glaciares. Este efecto é a resposta elástica instantánea seguida dunha elevación paulatina, que se prolonga ó longo de miles de anos. A codia terrestre actúa como unha almofada que se vai recuperando co tempo cando se lle quita o peso que se tiña enriba.

Un equipo de investigadores da Universidade de Newcastle empregou a tecnoloxía do GPS para medir con precisión o impacto do desxeo dos glaciares en rocas a 400 km por debaixo do chan. Atopáronse con que a codia terrestre da península Antártica elévase ó redor de 15 mm ó ano, demasiado para tratarse tan só do efecto rebote que non ten precedentes na Antártida. Esta península e unha rexión montañosa situada ó oeste do continente branco, e cun clima máis temperado, prodúcese o desxeo no verán. O cambio climático afecta alí de tal forma que é a zona de quentamento máis rápido do hemisferio Sur, e a súa temperatura media anual subiu 2,8 ºC no último medio século, segundo o Servicio Antártico Británico (BAS). Isto provocou que a península perdera gradualmente gran parte da masa xeada.

Despois de comparar as medidas e analizados os datos cos seus modelos, mostrouse como o manto baixo a codia terrestre nesta península flue moito máis rápido do esperado e por iso responde moito máis rapidamente. Os investigadores publicaron o seu traballo na revista Earth and Planetary Science Letters.

Por agora limitáronse a estudar a deformación vertical do terreo, pero despois dun estudo da deformación horizontal queren obter unha imaxen tridimensional e poder empregar os datos xeofísicos para entender os mecanismos do fluxo do manto. Ata o momento descubriuse que a recuperación do terreo é que un proceso tan rápido que a viscosidade do manto superior ten que ser dez veces menor do que se estimara para esa rexión, e moi inferior ó resto da Antártida.

O realmente preocupante deste estudio é que casi se pode apreciar o rebote en directo, as medicións realizaronse en pouco menos dunha década, non é un proceso que se desenvolve ó longo de miles de anos como se esperaría.


Autora: Laura María Vázquez Millán

 

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

61 Responses to ESGÓTASENOS O TEMPO

  1. faa-laurarey di:

    A Península Antártica é a parte máis septentrional da península da Antártida. Na superficie , é a península máis grande , o máis destacado na Antártida , xa que se estende 1.300 kilómetros (800 millas) dunha liña entre Cabo Adams ( Mar de Weddell ) e un punto no continente ao sur das Illas Eklund. Debaixo da capa de xeo que a cobre , a Península Antártica está formado por unha cadea de illas rochosas que están separadas por canles profundas cuxos fondos atopar a profundidades moi por baixo do nivel do mar actual e están unidos entre si por unha capa de xeo de terra. Terra do Lume , o extremo sur de América do Sur, atópase a só uns 1000 km ( 620 millas ) de distancia , cruzando o Pasaxe Drake.
    A Península Antártica está salpicado de numerosas estacións de investigación e ten múltiples reclamos de soberanía. A península é parte das reclamacións en disputa e superpostas por Arxentina , Chile e o Reino Unido . Ningunha destas afirmacións ten recoñecemento internacional e os respectivos países non trate de facer valer as súas reivindicacións.

  2. faa-nicolecorbacho di:

    A isostasia é a condición de equilibrio que presenta a superficie terrestre debido a diferencia de densidade das súas partes. Se resuelve en movementos verticais e está fundamentada no principio de Arquímedes.
    O equilibrio isostático pode romperse por un movemento tectónico ou o desxeo dunha capa de xeo. A isostasia é fundamental para o relieve da Terra. Os continentes son menos densos que o manto, e tamén ca corteza oceánica. Cando a corteza continental se pliega acumula gran cantidade de materiais nunha rexión concreta. Terminado o ascenso, comenza a erosión. Os materiales se depositan, a larga, fora da cadena montañosa, que ésta perde peso e volume.

  3. faa-manuelcacabelos di:

    A fauna dos mares en torno á Antártida é bastante rica. Está composta por unha gran variedade de invertebrados como esponxas, anemones, estrelamares e ourizos de mar,anélidos, crustáceos e moluscos e entre os máis comúns están o isópode Glyptonotus antarticus e o molusco Nacella concinna, común nas zonas costeiras. As condicións ambientais afectan ao crecemento e á reprodución deses animais, que se fan maiores e medran máis lentamente, reproducíndose de forma máis lenta que os seus conxéneres de rexións quentes.
    Existe tamén unha gran variedade de animais mariños que dependen, directa ou indirectamente, do fitoplancto. A vida mariña da Antártida inclúe pingüíns, baleas azuis, candorcas, luras colosais e lobos mariños. O pingüín emperador é o único pingüín que se reproduce durante o inverno antártico, mentres que o pingüín de Adelia reprodúcese máis ao sur que calquera outro. O pingüín saltador da rocha ten unhas plumas distintivas ao redor dos ollos, o que lle dá a aparencia de pestanas elaboradas. O pingüín rei, o pingüín de barbicha e o pingüín gentoo tamén se reproducen na Antártida.
    O lobo mariño antártico foi vítima da caza masiva nos seculos XVIII e XIX polos cazadores de focas dos Estados Unidos e o Reino Unido, que querían as súas peles. A foca de Weddell, recibe o seu nome en honor a Sir James Weddell, comandante das expedicións que realizaron os británicos na procura de peles polo mar de Weddell. O krill antártico, que congrega grandes cardumes, é a especie chave do ecosistema do Océano Antártico, e é un organismo importante para a alimentación de baleas, focas, leopardos mariños, lobos mariños, luras, blénidos, pingüíns, albatros e outros moitas aves.

  4. faa-santiagoescudeiro di:

    A contaminación e o efecto invernadoiro están derretendo os polos e as grandes masas xeadas da Terra, esto ocasiona unha subida do nivel da auga líquida dos océanos e o asolagamento de terreos próximos á costa e de pouca altitude respeto ao mar. Aa contaminación non parece que vaia cesar, e os danos aumentan ao igual que a temperatura terrestre.
    O estudo que se comenta no artigo é moi interesante e paréceme moi útil, xa que se poden motrar os danos que causa que a temperatura terrestre aumente debido a contaminación.
    Os gobernos non interveñen e supoño que cando se queiran dar conta do que pasa, será demasiado tarde e os danos serán moi graves. A cidadanía parece que cada vez está máis concienciada, pero queda moito traballo por facer por parte dos organismos competentes.

  5. fab-ariadnacordal di:

    A isostasia, palabra derivada do grego ‘iso’ (igual) e ‘stasis’ (estado), é un fenómeno que explica os cambios do terreo provocados por consecuencia da erosión e sedimentación presente en terreos contiguos ou por desxeo, como sucede neste caso. O efecto de rebote do terreo é un proceso natural, mais como explica o artigo, a raza humana é a autora da súa aceleración desmesurada debido ás altas produccións de gases invernadoiro que propician o cambio climático e polo tanto, a subida de temperaturas causante da fusión dos glaciares.

  6. fab-elisaperez di:

    A isostasia é o equilibrio de flotación entre a litosfera e o manto plástico (astenosfera). Se aumenta a masa da litosfera, esta tende a fundirse no manto. Se disminúe a masa da litosfera, esta tende a ascender.

    • faa-christiancacabelos di:

      Ademáis de favorecer este proceso perdemos un gran espello, o xeo, que reflictía cara o espazo as radiacións solares, moderando deste xeito a temperatura global, que aumentará desgraciadamente destruido ecosistemas e acabando coa fauna típica destes lugares xeados, como os osos polares.

      • fab-jairotroncoso di:

        Christian ten razón, si perdemos as grandes masas de xeo que hai na Terra (Glaciares, icebergs…) os raios reflictiranse menos, e eso dañará máis a codia terrestre, e aumentara a temperatura aínda máis, e como dice o noso compañeiro, destruirá a fauna e os ecosistemas.

  7. fab-sofiacastineiras di:

    A isostasia é a condición de equilibrio entre as distintas masas rochosas da superficie da Terra debido á diferenza de densidade existente entre as partes da mesma.
    O equilibrio isostático pode romper por un movemento tectónico ou o desxeo dun inlandsis, que é un glaciar rexional. A isostasia é fundamental para o relieve da Terra.

  8. faa-noeliaparracho di:

    Entre todos os efectos que pode provocar o quentamento global, este é un dos que menos adoitan chamar a atención ás persoas, sen embargo, é moi importante saber qué consecuencias traería esto.
    Para comezar, a Terra non é completamente ríxida, senón que varía a súa forma segundo o peso que se exerza sobre ela. Cando nun lugar ocorre un aumento de peso, noutro diminúe, un lugar compensa o outro. Esta compensación ven dada a que debe existir sempre un equilibrio isostático.
    Que os polos perdan peso suporía un aumento de peso noutras rexións, polo tanto, un afundimento nas mesmas que podería ser fatal nun lugar coma por exemplo Cambados. Que pasaría se aquí se afundise o terreo? O nivel do mar sobrepasaría os paseos marítimos, inundaría as cidades, causaría grandes estragos no noso pobo.
    Isto, levado a un terreo máis grande, é o que probablemente ocorrerá se non detemos esto antes de que, coma ben di o artigo, se nos esgote o tempo.

  9. fab-manuelgonzalez di:

    O equilibrio isostático pode romperse por un movemento tectónico ou desxeo dunha capa de xeo. A isostasia é fundamental para o relevo da Terra. Os continentes son menos densos có manto, e tambén cá corteza oceánica. Cando a corteza continental se pliega acumula gran cantidade de materiais en una rexión concreta. Terminado o ascenso, comeza a erosión. Os materiais se depositan, a la larga, fora da cadena montañosa, con lo que ésta perde peso e volume. As raíces ascenden para compensar esta pérdida deixando en superficie os materiales que estando sometidos a un maior proceso metamórfico.

  10. fab-danielbaulo di:

    O efecto invernadoiro, que se produce a causa da contaminación que é maioritariamente emitida á atmosfera polos medios de transporte que consumen combustibles fósiles, están derretendo os polos e as grandes masas xeadas de todo o planeta. Isto provoca unha subida do nivel da auga nos océanos e a inundación dos terreos con pouca altitude próximos ao mar.
    Nestes tempos, moita xente segue sen estar concienciada para deixar de contaminar tanto, e con este artigo podese mostrar os danos que causa que a temperatura terrestre aumente debido a contaminación.

  11. fab-rebecachaves di:

    O equilibrio isostático pode romper por un movemento tectónico ou o desxeo dunha capa de xeo. A isostasia é fundamental para o relevo da Terra. Os continentes son menos densos que o manto, e tamén que a codia oceánica. Cando a codia continental se prega acumula gran cantidade de materiais nunha rexión concreta. Rematado o ascenso, comeza a erosión. Os materiais deposítanse, co tempo, fóra da cadea montañosa, co que esta perde peso e volume. As raíces ascenden para compensar esta perda deixando en superficie os materiais que estiveron sometidos a un maior proceso metamórfico.

  12. fab-raqueloliveira di:

    A Antártida está moi lexos ,pero a vida do plameta depende dela.É o ecosistema que o regula todo.
    A isostasia é a condición de equilibrio entre as distintas masas rochosas da superficie da Terra debido á diferenza de densidade existente entre as partes da mesma.
    O equilibrio isostático pode romper por un movemento tectónico ou o desxeo dun inlandsis, que é un glaciar rexional. A isostasia é fundamental para o relieve da Terra.
    A contaminación e o efecto invernadoiro están derretendo os polos e as grandes masas xeadas da Terra, esto ocasiona unha subida do nivel da auga líquida dos océanos e o asolagamento de terreos próximos á costa e de pouca altitude respeto ao mar. A contaminación non parece que vaia cesar, e os danos aumentan ao igual que a temperatura terrestre.

  13. faa-ricardop di:

    Penso que é moi importante manter a Temperatura da Terra a un nivel constante, xa que o brusco cambio de temperatura xera variacións no clima, que poden supor a fin da Terra, por exemplo o Desxeo dos casquetes polares, especialmente da Antártida, que é da que trata este artigo.

  14. faa-ricardop di:

    Penso que é moi importante manter a Temperatura da Terra a un nivel constante, xa que o brusco cambio de temperatura xera variacións no clima, que poden supor a fin da Terra, por exemplo o Desxeo dos casquetes polares, especialmente da Antártida, que é do que trata este artigo.

  15. faa-nicolecorbacho di:

    O cambio climático é definido como un cambio estable e durable na distribución dos patróns do clima en periodos de tempo que van dende décadas ata millóns de anos. Podendo ser un cambio nas condicións climáticas promedio ou a distribución de eventos en torno a ese promedio. O cambio climático pode estar limitado a unha rexión específica, como pode abarcar toda a superficie terrestre.

  16. fab-martarodriguez di:

    Chamámoslle cambio climático a modidicación do clima respeto o historial climático a unha escala global, tales cambio prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre todo a os parámetros meteorolóxicos: temperatura, presión atmosférica, precipitacións…Poden ser debidos a causas naturais ou humanas.Na miña opinión creo que deberiamos intentar ter unha temperatura constante xa que o brusco cambio de temperatura pode provocar o desxeo como está sucedendo.

  17. fab-gretageorgieva di:

    A isostasia é un fenómeno que explica os cambios do terreo provocados por consecuencia da erosión e sedimentación presente en terreos contiguos ou por desxeo, como sucede neste caso.
    Os continentes son menos densos que o manto, e tamén ca corteza oceánica. Cando a corteza continental se pliega acumula gran cantidade de materiais nunha rexión concreta. Terminado o ascenso, comenza a erosión. Os materiales se depositan, a larga, fora da cadena montañosa, que ésta perde peso e volume.

  18. faa-elenafontenla di:

    Este artigo creo que non engade nada novo sobre un problema do que todos tiñamos coñecemento, e a verdade e que a información que aparece aquí redactada pois é moi alarmante.
    Como ben di, ao derreterse o xeo libera ao terreo dunha gran presión, e polo fenómeno isostático, o terreo tende a compensarse polo que irase elevando pouco a pouco. O que esto conleva tamén é o aumento do nivel do mar. Todo isto é verdadeiramente preocupante pero como ben vemos, non se fai moito por arranxalo, xeralemnte po temas económico non compensa. Pero se se mentalizara á xente como debería ser si que poderiamos facer algo máis, non arranxar o problema, xa que o dano xa está feito, pero polo menos evitar que vaia a máis.

  19. faa-fatimalago di:

    A península Antártica elévase a un ritmo acelerado, moito maior do esperado, debido á súa perda de xeo producida polo cambio climático. Isto indícanos unhas características do manto moi diferentes ás esperadas.
    En estudos previos viuse que a codia terrestre está a rebotar como resposta á menor presión que exerce o peso do xeo, xa que agora se está a fundir. Pensouse que en xeral este movemento consistía nunha resposta elástica seguida dunha lenta subida durante miles de anos.
    Agora un equipo internacional investigou a codia continental da Península Antártica usando datos de GPS e encontrou que se eleva ao ritmo de 1,5 cm anuais.
    Demostraron por primeira vez que o manto terrestre que hai por debaixo está a fluír moito máis rápido do esperado, probablemente debido a cambios na súa temperatura e composición química. Isto implica que pode fluír máis doadamente e así responder moito máis rápido ao alixeiramento de carga que se está a producir nos miles de metros de xeo que hai por enriba por culpa da fusión do xeo producida polo cambio climático.
    A medida que os glaciares se fan máis delgados e menos extensos, a carga de peso que estaba localizada enriba redúcese e entón o manto empurra a codia máis doadamente.

  20. faa-laurapaz di:

    As consecuencias do efecto invernadoiro, actualmente, vense reflexadas cada vez máis nos ecosistemas, pero descoñecía que actuaba de forma tan rápida na Penísula Antártica. Parece unha esaxeración, pero por desgraza non o é.
    O quentamento global é o principal problema ao que no enfrentamos hoxe en día e aínda que sabemos que trae consecuencias moi negativas e, demostrado por estudos, cada vez máis rápido, unha parte considerable da poboación faino pasar por alto como se non nos afectase de forma directa.
    A isostasia é a condición de equilibrio que ten a superficie da Terra pola diferencia de densidades de diferentes partes dela. E este equilibrio pode romperse polo movemento das placas tectónicas, ou tamén dunha forma que cada vez é máis preocupante, xa que podíamos tratar de impedilo, ou como mínimo reducilo, polo desxeo dunha capa de xeo, causado polo quentamento global.

  21. fab-iciacores di:

    A isostasia consiste na condición de equilibrio entre distintas machas rochosas que se atopan na superficie da Terra e débese á diferenza de densidade que hai entre as partes desta. Ás veces, este equilibrio pode chegar a romper ó formarse unha cordilleira, se hai un aumento da temperatura que funde os casquetes ou se unha fonte erosiva alixeira un bloque montañoso.

  22. faa-laurarey di:

    A finais do século XIX, tralos estudos da gravidade terrestre enúnciase o principio de isostasia, que é a condición de equilibro que presenta a superficie terrestre debido á diferenza de densidad dos seus diferentes partes. A cortiza é menos densa que o manto e esta ?flota? nel, que se comporta como un fluído (Mesosfera), é dicir a cortiza flota sobre o manto como un iceberg no océano. O material que flota afúndese nunha porcentaxe variable, pero sempre ten parte del emergido. Así, a condición de flotabilidad non depende do tamaño e cando a parte emergida perde volume e peso a parte mergullada ascende para compensalo, e restablecer o equilibrio, ou viceversa. É dicir, mediante unha serie de movementos verticais, restablécese o equilibrio isostático constantemente na Terra.

  23. faa-veronicanoya di:

    Cambio climático e isostasia son dúas palabras que habitualmente empregamos xuntas ó falar do desxeo dos polos.
    O cambio climático eleva a temperatura media terrestre, isto derrite os polos provocando que o terreo sobre o que se atopaban estas enormes estructuras de xeo perda a presión que producía soportalas, de modo que se produce un desequilibrio isostático.
    É moi importante que coidemos o noso entorno, xa que todo o mal que lle fagamos acabará por repercutir en nós dun ou doutro modo; como afundindo o terreo noutra zona, algo que provocaría grandes pérdidas tanto de vidas como materias que, desgraciadamente, son as que máis preocupan a unha gran parte da poboación.

  24. faa-manuelcacabelos di:

    En diversos estudios demostrouse que a codia é menos densa nas montañas que baixo as chairas, e baixo as chairas menos que nos océanos. Isto produce que os bloques máis pesados afúndanse e os bloques menos pesados emerxan cara arriba. Existe un límite no cal as presións exercidas se igualan, este denomínase como superficie de compensación isostática.
    Pero as veces, este equilibrio pode romperse nalgún lugar:

    1º-Ó formarse unha cordilleira.
    2º-Se unha fonte erosiva alixeira un bloque montañoso, acumulándose os materiais sobre outro bloque, suboceánico, por aporte e sedimentación.
    3º-Se un aumento de temperatura funde un espeso casquete glaciar que recobre un bloque.

  25. faa-manuelmontes di:

    O quecemento global e as súas causas son uns problemas que pouco a pouco van estropeando o planeta no que vivimos, pero que alguns dos efectos provocados por el son moito máis rápidos, e unha proba é a que está aquí menciona no artigo.
    Aparece relacionada a isostasia que consiste no equilibrio da superficie da Terra producida polas diferentes densidades das súas partes. Este equilibrio pode romperse por culpa do movemento tectónico e/ou o desxeo da capa de xeo, que é o caso que trata a miña compañeira Laura.

  26. fab-noerodriguez di:

    O efecto invernadoiro é a absorción de emisións infravermellas por parte da atmosfera impedindo que escapen ó espazo, e facendo que queden na Terra, polo que aumenta a temperatura desta.
    Existe unha certa cantidade de gases de efecto de invernadoiro na atmosfera necesaria para quentar a terra. A queima de combustible fósiles emite dióxido de carbono, entre outros gases, que actúa impedindo que escape a calor. A causa disto, prodúcese o coñecido calentamiento global.

  27. faa-christiancacabelos di:

    Lendo os comentarios deste artigo percateime dun erro que esta bastante extendido e que mesmo chega a aparecer nos libros de texto.
    A Astenosfera ou capa branda non existe, as únicas divisións posibles da Terra son en primeiro lugar o núcleo interno, en estado sólido debido á elevada presión á que está sometido, en segundo lugar o núcleo externo, en estado fundido permitindo así o movemento independente do conxunto codia-manto respecto do núcleo interno; é tamen por este motivo polo que se producen os fenómenos volcánicos, se crean novas illas, se crea codia oceánica nas dorsais e se destrue codia continental nas zonas de subducción, ademáis de ser o encargado de que exista a gravidade, cando se arrefríe por completo e se solidifique o núcleo externo todo será diferente, en terceiro lugar o manto, é a capa máis grosa e esta capa, dependendo do libro, pode aparecer diferenciado en manto interno e manto externo aínda que non hai suficientes diferenzas para facer esta subdivisión do manto e logo, xa por último, a codia que pode ser continental ou oceánica e que é a capa máis delgada e superficial, que é onde habitamos nós

  28. faa-ricardop di:

    O tempo é crucial nesta caso de situacións, xa que nos últimos 30 anos, os casquetes polares reducíronse ata menos da metade, polo que é importante impedir eso, xa que dentro doutros 30 anos ou menos, podriamos quedar sen a Antártida, cun alto risco da subida brusca do nivel do mar.

  29. fab-elisaperez di:

    O cambio climático provoca, neste caso, que os polos se derritan, o que pode facer que a Antártida desapareza, o que sería verdadeiramente perxudicial.

    • faa-marcromero di:

      O océano Antártico foi historicamente un deserto de xeo, o estado sólido desta gran extensión de terreo levou ás civilizacións fronterizas con este a investigar novas rutas comerciais ou simplemente supuxo unha ponte entre a Eurasia e América para o intercambio de especies entre elas nós.

      Actualmente esta densa capa de auga está desaparecendo e xa non é transitable a pé, agora é navegable o que supón unha degradación medioambiental moi importante. Outros efectos mais ou menos evidentes da fundición casi instantánea nas escalas xeolóxicas e biolóxicas son a destrucción do ecosistema ou o desequilibrio isostático, este último correspondese a un fenómeno titánico no que miles de toneladas de terra ascende debido á presión que exerce o magma da mesosfera, eu pronostico sismos de forza moderada como efecto secundario da nosa insensatez. A perdua dun ecosistema non é un efecto despreciable e, é altamente probable que isto ocorra.

      Despois temos unha espada de doble filo. Do efecto principal que é a desaparición de xeo e transformacións desta en auga obtemos dous derivacións: a capa de xeo, blanca e reflectante, encargouse ata agora de facer de espello contra os raios solares que son altamente enerxéticos e que quentan o solo cando impactan contra el, deste modo, se desparece o espello, a Terra en xeral quentarase mais; o outro efecto da desconxelación é o aumento do nivel ocánico en todo o mundo, tendo en conta que cidades importantes como New York, Barcelona ou Cambados están moi achegadas ó mar, todo isto implicaria unha inundación permanente de gran parte das urbes.

    • faa-christiancacabelos di:

      Ademáis ser un risco para a Antártida, tamen hai países que debido ao cambio climático e ao aumento do nivel do mar corren perito de acabar sendo asolagados e acabar debaixo do mar. Sería unha verdadeiro pena perder culturas enteiras por culpa de todos.

    • faa-veronicanoya di:

      Como di Elisa, que os polos desaparezan sería tremendamente perxudicial, non só pola perda da fauna e da flora que albergan ó destruir o ecosistema, tamén pola subida do nivel do mar, que podería asolagar cidades enteiras, ademais da baixada da salinidade da auga do mar que achegaría numerosas catástrofes, como podemos ver na película “El día de mañana”, ó mesturarse a auga doce dos polos coa salgada.

  30. faa-nicolecorbacho di:

    A península Antártica É a porción de terra máis septentrional do continente antártico. Se encontra na Antártida Occidental, ao sur de continente americano, entre el mar de Bellingshausen polo este e o mar de Weddell al
    o este; mar cuxo litoral está en gran parte bloqueado pola barrera de xeo Larsen. Ao ser o territorio máis septentrional do continente antártico é tamén o que en mellores condicións climáticas ten con respecto ao resto do continente, recibindo o sobrenome do Caribe antártico.

  31. fab-martapalacios di:

    A isostasia é o equilibrio da superficie terrestre debido á diferencia de densidade das súas partes.
    O equilibrio isostático pódese romper por un movemento tectónico ou polo desxeo. A isostasia é fundamental para o relieve da Terra. Cando a corteza continental se pliega acumula gran cantidade de materiais nunha rexión concreta. Terminado o ascenso, comenza a erosión. Os materiais deposítanse fora da cadea montañosa có que ésta perde peso e volume.

  32. fab-iriamartinez di:

    A península da Antártida vese moi afectada co tema do recalentamento global, provocado polas emisións de gas con efecto invernadero que favorecen o desxeo dos polos. Este fenómeno podería provocar o aumento do nivel do mar, e con el, a posibilidade de inundacións en diversas partes do globo, inundacións en particular de zonas baixa altitude. Moitos investigadores insisten en que a redución dos gases de efecto invernadero podería frear a desaparición dos glaciares, pero unha desaparición que xa parece inevitable.

  33. faa-laurarey di:

    Os científicos prevén unha subida de temperatura de entre 1,4ºC e 5,8ºC para os próximos 100 anos. Pero os efectos do cambio climático xa son apreciables en calquera parte do mundo. A terceira parte da capa de xeo do Kilimanjaro desapareceu nos últimos 12 anos e é probable que antes do 2020 xa non quede nada. O 87% dos glaciares da Antártida sufriron un retroceso durante os últimos 50 anos, os cinco últimos anos a un ritmo de 50 metros por ano. Este deshielo, xunto coa expansión dos océanos cada vez máis quentes, fai que estea subindo o nivel do mar. Nos próximos 100 anos calcúlase que subirá preto de 90 centímetros, cousa que supoñería a desaparición de moitas illas e de moitas poboacións costeras. É o caso das illas Maldivas, un estado constituído por unhas 200 illas no océano Pacífico que desaparecería do mapa ao quedar totalmente mergullado.

  34. faa-fatimalago di:

    A gran diversidade de especies marítimas que habita na Península Antártica encóntrase en perigo polo cambio climático e a acción dos homes, segundo unha investigación de científicos arxentinos. As substancias liberadas á atmosfera polas actividades industriais e agropecuarias en todo o mundo rematan, pola propia acción da natureza, nas rexións polares e provocan un incremento nas temperaturas da zona. Este é un dos fenómenos que contribuíu a converter á Península Antártica no punto onde as temperaturas se elevaron con maior rapidez nos últimos 50 anos, o que aínda intriga aos expertos. Estes cambios profundos, sumados á actividade nas bases instaladas no continente xeado, afectaron ao ecosistema, sobre todo ao medio submarino.
    Este retroceso causou a entrada de sedimentos da terra ao mar, o que dificulta a alimentación das especies que se nutren de filtrar partículas da auga. As especies que máis sufriron as consecuencias foron as ascidias, coñecidas como “papas de mar”, aínda que tamén resultan afectadas as esponxas, as corais e algunhas algas mariñas.

  35. fab-gretageorgieva di:

    O efecto invernadoiro, que se produce a causa da contaminación que é maioritariamente emitida á atmosfera polos medios de transporte que consumen combustibles fósiles,acontaminación e o efecto invernadoiro están derretendo os polos e as grandes masas xeadas da Terra, esto ocasiona unha subida do nivel da auga líquida dos océanos e o asolagamento de terreos próximos á costa e de pouca altitude respeto ao mar.
    Neste caso o que esta provocando o cambio climantico e que se derritan os polos o que dara lugar a desapareción da Antártida.

  36. faa-manuelcacabelos di:

    O océano Antártico, cunha profundidade xeralmente comprendida entre os 4.000 e 5.000 metros, é un océano profundo con poucas zonas estreitas de augas pouco profundas. A plataforma continental antártica é estreita e relativamente profunda con respecto ás outras: dos 400 aos 800 metros, contra unha media mundial de 133 metros. A maior parte do fondo oceánico está cuberta por depósitos de orixe glacial, excavados sobre o terreo xeado e posteriormente trasladados ao mar.

  37. fab-sporto di:

    A isostasia é a condición de equilibrio que presenta a superficie terrestre debido á diferenza de densidade das súas partes. Resólvese en movementos verticais (epirogénicos) e está fundamentada no principio de Arquímedes.
    O equilibrio isostático pode romper por un movemento tectónico ou o desxeo dunha capa de xeo. A isostasia é fundamental para o relevo da Terra. Os continentes son menos densos que o manto, e tamén que a codia oceánica. Cando a codia continental se prega acumula gran cantidade de materiais nunha rexión concreta. Rematado o ascenso, comeza a erosión. Os materiais deposítanse, co tempo, fóra da cadea montañosa, co que esta perde peso e volume. As raíces ascenden para compensar esta perda deixando en superficie os materiais que estiveron sometidos a un maior proceso metamórfico.
    Modelos isotásicos:
    * Modelo de Pratt-Hayford.
    * Modelo de Airy-Heiskanen.
    * Modelo de Vening Meinesz.

  38. faa-saracastro di:

    A isostasia é a condición de equilibrio que presenta a superficie terrestre debido á diferencia de densidade das súas partes. O equilibrio isostático pode romperse por un movemento tectónico ou, como é neste caso, polo desxeo dunha capa de xeo. Isto é algo que debería ocorrer cada miles de anos, pero o certo é que debido ó cambio climático, os efectos nótanse a simple vista tras menos dunha década. Son datos alarmantes, posto que por culpa do aumento de temperatura (+2´8 ºC anualmente) e o efecto rebote que supón o desxeo dos glaciares, a codia terrestre elévase uns 15 mm ó ano, o que supón unha cifra verdadeiramente alarmante para todos.

  39. faa-laurarey di:

    Segundo os últimos estudos publicados pola NASA, o desxeo chegou a un punto de non retorno. Si o desxeo continúa así, o nivel do mar podería aumentar en máis de tres metros.
    Tras 40 anos de estudos dos técnicos da NASA e da Universidade Irvine de California, o resultado é que o cambio climático producido pola actividade humana e o aumento da temperatura global son os principais factores da diminución das capas de xeo.
    O colapso desta zona da Antártida parece ser imparable. O feito de que o desxeo estea sucedendo ao mesmo tempo nunha zona tan grande suxire unha causa común tal como o aumento da calor do océano baixo as seccións flotantes dos glaciares.

  40. fab-sofiacastineiras di:

    O cambio climático é a variación global do clima da Terra. Tales cambios son debidos a causas naturais e tamén a acción do home no medio ambiente. Usase o termo cambio climático para referirse ó cambio por causas humanas, pola contra para referirnos ó cambio producido por causas naturais denominase variabilidade climática. A comunidade científica antártica é consciente de que os crecentes niveis de CO2 poden acelerar o quecemento global, podendo provocar a desintegración das plataformas de xeo e os seus casquetes de xeo asociados, e o conseguinte aumento do nivel do mar. O nivel do mar aumentaría 6m se se fundise o casquete de xeo da Antártida Occidental.

  41. faa-christiancacabelos di:

    Dende o meu punto de vista vai ser imposible evitar a pérdida do Antártico xa que ademáis da contaminación producida ao longo destes anos, que está a reter máis radiación solar da que antes se retía, porovando así o efecto invernadoiro, tamén está a acumulación de calor por parte das grandes masas de auga, os océanos. Esta absorción de calor por parte dos océanos débese a que a auga ten un elevado calor específico, cousa que é moi beneficiosa xa que actúa como un moderador térmica absorbendo calor no estío e liberandoo no inverno e arrefriando no inverno para liberar este frío no verán, provocando así un clima suave, sen invernos moi fríos nin veráns moi calorosos, evitando así temperaturas un pouco extremas. o único problema é que este marabilloso suceso dánanos agora.

    • faa-christiancacabelos di:

      O calor específico é a cantidade de temperatura que hai que aportar para aumentar un punto, grao ou unidade a temperatura dunha substancia.
      O alto calor específico da auga tamén é o encargado de provocar as frescas brisas mariñas xa que a auga retén calor polo día e emíteo pola noite.
      Agora, debido á cantidade de anos que os mares e océanos levan absorbendo calor e tamén aumentando a súa temperatura en 0.1ºC, a consecuencia directa desta absorción é a dilatación da auga, acadando máis altura tamén grazas ao desxeo e inundando así ecosistemas costeiros de plantas e animáis e erosionando máis o litoral. Ademáis, este aumento pode provacar máis consecuencias como poden ser a proliferación de especies invasoras, enfermedades mariñas debido a cambios nos ecosistemas nos que poderían entrar bacterias dañinas para os mesmos, a intensificación das tormentas, tormentas tropicáis, huracáns e ciclóns, debido a que a auga se evapora en maior cantidade e con máis facilidade e se incorpora así aos frentes nubosos cálidos, os corais tamén sofren moito polo aumento da temperatura e enferman con máis facilidade porque precisan dunhas condicións moi concretas de xeito que este aumento pode provocar a morte dos corais e posibilitando así a desaparición da vida nos grandes arrecifes de coral, o krill reprodúcese moito máis lentamente de xeito que os animáis que se alimentan deles como as baleas sofren por esta escaseza de alimentos e directamente os depredadores dos animáis que se alimentan de krill como os tiburóns. O peor dos datos é que aínda que reduzcamos drásticamente as emisións de gases de efecto invernadoiro este non se vai a deter de golpe, senón que tardará anos en ir a menos e os gases tardarán moito en disiparse para volver así a niveis máis normais e menos alarmantes e perigosos.

  42. fab-marcosdaporta di:

    Cada vez que o mundo avanza retrocede. Isto é un dos casos, o desxeo provocado polo cambio climático, é dicir, provocado por nós provoca unha isostasia que o único que fai é empeorar as cousas e engadirlle urxencia o descontrolado incremento da altura do mar. Nun futuro quen sabe se Cambados será coma unha venecia na que ir coas kayaks do clube de piragüismo.
    Suponse que o mundo está avanzando pero non escoitín ningunha noticia política de grandes dimensións tomando medidas, só cando se provocan catástrofes que vesen moito mentres que o cambio climático como é paulatino non se nota.

  43. fab-beatrizcasal di:

    A isostasia é a condición de equilibrio que presenta a superficie terrestre debido á diferenza de densidade das súas partes. Resólvese en movementos verticais.
    O equilibrio isostático pode romper por un movemento tectónico ou o desxeo dunha capa de xeo. A isostasia é fundamental para o relevo da Terra. Os continentes son menos densos que o manto, e tamén que a codia oceánica. Cando a codia continental se prega acumula gran cantidade de materiais nunha rexión concreta. Rematado o ascenso, comeza a erosión.

  44. fab-aidagonzalez di:

    O Cambio Climático é a variación global do clima da terra. Estes cambios prodúcense en moi diversas escalas de tempo e afecta a tódolos parámetros de tempo climático: temperatura, precipitacións, nubosidade… Estes son debidos a causas naturais, aínda que nos últimos séculos, tamén son debidos á acción do home no medio ambiente. Isto afecta a moitos lugares como á península Antártica, un dos sitios máis afectados onde, o Cambio Climático provoca que se derrita o xeo e que haxa unha perda do sobrepeso dos glaciares producindo un efecto de rebote no terreo como sinala o artigo.

  45. faa-martinlosada di:

    A isostasia é a condición de equilibrio que presentada na superficie da terra e que é debida a diferencia de densidade entre as súas partes, este equilibrio pódese ver afectado polo desxeo dunha capa de xeo ou polo movemento de placas.
    Por outra banda o cambio climático estase empezando a ver reflexado por todo o mundo, e como se di no artigo o lugar en onde maior se está a notar actualmente e na antartida, onde se está amosando o catastrófico que pode chegar a ser.
    Deste apresuramento no cambio climatico advirteu o IPCC na súa última cume, pero está demostrado que para moitas persoas non ten unha vital importancia, a pesar de que todos nos vamos a ver afectados por este problema.

  46. faa-fatimaf di:

    O tema do que se nos fala neste artigo é moi preocupante, e máis se temos en conta que se estima que a temperatura terrestre aumentará entre entre 0.3 y 4,8 grados para 2100 porque, aínda que é unha data que nos non viviremos, non é algo que pasará dun momento para outro e nós si viviremos o proceso previo, que producirá moitos cambios no noso planeta e, moi posiblemente, moitos problemas para os seres vivos.

  47. fab-rebecachaves di:

    A vida é dura para o ser humano na Antártida: hai ventos glaciais, moita neve e menos de 40ºC en inverno. En certas zonas, o manto glaciar supera amplamente os límites do continente, formando extensas barreiras de xeo permanente sobre as grandes baías do Océano Glaciar Antártico.

  48. fab-anaoubina di:

    O cambio climático eleva a temperatura media terrestre, isto derrite os polos e produce a isostacia
    que é a condición de equilibio entre as diferentes partes da corteza terrestre están en equilibrio gravitacional o que implica, entre outras cousas, que a corteza terrestre flota nun substrato semifluido, o manto.

  49. fab-yamilayelpez di:

    O cambio climático é un problema real nos nosos días. Os afectados atópanse na mesma antártida, e consiste en toda a fauna que alí habita. Dun xeito máis indirecto todos somos vítimas do que nós mesmos provocamos.
    Aínda que existan corporacións que neguen a existencia do problema, a estas alturas é innegable e o que nos queda é ver ata onde nos leva o cambio climático.

  50. faa-sergioserantes di:

    O fenómeno da isostasia vese realmente acelerado na Antártida porque, debido ao quecemento global, pérdese moitísima masa de xeo, e o efecto rebote no manto terrestres vese favorecido ao diminuír o peso que ten enriba e lle dificulta o ascenso.

  51. Esteban Pintos di:

    O cambio climático é a variación global do clima da Terra, estes cambios prodúcense a moi diversas escalas de tempo e sobre todos os parámetros climáticos: temperatura, precipitacións, nubosidade, etc. Son debidos a causas naturais e, nos últimos séculos, tamén á acción do home no medio ambiente.

    Este termo acostuma usarse, de forma pouco apropiada, para facer referencia tan só ós cambios climáticos que suceden no presente, utilizándoo como sinónimo de quecemento global. O UNFCC (United Nations Framework Convention on Climate Change) usa o termo cambio climático só para referirse ó cambio por causas humanas. Ó producido por causas naturais denominano variabilidade climática. Nalgúns casos, para referirse ó cambio de orixe humana úsase tamén a expresión cambio climático antropoxénico.

  52. fab-fatimachaves di:

    A isostasia é a condición de equilibrio que presenta a superficie terrestre debido á diferenza de densdade das súas partes.
    O equilibrio isostático pode romperse por un movemento tectónico ou o desxeo dunha capa de xeo.A isostasia é fundamental para o relieve da Terra

  53. fab-fatimachaves di:

    A Península Antártica é unha gran península que forma o occidente xeográfico máis notable da Antártida.Encóntrase na Antártida occidental,frente ao continente american,entre o Mar de Bellingshausen polo oeste e o Mar Weddell ao leste,sendo este último cuxo litoral está en gran parte bloqueado pola Barrera de Hielo Larsen(cuxa parte norte veuse desintegrando rápidamente)

  54. faa-igonzalez di:

    Hai que intentar reducilo consumo de enerxías non renovables, porque así, a atmósfera non se satura tanto de gases, e deixa de producilo efecto invernadoiro e, polo tanto, haberá menos calor, desta maneira, diminuíndo a calor da terra, e evitando este desxeo dos polos. Non moi tarde, como sigamos así, acabará por derreterse todo o océano e nos afogaremos en auga, porque todo ese xeo, é moita máis auga do que nós imaxinamos(hai máis por debaixo da auga que por enrriba).
    Hai que cambialo “chip” e intentar reducir menos e, claro está, utilizar máis enerxías renovables, xa que non son perxudiciais cara a atmósfera.

  55. fab-alejandrocosta di:

    Nos pensamos que o cambio climántico esta pasando moi lonxe de nos e que iso non nos vai afectar, cousa que estamos moi equivocados porque lles afecta a todo o mundo, seguro que tomamos medidas cando sea demasiado tarde para solucionalo, coma sempre facemos con todo. ISTO NON É UNHA BROMA.