MOVEMENTO DE AGULLAS

Na antigüidade as civilizacións axustaban os horarios ás horas de luz, polo que as horas en verán eran máis longas. Agora na actualidade, cada ano a comezos de primavera adiantamos os reloxos 1 hora, entrando no horario de verán, e atrasámolos outra hora no outono, entrando no horario de inverno, para así poder aproveitar máis as horas de luz diúrnas.

 

Con este horario de verán o que se busca é un aforro de enerxía, posto  que é día durante máis tempo e a luz non é necesaria ata máis tarde, pero por outra banda están todos eses aparellos que non teñen que ver coa luz, como por exemplo o aire acondicionado, do que se incrementa o uso porque hai máis calor durante a tarde.

Os cambios de hora tamén teñen efectos sobre á saúde:

  • O horario de verán pode ser un problema para todas esas persoas que traballan en exteriores, aumentando así a súa exposición aos raios solares e podendo causar cáncro de pel
  • O horario de verán pode axudar en casos de depresión pero tamén prexudica estes casos o horario de inverno.
  • Detéctase un aumento de ataques cardíacos coa entrada do horario de verán e unha diminución co horario de inverno.
  • Estes cambios afectan á duración e eficiencia do sono



Autor: Diego Cores

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

35 Responses to MOVEMENTO DE AGULLAS

  1. fab-jorgegonzalez di:

    Respecto ao cranco de pel, hay cremas de protección solar para evitar este tipo de problemas, simplemente hay que mentalizarse de usalas tantas veces como se valla a estar moi esposto ao sol.

  2. faa-manuelcacabelos di:

    Sinceiramente creo que é unha tontería o do cambio da hora pois creo que non se aprobeitan máis as horas do sol.
    Dando a miña opinión considero que é mellor o horario de verán pois, aínda que en invierno nos levantemos sen luz solar,aprobeitamos máis as tardes, co horario de invierno en xaneiro ás 7 da tarde é noite, mentres que co horario de vran pois alargaríase a luz do sol.

  3. fab-elisaperez di:

    Algúns afirman que o cambio de horario nunha hora inflúe negativamente no seu humor e estado de ánimo, ao seu “reloxo corporal” e, en xeral, á súa saúde. Son persoas que refieren cambios nos seus patróns de sono-vixilia e alteracións transitorias no seu benestar, coa aparición de distimia, irritabilidade, nerviosismo e dificultades para manter a atención e a concentración. Incluso hai persoas que presentan molestias dixestivas.
    Diversos estudos investigaron sobre estos cambios debidos á alteración horaria, e os resultados son diverxentes: según algúns, o cambio de horario pode afectar debilmente á saúde, mentres para outros a variación non inflúe no equilibrio das persoas.

    • faa-diegocores di:

      Na miña opinión afectaríalles máis aos que dependen dun horario e están máis pendentes do tempo. Por exemplo, a un rapaz da nosa idade que vai ao instituto e ten actividades extra escolares polas tardes como a música, o fútbol ou demais, si o notan e pode afectarlles; pero outra persoa que durme ata as tantas, come, non traballa pola tarde e ás noites sae de festa ata que se cansa e volve para casa a repetir o proceso non lle afectaría e podería chegar a nin notalo. Son exemplos bastante opostos, despois tomaríase o termino medio no caso de cada persoa.

  4. faa-noeliaparracho di:

    Dende sempre a miña opinión con respecto ós distintos horarios foi a mesma: prefiro o horario de verán. Os motivos? Gústame espertar e que sexa de día, ademáis faise de noite máis tarde, e eses aspectos do horario agrádanme moito.
    Por outra parte, tamén é certo que non me parara a pensar nas consecuencias que o horario de verán podería traer máis alá de ter máis ou menos horas de luz solar, polo que tras ler este artigo, aínda que non cambiei de preferencia, entendo algo mellor algunhas das moitas consecuencias que traen os cambios horarios.
    É certo que o do cancro de pel é bastante perigoso, xa que os traballos ó aire libre realízanse cando o tempo o permite (xeralmente en verán ou preto do mesmo) e o horario de verán implica maior exposición ós raios solares. Tamén deberiamos ter en conta que sería boa idea protexerse con crema solar, xa que moita xente non o fai. Ademáis non chega con botar unha soa vez crema se se vai estar moito tempo ó sol, hai que botar varias veces.
    Por outro lado, con respecto ó sono, coma eu en verán adoito deitarme moi tarde, levantántome moi tarde tamén, polo que en realidade podo durmir todo o que queira, así que prefiero o horario de verán tamén nese caso. Outro tema sería ter que madrugar para traballar ou estudar, que supoño que quizais se faría máis custoso ca en inverno.

  5. fab-javiercarou di:

    É certo que adiantar unha hora tódolos reloxos coa chegada da primavera é unha boa idea nalgúns aspectos pero como se di neste artigo, ese cambio de hora pode traer consecuencias negativas para algunhas persoas. No artigo podemos ver 4 consecuencias negativas dos cambios de hora (tanto no outono coma na primavera). Creo que o último problema, que é a alteración e eficiencia do noso sono, é o máis importante xa que afecta a tódalas persoas, e en especial aos nenos pequenos.

  6. faa-nicolecorbacho di:

    A maioría dos ataques cardíacos son provocados por un coágulo que bloquea unha das arterias coronarias, as cales levan sangre e oxígeno ao corazón. Se o fluxo sanguíneo se bloquea, o corazón sofre pola falta de oxígeno e as células cardíacas morren.
    O término médico para esto é infarto de miocárdio.
    As súas causas poden ser debido a : Unha sustancia chamada placa, que se compón de colesterol e outras células, se pode acumular nas paredes das arterias coronais; Un ataque cardíaco que pode ocurrir cuando:
    -Se presenta unha ruptura na placa. Esto provoca que as plaquetas sanguíneas e outras sustancias formen un coágulo de sange no sitio que bloquea o fluxo sanguíneo ao corazón. Ésta é a causa máis común de ataques cardíacos.
    -Unha acumulación lenta da placa pode estreitar unha das arterias coronarias, de maneira tal que resulta casi bloqueada; e, un ataque o corazón pode ocurrir: Candoalguén está descansando ou dormido,Despois dun aumento súbito na actividade física,Cando está activo afora con clima frío ou, Despois do estrés emocional ou físico súbito e intenso, como unha enfermedade.

  7. faa-begonasuarez di:

    Unha das causas do cancro de pel, como ben di o artigo, é a exposición excesiva á radiación ultravioleta (UV), cuxa fonte principal é a luz do sol. As persoas que viven en zonas onde están expostas todo o ano á luz solar intensa teñen maior risco de contraer este tipo de cancro, polo tanto existe máis risco ao axustar a hora do reloxo para aproveitar a luz do día.
    As lámpadas e as cabinas bronceadoras son outras fontes de radiación UV que poden causar risco de desenvolver esta enfermidade, aínda que tamén existen outras causas, coma a exposición a outros produtos químicos e certo tipo de aceites.

  8. faa-manuelmontes di:

    É interesante como as persoas na Antigüidade discurrían. É moi practico o de aproveitar as horas de luz do día, aínda que como di o artigo, pode un pouco problemático, xa que durante os días de verán o sol é moi perigoso, sobre todo na xente que traballa no exterior. En Andalucía non poden traballar durante o mediodía en diante porque alí as temperaturas poden ser moi elevadas e sería imposible traballar así.

  9. fab-manuelgonzalez di:

    M

    Opino igual co meu compañeiro Jorge,que para evitar os cánros de pel basta con botar unhas proteccions solares que evitan en exceso a radiación V cando estamos expostos o sol,polo que eu considero un problema menor. En canto as depresións,creo que este cambio de horario é custión de acostumbrarse,é o problema ven u a a moita xente o principio lle custa,pero tarde o temprano acabámos acostumbrarnos.

  10. fab-rebecachaves di:

    O cambio de hora só supoñerá un aforro en iluminación do 5% do consumo eléctrico en España, segundo estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Esta cifra é equivalente a uns 300 millóns de euros a prezos actuais. Desa cantidade, 90 millóns corresponderían ao potencial dos fogares españois (o que supón un aforro de 6 euros por fogar), mentres que os outros 210 millóns de euros restantes se aforrarían nos edificios do sector terciario e na industria.

  11. fab-anaoubina di:

    O horario de verán é unha cando se adelantan os reloxos unha hora para aproveitar a maior cantidad de luz natural posible durante a primavera e o verán. Este cambio de horario pode resultar beneficioso en términos de aforro de enerxía e un maior aproveitamento da luz natural para un sinfín de prácticas. Pero o horario de verán pode ser perxudicial para a nosa saúde.
    Undos efectos máis obvios é a falta de sono e descanso, xa que as persoas dormen tarde, pero deben levantarse antes do que o seu corpo está acostumbrado. Esto, trae consecuencias importantes, como unha baixa de productividadee da persoa, polo menos durante os primeiros días. A influencia do horario de verán aumenta os ataques de corazón. Estudios tamén demostraron que o cambio de horario pode producir desaxustes, sobre todo en persoas que padezcan depresión. Esta é unha das claves no ciclo do suicidio.

  12. faa-saracastro di:

    O cambio de hora é un feito que levamos facendo toda a vida, por dicilo así. Dúas veces ó ano os nosos reloxos avanzan e retroceden. A principal intención disto é acadar un aforro de enerxía, pero o certo é que ao fin de contas isto non sae tan rentable, posto que cantas máis horas botemos espertos, por moito que non empreguemos tanto as luces, precisamos máis o aire acondicionado, polo que tampouco acaba de favorecer isto ó aforro de enerxía.
    Malia todo isto, eu penso que á gran maioría de nós gústanos que aumenten as horas de sol e, con elas, o noso ánimo, que é algo a favor do que non nos fala este artigo.

  13. faa-martinlosada di:

    A idea do cambio de hora xurdiu en 1905 grazas a William Willet, que foi que suxeriu a creación do horario de verán, anecdoticamente esta idea ocurriuselle por casualidade mentres que paseaba un día de verán antes de almorzar, xa que viu a xente que dormía mentres facia sol, e que estaban desperdiciando gran parte do tempo de luz que había. Por este motivo é polo cal eu e moitas outras persoas preferimos o horario de veran, pero tamén e certo como di no artigo, este horario pode ser perxudicial para saude de algunhas persoas e no que ao aforro de enerxia se refire non hai grandes diferencia entre os dous horarios.

  14. faa-nicolecorbacho di:

    O cáncer de pel no melanoma é o tipo máis común de cáncer de pel. Se lle chama non melanoma, porque este grupo de tumores cancerixenos comprende todos os tipos de cáncer da pel, excepto un: o melanoma maligno, que é o cáncer que se desarrola a partir dos melanocitos.
    • A exposición excesiva a radiación ultravioleta , cuya principal fonte é a luz solar. O grado de exposición a esta radiación depende da intensidade da luz, do tempo de exposición, e de si a pel ha estado protexida. As persoas que viven en áreas onde están expostas todo o ano a unha luz solar intensa teñen maaior riesgo. Estar largo tempo a intemperie por motivos de traballo o diversión sen protexerse con ropas adecuadas e protección solar aumenta o riesgo.
    • As lámparas e cabinas bronceadoras son outras fontes de radiación ultravioleta que poden causar un maior riesgo de desarrolar un cáncer da pel no melanoma.
    • A xposición a radiación como a producida pola radioterapia .
    • As lesións graves prolongadas da pel, como poen ser as quemaduras graves, a pel que recubre a area onde produjo unha infección , e a pel dañada por certas enfermedades inflamatorias.

  15. fab-noerodriguez di:

    Os cambios de hora foron unha invención feita para que se aproveitaran máis horas de luz, dependendo da estación do ano. Na miña opinión, os cambios de hora pode que sexan eficaces no resto de España, pero non é o noso caso. O feito de que Galicia se atope máis ao oeste que o resto de comunidades de España fai que a nós non nos resulte tan beneficioso como ao resto do país (creo que deberiamos ter o mesmo horario que Portugal). Opino que o cambio de hora é, en gran parte, un fastidio, pois pode desorientarnos e facer que teñamos unha concepción do tempo errónea, tendo, como consecuencia, faltas de puntualidade e outros problemas.

  16. faa-santiagoescudeiro di:

    O do cambio de hora é unha boa medida por un lado xa que se supón que conseguimos aforrar enerxía así, pero non é tan eficiente como deberías ser.
    En España por exemplo, o noso fuso horario está mal asignado. Este erro ven da época na que España estaba baixo a dictadura de Franco, quen coordinou o noso horario co da Alemaña de Hitler, por motivos políticos. Debemos ter en conta a diferencia xeográfica en canto a localización do país centroeuropeo e a localización da nosa península. España debería ter o horario que ten Inglaterra ou Francia.
    Un dos grandes problemas que lle vexo ao cambio de hora son os desaxustes provocados nas persoas e a alteración da saúde consecuente.
    Se se fixera un cambio de hora máis intelixente supoño que se conseguiría obter os resultados que se buscan de aforro enerxético e comodidade das persoas.

  17. fab-iriamartinez di:

    Dende a miña opinión os cambios de hora teñen ventaxas e inconvintes, as ventaxas son que aproveitamos máis as horas de luz e así permítenos aforrar máis enerxía. Pero por outro lado considero que é moito melllor o horario do verán xa que ahí si que aproveitamos ven as horas de luz, aínda que os días sexan más longos. Tendo en conta a nosa posición na pinínsula, temos unha gran diferenza de horario en comparación como por exemplo con Barcelona, deberiamos ter o menos horario que as illas Canarias xa qu elas van unha hora por debaixo de nos e iso permítelles ter más horas de luz.

  18. fab-sofiacastineiras di:

    Coma todo no mundo, cada cousa ten cousas boas e malas. Indudablemente dende o meu punto de vista o mellor horario é o de verán, para así poder aproveitar ao máximo o día e se con el podemos aforrar enerxía, mellor aínda. Ahora sí, ten o seu lado malo como podemos ver neste artigo. Pero con isto, pódense tomar medidas para previr se non todos, case todos os problemas que o horario de verán trae consigo, como crema para o sol ou irse máis pronto a durmir e coller costume para non ter un descontrol das horas de sono.

  19. faa-fatimalago di:

    A razón principal para cambiar o horario dúas veces ao ano é o aforro de enerxía. O último domingo de marzo adiantamos o reloxo una hora, e pola contra o último domingo de outubro atrasamos una hora, aínda que atrasar una hora supón que os días serán máis curtos e para moitos este é un dos seus maiores inconvenientes, pero atrasar unha hora tamén ten vantaxes:
    -Ten vantaxes medioambientais, xa que axuda a loitar contra o cambio climático, debido a que canta menos enerxía se utilice menos CO2 se emite. Tamén axuda a reducir a contaminación, e diminúe a necesidade de materias primas, xa que canta menos enerxía precisemos menos materias primas empregaremos.
    -Ten vantaxes para a saúde, xa que ao diminuír as horas de luz, recibimos máis luz pola mañá que pola tarde, e a luz da mañá benefícianos porque nos activa, mentres que a luz da tarde nos cansa. Tamén favorece a secreción de melatonina, a cal nos axuda a conciliar o sono.
    -Ten vantaxes económicas, xa que a nivel familiar, o aforro de enerxía pode supoñer un aforro de 6 euros ao ano. Ter unha hora máis de luz natural diminúe o uso de iluminación artificial, de electrodomésticos… etc.

  20. fab-martapalacios di:

    A adecuación do cambio de hora é soportado por varios estudos da Comisión Europea e do Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE). Estímase que, só en España, pódese aforrar preto de 300 millóns de euros. Con todo, existen moitas organizacións que cuestionan a súa eficacia. Aínda así… Serve realmente para algo que movamos as agullas do reloxo? O cambio de horario, tal e como hoxe o coñecemos, remóntase ao ano 1974, cando estalou a primeira crise do petróleo. Entón, algúns países decidiron adiantar os seus reloxos para aproveitar mellor a luz solar. Pouco despois, en 1981, aplicábase xa como directiva en toda a UE. Segundo o real decreto que traspón en España esta norma comunitaria, o horario de verán comeza o último domingo de marzo de cada ano, ás dúas da madrugada. Nese momento, a hora oficial española adelántase 60 minutos, polo que ese día ten unha duración oficial de 23 horas.

  21. faa-laurapaz di:

    O cambio de hora é un método que se fai dende fai moitos anos, e como indica no artigo, a principal intención é aforrar enerxía, aproveitando mellor as horas de luz do día. Pero, por outro lado, ten as súas consecuencias negativas, por exemplo, ao aproveitar máis as horas de luz estamos máis tempo expostos á radiación solar, o que provoca que existan máis casos de cancro de pel. Outra consecuencia negativa, tamén bastante relevante, é a duración e eficiencia do sono, esta é máis habitual e, aínda que xa levamos moito tempo cambiando a hora, seguimos, a maioría de xente, sen acostumbrarnos nos primeiros días ao novo horario adiantado ou atrasado.

  22. faa-igonzalez di:

    Eu penso que ao realizar un cambio de hora, obtemos moitas vantaxes, debido a que non só son ecnómicas, que tamén é unha das principais causas, senon que así nós podemos ver máis horas de día, e polo tanto, obter uns días máis largos.
    Si é que actualmente hai cambio de hora, será porque é beneficioso e ninguén llo impediu ao señor que cambia a hora no reloxo oficial. Simplemente é necesario para as nosas necesidades e para a nosa maneira de vida, porque si alguén entra pronto no traballo, pode ser que non vexa nada ou que xa vexa, pero si alguén sae tarde do seu traballo, pode ser tamén que vexa ou non, pero que haxa un cambio horaio, pon máis facilidade na xente para saír a calle e afrentarse á vida, que non hai outra maneira para sacala adiante.
    Eu, menor de idade e estudiante, penso que o cambio horario é unha decisión moi boa, porque gústame que os días sexan moi largos e as noites, polo contrario, moi curtas.
    En cuestións de saúde, penso que non afecta nada, porque o único que podería afectar sería o propio día do cambio de hora, porque unha hora menos ou máis, aínda que non o pareza, sí que afecta ao noso organismo, pero un día é un día. Non se lle pode atribuír moita importancia, aída que ten a súa, porsuposto que sí.
    En resume: o cambio de hora, na miña opinión, está ben decidido, debido a que favorécennos nas nosas necesidades e nos nosos bolsillos.

  23. faa-adrianmartinez di:

    Eu realmente prefiro un horario que nos permita ter as máximas horas de tarde posibles, xa que no horario actual no inverno hai días que amence moi cedo e se fai de noite ás 5 da tarde, e no verán faise de noite ás 11 da noite… Obviamente os días de verán van ser máis longos independientemente do horario que empreguemos, pero sobre todo no inverno gustaríame que os días fosen algo máis longos xa que que se faga noite tan cedo non nos permite aproveitar o día como quixéramos.
    Realmente non sei como sería o horario ideal, pero o que teño claro é que o sistema empregado actualmente está lonxe de ser o ideal, polo menos para min.

  24. fab-sporto di:

    Os cambios de hora foron feitos para aproveitarmás a enerxía solar.
    Tipos de cancro de pel:
    – Carcinoma basocelular (tamén chamado Epitelioma basocelular)
    É o tipo de cancro máis frecuente no ser humano e está asociado a peles moi danadas polo sol, a peles moi brancas que non se broncean pero si arrubiar/queiman e escaman.
    – Carcinoma espinocelular (tamén chamado Epitelioma espinocelular)
    O segundo en frecuencia entre os tumores malignos da pel. Tamén se ve máis frecuentemente en peles brancas que non broncean pero sempre arrubiar, con pencas e dano solar. Aséntase na cara, o bordo das orellas, o coiro cabeludo e os labios, particularmente o labio inferior, máis exposto ao sol.
    Pode crecer na boca e a rexión xenital e perianal, onde adquire maior agresividade. A diferenza do carcinoma basocelular, este tumor pode dar metástase nos ganglios da rexión afectada e noutros órganos, ás veces comprometendo a vida do paciente.
    – Melanoma maligno: É o tumor maligno da pel de maior gravidade pola capacidade das súas células de desprenderse do lugar de orixe, viaxar polos vasos linfáticos ou capilares sanguíneos e aloxarse nos ganglios ou en diferentes órganos (metástase).

  25. faa-cristinaguillan di:

    Considero que con respecto á preferencia dos horarios é obvio que a gran maioría escolla o horario de verán xa que se aprobeitan moitísimo máis os dias: non tes a mesma sensación cando espertas e xa é dia que sintes que podes empezar a aprobeitar o dia desde ese momento que se te levantas e ainda é noite que o que se suele sentir é que estás a perder horas de sono. O mesmo ocorre á hora de facerse noite: ao durar máis as horas de dia no verán tamén che apetece aproveitalas moito máis xa que podes facer actividades no exterior durante máis tempo mentres que no inverno ás seis da tarde xa che apetece ir durmir. Claramente os horarios inflúen no estado anímoco das persoas, básicamente polos motivos anteriormente mencionados.
    O caso dos melanomas ou cancros de pel pola exposición ao sol pode pasarlle tanto a unha persoa que se expón ao sol porque traballa no exterior como a unha parsoa que o fai na praia, o caso é que todos se conciencien de que é necesario empregar protectores solares para evitalos.
    Está claro que independentemente do horario que se empregue, as horas de luz no inverno non van aumentar nin diminuír, creo que é algo que non se pode adaptar con plans de horarios como o actual ou calquera outro, por adiantar ou atrasar unha hora non vai cambiar moito o aforro enerxético.

  26. fab-martarodriguez di:

    Eu creo que a maioría da xente si que prefire os horraios de verán xa que se pode aproveitar máis o día,desde que se levanta ata casi as 10 da noite. Os cambio de horario ou atmosféricos por suposto que afecta o estado animico das persoas,cando fai sol apeteceche ir máis por ahí ir a praia facer cousas mentres que si chove só queres estar na casa e nin che apetece falar con nadie.
    Os seres humanos estamos acostumados a estes cambios de horario e penso que por adiantar ou atrasar o reloxo non vamos a aforrar enerxía si non que vamos a gastar a mesma.

  27. fab-gretageorgieva di:

    En España,adoptouse en 1974 como consecuencia da crise do petróleo,aínda que a última regulación cheega da man da directiva Europea 2000/84, que unifica os días nos que se producen os cambios de hora en todos os países da Unión:no último domingo de marzo e octubro, respectivamente. Con este cambio de horario, según estimacions do Instituto para a Diversificación Aforro da Enerxía (IDAE), entidade pública do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, o potencial de aforro en España pode chegar a representar un 5% do consumo eléctrico en iluminación, equivalente a unos 300 millones de euros.

  28. faa-ricardop di:

    Eu penso que non deberíamos modificar o fuso horario, xa que isto, afecta ás persoas dunha maneira que non podemos imaxinar, por exemplo, dun caso dunha muller que chegado o inverno, e polo cambio horario, afectalle unha enfermidade chamada Depresión do Inverno ou D. Otoñal, que afecta á xente, polo escaso descanso, manifestándose en forma de conciliar mal o sono, e falta da radiación do Sol ou Luz Solar, que afeta á produción natural no corpo de Vitamina D.

  29. fab-mariablanco di:

    Os cambios de hora son algo co que se leva vivindo toda a vida e considero que se estes poden traer consecuencias, estas poderanse solucionar.
    Persoalmente eu prefiro o horario de verán. As horas de sol son moito máis longas e permite ocupar mellor o día, mentres que co horario de inverno, a luz do sol é escasa o que implica que non se utilice tanto o día. Respecto ós cancros de pel e depresións, estou de acordo con que se poden arranxar coa crema solar e outros métodos no caso da depresión.

  30. fab-martapalacios di:

    Está claro que preferimos os horarios de verán, pero iso non ven só precedido polo feito de mover as agullas. Cando na Península Ibérica é inverno, o Sol está máis afastado dese lado da Terra, proporcionándolle máis calor e horas de luz á outra parte do planeta. Ademais de que isto sexa así, nós axudamos a que ás 8 da mañán sexa de día e dure así ata as 10 da noite. Catorce horas de luz solar son máis apetecibles que as nove ou dez do inverno, pero todo en exceso é perigoso e, como ben se di, a xente que traballa na construción por exemplo, exponse a 8 horas (supoñendo que non traballa máis) a Sol constante. A abundancia de raios solares sobre a pel pode causar enfermidades tales como o melanoma ou outras de gran importancia tamén.

  31. faa-fatimaf di:

    O cambio horario pode axudarnos moito a aforrar enerxía xa que, como di Diego, ó haber máis horas de luz non necesitamos utilizala artificial, o que se traduce nunha redución da factura, pero ademais dos problemas de saúde que se mencionan neste artigo, este cambio pode producir outros que, aínda que a simple non parecen tan perigosos coma os mencionados anteriormente, poden traer consigo outros máis graves.
    O cambio de hora pode producir alteracións do sono, o que fai que descansemos menos tempo e peor e, polo tanto, nos sintamos máis irritados, ansiosos e con peor humor ó longo do día, que á larga pode traducirse nunha depresión.
    Esta alteración do sono pode dar lugar a un empeoramento intelectual e físico, xa que nos sentimos máis cansados e polo tanto cústanos máis concentrarnos e facer calquera tipo de exercicio físico, ou mesmo cousas cotiás que cun descanso óptimo non nos custarían ningún traballo.
    En definitiva, realmente merece a pena aforrar na factura da luz se isto vai levar consigo tantos “efectos secundarios”?

  32. faa-fatimalago di:

    A duración dos días cambia cada día. Os días son máis longos no verán e máis curtos no inverno. Isto ten que ver coa inclinación da Terra no seu eixe a medida que orbita ao sol.
    O solsticio de verán é o día máis longo do ano e con máis horas de luz solar. Sucede a maioría dos anos o 21 de xuño no hemisferio norte. O hemisferio norte está inclinado cara ao sol, proporcionando a exposición máis longa á luz do sol do ano.
    Pola súa contra, o solsticio de inverno é o día máis curto do ano e o día con menos horas de luz solar. Sucede a maioría dos anos o 21 de decembro no hemisferio norte. O hemisferio norte está inclinado lonxe do sol, proporcionando a exposición máis curta á luz solar do ano.

  33. fab-fatimachaves di:

    Os nenos son máis sensibles a estes cambios de hora xa que o seu cerebro é máis inmaduro e experimentan irratibilidade e problemas de sono nos primeiros días.Tamén afecta a persoas que sofren ansiedade ou depresión.
    Os expertos aconsellan que no horario de veran hai que intentar adaptarse de maneira progresiva.
    Hai remedios caseros para burlar este cambio,basta con adaptar o ritmo horario e deitarse un pouco antes.

  34. fab-raqueloliveira di:

    A duración dos días cambia segun a época do ano na que esteamos, no veran os días soen durar moito mais,seino por propia esperiencia que podo volver as 10 da noite andando para a casa a luz do día,cousa que en inverno non podo facer.
    Claramente,a mairoria da xente prefiere os horarios do vran.
    Estes cambios afectan moito aos rapaces pequenos e incluso as persoas con algunha enfermidade como depresion ou ansiedade.