ESTAMOS SOS NO UNIVERSO?

Ata á data, a Terra é o único planeta do Universo coñecido que sustenta vida.

ET

O máis próximo que a ciencia moderna chegou a descubrir de vida extraterrestre no sistema solar é a proba fósil de posíble vida bacteriana en Marte (por vía do meteorito ALL84001). A procura de vida extraterrestre céntrase hoxe en día en planetas e lúas que se cre posúen ou posuíron auga no estado líquido.

Datos recentes dos vehículos da NASA Spirit e Opportunity parecen apoiar a teoría de que Marte tivo no pasado auga na superficie . Trazas de gas metano foron detectadas na atmosfera de Marte en 2003 o cal é considerado un misterio, xa que baixo as condicións atmosféricas de Marte e a radiación solar, o metano é inestable e desaparece despois de varios anos, o que indica que debe de existir en Marte unha fonte produtora de metano que mantén esa concentración na súa atmosfera, e que produce un mínimo de 150 toneladas de metano cada ano. Planéase que a futura sonda Mars Science Laboratory, inclúa un espectrómetro de masas capaz de medir a diferenza entre 14ºC e 12ºC para determinar se o metano é de orixe biolóxica ou xeolóxica.

As lúas de Xúpiter son tamén consideradas boas candidatas para albergaren vida extraterrestre, especialmente Europa , que parece ter océanos de auga líquida. Sospéitase que a vida poida existir no océano por baixo do xeo, talvez subsistindo como os seres vivos que viven en condicións semellantes na Terra, xa que Europa ten dous elementos esenciais para a vida como a coñecemos: auga e calor. Ou sexa, en respiradoiros hidrotermais no fundo dos océanos ou como no Lago Vostok da Antártida.

Marte

 

Autor: Manuel Cacabelos

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Novas tecnoloxías, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

31 Responses to ESTAMOS SOS NO UNIVERSO?

  1. fab-manuelgonzalez di:

    Persoalmente e creo que o máis lóxico seria creer na existencia de vida fora do noso planeta,simplemente polo feito de que o universo é infinito,é case imposible e improbable que nun espazo infinito só existamos os seres vivos do planeta Terra,xa que millóns de planetas e universos aínda non foros descubertos e posiblemente alberguen vida extraterrestre. Como di o artigo,dous factores básicos para a vida no noso planeta son o calor e a auga,pero… Porque noutros planetas ten que ser así??? Poderían existir seres extraterrestre que non aceptan estos requisitos e son capaces de vivir con outras condicions(sen auga,sen calor,:..) o que daría orixe a seres cun organismo e estructura corporal totalmente distinta a nosa,tal vez un pouco monstruosa.

  2. fab-noerodriguez di:

    O feito de que houbera vida en Marte é unha posibilidade que non podemos descartar. As condicións atmosféricas deste planeta actuais pode que fosen totalmente diferentes en outros tempos, ou incluso que houbese vida.
    A vida en outro planeta paréceme un feito totalmente viable. Ademais, tampouco teñen por que ser seres vivos “complexos” como un alieníxena con cabeza, extremidades… se non células. O simple feito de que haxa auga e unha temperatura axeitada é suficiente para que a posibilidade da existencia vida sexa alta. Na complexidade deste universo só vai haber un único planeta que albergue vida? Non creo. Pode que non se atope preto de nós, pero nunca debemos parar de buscar.

  3. faa-ricardop di:

    Penso que sería posible a existencia de vida en Marte, tivo vida bacteriana que se saiba, pero non hai rastro de organismos máis complexos, que non quere dicir que non os houbese.
    Penso que Marte sería o sustituto ideal da Terra, xa que está na chamada Zona Habitable do Sistema Solar, e se puido albergar vida bacteriana, pouco a pouco, mediante a adaptación, creo que sería posible habitar Marte.

  4. fab-elisaperez di:

    Penso que si podería haber vida noutros planetas, e que hai moitísimos planetas que probablemente poidan ser habitables, xa que o Universo é infinito. Se nun planeta a temperatura é máis ou menos adecuada, e hai auga, esta opción non se debería descartar, e sería aconsellable que se seguira investigando.

  5. fab-aidagonzalez di:

    Na miña opinión, a posibilidade de que exista vida noutro planeta é moi grande tendo en conta que a cantidade de planetas que aínda non coñecemos é infinito. Ademais, cada vez estanse atopando máis probas de determinadas características dalgúns planetas, como a existencia de océanos de auga líquida en Europa, que nos indica que pode existir vida neles.

  6. fab-jairotroncoso di:

    En canto a existencia de vida en outros planetas, sexan do sistema solar ou no, pois eu non sei que dicir, eu penso que no, e verdade que o universo é moi grande e extenso, tanto podría haber como no. en canto a vida bacteriana, ou microoscópica, en canto a eso pois… pode ser, eu non teño os coñecemento para saber como se desarrollan as bacterias nin como crecen, e non podo decir si en eses ambientes se poden desarrollar ou no. Fai tempo escoitei a noticia de que en Marte, antes había auga, eso pode ser un gran descubrimento, xa que nos podería axudar no futura para investigar máis dito planeta deste sistema.

  7. faa-sergioserantes di:

    Persoalmente, teño dúbidas acerca da existencia de vida noutros planetas. En caso de que si haxa vida extraterrestre, penso que esta debería atoparse lonxe, e non no Sistema Solar nin na Vía Láctea, xa que non parece que os planetas máis próximos a nós reúnan a día de hoxe as condicións para albergar vida. Sen embargo si estou de acordo en que puido haber vida, noutros tempos, en lúas de Marte ou no planeta mesmo.

  8. faa-nicolecorbacho di:

    O metano é un composto de carbono e hidróxeno, de fórmula CH4. É un hidrocarburo, o primeiro membro da serie dos alcanos. É máis lixeiro que o aire, incoloro, inodoro e inflamable. Encóntrase no gas natural (entre un 75% e un 90%), no gas grisú das minas de carbón, nos procesos das refinerías de petróleo, e como produto da descomposición da materia nos pantanos. É un dos principais compoñentes da atmosfera dos planetas Saturno, Urano e Neptuno.

    Pode obterse mediante a hidroxenación de carbono ou dióxido de carbono, pola acción da auga con carburo de aluminio ou tamén ó quentar etanoato de sodio cun álcali.

    É apreciado como combustible e para producir cloruro de hidróxeno, amoníaco, etino (acetileno) e formaldehido.

  9. faa-begonasuarez di:

    Spirit é o primeiro dos dous robots que forma parte do Programa de Exploración de Marte da NASA. A nave aterrou con éxito o 4 de xaneiro do 2004 e finalizou a súa actividade en marzo do 2010, momento no que deixou de enviar comunicacións.
    O Opportunity é un robot activo no planeta Marte dende o 2004, é o segundo dos vehículos da NASA que aterrou con éxito do planeta Marte o 25 de xaneiro do 2004, tres semanas despois do Spirit.

  10. faa-santiagoescudeiro di:

    Si realmente hai vida en Marte e conseguimos descubrila, esto suporía un gran avance para a ciencia contemporánea, xa que poderíamos investigar esa vida e comparala coa nosa. Ata poderíamos tentar relacionar ambas vidas ou establecer organismos da Terra en Marte. A posibilidade de que Marte poida albergar vida é moi esperanzadora, xa que significaría que non estamos sós no universo e poderíamos tentar encontrar máis vida, e incluso emigrar a eses planetas ou satélites habitables.

  11. faa-manuelmontes di:

    Non sé pon en dubida que non haxa vida fóra da Terra, pero non ten que ser os tipicos homiños verdes. Pode darse que sexan bacterias ou algunha alga… Sobre todo se nese planeta houbo ou hai auga, este factor favorecería a aparición de vida. Pode que haxa seres semellantes a nos, pero aínda non se atopou ningunha señal que afirme (ou que desminta) esto. Hai millóns de planetas, universos, lúa … Que pode dicir que non haxa vida noutro lugar?

  12. faa-fatimalago di:

    Hoxe en día estase a buscar vida noutros lugares do noso Sistema Solar, esencialmente na lúa xeada de Júpiter, Europa, que contén o maior océano de auga líquida do noso sistema. É pronto para mandar unha nave cun submarino a Europa, pero non parece unha idea desatinada para os científicos. A lúa de Saturno, Titán, é un xigantesco satélite cunha espesa atmosfera de nitróxeno, metano e outros hidrocarburos. Alí poderíanse estar a dar as mesmas condicións que se deron na Terra cando se orixinou á vida.
    Pero o máis interesante segue sendo Marte, un planeta que nun pasado tivo unha grande actividade que se presentou en forma de xigantescas correntes de auga, das que agora observamos as súas pegadas. Segundo indican algúns científicos, se a actividade volcánica de Marte volvese rexurdir, cos impoñentes volcáns da rexión de Tharsis, como o Monte Olimpo (de 27 km de altura e unha base de 600 km), a auga volvería correr, xa que os gases producidos por estes volcáns provocarían un efecto invernadoiro no planeta, polo que se quentaría, a presión atmosférica sería ideal para conter a auga e que non escapase ao espazo, e os xeos dos seus polos derreteríanse para correr pola superficie e Marte volvería ser un planeta azul irmán á Terra.

  13. fab-iriamartinez di:

    Na miña opinión, si considero que poida existir vida no universo, o feito de que en planetas relativamente cercanos ao noso como pode ser Marte e no satétite de Saturno, Europa, que exita vida microbiana. Isto permitenos plantexar que poida existir a vida en moitos outros planetas cunhas condicións similares as nosas no infinito universo. Porque como sabemos o universo é infinito, e é moi probable noutras galaxias exitan planetas como A Terra,e quizáis con animáis non moi diferentes os humanos o que é moi complicado e chegar algún día a coñecelos, xa que poderían estar a millóns de anos luz.

  14. faa-igonzalez di:

    Respecto á cuestión do título deste artigo, eu creo que non estamos solos neste universo, dado que é demasiado grande para nós saber si hai alguien por ahí ou saber alguien que estamos nós aquí. E, polo tanto, quen pode negar que non haxa vida por fora do noso planeta? Non se pode negar nada, porque basta negar algo, para que os teus ollos o vexan inmediatamente. Pódese pensar que son un friki ou un “pirado” por pensar isto, pero non se está a dar de conta moita xente que non hai certeza de que só esteamos nos aquí, e polo tanto, non se pode negar nada sin saber que un feito é certo, tal e como tiven que estudiar en filosofía.
    Simplemente, non estamos sós. Ten que haber existencia moito máis aló do que nos buscamos, pero algo ten que haber, porque senón, para qué tanto universo? Todo o universo é solo e exclusivamente para nós? Eu creo que no.

  15. faa-saracastro di:

    A cuestión de se pode haber vida ou non noutros lugares que non sexa a Terra é unha pregunta que todos nos fixemos algunha vez. Estamos tan acostumados a que o único lugar capaz de albergar vida sexa o noso, que xa damos por feito que noutros planetas non haberá. Pero o certo é que temos como prototipo de vida un animal ou mesmo un ser humano, pero o certo é que unha simple bacteria ou algún microorganismo xa é un ser vivo. Polo que, en Marte ou noutros lugares que presentan símbolos de que nalgún momento puideron albergar vida, é moi probable que así fose.

  16. faa-christiancacabelos di:

    Debido á gran inmensidade do universo é probable que exista vida, o conplicado é chegar a manter contacto con ela, por posibles diferenzas no idioma, na forma de expresión e polas suas capacidades de comunicación en xeral, ainda que o principal factor que é determinante é a distancia que nos pode separ.
    A pregunta é, serán como no-los mostran nas películas?

  17. faa-elenafontenla di:

    Non coñecemos aínda ata onde pode chegar o univero , se é infinito ou non, pero do que si temos certeza é de que é demasiado grande como para que esteamos sos.
    Agora estase investigando se os planetas do noso sistema solar e as súas lúas albergaron vida nalgún momento e se aínda a manetñen, pero eu creo que deberiamos saír da casa (do Sistema Solar) e ir un pouco máis alá, cousa que se poderá levar a cabo nuns anos.
    Ninguén di que na outra punta da galaxia ou noutras galaxias cercanas non exista algún polaneta no que se deran unhas condicións (non digo as mesmas cas que se deron na terra) favorables para que se orixinara vida.
    O universo é un mundo descoñecido e pode albergar moitas sospresas e descubrimentos.

  18. fab-javiercarou di:

    Vivimos nun universo no que hai millóns de galaxias. Cada galaxia ten millóns de sistemas planetarios e cada sistema, moitos planetas. Paréceme imposible que o único planeta que albergue vida sexa a Terra, xa que aínda que os seres humanos precisemos dunha boa temperatura e auga isto non quere dicir que non poidan existir outras especies que poidan vivir con outras condicións de vida.

  19. fab-rebecachaves di:

    Eu penso que si podería haber vida noutros planetas, non creo que o noso planeta sexa o único que poida conter vida, só que aínda non descubriron ningún, o universo é infinito e é posible que haxa outros planteas similares á Terra e sexan habitables. Nenbergantes, estamos tan acostumados a que o único lugar capaz de albergar vida sexa o noso pero agora en planetas relativamente cercanos ao noso como pode ser Marte dase que que exista vida microscópica, pero este só é un pequeno paso para estar máis cerca da verdade.

  20. faa-martinlosada di:

    Creo que as posibilidades de que exista vida no universo sería o pensamento máis lóxico, xa que a min cóstame crer que nun espazo infinitamente grande e no que o planeta Terra é o equivalente a un punto nunha recta poida ser o único que conteña vida, e que sexa o único que teña as condicións necesarias para a súa existencia, ademais coñecendo o impresionante que pode ser a vida, xa que no mesmo planeta podemos encontrar seres vivos que viven en condicións extremas, nas que parece imposible a existencia de algo que cumpra as tres funcións vitais, e a pesar diso como se di no artigo hai verdadeiros ecosistemas mariños, nos que ben podería parecer as condicións existentes noutros planetas.
    Ademais non coñecemos nin unha cuarta parte das especies existentes no noso propio planeta, polo que tendo en conta isto, e que non temos os suficientes medios como para extraer a información necesaria máis alá do Sistema Solar, non me parece tan extraño que todavía non encontráramos vida noutros planetas.

  21. fab-danielbaulo di:

    Tendo en conta a cantidade de planetas que hai no universo, a probabilidade de que exista algun tipo de vida a parte da Terra é moi alta. Sen embargo, eu creo que no Sistema Solar agora mesmo só hai vida na Terra, pero nun pasado moi lonxano, Marte puido ter unhas condicions atmosféricas moi parecidas ás da Terra, e seguramente houbera vida.
    A maioría de membros da comunidade científica descarta a posibilidade de que exista calquera tipo de vida en Marte, hai algunhas dúbidas sobre se a houbo cando a atmosfera deste planeta era máis densa e había auga líquida en abundancia.

  22. faa-nicolecorbacho di:

    Conforme a Unión Astronómica Internacional un planeta ( pronunciación ) é un corpo celeste que orbita ao redor do Sol, que ademais ten masa abonda como para que a súa gravidade supere as forzas do corpo ríxido e asuma unha forma en equilibrio hidrostático (practicamente esférica) e que ademais limpara a órbita de corpos veciños.
    Un planeta é un corpo celeste de grandes dimensións, sen luz propia, senón que a recibe dunha estrela, e que xira arredor dunha estrela cunha órbita elíptica. Da estrela recibe unha importante radiación electromagnética.
    Tradicionalmente coñecíanse apenas os planetas visibles a ollo un (sen telescopio): Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno, ademais da Terra, que, como non podería deixar de ser, non se consideraba como tal na teoría xeocéntrica.
    O uso do telescopio permitiu a descuberta do Urano, Neptuno; hoxe considerase que o Sistema Solar se compón destes oitos planetas, moitos dos cales con satélites naturais, ademais de millares de asteroide e cometas.

  23. fab-sofiacastineiras di:

    A día de hoxe non coñecemos nin a metade de todos os planetas que poden existir no universo, polo que é moi posible que algún dos que non coñecemos teñan as características para que neles poida existir a vida. Non obstante, non considero que encontrar outro planeta habitable sexa fácil, e que hasta dentro de moitos anos este feito non se vai conseguir, pero débese seguir investigando, cada día máis, para que isto ocurra canto antes.

  24. fab-martapalacios di:

    A “conspiración” extraterrestre para algúns e, vida máis alá da terra para outros no está completamente demostrada a día de hoxe. Aínda así, se buscas en internet “vida extraterrestre” pódense atopar milleiros de teorías con moitos argumentos a favor de que sexa certo. Ó longo dos séculos o ser humano fíxose moitas preguntas incontestables entre as cales “hai vida fora da terra?” era unha. Actualmente, para moitos científicos non é tan incontestable. Existen testemuñas que alegan que viron cós seus propios ollos obxectos voadores non identificados (ovni) e, ben pode ser unha alucinación ou ben pode ser verdade. Eu persoalmente non creo nin si nin non, e non é algo que me impida durmir claro que cantos máis descubrementos se realicen sobre o tema, máis (ou menos) tranquilos quedaremos.

  25. faa-cristinaguillan di:

    É certo que non coñecemos nin a quinta parte do Universo e que pode que existan planetas que alberguen vida, pero iso é algo que ninguén pode desmentir polo momento. Considero que ao igual que o noso planeta alberga ditas condicións pode ser que en outros sistemas ou galaxias haxa planetas que tamén as alberguen, pero non se sabe se dita vida será tal e como a coñecemos na Terra, animais, plantas e bacterias cos seus respectivos reinos, nin tan sequera se esa vida pode ser intelixente como se considera ao ser humano, pero que si que pode habela seguro.
    Hai moitos testemuños de avistamentos dos chamados Ovnis (Obxectos voadores non identificados) pero non podemos afirmar que estes obxectos voadores pertenzan a vida extraterreste intelixente que nos veñan a visitar e mesmo se fala de que nos veñan a controlar, e moito menos que ditos extraterrestres teñan a apariencia física que nos queren vender.

  26. fab-gretageorgieva di:

    Tendo en conta que o universo e infinito, e hoxe en día ainda non coñecemos todos os planetas do Universo nin se pode confirmar con certeza de que exitan outros seres pero tamen e certo que en Planetas cercanos a nos como e o caso de Marte sexa posible a vida de seres como os mictoobios e as bacterias, e seguramente fai milleiros de anos Marte puido ter condcions aptas para a vida humana, pero aínda así nestes momentos a Terra é o unico lugar no que existe a vida humana pero eso non quere dicir que non se dea outro tipo de vida.

  27. faa-fatimaf di:

    Ademais dos nomeados neste artigo, existen outros planetas que, debido ás súas características semellantes ás da Terra, poderían albergar vida, como é o caso do Gliese 667Cc, que se atopa na constelación de Escorpión e é o planeta máis parecido á Terra, pero a súa estrela é unha anana vermella, polo que as erupcións estelares envolverían ó planeta de radiación ultravioleta o raios X; Kepler 22b, que é 2,4 veces máis grande que a Terra e a temperatura da súa superficie ronda os 22 grados centígrados; e HD 40307g, que ten unha masa ata 7 veces maior que a Terra e a súa órbita con respecto á súa estrela é moi parecida á da Terra con respecto ó Sol.

  28. fab-anaoubina di:

    Dende o meu punto de vista penso que si é posible que haiga existencia de vida noutros planetas, xa que o universo é infinito. Kepler William Borucki, explicou que ata agora o telescopio encontrou 1,235 candidatos a planetas donde podría existir vida e aínda que a misión principal non é estudar cada corpo celeste que se encontre, senon que é dar unha idea de cantos planetas pode haber na galaxia, en especial aqueles que se semellen á Terra.

  29. faa-lauravazquez di:

    Este artigo paréceme moi interesante porque é un tema moi discutido e que está, e vai estar en debate ata topar probas definitivas que desmintan ou verifiquen se en realidade o planeta terra é o único lugar que alberga vida.
    No caso que haiga vida máis alá da Terra e nos aínda así non teñamos coñecemento é unha hipótese que non se pode descartar, polo momento. De todos modos soñar con extraterrestres como os das películas paréceme pretencioso. Se hai aproximadamente 8,7 millóns de especies na terra e o 88% está sen descubrir, dubido que a vida extraterrestre se semelle a nada do que coñecemos.

  30. fab-raqueloliveira di:

    Eu estou totalmente cnvencida de que pode haber vida noutros planetas,xa que o universo é infinito e nos só coñecemos o sistema solar,hai moitos máis sistemas cheos de planetas e estou segura,que así como aqui evolucionamos hasta chegar a nos, polo universo adiante habrá outras especies pode que semellantes ou totalmente diferentes,pero sin duda, o máis probable e que halla vida mesmo nalgúns dos planetas do noso sistema solar.

  31. fab-mariablanco di:

    Eu penso que sí pode haber máis vidas no universo.
    O universo está formado por un número indefinido de galaxias e sistemas o que implica que si no sistema solar hai vida, noutros sistemas e noutras galaxias tamén pode habela. O que sí non creo é que haxa máis vida dentro do noso sistema solar, xa que se coñece bastante ben a composición dos planetas restantes e sábases que os gases que posúen non facilitan a vida neles. O que sí pode ser, e que haxa algún tipo de ser que acepte esas composicións e polo tanto poida habitar nesos planetas, pero en ningún caso se semellaría a un ser humano ou animal terrestre.