EPIXENOMA DE NEARDENTAL

Novas técnicas de secuenciación de ADN antiguo están aportando algúns datos clave para comezar a entender como evolucionaron as especies humanas ata chegar ao Homo sapiens. Nos últimos anos descubrimentos como o xenoma completo do neardental ou a secuencia doutra das especies irmáns, o denisovano, deron luz a unha época moi importante para a evolución humana.

Pero nos xenes, o ADN, non o é todo. A información contida nas nosas células, nas que calquera especie, require dunha maquinaria química complexa que controla o funcionamento dos xenes e indentificar cal xene funciona e cal non en cada momento, isto é o que se coñece como epixenética. Para entendelo mellor podería facerse a analoxía usando a lingua escrita: as letras serían o código xenético e os signos de puntuación serían a epixenética que permite que o texto se poida ler e teña sentido. Entre os sinais que permiten á epixenética desempeñar esta función atópanse algunhas modificacións químicas, como a metilación do ADN, que controla cando e como son activados e desactivados os xenes que controlan o desenvolvemento do noso organismo, e esas son precisamente as alteracións que se estudaron no traballo.

Os autores desde traballo, recién publicado na revista “Science“, deseñaron un algoritmo matemático que permite reconstruir como se deterioraron o epixenomas de ambas especies co tempo, o que permitiu aos científicos “dar marcha atrás” coas mostras das que dispoñen na actualidade ata saber como sería ese epixenoma hai 70.000 anos.

A mellor proba de que o novo método funciona é que as conclusións son moi coherentes co que vemos ao comparar as especies antigas cos humáns modernos. A pesar de que hai parte que é moi similar, é certo que hai diferenzas e están os xenes que regulan a formación dos ósos.

Segundo o traballo científico, isto é consistente cunha evolución diferenciada das estructuras óseas de especies como o neardental e o humano moderno. Outras afectan a xenes relacionados co sistema cardiovascular ou o sistema nervioso, os cales asociáronse con enfermidades como o Alzheimer ou a esquizofrenia. Aínda que se descoñecen os factores que deron lugar a estas diferenzas, dado que os patróns epixenéticos están influidos tanto polas propias características xenéticas como polas condicións ambientais.

Autor: Esteban Pintos Noya.

Esta entrada foi publicada en Evolución, selección natural, Xenoma humano e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

37 Responses to EPIXENOMA DE NEARDENTAL

  1. fab-elisaperez di:

    A metilación do ADN é un proceso epixenético que participa na regulación da expresión xénica de dúas maneiras, directamente ao impedir a unión de factores de transcripción, e indirectamente propiciando a estructura “pechada” da cromatina.

  2. faa-nicolecorbacho di:

    O ADN é o Ácido ácido; é o tipo de molécula máis complexa que se coñece. A súa secuencia de nucleótidos contén a información necesaria para poder controlar o metabolismo un ser vivo. OADN é o lugar onde reside a información xenética dun ser vivo.
    o estudo da súa estructura se pode facer a varios niveis, aparecendo estructuras, primaria, secundaria, terciaria, cuaternaria e niveis de empaquetamento superiores.
    O ADN está composto por unha secuencia de nucleótidos formados por desoxirribosa. As bases nitroxenadas que se hallan formando os nucleótidos de ADN son Adenina, Guanina, Citosina e Timina.

  3. faa-nicolecorbacho di:

    A esquizofrenia é un trastorno mental de fificultade complexa:
    Establecer a diferencia entra o que é reaal e irreal, Pensar de maneiraclara, Ter despostas emocionais normais;Actuar normalmente en situacións sociais.
    a esquizofrenia é unha enfermedade complexa.os expertos na salud mental non están claros da cal é a súa causa. Os xenes poden xogar un papel.
    Se presenta por igual en homes e mulleres.xeneralmente comeza nos anos de adolescencia a principios da adultez, pero pode empezar máis tarde na vida. Tende a empezar máis tarde nas mulleres e é unha afección mais leve.

  4. faa-begonasuarez di:

    O Neandertal (Homo sapiens neanderthalensis) é unha especie exista do xénero Homo que habitou Europa e partes de Asia occidental dende hai 230.000 ata 28.000 anos atrás. As súas características son: esqueleto robusto, pelvis ancha, extremidades cortas e robustas, tórax en barril, fronte baixa e inclinada, face prominente, mandíbulas sen mentón e gran capacidade craneal. Vivían en grupos sociais organizados, formados ao redor de 30 membros. A estatura media era de 1’65 m.
    O Denisovano (Homínido de Denísova) é unha posible nova especie de Homo, identificada a través dunha análise de ADN de restos óseos atopados en Siberia, cuxos descubrimentos se anunciaron en marzo do 2010. Suxeriuse que esta nova especie viviu entre hai un millón e 40.000 anos.

  5. faa-manuelcacabelos di:

    O Neandertal foi unha especie do xénero Homo (Homo neanderthalensis) que habitou a Europa e partes do oeste da Asia hai entre 230.000 e aproximadamente 29.000 anos (Paleolítico Medio e Paleolítico Inferior, no Plistoceno).
    Os Neandertais estaban adaptados ao frío, como mostran os seus grandes cerebros, o seu curto, máis voluminoso e longo nariz. Esas características prímaas a selección natural nos climas fríos, e tamén se observan nas modernas poboacións sub-árticas. Os seus cerebros eran aproximadamente un 10% maiores en volume que os dos humanos modernos. Na media, os Neandertais tiñan preto de 1,65 m de altura e eran moi musculosos.

  6. fab-sofiacastineiras di:

    Dende os análises xenéticos dos seus restos, comprobouse que os Denisovanos eran dun aspecto a medio camiño entre neandertais e homo sapiens, aínda que algúns expertos aseguran que a morfoloxía ósea era aparentemente máis similar á do neandertal.
    A epixenética é o que permite explicar por qué o home e o chimpancé son tan diferentes na súa complexidade se comparten o 99% dos xenes. Cando falamos de epixenética referímonos a fenómenos que non afectan a secuencia de ADN dos xenes pero sí varían a súa expresión.

  7. faa-sergioserantes di:

    Fai xa case 30000 anos dende que o home de Neandertal desapareceu.Foi unha especie que conviviu cos nosos antepasados durantes varios milenios, chegando a ter descendencia entre eles. O feito de poder coñecer como eran fai que poidamos descubrir por que desapareceron concretamente, cal foi o factor máis determinante, e se realmente eran tan distintos do home de Cromagnon.

  8. fab-martapalacios di:

    O ácido desoxirribonucleico, abreviado como ADN, é un ácido nucleico que contén as instrucións xenéticas utilizadas no desenvolvemento e funcionamento de todos os organismos vivos e algúns virus, e é responsable da súa herdanza. O principal papel da molécula de ADN é o almacenamento a longo prazo da información. Moitas veces, o ADN é comparado cunha superficie plana ou unha receita, ou un código, xa que contén instrucións necesarias para a construción de outros compoñentes das células, como proteínas e moléculas de RNA. Os segmentos de ADN que levan esta información xenética son chamados xenes, pero outras secuencias de ADN teñen propósitos estruturais ou están implicados na regulación do uso da información xenética.

  9. faa-laurarey di:

    Os neandertais son a última especie humana en compartir o planeta coa nosa forma humana, H. Sapiens, e a primeira especie fósil recoñecida. Os primeiro restos paleoantropolóxicos foron descubertos en 1856 preto da cidade de Düsselforf (Alemania), no val de Neander (de aí o nome que recibe, Neander Thal como se dicía antiguamente e Neander Tal actualmente).
    Ata fai relativamente pouco tempo a liña neandertal era considerada como unha subespecie de Homo sapiens, de aí o seu antigo nome Homo sapiensneanderthalensis. Pero a paleoantropoloxía abriuse cara á xeometría ramificada, abandonado unha visión lineal da evolución humana, de modo que os neandertais volveron ser unha especie diferenciada de Homo sapiens e volveuse a usar o seu anterior nome.
    Son unha especie humana que ha evolucionado enteiramente en Europa, alcanzando unha gran diferenciación morfolóxica respecto de os humanos anatomicamente modernos. Parece ser que a separación de ambas poboacións se dió fai aproximadamente 500 Ka segundo uns e ca. 200 Ka segundo outros, a partir da forma Homo heidelbergensis, aínda que tamén hai que apuntar que non é nada fácil distinguir entre a formaneanderthalensis e a heidelbergensis. No entanto, outros investigadores suscitan a posibilidade que H. antecessor sexa o último eslavón entre a nosa especie e a forma neandertal.
    As principais diferenzas entre Homo neanderthalensis e Homo sapiens son a gran robustez do seu corpo e unha morfoloxía arcaica tanto do corpo como do cranio do primeiro.

  10. faa-laurarey di:

    A epixenética trátase do estudo de todos os factores non xenéticos que interveñen na determinación da ontoxenia ou desenvolvemento dun organismo, desde o óvulo fertilizado ata o seu senescencia, pasando pola forma adulta; e que igualmente intervén na regulación herdable da expresión xénica sen cambio na secuencia de nucleótidos. A epixenética é o conxunto de procesos químicos que modifican a actividade do ADN pero sen alterar o seu secuencia.

    O termo foi acuñado por Conrad Hal Waddington en 1953 para referirse ao estudo das interaccións entre xenes e ambiente que se producen nos organismos

  11. faa-laurarey di:

    O alzheimer é unha alteración neurodexenerativa primaria, que adoita aparecer a partir dos 65 anos, aínda que tamén pode presentarse entre xente máis nova. Cando unha persoa padece a enfermidade de Alzheimer, experimenta cambios microscópicos no tecido de certas partes do seu cerebro e unha perda, progresiva, pero constante, dunha sustancia química, vital para o funcionamento cerebral, chamada acetilcolina. Esta sustancia permite que as células nerviosas comuníquense entre elas e está implicada en actividades mentais vinculadas á aprendizaxe, memoria e pensamento.
    Os síntomas desta enfermidade son variados. Nun principio, xorden pequenas e imperceptibles perdas de memoria, que co paso do tempo fanse máis notorias e incapacítante para o afectado, que terá problemas para realizar tarefas cotiás e simples, e tamén, outras máis intelectuais, como falar, comprender, ler, ou escribir. Dependendo da etapa en que se atope o paciente, os síntomas son diferentes.

  12. faa-laurarey di:

    É a única especie de Homo que aínda subsiste (o ser humano actual), xa que todas as demais extinguíronse.
    Homo sapiens pode traducirse como “home sabio”. Os científicos cualifican como Homo sapiens arcaicos a varias especies de Homo que xurdiron fai uns 600.000 anos e que comparten diversas características como o Homo sapiens, aínda que non teñen a mesma anatomía.
    Os Homo sapiens modernos, pola súa banda, teñen unha aparencia similar ao ser humano da actualidade. Estes individuos vivirían nun período de entre 260.000 e 100.000 anos antes do presente. En canto ao Homo sapiens sapiens (o home), crese que ten unha antigüidade duns 195.000 anos.

  13. faa-begonasuarez di:

    A epixenética fai referencia nun sentido amplo ao estudo de todos aqueles factores non xenéticos que interveñen na determinación do desenvolvemento dun organismo, dende o óvulo fertilizado, pasando pola forma adulta. Pódese dicir que a epixenética é o conxunto de procesos químicos que modifican a actividade do ADN pero sen alterar a súa secuencia.

  14. faa-nicolecorbacho di:

    o texido óseo forma a maior parte do esqueleto, e armazón que soporta o noso corpo e protexe os nosos órganos e permite os movimientos. De gran robustez e lixereza, o sistema óseo é un texido dinámico, continuamente en fase de remodelización. A osteoloxía é a ciencia que estuda a estructura, funcións e patoloxías óseas.

  15. fab-marcosdaporta di:

    Os neandertais eran unha especia máis intelixente ca nós, ó contrario do que se pensa. Normalmente vése ós neandertais como seres inferios, lerdos e “estúpidos” pero en realide estes eran máis intelixentes ca nós.
    Unha razón que dan é que estes non tiñan tanta capacidade para cazar pero os estudos científicos demostran o contrario. Eles cazaban en grupo e usában o terreo para a súa vantaxe polo tanto é outra falsedade.
    Outra das razóns que se deron era a súa alimentación, moito menos varia pero encontráronse moitos restos de diverso tipo de comida cerca de fogueiras e mesmo entre os dentes dun neandertal.
    Incluso eran máis fortes e musculosos.
    Estinguíronse só pola superioridade numérica dos homo sapiens e non por se unha especie superior.

  16. fab-iriamartinez di:

    O ser humano (Homo sapiens, del latín «homo», «hombre», y «sapiens», «sabio») é unha especie de primate da familia dos homínidos. Tamén son conocidos como “homes”, aunque ese término é ambiguo pois úsase tamén para referirse aos individuos do sexo masculino e en particular aos varons adultos. Os seres humanos poseen capacidades mentais que permítenlles inventar, aprender e utilizar estructuras lingüísticas complexas, lóxicas, matemáticas, escritura, ciencia e tecnoloxía. Os humanos son animais sociais, capaces de concebir, transmitir e aprender conceptos totalmente abstractos. Non se teñe evidencia de que exista outra forma de vida con dichas capacidades —ou superiores— no universo.

  17. fab-rebecachaves di:

    O home de Neandertal (Homo neanderthalensis) é unha especie extinta do xénero Homo que habitou Europa e partes de Asia occidental dende fai 230 000 ata 28 000 anos atrás, durante o Plistoceno medio e superior e culturalmente integrada no Paleolítico medio.
    Os neandertales foron unha especie ben adaptada ao frío extremo congruente coa cuarta e última glaciación. Tiñan un cranio alongado e amplo, baixa estatura e complexión robusta, e nariz amplo de aletas prominentes; trazos que denotan adaptación a climas fríos, como se pode observar actualmente nas poboacións do Ártico, e moi probablemente donos dun olfacto máis desenvolvido que o home moderno. O seu cerebro era igual ou mesmo máis grande que o dos homes modernos.

  18. faa-ricardop di:

    Os neandertais eran unha especie moito máis intelixente cá nosa, xa que posuían umha capacidade máior cá nosa, pero extinguíronse só polo maior número de individuos do Homo sapiens, non porque fosen menos intelixentes ou fortes, como se cría.

  19. faa-nicolecorbacho di:

    O alzheimer é unha alteración neurodegenerativa primaria, que soe aparecer a partir dos 65 anos, aunque tamén pode presentarse entre xente máis xoven. Cando unha persoa padece a enfermedade de Alzheimer, experimenta cambios microscópicos no texido de certas partes do sue cerebro e unha pérdida, progresiva, pero constante, dunha sustancia química, vital para o funcionamento cerebral, chamada acetilcolina. Esta sustancia permite que as células nerviosas se comuniquen entre elas e está implicada en actividades mentais vinculadas ao aprendizaxe, memoria e pensamento.

  20. fab-ariadnacordal di:

    Outra especie que convivía co homo sapiens e os neandertais é o homínido de Denísova (tamén chamado denisovano). A súa apariencia configura unha mestura entre as outras dúas especies mencionadas anteriormente, cunha estrutura ósea máis próxima á do neandertal; así mesmo, cómpre destacar que os humanos actuais das illas do surleste asiático comparten entre un 4 e un 6% de semellanzas xenéticas con esta especie (os europeos, pola contra, albergan un 2’5% do neandertal).

  21. faa-noeliaparracho di:

    O Homo neanderthalensis é unha especie extinta que habitpu en Europa e partes de Asia dende hai 230 000 ata 28 000 anos atrás (Paleolítico madio).
    Créese que conviviu durante una 5000 anos co Home de Cro-Magnon debido a distintos fósiles achados nas covas de Châtelperron, en Francia.
    Outra especie coa que tamén conviviu e que é nomeada no artigo é o homínido de Denísova (denisovano) do cal se atopou ADN e restos óseos en Siberia en Marzo do 2010.
    Conrad Waddington atribuíu o nome de epixenética á rama da bioloxía que estuda as interaccións casuais entre xenes e os seus produtos, que dan lugar ó xenotipo. Sen embargo, a espixenética actualmente é o estudo dos cambios herdables na función xenética que se produce sen un cambio na secuencia do ADN.

  22. faa-begonasuarez di:

    O ADN (Ácido DesoxirriboNucleico) é o tipo de molécula máis complexa que se coñece ata o de agora. A súa secuencia de nucleótidos contén a información necesaria para poder controlar o metabolismo dun ser vivo. O estudo da súa estrutura pódese facer a varios niveis, aparecendo as estruturas:
    -Primaria
    -Secundaria
    -Terciaria
    -Cuatrenaria
    A metilación do ADN é un proceso epixenético que participa na regulación da expresión xénica de dúas maneiras:
    -Impedindo directamente a unión de factores de transcripción
    -Proporcionando indirectamente a estrutura da cromatina

  23. faa-fatimalago di:

    O Neandertal é unha especie do xénero Homo que habitou Europa e partes de Asia occidental dende fai 230 mil anos ata 29 mil anos atrás. Foi bautizado Home de Neanderthal debido a que no val do río Neander se atopou o primeiro espécime. Vivían en cabanas ou covas en grupos sociais organizados (clans). Dominaban o lume e fabricaban ferramentas de óso e pedra.
    Tiñan uns corpos anchos e curtos, e grazas a isto aguantaban mellor o gran frío que facía na época da Glaciación. Tiñan unha postura totalmente ergueita. O seu peso roldaba os 70-80 quilos e a súa altura situábase entre 1,60 e 1,70 dependendo do sexo. As súas extremidades eran relativamente curtas comparadas co corpo. A súa esperanza de vida estaba arredor dos 40 anos de idade.
    Tiñan una dieta nutritiva e equilibrada. Eran cazadores móbiles, alimentábanse dende mariscos e peixe ata grandes mamíferos como bóvidos, rinocerontes laúdos, renos e mesmo mamuts.
    Podían falar, co cal se comunicaban entre eles. Posuían un sistema de comunicación oral moi “eficiente” e “rápido”. Tiñan unha linguaxe que, nalgúns aspectos, se asemellaba ao dos simios.
    A rápida desaparición dos neandertais tras a aparición do Homo sapiens en Europa suxire que estes últimos estiveron relacionados coa súa desaparición. Cabe a hipótese de que os neandertais se extinguiran ao non poder competir polos recursos cos Homo sapiens e fosen desprazados a rexións onde a comida e o refuxio eran máis difíciles de atopar, aínda que fisicamente os neandertais fosen máis fortes.

  24. faa-laurarey di:

    O homínido de Denisova (tamén chamado muller X) é o nome dado a unha posible nova especie de Homo, identificada a través da análise do ADN de restos óusevos atopados en Siberia, cuxo descubrimento anunciar en marzo de 2010. Suxeriuse que esta nova especie viviu entre fai un millón e 40.000 anos, en áreas nas que tamén vivían neandertais e Homo sapiens, aínda que a súa orixe atoparíase nunha migración distinta ás asociadas con humanos modernos e neandertais.

  25. faa-manuelcacabelos di:

    O ácido desoxirribonucleico (ADN) é un ácido nucleico que contén instrucións xenéticas usadas no desenvolvemento e funcionamento de todos os organismos vivos coñecidos e algúns virus, e é responsable da súa transmisión hereditaria. O papel principal da molécula de ADN é o almacenamento a longo prazo de información. O ADN é comparado a miúdo cun plano ou unha receita, ou un código, xa que contén as instrucións necesarias para construír outros compoñentes das células, como as proteínas e as moléculas de ARN. Os segmentos de ADN que levan esta información xenética son chamados xenes, pero as outras secuencias de ADN teñen propósitos estruturais ou toman parte na regulación do uso desta información xenética.
    Quimicamente o ADN consiste en dous longos polímeros de unidades sinxelas chamadas nucleótidos, con columnas feitas de azucres e grupos fosfato unidos por vínculos éster (eixe pentosa-fosfato). Estes dous eixes van en direccións opostas, polo que se di que son antiparalelos. Unidas a cada azucre hai un dos catro tipos de moléculas chamados bases. Son as secuencias formadas por estas catro bases as que codifican a información. Esta información é lida usando o código xenético, o cal especifica os aminoácidos que se deben utilizar durante a tradución das proteínas. A expresión dos xenes realízase copiando o anaco do ADN corespondente a ese xene noutro ácido nucleico, o ARNm, nun proceso chamado transcrición, e traducindo este ARNm a proteínas nos ribosomas.

  26. fab-manuelgonzalez di:

    Fai un millón de anos aproximadamente,as poblacions humanas separáronse en duas líneas evolutivas principaies. Unha delas, que habitaba no continente africano, é a que acabou orixinando a nosa especie, mentras que a outra estirpe, que extendeuse polas terras de Europa e Asia, correspondería ól tronco común dos que xurdiron, fai uns 650.000 anos, os linaxes dos neandertales, en Europa, e dos denisovanos, posiblemete en Asia. Foi en algún momento durante este proceso cando denisovanos e neandertales mezclaron o seu ADN.

  27. faa-ricardop di:

    É certo que estudos recentemente realizados, expóñennos que cerca do 97-98% do noso ADN provén do ADN de Neandertal, xa éste e o Homo Sapiens estiveron en contacta na Península Ibérica e na actual Francia.

  28. faa-nicolecorbacho di:

    O ser humano é unha especie de primate da familia dos homínidos. Tamén son conocidos baixo a denominación xenérica de “homes”, aunque ese término é ambiguo pois se usa tamén para referirse a os individuos de sexo masculino e en particular a os varóns adultos.os seres humanos poseen capacidades mentais que lles permiten inventar, aprender e utilizar estructuras lingüísticas complexas, lóxicas, matemáticas, escritura, ciencia e tecnologxía. os humanos son animais sociais, capaces de concebir, transmitir e aprender conceptos totalmente abstractos.
    No pasado, o xénero Homo foi máis diversificado, e durante o último millón e medio de anos incluía outras especies xa extintas.

  29. faa-saracastro di:

    O ADN non é máis que unha cinta que almacena información, pero esta información ten que ser reproducida dalgunha maneira, e diso encárgase a epixenética.
    A metilación do ADN é un deses procesos epixenéticos grazas ó cal podemos saber un pouco máis dos nosos antepasados e descubrir así por que desapareceron certas especies, cales foron as causas principais que as fixeron extinguir por completo. Isto é, sen dúbida, un gran avance, posto que grazas a estas innovacións podemos saber máis sobre os nosos antepasados, sobre eses seres que habitaron aquí fai miles de anos e grazas ós cales hoxe en día somos como somos.

  30. faa-begonasuarez di:

    O ser humano (Homo sapiens) é unha especie de primate (os homoinoideos) da familia homínidos. Os seres humanos posúen capacidades mentais que lles permiten inventar, aprender e utilizar estruturas lingüísticas complexas, lóxicas, matemáticas, escritura, ciencia e tecnoloxía. Os humanos son animais sociais, capaces de concibir, transmitir e aprender conceptos totalmente abstractos. Non se ten evidencia de que exista outra forma de vida con ditas capacidades no universo ou con capacidades superiores.
    No pasado, este xénero foi máis diversificado, e durante o último millón e medio de anos incluía outras especies xa extinguidas.

  31. fab-noerodriguez di:

    O Neandertal (Homo neanderthalensis) foi una especieextinta que habitou en Europa fai aproximadamente 30.000 anos. En un periodo de aproximadamente 5000 años se cree convivió paralelamente en los mismos territorios europeos con el Hombre de Crese que conviviu co Cro-Magnon, dos cales descendemos.
    Tiñan un esqueleto robusto, pelvis ancha, extremidades cortas, mandíbulas sen queixo e unha grande capacidade craneal.
    Vivían en grupos organizados (clans), dominaban o lume e podían fabricar utensilios de pedra ou óso.

  32. fab-beatrizcasal di:

    O home de Neandertal é unha especie extinta do xénero Homo que habitou Europa e partes de Asia occidental.
    Os neandertales foron unha especie ben adaptada ao frío extremo congruente coa cuarta e última glaciación. Tiñan un cranio alongado e amplo, baixa estatura e complexión robusta, e nariz amplo de aletas prominentes. O seu cerebro era igual ou mesmo máis grande que o dos homes modernos.

  33. fab-elisaperez di:

    Segundo dous novos estudos que examinaron os vestixios do ADN no xenoma dos humanos modernos, moitos dos xenes que contribúen a configurar a pel e o cabelo da maioría dos seres humanos teñen bastante dos neandertales.

  34. fab-gretageorgieva di:

    O ser humano (Homo sapiens, del latín «homo», «hombre», y «sapiens», «sabio») é unha especie de primate da familia dos homínidos. Tamén son conocidos como «homes», aunque ese término é ambiguo pois úsase tamén para referirse aos individuos do sexo masculino e en partic ular aos varons adultos. Outra especia que convivía xunto ao homo sapiens e o neadertal e o debisovano.a súa apariencia. É unha mestura entre as duas especiaes anteriores.

  35. Esteban Pintos di:

    A epixenética o estudo dos factores non xentéticos que interveñen na determinación do desenvolvemento dun organismo, desde o cigoto ata a forma adulta e a senescencia. Máis especificamente, en xenética, a epixenética é o estudo da regulación herdable da expresión xenética ou fenotipo celular causada por factores que non provocan cambios na secuencia de nucleótidos do ADN. Os factores epixenéticos causan modificacións relevantes de tipo funcional no xenoma, pero sempre sen afectar á secuencia nucleótida. Estes factores non xenéticos fan que os xenes do organismo se comporten de forma diferente.

  36. fab-rebecachaves di:

    O ácido desoxirribonucleico (ADN, ou DNA, nas súas siglas en inglés) é un ácido nucleico que contén instrucións xenéticas usadas no desenvolvemento e funcionamento de todos os organismos vivos coñecidos e algúns virus, e é responsable da súa transmisión hereditaria. O papel principal da molécula de ADN é o almacenamento a longo prazo de información.
    Os segmentos de ADN que levan esta información xenética son chamados xenes, pero as outras secuencias de ADN teñen propósitos estruturais ou toman parte na regulación do uso desta información xenética.
    A epixenética é o estudo dos factores non xenéticos que interveñen na determinación do desenvolvemento dun organismo, desde o cigoto ata a forma adulta e a senescencia. A epixenética é o estudo da regulación herdable da expresión xénica ou fenotipo celular causada por factores que non provocan cambios na secuencia de nucleótidos do ADN.

  37. fab-anaoubina di:

    O ADN é o Ácido DesoxirriboNucleico. É o tipo de molécula máis complexa que se coñece. A súa secuencia de nucleótidos contén a información necesaria para poder controlar o metabolismo dun ser vivo. O ADN é o lugar onde reside a información xenética dun ser vivo.
    O ADN está composto por unha secuencia de nucleótidos formados por desoxirribosa. As bases nitroxenadas que se encontran formando os nucleótidos de ADN son Adenina, Guanina, Citosina y Timina.
    A epixenética fai referencia, ao estudo de todos aqueles factores non xenéticos que interveñen na determinación do desarrollo dun organismo. Pódese decir que a epixenética é o conxunto de procesos químicos que modifican a actividade do ADN pero sin alterar a súa secuencia.