ONDAS EN TITÁN?


Titán
, o maior dos satélites de Saturno, alberga condicións climáticas que poden considerarse semellantes ás da Terra, como a chuvia e o vento. Ademais, en 2004, a sonda Huygens achou a existencia de mares e lagoas de metano e etano líquidos no astro. Para maior sorpresa, descubríronse posibles indicios de ondas nas súas augas, un fenómeno que, ata agora, criamos exclusivo do noso planeta.

sonda Cassini da NASA foi a que albiscou reflexos de luz solar non habituais sobre o terceiro maior lago do satélite, o Punga Mare. Como os científicos da Axencia Espacial Europea (ESA) e da Axencia Espacial Estadounidense (NASA) puideron observar a través dos datos que recollera a sonda, estas augas, formadas de hidrocarburos en estado líquido (a -180ºC), presentan indicios das primeiras ondas marítimas atopadas fóra da Terra, que de ser así non deben superar os 2 cm de altura e os 0,75 m/s de velocidade de vento.

Outro mar de Titán no que se divisaron reflexos foi o Ligeia Mare, fenómeno ao que, xa en 2013, os científicos denominaron como ‘illa máxica’. Tras unha investigación de maior intensidade, coincidiron en que, ao igual que no Punga Mare, este feito puido ser causado por ondas.

A pesar de todo, estes achados aínda non son verídicos; haberá que esperar ata 2017, cando Cassini sobrevoe a superficie da lúa de Saturno de novo, para que outorgue un testemuño máis fiable. Isto será posible gracias a que “os ventos comezarán a chegar o suficientemente forte e as ondas empezarán a recollerse a medida que avanzamos cara o verán”, segundo dixo Ralph Lorenz, do Laboratorio de Física Aplicada Johns Hopkins en Maryland. Ademais, na estación estival as condicións lumínicas (debido á posición de Titán, que ten un ciclo estacional de 30 anos, respecto do Sol) permitirán obter á sonda Cassini mellores imaxes.

Autora: Ariadna Cordal García

Esta entrada foi publicada en Investigación espacial, Universo e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

26 Responses to ONDAS EN TITÁN?

  1. fab-elisaperez di:

    Titán é a maior lúa de Saturno e a segunda maior de todo o sistema solar, despois de Ganímedes, tendo case 1 vez e media o tamaño da nosa Lúa. É máis grande que dous planetas principais: Mercurio e Platón. Esta é a única lúa no sistema solar que ten unha atmosfera densa, sendo ata máis densa que a da Terra. Pensase que posúe lagos de hidrocarburos e volcáns xeados.

  2. faa-ricardop di:

    Titán é o único satélite (Saturno), de todo o Sistema Solar que ten atmósfera, demostrado pola clara evidencia encontrada no corpo, auga líquida estable na súa superficie. O seu diámetro é o doble que o da nosa Lúa, aunque a masa é tan só un 40% deste. Foi descoberto en 1655 polo astrónomo holandés Cristian Huygens, sendo a primeira Lúa coñecida de Saturno e o quinto satélite deoutro planeta. A súa composición básase no Helio e Material Rochoso, pero a súa atmósfera é de Nitróxeno, pero cun 6% de Metano e derivados Hidrocarburos. As condicións atmosféricas son similares ás da Terra (viento, agua, lluvia, ríos, lagos, mares…), anque non se descarta que poida haber Metano (CH4) e Etano (C2H6 ou CH3-CH3) líquidos, polo que se descubreu que alí tamén se cumple o Ciclo da Auga, pero a temperaturas moito máis baixas. O 2 de outubro de 2013, Cassini (Sonda), detectou Propileno (C3H6 ou CH2=CH-CH3) na atmósfera baixa, detección definitiva desta substancia no Sistema Solar,coa excepción da Terra, que xa a coñecía.

  3. fab-mariatirado di:

    Neste artigo amósasenos que en Titán, hai condición climáticas semellantes ás da Terra. Neste satélite que está a millóns de kilómetros de distancia da Terra. Quen non nos di a nós que noutro planeta máis lonxano ou incluso noutra galaxia pode haber máis planetas ou satélites con case as mesmas ou ata as mesmas condición climáticas?
    Queda moito por investigar.

  4. fab-elisaperez di:

    A Sonda Cassini-Huygens é unha sonda espacial feita en colaboración entre Nasa, a Axencia Espacial Europea (ESA) e a Axencia Espacial Italiana. Foi lanzada o 15 de outubro de 1997 de Cabo Cañaveral (EEUU), sobre un cohete Titan-IVB/Centaur.

  5. fab-manuelgonzalez di:

    Titán é a maior lúa de Saturno e a segunda maior de todo o sistema solar, despois de Ganímedes, tendo case 1 vez e media o tamaño da nosa Lúa. É máis grande que dous planetas principais: Mercurio e Plutón; se orbitase ao redor do Sol sería un planeta por dereito propio.
    Esta é a única lúa no sistema solar que ten unha atmosfera densa, sendo ata máis densa que a da Terra. Pensase que posúe lagos de hidrocarburos, volcáns xeados, e que o metano se comporta case como a auga na Terra, evaporando e chovendo nun ciclo interminable. Titán é un mundo que se mantivo oculto ata moi recentemente, cuberto por unha brétema densa e alaranxada.

  6. faa-fatimalago di:

    Titán é o maior dos satélites de Saturno (5.150 km. de diámetro) e un dos máis interesantes de todo o sistema solar, porque presenta unha densa atmosfera que, por algúns aspectos, parece similar á atmosfera da Terra. Titán é o décimo quinto máis afastado de Saturno, en torno ao cal xira a unha distancia duns 1,22 millóns de quilómetros, completando unha volta cada 16 días terrestres aproximadamente. A súa órbita está no mesmo plano que o ecuador de Saturno, e é case circular. É esférico e mide uns 5.150 km de diámetro, o que o converte na maior das lúas de Saturno e na segunda máis grande de todo o Sistema Solar. Crese que ten un núcleo rochoso, parcialmente fundido e rodeado de xeo. Foi observado por vez primeira en 1655 polo astrónomo holandés Christiaan Huygens.
    A sonda Cassini captou as imaxes onde se ve ao Sol reflectido nunha superficie brillante, como cando se reflicte nos mares terrestres, o que se pode interpretar como indicios das primeiras ondas marítimas atopadas fóra da Terra. O astrónomo Jason Barnes precisa que poden verse mesmo o brillo do que parecen ser pequenas ondas de 2 cm. en Punga Mare, un dos mares de hidrocarbono de Titán. Os investigadores esperan ver máis ondas nos próximos anos, cando o hemisferio norte de Titán comece a entrar en primavera, pois cada estación dura sete anos nese planeta.

  7. fab-sofiacastineiras di:

    Cassini-Huygens é unha sonda espacial feita en colaboración entre a NASA, a Axencia Espacial Europea e a Axencia Espacial Italiana. Cassini-Huygens é unha sonda de 5.650 kg composta de dous módulos: Cassini, para explorar Saturno e Huygens, feito para entrar na atmosfera da lúa máis grande de Saturno, Titán.
    Titán é a maior lúa de Saturno e a segunda maior de todo o sistema solar, despois de Ganímedes. Se orbitase ao redor do Sol sería un planeta por dereito propio. Esta é a única lúa no sistema solar que ten unha atmosfera densa. Titán é un mundo que se mantivo oculto ata moi recentemente, cuberto por unha brétema densa e alaranxada.

  8. fab-danielbaulo di:

    Titán é o maior satélite de Saturno e o segundo maior do Sistema Solar despois do satélite de Xúpiter Ganímedes.
    Ten un radio orbital medio de 1.22 millóns de kilómetros, período orbital de 15,94 días e un diámetro ecuatorial de 5.150 kilómetros.
    Unha das características máis curiosas deste satélite é que ten unha atmosfera con unha densidade maior á do noso planeta. Tamén ten nubes de hidrocarburos, e estas condicións propician que o metano cumpra un ciclo similar ao da auga na Terra, condensando en forma de choiva e formando ríos e lagos.

  9. faa-diegocores di:

    A sonda Cassini foi feita pola NASA en colaboración coa a ESA e a Axencia Espacial Italiana e debe o seu nome a Jean-Dominique Cassini, astrónomo que estudou os aneis planetarios de Saturno.
    A sonda Cassini transporta a bordo un espectrómetro de plasma, un analizador de po cósmico, un espectrómetro de infravermellos composto, un espectrómetro de ións e masa neutra, un subsistema de xestión de imaxes científicas, un subsistema de xestión de imaxes científicas, un instrumento magnetosférico de imaxes, un instrumento de radiodetección e medición de distancias, un instrumento científico de radioondas e ondas de plasma, un subsistema de radio científica, un espectrógrafo ultravioleta de imaxes e un espectrómetro trazador de mapas de luz visible e infravermella.

  10. faa-laurarey di:

    É o maior dos satélites de Saturno (5.150 km. de diámetro) e presenta un fenómeno único para esta clase de corpos celestes: a existencia dunha densa atmosfera que, por algúns aspectos, parece similar á atmosfera primordial da Terra.

    Titán é o decimo quinto máis afastado do Saturno, en torno ao cal vira a unha distancia duns 1,22 millóns de quilómetros, completando unha volta cada 16 días terrestres aproximadamente. A súa órbita está no mesmo plano que o ecuador de Saturno, e é case circular.

    Titán é esférico e mide uns 5.150 km de diámetro, o que o converte na maior das lúas de Saturno e na segunda máis grande de todo o Sistema Solar, logo de Ganimedes, satélite de Xúpiter. É maior tamén que os planetas Mercurio e Plutón. É o satélite máis denso de Saturno; crese que ten un núcleo rochoso, parcialmente fundido, duns 3.400 km de diámetro, rodeado de xeo.

    Foi observado por vez primeira en 1655 polo astrónomo holandés Christiaan Huygens.

  11. faa-christiancacabelos di:

    Grazas aos continuos avances da tecnociencia podemos atoparnos con que fenómenos que se crían exclusivos da Terra tamén se dan noutros puntos do noso Sistema Solar, neste caso nun satélite de Saturno, Titán, que tamén destaca polo seu gran tamaño, superior ao do noso satélite, a Lúa.

  12. faa-laurarey di:

    Cassini-Huygens é unha nave espacial non tripulada enviada ao planeta Saturno . Trátase dun buque insignia da clase NASA – ESA – ASI robótica nave espacial enviada ao Saturn sistema. Estudouse o planeta e os seus numerosos satélites naturais desde que chegou alí en 2004, tamén a observación de Xúpiter , a heliosfera , e proba da teoría da a relatividade . Lanzado en 1997, logo de case dúas décadas de desenvolvemento, que inclúe un orbitador de Saturno e unha sonda atmosférica / terrestre da lúa Titán chamada Huygens , que entrou e aterrou en Titán en 2005. Cassini é a cuarta sonda espacial para visitar Saturno e o primeiro entrar en órbita, e a súa misión está en marcha a partir de 2014. A nave espacial de dous partes debe o seu nome aos astrónomos Giovanni Cassini e Christiaan Huygens .
    Púxose en marcha o 15 de outubro de 1997, sobre un Titán IVB / Centauro e entrou en órbita ao redor de Saturno o 1 de xullo de 2004, logo dunha viaxe interplanetario que incluíu sobrevuelos da Terra, Venus e Júpiter. O 25 de decembro de 2004, Huygens separouse do orbitador en aproximadamente 02:00 UTC . Chegou á lúa de Saturno Titán o 14 de xaneiro de 2005, cando entrou na atmosfera de Titán e descendeu á superficie. Volveu con éxito os datos á Terra, co orbitador como un relé. Este foi o primeiro aterrizaxe xamais logrado no exterior do Sistema Solar .
    O 3 de abril de 2014, a NASA informou que a evidencia dun gran subterráneo océano líquido de auga en Encelado , a lúa de planeta Saturno , fora atopado pola Cassini. Segundo os científicos, a evidencia dun océano subterráneo suxire que Encélado é un dos lugares máis probables no sistema solar a “acoller a vida microbiana

  13. fab-noerodriguez di:

    Titán é o maior satélite de aturno e un dos máis interesantes de todo o sistema solar, porque presenta a existencia dunha densa atmósfera que semella á atmosfera primordial da Terra.
    Titán é decimoquinto satélite máis alonaxado de Saturno, completando a súa órbita cada 16 días terrestres aproximadamente. Esta órbita está no mesmo plano que o ecuador de Saturno e é casi circular.
    Titán é un satélite esférico e mide aproximadamente 5.150 km de diámetro. É maior que planetas Mercurio. Pénsase que ten un núcleo rochoso, parcialmente fundido e rodeado de xeo.

  14. faa-santiagoescudeiro di:

    O artigo é moi interesante xa que nos informa das condicións de Titán, que é unha das lúas de Saturno. Estas condicións que hai en Titán semellan ser como as da Terra, si esto se confirmase sería un gran avance para a humanidade e a vida tal e como a coñecemos na Terra.
    Dise que o planeta no que habitamos os seres humanos ten data de caducidade e ademáis, a actividade humana acelera a chegada desa data na que o planeta Terra desaparecerá. Polo que se realmente son certos os datos que se estiman das condicións deste satélite, esto significaría que poderíamos tentar sintetizar vida semellante á nosa alí.

  15. faa-manuelcacabelos di:

    Titán é a maior lúa de Saturno e a segunda maior de todo o sistema solar, despois de Ganímedes, tendo case 1 vez e media o tamaño da nosa Lúa. É máis grande que dous planetas principais: Mercurio e Plutón; se orbitase ao redor do Sol sería un planeta por dereito propio.
    Esta é a única lúa no sistema solar que ten unha atmosfera densa, sendo ata máis densa que a da Terra. Pensase que posúe lagos de hidrocarburos, volcáns xeados, e que o metano se comporta case como a auga na Terra, evaporando e chovendo nun ciclo interminable. Titán é un mundo que se mantivo oculto ata moi recentemente, cuberto por unha brétema densa e alaranxada.

  16. fab-ariadnacordal di:

    As ondas de auga consisten en perturbacións propagadas entre dous elementos: a auga e a atmosfera. Polo tanto, o feito de que en Titán se puidesen rexistrar ondas na superficie da súas lagoas débese á existencia destas e ademais, dunha atmosfera máis densa en comparación coa do planeta Terra.
    Este tipo de descubrimentos, tanto posibles ondas no satélite de maior tamaño de Saturno coma o sinxelo feito da presenza de auga noutros astros próximos a nós, supón un gran avance e un importante factor para o desenvolvemento do noso futuro, pois conforme melloren os medios de transporte espacial, procuraremos habitar planetas con condicións semellantes ás do noso.

  17. fab-rebecachaves di:

    Titán é o maior dos satélites de Saturno e o segundo do Sistema Solar tras Ganímedes. Ademais é o único satélite coñecido que posúe unha atmosfera importante, e o único obxecto, á parte da Terra, no que se encontrou evidencia clara de corpos líquidos estables na superficie, está composto principalmente de xeo e material rochoso. Un espectrómetro infravermello composto da sonda Cassini detectou propileno na baixa atmosfera deste satélite, o que se converte na primeira detección definitiva desta substancia en calquera parte do Sistema Solar, exceptuando a Terra.
    As condicións que presenta semellan a ser como as da Terra, esto é un gran avance para a humanidade xa que poderíamos considerala (salvando ás distancias) como unha segunda Terra.

  18. faa-martinlosada di:

    A sonda cassini é unha sonda creada en colaboración entre a NASA a ESA e a ASI, está nave é a máis sncilla pero a sua vez a máis grande xamais construida, ten 6,8 metros de lonxitude e 4 de diametro, ademais disto conta con 3 módulos. Conta con diversos instrumentos, un radar,unha cámara CCD, un espectrómetro de luz visible e infravermella, un espectrómetro composto infravermello, un analizador de polvo cósmico,un espectrómetro de plasma, un espectrógrafo ultravioleta, un analizador de imaxes magnetosféricas, un magnetómetro e un espectrómetro de masa. Todos estes aparellos son empregados para a misión a que foi çonstruido e posteriormente enviado o espacio, que é a de explorar Saturno e os seus satelites.
    Un deses satélites é o coñecido como Titán, que é o maior satélite de Saturno, e o segundo maior do Sistema Solar, tamén ten como cáracteristicas a enmarcar que é o único que conta cunha atmosfera, e que aparte da terra é o único obxeto con corpos líquidos estables na superficie.

  19. faa-elenafontenla di:

    Con cada noticia astrómica que aparece máis teorías sobre vida nos outros planetas nos veñen á cabeza. pode que este fenómeno das ondas estea relacionado coa vida, ou que a favoreza.
    Sempre dicimos que para que poida ser posible a vida é necesaria a presenza de auga, pero iso dise tomando a nosa orixe como referencia, pero non está provado que noutras condicións (coas de Titán neste caso) onde se atopa metano e estano en estado líquido, non poida existir outro tipo de vida, sempre falando de organismos simples por suposto.

  20. fab-anaoubina di:

    Fai apenas fai unha década podíamos resumir en poucas frases o que se sabía de Titán, a mallor lúa de Saturno: que presentaba atmósfera, que contiña metano, a súa temperatura en superficie, é de 179 grados baixo cero, era moi baixa como para desarrollar vida, e que todo o satélite se hallaba cuberto por una capa de densa de neblina impenetrable con telescopios ópticos. Sin embargo, este curioso satélite con atmósfera de planeta, despertou a curiosidade suficiente como para que a misión Cssini, destinada a sobrevoar Saturno e os seus satélites, que aterrizaría sobre Titán.
    Tras o seu lanzamento en 1997, Cassini realizou dous pasos por Venus e un poa Terra e cruzou o cinturón de asteroides ata sobrevoar Xúpiter en diciembre do 2000. Con esta asistencia gravitatoria, Cassini chegou a Saturno a mediados de 2004 e descendeu con éxito en Titán. Desde entonces, a misión sigue enviando datos valiosísimos, entre os últimos, un mapa topográfico de Titán. Ahora xa conocemos parte do que esconde Titán baixo esa neblina (lagos, dunas, montañas e ríos), qué compón a súa atmósfera e incluso cómo podría ser por dentro.

  21. fab-iriamartinez di:

    Titán é a maior lúa de Saturno e a segunda maior de todo o sistema solar, despois de Ganímedes, tendo case 1 vez e media o tamaño da nosa Lúa. É máis grande que dous planetas principais: Mercurio e Plutón; se orbitase ao redor do Sol sería un planeta por dereito propio.
    Esta é a única lúa no sistema solar que ten unha atmosfera densa, sendo ata máis densa que a da Terra. Pensase que posúe lagos de hidrocarburos, volcáns xeados, e que o metano se comporta case como a auga na Terra, evaporando e chovendo nun ciclo interminable. Titán é un mundo que se mantivo oculto ata moi recentemente, cuberto por unha brétema densa e alaranxada.

  22. faa-nicolecorbacho di:

    A sonda Huygens foiconcebida para explorar as nubes, a atmósfera e a superficie do Titán, a maior luna de Saturno penetrando na atmósfera de Titán e levando un laboratorio robotizado a superficie. Cando se planeou a misión, se descoñecía o tipo de superficie que Titán podía ter. Nos meses previos a aterrizaxe da sonda se confiaba no que o análisis dos datos de cassini axudaría a responder esta cuestión. A maior das incertidumbres iniciais era saber si a sonda se posaría sobre terreo sólido ou sobre a superficie dun lago ou mar de hidrocarburos.

  23. fab-beatrizcasal di:

    Titán é o maior dos satélites de Saturno e o segundo do Sistema Solar tras Ganímedes. Ademais é o único satélite coñecido que posúe unha atmosfera importante, e o único obxecto, á parte da Terra, no que se encontrou evidencia clara de corpos líquidos estables na superficie.
    É o sexto satélite elipsoidal de Saturno e frecuentemente é descrito como un satélite similar a un planeta.
    Está composto principalmente de xeo e material rochoso, e así como con Venus antes da era espacial, a atmosfera densa e opaca de Titán impedía a comprensión da súa superficie ata a chegada da misión Cassini-Huygens en 2004

  24. faa-fatimaf di:

    Se realmente se acabase confirmando que Titán ten unhas condicións climáticas tan semellantes ás da Terra sería un paso moi importante na busca de lugares do Universo onde atopar seres vivos ou mesmo onde vivir cando a Terra deixe de ser habitable, ben por causas naturais ou por causas producidas polo ser humano pero, a pesar de que Titán teña unha atmosfera e unhas condicións climáticas moi semellante ás da Terra, este non ten un campo magnético, polo que se atopa directamente exposto ó vento solar. Ademais disto, na súa superficie a temperatura é normalmente de preto de -179 °C, e raramente chega ós -50 °C, polo que vexo moi complicado que Titán poida chegar algún día a ser habitado polo ser humano.

  25. fab-gretageorgieva di:

    Titán é o único satélite (Saturno), de todo o Sistema Solar que ten atmósfera é o único satélite coñecido que posúe unha atmosfera importante, e o único obxecto, á parte da Terra, no que se encontrou evidencia clara de corpos líquidos estables na superficie, e se realmente se acabase confirmando que Titán ten unhas condicións climáticas semellantes ás da Terra sería un paso moi importante na busca de lugares do Universo onde atopar seres vivos ou mesmo onde vivir cando a Terra deixe de poder habitarse. O feito de que o en Titán se rexistrararo ondas na superficie da súas lagoas, debese a existencia dos dous elementos fundamenrtais para que se poidan dar as ondas que son a auga e a ármosfera.

  26. fab-raqueloliveira di:

    Titán é o maior dos satélites de Saturno,e un dos máis interesantes de todo o sistema solar, porque presenta unha densa atmosfera que, por algúns aspectos, parece similar á atmosfera da Terra. Titán é o décimo quinto máis afastado de Saturno, en torno ao cal xira a unha distancia duns 1,22 millóns de quilómetros, completando unha volta cada 16 días terrestres aproximadamente.
    Titán está composto principalmente de xeo e material rochoso.
    Se se confirmase que Titán teb unhas condicións climánticas tan paarecidas as da Terra sería un gran avance e un gran descubrimento.
    Está composto principalmente de xeo e material rochoso en 2004