O CANCER DE MAMA EN AVANCE

Científicos do Instituto de Bioinxeñería de Cataluña  deron co mecanismo que fai que as células mamarias afectadas por esta enfermidade se endurezan ata crear, en forma  de bultos irregulares no tecido mamario, tumores malignos.

O endurecemeento excesivo do tecido mamario, que se visualiza a través de nódulos duros no peito, é un síntoma asociado á formación do cáncer de mama. A palpación dos senos convertiuse nun dos métodos máis eficaces para diagnosticar un incipente tumor no peito.

Tras dous anos de investigación e máis de 2.000 células analizadas, os investigadores descubriron que as propiedades adhesivas das integrinas sás son diferentes as que conforman as células cancerígenas. Cando os tecidos adquiren máis rixidez da necesaria, as integrinas de células sás interveñen para que éstas deixen de exercer forza e así se ablande o tecido endurecido.

Sen embargo, en células canceríxenas, as moléculas teñen as propiedades adhesivas modificadas e , en vez de controlar e frear a forza que fan as células contra seu contorno, deixan que exerzan presión sen control, aumentando a rixidez do tecido ata chegar a crear os bultos característicos do cáncer de mama. Canto máis duro se volve o tecido, máis presión aplican.

A importancia deste estudio reside en que o endurecemento dos tecidos non é de tumores como  de páncreas, o melanoma; ou en enfermidades non canceríxenas como a fibrose.

Autora: Nicole corbacho

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Bioloxía celular, Medicina, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

39 Responses to O CANCER DE MAMA EN AVANCE

  1. fab-elisaperez di:

    Os tumores malignos son unha proliferación excesiva e inútil de células, incontrolada e que limita a función do organismo mediante a invasión local de órganos e texidos e a diseminación de metástasis.

  2. faa-ricardop di:

    Penso que o artigo de Nicole é un dos mellores, xa que pode afectar a todas as mulleres. Por outra banda, un tumor é unha alteración dos texidos o que produce o aumento do volume, sende asimétrico e está presente nunha soa parte do corpo, polo tanto hinchada e incluso morada, un dos síntomas principais da inflamación.

  3. fab-sporto di:

    Este artigo paréceme interesante xa que vemos unha vez máis como a ciencia vai avanzando.
    Os tumores malignos son cancerosos: as células cancerosas poden invadir e danar tecidos e órganos próximos ao tumor. As células cancerosas poden separarse do tumor maligno e entrar ao sistema linfático ou o fluxo sanguíneo, que é o xeito en que o cancro alcanza outras partes do corpo. O aspecto característico do cancro é a capacidade da célula de crecer rapidamente, de xeito descontrolada e independente do tecido onde comezou. A propagación do cancro a outros sitios ou órganos no corpo mediante o fluxo sanguíneo ou o sistema linfático chámase metástase.
    Os tumores malignos xeralmente pódense clasificar en dúas categorías.
    . Carcinomas
    Estes cancros orixínanse no epitelio. O epitelio é o recubrimento das células dun órgano. Os carcinomas constitúen o tipo máis común de cancro. Lugares comúns de carcinomas son a pel, a boca, o pulmón, os seos, o estómago, o colon e o útero.
    . Sarcomaes
    Os sarcomaes son cancros dos tecidos brandos de todos os tipos. Os sarcomaes encóntranse en calquera parte do corpo e frecuentemente forman crecementos secundarios nos pulmóns.

  4. fab-manuelgonzalez di:

    O cancro de mama é unha proliferación maligna de células epiteliais que revisten os ductos ou lóbulos de mama. É unha enfermidade clonal; en que un produto de células individuais dunha serie de mutacións somáticas ou da liña germinativa adquire a capacidade de dividirse sen control ou fin, converténdose no xogar nun tumor.O tumor resultante que comeza anomalía como leve convértese en grave, invadir os tecidos circundantes e eventualmente se estender a outras partes do corpo.

  5. fab-aidagonzalez di:

    O cáncer de mama é o tumor maligno que se orixina no tecido da glándula mamaria, isto ocorre cando as celulas tumorales proceden do texido glandular da mama e teñen a capacidade de invadir os texidos sans de alrededror, alcanzar órganos alexados e implantarse neles.

  6. fab-yamilayelpez di:

    O cancro de mama é unha das enfermidades más extendidas no noso tempo, debido a cuestión sobre todo xenéticas. As persoas que o padecen (maiormente mulleres) sofren tratamentos que as debilitan enormemente, obviando o duro que é padecelo.
    A loita contra o cancro é das máis fortes da nosa era e avances (ainque que pequenos) coma este son os que nos achegan á extinción do cancro.

  7. fab-noerodriguez di:

    Un tumo é unha masa anormal de texido celular. Os tumores pueden ser malignos ou benignos.
    Os tumores danse cando as células se dividen e se multiplican excesivamente nunha determinada parte do corpo. Normalmente, a división e o crecemento das células está controlado dunha maneira regular. Creanse novas células para reemplazar as vellas ou para facer novas funcións. As células que xa non se usan ou perden a súa capacidade morrem para dar paso ás células de remprazamento sás.
    Se se altera este equilibrio de división e morte celular, fórmase un tumor.

  8. fab-martapalacios di:

    O cancro de mama é un aumento desconsiderado e maligno das células epiteliais que dos conductos da mama. Esta enfermidade é clonal; onde unha célula individual producto dunha serie de mutacións somáticas ou de línea xerminal adquire a capacidade de dividirse sen control nin orde, reproducíndose hata formar un tumor. O tumor resultante comeza como anomalía leve e pasa a ser grave invadindo tejidos veciños e finalmente propágase a outras partes do corpo.
    Existen dous tipos principais de cancro de mama:
    – Carcinoma ductal: é o máis frecuente e comeza nos conductos que levan leite dende a mama hata o pezón
    – Carcinoma lobulillar: comeza nos lobulillos, que son as partes da mama que producen o leite materno.
    Os principais factores de risco de contraer cancro de mama son: a primera menstruación a temprana idade, idade avanzada no momento do primeiro parto ou nunca dar a luz, antecedentes familiais, o feito de consumir hormonas tales como estróxeno e proxesterona, consumir licor e ser de raza blanca.

  9. fab-elisaperez di:

    As integrinas son unha superfamilia de glicoproteínas que participan maioritariamente na unión das células coa matriz extracelular, ainda que hai algunhas que tamén participan na unión célula-célula. Están presentes na superficie celular en elevadas concentracións.

  10. faa-martinlosada di:

    Os tumores son as alteracións dos texidos que producen un aumento de volume, este abultamento ven dado polo aumento incontrolado das células dunha determinada parte do corpo. Os tumores poden ser benignos ou malignos, os malignos son os denominados cancer, e son os que teñen a capacidade de invasión e de producir metástasis.

  11. fab-ariadnacordal di:

    En España diagnostícanse 22.000 casos de cancro de mama ó ano, e as posibilidades de que sexa unha muller a que o sufra son maiores (100 veces máis) do que o sexa un home. Este tipo de doenza afecta máis a mulleres maiores que a mozas, pero estas adoitan sufrilo dunha maneira máis agresiva. A proba a realizar para diagnosticar o padecemento desta enfermidade é a mamografía, que recomenda facerse a todas as mulleres maiores de 40 anos.

  12. faa-lauravazquez di:

    Atopar un remedio para os tumores supondría un gran avance na mediciña e a disminución do gran número de mortes que se producen anualmente. Este tipo de investigacións resultan moi interesantes xa que sabendo porque se forman axuda en gran medida á busqueda do tratamento.

  13. faa-christiancacabelos di:

    Esta enfermidade, que no pasado no pasado rompía moitas familias e que grazas aos medios e avances da ciencia asegura nunha alta porcentaxe a supervivencia, segue a ocupar un posto importante á nivel de defuncións en España, con 5.971 mortes por cancro de mama sendo o máis mortal seguido polo cancro colorrectal no caso das mulleres e no caso dos homes 17.162 defuncións por cancro de pulmón sendo este o máis perigoso seguido polo colorrectal e o de próstata, basadas en datos do ano 2010, estas cifras son mellores e aportan máis desafogo comparadas cos datos dos anos nos que se comezaron a tomar rexistros (1976 inicio do Plan Nacional de Rexistros de Cancro na Poboación) que aínda que esto se remonta a principios do século XX (1902 e 1908) os rexistros conservados máis antigos pertencen ao Plan Nacional de Rexistros de Cancro na Poboación (PNRCP) no ano 1976.

  14. faa-fatimalago di:

    O cancro de mama é o tumor maligno máis frecuente na muller, sobre todo nos países occidentais. Ademais, estase a observar un aumento da súa presenza principalmente nas mulleres de menos de 40 anos. Aproximadamente, unha de cada oito mulleres padecerá cancro de mama ao longo da súa vida, e unha de cada 30 morrerá por esta causa. Aínda que os homes tamén poden padecer cancro de mama, é máis habitual que se presente en mulleres. Normalmente, a primeira manifestación é a presenza dun vulto.
    Algúns factores de risco poden ser: a idade (as probabilidades de ter un cancro de mama aumentan a medida que unha muller envellece), os xenes (existen dous xenes, BRCA1 e BRCA2, que aumentan o risco en boa medida. As mulleres que teñen antecedentes familiares de cancro de mama ou de ovario deben realizarse probas periódicas) ou factores persoais (primeira menstruación antes dos 12 anos ou menopausa despois dos 55).
    Realizar unha mamografía pode axudar a diagnosticar o cancro de mama cando é máis tratable. O tratamento pode consistir en radioterapia (tratamento baseado no emprego de radiacións ionizantes), lumpectomía (extirpación dun tumor de mama e parte do tecido normal que o rodea) , mastectomía (extirpación cirúrxica dunha ou ambas as dúas mamas de xeito parcial ou completo), quimioterapia (uso de fármacos para destruír as células cancerosas) ou terapia hormonal (uso de hormonas ou medicamentos que bloquean as hormonas para combater o cancro).

  15. fab-gretageorgieva di:

    O cancro de mama é o tumor maligno máis frecuente na muller, xa que nos homes só se pode entre 1 persoa de cada 10.
    En Espña cada ano diagnosticanse uns 22.000 de casos, apróximadamente unha de cada 8 mulleres ten a posibilidade de padecer cancro de mama ao longo da súa vida,pero son menos as que morren por esta causa, isto quere dicir que sera a unha de cada 25 a 30.
    OS tratamentos para este tumor son a readioterapia, lumpectomía, mastectomía, quimioterapía ou terapia hormonal.

  16. fab-sofiacastineiras di:

    O cancro de mama é o tumor maligno que se orixina no tecido da glándula mamaria.
    Cando as células tumorais proceden del tecido glandular de la mama e teñen capacidade de invadir os tecidos sans de arredor e de alcanzar órganos afastados e implantarse neles, falamos de cancro de mama.No ano 2008 diagnosticáronse aproximadamente 1.380.000 casos novos de cancro de mama no mundo. Na actualidade é o tumor máis frecuente na poboación feminina tanto en países desenrolados coma naqueles en vías de desenrolo. A maioría dos casos diagnostícanse entre os 35 e 80 anos. Estímase que o risco de padecer cancro de mama é de aproximadamente 1 de cada 8 mulleres. O cancro de mama non se pode previr, pero estudos recentes demostran que o risco de padecelo pódese reducir realizando exercicio físico de forma regular, evitando o sobrepeso e o consumo regular de alcohol. Para o diagnostico de este cancro a técnica utilizada máis eficaz é a mamografía, que consiste nunha radiografía das mamas capaz de detectar lesións en estados moi incipientes da enfermidade. A quimioterapia é unha das modalidades terapéuticas máis empregada no tratamento do cancro. O seu obxectivo é destruír, empregando unha gran variedade de fármacos, as células que compoñen o tumor co fin de lograr a redución ou desaparición da enfermidade. Estes fármacos actúan sobre as células tanto malignas como sobre as sans, debido á acción dos medicamentos sobre estas últimas poden aparecer os chamados efectos secundarios.

  17. faa-noeliaparracho di:

    Este artigo trata un tema que, na actualidade, é unha gran preocupación para case a totalidade das familias, xa que cada vez os casos de cancro de mama son máis comúns.
    Cando pensamos en cancro de mama, tendemos a relacionalo co xénero feminino, pero esta é unha idea errónea, xa que o cancro de mama tamén pode darse no xénero masculino (só un 1% fronte a un 99% son vaso masculinos), polo que cómpre que ambos xéneros estén atentos ante calquera sinal que poida revelar unha posible aparición de cancro de mama.
    As posibilidades de sufir cancro de mama aumentan coa idade, pero tamén é certo que canto máis xove sexa a persoa afectada, máis agresivo adoita ser o cancro.
    Por todo isto, é moi importante atopar as causas e solucións para o cancro, tanto o de mama como o resto.

  18. fab-lorenasoto di:

    O cáncer de mama é un tumor maligno das células episteliais que revisten os conductos da mama. É unha enfermidade clonal donde unha célula individual adquire a capacidade de dividirse sen control facendo que se reproduzca ata formar o tumor. O tumor resultante comeza como unha anolalía leve que se vai convertendo en grave co tempo, invadindo texidos veciños e propagándose a todas as partes do corpo.

  19. faa-saracastro di:

    O cáncer de mama é un dos tumores máis coñecidos debido á cantidade de persoas que o padecen. Moitas delas téñense que ver sometidas a tratamentos de quimioterapia ou radioterapia para combatir así esas células malignas.
    A maioría de cancros non presenta predominancia sobre un ou outro sexo, pero o certo é que este si que adoita atoparse moito máis en mulleres ca en homes. En mulleres, ademais, adultas, case sempre.
    O certo é que a día de hoxe existen moitos métodos para previr este cancro. Un deles é o de realizar unha mamografía anual unha vez se superan os 40 anos. Dende o meu punto de vista, esta é unha magnífica idea, posto que unha revisión non lle custa traballo a ninguén e, en moitas ocasións, pódelle salvar a vida a moitas persoas, xa que canto antes se detecte o tumor, as posibilidades de eliminalo por completo son moito maiores.

  20. fab-danielbaulo di:

    O cancro de mama é un tumor maligno que afecta ás células epiteliales. O 5% dos afectados herdan unha forma peculiar de xenes que provocan que sexan máis vulnerables á enfermidade. As persoas que o padecen son sometidas a tratamentos moi agresivos que as debilitan moito. Realizando unha mamografía podese detectar o cáncro de mama e tratalo cando aínda non se estendeu.

  21. fab-martarodriguez di:

    O cáncer de mama é un tumor máis frecente nas mulleres, os tumores malignos sin una proliferación excesiva e inútil das células o que limita a función do organismo mediante a invasión local de órganos e texidos e a diseminación de metástasis. Esperemos que esta enfermidade ao longo dos anos sea completamente curable e que ningunha muller morra dun cancro de mama, xa que afecta a 22000 mulleres ao longo de todo o ano.

  22. fab-elisaperez di:

    Este descubrimento suporá un gran avance no campo da mediciña,e axudará ao tratamento do cancro de mama, que tanto está dando que falar hoxe en día, polas moitas persoas que sofren esta enfermidade.

  23. faa-laurarey di:

    O cancro de mama consiste nun crecemento anormal e desordenado das células deste tecido.
    A mama está formada por unha serie de glándulas mamarias, que producen leite tralo parto, e ás que se lles denomina lóbulos e lobulillos.
    Os lóbulos atópanse conectados entre si por uns tubos, condutos mamarios, que son os que conducen o leite ao pezón, durante a lactancia, para alimentar ao bebé.
    As glándulas (ou lóbulos) e os condutos mamarios están inmersos no tecido adiposo e no tecido conxuntivo, que, xunto co tecido linfático, forman o seo.
    A modo de muro de contención, actúa o músculo pectoral que se atopa entre as costelas e a mama.
    A pel recubre e protexe toda a estrutura mamaria.

  24. faa-laurarey di:

    O melanoma é un tipo de cancro que se forma a partir dunhas células chamadas melanocitos. Os melanocitos elaboran unha sustancia denominada melanina, que é a responsable da cor da pel, o pelo e os ollos. A melanina tamén protexe dos raios ultravioleta nocivos do sol. Si a pel recibe demasiados raios ultravioleta, os melanocitos poden comezar a dividirse sen control e así comeza o melanoma cutáneo.

    Con todo, ao atoparse os melanocitos en diversas zonas do organismo, poden existir melanomas noutros sitios como o ollo, o tubo dixestivo ou o sistema nervioso.

    O melanoma pode aparecer na pel normal ou nun lunar, e é o máis grave dos cancros de pel porque se estende moi rapidamente a través do sistema linfático ou os vasos sanguíneos, chegando a producir metástase nos ganglios linfáticos e outras áreas do corpo humano como o fígado, os pulmóns, os ósos e o cerebro.

  25. faa-christiancacabelos di:

    Ademáis do cancro de mama tamén hai outros tipos de cancro que estan en auxe nesta última década, este é o melanoma, o tipo de cancro de pel máis mortal e a principal causa de morte en enfermidades da pel, ademáis no caso de non ser detectado a tempo pode propagarse polo resto do corpo e afectar a outras áreas, o que se coñece como metástase, pode presentarse como un lunar que cambia de forma, tamaño, cor etc… a pel ten memoria, nunca esquece e unha mala queimadura do sol pode aumentar nun 50% as probabilidades de padecer este tipo de cancro. Un novo lunar tamén pode convertirse nun melanoma, e tamén pode aparecer nun ollo, no iris.
    As persoas qu teñen maiores posibilidades de suffrilo son aquelas que teñen a pel blanca e os ollos claros, as que empregan dispositivos de bronceado como os Solarium, os que tiveron graves queimaduras de nenos ou os que se expoñen moitas horas ao sol.

  26. faa-igonzalez di:

    Unha nova moi boa, debido a que nestes tempos nos que estamos mal de diñeiro e empezando a estar mal a nivel da sociedade, si tes algunha enfermidade, podes recaer nun estado de ánimo moi malo porque non podes pagar as curacións necesáreas ou, nin sequera, podes ir a mirar si tes algunha enfermidade. Aínda poriva, si tes algunha enfermidade coma esta, o seu tratamento é moi dificil e custoso.
    Grazas aos avances, poderemos, dentro de pouco, dispoñer dunha cura económica e socialmente adaptable aos nosos bolsillos e situacións sociais.

  27. faa-manuelcacabelos di:

    Un tumor é unha alteración patolóxica dos tecidos que deriva nun aumento de volume destes. É un agrandamento anormal dunha parte do corpo, que aparece inchado ou distendido. En sentido restrinxido, un tumor é calquera vulto que se deba a un aumento no número de células que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno. Cando un tumor é maligno, ten capacidade de invasión ou infiltración e de metástase a lugares distantes do tumor primario, e entón cando pasa a ser coñecido como cancro. O tumor, xunto co rubor, a dor e a calor forman a tétrada clásica dos síntomas e signos da inflamación.

  28. fab-iriamartinez di:

    O cancro de mama é unha proliferación maligna das células epiteliais que revisten os condutos ou lóbulos da mama. É unha enfermidade clonal; onde unha célula individual produto dunha serie de mutacións somáticas ou de liña xerminal adquire a capacidade de dividirse sen control nin orde, facendo que se reproduza ata formar un tumor. O tumor resultante, que comeza como anomalía leve, pasa a ser grave, invade tecidos veciños e, finalmente, se propaga a outras partes do corpo. O tumor tumor é calquera masa ou vulto que se deba a un aumento no número de células que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno.

  29. fab-iciacores di:

    O cancro de mama é o tumor maligno que se orixina no texido da glándula mamaria e é o máis frecuente en mulleres (aínda que un porcentaxe moi pequeno de homes tamén o poden padecer). Cando os mecanismos que lle indican ás células do corpo cando dividirse ou quedar estables se alteran, comeza unha división incontrolable que despois é o que dará lugar ó tumor. Se ademais diso adquiren a capacidade de metástasis (trasladrse e proliferar noutras partes) ou de infiltración (invadir os texidos e os órganos do arredor), o tumor convírtese nun tumor maligno, máis coñecido como cancro. O cancro de mama pode crecer no corpo de tres maneiras distintas: mediante o crecemento local, por diseminación linfática ou por diseminación hematóxena. É unha das poucas enfermedades de cancro que se poden diagnosticar antes de que a paciente note algún síntoma. Un diagnóstico precoz é importante porque as posibilidades de curación na súa etapa inicial (chamada in situ) son de case o 100%. En canto ó tratamento podemos atopar catro tipos distintos: tratamento local (ciruxía ou radioterapia), tratamento sitémico (quimioterapia ou hormonoterapia) tratamento adyuvante (é un tratamento profiláctico que pretende reducir o risco de cancro) e tratamento neoadyuvante (o obxectivo é reducir o tamaño do tumor antes da ciruxía).

  30. fab-anaoubina di:

    Este artigo cóntanos como os Científicos do Instituto de Bioinxeñería de Cataluña deron co mecanismo que fai que as células mamarias afectadas por esta enfermidade se endurezan ata crear, en forma de bultos irregulares no tecido mamario, tumores malignos.
    O endurecemeento excesivo do tecido mamario, que se visualiza a través de nódulos duros no peito, detécta o tumor. A palpación dos senos convertiuse nun dos métodos máis eficaces para descubrir un tumor no peito.
    Os investigadores descubriron que as propiedades adhesivas das integrinas sás son diferentes as que conforman as células cancerígenas.
    O cáncer de mama é unha proliferación maligna das células epiteliales que revisten os conductos da mama. É unha enfermedade clonal.

    Non todos os bultos que aparecen nas mamas son un síntoma de cancro. De feito, nove de cada dez bultos son benignos. Estos bultos non cancerosos poden ser tumores de texido conectivo e glandular, ou ben, quistes ou bolsas cheas de líquido.

  31. fab-beatrizcasal di:

    O cancro de mama é unha proliferación maligna das células epiteliais que revisten os condutos ou lóbulos da mama. É unha enfermidade clonal; onde unha célula individual produto dunha serie de mutacións somáticas ou de liña xerminal adquire a capacidade de dividirse sen control nin orde, facendo que se reproduza ata formar un tumor. O tumor resultante, que comeza como anomalía leve, pasa a ser grave, invade tecidos veciños e, finalmente, se propaga a outras partes do corpo.

  32. fab-rebecachaves di:

    O cancro de mama é unha proliferación maligna das células epiteliais que revisten os condutos ou lóbulos da mama. É unha enfermidade onde unha célula individual produto dunha serie de mutacións somáticas ou de liña xerminal adquire a capacidade de dividirse sen control nin orde, facendo que se reproduza ata formar un tumor.
    Os principais factores de risco de contraer cancro de mama inclúen unha idade avanzada, a primeira menstruación a temperá idade, idade avanzada no momento do primeiro parto ou nunca ter dado a luz, antecedentes familiares de cancro de mama, o feito de consumir hormonas tales como estróxeno e proxesterona, consumir licor e ser de raza blanca.2 Entre 5 a 10% dos casos, o cancro de mama é causado por mutacións xenéticas herdadas.
    Para detectar o cancro de mama, utilízanse diferentes probas como a mamografía, ultrasón mamario con transdutores de alta resolución (ecografía), unha proba de receptores de estróxeno e proxesterona ou imaxes por resonancia magnética.

  33. faa-elenafontenla di:

    Este artigo trata un tema que sempre estará presente na nosa sociedade ata que se atope unha solución.
    Moitas mulleres padecen cancro de mama e todos sabemos o difícil que é padecelo e superalo, xa que os tratamentos que existen para reducir os tumores son moi agresivos.
    Co descubrimento de por qué se produce poderemos chegar máis facilmente a unha soclución viable.

  34. faa-veronicanoya di:

    O cancro de mama é unha enfermidade que produce moitas mortes ó ano, non só en mulleres como habitualmente se cre, senón que tamén en homes, aínda que en menor medida.
    Trátase dunha proliferación maligna das células epiteliales que revisten os conductos mamarios. Nesta enfermidade unha célula individual adquire a capacidade de dividirse sen control e sen orde, formando así un tumor.
    Penso que nunha enfermidade tan padecida como son os cancros se deberían dedicar máis cartos para que máis investigacións coma estas poidan saír adiante, xa que sería un gran avance poder erradicar una enfermidade con tan alta mortalidade.

  35. faa-aliciafeijoo di:

    Este artículo fala sobre un tema que na actualidade afecta a moitas mulleres, pero cos abances tecnolóxicos e médicos que hai na actualidade case nimgunha muller afectada do cancro de mama chega a ser grave. O cancro de mama é un tumor maligno que se encontra nas glándulas mamarias das mulleres e nas mulleres é o cancro máis frecuente.
    A noticia que nos ofrece a nosa compañeira neste artigo é moi boa, os médicos, ainda que é un proceso lento e que vai puco a pouco, avanzando nesta enfermidade. Cando a unha muller se lle diagnostica cancro de mama é sometida a moitos tratamentos que se a muller non é psicoloxicamente forte, pode chegar a acabar nunha depresión, xa que para extingir este tipo de tumores tratanse con radioterapias que fan que a muller perda o pelo, teña náuseas e algún sintomas máis, logo tamén lle afecta que ao extrair o tumor, a muller queda sen o peito onde se encontraba o tumor, e isto a moitas mulleres tamén lle afecta psiciloxicamente, para evitar neste último caso, na actualidade, implántanse próteses que fan que a muller non se senta sen el, ainda que ese non faría a mesma función que o peito natural. En conclusión se a unha muller sofre este cancro, sen apollo, sobre todo familiar, moitas mulleres non serían capaz a superalo.

  36. faa-nicolecorbacho di:

    As células cancerixenas poden invadir e dañar texidos e órganos cercanos ao tumor. As células cancerixenas poden separarse do tumor maligno e entrar ao sistema linfático ou o fluxo sanguíneo, que é a maneira en que o cáncer alcanza outras partes do cuerpo. O aspecto característico do cáncer é a capacidade da célula de crecer rápidamente, da manera descontrolada e independente do texido onde comenzou. A propagación do cáncer a outros sitios u órganos no cuerpo mediante o fluxo sanguíneo ou o sistema linfático se chama metástasis.

  37. fab-sofiacastineiras di:

    O tema que se trata neste artículo é algo que día a día afecta cada vez a máis persoas. O lóxico é que a medida que os anos pasen a ciencia avance e enfermidades como esta sexan menos importantes, no sentido de que cada vez sexan menos as mulleres que teñan cancro de mama. Pero dende a miña perspectiva, vexo moitos avances en cosas “inútiles” nas que se inverten moitos cartos, os cales que deberían ser destiñados a investigación de curas contra calquer tipo de cancro por exemplo. Moita xente que non sufriu un caso de cancro no seu círculo de seres queridos non é suficientemente consciente da importancia que ten, cousa que non debería ser así, hay que concienciar máis á xente para intentar facer o que esté na nosa man para ayudar nas investigacións sobre calquer tipo de enfermidade que poida ser mortal.

  38. fab-fatimachaves di:

    O noso organismo está constitutido por un conxunto de órganos,que á súa vez están formados por células,que se dividen de forma regular co fin de reemplazar ás xa envellecidas ou mortas;e manter así a integridade e o correcto funcionamento dos distintos órganos.
    Este proceso está regulado por unha serie de mecanismos que indican á célula cando comezar a dividirse e cando permanecer estable.
    Cando estes mecanismos se alteran nunha célula,ésta e os seus descendentes inician unha división incontrolada,que,co tempo,dará lugar a un tumor.
    Si estas células ademáis crecen sen control,adquiren a facultade de invadir texidos e órganos do arredor e de trasladarse e proliferar en outras partes do organismo,denomínase tumor maligno,que é ao que lle chamamos CANCRO.

  39. fab-raqueloliveira di:

    As mamas ou senos compóñense de grasa, texido conetivo e glandular.Neste texiodo encóntranse as glándulas productoras de leite das que nacen uns 15 ou 20 conductos mamarios, para transportar a leite hasta o pezón,rodeado pola aureola,tamén teñen gánglios,que son claves para o diagnóstico do cancer de mama,posto que as células cancerosas exténdense a outras zonas do organisimo a través do sistema linfático.O cancro de mama é o tumor maligno que se orixina no texido da glándula mamaria e é o máis frecuente en mulleres ,aínda que algúns homes tamén o padecen. Un diagnóstico precoz é importante porque as posibilidades de curación na súa etapa inicial son de case o 100%. En canto ó tratamento podemos atopar catro tipos distintos: tratamento local, tratamento sitémico ,tratamento adyuvante e tratamento neoadyuvante.