BACTERIA CONTRA O QUENTAMENTO GLOBAL

Segundo unha investigación da Universidade de East Angli, en Inglaterra, unha bacteria chamada ‘Methylocella silvestris’ que pode medrar no metano e no propano do gas natural, podería absorber as emisións de gases con orixe natural ou humana antes de liberarse á atmósfera e provocar o quentamento global.

Anteriormente, pensábase que eran diferentes tipos de bacterias os que se encargaban de metabolizar o metano e o propano, polo tanto, este novo descubrimento é importante porque un tipo de bacterias pode limpar os compoñentes do gas natural de forma eficiente e reducir a contaminación.

Un dos investigadores da universidade indica que “o gas natural de fontes xeolóxicas contén metano, así como grandes cantidades de etano, propano e butano. Demostramos que un microbio pode medrar tanto no metano coma no propano a unha velocidade simellante, porque que contén dous sistemas de enzimas que emprega para aproveitar ambos gases á vez”. Segundo el, isto é moi importante para os entornos expostos ó gas natural xa que estes microbios poden ter moita importancia na moderación dos efectos dos gases que cheguen á atmosfera.

“O metano é un gas potente de efecto invernadoiro que se libera de fontes naturais, como os humedais, a xestión de residuos e as industrias de pretróleo e gas. A nivel mundial, estimase que máis da metade das emisións son artificiais”, apunta. “O efecto do metano no quentamento global é máis de vinte veces superior ó do dióxido de carbono en cen anos. Por iso é moi importante que entendamos como se pode eliminar biolóxicamente no medio ambiente antes de que se libere á atmosfera”.

Autora: Laura Paz Chaves

Esta entrada foi publicada en Cambio Climático, Contaminación e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

53 Responses to BACTERIA CONTRA O QUENTAMENTO GLOBAL

  1. fab-jairotroncoso di:

    Esta noticia, é moi boa noticia sen dubida algunha. Que se chegue a facer este sistema para reducir ou evitar as grandes contaminacións de hoxe en día, pare increible, verdade. Nunca pensei que mediante un par de bacterias, que poden nacer n estos gases, a parti delas, se puidese restar as emisións de gases e asi reducir o quencemento global. Hoxe en día creo que é importante reducirlo porque a temperatura do planeta está a subir, e os glaciares estanse a derreter e eso provoca a subida do nivel da auga.

    • faa-larafernandez di:

      O efecto invernadoiro é verdade que está causando bastantes problemas debido o seu devastador efecto sobre a superficie terrestre. Estas bacterias, a pesar de axuden a reducilo, non me fío demasiado delas. Quen nos confirma que poderan reducir a cantidade necesaria de eses gases? Pode ser que se pasen e que ocorra o efecto contrario ó invernadoiro, é iso tampouco é bo.

      • fab-jairotroncoso di:

        É verdade que ao mellor non reducen o suficiente para reducir o quencemento global, eso nadie o pode afirmar de momento, pero polo menos algo sempre podrá reducir non? As bacterias reduzcan moito ou non algo reducirán. Eu penso que estas bacterias, si poden funcionar, ahora si, a verdade é que non me planteei si poden reducir moito ou pouco os efectos do quencemento global.

  2. fab-manuelgonzalez di:

    Paréceme un descubrimiento de vital importancia e utilidade,sobre todo porque é unha solución ó problema do calentamento global “cómodo” para a humanidade,xa que a maioria da población mundial aínda non esta concienzada e négase a empregar coches eléctricos ou as empresas néganse a reducir o CO2,xa que supón un sacrifico económico ou perda de beneficios respectivamente.

  3. faa-santiagoescudeiro di:

    O artigo que nos propón a nosa compañeira Laura é moi interesante. Trata dunha bacteria que pode reducir a contmainación dos gases que provocan o quentamento global.
    Actualmente a cantidade de gases contaminantes que se emiten á atmosfera procedentes da actividade humana é moi elevado e o descubrimento desta bacteria pode axudar en gran medida a evitar que o quentamento global aumente tanto como o fai hoxe en día.
    Por desgracia as enerxías alternativas non lles interesna ás grandes multinacionais que dominan a economía mundial, xa que non gañarían tantos beneficios como coas enerxías que se empregan actualmente.

  4. faa-manuelcacabelos di:

    Este artigo conta algo moi interesante, pois pareceme incrible que exista unha bacteria que que poda reducir a contaminación no aire.
    Dende logo a contaminación que producimos os seres humanos é un perigo que xa estamos a experimentar. Actualmente a cantidade de gases presentes na nosa atmosfera é alarmante, estes gases producen un exceso de efecto de invernadero. O descubrimento desta bacteria pode ser unha axuda en gran medida para evitar o quentamento global.

  5. fab-marcosdaporta di:

    A natureza”é sabia” tanto que incluso ten escudos contra nós mesmos. Quen sabe ata que punto se poderán aproveitar estas bacterias pero se podese usar como filtro para algunhas empresas ou fábricas e reducir así a contaminación de cada unha delas sería un dos inventos que nos salvarían do quentamento global xa que a este ritmo de emisión de gases pouco duraremos.

    • fab-jairotroncoso di:

      A parte de utilizar estas bacterias, o que propón Marcos, é outro bo método, utilizar estas bacterias, ou outro sistema, para crear un filtro en fábricas que contaminen, e asi reduciriase bastante, penso eu, a contaminación. ese sería un bo metodo para frenar o quencemento global.

  6. faa-aliciafeijoo di:

    A noticia que nos propón a nosa compañeira Laura é moi interesnte, xa que se puidesemos reducir a emisión de gases naturais que emitimos os seres humanos ou se emiten de forma natura a atmosfera, e desta maneira poder reducir en unha cantidade considerable o quentamento global, e así non danar tanto a capa de ozono. A maneira que descubriron os investigadores é unha bacteria que pode medrar no propano e no metano, de emisión naturais ou feitasa polo ser humano, e que se encargan de metabolizar o metano e o propano para así reducir a súa cantidade na capa de ozono, xa que o metano é un gas moi presente no quenamento global.Estas emisión que se producen pola man do ser humano podríanse reducir se se utilizasen moitas das enerxías alternativaas que existen, como a enerxñia solar, a enerxía heólica, hidráulica, etc, pero as grandes empresas eléctricas non lle interesa que se empreguen, debido a que así eles perden moitos dos beneficios que teñen e non lle saldría rentable seguir tendo abertas as súas empresas e así chegar a perder moitos cartos. Na miña opinión deberíaselle prohivir a esas empresas que fagan iso porque se ti, por exemplo pos na túa casa un panel solar, teslle que pagar a unha empresa pola enerxía que estas a consumir por esa enerxía limpa, polo tanto a xente non lle sae rentable e non as pon e así seguen as grandes empresas eitindo gran cantidade de emisións de gases perxudicias para o quentamento global.

  7. fab-elisaperez di:

    As enzimas son moléculas de naturaleza proteica e estructural que catalizan reaccións químicas, sempre que sexan termodinámicamente posibles: unha enzima fai que unha reacción química que é enérxicamente posible, pero que transcurre a unha velocidade moi baixa, sexa cinéticamente favorable, é dicir, transcurra a maior velocidade que sen a presenza da enzima.

  8. fab-ariadnacordal di:

    Tendo en conta que os niveis de metano aumentaron un 148% dende 1750, este descubrimento resulta ser moi útil para reducilos. A posibilidade de criar bacterias e empregalas para reducir o quencemento global é unha iniciativa que xa ten soado anteriormente, e sen dúbida, coa axuda desta nova especie, posiblemente vexamos resultados positivos se o proxecto se leva a cabo. Xunto cos sistemas de autoprotección da natureza coma estes e unha mentalidade máis protectora respecto do medio ambiente pola nosa parte (reducir, reutilizar, reciclar e botar man das enerxías renovables, por exemplo) poderíamos evitar o quencemento global sen extremas dificultades, e sobre todo, antes de que a condición empeore máis.

  9. fab-andreabrea di:

    Coincidindo cos meis compañeiros, o feito de teren descuberto itso, pode ser unha gran axuda cara a mellorar o medioambiente,m facendo así, moito máis saudable a nosa vida. Os aumentos na contaminación no aire van ligados ó quebranto na función pulmonar e aumentos nos ataques cardíacos. Esta situación mellorou nos últimos 20 anos, pero nas zonas urbás é motivo de preocupación. Por iso, como anteriormente menciono, o feito de topar recursos naturais que poidan frear este problema, é moi gratificante, tanto para o mdioambente como para nós.

  10. faa-lauravazquez di:

    O quentamento global é un problema que non ten solución a corto plazo e por iso creo que se debería tomar máis en serio. O aumento da temperatura da Terra é un feito e deberíase concienciar, non só a xente, se non ós gobernos do mundo para que se tomen máis medidas das que se toman hoxe en día e intentar reducir a emisión de gases de efeto invernadoiro.
    Esta bactería podería supoñer un cambio e afectar de xeito moi positivo. Deberíase continuar investigando como se pode redicir desta forma a contaminación ó máximo posible.

  11. fab-sporto di:

    Este artigo paréceme moi interesante xa que nunca me parei a pensar que unha bacteria pode chegar a reducir a contaminación dos gases que provocan o quentamento global.
    Por desgracia hoe en día hai moita contaminación procedente da actividade dos seres humanos.

    • faa-diegocores di:

      Se non me equivoco o que fan estas bacterias non é reducir a contaminación, se non que o que fan é absorbelas antes de esta chegue a atmosfera, de forma que o que teriamos sería unha axuda a que non ascenda a contaminación na atmosfera , pero esto non a reduciría. Na miña opinión é tan importante impedir que se incremente como reducila, aínda que creo que non hai ningunha forma de reducila.

  12. faa-fatimalago di:

    Neste artigo estase a falar dun tema moi importante nos últimos anos, o quentamento global e o efecto invernadoiro, fenómeno polo cal determinados gases, que son compoñentes da atmosfera planetaria, reteñen parte da enerxía que o chan emite por ser quentado pola radiación solar. Este fenómeno evita que a enerxía solar recibida constantemente pola Terra volva inmediatamente ao espazo, producindo a escala mundial un efecto similar ao observado nun invernadoiro.
    Algúns dos gases de efecto invernadoiro acontecen na natureza (vapor da auga, dióxido de carbono, metano e óxido nitroso) e outros son producidos exclusivamente polo home (os aerosois, por exemplo).
    Os gases de efecto invernadoiro inclúen : O dióxido de carbono (CO2), nun 85 % ; o metano (CH4), nun 8% ;o óxido nitroso (N2O), nun 5% ; e os gases fluorados, CHC, HCFC, etc., nun 2%.
    Que atopen unha bacteria (Methylocella silvestris) que pode chegar a absorber as emisións de gases de orixe natural ou humana antes de liberarse á atmosfera e así provocar o denominado quentamento global é unha noticia moi importante, xa que isto podería chegar a influír directamente á hora de intentar reducir a emisión destes gases.

  13. fab-noerodriguez di:

    Este descubrimento resulta interesante á par que moi útil. O feito de que unha bacteria poida absorber gases causantes do efecti invernadoiro é, sen dúbida, unha posible solución infalible. Así, poderiamos seguir emitindo gases de efecto invernadoiro sen que haxa ningunha consecuancia drástica. Aínda así, mentres haxa combustibles fósiles, seguiremos emitindo gases perxudiciais 4e aínda non sabemos cando se comezará a utilizar esta bacteria e, ata entón, temos que seguir tratando de reducir as nosas emisións.

    • faa-laurapaz di:

      Estou de acordo, que este descubrimento pode resultar moi útil, e moi beneficioso para a atmosfera absorbendo os gases que producen o efecto invernadoiro pero, esto non quere dicir que polo feito de que esta bacteria permita reducir as emisións, nós poidamos seguir emitindo gases contaminantes pensando en que esta bacteria os eliminará, eu penso que aínda así, nós tamén deberíamos intentar reducilos.

  14. faa-veronicanoya di:

    O efecto invernadoiro é o fenómeno polo cal determinados gases quedan retidos na atmósfera no planeta Terra. A vida sería imposible sen este fenómeno, pero tamén se complica cando os gases acumulados son demasiados, xa que provoca un aumento considerable da temperatura terrestre que pode desembocar en diversas catástrofes.
    Día a día emitimos grandes cantidades destes gases, polo que é importante que erradiquemos xa esta práctica, ou al menos que intentemos poñerlle solución; por isto me parece moi interesante este artigo. Atopar un organismo que axuda na reducción de certos gases que xa comezan a provar moitos problemas é moi importante para a supervivencia das especies que habitan o planeta, incluíndonos a nós os humanos.

  15. fab-rebecachaves di:

    Silvestris Methylocella é unha bacteria. Fáltanlle membranas intracytoplasmic comúns a todas as bacterias de oxidación metánica agás Methylocella, pero contén un sistema de membranas vesicular conectado coa membrana citoplasmática.
    Este descubrimento resulta interesante, xa que é increible que unha bacteria poida absorber este tipo de gases, causando o efecto invernadoiro, isto podería chegar a influír directamente á hora de intentar reducir a emisión destes gases, así que temos que concenciarnos máis para poder reducir os gases que nós mesmos provocamos, porque xa hai outros seres vivos que os provoquen.

  16. fab-danielbaulo di:

    Este é un descubrimento moi útil, xa que todos os gases de efecto invernadoiro que son emitidos polo ser humano e os medios de transporte poderían ser absorvidos. Pero este sistema non se sabe cando se comezará a usar, e teremos que reducir as emisóns destes gases usando uns hábitos como os de usar o transporte público ou usar outro tipo de transporte que non funcione a base de combustibles fósiles.

  17. fab-anaoubina di:

    Este artigo cóntanos como unha bacteria pode medrar no metano e no propano do gas naural, pode absorber as emisións de gases con orixe natural ou humana antes de librarse á atmósfera e provocar o quentamento global. Este novo descubrimento é moi importante porque un tipo de bacteria pode limpar os compoñentes do gas naural de forma eficiente e reducir a contaminación. Aínda asi, deberíamos seguir tratando de reducir as nosas emisións, xa que non se sabe cando se comezará a utilizar esta bacteria.

  18. faa-martinlosada di:

    Creo que o feito de que cunha bacteria se poida reducir a contaminación mundial, é un descubrimento importante, e dende o meu punto de vista, algo fascinante.
    Esta bactería encargariase de reducir enormemente a cantidade de gases sobrantes na atmosfera, que son xerados polo ser humano, e que son en gran parte os culpables do quentamento global, e que pode que nun futuro poida acabar co ser humano.
    A cantidade de gases sobrantes na atmosfera na meirande parte dos casos proveñen de grandes empresas, que teñen as súas fábricas o redor de todo o mundo, e que debido o seu potencial económico, en moitos casos deixaselles que contaminen o seu antollo, por estes motivos vexo difícil que teña un grande impacto positivo, xa que cos medios que temos agora, as enerxias limpas, non o está tendo, porque simplemente as eléctricas non lles interesa.

  19. faa-elenafontenla di:

    Este descubrimetno é moi importante e,sobretodo, hos¡xe en día que necesitamos outras fontes de enerxía menos contaminantes. O gas natural é unha boa alternativa pero como se cita no artigo, contén etano e metano. Esta pequena bacteria tena capacidade de procesas estes gases e alimentarse con eles, polo que pode ser o medio perfeto para que podamso utilizar o gas natural como fonte segura de enerxía.
    Ao que lle vexo problema é a que se estiten tantas bacterias como para poder procesar todo o metano e etano que se taopa no gas natural, ou mellor ca iso, habería que comprobas ata que punto estas bacterias procesan os gases, sería un punto ao que habería que prestarlle atención.

  20. faa-begonasuarez di:

    É totalmente beneficioso para o medio ambiente e para nós que a bacteria chamada ‘Methylocella silvestris’ poida absorber as emisións de gases con orixe natural ou humana antes de liberarse á atmosfera. É un descubrimento moi importante xa que estas bacterias poden limpar os compoñentes do gas natural e reducir a contaminación.
    O metano é un gas de efecto invernadoiro que contribúe ao quentamento global do planeta Terra xa que nunha media de tempo de 100 anos, cada kg de CH4 quente a Terra 23 veces máis que a mesma masa de CO2, sen embargo hai aproximadamente 220 veces más dióxido de carbono na atmosfera que metano polo que el metano contribúe de maneira menos importante ao efecto invernadoiro.

  21. faa-laurarey di:

    Silvestris Methylocella é un methanotroph aeróbico acidófilo. É único en varias formas en comparación con outras bacterias metanotróficas. Mentres que outros metanotrofos son incapaces de crecer en substratos que conteñen carbono-carbono (CC) Bonos, e polo tanto chámanse “obriga metanotrofos”, Methylocella é un catabolically flexible “methanotroph facultativa”. Ademais de metano e metanol, que tamén crece nalgúns substratos multicarbón tales como acetato, etanol, piruvato, succinato, malato e propano. Methylocella tamén é único na oxidación de metano a través dun metano monooxigenasa solubles (sMMO) única enzima. Carece da metano monoxixenasa de partículas (pMMO) atopado noutros metanótrofos aeróbicas, xunto co amplo sistema de membrana intracelular onde se cre que pMMO a ser localizados. A razón da natureza obrigado de methanotrophy en todos metanotrofos excepto Methylocella é un misterio científico.

  22. fab-elisaperez di:

    Que unha bacteria poda reducir a contaminación dos gases que provocan o efecto invernadoiro é un descubrimento bastante útil, xa que axudarå a que a contaminación disminúa, o que é bo. Deberíase seguir investigando máis neste asunto.

  23. faa-ricardop di:

    O chamado `efecto invernadoiro´ non é un feito na súa totalidade malo, xa que sen él sería imposible a vida na Terra (Veráns moi calorosos e Invernos moi fríos), pero é dañino para nos se aumenta como o fai, e cada vez a unha velocidade máis rápida. Se non o detemos, as condicións na Terra con él e sen él serán as mesmas, polo que temos que procurar non contaminar, reciclar, evitar as Enerxías Non Renovables e pasar ás Renovables para beneficio da sociedade, aforrar auga, evitar demasiadas emisións de CO2, Sulfatos, Metano (e derivados HidroCarburos)…

  24. fab-iriamartinez di:

    Este artigo é moi interesante, nunca antes había escoitado algo similiar a que unha bacteria, neste caso ‘Methylocella silvestris’ poidese absorber as emisións de gases antes de librarse á atmósfera e provocar o quentamento global. Estas bacterias absorben tanto gases de orixe humano, como son a maioría coma as de orixe natural natural.

  25. fab-gretageorgieva di:

    Tendo en conta que o quentamento global é unha das consecuencias do cambio climantico e unha das máis problematicas pareceme fantastico o feito de que grazas a unha bacteria se poida reducir o quentamento polo que sería de gran axuda para o noso planeta.
    esta é unha bacteria que pode medrar no metano e no propano do gas naural, pode absorber as emisións de gases con orixe natural ou humana antes de librarse á atmósfera e provocar o quentamento global.

  26. faa-noeliaparracho di:

    Este artigo amosa como, sen sabelo, temos ó noso alcance moitas das solucións que necesitamos ós problemas que nos afectan tanto hoxe en día, que só queda descubrir como atopalas.
    O efecto invernadoiro, e en xeral o problema da contaminación, é un gran problema hoxe en día nunha sociedade coma a nosa, que é unha gran productora de bens pero tamén de residuos, os cales adoitamos non saber donde liscar ou como desfacernos deles. O que rematamos facendo é enterrarlos, liscalos ó mar (desde tema falabamos hai poco noutro artigo) ou simplemente deixar que vaian a onde cadre, coma os gases que propician o efecto invernadoiro.
    Paréceme una gran nova o descubrimento da función que pode cumplir esta bacteria respecto os gases antes nomeados, xa que sen dúbida necesitamos reducir o efecto que causan e pouco a pouco coa axuda de novos descubrimientos coma este, conseguirémolo.

    • faa-christiancacabelos di:

      É certo, aínda que triste o que di Noelia, aínda que a nosa sociedade está moi avanzada e podemos chegar a metas que anteriormente eran impensables, como curar enfermidades que antes mataban millóns de persoas ou dispoñer de televisións de 80″ con ultra resolución e que se ven a cor; pero o certo é que aínda que conseguimos marcarnos moitos puntos, non foi a favor de todos xa que o medioambiente é o peor parado nesta sociedade cambiante, e como exemplo temos o enterramento de residuos radioactivos, o vertido de residuos radioactivos ao mar, unha enorme illa de lixo, vertidos de petróleo… e tamén todos os resíduos tecnolóxicos dos que non sabemos que facer, polo menos se esto é viable, das toneladas de gases contaminantes xeradas poderemos reducilas un chisco que mellorar así o noso entorno.

  27. faa-manuelmontes di:

    É unha noticia moi boa. Saber que existen unhas bacterias que poden disminuir o efecto invernadoiro e saber “empregalas” podería supoñer un gran avance neste problema que afecta a todo o mundo. O efecto invernadoiro é, hoxe en día, un tema moi discutido na sociedade xa que está a destruir o planeta onde vivimos. Estase a buscar varias solucións, e esta parece ser unha opción viable. Aínda que o mellor supón algún perigo para outros seres vivos.

  28. faa-christiancacabelos di:

    Podo parecer un desconfiado, pero é a miña opinión.
    Creo que estas novas bacterias descubertas “Methylocella silvestris” que se alimentan de metano, poderían provocar máis problemas dos que nos poderían evitar xa que seguro que moitos países movidos polo afán de gañar cartos buscarán estas bacterias que indicarían que existen estes gases para así extraer o gas que se atopa contido no interior da Terra.
    Outro casi hipotético que se me ocorre é o seguinte, se realmente non se empregasen con afán de lucro e se empregasen cun fin productivo e beneficioso para todos como é para eliminar os gases contaminates que xeramos, nos cales crecen con moita facilidade, podendo desta forma crear grandes colonias que mesmo poderían xerar pandemias no caso de que sexan dañiñas para nós ou os nosos ecosistemas, é unha cousa que non se cita no artigo e é un posible risco que poderiamos sufrir, xa que logo pode que non dispoñamos de medios para erradicalas debido a que mutaron e son resistentes ao productos actuáis.

  29. faa-nicolecorbacho di:

    As enzimas son moléculas da natureza protéica e estructural que catalizan reaccións químicas, sempre que sean termodinámicamente posibles: unha enzima fai que unha reacción química que é enerxéticamente posible, pero que transcurre a unha velocidade moi baixa, sea cinéticamente favorable, é decir, que transcurra a maior velocidade que sen a presencia da enzima.As enzimas actúan sobre unhas moléculas denominadas sustratos, as cales se convirten en moléculas diferentes denominadas productos.

  30. faa-nicolecorbacho di:

    O metano é o hidrocarbura alcano máis sencillo, cuya fórmula química é CH4.
    Cada un dos átomos de hidróxeno está unido ao carbono por medio dun enlace covalente.É unha sustancia no polar que se presenta en forma de gas a temperaturas e presións ordinarias. É incoloro, inodoro e insoluble en auga.
    Na natureza se produce como producto final da putrefación anaeróbica das plantas. Este proceso natural se pode aproveitar para producir biogás. Moitos microorganismos anaeróbicos o xeneran utilizando o CO2 como aceptor final de electróns.

  31. faa-laurarey di:

    O metano é o hidrocarburo máis simple, a súa molécula esta formada por un átomo de carbono (C), ao que se atopan unidos catro átomos de hidróxeno (H).

    A temperatura ambiente é un gas e áchase presente na atmosfera.

    O metano ten aplicación na industria química como materia prima para a elaboración de múltiples produtos sintéticos.. Nos últimos anos foi aplicado con bos resultados, como fonte enerxética alternativa en pequena escala, xerándoo a partir de residuos orgánicos agrícolas. Este biogás está composto aproximadamente por 55 a 70% de metano, 30 a 45% de dióxido de carbono e 1 a 3% doutros gases, e o seu poder calorífico oscila nas 5.500 Kcal/m3

  32. faa-laurarey di:

    Un fotón é a partícula elemental responsable das manifestacións cuánticas do fenómeno electromagnético. É a partícula portadora de todas as formas de radiación electromagnética, incluíndo aos raios gamma, os raios X, a luz ultravioleta, a luz visible, a luz infravermella, as microondas, e as ondas de radio. O fotón ten unha masa invariante cero e viaxa no baleiro cunha velocidade constante. Como todos os cantos, o fotón presenta tanto propiedades corpusculares como ondulatorias. Compórtase como unha onda en fenómenos como a refracción que ten lugar nunha lente, ou na cancelación por interferencia destrutiva de ondas reflectidas.
    Ademais de enerxía, os fotóns levan tamén asociada unha cantidade de movemento ou momento lineal, e teñen unha polarización. Seguen as leis da mecánica cuántica, o que significa que a miúdo estas propiedades non teñen un valor ben definido para un fotón dado. No seu lugar fálase das probabilidades de que teña una certa polarización, posición, ou cantidade de movemento.

  33. faa-laurarey di:

    O quentamento global é un problema moi grave hoxe en día. Isto está cambiando a nosa economía, a saúde e as comunidades de diversos xeitos. Os científicos advirten que si non freamos o cambio climático agresiva agora, os resultados probablemente serán desastrosas.

    Contaminantes de dióxido de carbono entre outros, estanse acumulando na atmosfera como unha manta engrosamento, atrapando a calor do sol e causando que o planeta se quente.

    Aínda que as temperaturas locais flutúan de forma natural, nos últimos 50 anos, a temperatura media global aumentou ao ritmo máis rápido na historia rexistrada.

  34. fab-gretageorgieva di:

    Nos últimos anos as temperaturas mundiais aumentarón un 1 grao Fahrenheit.
    Os científicos din que isto podería chegar a subir ata os 7.2 graos se non reducimos as emisións causadas por combustibles fósiles, como o son o carbono e o petróleo.
    Se chaga a pasar traerá grandes desperfectos, como o aumento do nivel do mar , ondas de calor máis intensas e habituais, Os mosquitos portadores de enfermidades extenderan a sua zona de distribución, e habera cada vez máis especies en perigo de extinción, é o máis lamentable de todo isto é que estas consecuencias do cambio climántico xa as estamos a sufrir, polo que me parece de gran axuda que estas bacterias poidas reducir as emisión daninas.

  35. fab-martapalacios di:

    A opción de ser capaces de criar bacterias e empregalas en reducir o quencemento global ven xa precedida de antes, e posiblemente obteremos resultados moi positivos se se consegue levar a cabo esta iniciativa. Gracias a este acto, poderemos manter o medio ambiente en condicións óptimas respecto á actualidade. O feito de que aumente a temperatura da Terra é un problema moi serio tanto como para os humanos, como para as plantas ou os animais. Como ben dixo Laura, é esencial que os gobernos estean concienciados e poñan da súa parte á hora de mellorar as condicións medioambientais e, en definitiva, salvar o planeta.

  36. faa-fatimaf di:

    Esta é una gran nova para nós xa que na actualidade as emisións de efecto invernadoiro están moi por riba do que deberían e conseguir que isto diminúa sería moi difícil por non dicir imposible, xa que máis da metade destes gases son producidos por grandes empresas ás que non lles interesa reducir esas emisións, polo que se realmente se consegue que esta bacteria “traballe” reducindo as emisións de metano á atmosfera sería un gran avance e axudaría moito na loita contra o cambio climático.

  37. faa-igonzalez di:

    Chegar ata este punto, onde averiguamos que incluso as bacterias axudan ó planeta para diminuir a contamiación máis que nós, é un dato un pouco preocupante a nivel mundial e persoal. Isto último é debido a que os meus fillos, e os fillos dos meus fillos, teñen o dereito de disfrutar do planeta tal e como eu, e todos nós disfrutamos del pero, se estamos a contaminalo seguido, non se poderá vivir, dentro de pouco, neste fermoso planeta, tendo que, desta maneira, buscar outro planeta no cal vivir ou, directamente, morrer todos e adeus moi boas.
    Simplemente, hai que intentar utilizar máis as enerxías renovables e reducir o uso de enerxías non renovables. Sei que a maioría de aparellos e de máquinas utilizan enerxías non renovables, pero si se investigan outros métodos, e se avanza tecnolóxicamente, que estase a lograr pouco a pouco e cada vez máis rápido, poderemos disfrutar dunha atmósfera máis limpa, dun planeta Terra máis limpo e san; un Planeta Azul, completamente azul, e non cheo de grises e marróns, que son os colores dos gases que están a encher todo o noso ceo.
    Hai que pensar no futuro e intentar reducir. Esa é a palabra clave; esa é a principal mentalidade que deberíamos ter todos.

  38. faa-cristinaguillan di:

    O efecto invernadoiro é desde hai algunhas décadas un dos temas de máis interese medioambiental, posto que unha serie de gases os cales emitimos os seres vivos está a engrosar a atmosfera e a impedir que o calor que entra cos raios solares saia, aumentando a temperatura na Terra e tendo devastadores efectos como é por exemplo que se estean a derretir os casquetes polares.
    Dous dos gases emitidos en maior cantidade son o metano e o propano. Estes son emitidos tanto polo metabolismo dos seres vivos como por nos os humanos coas industrias, medios de transporte etc.
    A existencia e coñecemento dunha bacteria que medre e se alimente destes gases podenos axudar a reducir ditas emisións, pero ainda asi considero que as que poden ser controladas (as das industrias) deben ser reducidas a maiores do emprego destas bacterias como posibles filtros.

  39. fab-lorenasoto di:

    O efecto invernadoiro é un dos problemas máis graves que nos afecta a todos xa que está acabando co noso planeta. Que exista unha bacteria capaz de reducir a contaminación absorbendo as emisións de gases é un gran descubrimento xa que favorecerá a que disminúa
    a contaminación.

    • faa-christiancacabelos di:

      Aínda que o efecto invernadoiro é considerado como algo terrible e perigoso é necesario citar que sen el non poderiamos habitar o noso planeta debido a que as temperaturas senrían tan extremas como as de Venus por exemplo que polo día supera os 100ºC e pola noite os -100ºC.
      O actual problema é debido ao “engrosamento excesivo”, causado polo aumento do CO2, desta capa de gases que nos permite en certo modo a vida e que se mantén grazas á gravidade terrestre.

  40. faa-saracastro di:

    Chamamos quentamento global ó fenómeno do aumento da temperatura na atmosfera terrestre e nos océanos. É un feito do que cada vez se fala máis e máis, posto que xa non se pode facer nada para frealo completamente. O único que podemos facer a día de hoxe é intentar diminuir a contaminación mediante a reciclaxe e a reutilización de moitas cousas. Outro dos factores que favorece a diminuir a rapidez coa que avanza o cambio climático é reducir os gases que se expulsan á atmosfera.
    Este artigo fálanos de algo moi importante, posto que unha simple bacteria podería axudar a iso que o ser humano todavía non é capaz, podería axudar a reducir todos eses gases que se expulsan á atmosfera e incrementan o cambio climático.

  41. faa-laurarey di:

    O Gas Propano, é un Gas Licuado de Petróleo.
    O propano adóitase obter do gas natural ou dos gases dos procesos de cracking producidos nas instalacións petroquímicas.
    Emprégallo en instalacións centralizadas, cun depósito exterior que é enchido pola compañía suministradora, ou se expende en botellas de 20 kg.
    Este gas é máis pesado que o aire e ten maior poder calorífico que o gas butano, sen ter problemas coas baixas temperaturas.
    En zonas onde non existe rede de abastecemento de gas natural, utilízase o gas propano envasado en depósitos comunales.

  42. fab-javiercarou di:

    Esta bacteria pode ser de vital importancia na Terra xa que frenaría o incremento do efecto invernadoiro. Pero esto non quere dicir que agora poidamos ter unha excusa para seguir emitindo CO2 á atmosfera. En todo momento debemos preocuparnos pola Terra aínda que esta bacteria nos preste un pouco de axuda.

  43. fab-fatimachaves di:

    Este artigo de Lura é moi interesante,esta bacteria pode ser a clave para que pouco a pouco se vaia reducindo o quecemento global.O quecemento global é un problema de hai moitos anos e a sociedade intentamos concienzarnos para reducir a contaminación e evitar unha desgraza.Esta bacteria pode axudar á Terra a reducilo.

  44. fab-aldaramuniz di:

    O que nos contan neste artigo é algo moi útil. É moi importante que reduzamos o quentamenti global e o efecto invernadoiro, pero moito máis importante que o fagamos dunha forma natural, sen danar o medio ambiente, pero tamén sen deixar de colaborar no proceso de reducción do efecto invernadoiro.

  45. fab-raqueloliveira di:

    Silvestris Methylocella é unha bacteria. Fáltanlle membranas intracytoplasmic comúns a todas as bacterias de oxidación metánica agás Methylocella, pero contén un sistema de membranas vesicular conectado coa membrana citoplasmática.
    Este descubrimento resulta interesante, xa que é increible que unha bacteria poida absorber este tipo de gases, causando o efecto invernadoiro, isto podería chegar a influír directamente á hora de intentar reducir a emisión destes gases, así que temos que concenciarnos máis para poder reducir os gases que nós mesmos provocamos, porque xa hai outros seres vivos que os provoquen.
    O que nos contan neste artigo é moi útil e é moi importannte que reduzcamos o quentamento gloval e o efecto invernadoiro.
    Chamamos quentamento global ó fenómeno do aumento da temperatura na atmosfera terrestre e nos océanos. É un feito do que cada vez se fala máis e máis, posto que xa non se pode facer nada para frealo completamente. O único que podemos facer a día de hoxe é intentar diminuir a contaminación.

  46. Pingback: Bacteria contra o quentamento global | Blog Guia