PRÓXIMAMENTE, VOLVER A CAMIÑAR

Os científicos da Universidade de Lousville, en Estados Unidos, desenvolveron un aparato eléctrico capaz de facer que persoas paralizadas de cintura para abaixo consigan mover lixeiramente as súas pernas.

Estas persoas, catro homes paralizados dende hai anos, foron capaces de mover os dedos dos pés, os nocellos e os xeonllos, pero sen chegar a camiñar por si mesmos.

O aparato foi implantado na espiña dorsal dos pacientes. Unha vez posto en funcionamento,  é capaz de enviar sinais simellantes ás que emite o cerebro, que fan máis sensible e máis receptiva a parte inferior da espiña dorsal para que poida recibir mellor os sinais do cerebro.

“O que vemos hoxe nestes catro pacientes que xa son capaces de moverse e de controlar as súas extremidades de xeito voluntario e tamén de controlar, aínda que de xeito involuntario, algunhas funcións do seu corpo, é algo fantástico. É un fito. Esta investigación non remata aquí”, asegura Roderic Pettigrew , do Instituto Nacional de Saúde.

Kent Stephenson, un dos catro homes que participaron nas probas do aparato, afirma a efectividade desde aparello, e ata mesmo asegura que ata sinte a efectividade do aparato incluso cando este está apagado. A investigación céntrase agora no deseño doutros aparatos máis avanzados que poidan ser útiles tamén para poder aplicarse a xente paralizada da cintura para arriba.

Podedes ollar un vídeo accedendo a esta páxina: Implantes en la espina dorsal para recuperar la movilidad.

 

Autora: Fátima Lago

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Novas tecnoloxías, Saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

40 Responses to PRÓXIMAMENTE, VOLVER A CAMIÑAR

  1. fab-cporto di:

    A electricidade fai que a espiña dorsal sexa máis receptiva ás mensaxes que seguen chegando dende o cerebro.
    O aparato foi implantado na espiña dorsal dos pacientes. Unha vez en funcionamento, este aparato é capaz de enviar sinais similares ás que emite o cerebro.
    A estimulación eléctrica fai máis sensible a parte inferior da espiña dorsal para que poida recibir mellor os sinais do cerebro.
    A investigación céntrase agora no deseño doutros aparatos máis avanzados que poidan ser útiles tamén a xente paralizada da cintura para arriba.

  2. faa-noeliaparracho di:

    Paréceme un grandísimo avance ter conseguido que esas persoas sexan capaces de mover algunhas partes do corpo, aínda que todavía non poidan camiñar, xa que iso amosa que imos polo camiño adecuado para solucionar un problema como o que teñen as persoas que teñen unha ou varias partes do seu corpo paralizadas, xa que isto lles afecta moito no seu día a día.
    Coa axuda da tecnoloxía pouco a pouco imos atopando remedios a cada vez máis problemas e enfermidades que dificultan realmente a vida cotiá.
    Ademáis, deberiamos ter en contá como se han de sentir esas 4 persoas sabendo que nun tempo quizais coa investigación se atope un xeito de que volvan a andar. Realmente paréceme unha boa nova, xa que moitas persos que sofren parálise abandoan ou perden a esperanza antes do debido.

  3. fab-manuelgonzalez di:

    Paréceme un logro increíble,non só para a ciencia e a mediciña,senón para a humanidade e todas as persoas afectadas pola parálisis en xeral. O traballo de numerosos científicos para que os discapacitados podam mover parte das suas extremidades lixeiramente a partir dun aparello electrónico,como ben di
    Roderic Pettigrew,non é o fin,so un pequeño paso para a completa recuperación da capacidade de movementos destas persoas.

  4. faa-saracastro di:

    Este paréceme, sen dúbida algunha, un dos maiores avances dos últimos tempos. O feito de que unha persoa que esté paralizada de corpo para abaixo poida chegar a mover voluntariamente as súas extremidades é algo que ata non fai moito parecíanos imposible. E por moito que non poidan chegar a camiñar por si sós, quen di que nun futuro non sexa así? A ciencia avanza a pasos axigantados e este, sin dúbida, é o principio dunha larga investigación.

  5. faa-nicolecorbacho di:

    A columna vertebral, comúnmente chamada a columna ou espinazo, esta formada principalmente de vértebras, discos e a médula espiñal. Actúa como canal de comunicación para o cerebro; os mensajes nerviosos son transmitidos e recibidos a través da médula espiñal.
    A columna vertebral está dividida en 5 áreas funcionais específicas:

    Cervical: C1-8
    Toráxica: T1 – 12
    Lumbar: L1 – 5
    Sacro: S1 – 5
    Cocix

  6. fab-ariadnacordal di:

    É fantástico escoitar este tipo de novas. Cada vez avanza máis a investigación para a recuperación do control das zonas do corpo inmobilizadas da xente que ten danada a médula espiñal, e isto dános un pouco de esperanza a todos de que algún día cese de ser un impedimento para as persoas que o sofren. Xa en 2005 apareceu unha nova relacionada con este tema; daquela falábase dun implante de microestimuladores nun brazo dunha paciente, estos enviaban sinais eléctricos ós músculos e permitíanlle recuperar a mobilidade un pouco.

  7. fab-marcosdaporta di:

    Pouco a pouco non haberá enfermidade, doenza ou síndrome que non poidan curar os humanos.
    Este invento máis o proxecto Rewalk, poderá permitir libre movemento das pernas ás persoas paralíticas e quen sabe se nun futuro con este aparello se poderá correxir a parálisis cereblar completa.
    Espero que nun futuro sí que se poda.

  8. faa-christiancacabelos di:

    Sen dúbida o feito de estar impedido, sen poder camiñar nin moverte como o resto da xente ten que ser algo frustrante e deprimente xa que te afunde moralmente.
    Hoxe en día, grazas aos grandes avances da ciencia e da tecnoloxía e aos coñecementos científico-tecnolóxicos, podemos intentar conseguir que este tipo de persoas sexan capaces de volver a levar unha vida prácticamente normal e o máis parecida posible ao resto das persoas. Aínda que hoxen en día hai medios para que a xente poida volver a camiñar ou a empregar a man que non ten, é complicado e extremadamente caro xa que non é unha parte do seu corpo como tal senón que é unha man biónica que se acopla á túa boneca ou unha estructura que te soporta e se move por ti permitindo o movemente, camiñar neste caso, aínda que como un robot.

  9. fab-elisaperez di:

    A discapacidade é aquela condición baixo a cal certas persoas presentan algunha deficiencia física, mental, intelectual ou sensorial que a largo plazo afectan a forma de interactuar e participar plenamente na sociedade.

  10. faa-ricardop di:

    O artigo de Fátima é moi interesante, xa que nos fala de, tras un accidente de tráfico ou calquera outra cousa, poder volver camiñar, xa que en silla de rodas, vese o mundo cunha perspectiva completamente diferente, limitando así á persoa.

  11. faa-igonzalez di:

    Coma en moitos artigos levo diciendo, as tecnoloxías de hoxe en día están moi avanzadas e podemos obter prácticamente calqueira cousa que nos propoñamos, debido a que podemos ter os instrumentos necesarios para investigar algunha cousa determinada. Nos últimos anos, a tecnoloxía avanzou moitísimo, pero non tanto como se creía antigamente, dado que antigamente daban por feito que a partir do 2000, os coches serían voadores, habería trens polo aire, robots por todas partes, etc. Que non houbéramos alcanzado o nivel das estimacións do pasado, non quere dicir que non houbéramos avanzado tanto que casi podemos obter esas estimacións en práctica e dispoñible para todo o mundo, pero, por desgraza, polo de agora son moi caros os métodos utilizados para a fabricación de todos estes aparellos “ultramodernos” e non nos podemos permitir ter un robot, por exemplo, na casa ou ter un coche voador, que aínda hai prototipos deles.

  12. faa-larafernandez di:

    É curioso pensar o que deben sentir as persoas paralíticas ao poder sentir como os seus dedos dos pes poden volver a moverse, aínda que sexa brevemente. Os lesionados por accidentes automovilísticos, caídas tontas ou lesionados en batalla poderan experimentar algun día a sensación de camiñar, ainda que xa existen pernas robot, que as digas persoas poden poñerse e camiñar, ao meu parecer menos gratificante que mediante ese metodo.

  13. faa-manuelcacabelos di:

    A parálise é unha pérdida o disminución da motricidad ou da contractilidad dun ou varios músculos, debida a lesións das vías nerviosas ou dos mismos músculos. Se é esta é parcial se habla de paresia. As parálises de orixe nervioso poden ser centrais ou periféricas. Algunhas enfermidades metabólicas do sistema muscular poden ser responsables de parálise sen lesión nerviosa ou muscular, como, por exemplo, a miastenia.
    A tetraplexia ou cuadriplexia é un signo por o que se produce unha parálise total ou parcial de brazos e pernas causada por un dano na médula espinal, específicamente nalguna das vértebras cervicales. En raros casos, merced a unha rehabilitación intensiva, puedese recuperar algo de movemiento.

  14. faa-santiagoescudeiro di:

    O tema do que fala Fátima no artigo é realmente asombroso e interesante, xa que permite unha importante evolución na saúde humana. Se conseguen mellorar o sistema, as persoas que padezcan algún tipo de problema de mobilidade das extremidades infereriores, poderán recuperar a autonomía.
    Por desgraza moitas persoas de pouca idade actualmente teñen accidentes de tráfico ou practicando algún deporte sufren danos na columna e quedan paralíticos, se se consegue mellorar o sistema que se comenta no artigo, a evolución que teríamos sería de gran importancia, xa que esas persoas poderían continuar tendo unha autonomía semellante a de antes do accidente.

  15. fab-anaoubina di:

    Este artigo cóntanos como os científicos da Universidade de Lousville, crearon un aparello electrónico capaz de facer que as persoas paralizadas da cintura para abaixo poidan mover as pernas lixeiramente. O aparello foi posto na espiña dorsal dos pacientes. Este aparello é capaz de enviar sinais semellantes ás que emite o cerebro,que fan sensible e máis receptiva a parte inferior da espiña dorsal para que poidan recibir mellor os sinais do cerebro. Este pareceme un gran logro xa que pouco a pouco a ciencia vai avanzando para solucionar o problema que teñen persoas con partes do seu corpo paralizadas. É un gran paso para a recuperación da capacidade de movementos destas persoas.

  16. fab-iriamartinez di:

    Paréceme que este invento é un gran paso para a ciencia pero sen duda para a humanidade, xa que moitas personas sofren parálise de cintura para abaixo, e incluso noutros casos a metade do corpo. Esta posibilidades de poder mover os dedos e as extremidades pareceme increíble, e como ben di Roderic Pettigrew,non é o fin,so un pequeño paso para a completa recuperación da capacidade de movementos destas persoas.

  17. fab-sporto di:

    A verdade é que o tema que trata este artigo parécemo moi interesante xa que é un gran avance no ámbito da medeciña e máis aínda para aquelas persoas que sufren algun parálisis.
    Como ben nos di no artigo a nosa compañeira, Fátima, o aparato foi incorporado na espiña dorsal xa que así pode mandar máis facilmente a información ao cerebro.

  18. fab-noerodriguez di:

    O tema tratado no artigo resulta realmente interesante pois este avance pode supoñer unha solución para un problema hoxe en día moi presente. As persoas minusválidas atoparían unha solución, polo de agora, infalible. A pesar de ser só un paso, isto poderá facer que moitas persoas discapacitadas recuperen totalmente a súa mobilidade. Nun futuro pode que este avance logre solucionar parálises moito máis serias e de maior alcance.

  19. fab-jairotroncoso di:

    Sinceiramente paréceme incrible este avance, sin duda algunha. Unha persoa que por calquer motivo, non se poida mover, facer que si poida, sinceramente, vexoo increible. Este aparello que foi implantado na espiña dorsal, fai que mediante impulsos eléctricos, chegue a información do cerebro, cousa que por motivos non chega, e por eso se producía a parálisis.

  20. faa-ricardop di:

    A columna vertebral está dividida en 5 partes:
    Cervicais (C1-8), Toráx (T1-12), Lumbais (L1-5)
    Sacrais (S1-5) e o Cocix (Rabo primitivo).
    Dependendo de onde sexa a lesión, pode ser mortal ou non, tamén dependerá do arreglo desta, xa que non é o mesmo romper a C2 que a S2.

  21. fab-martapalacios di:

    Debe ser un soño para eses catro homes poder volver a mover extremidades que levaban paralizadas anos. Este, como moitos outros, é un gran avance na ciencia e na medicina ademais dun esperanzador sinal de que algún día persoas parapléxicas de cintura para abaixo poidan volver a camiñar.
    Desplazarse en cadeira de rodas a todos nos tivo chamado a atención cando eramos uns nenos. Pero a realidade é que é un reto constante: con ela non podes subir a determinados sitios sen axuda. Agora si porque moitísimos lugares públicos foron reformados con ramplas para minusbálidos. Pero antes as persoas en cadeira de rodas precisaban dalguén para subir a sitios. No supermercado necesitan levar a alguén que lles colla as cousas dos altos estantes. É moi complicado desprazarse pola propia casa e en moitos casos fan falta mudanzas ou reformas por este problema. Estes e múltiples máis, son impedimentos e obstáculos por ter que utilizar a cadeira de rodas, polo tanto un feito como o que conta este artigo pode ser un paso de xigante na ciencia e un soño para moitas persoas.

  22. faa-begonasuarez di:

    Considero un gran avance tanto na medicina coma na tecnoloxía o desenvolvemento dun aparello eléctrico capaz de facer que persoas paralizadas de cintura para abaixo consigan mover lixeiramente as súas pernas. Aínda que estas persoas coas que se realizou o estudo só movesen os dedos dos pés, os nocellos e os xeonllos, pero sen chegar a andar, é un gran paso.

  23. faa-laurarey di:

    Paréceme algo incrible e fantástico o que se nos trata neste artigo, pois con esta avanzada tecnoloxía recobrarase a capacidade da camiñar a miles de discapacitados. Isto fai posible que estas persoas poidan cambiar por completo a súa vida e realizala como unha persoa calquera que non sufrise este tipo de limitación.
    Opino que é un gran avance, non só tecnolóxico se non a nivel humano, xa que nos permite mellorar o día a día destas persoas.
    Isto é unha proba máis da avanzada tecnoloxía dos nosos tempos.

  24. fab-gretageorgieva di:

    É increíble esta noticia,na que se nos mostra a posilidade de volver a camiñar, e hoxe en día cada vez son máis os accidentes de tráfico que deixan secuelas graves como pode ser a paralise da extremidades inferiores pero tamén é certo que por outro lado a ciencia xunto a mediciña tamen avanzan moito.
    Gracias a uns cientificos da Universidade de Lousville que inventaron un aparello electrónico capaz de facer que as persoas paralizadas da cintura para abaixo poidan mover as pernas lixeiramente. O aparello introducese na espiña dorsal dos pacientes, e este envialle sinais ao cerebro para que movilces os musculos.

  25. faa-adrianmartinez di:

    Estamos ante un grande avance na medicina sen dúbida. O aparello do que se fala no artigo pode estar a mostrar o camiño para a fin das discapacidades motoras de algúns seres humanos. De seguir avanzando na invedtigación e acadar por fin ou dispositivo ou calquer outro avance que permitise acabar por fin coas parálises sería marabilloso xa que acabaríamos cun dos problemas máis grandes para os seres humanos, porque estas discapacidades non só provocan dificultades para quen a sofre no seu día a día e un gasto de cartos importante, senón que estas persoas ademais corren o risco de seren excluídas socialmente. O dito, oxalá se siga avanzando nesa investigación e de aquía uns anos xa non exista ningún discapacitado deste estilo grazas a ese aparello.

  26. faa-cristinaguillan di:

    A ciencia non deixa de sorprendernos dia a dia con novos e marabillosos descubrimentos coma este que sen dúbida é un gran avance xa que permite que persoas con parálise na metade inferior do seu corpo poidan, ainda non andar, pero si conseguir que os dedos lle respondan. Cos grandes avances que se fan en pouco tempo conseguirase a súa finalidade: conseguir que volvan camiñar e mesmo aplicalo a persoas con parálisis superior e inferior.
    O certo é que estou de acordo con que se invirta en investigación, xa que se poden acadar incribles descubrimentos coma este e moitos máis moi importantes que nos axudan a levar unha mellor calidade de vida.

  27. fab-iciacores di:

    Con artigos coma este podemos ver ata que punto a ciencia evouluciona. Fai anos, e non precisamente poucos, isto víase como algo imposible, e agora, non só é real, senón que se trata de mellorar ata poder chegar a que os parapléxicos camiñen. É un avance altamente importante no campo da mediciña e que moitas persoas poderán disfrutar, tanto maiores coma persoas xoves, que ao mellor por mor dun accidente de tráfico que nin sequera foi a súa culpa, ven a súa vida ultralimitada ao non poder caminar. Isto fainos pensar se nalgún momento seremos capaces, como di Marcos, de curar tódalas enfermidades. Na miña opinión en investigacións coma estas é no que deberiamos gastar os cartos, xa que ó final, aínda que un mesmo non sexa tetrapléxico, nunca se sabe o que pode pasar, e case todos temos algún coñecido con dificultades para mover as pernas ou coa completa inmovilidade.

  28. fab-javiercarou di:

    Unha descapacidade é unha condición por culpa da cal certas persoas presentan deficiencias físicas, mentais, sensoriais ou intelectuais. O gran problema que teñen é que ás persoas que a padecen lles resulta máis difícil interactuar con outras persoas. Este invento paréceme unha moi boa idea xa que grazas a el as persoas discapacitadas de cintura para abaixo poderán irse recuperando pouco a pouco.

  29. faa-elenafontenla di:

    Unha vez máis un artigo de carácter snitario que nos mostra os grandes avances da ciencia hoxe en día, se case podemos facer camiñar ás persoas paralíticas, quén sabe ao que chegaremos en dez anos. Estase medrando a pasos axigantados neste ámbito, case temos a cura contra o SIDA, o alzehimer e agora podemos facer que unha persoa inmóvil de cintura para abaixo poda sentir e mover lixeiramente os seus membros inferiores.

  30. fab-beatrizcasal di:

    Este tema que trata o artigo paréceme realmente impresionante posto que é un gran avance na ciencia para todas as persoas descapacitadas, xa que estas persoas sofren parálises das pernas para abaixo ou en case todo o corpo, e esta posibilidade que lles ofrece a ciencia de poder volver a moverse paréceme realmente incrible e opino que como dí no artigo deberían seguir investigando para que cada vez sexan máis eficaces.

  31. faa-martinlosada di:

    Na miña opinión o tema a tratar neste artigo é de gran interese para toda a sociedade, xa que moitas persoas están a sufrir problemas deste tipo, e que gracias a avances e a creación de aparellos como o que nos describe este artigo podería facer que a calidade da vida destas persoas crecera inmensamente, por eso creo que e importarte que se ofrezcan axudas para continuar co desenvolvemento de aparellos como estos. Tamén creo, que cando saian o mercado estes aparellos non van a ser precisamente baratos, e pode que moitos dos que están a sufrir este problema non poidan asumir os costos, como sufre co tratamento de moitas enfermidades raras.

  32. fab-danielbaulo di:

    As persoas que teñen discapacidades presentan deficiencias físicas, mentais, sensoriais ou intelectuais. Moitas persoas teñen accidentes de tráfico que producen discapacidades físicas, e se esta terapia se consegue mellorar, será un gran avance para que os afectados poidan levar unha vida máis cómoda e teñan máis movilidade.

  33. faa-veronicanoya di:

    Aínda hoxe, moitas das cidades non están preparadas para persoas con discapacidades de movilidade que se teñen que desplazar en cadeira de rodas, por non falar dos pobos, como Cambados, ou das aldeas.
    Beirarrúas moi estreitas, entrada a diversos establecementos públicos e privados moi estreitas e sen rampla ou sen ningún mecanismo que lles axude…
    Por isto, penso que para todos, e sobretodo para estas persoas que padecen este tipo de discapacidades, é un avance moi importante ver como catro persoas co seu mesmo problema están comenzando a recuperarse, xa que lles da a esperanza de que tamén eles o poderán facer nun tempo.

  34. faa-lauravazquez di:

    O mellor desta nova é escoitar que non vai quedar en esto se non que se vai seguir investigando por esta vía. É impresionante o que avanzou a ciencia e a investigación neste campo dende hai uns poucos anos. Tamén é esperanzador para os enfermos, xa que ata agora unha persoa paralítica tan só podía soñar con camiñar.

  35. fab-elisaperez di:

    Está claro que a ciencia avanza cada vez máis, e que hoxe en día, fánse numerosas investigacións para poder ou, polo menos intentar, solucionar problemas graves, como é o caso deste tipo de enfermidades. Podemos estar seguros de que a ciencia medra considerablemente.

  36. faa-fatimaf di:

    O tema do que trata este artigo paréceme moi interesante á par que necesario, xa que na nosa sociedade e aínda que menos que fai uns anos, a xente con parálise ten moitos problemas para integrarse e para levar unha vida normal.
    Algunhas das persoas que sofren esta enfermidade non poden controlar algúns ou incluso tódolos seus movementos, outras pode ter dificultades para falar, camiñar… e, polo tanto, precisan axuda para levar a cabo as súas tarefas diarias, polo que continuar investigando na busca de aparellos como este, que lle poidan facer a vida un pouco máis sinxela, paréceme unha moi boa idea.

  37. faa-sergioserantes di:

    Considero marabilloso o feito de que, se se segue a investigar nos campos precisos, non quedará case ningún mal que teña un efecto irreversible sobre nós. Mesmo poderían curarse todas as enfermidades e recuperar a actividade de partes do corpo que polo motivo que fora quedaron inactivas. Realmente a ciencia está a demostrarnos que non hai nada imposible, ou case nada. Polo tanto, as investigacións científicas deberían seguir esta vía, eliminando enfermidades e ameazas en vez de mellorando produtos que xa cobren as nosas necesidades.

  38. faa-christiancacabelos di:

    Aínda que o ser humano é un ser extremadamente complexo e preparado para o mundo que habita, pequenas cousas poden marcalo de por vida, como por exemplo unha parálise, ben provocada por unha anomalía de tipo xenético o ben por un acidente de tráfico ou mesmo por unha mala caída.
    Está claro que de sufrir calquer tipo sinistro non estamos libres, pero o que sí que está claro e do que non hai dúbida é que queremos estar preparados para palir os danos provocados por calquer tipo de acidente, como pode ser unha parálise ou ben como pode ser apérdida dun membro, que a día de hoxe e grazas á tecnoloxía, unha segunda oportunidade é posible.

  39. fab-fatimachaves di:

    Este artigo fálanos de como persoas paralizadas de cintura para baixo,grazas a un aparello implantado na espiña dorsal e que envía sinais semellantes ás que emite o cerebro,conseguen mover algunhas das súas estremidades.
    É un moi bo artigo,e senb duda a tecnoloxía está moi avanzada.Espero que sigan investigando para que nun futuro non moi lonxano estas persoas poidan volver camiñar e ter unha vida normal.

  40. fab-raqueloliveira di:

    As cidades,pese ao avanzadas que poidan chegar a estar,non estan preparadas para persoas con discapacidades de movilidade,non estan as calles afeitas para este tipo de persoas,na miña opinión, as aldeas están mellor que as cidades incluso para esto,porque hai moito máis espazo.
    No ambito científico,ahora hai hasta robots que axudan a xente con discapacidades a desenvolverse, nun futuro creo que se chegara a recuperar a movilidade das partes do corpo que os descapacitadosteñenb inactivas e todo grazas a ciencia.