DESORDE DE TOURETTE

Os tics nerviosos son un problema que afecta a unha parte do corpo facendo que esta se mova repetida, rápida e involuntariamente. Ademais, poden producirse en calquera parte do corpo, por exemplo, a cara, as pernas, os hombros… Incluso poden facer que se emitan sons involuntarios, como rascar a gorxa. Entre os tipos de tics, algúns son só leves e apenas notables, pero hai casos nos que chegan a puntos extremos e soen afectar máis a nenos ou adolescentes.

Se este problema perdura (máis de un ano), pasa a chamarse “tic crónico“. Estes tics son moi pouco comúns e poden estar relacionados con outro tipo de doenza chamado o “Desorde de Tourette“. As persoas que padecen este desorde teñen ambos tics, os corporais e os vocais, antes nomeados. Esta irregularidade provoca falta de atención en quen a padece e, sobre todo no caso dos máis novos, implica problemas coa aprendizaxe. Incluso pode facelos actuar de forma impulsiva ou provocarlles certas obsesións. Como consecuencia disto, quen sofran estes tics poden facer xestos inadecuados ou dicir palabras obscenas involuntariamente, sen poder controlalo.

Os tratamentos farmacolóxicos aplicados para solventar esta enfermidade tratan de frenar a un certo número de dopamina do cerebro. Son medicamentos que reducen a cantidade de dopamina xerada e axudan a controlar canta se produce. Son efectivos á hora de dominar movementos descontrolados.


Autor: Noé Rodríguez Daporta

Esta entrada foi publicada en Avances médicos, Medicina e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.