O VERTEDOIRO POR EXCELENCIA

Ó redor de 6,4 millóns de toneladas de lixo van parar ó mar anualmente afectando a grandes cantidades de seres vivos, pero que pasa co fondo mariño? Onde se acumulan estes residuos a nivel europeo?

Durante máis dunha década, investigadores de toda Europa, levan tomando mostras de 32 puntos repartidos polo Atlántico, o Ártico e o Mediterráneo para poder responder a estas preguntas e,  por fin, teñen a resposta.

Esta imaxe mostra a densidade por hectárea cadrada de lixo atopado en diversos puntos con profundidades que oscilan entre os 35 m de profundidade do Golfo de León ata os 4500 m do canón submariño de Cascais en Portugal.

Entre os obxectos atopados destacan os plásticos cun 41%, seguido de redes de pesca cun 34%, metais cun 7%, vidro cun 4%, residuos da calcinación de metais cun 1% e outros residuos co 13% restante.

Estes residuos non se poden limpar, polo que non queda outra opción que non sexa previr se non queremos ter nas nosas augas illas de plástico como as que conforman o séptimo continente do Pacífico. Aínda que xa se comeza a falar da aparición dunha illa, de menor tamaño cás do Pacífico, no Atlántico.

Autora: Verónica Noya Padín

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Residuos e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

47 Responses to O VERTEDOIRO POR EXCELENCIA

  1. fab-manuelgonzalez di:

    Temos demasiados bens e obxectos materiais que non prescindimos,sacados o mercado polas empresas para obter beneficios,pero o que non teñen en conta e onde vai parar todos os residuos. Un dos principales productores de lixo son as empresas,e outro somos as persoas ,aínda non concienciados do dos problemas que pode traer,como a contaminación dos mares e océanos e ríos,fonte da nosa vida,porque habitan moitos peixes dos que alimentámonos.

    • fab-jorgegonzalez di:

      Coincido plenamente con iso. As empresas só se preocupan de enriquecerse máis e máis sin pensar nas consecuencias que iso trae e xa que o máis seguro e que sigan asi o mellor que podemos facer e que reciclemos nos mentres que as grandes empresas sigan facendo o que lles pete.

  2. faa-nicolecorbacho di:

    O séptimo continente é un remolino de millóns de toneladas de plástico que se concentra no medio do Pacífico, a unos 1.000 kilómetros de Hawai. é Coñecido tamén como “gran parche de basura o Pacífico”, a “gran illa de basura”, a “gran sopa de plástico”, este vertedeiro marítimo ten unhas dimensións increíbles. calculase que ocupa de 1,7 millóns ata os 3,4 millóns de km e cun peso de 3,5 millóns de toneladas. o peor disto e que cada vez vaise facendo moito máis grande e estamos contaminando moito máis.

  3. fab-ariadnacordal di:

    Novas como estas son as que deben facernos plantear se debemos seguir co sistema capitalista e de consumismo no que convivimos actualmente. Non podemos pretender seguir producindo a gran escala sen ter onde depositar os resiudos que reemplazan ós novos productos, aparte destes vertedoiros artificiais cuxa función só é perxudicar ó medio ambiente, e como consecuencia directa, a nós mesmos. En relación con isto tamén deberíamos reflexionar sobre o fenómeno da obsolescencia programada, a cal pode ser considerada como a principal causante de que se boten ó lixo productos moitas veces en boas condicións e que poderían ser reutilizados sen ningunha dúbida. E como di o artigo, ata que non achemos unha maneira de desfacernos deste lixo sen ser perxudicial para o medio ambiente, debemos reducir a producción.

    • faa-christiancacabelos di:

      Comparto por completo a opinión da miña compañeira Ariadna, se creamos tanto e non temos nin onde depositalo que pretendemos chegar así? a que en vez de ter un 71% de auga e ter un 29% de codia continetal aumentemos artificialmente a porcentaxe de codia continetal con resíduos que danan os bellos fondos oceánicos e que se poderían reducir se non tivésemos unha mente tan retorcida como para programar cando un producto vai morrer porque queremos nós así para seguir vendendo e evitar o stock, estas novas metodoloxías de mercado son absurdas e deberían ser ilegais porque creo por exemplo que dabondo pagamos ás grandes compañias mercando tecnoloxía por exemplo cando nin sequera invisten unha mínima cantidade deses cartos en saber que facer co autolixo electrónico que estan creando cun límite de tempo que corre paulativamente ata chegar ao ciclo final da vida de dito producto. Considero ademáis que isto non é avanzar, senón que é un gran retroceso.

  4. fab-elisaperez di:

    No océano Pacífico, nalgún lugar entre San Francisco e Hawaii, existe unha enorme isla de basura dun tamaño superior ao de Francia, España e Portugal. Detectouse por primeira vez na década de 1950.

  5. fab-sporto di:

    As persoas hoxe en día dispoñemos de cousas que realmente non necesitamos e ao non usalas tirámolas en calquer lugar como moitas veces podemos observar nos montes ou como ben di este artigo nos mares. Moitos dos mares e ríos estánse a convertir en auténticos vertedeiros.
    A consecuencia de verter lixo nos mares e que neles viven animais dos cales nós nos alimentamos polo tanto xa non é soamente algo malo malo pola contaminación que isto produce.

  6. faa-begonasuarez di:

    ste artigo trata o tema da contamincaión mariña. É preocupante a cantidade de lixo que hai, 41% de plásticos, seguido de redes de pesca cun 34%, metais cun 7%, vidro cun 4%, residuos da calcinación de metais cun 1% e outros residuos co 13% restante. O peor de todo e que non podemos limpar estes residuos, e que se está comezando a falar da aparición dunha illa no Atlántico e xa é bastante malo que haxa un séptimo continente.
    Unha aspecto preocupante é a cantidade de animais que son perxudicados por este lixo. Hai algúns que comen pezas pequeniñas de plástico e outros residuos e acaban falecendo. A tartaruga sería un dos animais perxudicados, xa que se cando son pequenos se quedan trabados nunha argola de botella, se sobreviven medran arredor dela quedando en forma de guitarra.

  7. faa-noeliaparracho di:

    O séptimo continente do Pacífico é unha clara mostra do que estamos provocando no medio ambiente sen sequera ser conscientes diso ou, simplemente, facendo a vista gorda con tal de acadar certas cousas que nos interesan.
    Na miña opinión, ter creado unha illa de lixo tan grande coma o séptimo continente debería concienciarnos a todos para tratar de ser algo máis responsables cos nosos actos porque estamos a destruir unha cousa que non é nosa. O planeta Terra non é noso, é de todos os seres vivos que o habitan e nós estamos a arrebatarlles o seu fogar a outras especies só polo noso ben, sen pensar qué consecuencias ten isto en outros seres vivos e tamén en nós mesmos.
    Ademais, todo o lixo que é tirado ó mar non pode ser recuperado. Realmente, dame moitísima pena andar polo paseo marítimo de Cambados e ver o mar cheo de lixo. A xente lisca as cousas sen pensar a onde van parar. Todos comemos algunha vez pipas e tiramos as cascas ó chan, quizais algún envoltorio, polo que deberiamos ter coidado con eso, xa que un envoltorio por persoa, tendo en conta todas as persoas que habitan o noso planeta, é unha gran cantidade de lixo que vai parar a onde non debería.
    A parte de no mar, tamén deberiamos concienciarnos de que os bosques non son vertedeiros, porque é verdaderamente noxento ir camiñando por un bosque e atopar un sofá, unha lavadora e incluso coches tirados porque xa non sirven.

    • faa-christiancacabelos di:

      Creo que unha gran cantidade de perosoas ignoran a existencia deste séptimo continente e comparto contigo a túa opinión de que facer a vista gorda por intereses propios non é nada beneficiosos para o entorno, que se vé resentido e sofre ataques como os de acumular lixo que non debería estar ahi ou enterrar resíduos radioactivos nela porque non sabemos que podemos facer con eles e entón “resérvanse para o futuro” ahí contaminado con radiacións o que o rodea e a auga que poida entrar en contacto coa mesma, pero ao fin e o cabo que máis da se é algo rentable? estes pensamentos envelenan a nosa terra e privan á biodiversidade do que lle pertence matándonos un pouco cada día.

    • faa-veronicanoya di:

      Como Noelia di, somos un dos moitos seres que habitan o planeta polo que, ó igual cós outros seres non debemos contaminalo. Xa sexan os mares, os desertos ou os bosques non nos pertencen.
      Por outra banda está o séptimo continente, estee continente formouse polas grandes cantidades de lixo que tiramos ó mar ó ser arrastrado polas correntes mariñas. Hai tamén correntes dese tipo no océano Atlántico, polo que non será raro que en pouco tempo teñamos xa un conxunto de illas como as que conforman este peculiar continente.
      Para evitar isto, é moi importante que nos concienciemos, non só evitando tirar o lixo ó mar senón reducindo a cantidade de residuos que producimos día a día, xa que se non é no mar acabarán noutro sitio, contaminándoo tamén.

  8. faa-fatimalago di:

    O lixo mariño pon en perigo a mamíferos e aves mariñas. Algunhas das causas polas que moren animais mariños son, por exemplo:
    Por enredamento, xa que algúns artigos de pesca como redes e liñas de pesca, bandas elásticas e os aneis plásticos para suxeitar grupos das latas (como os “6-paquete”) poden afectar a mobilidade de animais mariños. Ao enredarse, os animais teñen dificultades comendo, respirando ou nadando, e isto conclúe en resultados mortais.
    Outra causa pode ser por inxestión. Os animais mariños poden confundir un anaco de plástico ou lixo con comida. Varios albatros (ave mariña) encontráronse mortos, co estómago cheo de plástico. Algunhas aves por equivocación alimentan os seus pitos con plástico. As tartarugas mariñas poden confundir unha bolsa plástica cunha augamar (unha das súas comidas favoritas). Ao encher os seus estómagos de lixo e plástico, estes animais desenvolven unha falsa sensación de estar cheos, e con frecuencia morren de fame.
    Tamén se pode dar o caso dunha concentración de químicos tóxicos. Os residuos plásticos tamén actúan como esponxas, absorbendo substancias tóxicas que se encontran na auga mariña, os cales producen desordes hormonais nos organismos. Os niveis de toxicidade nalgúns destes residuos plásticos son un millón de veces maiores que os niveis encontrados na auga mariña. Así mesmo, os compostos químicos dos cales están feitos estes plásticos representan unha fonte de toxinas que pode entrar ás cadeas alimenticias.

  9. faa-sergioserantes di:

    Trátase dun asunto gravísimo. A contaminación en si mesma é malísima, e verter o lixo ao mar é unha das peores formas de contaminar. Os residuos que tiramos a el teñen miles e miles de kilómetros polos que ser arrastrados polas correntes. Estas correntes son empregadas polos animais mariños como zonas de circulación. Ditos residuos poñen en perigo a súa vida, modificando os seus hábitos e as zonas nas que poden vivir

  10. faa-martinlosada di:

    Creo que neste artigo tratase un tema de actualidade e que nos afecta a todos, e non me refiro só a contaminacion en xeral, senón a contaminación mariña tamén, xa que máis ou menos directamente este problema, da creación de autenticos vertedeiros mariños, como actualmente o é o septimo continente do pacifico afecta a todos, en especial as persoas que viven preto da costa, e como vila mariñeira que é cambados deberiamos de saber a importancia que ten o mar para moitas persoas. Tamén me preocupa que dese lixo case a metade sexa plastico, porque por exemplo as botellas de plástico poden tardar ata 1000 anos en descompoñerse, ademais o plastico supón un alto risco para todos os animais mariños, por exemplo cando tragan plastico confundindo as bolsas de plastico con animais, como as baleas cando creen que esas bolsas de plastico son a tinta do calmar.Todo isto fai que inxeren cantidades enormes de plastico, que en moitas ocasions acaba provocando a morte dese animal.

    • faa-sergioserantes di:

      A min paréceme que non son os plásticos os máis perigosos, senón os metais e as redes de plástico. Estes tardan tamén moitísimo en descompoñerse e son igual de perigosas para os animais mariños, ou máis, xa que inxerir pedazos de metal ou de redes afecta á saúde do animal e tamén, se se trata dun animal comercializado, pode afectarnos a nós.

  11. faa-ricardop di:

    Eu opino que o artigo que Verónica nos propón é moi interesante, xa que afecta a todo o globo terreste. Se tiramos lixo ó mar, vaise acabar acumulando de tal xeito, que ó ritmo que vamos, sairá fora da auga, como menciona Verónica, o septimo continente.
    Tamén engado, que con tanta contaminación, os animais mariños van acabar enganchándose nalgún envoltorio, por exemplo, o plástico envoltorio das Coca colas (pack de 6 latas).

  12. fab-aldaramuniz di:

    Vexo este artigo e non sei como é a primeira vez que me entero disto. Non entendo como este tipo de cousas que nos afectan a todos non saen na tele, só emiten o que lles interesa, e non o comprendo. Ós de arriba só lles importan os beneficios e non pensan nas consecuencias, e xa é hora de cambiar. A natureza vai acabar botándonos fora do seu planeta. Temos que empezar a pensar no tipo de sociedade capitalista e consumista na que vivimos, porque moi pronto será demasiado tarde.
    E non hai que ir moi lonxe, ata o Pacífico, para darnos conta da cantidade de lixo que hai, porque nas praias da nosa zona están cheas de residuos e basura que o mar intenta devolvernos, e os nosos montes igual…
    E como isto non vai a cambiar, dentro de pouco haberá barcos dándonos unha visita turística guiada pola illa do lixo.

  13. faa-saracastro di:

    Esta é unha noticia que nos impacta, seguramente, a todos. Trátase dun feito que está a acontecer hoxe en día e que temos que facer algo para evitar que isto continúe en aumento. É moi triste saber que é a propia raza humana a que se perxudica a ela mesma. Non podemos mercar e tirar todo con tanta facilidade, senón que debemos intentar reciclar ou reusar moitas das cousas que pensamos que xa non serven para nada, porque senón, nun futuro, haberá máis lixo que persoas no noso planeta.

  14. fab-iriamartinez di:

    Esta noticia non é ningúnha nova para nós, xa estaremos fartos de escoitar a cantidade de lixo que xeran as empresas e os seres humanos. O séptimo continente é unha realidade, formado por toneladas de basura, do que se falta para facernos un ha idea dos nivéis extremos que estamos alcanzando é aproximadamente tan grande como sete veces España e o máis destacable e que non deixa de medrar .

  15. faa-laurarey di:

    Os océanos convertéronse nun auténtico vertedoiro. A mala xestión xeneralizada dos residuos urbanos está contaminado os mares a niveis inimaxinables. O grave problema que isto significa levou a ONU e a outros organismos internacionais a lanzar unha alerta global. Un estudo do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, cuantificou en millóns de toneladas o lixo que se acumula nos fondos oceánicos.

  16. faa-cristinaguillan di:

    O problema da contaminación mariña é por desgraza moi común. Cando alguén tira lixo ao mar (en pequenas cantidades) non suelen darlle importancia, non pensan que poida afectar moito ao ecosistema como en realidade o fai, posto que un pouquiño de cada un acaba en casos como é o do séptimo continente no Pacífico. Ademáis destes “pequenos” contaminantes, atópase o caso das industrias que tiran masivamente este lixo ao mar.
    Mesmo nas zonas coma na que nos atopamos que traballamos e vivimos do mar a xente non está concienciada de que contaminalo perxudícanos ademáis directamente a nós, é como si pensaran que o que se tira ao mar desaparece e non lle afecta en absoluto.
    Debemos comezar a concienciarnos dende xa para que isto non se agrave.

  17. faa-adrianmartinez di:

    A contaminación por residuos é imparable, cada día toneladas e toneladas de lixo son vertidas ao mar sen ningunha lei ou cpnvenio que o impida. O sistema capitalista dominante actual favorece o consumo innecesario provocado pola demanda dos mercados, e isto ten gran parte da culpa do vertido de tanto lixo ao mar. Despois os cidadáns tampouco están concienciados coa causa e a gran maioría das persoas descoñecen a existencia deste séptimo continente. Tampouco se difunde a nivel estatal nada para que os cidadáns se den conta da gravidade do problema. Esta contaminación parece imparable e se non se innova nunha nova forma de eliminar os residuos ou se conciencia por fin á xente disto cando nos demos conta isto suporá un problema irreparable para nós.

  18. faa-santiagoescudeiro di:

    O problema do lixo e os residuos que produce a actividade humana, é realmente grave, debido a que aumenta a cantidade de lixo que se produce continuamente. A poboación mundial crece e nos países desenvolvidos os restos da comida envasada e prefabricada, sobretodo nas grandes cidades, son desorbitados; todo está metido nun envase de plástico, cartón, ou outro material que se vai tirar ao lixo e que case seguro que algún chega ao océano.
    A producción de lixo é tan abultada e o seu tratamento é tan pouco rentable que as empresas que controlan os residuos acaban por desbotalos ao mar, ou a vertedoiros en países do terceiro mundo.

  19. fab-martapalacios di:

    A illa de lixo da que fala Elisa no seu comentario é real. Esta illa de vertidos é unha gran masa de residuos mariños que flota no Pacífico Norte e ocupa arredor de 1.400.000 km². Este vertedoiro xigante está maiormente composto por plástico e sitúase aí, toda xunta e apelmazada debido ó xiro oceánico. O xíro oceánico é un sistema de correntes marítimas que rotan en relación có movemento de rotación terrestre. A illa de lixo, aínda que é de gran tamaño, é difícil de apreciar en fotos vía satélite. Con todo, non debemos ignorar o feito de que vaga polo océano unha inmensa masa de residuos do ser humano que contamina constantemente as augas do noso planeta. Non é normal que isto suceda así e ninguén faga nada por impedir que esa illa siga alí ou polo menos que non medre día a día.

  20. fab-yamilayelpez di:

    Os datos que presenta o artigo parécenme terribles, case tanto como a actitude dos humanos ante isto. É moi típico cuestionar a alguén que, por exemplo, tire una botella ao mar e que responda “pero si non o fai ninguén, que vai cambiar que o faga eu?”
    Para cambiar os malos hábitos que adquirimos al longo do tempo necesitamos bastantes anos, pero o básico é concienciar á xente e realmente querer axudar á nosa terra.

  21. faa-diegocores di:

    Descoñecía a existencia do chamado sétimo continente. Impresiona o feito de que sexa tan grande como de entre 3 e 5 veces o tamaño de España. Isto demostra o dano que realmente fan os residuos no ecosistema. En moitas ocasións os humanos actuamos como se as cousas so nos afectasen a nós pero en realidade isto é unha irresponsabilidade porque os distintos ecosistemas e hábitats terrestres non son so nosos se non que tamén pertencen ao resto de seres vivos e este nivel de contaminación seguro que lle afecta a moitas especies mariñas desa zona.

  22. faa-igonzalez di:

    É totalmente incrible o que o ser humano produce en lixo, e disto falamos en cantidades industriais. Hai máis de 6 billóns de seres humanos en toda a Terra e, a maioría, producen demasiado lixo para o que é, unha simple persoa. Pero claro, qué facemos con todo este lixo? Algunhas cousas son orgánicas, e póden volver á terra, e outros pódense reciclar, pero a maioría deste lixo, é producido e creado por nós e, polo tanto, non o podemos devolver a ningunha parte, polo tanto o tiramos por ahí. Habería que tomar serias medidas para evitar tanta cantidade de lixo e intentar, así, mellorar o noso planeta e a nosa vida.

  23. faa-lauravazquez di:

    Paréceme que a contaminación mariña é un tema moi serio e que non se lle da a importancia que se debería. O lixo é un problema que leva moito tempo presente pero que se obvia ou se toman medidas que non chega a solucionar moito. É increíble que esa cantidade de cantidade de lixo chegue xa ás 3,5 toneladas…
    Á hora de reciclar topámonos que o lixo veno buscar un único camión que recolle tanto o contenedor amarelo como o verde, facendo que a xente lle quite importancia a reciclar ou deixe de facelo porque ve que despois non sirve para nada. Esta e outras pequenas cousas son as que se deberían de correxir para ir mellorando xa que se nin se separa, a saber a donde irá parar todo ese lixo.

  24. fab-javiercarou di:

    Este problema é moi grave e é aínda peor que as persoas e empresas non se den de conta da contaminación que producen. Como ben din os meus compañeiros, existe o chamado sétimo continente, o cal é soamente unha illa de residuos. Na miña opinión este último dato debería extenderse máis para que as persoas se den de conta do mal que lle están facendo á Terra e en particular, ao mar e aos seres vivos que habitan nel.

  25. fab-jairotroncoso di:

    É triste ver como o océano esta cheo de basura, que aínda por encima é basura que nos tiramos ao mar. Fai uns días saíu a noticia de que uns submarinistas, despois de investigar… etc, cerca da costa de Portugal, no fondo do mar hai un cumulo de basura. Todo esto é culpa nosa sen dúbida algunha, por so devemos facer algo ao respecto e preocuparnos máis polo medio ambiente.

  26. fab-iciacores di:

    Despois de moitas advertencias parece que todavía non nos damos conta de que a contaminación é un problema noso co que debemos acabar. Tirar lixo ao mar aféctanos a todos, e parece mentira que todavía se siga facendo.
    Os animais acuáticos (e tamén aves mariñas ou os animais que se alimentan de calquer outro ser vivo do mar) vense afectados por esta contaminación tódolos días, dende plásticos a residuos radioactivos. Estamos danando o ecosistema e non nos enteramos de que tal vez non o poidamos volver a recuperar nunca. Pénsase que é un problema lonxano, pero como podemos ver, o cambio climático xa comeza a afectarnos. Isto non é cousa do futuro, isto é cousa do presente. Que teñamos océanos inmesos non significa que os poidamos chear de residuos, porque sí, ao mellor se tiras unha bolsa non pasa nada, pero se todos tiramos unha bolsa pensando que non vai pasar nada, iso convértese nunha marea de lixo, creando casos como o do Séptimo continente do que falan algúns dos meus compañeiros. Temos que concienciarnos de que o mar non é noso e non podemos facer con él o que nos de a gana, que para seguir disfrutando del temos que coidalo e non ensucialo por pura vaguedade de tirar o lixo a un contenedor.

  27. fab-fatimachaves di:

    Páreceme algo realmente vergonzoso que poidamos descoidar de tal maneira o medio ambiente,algo necesario neste planeta como e a auga.Seguramente a nadie lle gustaría ir a unha praia e encontrarse lixo pola area e na auga pero se seguimos contaminando desta forma os nosos océanos formaranse illas como ben di no artigo,e iso é algo asqueroso e moi perxudicial para os animais que viven nos fondos mariños e incluso para os seres humanos.Con este tema de non tirar lixo ao mar xa se leva loitando moito tempo,pero só vamos aprender cando pase unha desgraza,necesitamos unha solución urxente.

  28. faa-laurapaz di:

    Como indica no artigo, os residuos non se poden limpar, polo tanto, a única opción sería evitar verter tanto lixo no mar. E é curioso que sabendo a existencia do séptimo continente, e coñecendo as súas dimensións, aínda siga aumentando a contaminación, sobretodo nos océanos.
    Ao parecer, o séptimo continente non é o único acumulamento de lixo e residuos, tamén hai un de grandes dimensións entre San Francisco e Hawaii, no Pacífico.
    Como di Diego, é unha irresponsabilidade pola nosa parte, xa que somos os principais culpables e afecta a moitos ecosistemas, os máis perxudicados nestes casos os animais mariños.

  29. fab-gretageorgieva di:

    O séptimo continente é un remolino de millóns de toneladas de plástico que se concentra no medio do Pacífico, a unos 1.000 kilómetros de Hawai. é Coñecido tamén como ´´gran parche de basuraa´´, ´´ la gran sopa de plásticos´´.
    Pareceme increible toda a contaminación que lle preoduce o ser humano a Terra, e sorprende que despois de todas as advertencias que se nos fan ao dia a dia a causa do cambio climantico se siga a facer o de sempre, isto é un cambio no que parece que nunca vai ter lugar o que o terá en moitos anos pero non é a si o cambio cliamtico afectanos cad vez máis.
    O que é máis preocupante é que a maioría desta basura é plástico unha das cousas que máis tardan en descompoñerse.

  30. fab-lorenasoto di:

    Os datos que presenta este artigo son coñecidos pola maioría de nós, pero ninguén lle da a suficiente importancia nin ve o peligroso que é seguir tirando lixo ó mar. O séptimo continente é unha realidade formada por toneladas de residuos, e que o seu tamaño sexa como 7 veces España debería darnos que pensar.
    Temos que concenciarnos de que o mar non é o noso vertedoiro para que esta situación non vaia en aunmento.

  31. faa-laurarey di:

    O sétimo continente foi descuberto por Charles Moore o 13 de agosto de 1997. Navegaba no seu veleiro desde Hawaii ata California cando ao desviarse da súa ruta, encontrou flotando na auga unha fileira de botellas de plástico, envases, etc, que daba lugar a unha illa de lixo de dimensións incalculables.
    O motivo da aparición do vertedoiro no Pacífico é a confluencia da corrente do Pacífico Norte cos ventos alisios do sur, que se moven en direccións opostas. Isto dá lugar a un remuíño que impide que estes desfeitos.
    Estes residuos proveñen un 80% do lixo acumulado en zonas terrestres que chegou ata este punto por medio de ríos, augas residuais e praias. O 20% restante procede de barcos e plataformas marítimas.

  32. fab-anaoubina di:

    O séptimo continente é un remuíño de millóns de toneladas de plástico que se concentran no medio do Pacífico, a uns 1000 kilómetros de Hawai. Pesa uns 3,5 millóns de toneladas. Esta é unha catástrofe ecolóxica que, por desgracia non deixa de crecer. Agora, unha expedición científica francesa liderada polo explorador Patrick Deixonne, diríxese a esta illa de residuos para examinar a sua composición e advertirá al mundo da súa dramática existencia. Isto demóstranos que a contaminación é un grave problema co que debemos de rematar.

  33. faa-begonasuarez di:

    O sétimo continente está situado no océano Pacífico e está formada por varios remuíños de plásticos que xiran entre Xapón e Estados Unidos cunha extensión de 3,4 millóns de km2. Descubriuse hai 16 anos e non é a única concentración de lixo no océano, xa que se están xerando illas, coma a que se di no artigo, en áreas onde as condicións de vento e as correntes mariñas favorecen a acumulación de plásticos. O lixo de plástico acumulado é arrastrado dende a costa ou dende barcos. O principal inconvinte é o impacto que xera sobre o medio natural mariño.

  34. fab-mariablanco di:

    Este artigo fala dun feito realmente perigoso e alarmante para a vida do mundo mariño e seres humanos.
    O lixo acumulado no mar fai que os seres vivos non teñan un hábitat axeitado. Toda esa cantidade de lixo fai que non se poidan desprazar ben e dependendo do tipo que sexa pode crearlle a morte a moitos dos seres mariños.
    Considero que é indignante que sexamos nós os portadores deste gran problema e sobre todo que non se faga nada para evitar isto. Se segue así nun futuro o mar podería chegar a ser un absoluto vertedeiro e as praias e paisaxes naturais deixarían de existir.

  35. faa-noeliaparracho di:

    Hoxe comenteille ós meus pais e á miña irmá o problema que hai co lixo que é liscado ó mar e sobre a existencia dun séptimo continente, e sorprendeume descubrir que os meus pais non sabían nada do asunto.
    Creo que gran parte dos problemas que o ser humano está causando veñen dados moitas veces pola desinformación. Na miña opinión, os seres humanos realizamos certas accións sendo conscientes das consecuencias, pero outras sen selo, e quizais se houbese unha maior información e difusión do que estamos a causar a xente comezaría a concienciarse máis sobre certos temas.
    O problema de todo isto é que hai moi poucas persoas realmente concienciadas que queren dar a coñecer esta situación, xa que outras persoas gañan moitos cartos con esta situación (aínda que iso provoque un impacto medioambiental) e prefiren que a maioría da xente siga desinformada.
    Coma con todo, só se conta o que ós poderosos lles interesa e isto non cambiará ata que nós decidamos cambialo.

  36. faa-fatimalago di:

    A illa flotante de lixo, máis coñecida polo nome do sétimo continente do mundo creado polo ser humano,do cal se fala neste artigo, é un basureiro flotante de millóns de toneladas de lixo que se comezou a formar na década dos 50 e hoxe en día está situado no medio do Océano Pacífico, a uns 1000 km de Hawai, rodeándoo. Ten polo menos entre uns 30 e uns 40 metros de profundidade, e xira en forma de remuíño pero sen achegarse á costa. O 80% deste lixo é plástico procedente de terra. Os expertos calculan que ten unha superficie de 1’5 millóns de kilómetros cadrados. Nos últimos 40 anos a cantidade de plástico que flota no Océano Pacífico multiplicouse por cen. A ONU di que esta illa flotante é a causante da morte de máis de un millón de paxaros, principalmente porque estes inxiren cachos de plástico e acaban morrendo. Tamén chegan a morrer máis de 100000 mamíferos mariños atrapados en bolsas, paquetes e demais lixo. O plástico desfaise e mézclase co plancto, envelenando así peixes e demais animais mariños que o coman, e esta cadea alimenticia remata en nós, co cal isto tamén nos prexudica máis do que nos pensamos. Algúns científicos están pensando en solucións para reducir o tamaño desta illa, unha tarefa moi difícil.
    E, se en 6 anos se duplica o lixo, en canto tempo desaparecerá esta illa se cada residuo alí depositado tarda moito tempo en descompoñerse? Lamentablemente, a resposta é nunca, xa que o plástico, por exemplo, é un dos residuos que máis tardan en descompoñerse é un dos máis producidos polo home (500 mil millóns de bolsas de plástico ao ano).
    Pero, con simples cambios podemos obter grandes resultados. Por exemplo, se empregamos unha bolsa de tela, podemos aforrar 6 bolsas por semana, unhas 24 bolsas por mes, unhas 288 por ano, é dicir, unhas 22.176 bolas de promedio,e se 1 de cada 5 persoas fixeran isto, aforrariamos máis de 1.33o mil millóns de bolsas.

  37. faa-fatimaf di:

    Por desgraza, a xente na actualidade está moi pouco concienciada do dano que poder facer o feito de tirar o lixo ó mar.
    Fai non moitos anos o mar, debido principalmente á súa inmensidade, era unha especie de vertedoiro para a xente. Todo o que deixaba de ser útil ía a parar nel, dende televisores ata neveiras, e aínda que na actualidade esta práctica xa non é tan común, a xente continúa vendo normal tirar as botellas, vasos ou bolsas de plástico nel.
    Esta gran cantidade de lixo mariño é un problema mundial que pode producir danos na saúde das persoas, ademais de afectar moi negativamente á biodiversidade dos ecosistemas mariños e costeiros, o que tamén inflúe sobre as actividades produtivas e recreativas que se levan a cabo nas costas e océanos.
    En definitiva, atopámonos ante un problema realmente grave que debemos arranxar nun período de tempo o máis curto posible se non queremos que continúe aumentando ata chegar a unha situación límite.

  38. fab-martapalacios di:

    É impactante ir a google e buscar “séptimo continente”. As imaxes de milleiros de quilómetros de lixo son reais. Se continuamos así chegará un momento no que todo o Pacífico desbordará lixo e moitísimas especies mariñas desaparecerán, ademais de que non se poderá cruzar o Pacífico en barco e o único que teremos será unha inmensa cantidade de lixo desprendendo fedor e enfermidades por culpa de semellante contaminación. É importante paralo xa, que a illa non siga aumentando e dalgunha forma intentar retirala do océano.

  39. fab-gretageorgieva di:

    A razón desta acumulción de lixo de todo o planeta terminou nesa rexión particular é a existencia dun remuíño xigante causada pola forza da corrente de espirais do Pacífico Norte, que xira no sentido das agullas do reloxo. Este feito, xunto cos ventos da rexión contribúe á aparencia dunha bolsa de lixo sexa capturada nas augas sen acadar a costa.
    Según os cientificos implicados neste asunto este non é u único ´´planeta´´ formado a partir de lixo, se non que advirten de outros catro, pero eso sí dun tamaño menor un deles
    está situado na costa oeste do Atlántico Norte entre Cuba e Estados Unidos (Mar dos argazos).

  40. fab-sofiacastineiras di:

    Aínda que a contaminación producida pola cantidade de lixo que hay tirada polas calles non é nada que nos sorprenda xa que é algo que se ve todos os días, sorprendeme bastante que haxa tanta cantidad de lixo xunta como para chegar a falar diso como o séptimo continente. O séptimo continente é conocido coma a Illa de basura dise que ten un tamaño de 1.400.000 km². Este vertedeiro oceánico caracterízase por ter concentracións excepcionalmente altas de plástico suspendido e outros desfeitos atrapados nas correntes do xiro do Pacífico Norte.

  41. faa-manuelmontes di:

    É inhumano o que podemos chegar a facer os seres humanos. Esto é unha proba suficiente, como podemos destruir o noso planeta desta maneira? Ademais de que hai varias formas de non contaminar. A reciclaxe é a forma que mellor se moldea a esta situación. A contaminación mariña é moi perigosa. Esta provoca numerosas morter dos seres que viven alí. Por iso debemos intentar facer algo, e canto antes mellor.

  42. fab-raqueloliveira di:

    Deberíamos replantearnos se deberíamos seguir co sistema de consumismo no que convivimos actualmente. Non podemos seguir producindo a gran escala sen ter onde deixar os resiudos que reemplazan ós novos productos, aparte destes vertedoiros artificiais cuxa función só é perxudicar ó medio ambiente.ç
    Esta situación é totalmente inhumana.
    Ademais,a xente non para de tirar a basura ó mar,ós ríos, o bosque…pouco a pouco estamos acbando co mundo no que vivimos e moita xente non é consciente disto,realmente lamentable.