O CANCRO NO SALNÉS

Os productos fitosanitarios, son aquelas substancias ou meturas de substancias destinadas a previr ou destruir a acción de insectos,  fungos e outras formas de vida perxudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura.

Voume a centrar neste artigo na viticultura, que é un piar fundamental da economía na nosa comarca e pregúntome que prezo estamos pagando a nivel de saúde por ter un dos príncipes brancos do mundo?

Os productos fitosanitarios cos que se empezan a tratar as viñas, precisamente nesta época, non só afectan aos fungos e ácaros que habitan nas nosas vides senón que tamén van a parar a todos os cultivos de horta que hai ao redor das plantacións, envelenándoos. As microgotas que saen despedidas dos atomizadores lévaas o aire, aire que nós respiramos, caen sobre nós, deposítanse na nosa pel e os efectos destes tratamentos moitos deles sistémicos son canceríxenos.


Hai estudos que revelan que a comarca do Salnés ten un índice moi elevado de cancro con repecto a outras comarcas. A Unión Europea, ao territorio galego, deixóuno como un caso  a parte debido ao noso poboamento disperso, xa que algunas das normas desta institución son de imposible cumprimento con respecto á aplicación de productos fitosanitarios a certa distancia de zonas habitadas.

Autora: María Tirado

Esta entrada foi publicada en Contaminación, Saúde e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

48 Responses to O CANCRO NO SALNÉS

  1. fab-jairotroncoso di:

    Como dice María, estamos nunha comarca onde o pilar fundamental da nosa economía e o viño. Devido a eso, en esta época do ano estase a empezar a dar productos químicos contra os insectos, sulfato… Pero o problema esta que o sulfato nos daña a nós tamén, e… a verdade e que deveriamos ter moito coidado con estas cousa xa que poden producir cancro. Na miña opinión deveriase controlar.

  2. fab-elisaperez di:

    A viticultura é a ciencia do cultivo da vide, para utilizar as súas uvas na produción de viño ou outros productos.

  3. fab-sporto di:

    Ás consecuencias dous produtos fitosanitarios tenas positivas e negativas:
    – Positivas:
    A utilización de produtos fitosanitarios produce un aumento extraordinario do rendemento da terra sen o que non tivese sido posible alcanzar os niveis actuais de produción alimentaria. O seu emprego está na base da denominada dende mediados do século XX.
    – Negativas:
    A utilización de produtos fitosanitarios trae como consecuencias negativas principais a diminución da biodiversidade, a contaminación do chan e a contaminación da auga.
    Se non son aplicados axeitadamente son perigosos para a saúde dos que os utilizan, cousa que acontece habitualmente se os traballadores agrícolas non recibiron unha formación profesional ou unha instrución axeitada ao traballo que desempeñan. Tamén poden chegar a ser perigosos para o consumidor e poden producir unha intoxicación alimentaria se se utilizaron en exceso ou de forma incorrecta, ou non se respectaron os períodos de tempo necesarios para a súa degradación.

  4. fab-jorgegonzalez di:

    Isto paréceme moi preocupante xa que o cáncer é a causa de moitas mortes e non ten unha cura a cal garantice a recuperación completa. Creo que a Consellería de Sanidade debería tomar medidas sobre todo medidas contra as empresas para que os productos fitosanitarios non sexan tan dañinos para a nosa saude e regular as plantacións de viñedos, como por exemplo non permitir a plantación de viñedos preto das casas.

    • fab-jairotroncoso di:

      Estou dacordo coa proposta de Jorge. A Consellería de Medio Ambiente debería tomar mediadas, e unha boa medida e por exemplo ter una distancia mínima de seguridade entre as casas e a viña. Outra medida que se pode tomar son os horarios, devido a que hai xente que a hora de comer, mentres que a xente esta comendo fora nun día soleado coa familía, pois está a dar sulfato. Ese tipo de cousas devería estar controlado.

      • fab-marcosdaporta di:

        A lei xa está feita o que pasa é que non se aplica de forma reigurosa. Imaxína, cantas vides e bodegas terían que cerrar, ou non botar sulfato; o que levaría a unha diminución notable na producción, en Barrantes, Castrelo e Vilariño? Seguramente a maioría e o cerre de todas estas empresas tampouco se pode permitir, ou polo menos non se permitirá. A única solución sería encontrar algún producto cos mesmos efectos que o sulfato pero que non fixese dano ás persoas.

  5. faa-begonasuarez di:

    É moi preocupante que a comarca do Salnés teña un índice moi elevado de cancro con respecto a outras comarcas debido aos produtos fitosanitarios cos que se empezan a tratar as viñas que nos afectan a nós.
    O cancro é a doenza que se produce cando determinado grupo de células do corpo se divide de maneira descontrolada, invadindo os texidos adxacentes ou distantes. É causada por mutacións no ADN, que poden ser hereditarias, pero máis frecuentemente son adquiridas ao longo da vida. Hoxe en día, un 40% dos casos desta enfermidade son curables ou permiten unha supervivencia máis duradeira e adoitan ser os de deteccion precoz, aínda que pode haber algún caso no que a enfermidade xa estea avanzada.

  6. fab-alejandrocosta di:

    Eu vexo este artigo un gran acerto, xa que na zona na que nos vivimos estamos moi vinculados con este tema. Pero expertos din que si a dar o sulfato coas proteccións axeitas non deberiamos preocuparnos de nada xa que evita que nos entren no corpo, pero se solo con andar polas beirarrúas nos afecta, que pasará cando saquemos as proteccións e estas por fora estean manchadas de productos fitosanitarios?

  7. faa-manuelcacabelos di:

    Un produto fitosanitario é aquela substancia ou mestura de substancias destinadas a previr a acción de, ou destruír directamente, insectos, ácaros, moluscos, roedores, fungos, malas herbas, bacterias e outras formas de vida animal ou vexetal prexudiciais para a saúde pública e tamén para a agricultura, incluíndose ademais os praguicidas, defoliantes, desecantes e as sustancias reguladoras do crecemento vexetal ou fitorreguladores.

  8. fab-martarodriguez di:

    Como be din os meus compañeiros, os viñedos son un pilar fundamental na nosa economía,ca que moitas familias viven diso. Ahora empeza cos produtos químicos que clamente si que poden provocar algun tipo de enfermidade no noso corpo. Deberíanse controlar máis este tipo de accións ou xa que podemos de dispoñer de algunha invertigación,facer productor químicos que seas menos dañinos para o noso corpo.

  9. fab-andreabrea di:

    Como ben din os meus compañeiros, é unha noticia impactante. Na comarca na que nos situamos, o viño é unha das maiores fontes de ingresos, así coma un grande atractivo cultural. O feito de que os productos que se están a usar para teren ben tratadas as viñas, produzan en nos tales enfermidades coma o cancro, é bastante devastador. Unha das solucións qiue se plantexa para solucionar o problema de que o usuario estea exposto á penetración do fitosanitario é, o uso de cabinas pechadas e ventiladas para os tractores.

  10. Esteban Pintos di:

    Esta noticia local é importante para nós, xa case todos temos fincas ó lado ou cerca da casa que se sulfatan varias veces ó ano, e o feito de que con iso suframos a ameaza de contraer o cancro é preocupante. Ademáis os viñedos son unha das bases da economía desta comarca do Salnés e non cabe a posibilidade de deixar estes viñedos por iso, moita xente vive precticamente das viñas.

  11. faa-lauravazquez di:

    Descoñecía o dato de que a comarca do Salnés tiña un alto índice de cancro pero si é certo que os productos empregados para o control de enfermidades da viña están a afectar gravemente o medioambiente. Si é certo que se estan a tomar medidas e recentemente implantouse o proxecto mediambiental “LIFE + Viñas Atlánticas” para demostrar a necesidade e viabilidade da producción de viño “sostenible” nas rías baixas. Este proxecto implica a todos os viticultores da zona para minimizar o emprego de productos químicos nunha área na que abundan enfermidades como o Mildiu, o Oidium ou o Botrytis, que poden chegar a afectar gravemente ás colleitas. Os viticultores que seguiron o modelo apenas tiveron pérdidas da producción e reduxeron os tratamentos entre un 15% e un 20% respecto á media.

  12. fab-aidagonzalez di:

    As substancias que se utilizan para eliminir os insectos e ter unha boa colleita son moi perxudicias para as persoas que vivan preto de onde se voten. Deberíase ter en conta a distancia e a cantidade de persoas que vivan nun lugar onde se utiliicen eses productos para intentar impedir o contacto con eles. Tamén se deberían utilizar productos que non foran tan nocivos para as peroas intentando rebaixar o índice de cancro, especialmente onde nos vivimos, xa que as fincas e as terras nas que se trballan con eses productos adoitan estar moi preto das casas.

    • faa-christiancacabelos di:

      Comparto contigo por completo a túa opinión Aida, estes productos ademáis de ser tóxicos para no tamén o son para moitos seres vivos Xa que por exemplo a gran moralidade das abellas en Galicia que se atopa por riba do 36% cando antes era dun 8% tamén esta provocado por un grupo de fitosanitarios concretos, hoxe citaban no telexornal que Galicia perderá para o ano máis de cen mil millóns de euros se as abellas continuan a desaparecer e tamen hay cultivos que xa se están a polinizar de xeito manual e están a buscar novos métodos de polinización.

  13. faa-cristinaguillan di:

    Como conta neste artigo a nosa compañeira María, sendo a viticultura un pilar fundamental na economía da nosa zona, e na miña opinión deberiamos ter un control máis estricto sobre os produtos que empregamos patra o seu cultivo, como o de outras tantas especies, posto que estes produtos a diferencia de noutros paises e zonas, en Galicia non existen leis que regulen a distancia á que se poden empregar da poboación e ditos produtos chegan a provocar enfermidades tan graves como é o cancro o cal a pesares dos avances científicos non ten cura polo momento.

    • faa-christiancacabelos di:

      Creo que o peor é que pola inconsciencia e polos intereses duns e doutros os peor parados somos nós, os cidadás, como sempre porque en vez de regula lo dalgunha forma como fan noutros ámbitos ignoran casi totalmente o asunto e ademáis agora que se demostra que a mortandade das abellas é producida tamen por certos productos empregados para á viticultura.
      Xa é bastante tarde, pero creo que no momento que intenten đ algunha forma establecer unhas normas para dar sulfato nas viñas por exemplo vai ser imposible cumplilas xa que moitas están adosadas ás vivendas.

  14. faa-laurarey di:

    Un produto sanitario coñécese como un grupo de sustancias destinadas a previr, atraer, repeler ou controlar calquera praga de orixe animal ou vexetal durante a produción, almacenamento, transporte, distribución e elaboración de produtos agrícolas e os seus derivados. Están destinados a:
    – Protexer os vexetais ou produtos vexetais contra os organismos nocivos, ou evitar a acción dos mesmos.
    – Influír no proceso vital dos vexetais de forma diferente de cómo o fan as sustancias nutrientes.
    – Mellorar a conservación dos produtos vexetais.
    – Destruír os vexetais non desexados.
    – Destruír parte dos vexetais, controlar, ou evitar un crecemento inadecuado dos mesmos.

  15. fab-iriamartinez di:

    esta noticia é mi importante para nos porque os viñedos son unha parte fundamental da nosa economía xa que moitas familias viven disto. sobre todo nestas épocas do ano empézase a dar sulfato os viñedos empregando produtos fitosanitario é dicir substancias ou mesturas de substancias destinadas a previr ou destruír directamente, insectos, ácaros, moluscos, roedores, fungos, malas herbas, bacterias e outras formas de vida animal ou vexetal. Estes productos son mi perigoso por eso os que cultivan esta serie de plantas deben estar ben protexidos, xa que poden ter graves consecuencias como o cancro.

  16. fab-elisaperez di:

    Un atomizador é un utensilio que se utiliza para conseguir unha fina pulverización dun líquido, mediante unha bomba manual, basándose na aspiración debida ao efecto Venturi.

  17. fab-noerodriguez di:

    O que sufrimos aquí no Salnés cos produtos fitosanitarios non é distinto do que sofren outros países como pode ser Iraq coas minas de petróleo que hai alá, no sentido de ter que poñer en risco a nosa saúde con tal de fomentar a nosa economía, sen importar as consecuencias. Gran parte da nosa economía básase no elaboración de viño e na pesca, facendo que este primeiro sexa máis perxudicial debido aos produtos que aplicamos sobre os nosos cultivos. Estes produtos, non obstante, son necesarios para os nosos cultivos, pero debido á “adaptación” que tiveron os insectos, fungos e parásitos aos inseticidas e produtos como o nomeado no artigo, cada vez resulta a potencia destes velenos tende a ser maior para poder acabar con eles. E agora estas substancias resultan letais para nós.

  18. fab-martapalacios di:

    Impacta saber que algo tan próximo a nós é canceríxeno. O cancro é unha enfermidade provocada por un grupo de células que se multiplican sen control e de maneira autónoma, invadindo localmente e a distancia outros tecidos. En xeral tende a levar á morte á persoa afectada se non se trata adecuadamente. Coñécense máis de 200 tipos diferentes de cancro, os máis comúns son os de pel, pulmón, mama e colorrectal.
    Dito isto doutra forma, o cancro é a peste negra do século XXI e arrasa con milleiros de persoas. Ademais, combatir un cancro é dolorosísimo non só polo tumor en si, senon porque o tratamento (a quimioterapia) provoca fortes malestares, caídas de pelo e incluso náuseas no paciente.
    Toda a vida os cultivos precisaron productos que os protexan para que os insectos non arrasen con eles, pero é demasiado perxudicial permitir actos tan próximos a nós cun alto índice de provocación canceríxena.

  19. faa-laurapaz di:

    Eu tampouco coñecía o dato de que a zona do Salnés ten unha porcentaxe de persoas con cancro superior a outras comarcas, e pensandoo ben non é nada raro, non nos debería impactar, tendo en conta que gran parte da comarca está ocupada por viñedo e, actualmente empréganse moitos productos fitosanitarios que traen consecuencias. Como din algúns compañeiros, eu tamén penso que debería existir algunha norma que impedise plantar viñedos tan preto das casas, porque se pode observar que algunhas o teñen xusto diante, e eso é moi perxudicial para a xente. Por outro lado, creo que se deberían empregar productos que non sexan tan nocivos, ou simplemente non empregar tantos.

  20. faa-manuelmontes di:

    Pareceme un tema moi interesante porque pode causar moitos problemas. Se se dá o caso de que empregues estes productos e por un casual chega ao cultivo do veciño, este pode denunciarte por contaminar as súas plantas. Ademais de que son bastante perxudiais para a saúde de todo o mundo, dende oa animais ata nos. Deberiamos ter un control máis forte nos productos que estamos empregando, e buscar os menos perxudiciais para a saude.

  21. faa-manuelcacabelos di:

    O mildio é una enfermidade criptogámica das plantas que ataca especialmente a viña e se manifesta pola aparición de manchas nos órganos afectados (follas, flores e froitos). Outros cultivos como a cebola, a pataca e o tomate tamén sofren o mildio. Común nas videiras galegas, nalgunhas zonas de Galiza chámanlle mildeu.
    O termo mildio é moi xenérico e se refire a calquera tipo de microbio tipo oomicetos que son parasitos das plantas. O mildio pertence exclusivamente a Peronosporaceae. Na agricultura profesional é un problema especialmente para os produtores de crucíferas (Brassicaceae), viñas e hortalizas (especialmente as que medran en emparrados). O principal exemplo é Peronospora farinosa presentado en NCBI-Taxonomy e HYP3. Este patóxeno non produce estruturas de supervivencia nos estados do norte dos EUA, e hiberna a xeito de colonias vivas de mildio nos estados da Costa do Golfo. Cada primavera vai avanzando cara o norte coa progresiva produción de cucurbitáceas. As perdas de rendemento na agricultura por mor do mildio está máis asociada ás podremias brandas que ocorren despois de que as follas caian e se produzan queimaduras solares nos froitos. O mildio das cucurbitáceas só afecta ás cucurbitáceas.

  22. fab-anaoubina di:

    O Salnés é unha zona completamente contaminada por todo tipo de sulfatos e fitosanitarios químicos, contra o mildiu, oidio, botritis, etcétera. Tamén por abonos químicos que aplican continuamente para que as plantas crezcan rápido e produzcan moita uva. Hai moi poucas e pequeñas bodegas preocupadas pola calidade, e prácticamente ningunha polo medio ambiente. Eu penso que habría que experimentar e buscar solucións para non utilizar só productos químicos, utilizando productos exclusivamente ecolóxicos e abonos orgánicos.

  23. faa-christiancacabelos di:

    Está claro que neste mundo capitalista practicamente claquera cousa se realiza para recibir beneficios económicos aínda que sexa danando o medio ou a nós mesmos, creo que é bastante triste que cheguemos a este punto xa que parece que aínda que nos advirten e nas etiquetas dos embalaxes dos fitosanitarios tamén o menciona con grafías dun tamaño lexible, e mentras nós pasamos de todo e seguimos empregandoos cando unhas gotas destes productos poden danar a pintura dun automóbil, que cumpre unha dobre función ademáis de protexer a carrocería, xa que tamén cumpre unha función estética. Creo que con este feito xa nos poderiamos facer unha leve idea do perigosas que poden chegar a ser e ademáis nesas cantidades tendo en conta o gran número de viñas que podemos atopar só na nosa comarca, O Salnés.

  24. faa-santiagoescudeiro di:

    A base da economía do Salnés pódese considerar a producción de uva para viño, sobre todo albariño. De feito en Cambados celébrase unha gran festa, a máis importante do concello, para publicitar este tipo de viño albariño.
    O artigo trata sobre o cancro elevado do Salnés e a importancia que teñen os productos fitosanitarios cos que se tratan os cultivos na evolución da enfermidade. Dende logo é un tema preocupante o feito de que Europa e a Consellería non teñan regulado a maneira de dar sulfato e os demáis productos que favorecen a aparición do cancro. Por suposto, esta regularización nun terrirotio coma o noso é moi dificultosa e actualmente os gobernos que controlan o país non creo que estean pola labor de tomar medidas.

  25. faa-elenafontenla di:

    Paréceme algo moi preocupante pero que creo que non pilla a ninguén por sorpesa. Xa se sabía que estes produtos para prever os nosos viñedos de fungos e outros insectos eran perxudiciais para nós, e visto que se aplican dispersándoos ao aire era de esperar que estas gotiñas acabaran nos nosos organismos, xa que se esparcen polo aire e se transportan grazas a éste.
    O peor de todo isto é que non se toman medidas de precaución porque é algo que se leva facendo “toda a vida”, unha escusa moi común. Tamén nos debemos preocupar polas substancias tóxicas que se atopan nas nosas augas fluviais. Deberían pensar noutras medidas de mantemento dos campos que non sexan tan nocivas para nós.

  26. fab-manuelgonzalez di:

    Paréceme un grande problema que debería ser solucionado o antes posible,xa que é perxudicial para nosa sociedade e para nos mesmos. O emprego destes productos é mortal para seres diminutos,principalmente os insectos,e que teñen compoñentes canceríxenos para o ser humano. Podería ser unha boa solución cambiar estés productos a cambio dunha colleita de viños moito máis lenta,pero isto non convén,esta comarca ten como base dos seus beneficios o viño,exportando a moitos lugares de Galicia e España,polo que unha vez máis dase o debate entre a saude das persoas e os beneficios da venta de viño.

  27. fab-ariadnacordal di:

    Tendo en conta que a procentaxe de persoas que padecen o cancro é maior na nosa comarca ca nas outras, paréceme estraño que non se levase a cabo ningunha investigación sobre as causas destas cifras, e así mesmo, que non se tomasen as medidas necesarias para reducilas. Se é certo que os produtos empregados nos cultivos do viño aumentan as posibilidades da aparición do cancro, está claro que deberían tomarse medidas para evitar este fenómeno. Poderían ou ben esixir que as plantacións estivesen alonxadas dos núcleos de poboación, ou realizar estudos para substituír estas substancias por outras non canceríxenas.

    • faa-diegocores di:

      A opción de trasladar as parras a zonas afastadas de núcleos de poboación para min non sería unha opción, porque o tempo no que unha parra tarda en estar á altura dunha que xa se ten son moitos anos, aparte de que os terreos que ten a xente son deles, non sería nada doado facer un cambio de parcelas. Ademais, hoxe ne día hai casas por todos lados, así que sería case imposible afastar todas as parras dos núcleos, porque a terra que si estaría a unha distancia óptima non chegaría para todos os trasladados. E isto sen falar de que non so as parras son sulfatadas se non que tamén as patacas, as leitugas e moitos outros produtos.

  28. fab-elisaperez di:

    O problema do cancro en Cambados é real, xa que a Agrupación local de Cambados da Asociación Española contra o Cáncer fai todo o posible para recaudar para as persoas que sufren esta terrible enfermidade.

  29. fab-iciacores di:

    Temas coma estes aféctannos moi de cerca, xa que os viñedos e a viticultura están presentes a diario onde vivimos e case todo o mundo coñece o seu funcionamento. O que moitos non saben son os problemas tóxicos dos produtos que se emplean para o seu coidado. Creo que as medidas deberían ser máis estrictas, xa que aínda que non estés en contacto directamente co sulfato, é moi probable que pases polo lado de viñedos recén sulfatados. Como mínimo deberíanse poñer carteis ou algo xa que a consellería de medioambiente por agora non parece estar disposta a diminuír a toxicidade dos produtos.

  30. fab-fatimachaves di:

    Sinceramente nunca escoitei isto,paréceme mal que os que fabrican os productos para a viña só teñan en conta a viña e non as persoas ou os alimentos cercáns as viñas que unha persoa pode inxerir tranquilamente,Deberíanse tomar medidas porque isto,a min persoalmente afectame moi de cerca e non quero que só por ter un bo viño unha persoa teña cancro.

  31. faa-fatimalago di:

    Ata o día de hoxe eu descoñecía por completo que a comarca do Salnés tiña un índice moi elevado de cancro con respecto a outras comarcas. E como se di neste artigo, principalmente é debido a uso dos produtos fitosanitarios, que son substancias químicas que se empregan co fin de prever ou destruír calquera praga de orixe animal ou vexetal durante a produción de produtos agrícolas e os seus derivados.
    Este tema aféctanos directamente a nós, sobre todo ós que vivimos en aldeas e estamos rodeados de viñas, e incluso temos viñas propias, xa que pódese considerar que a viticultura é un dos sectores económicos máis importantes no Salnés. É perigoso dende o punto de vista de pensar na nosa propia saúde, xa que continuamente estamos respirando estes produtos, ademais agora que estamos en época de dar sulfato ás viñas.
    Está claro que non se poden tomar medidas estritas con este tema, xa que sendo un dos sectores máis importantes para a nosa economía non se pode aplicar unha lei tallante que prohiba o uso destes produtos, nin unha lei que prohiba a aplicación destes produtos nos viñedos a x metros das casas, xa que, quen non ten viñedos ó lado da casa ou veciños que teñan viñedos vivindo nunha aldea? A maioría. Pero o que si penso é que se debería de tentar buscar algunha alternativa a estes produtos ou tentar reducir o máximo posible a toxicidade destes, buscando así o máximo benestar para nós e para as viñas.

  32. fab-gretageorgieva di:

    Considero preocupante que na comarca do salnés se dea unha gran porcentaxe de cancro con respecto a outras comarcas debido aos produtos fitosanitarios cos que se empezan a tratar as viñas que nos afectan a nos.
    O mildio é una enfermidade criptogámica das plantas que ataca especialmente a viña e se manifesta pola aparición de manchas nos órganos afectados. Outros cultivos tamén sofren o mildio. Común nas videiras galegas, nalgunhas zonas de Galiza chámanlle mildeu, tipo de microbio tipo oomicetos que son parasitos das plantas.
    Se é certo que os productos empregados para as vides provocan o cancro nun elevado numero de persoas deberías se tomar medidas de solución cando antes.

  33. fab-lorenasoto di:

    Este dato é verdadeiramente alarmante.Como ben se di neste artigo, un dos piares fundamentais da nosa comarca é o viño, moita xente vive disto. Os productos utilizados para o cultivo dos viñedos son tremendamente perxudiciais para a nosa saúde e deberían estar moi controlados xa que poder provocar enfermidades como o cancro.

  34. faa-ricardop di:

    A viticultura é un tipo de ciencia encargada do cultivo da vide, para utilizar as súas uvas na produción de viño ou outros productos, por iso é tan famoso o viño do Salnés.
    A parte opino que é un problema grave o do sulfato, xa que a maioría da poboación ten viñas, e polo tanto,`consome´ os diferentes tipos de sulfatos, para matar á mosquilla, a araña vermella, etc.

  35. faa-adrianmartinez di:

    Eu creo que é de grande importancia realizar un estudo serio para saber se realmente o uso de estos produtos fitosanitarios está relacionado co índice elevado de cancro no Salnés. O albariño é a principal fonte de ingresos da comarca, moitas familias dependen do viño para vivir. Se finalmente o cancro é causado por estos produtos, habería que facer outro estudo para saber como poder sustituílo por outro menos contaminante que teña o mesmo efecto, xa que unha comarca enteira depende do cultivo de viño non podemos prohibir ese cultivo aínda que sexa por un motivo de tanta importancia como o aumento do cancro. É necesario ver se os dous factores mencionados están relacionados e buscar unha alternativa a eses produtos fitosanitarios.

  36. faa-laurarey di:

    A viticultura é unha rama da horticultura. O seu obxectivo é o asesoramento do cultivo de parras para posteriormente usar a súas uvas na elaboración de viño. É a arte de traballar a viña, dunhas das tradicións, a forma de entender a relación con cultivo. A especie máis coñecida que se usa actualmente é a vitis vinífera. Dentro desta elección selecciónanse distintas variedades dependendo das características da zona e o tipo de viño que se queira elaborar en cada rexión. Entre as variedades establécense tanto diferenzas físicas como produtivas e cualitativas. A calidade das uvas dependerá do solo, clima e capacidade do viticultor.

  37. faa-laurarey di:

    Un atomizador é un artefacto que utiliza un mecanismo básico de bombeo para dispersar os líquidos contidos. Todos os atomizadores están compostos polas mesmas partes que crean un mecanismo simple para bombear líquidos por un tubo, dentro dun cilindro e cara fóra dunha boquilla. Os atomizadores son un aparello moi útil cunha construción sorpresivamente simple. Este está construído a partir de principios básicos usados na maquinaria industrial

  38. faa-nicolecorbacho di:

    La viticultura é o arte e ciencia do cultivo da vid, para usar as suas uvas na producción de viño ou outros productos. é unha rama da ciencia da Fruticultura.

  39. faa-veronicanoya di:

    O cancro é unha enfermidade causada pola reproducción descontrolada dun grupo de células. Esta é unha enfermidade moi grave que polo momento non ten cura e que causa ó redor dun 13% das mortes totais de cada ano. No 2007 por exemplo, 7,6 millóns de persoas faleceron a causa desta dolencia.
    Penso que vendo estas cifras tan alarmantes deberíamos ter especial coidado en previla e, nesta comarca en concreto, xogámonos moitas papeletas para padecela.
    Temos unha comarca moi rica dende un punto de vista vinícola, pero tamén dende outros moitos puntos que non aproveitamos, e que poderían ser explotados sen danar o medio ambiente nin a nosa saúde, polo que creo que tampouco perderíamos tanto sacrificando parte das ganancias recibidas polo viño empregando menos destes productos dañinos se explotamos responsablemente os outros recursos.

  40. fab-elisaperez di:

    O viño é moi importante no lugar onde vivimos, e deberíanse tomar medidas para que os productos utilizados para o cultivo dos viñedos non sexan perxudiciais para a nosa saúde, xa que estes productos poden provocar cancro, o que é un problema moi grave.

  41. faa-saracastro di:

    O feito de que na nosa comarca o índice de casos de cancro é maior que noutras, é algo que nos pon alerta. Pero o certo é que tampouco podemos facer demasiado por evitalo, posto que vivimos nunha zona na que todo o que nos rodea é campo e viñedo, polo que o uso de sulfatos é totalmente decesario. O único que penso que se podería facer é analizar ben todas as substancias que levan eses productos fitosanitarios e intentar substituir por outras todas aquelas que poidan ser nocivas para a saúde.

  42. fab-raqueloliveira di:

    O feito de que a comarca do salnes teña unha taxa mais elevada ca de outros lugares non me sorprende nada, como ben din o resto dos meus compañeiros, é unha comarca caracterizada pola gran cantidade e calidade dos seus viñedos.
    Aparte de que a mayor parte da poboacion traballa con productos toxicos para coidar as suas terras(dado que moita xente se adica a o sector da gandeiria), a xente que non ten terras, vese envolta nalguns dos rasgos perxudiciais desta agricultura.
    Para solfatar, moita xente utiliza un ventilador enorme que vai detras do tractor,este ventilador expulsa todo o solfate para a parra,pero as casas que esten proximas as parras que esten solfatando vanse ver afectadas,mesmo porque van respirar aire con residuos e tamen porque se tenhen a roupa colgada a secar vaise encher de solfate,e se tenhen orta con arbores de mazans ou asi,pois comeran mazans con solfate.
    En conclusion,extrañame que a taxa non sexa todavia mallor e espero que a sanidade tome medidas neste asunto.

  43. fab-aldaramuniz di:

    O que nos conta María neste artigo é moi grave. O cancro produce moitas mortes ó ano en todo o mundo, e da cal non te podes curar por completo. Na nosa comarca estamos rodeados de viñas e penso que a causa dos moitos insectos que hai, estamos a exceder destes produtos que fan que a nosa viña de un bo rendemento pero que tamén nos perxudica. Opino, que non só nos arredores senon en toda Galicia, non sabemos explotar de forma amena, sen causar danos na natureza nin nas persoas, os moitos sectores ricos que temos; sempre ocorre que ou perxudicamos o medio ambiente ou a nós mesmos, nunca encontramos o punto intermedio.
    Unha vez oín que as empresas que venden estes produtos son as mesmas que soltan pragas para que a xente se vexa obrigada a compralos para salvar os seus viñedos. Así que aparte de controlar estes temas, tamén deberían de cambiar os ingredientes que nos poden facer mal.