MOSQUITOS TRANSXÉNICOS “FAVORABLES”

O dengue é unha enfermidade que actualmente non posúe cura ou tratamento. Os seus principais síntomas son dores de cabeza, dores articulares, febres, erupcións cutáneas e se o caso é grave poden presentarse hemorraxias que poden chegar a ser mortais para o enfermo. A única maneira de erradicalo é evitando a propagación do mosquito que a porta, o Aedes aegypti. Con esta finalidade foi aprobada a comercialización dunha versión transxénica deste mosquito polo goberno de Brasil para que a especie se reduza e con ela, os casos da enfermidade.

 

 

 

 

Os datos recollen que o ano pasado 1’5 millóns de persoas padeceron o dengue en Brasil e que este provocou 545 mortes. Para evitar estas cifras, o 10 de abril foi autorizado o uso dunha variante do mosquito modificada xeneticamente (o macho OX513A) pola Comisión Técnica Nacional de Bioseguridade (CTNBio), un órgano dependente do Ministerio de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. As modificacións realizadas nos espécimes provocan que estes precisen a tetraciclina para vivir, polo que morren antes de alcanzar a fase adulta; segundo as investigacións, os exemplares viven entre 2 e 4 días. Ademais, os machos están incapacitados a transmitir o dengue, só as hembras poden.

Os ensaios realizados previamente aportaron uns resultados ‘favorables’: a poboación do Aedes aegypti conseguiu reducirse máis dun 80%. Os investigadores afirman que para alcanzar a diminución da infección, a cal ameaza a 321 cidades e mantén a 725 en situación de posible epidemia, deben liberarse arredor duns 500 espécimes modificados mediante enxeñaría xenética por semana. A CTNBio advirte asemade que a outra especie portadora do dengue, a Aedes albopictus, debe ser posta baixo rigorosa inspección, pois pode chegar a substituír á primeira.

A pesar disto, os científicos non aseguran que o risco desta operación sexa nulo, senón que pode provocar grandes consecuencias biolóxicas. Gabriel Fernandes, asesor da organización brasileña de agricultura familiar e agroecoloxía AS-PTA, quen cualifica a estes insectos transxénicos de ineficaces e perigosos, afirma que “Non hai datos que demostren que este mosquito reduza a incidencia do dengue”. De novo, a polémica acerca dos transxénicos volve a estar servida, esta vez debido á autorización do goberno de Brasil dunha iniciativa que comprende o seu uso.

Autora: Ariadna Cordal

Esta entrada foi publicada en Biotecnoloxía, Medicina, Saúde e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

42 Responses to MOSQUITOS TRANSXÉNICOS “FAVORABLES”

  1. faa-nicolecorbacho di:

    A femia do mosquito Aedes aegypti é a responsable de transmitir a enfermedade do dengue, a fiebre amarela e a encefalitis a os seres humanos. histo se fai mediante unha estructura na súa cabeza chamada probóscide, dentro da cal hay unhas agullas o estiletes cos cales producen as picaduras.

    Por medio destos estiletes, o mosquito succiona o sangue e tamén inyecta saliva que transmite os virus, tales como o dengue. Solo a femia pica e utiliza o sangee para a súa alimentación, pero principalmente extrae dela o aminoácido Isoleucina co cal madura os seus ovos.

    o transmisor do dengue produce pouco ruido no seu vuelo; son muy persistentes nos seus intentos de ataque polo que espantalos coas mans usualmente no funciona.

  2. fab-jairotroncoso di:

    Na miña opinión, este pode ser un bo método, dende o punto de vista saudable. Grazas a este método, pois esta especie pódese reducir e asi poder deter esta enfermidade ou reducila, pero… con esto tamén podespoñer en perigo de extinción a esta clase de mosquito. Pero dende o punto de vista saudable, gustame este método

  3. fab-elisaperez di:

    O dengue é unha enfermidade infecciosa causada polo virus do dengue. A infección causa síntomas gripais, e en ocasións evoluciona ata convertirse nun cadro potencialmente mortal. É unha infección moi estendida que se presenta en todas as rexións tropicais e subtropicais do planeta.

  4. faa-begonasuarez di:

    Este artigo fálanos sobre o dengue, que é unha enfermidade que actualmente non posúe cura ou tratamento, portada polo mosquito Aedes aeqypti. Para que se reduza esta enfermidade o goberno de Brasil aprobou a comercialización dunha versión tranxénica deste mosquito, para reducir o seu número. Con este feito, de novo, volve a polémica dos transxénicos.
    Os alimentos transxénicos son aqueles que conteñen organismos modificados xeneticamentemediante técnicas de enxeñaría xenética, é dicir, creado a partir de seres vivos ós que lles incorporaron xenes doutro, para lograr en el a característica desexada.

  5. fab-andreabrea di:

    Cando falamos de transxénicos, falamos de organismos concebidos artificialmente mediante enxeñería xenética con mezcla de ADN de outros organismo. Con frecuencia asociamos este término cos alimentos. Pero tamén se atopa nos seres vivos. No Brasil, vense dando dende hai anos a enfermidade do Dengue, a cal se transmite a través do mosquito Aedes aeqypti. O goberno brasileiro optou por usaren unha vaqriedade transxénica deste mosquito, para así poder evitar que a enfermidade que transmite vaia a máis. Como ocorre a menudo co tema dos tranxénicos, levantouse moita polémica, e moitos opinan que a tese que elavoraron non está do todo verificada. Ademáis, a liberación masiva destes insectos deberá ir liguada cun control exhaustivo da poboación doutra especie transmisora, a Aedes albopictus. Na miña opinión é un ha boa maneira, inda que arriscada, de erradicar o prolema.

  6. faa-sergioserantes di:

    Non estou convencido de que o mellor método de acabar cunha enfermidade que transmite un animal, sexa matar ao animal. Non me parece moi correcto, e penso que en vez de destinar os esforzos a modificalos para que morran, poderiamos dedicalos a facelo para que non poidan transmitir a enfermidade, sen chegar a matalos.

  7. fab-anaoubina di:

    O dengue é unha enfermidade infecciosa de causa viral considerada unha enfermidade tropical. Transmítese pola picadura da femia dun mosquito hematófago (que se alimenta de sangue), coñecido popularmente como zancudo patas brancas. Este mosquito vive principalmente en hábitats urbanos e cumple parte do seu ciclo vital en zonas de agua artificiais como floreiros, estanques, neumáticos abandonados, etcétera. Pica ao home durante o día.
    Os síntomas do dengue inicianse despois dun período de incubación que pode variar de cinco a oito días tras a picadura do mosquito. Habitualmente cursa con febre alta que se inicia de forma repentina e se acompaña de dor de cabeza intenso, dor ao lado dos ollos e detrás dos globos oculares, cansancio e dor en músculos e articulacións.
    Non existe ningún medicamento na actualidade para combatir o virus do dengue, só se pode realizar un tratamento para aliviar os síntomas

  8. faa-cristinaguillan di:

    Esta práctica peréceme arriscada dende o punto de vista de que hai o perigo de que a biodiversidade se vexa afectada sen os resultados que se pretende obter, que é a erradicación ou reducción do número de exemplares que trasmitan o dengue, ainda que si en realidade se conseguise o fin buscado pareceme un bo método.
    Ainda que neste caso coma en outros tamén entra a “ética”. O tema dos transxénicos é moi polémico, para uns son bos e para outros son malos, pero na miña opinión o único que pode marcar esta diferencia é que vaia cumplir ou non o fin que se supon que debe cumplir e si vai ser negativo para o medioambiente.

  9. faa-laurarey di:

    O dengue é unha enfermidade viral aguda que pode afectar a persoas de calquera idade, sendo máis susceptibles os nenos e as persoas maiores e cuxo axente transmisor é o mosquito Aedes aegypti (Clase: Insectos, Orden: Dípteros).
    É unha enfermidade eminentemente urbana. Preséntase de dúas formas:
    – Febre do dengue: enfermidade de tipo gripal, rara vez causa a morte.
    – Febre hemorráxica do dengue: enfermidade máis grave que pode causar hemorraxias e ata a morte, sumamente en nenos.

  10. fab-manuelgonzalez di:

    O dengue é unha enfermidade provocado polo mosquito típico da fauna brasileira,que causou numerosas mortes en Brasil. Pero unha vez máis,a modificación de alimentos levouse ó ámbito da mediciña,e modificaronse a comportamento destes insectos para evitar que sigan provocando máis mortes,que paréceme unha idea bastante innovadora e de grande utilidade,que axudará a combatilo.

  11. faa-sergioserantes di:

    O virus do dengue, comunicado aos humanos polos mosquitos, transmite o dengue. Comeza semellando unha simple gripe, pero pode acabar desenvolvéndose ata o dengue hemorráxico, que é altamente mortal.

  12. fab-martapalacios di:

    O dengue é unha enfermidade infecciosa causada polo virus do dengue e transmitida por mosquitos. A infección causa síntomas gripais e en ocasións evoluciona hata converterse nun cadro potencialmente mortal.
    O que propón este artigo é a solución a moitas mortes, concretamente a 12.500 ó ano. O proxecto tardará tempo en ser eficaz pero có tempo é moi probable que dea resultado.

  13. faa-ricardop di:

    O dengue é unha enfermidade transmitida polo mosquito Aedes aegypti e pode transmitila de dúas formas; pola febre do dengue (rara vez morren os portadores) e a febre hemorráxica do dengue (provoca a morte na maioría dos casos, polo que é a máis perigosa).
    Creo que é un problema, xa que se acerca o verán, época ideal para a xestación deste mosquito; pola contra, os expertos xeraron unha solución, facendo que un destes insectos porte un antivírico, polo que ó aparearse cun mosquito infectado, a descendencia non poida transmitir a enfermidade, podendo así erradicala.

  14. faa-noeliaparracho di:

    O dengue é unha enfermidade infecciosa que principalmente é transmitida polo mosquito Aedes aegypti. Ó principio a enfermidade maniféstase coma unha gripe, pero conforme vai avanzando pode chegar a matar á persoa infectada. Está moi estendida nas rexións tropicais e subtropicais, onde habita este tipo de mosquitos, pero nos últimos anos aumentou de tal maneira que segundo estudos, agora mesmo máis da metade da poboación mundial corre risco de contraer esta enfermidade.
    Con respecto á idea deste novo transxénico, estou dacordo co meu compañeiro Sergio, deberíanse invertir máis tempo e cartos en realizar investigacións que busquen unha cura ou unha vacina que a evite este tipo de enfermidades sen ter que atacar ó mosquito.
    Ademáis, como ben di a miña compañeira Cristina, estamos poñendo en risco toda a biodiversidade só polo noso propio ben. Quizais esa especie de mosquito sexa máis importante do que pensamos e ó alterar a especie creemos unha reacción en cadea que despois non tería remedio algún.
    En resumo, na miña opinión este tipo de decisións deberían ser tomadas con calma, e tamén tratar de evitalas dentro do posible. Está claro que os transxénicos seguirán dando moito que falar durante moito tempo, polo de agora só toca esperar a ver cando acaban as polémicas e, por suposto, dar a nosa opinión.

  15. faa-adrianmartinez di:

    Estamos ante unha enfermidade que afecta unha gran cantidade de persoas e o peor de todo é que esta enfermidade non ten tratamento ou cura. Se o único método para a diminución de afectados pola enfermidade era a prevención é lóxico que o goberno brasileiro intente buscar algún método para deter a enfermidade. Neste caso optou por mosquitos transxénicos que eliminarán aos que transmiten a enfermidade, un método moi polémico e que se enfronta a multitude de problemas éticos. Supoño que o goberno brasileiro se informou ben acerca das consecuencias do que vai a facer e imaxino que están totalmente seguros de que ese método vai a funcionar, xa que se non é así, suporá a eliminación dunha especie sen ningún beneficio para o ser humano.

  16. faa-saracastro di:

    O método empregado para intentar erradicar esta enfermidade paréceme demasiado precipitado, posto que non podemos pretender que mediante a eliminación dunha especie de animais, neste caso uns pequenos mosquitos, se elimine tamén unha enfermidade. En primeiro lugar, non se sabe nin con absoluta certeza se unha vez extintos estes insectos, a enfermidade desaparecerá; e segundo, a eliminación deses bichiños pode provocar unha alteración na biodiversidade das zonas que antes habitaban esos animais e isto afectar así a moitas outras especies que, seguramente, se alimentaban deles.
    Dende o meu punto de vista, antes de tomar este tipo de decisións, hai que ver moitas outras cousas e, en lugar de precipitarse, atopar outra maneira de combatir esa enfermidade, estaría ben.

  17. faa-fatimalago di:

    O dengue é unha enfermidade causada por un virus que se propaga por medio dos mosquitos coñecidos como Aedes aegypti. Estímase que esta especie de mosquito causa 50 millóns de infeccións e 25.000 mortes por ano. Os machos non poden transmitir o dengue, só as femias están calificadas para iso.
    A febre do dengue iníciase cunha febre alta e repentina, de 4 a 7 días despois da infección. De 2 a 5 días despois de que a febre comeza, pode aparecer unha erupción plana e vermella sobre case todo o corpo. Posteriormente na enfermidade, preséntase unha segunda erupción parecida ao sarampelo. As persoas infectadas poden experimentar unha maior sensibilidade na pel e sentir moita molestia. Algúns dos síntomas desta enfermidade son tales como fatiga, dor de cabeza, dores musculares, náuseas, tose, dor de garganta, conxestión nasa…etc.
    A única maneira de acabar co dengue é evitar a propagación deste mosquito, e con este fin se crearon os mosquitos transxénicos. Estes mosquitos foron modificados xeneticamente introducíndolle un xene aos ovos que fai que precisen da tetraciclina para medrar, co cal no laboratorio cando estes mosquitos medran suminístranlles esta tetraciclina para que poidan sobrevivir e seleccionan só os machos, os cales son postos en liberdade para que se reproduzan con femias salvaxes e teñan fillos, os cales acabarán morrendo debido a que precisan unha dose de tetraciclina.
    Non podo posicionarme nin a favor nin en contra desta práctica, só penso que deberían de tentar investigar e buscar unha cura ou unha vacina contra esta enfermidade antes de atacar directamente ao mosquito, como ben din os meus compañeiros.

  18. faa-christiancacabelos di:

    No caso de que fose certo e non perigoso e ineficaz como di Gabriel Fernandes creo que é algo moi beneficioso a nivel mundial porque cada vez atopamos máis mosquitos que non corresponden ás nosas latitudes e con esto, no caso de que funcione, creo que aplicado ao mosquito femia portador da malaria sería un fito que permitiría salvar moitas vidas preto da liña do Ecuador e as súas proximidades.

    • fab-marcosdaporta di:

      Estou dacordo co que dis pero o problema é que os transxénicos e concretamente estes insectos non son estudados dentro do ecosistema e non se sabe como afectará o resto das especias. Pero de todas formas ser simplemente escéptico non é unha boa forma de pensar, hai que recoñecer que traen un cantidade de beneficios incríbles.

  19. faa-diegocores di:

    Non coñezo moito estes procedementos pero non se podería modificar xenéticamente os mosquitos para que estes se reproduzan e as súas crías non poidan transmitir esta enfermidade? por exemplo engadindo anticorpos que fagan que as novas crías non sexan portadoras desa enfermidade? Desta maneira poderíamos estar máis salvos sen a necesidade de erradicar esa especie das cidades nas que están afectadas.

  20. fab-noerodriguez di:

    Opino que en lugar de esforzarnos en facer que a enfermidade mate ao seu portador, neste caso o mosquito, deberiamos esforzarnos máis en atopar unha cura ou, como dixo Sergio, en facer que este animal non poida transmitila. O feito de matar ao seu portador non faría outra cousa senón reducir a biodiversidade do planeta.

  21. fab-iciacores di:

    O dengue é unha infección causada polo virus do dengue e que se trasmite a través dunha picadura de mosquito. Afecta aos cidadáns de zonas tropicais e subtropicais.
    En canto a este artigo, penso que se debería seguir investigando sobre o tema antes de danar a biodiversidade como di Noelia, non sabemos se ao eliminar esta especie morreran outras que dependen dela.

  22. fab-fatimachaves di:

    O dengue é unha enfermidade moi perigosa como se pode comprobar.Nunca estiven de acordo cos transxénicos pero neste caso se a solución e crear un mosquito transxénico pois adiante.Por outra parte non creo que a solución sexa matar aos mosquitos,porque pode haber animais que dependan deles e ademáis eses mosquitos tiveron que contraer ese virus de algunha forma osea que deberían seguir investigando e intentar averiguar de onde nace o dengue.

  23. faa-manuelcacabelos di:

    O mosquito Aedes aegypti é a responsable de transmitir a enfermedade do dengue, a fiebre amarela e a encefalitis.Isto se fai mediante unha estructura na súa cabeza chamada probóscide, dentro da cal hay unhas agullas o estiletes cos cales producen as picaduras.
    O dengue é unha infección causada polo virus do dengue e que se trasmite a través dunha picadura deste mosquito. Afecta aos cidadáns de zonas tropicais e subtropicais.
    Opino que toda forma de evitar a mortalidade é boa pero tamén habería que ver os pros e os contras ou intentar buscar unha cura en vez de variar a estes mosquitos. pois non sabemos que pode ocurrir despois.

  24. faa-begonasuarez di:

    O dengue é unha enfermidade infecciosa que se causa polo virus do dengue, transmitida, como di o artigo, polos mosquitos, principalmente o Aedes aegypti. A infección causa síntomas gripais, e en ocasións evoluciona ata converterse nun cadro mortal. É unha enfermidade moi estendida que se presenta en todas as rexións tropicais e subtropicais do planeta. Nos últimos anos, aumentou de maneira predominante en zonas urbanas e semiurbanas e converteuse nun verdadeiro problema para a saúde pública. A prevención e o control dependen exclusivamente das medidas eficaces de loita contra o mosquito.

  25. fab-gretageorgieva di:

    O dengue é unha enfermidade infecciosa que principalmente é transmitida polo mosquito Aedes aegypti,a femia. A única maneira de acabar co dengue é evitar a propagación deste mosquito, e con Este fin foron creados os mosquitos tranxenicos.Cando falamos de transxénicos, falamos de organismos concebidos artificialmente mediante enxeñería xenética con mezcla de ADN de outros organismo. A Solucón que se lle da este caso, pareceme inxusta posto que se pretende eliminar a especie dos mosquitos neste caso para así evitar a enfermidade do dengue.

  26. fab-martarodriguez di:

    Na miña opinión deberíase investigar máis sobre este asunto xa que como ben din os meus compañeiros, non sabemos si podemos eliminar esta especie ou outras que dependan dela.

  27. fab-lorenasoto di:

    O dengue é unha enfermidade infecciosa causada polo virus do dengue e é transmitida polo mosquito Aedes aegypti. Esta infección causa síntomas gripais e en ocasións causa a morte.
    É unha enfermidade frecuente en todas as rexións tropicais e subtropicais.
    Na miña opinión non creo que o mellor método para poñerlle solución a esta enfermidade sexa acabar cunha especie, deberían seguir inventigando.

  28. faa-lauravazquez di:

    Non creo que a solución sexa a reducción da especie. Sería moi positivo para a xente que está esposta á picadura deste mosquito pero erradicar unha especie pode que chegue a crear problemas con consecuencias moi graves para a biodiversidade e nin sequera se sabe se pode ser perigoso para o medioambiente.

  29. faa-laurarey di:

    Non estou de acordo con que di o artigo, coido que para min isto é unha auténtica barbarie. Por un perigo toda unha biodiversidade por un ben persoal pode chegar a causar graves problemas, pois seguramente estes mosquitos desempeñan unha función indispensable na natureza, que non se poderá realizar ao ser modificado xeneticamente.
    Considero que o que deberían facer é buscar unha cura definitiva contra o dengue ou polo menos unha vacina que serva de prevención en lugar de realizar estas salvaxada.

  30. faa-igonzalez di:

    Penso e seguerei pensando que todo aquilo modificado polo ser humano, tarde ou cedo, vai a pasarnos factura, debido a que estamos alterando o planeta añadindo especies novas de todo tipo de cousas. Non podemos pretender controlar todo o mundo, ben sexa a nivel de persoas ou a nivel da natureza, pero si estamos a intentar isto, acabaremos por destrozalo. Ao añadir novas especies, neste caso de mosquitos, pódese dar lugar a unha plaga deles e que acaben cos mosquitos “normais”.

  31. faa-veronicanoya di:

    Este artigo fala dunha enfermidade moi padecida, o dengue, que o aedes
    aegypti transmite.
    Dende o meu punto de vista é un erro o que están a facer con esta
    especie: paréceme moi interesante que poidan crear mosquitos
    transxénicos que non transmitan a enfermidade e penso que iso é algo
    no que deberían seguir traballando, pero non creo que sexa boa idea
    facer que estes animais reduzan o seu número dunha forma tan notable,
    xa que me surxe a dúbida de se a desaparición dun 80% da poboación de
    aedes aegypti non desembocará nun problema para toda a cadea trófica
    da zona.

  32. fab-elisaperez di:

    Como din os meus compañeiros, acabar con esta especie non é unha moi boa solución para acabar coa enfermidade do dengue. Penso que deberían seguir investigando, e propoñer novas solucións.

  33. fab-ariadnacordal di:

    Comparto a opinión dalgúns dos meus compañeiros de que non é ético reducir unha especie polo feito de que ameaza á poboación ó ser portadora dunha enfermidade que aínda non posúe tratamento ou cura. Xa advirten os científicos que a introducción desta especie modificada xeneticamente pode constituír un grande problema no que á biodiversidade se refire así que deberían tomarse máis precaucións á hora de levar a cabo este tipo de proxectos. Non obstante, se funciona e se aplica a mesma iniciativa con outras especies, conforme isto suceda reduciremos máis a biodiversidade existente no planeta; insisto, isto non me parece unha solución viable.

  34. fab-sofiacastineiras di:

    O dengue é unha enfermidade infecciosa causada polo virus do dengue. A infección causa síntomas gripais e pode ser incluso mortal. O período de incubación do virus dura entre 4 e 10 días. O dengue é transmitido polo mosquito Aedes aegypti. Este mosquito, chamado mosquito da febre amarela, é portador de outras moitas enfermidades aparte do dengue e da febre amarela, habita frecuentemente nos trópicos e está presente en lugares como Florida. O mosquito da febre amarela é causa de 25.000 mortes por ano aproximadamente, para prever a súa picadura, os especialistas recomendan o uso de repelentes que conteñan dietilmetatoluamida. Non considero que o correcto sexa eliminar o mosquito, quero dicir, vexo mellor inverter os cartos e incluso o tempo que gastan para tentar que desaparezan todos estes mosquitos, senón utilizar éstos factores en buscar una cura para esta enfermidade.

  35. faa-fatimaf di:

    O tema comentado neste artigo paréceme demasiado ariscado.
    Creo que sería menos perigoso se se puidesen modificar os xenes do mosquito para que deixase de transmitir esa enfermidade, pero modificalos para que se reduza a súa poboación paréceme xogar a ser Deus.
    Estámonos arriscando a que este mosquito acabe desaparecendo por completo e, na miña opinión, unha extinción nunca é unha boa noticia, nin sequera se ese animal pode producirlle danos graves ó ser humano.

  36. faa-manuelmontes di:

    Como todos os transxénicos, este mosquito causa unha revolta na sociedade. Hai que ter en conta que non todos os transxénicos son perigosos para a saúde e o medio ambiente, todo ó contario, poden ser favorables. Este método para conseguir a diminución desta enfermidade pode ser um feito importante no planeta, para ben e para mal. Ao modificar a estes mosquitos pode producir cambios no medio ambiente, que levaría a cabo outros cambios. Pero mellorar a saude é tamén un feito importante.

  37. faa-fatimalago di:

    Este mosquito, o Aedes aegypti, aparte de ser portador do dengue, tamén pode ser portador da “febre amarela”, unha enfermidade causada por un virus que nos pode provocar dende unha hemorraxia interna ata a morte. É común en Sudamérica e en África subsahariana. Para esta enfermidade non hai cura tampouco, pero o que si hai é unha vacina. O mellor método de control é a vacinación da poboación receptiva (habitantes de zonas onde habitan estes mosquitos e viaxeiros a estas).
    A día de hoxe aínda se está a buscar unha cura definitiva para esta enfermidade, así como para a enfermidade do dengue. Sigo opinando que antes de tentar rematar coa especie e facer que se extinga deberían de tentar buscar unha vacina, xa non digo unha cura.

  38. fab-rebecachaves di:

    O dengue é unha enfermidade infecciosa causada polo virus do dengue, do xénero flavivirus ou estegomia calopus que é transmitido por mosquitos, principalmente polo mosquito Aedes aegypti. A infección causa síntomas gripais (síndrome gripal), e en ocasións evoluciona ata converterse nun cadro potencialmente mortal, chamado dengue grave ou dengue hemorráxico. É unha infección moi estendida que se presenta en todas as rexións tropicais e subtropicais do planeta.
    O mosquito da febre amarela (Aedes aegypti) é unha especie de mosquito culícido que pode ser portador da febre amarela, así como doutras enfermidades. É membro do subxénero Stegomyia dentro do xénero Aedes.

  39. fab-beatrizcasal di:

    O dengue é unha enfermidade infecciosa causada polo virus do dengue, que é transmitida por mosquitos, principalmente polo mosquito Aedes aegypti. A infección causa síntomas gripais, e en ocasións evoluciona ata converterse nun cadro potencialmente mortal, chamado dengue grave ou dengue hemorráxico. Eu considero ao igual que algúns dos meus compañeiros que tratar de desaparecer esta especie non é unha moi boa solución para acabar coa enfermidade do dengue e considero que deberían seguir investigando.

  40. fab-raqueloliveira di:

    O dengue é unha enfermidade causada por un virus que se propaga por medio dos mosquitos. So as femias desta especia poden transmitir esta enfermidade.
    Esta enfermidade presenta os seus sintomas cunha febre alta e repentina, de 4 a 7 días despois da infección.,Pode aparecer unha erupción plana e vermella sobre case todo o corpo. Posteriormente amosase unnha endermidade semellante o sarampion . As persoas infectadas poden experimentar unha maior sensibilidade na pel e sentir moita molestia.
    A única forma de acabar con esto e procurar que non se extenda este mosquito.

  41. fab-saulmondragon di:

    A proposta que da este artigo contra o mosquito que trasmite a enfermidade do dengue é boa, pero esta solución causaria unha desaparicion de exmplare moi grande.Creo que se deberia seguir investigando asta modificalos para que non podan transmitir esa enfermidade e a vez que podan seguir reproducindose.Hai que recordar que na natureza hai un ciclo alimenticio no cal si nun entorno desaparece unha especie pode desaparecer tamen o seu depredado e asi sucesivamente.