MORRER DE TRISTEZA?

Pensamos que de tristeza non se morre, que non ten un punto de vista clinicamente válido; sen embargo, cada vez son máis concluintes os datos que relacionanan os infartos ou patoloxía do corazón, coa tristeza extrema.

Hoxe en día os afectados de depresión  moderada a severa presentan un incremento do 40% de risco de sufrir insuficiencia cardíaca.  Este estudo realizouse na Sociedad Europea de Cardioloxía en Noruega.

Ao longo de 11 años seguiuse o estado psíquico e físico (con datos sobre o índice da masa muscular, a actividade física, hábitos tabáquicos e presión sanguínea) dos veciños da rexión noruega de Nord-Trondelag, e se comparou esta información cos ingresos e falecementos por insuficiencia cardíaca. Entre os pacientes menos graves a posibilidad de desenvolver problemas cardíacos era só dun 5% máis ca da media.

Tamén aporta outro aspecto interesante a relación directa que se establece entre o desequilibrio metabólico (hormonal, desarreglos en  neurotransmisores) que caracteriza a depresión, cos efectos na saúde do corazón.

A depresión severa se identifica pola tristeza, a apatía e a desesperanza dos enfermos; incluso coas ideas de morte e suicidio nos casos máis graves. Este estado de ánimo afecta ao estilo de vida dos pacientes. De ter  que medicarse, é fácil que  deixen de facelo ou se esquezan de tomalas pílulas .  Estes adoitan fumar máis, comer peor, practicar menos o nada de exercicio e adquirir máis peso.

Autora: Nicole Corbacho

Esta entrada foi publicada en Medicina, Saúde e etiquetada , . Garda o enlace permanente.